galiciasuroeste comeza unha nova etapa de información e, sobre todo, cultura. Logo de
cubrir, durante cáseque 17 anos, entre 2000 e principios de 2018, un itinerario
preferentemente informativo con incursións no mundo cultural e gráfico, nesta
volta as preferencias centraranse, sobre todo, na cultura e na historia local.
Non serán somentes estes eidos nos que desenvolveremos este novo proxecto
aberto a cantos queiran colaborar. Nalgún momento a información puntual, a
reportaxe fotográfica, e a posibilidade -gratuíta- de quen desexe trocar,
pedir, regalar algo, ou ofrecerse para traballar ou solicitar un emprego, terán
un lugar neste sitio que está a disposición dos lectores.
Quen desexe aportar a
súa colaboración con reportaxes, textos, fotografías ou calqueira contido de
interese para a colectividade, ten ao seu dispor este sitio para facelo
enviando os contidos a galiciasuroeste@gmail.com.
Non se permitirán
publicacións que insulten, menosprecen ou utilicen palabras non axeitadas ao
respecto que todos queremos para nós e debemos dedicar aos demais, e
respectaremos a lingua na que nos cheguen os comunicados.
En calqueira caso, galiciasuroeste non se
fae responsable das opinións ou escritos dos seus colaboradores que só serán da
responsabilidade dos respectivos autores.
galiciasuroeste non gardará ningún dato que afecte á privacidade dos colaboradores
(enderezos, número de teléfono...) destruíndo calquera daeses datos unha vez
recibidas as comunicacións.
Esperemos que esta nova
etapa de galiciasuroeste sexa, como a anterior, do agrado dos
lectores. Para nós será unha satisfacción contribuír, aínda que sexa
modestamente, con esta grande vila que é A Guarda.