Vocabulario Guardés - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Vocabulario Guardés

PUBLICADAS
Aclaración previa.
 
Algunhas das palabras carecían de exemplos, de modo que estes foron creados por Antón Ferreira Lorenzo aínda que se propoñen como da autoría de quen facilitou a palabra, de modo que no caso de seren incorrectos só é da responsabilidade de Antón.
 
O conxunto de palabras publicadas nestes intres non é completo xa que temos os apuntes trabucados, e a medida que as localicemos se incorporarán ao listado.
 
Gran parte das palabras proceden do Diccionario-guardés-galego-castellano, creado en 2010 por iniciativa de Sergio Fernández Rodríguez e Pablo Rodríguez Álvarez, (primos, o primeiro reside na Guarda, e Pablo, en Vigo) que se poden consultar no Facebook que publica. Outras palabras proceden dun anterior traballo elaborado polos anos oitenta por Antón Ferreira Lorenzo e no que continúa traballando, ademais de recopilar outras moitas cousas da Guarda, que se irán publicando en galiciasuroeste.
 
Agradecemos a Sergio que nos permitise recopilar este listado para a súa máis fácil consulta. Listado que seguirá ampliándose nas vindeiras actualizacións de galiciasuroeste.info consultando a fonte antes mencionada, o Diccionario guardés-galego-castellano, de Sergio e as palabras recopiladas por Antón.
 
Prescindimos daqueles termos que son máis propios dos cabaqueiros por pertencer a outro campo lingüístico e xeográfico que trascende á Guarda.
 
Algunhas das expresións poden ser ferintes, inadecuadas e hoxe fóra de lugar; as reproducimos co único sentido de lembrar o valor e o significado que tiveron noutra época da que formaron parte.
 
Pedimos desculpas polos posibles fallos, erros ou omisións que se produzan neste intento de recopilar as palabras de uso local.
 
 
A
 
 
Aghilla.- Folla de afeitar. Exemplo: “Comprei algunas aghillas na tenda do Arsenio e non sei onde as gardei”. (Maite Kalambruski).
 
Aghoar.- Desexar algo con ganas. Exemplo: “Compralle unhas patatiñas ao teu fillo que non para de aghoar vendo aos outros rapaces”. (César Cadilla Lomba).
 
Aghomitar.- Vomitar. Exemplo. “Tomou tanto viño que rematou aghomitando na cama”. (Celia Baz Lomba).
 
Aghuniar. Sofocar. Exemplo: “Tiveron que chamar ao médico porque lle deu unha aghunía”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Aghuniados.- Agobiados. Exemplo: “Con tanta choiva estamos todos aghuniados!” (José Antonio Uris Guisantes)
 
Aghunizar.- Desexar. Exemplo: “Probiño, aghunizaba para o chocolate”. (José António Uris Guisantes).
 
Algjareado.- Alterado, soliviantado. “Coa calle de marras máis dun veciño anda alghareado.... Ainda van acabar tirándose os trastos a cabeza!”. (César Cadilla Lomba).
 
Alombar.- Cargar algo ás costas. “Colleu o saco e alombouno nas costas... do outro”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Andar nas berzas.- Non enteirarse de nada. Exemplo: “De rapaz, na escola, o Fulano andaba nas berzas”. (Victoriano da Goreña”.
 
Apapaostiado (andar).- Andar atontado, non enteirarse de algo. Exemplo: “Como non durmiu suficiente, anda apapostiado” (José Antonio Uris Guisantes).
 
Apeghos.- Parietaria oficinalis L. Exemplo: “Mira cantos apeghos lle calcaron na espalda, e non se dá conta” (Victoriano da Goreña)
 
Arcás.- Especie de baúl no que se gardaban as redes. Exemplo: “Temos que sacar as redes do arcás para ventilalas”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Arghanel. Aramios retorcidos que se poñían no fuciño do porco para evitar que empurrasen as portas e retozasen a comida dloa da pía. Exemplo: “Hoxe virá o Callau a miña casa a poñer o arghanel ao porco”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Arrebañar.- Recoller o que se tirou. Exemplo: “Se tiraches o café no chan, non te queda outra que arrebañalo”. (María Villa Castro).
 
Arrecontracheghar.- Achegarse moi xunto a outro. Exemplo “Arrecontrachéghate contra min”. (José Antonkio Uris Guisantes).
 
Arreghazar.- Aremmangar, subir unha prenda de vestir. Exemplo: “Arrejaza os pantalóns que che quedan longos”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Atuír.- Atascar. Exemplo: “Non tires eses restos de mondas no fregadeiro que vas atuílo”. (JOsé Antonio Uris Guisantes).
 
Azorrejar.- Pegar, bater cunha corda a outro. Exemplo: “Azorreghoulle no cú co cano dunha berza”, (José Antonio Uris Guisantes).
 
 
B
 
 
Badelo.- Lingua. Exemplo: “Dálle demasiado ao badelo, sobre todo para falar mal dos que non lle caen ben a el”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Baldrajas.- Persoa que viste mal ou descoidadamente. Exemplo: “Non sexas baldraghas e mete a camisa por dentro do pantalón”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Barda.- Acumulación de algas na praia. Exemplo; “Está o Cangrexal cunha barda de arghazo de moito carallo”. (César Cadilla Lomba)
 
Bareixa. Clase de mosca que acude ao peixe cando está a secar, á carne… Exemplo: “O peor que lle pode pasar as litáns e que estando a secar lle piquen as bareixas” (César Cadilla Lomba).
 
Batume.- Materia vexetal a base de fentos e fruma que se apañaba no monte para cama do gando. Exemplo: “Hoxe imos ao batume, eses animais déitanse no mollado”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Bergallazo.- Pegar a alguén cunha correa. Exemplo: “Deulle toda unha serie de bergallazos que non volverá a dicilo
 
Berzas (andar/estar nas).- Andar despistado. “Fulanito nunca sabe a lección porque sempre anda nas berzas”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Beta.- Medo. Exemplo: “O mixiricas ten moita beta” (Victoriano da Goreña).
 
Bichocas.- Miñocas. Exemplo. “Na fonte dos Casas había moitas bichocas”. (José Antonio Uris Guisantes)..
 
Bimbón.- Columpio. Exemplo: “Eu recordo cuando puxeron os bimbóns na Alameda”. (Carmen Vicente Rey).
 
Birollo.- Dícese da persoa que sofre estrabismo. Exemplo: “Naceu cos ollos birollos, pero tratados a tempo, puideron ser correxidos”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Bola- Doce que se elabora con diferentes ingredientes, entre outros co sangue do porco o día da matanza. Exemplo: “Vou facer bola, alguén vai comela?” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Braghada.- Ovas dun peixe. Exemplo: “De rapaz comía braghada con patacas en mollo”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Brisca.- Rebelde, maleducado. Exemplo: “Ten un fillo que é unha boa brisca”. (Segio Fernández Rodríguez).
 
 
C
 
 
Cachón.- Cantidade de auga. Exemplo: “Hoxe menudo cachón de auga hai no tanque”. (Victoriano da Goreña).
 
Caghallón. Borracheira. Exemplo: “Foi á boda e colleu un bo caghallón que tiveron que levalo nun coche” (César Cadilla Lomba).
 
Cagharolas.- Medoso. Exemplo: “No o obrigues a entrar na bodega que é un cagjatolas”. (Celia Baz Lomba)
 
Cambriolas.- Volteretas sobre o propio corpo. Exemplo: “Andiven ás cambriolas polo escampado”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Capote. Fallar nun obxectivo; non lograr o que se persigue. Exemplo: “Foi pedir de bailar a Manuela, e levou un capote que bailou coa escoba”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Carallote.- Denominación dada ao estipe, e por extensión, á “folla” da Laminaria hyperborea e á L. occhoroleuca, pola súa forma parecida ó aparello xenital masculino. Exemplo: “Hoxe hai moitos carallotes no Carreiro”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Caramuxa. Concha dun pequeno molusco comestible que se atopa nas rochas, na zona intermareal. “Para comer caramuxas precisamos dun alfinete”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Cardeño.- Casa pequena e vella, moitas veces ocupada por unha soa persoa maior. Exemplo: “A finada da tía María a Pingueta viviu os seus últimos anos nun cardeño que tiña no Castro”. (José Luis Fernández Pérez).
 
Carozo.- Pene. Exemplo: “Arrimoulle o Carozo cando bailaban na verbena”. (Sergio Fernández Rodríguez).
 
Carranchaperna.- Coas pernas abertas ou en arco. “Sube ao cabalo a carranchaperna”. (Celia Baz Lomba).
 
Carrapicho.- É unha alga de nome científico Chondrus crispus Stackh., sendo apreciada para a industria cosmética e de medicamentos. Exemplo: “A miña nai baixo á praia na procura de carrapicho para venderlo ao Aguinaldo”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cascarilla.- Despectivo; nome que os mariñeiros daban aos de “riba” aos que cantaban unha canción: “Os cascarillas da vila/teñen a cara do leite/comen o caldo sen unto/e as patacas sen aceite”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Castizal.- Restos de corais que viñan enganchados nas redes. Exemplo: “Imos limpar as redes que hoxe traen moitos castizales”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Cata. Persoa, xeralmente, descoñecida. Exemplo: “Quen é ese cata que fala tan ben?”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cerellón.- Excremento gordo e grande xeralmente de humano. Exemplo: “Algún porco deixou este cerellón na porta. Se o collo cómeo”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cerrazón.- Ceo moi anubrado, con nubes moi escuras que traen chuvia. Exemplo. “Que cerrazón hai no mar, vai caír un mundo” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cegha.- Dícese dun coitelo ou navalla se filo. Exemplo: “Vai buscar una pedra de afiar que esta navalla esta tan cegha que non corta nin o que mira”. (Elisa Alonso Martínez)
 
Ceregho.- Burato do cu. Exemplo: “Recordo de neno ir por detrás das chabolas, no medio dos bloques ou na ‘depuradora’, e había cada zurrada que a máis de un quedoulle o cerejo descansado”. (César Cadilla Lomba).
 
Chainada.- Cousa sen importancia ou fácil de facer, Exemplo: “Que é difícil eso? Home, eso é unha chainada!” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Chaíñas.- Non moi bo facendo algo. Exemplo: “De rapaz o Xosé era un chaíñas xogando as bólas” (José Antonio Uris Guisantes)
 
Chambonar.- Estragar, non arranxar ben una cousa. Exemplo: Arránxame este móbil, pero non me fagas una chambonada. (César Cadilla Lomba).
 
Chancarello.- Persoa que fala moito cousas sen interese. Exemplo: “Non sexas chancarello porque todos foxen de ti”. (Antón Ferreira).
 
Chancha.- Mordisco. Exemplo: “Dálle unha chancha á mazá, pero pequeniña”. (Victoriano da Goreña).
 
Chanchón.- Pesado, cansino, molesto, aburrido. Exemplo: “Déixame en paz chancón, sempre co mesmo conto!”. (María Flora Lomba González)
 
Canilongha.- Corvo mariño. Phalacrocorax carbo. Exemplo: “Nas murallas da Insua contamos máis de sesenta canilonghas pousadas”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Charramangada.- Cousa de pouco valor. Exemplo. “Eso é unha charramangada, non vale nin 50 céntimos”. (Celia Baz Lomba)
 
Chato. Vaso pequeno no que se servía o xerez na taberna. Exemplo: “Bebín un ou dous chatos, nada máis”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cheda.- Paseo curto. Exemplo: “Imos dar unha cheda ata a Alameda?”. (Celia Baz Lomba).
 
Chepa. Alusión ao paso do tempo. Exemplo: “Ala, hoxe outro aniño máis na chepa!”. (María Villa Castro).
 
Chimpar. Tirar, arroxar una cousa ao chan ou ao mar. “Imos chimpar a Jesús desde o Muelle Alto que ten medo saltar”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Chimparrazo.- Ola que ao bater nas rochas sae expelida. Exemplo: “Non te acerques ás pedras que vas apañar un chimparrazo” (José Antonio Uris Guisantes).
 
Chimpo.- Salto. Exemplo: “Andiven aos chimpos e perdín un pendiente de argholla. Encontreino de chiripa” (Mar Villa Castro).
 
Chimporro.- Gordo. Exemplo: “Está como un chimporro porque come moito e non fai exercicio” (José Antonio Uris Guisantes).
 
Chintófano. Aparello mecánico ou eléctrico. Exemplo: “O chintófano furrulaba ao calcarlle no pitorro”. (Victoriano da Goreña).
 
Chiripa.- Por sorte, casualidade. Exemplo: “Andiven aos chimpos* e perdín un pendiente de argholla. Encontreino de chiripa” (Mar Villa Castro).
 
Chispirrar.- Saír a auga pola mangueira ou un grifo con moita presión mollando aos que están cerva. Exemplo: “Abriu o grifo e coa mangueira cispirropiunos a todos”. (José Luis Fernández Pérez).
 
Chocolear.- Mover o líquido dun recipiente con forza. Exemplo: “Chocoleu a botella do champán e saíu o corcho disparado”. (María Villa Castro).
 
Churrilla. Cagarría, descomposición. Exemplo: “Hoxe alguén fixo churrilla e deixou a taza enzoufada”. (José Antonio Uris Guisantes)
 
Cimbrar. 1. Tirar con forza. Exemplo: “Como te vexa o móvil vou cimbralo pola ventá”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
2. Pegar, bater a alguén. Exemplo: “Se no fas o que te digo voute cimbrar coa zapatilla no cu” (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Cimbrear.- Moverse, xeralmente en vaivén. Exemplo: “Os días de temporal os eucaliptos cimbrean coma herbas do campo”. (César Cadilla Lomba).
 
Circio.- Teso. Exemplo:  “Quedou circio”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Cirullo.- Medo. Exemplo: “Non te procupes, ten tanto cirullo que non se vai acercar ao can”. (Anton Ferreira Lorenzo)
 
Ciscallo. De baixa condición, sen valor. Exemplo: “Eses non son amigos, son ciscallo” (José Antonio Uris Guisantes).
 
Ciscar. 1. Espallar algo. Exemplo: “Colle a semente e ciscaas polo campo” (José Antonio Uris Guisantes).
 
2. Cagar. Exemplo: “Vai ciscar ao común, anda escagarriado” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Conas.- Inxenuo. Exemplo: “É tan conas que non se enteira que se están a rir del”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Coneiro.- 1. Dise de quen trata de ser detallista. Exemplo: “No sexas coneiro e acaba dunha vez o que estás a facer”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
2. Bromista. Exemplo: “Tede coidado con ese que é moi coneiro” (Antón Ferreira Lorenzo)
 
3. Emprégase despectivamente para nomear a quen gusta de arranxarse esaxeradamente. “Aí vai o coneiro a conquistar mozas” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Conobobo.- Tonto, bobo. Exemplo: “Larga de aquí, conobobo, en déixame traballar”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Contra a parede.- Moi bo, apicado ao viño. Exemplo: “Na tenda do Arsenio os homes pedían ‘medio’ de contra a parede”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Corró.- Persoa, xeralmente se aplicaba a unha muller, que vai con contos a outras. “Exemplo. “Aí vén a corró da túa prima, cala, cala que logo vai a dicilo por aí”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Courar.- Extender as sábanas, ou pezas de roupa, despois de lavadas e aínda molladas sobre a herba e ao sol para aclaralas. Exemplo: “Despois de lavar as sábanas acostumo poñelas a courar no Lughar Vello” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Coza.- 1. Aplícase xeralmente ao resultado dun partido. Exemplo: “Son uns pallarés*. Sempre perden e hai cada coza que lle ronca o nabo*. Onte 9-1”. (César Cadilla Lomba).
 
2. Paliza. Exemplo: Deume unha boa coza coa zapatilla que me quedou o cu coma un tomate”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Cristo (ir feito un).- Ir mal por estar ferido, desaliñado... Exemplo: “Caeu nun silveiro e agora fai feito un cristo”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Crica.- Vaxina. Exemplo: “Teño os cartos na crica, a ver seos  vou ir roubar”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cricas.- Decíaselle aos rapaces que xogaban con bonecas. Exemplo: “Se non queres xogar ao fútbol, vai xogar con bonecas, cricas do carallo”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Croa.- Coroniña da cabeza. Exemplo: “Non terá dúas croas na cabeza?” (Mar Villa Castro)
 
Cunicha.- 1. Persoa moi cutre. Exemplo: “No lle pidas nada que nada te vai dar, é moi cunicha”. (José Antonio Uris Guisantes.
 
2. Vaxina. Exemplo: “Vai rascar a cunicha e déixame en paz”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Curricho.- Nome xeral que se daba aos porcos. Exemplo: “Imos botarlle de comer aos currichos”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Cuscús.- Medo. Exemplo: “Tiña tanto cuscús que mexou polos pantalóns” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Curda.- Borracheira. Exemplo: “Aí vai o lambón con outra curda!”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
 
D
 
 
Darrecú. Camiñar ou marchar hacia atrás. Exemplo: “Ía darrecú e esfarelouse contra a parede”. (Victoriano da Goreña).
 
Depinicar.- Picotear un alimento. Exemplo: “Imos depinicar uns manises”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Desmoer.- Facer a dixestión. “Vou saír a dar unha voltiña para desmoer a comida”. (Maite Calambruski)
 
 
E
 
 
Elástico.- Camiseta interior. Exemplo: “Se tes frío, pos un elástico por debaixo da camisa e logo un jarsé e quedas quentiño como un rexón”. (César Cadilla Lomba)
 
Encambar.- Incrementarlle os produtos dunha compra ao cliente: Exemplo: “Fun comprar un kilo de pexegos e como lle quedaba kilo e medio encamboumos todos”. (César Cadilla Lomba).
 
Encarrapichar. Enredar, Exemplo; “Tiña o pelo tan encarrapichado, que non había forma de péinalo”. (Victoriano da Goreña)
 
Enghurrichados. Enrugados, encollidos. Exemplo: “A miña nai tiña os dedos enghurruñados de lavar tanta roupa no pilón” (Mar Villa Castro)
 
Encascar.- Meter as redes nun baño de auga quente onde se coceu a casca de salgueiro. Exemplo: “Meu tío foi encascar a rede da ardora, as outras están no arcás”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Escagarriado. 1. Descomposto. Exemplo: “Foi ao baño cinco venes, anda escagarriado”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
2. Falto de forzas, esgotado. Exemplo: “Axudou a subir unha pipa de viño ao camión e xa está escagarriado”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Escaquetar.- Romper algo lanzándollo con furia contra unha superficie dura, tamén se aplica a un mesmo ao golpearse. “Como collas a ‘maquinita’ vouta escaquetar contra a parede” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Escusado. Retrete nunha casa antiga ou vella. “Vou o escusado, non vos asustedes cos ruídos”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Escuchimizado.- Delgadiño, con cara enfermiza; débil. Exemplo. “Está tan escuchimizado que non pode nin levar a bolsa do lixo”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Esfurricado.- Debilitado, sen forza. Exemplo: “Empuxou con tanta forza que se esfurricou”. (José Antonio Uris Guisantes)
 
Esghaduñar.- Arañar. Exemplo: “Os ghatos esghaduñan e as galiñas escabichan na terra” (César Cadilla Lomba).
 
Esghalla.- En abundancia. Exemplo: “Empezas a cavilar e saen a esghalla”. (César Cadilla Lomba).
 
Esghaneira.- Esganar. Exemplo: “Tomei o meolo do pan e esghaneime; foise por mal camiño”. (Fina Pacheco Pacheco)
 
Esgharabullar.- Facer un burato na terra o pión. Exemplo: “Tira o pión máis lonxe que aquí hai moita terra e vai esgharabullar”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Esghurrichar.- Obter ata a última pingueira dun líquido da botella. Exemplo: “Quedou pouco viño así que esghurricha a botella.”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Esfolarse.- Ferirse. Exemplo: “Esfolou unha perna na Area Grande”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Esmachucar._ Aplastar algo. Exemplo: “Esmachucaba os grans de millo para darllos os pitos”. (Victoriano da Goreña).
 
Esmechada.- Ferida na cabeza por efecto, xeralmente, dunha pedrada ou caída. “Tiroulle una pedra e fíxolle una esmechada” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Esmendrellarse. Tamén escoñarse. Aplícase a quen sufre un accidente ben cun vehículo ou a pé. Exemplo: “Ía con tanta velocidade que se esmendrellou contra a parede”. (José Antonio Uris Guisantes”.
 
Esnorzar.- Caer, ferirse. Exemplo: “Carallo! Esnorzouse por ir correr como un tolo!” (José Antonio Uris Guisantes).
 
Espachurrar.- Aplastar algo e destrozalo. Exemplo: “Foiselle a pelota para debaixo do coche e quedoulle espachurrada”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Espantallo.- Persoa que viste moi mal ou sen gusto. Exemplo: “Xa saíu de casa ese espantallo de home, sempre cos pantalóns estragados”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
F
 
 
Facuco.- Enferma. Exemplo: “Qué tal o teu home?. Non moi ben, está un pouco facuco estes días”. (Suso Rodríguez Peniza).
 
Farún. Fedor que desprenden algunhas especies de peixes ao polos a secar, como por exemplo os litáns. “Puxemos a secar os litáns e ao pasar fede tan forte a farún que non volvo máis por alí”. (Fina Pacheco Pacheco)
 
Faxurda.- Borracheira. Exemplo: “Ten unha puta faxurda que non se ten en pé”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Feldrellos. 1. Prendas de vestir non moi axeitadas para quen as leva. As veces esas mesmas prendas con partes estragadas. Exemplo: Non vistas eses feldrellos que chequitan a túa fermosura”. (Anton Ferreira Lorenzo)
 
2. Aplícase a unha persoa, xeralmente muller, fea ou desastrosa nas súas accións. Exemplo: “Que feldrello de muller, é que non fai unha cousa ben”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Fochas. Inxenuo. “O fillo de Remigia é un fochas, a cotío búrlanse del pero non se enteira”. ( Antón Ferreira).
 
Fozón.- Que toca moito as cousas, sobre todo as alleas. Exemplo: “Deixa de tocar toda a roupa. Non sexas fozón”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Forqueta. Tirachinas rudimentario feito con pólas dalgunha árbore, goma de llanta de roda de bicicleta e un anaco de coiro que se podía pedir aos zapateiros. Exemplo: “Eu aínda recordo usar forquetas de rapaz, pero non tiña puntería ningunha”. (Antón Ferreira)
 
Fruma.- Folla do peñeiro. Exemplo. “O vento tirou moita fruma dos pieñeiros e está o sendeiro chea dela”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Fuchicar. Tocar en todo canto hai. Exemplo: “Sempre fuchica nas cousas que non son del e un día vanlle dicir o que non quere”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
G
 
 
Ghadeña.- Pelo enredado, formando coma tirabuzóns descuidados. “Tiña os pelos con ghadeñas”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Ghaliña.- Pelea xeralmente entre dúas bandas de distintos barrios do pobo, por exemplo mariñeiros contra os da Guía. Exemplo: “O sábado imos a ghaliña contra os da Cruzada” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Ghallo.- Póla seca dunha árbore. Exemplo: “Imos apañar algúns ghallos ao monte para quentar a casa”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Gharabetos.- Pequenos e finos paus para acender o lume na cociña. Exemplo: “Trae uns gharabetos para prender o lume e quentar a caldo”. (Antón Ferreira).
 
Gharsé.- Xersei. Exemplo: “Se tes frío, pos un elástico por debaixo da camisa e logo un gharsé e quedas quentiño como un rexón”. (César Cadilla Lomba).
 
Ghata (facer a).- Faltar á escola para ir a xogar. “Pola tarde imos facer a ghata e marchamos á Area Grande que fai moita calor”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Ghateño.- Para a cama dos animais. Mestura de fentos e fruma do que se facía acopio no monte. Exemplo: “Mañá temos que ir a buscar ghateño, non teño cama para os animais”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Ghicho. Dise xeralmente dunha persoa descoñecida ou ousada. Exemplo: “Ese ghicho marchou sen pagar”. (César Cadilla Lomba).
 
Ghinar.- Desequilibrarse pola bebida. Exemplo: “Saíu do calleghón dando ghinadas”.(Diana Verde Martíns).
 
Choder a marrana.- Incordiar, molestar. Exemplo: “Deixa xa de ghoder a marrana que me estou cansando”. Antonio Ferreira Lorenzo).
 
Ghoma. Borracheira. Exemplo: “Colleu unha boa goma e tiveron que levalo para casa nun carro”. (María Villar Castro).
 
Ghrolos.- Dícese dos ovos non fecundados. Exemplo: “Todos os ovos están ghrolos, non imos ter pitos esta vez”. (María Luísa Amorín Barbosa).
 
Guardabarros.- Orellas grandes. Exemplo: “Tiña tanta ciricuntinga nos guardabarros que se lle podían plantar coubas”. (Victoriano da Goreña).
 
Ghuá.- Burato na terra no xogo das bólas onde remataban determinadas partidas. Exemplo: “Fun o primeiro en meter as bólas no ghuá”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Ghurricha.- Cantidade pequena dun líquido que queda nun recipiente ou que sae por un cano. Exemplo: “O cano da fonte  botaba unha ghurricha porque estaba atuído” (Victoriano da Goreña)
 
 
L
 
 
Lambecricas.- Persoa que lle vai con contos a outra. Exemplo: “Imos contarcho, pero logo non vaias de lambecricas por la rúa”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Lambiscada.- Lambetada. Exemplo: “Comes moitas lambiscadas e vanche caer os dentes”. (Antonio Ferreira Lorenzo)
 
Lampantín.- Tonto, inxenuo. Exemplo: “Es un lampantín”. (José Antonipo Uris Guisantes).
 
Langhuchada.- Lambetada. Exemplo: “Todo o día comendo langhuchadas, vánseche picar os dentes e vas quedar fanado”. (César Cadilla Lomba).
 
Larear.- Falar gratuitamente; dicir algo que carece de interese ou sen verdade. Exemplo: “Ese que todos sabemos, é un lareante, só sabe atacar aos que non pensan igual que el”. (María Villa Castro).
 
Lascardia. Borracheira. “Que lascardia levaba onte Fulano; nin as paredes podían suxetalo”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Letania.- Xeralmente blasfemias ou palabras malsoantes. Exemplo: “Non sei onde aprenderían esa letanía pero na escoliña de doña Aurora seghuro que no” (César Cadila Lomba).
 
Lores.- Tonto, bobo. Exemplo: “Non sexas lores e vai pedirlle o que lle prestaches”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Lorada.- Tontería, cousa sen importancia, a veces molesta. Exemplo: “Non me importan esas loradas que di a xente”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Lubrián. Inxenuo, tonto. Exemplo: “Aí vén o lubrián que vai pagar unhas chiquitas”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Lurpia.- Borracheira. Exemplo: “Que lurpia levaba o fillo de Fulano, que ghinaba para un lado e para outro” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
M
 
 
Mallar.- Pegarlle a alguén. Exemplo: “Deulle tal malleira que foi quente para casa” (Antón Ferreira).
 
Mangallón.- Mozo grande que soía abusar da súa forza. Exemplo: “Mangallón, deixa ao rapaz en paz que no te dixo nada malo”. (María del Carmen Baz Alonso).
 
Mariposa (de aceite).- Lampariña de cera para alumear os santos. Exemplo: “Voulle acender unhas mariposas aos santos”. (Victoriano da Goreña).
 
Marras (de).- En cuestión, algo xa mencionado. Exemplo: “Coa calle de marras máis dun veciño anda aljareado.... Aínda van acabar tirándose os trastos á cabeza!” (César Cadilla Lomba).
 
Mascadas.- Sopapos, tortazos. Exemplo: “Levou unhas mascadas que quedou chorando a tarde enteira”. (Carmen Velasco Sobrino)
 
Medio.- Un cuarto de litro. Aplícase ás tazas polas que se bebía o viño na taberna. Exemplo: “A ver rapaz, despacha un medio a ese home que hai unha hora que espera”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Mecajoindiola.- Interxección que denota enfado. Exemplo: “Mecajoindiola: deixa as cousas como estaban!” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Melopea.- Borracheira. Exemplo: “Nadal... tempo de comilotas e melopeas”. (César Cadilla Lomba).
 
Menda Lerenda. Persoa non ben vista. Exemplo: “Coñeces a fulano? Miúdo menda lerenda”. (Pedro Mauri).
 
Meolo.- Miga do pan. Exemplo:  “Fun comprar un chusco de pan e ten muito meolo”. (Chelo Pacheco).
 
Mixiricas,- Chorón, de vágoas fáciles. Exemplo: “Que mixiricas es, so tes unha feridiña de nada na man”. (Sergio Fernández Rodríguez).
 
Mona.- Borracheira. Exemplo: “Anda!, vai dormir a mona e non caias”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Moneira.- Catarro. Exemplo: “Teño unha moneira que me mata” (Celía Baz Lomba).
 
Moquetazo.- Golpe dado coa man a unha persoa. Exemplo: “Arreoulle un moquetazo nos fuciños que mirou as estrelas en colores”. (Victoriano da Goreña).
 
Monte de esterco (ser como).- Díceselle á persoa cando non fai algo ben. Exemplo: “Es coma un monte de esterco!”
 
Mormelos. Mocos. Exemplo: “Límpalle eses mormelos ao rapaz”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Morriñá.- Suciedade no corpo. Exemplo: “Non te lavaches, porco; mira canta morriña tes nos calcañales”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Muíña.- Pole que producen os piñeiros. Exemplo: “Esta alerxia prodúcenma as muíñas por ter ido ao monte”. (César Cadilla Lomba).
 
 
N
 
 
Niki.- Xersei de punto. Exemplo. “Mañá vou estear un niki vermello, gústame esta cor”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Novelos. Sinónimo de aparello xenital indeterminado. Exemplo: “Vai rascar os novelos e déixame en paz”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
P
 
 
Pabana.- Maltrato. Exemplo: “Era un sinvergüenza, cocíase do lindo no bar e ao chegar a casa quentánballe a pavana á muller  e aos fillos”. (César Cadilla Lomba).
 
Palla na liña (ter unha).- Estar a punto de tirar un peido. Exemplo: “Non vou aguantalo, teño unha palla na liña a punto de saír”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Pallaré.- Malo facendo algo. Exemplo: “Son uns pallarés. Sempre perden e hai cada coza que lle ronca o nabo: Onte 9-1”. (César Cadilla Lombna)
 
Pancada. 1. Coloración vermella que afecta á pel cando se toma o sol sen protección. Exemplo: “Pasou na Praia todo o día e mira que pancada colleu”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
2. Tolería, idiotez. Exemplo: “No lle fagas caso ten tanta pancada na cabeza que non sabe que di”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Pándigha.- De troula, de carallada. Exemplo: “Toda vida pasa de pandigha” (Maite Kalambruski).
 
Pandorca.- Inxenua. Exemplo: “Ai, muller: que pandorca es!” (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Panduriño. Persoa de pouca entidade. Exemplo: “Onte só fomos catro panduriños á xuntanza”. (José Luis Fernández Pérez)
 
Pardillo.- Inxenuo, inocente. Exemplo. “Aí vén ese pardillo, verás como vai picar no engano” (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Paridas.- Expresións absurdas, sen sentido. Exemplo: “Sempre esta a dicir paridas”. (Diana Verde Martíns).
 
Parranda.- Cona. Exemplo: “Sempre anda querendo tocarlle a parranda”. (Juan Carlos Uris).
 
Pastilla. Vómito. Exemplo: “Vai botar a pastilla á rúa, non a botes aquí dentgro”. (Jopsé Luis Fernández Pérez).
 
Paxó. Inxenua, puco fina, inocente. Exemplo: “Serás paxó?”(María del Carmen Baz Alonso).
 
 
Pedicha.- Pobre ou persoa que pide moito. Exemplo: “Sabes o que eres?: Unha pedicha!”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Peghote.- Parietaria officinalis L. Exemplo: “Non se enteira que leva a chaqueta chea de peghotes que lle opuxo o sobriño”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Pelaghatos. Asistentes a unha xuntanza en escaso número con sentido de sen valor para impoñer as súa ideas. “Onte a reunión só asistemos cuatro pelaghatos; non puidemos facer nada”. (Maite Kalambruski).
 
Pendón.- Muller presumida que coida vestirse ben pero con ridiculez. Exemplo: “Xa sae o pendón da casa outra vez. Mira que é parva”. (Dahlia Depontevedra).
 
Perendengue.- Vago, perezoso. Exemplo: “Andaba de perendengue haber se caía algo”. (Victoriano da Goreña).
 
Perrera.- Pelo que queda sobre a frente, como peiteado para adiante. Exemplo: “Voute cortar a perrera para que non teñas os pelos enriba dos ollos). “Antón Ferreira Lorenzo).
 
Perro balón.- Dícese dun balón grande. Exemplo: “Que perro balón ten o Nemesio, por eso todos queren ser seus amigos”. (Maite Kalambruski).
 
Pila.- Lanterna que funciona con pilas. Exemplo: “Que pouco se mira aquí, anda, vai buscar una pila”. (Maite Kalambruski).
 
Pilicas. Suciedade do interior do nariz. Exemplo: “Ese sempre anda a sacar pilicas do nariz”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Pinagho.- Inconvinte, incomodidade. Exemplo: “Nesta vida sempre aparecen pinajos". (José Antonio Uris Guisantes).
 
Pincha. Xogo de rapaces que consistía, basicamente, en que un perseguía a outros ata conseguir tocar a algún; este entón perseguía a outros facendo o mesmo, e así sucesivamente. Había tamén a pincha envenenada. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Pinreles.- Testículos. Exemplo: “Se che pican os pinreles, ráscaos!”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Pionas.- Cápsulas das sementes dos eucaliptos. Exemplo: “Escorreguei nas pionas ao baixar do Trega”. (Maite Kalambruski)
 
Pión.- Trompo. Exemplo: “Mañá, na hora do recreo imos xogar co pión”. (Antón Ferreira)
 
Pións (os).- Testículos. “Vai rascar os pións e non nos veñas a pedir nada!”. (Antón Ferreira).
 
Pirica.- Borracheira. Exemplo: “Colleu unha pirica de carallo!”. (Roldán Teixeira).
 
Pirindengue.- Correveidile. Exemplo: “Andas por aí de pirindengue”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
Pisa.- Pene. Exemplo: “Vaille tocar a pisa a outro, xa estou farto das túas loradas!”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Pisallada.- Chamarlle a atención; berrarlle enfadado. Exemplo: “Botoulle una pisallada neghra”. (Sergio Fernández Rodríguez).
 
Pispireta. Avispada, fina. Exemplo: “Esa rapaciña é moi pispereta”. (José Antonipo Uris Guisantes)
 
Pito (estar ou andar como un).- Moi mollado. Exemplo: “Non te abrigaste nun zaguán e agora vés mollado coma un pito”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
Principio del formulario
 
 
 
Final del formulario
 
 
Pitrina. Bragueta.- Exemplo: Sobe a pitrina que che vai escapar o paxariño. (Jorge Franco García)
 
Plan (estar a).- Estar abarrotado, cheo de xente. Exemplo: “Hoxe vén todo o equipo do Celta á alameda, vai estar a plan, xa verás”.  (Maite Kalambruski).
 
Pote.- Chichón. Exemplo: “Esa puta vigha miúdo pote me fixo”. (Roldán Teixeira).
 
Prendedor.- Pinzas da roupa. Exemplo: “Na miña casa gardo os prendedores na caixón da cociña”. (María Villa Castro).
 
Poubanas.- Veraneantes, sobre todo de Ourense, que viñan á Guarda a tomar as augas iodadas do noso mar. Exemplo: “En xullo volverán a vir as poubanas a pria da Area Grande”. (Antón Ferreira).
 
Pufo.- 1. Débeda non pagada. Exemplo: “Vai a tenda e sempre deixa pufos, xa non sei como lle venden nada”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
2. Peido silencioso e moi fedento. Exemplo: “Alguén cagou un pufo porque fede que tira para tras”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Pulpizo. Chuvia miúda. Exemplo: “Teño cagas de camiñar, pero con este pulpizo non quero saír”.
 
 
Q
 
 
Quimbambas.- Estar despistado ou desaparecido. Exemplo: “Estes días o Sol está nas quimbambas” (José Antonio Uris Guisantes)
 
Quiñón. Parte da pesquería que se daba a cada membro da tripulación. Exemplo: “Ao chegar ao porto da Guarda repartimos o quiñón”. (José Antonio Uris Guisantes).
 
 
R
 
 
Redullo.- Peza feita cunha tea enrolada, facendo un círculo para poñer na cabeza e, sobre ela, o balde con auga. Exemplo: “Non sei onde pousei o redullo e teño que ir á fonte co balde”. (Antón Ferreira).
 
Reghateira.- Regateadora. Persoa vendedora que discute o precio da mercancía cos clientes (José Antonio Uris Guisantes”.
 
Renejado.- Persoa mala. Exemplo:. “Sal de aquí reneghado que non quero verte!”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Renxer.- Economizar, racionar. Exemplo: “Se queremos comer mañá, temos que renxelo hoxe”. (Maite Kalambruski).
 
Ronca o nabo.- Interxección que denota esaxeración. Exemplo: “Subíronlle o precio de tal maneira que lle ronca o nabo”.
 
Sacamelo.- Senecio vulgaris. Exemplo: “O sacamelo gústalle moito aos canarios, sílgaros, xiríns” (César Cadilla Lomba).
 
 
S
 
 
Salabardo.- Saco feite de rede de nailon ou similar. Exemplo: “O pesqueiro "Pepita Cancelas" truxo dous SALABARDOS de langostas.”. (José Antonio Uris Guisantes.
 
Salgheiros.- Débedas non pagadas. Exemplo: “Hai que ter moito cuidado co catiña* ese, que dende hai unha tempada ten deixado nas tendas unhs salgheiros de moito pinajgho*”. (María Villa Castro).
 
Sarrallo.- Cinzas que queda da madeira queimada. Exemplo: “Imos sacar o sarrallo da cociña para meter máis leña”. (Xermán Cordero Verde).
 
 
T
 
 
 
Tanque.- Lavadeiro. Exemplo: “Hoxe, menudo cachón de agua ten o tanque”. (Victoriano da Goreña).
 
Tenis.- Zapatillas deportivas. Exemplo: “No verán prefiro andar con tenis e non con zapatos”. ((Antón Ferreira Lorenzo)
 
Tisco. Can. Exemplo: “Ao meu irmán sempre lle gustou ter tiscos na casa”. (Antón Ferreira Lorenzo)
 
Tornocelos. Tobillo. Exemplo: “Dáballe patadas nos tornecelos”. (José Antonio Uris Guisantes.
 
Toutizo.- Despeinado. Exemplo: “Vas moi despeinada, parece un toutizo”. (Hortensia Vicente Santiago).
 
Trabouchas. Tenazas dun boi, nécora ou lumbrigante. Exemplo: “Encántanme as trabouchas dos bois e das nécoras”. (César Cadilla Lomba).
 
Tranca.- Borracheira. Exemplo: “Colleu unha boa tranca e tiveron que levalo para casa nun carro”. (María Villar Castro).
 
Trapallada. Cousas sen importancia. Exemplo: “No lance veunos moita trapallada; un capote”. (José Luis Fernández Pérez).
 
Trompa.- Borracheira. Exemplo: “Vaia trompa que leva o Fulano; este non chega a casa!” (José Antonio Uris Guisantes)
 
 
U
 
 
Uz.- Burato do cú. Exemplo: “Onde teño os cartos? Metidos no uz; non te fode?”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
V
 
 
Velas. Mocos. Exemplo: “Colgábanlle as velas no nariz e limpounas coa manga da chaqueta”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
 
X
 
 
Xaneira.- Enfado, choro violento e con gritos. Exemplo: “Tede coidado porque cando lle dá a xaneira ninguén pode con el”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Xaneta.- Enfado, choro forte. Exemplo: “Cando xe dá a xaneta non hai quen o ature”. (César Cadilla Lomba)
 
Xeixos. Seixos. Exemplo: “Voulle meter uns xeixos a estes zapatos para que me dean de si”. (Fina Pacheco Pacheco).
 
Xente da noca. Alúdese a persoas pouco interesantes, incumpliroras ou das que non te podes fiar. Exemplo: “No xires a cabeza que detrás de nós ven xente da noca”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Xirín. Verdecillo. Exemplo: “Moitos xiríns escoitánse na primavera”. (Anbtón Ferreira Lorenzo).
 
Xosca. Paliza. Exemplo: “Cando chegues a casa vas apañar unha xosca que no vas facer outra”. (Antón Ferreira).
 
Xuana. Inxenua, fácil de enganar (se é un homo dícese “xuanciño”. Exemplo: “Que xuana é a Fulana, déronlle as mazás peores e pagou o mesmo que as boas”. (Maite Kalambruski)
 
Xulicar.- Fuxir. Exemplo: “Di o meu veciño que cando a muller lle di algo xulica, e dende que aprendeu a xulicar. Levánse moito mellor”. (Mar Villa Castro).
 
Xurelos- Mocos. Exemplo: “Ufff. Que xurelos verdes ten ese rapaz...”. (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Xouza.- Xeralmente escrementos, por extensión suciedade. Exemplo: “Fun buscar ovos o galiñeiro e manchei as catiuscas de xouza(María Flora Lomba González).
 
 
Z
 
 
Zacatreo.- Movemento ou ruído violento. Exemplo: “Está semana dá bo tempo, pero para a próxima haberá zacatreo”. (César Cadilla Lomba).
 
Zanfona. Cona, vaxina. Soe empregarse como desprecio. Exemplo: “Vai rascar a cona a túa casa!” (Antón Ferreira Lorenzo).
 
Zampabroas.- Bonachón. Exemplo: “Todos o ignoran e o zampabroas axuda a moitos”. (José Antonio Uris Guisantes)
 
Zocalín. .... Exemplo: “Trouxo uns salabardos amarrados cun zocalín”. (Pedro Mauri).
 
Zurrar.- Cagar. Exemplo: “Recordo de neno ir por detrás das chabolas, no medio dos bloques ou na ‘depuradora’, e había cada zurrada... a máis de un quedoulle o cerejo descansado”. (César Cadilla Lomba).
Regreso al contenido