Vicente, O Ferrador - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Vicente, O Ferrador

PUBLICADAS
por Victoriano Rodríguez (1)
 

Vicente Rodríguez Cividanes, coñecido popularmente por Vicente “O Ferrador”, -recentemente falecido- o 7 de xunio deste ano.

Vicente Rodríguez Cividanes en 2008
Cando eu estaba facendo outros escritos pro libro-progama da festa das Mercedes, tomo a decisión de resaltar a vida e vivencias deste interesante personaxe, veciño noso, destacando ser unha persoa séria, emprendedora, afamado ferrador, e ser a ultima estampa que puidemos desfrutar, hasta fai poucos días, de velo  pola Guarda montado no seu cabalo aparellado , con as ferramentas de labor agrícola, e con o seu carro tirado por un burro.
Nacera  Vicente o 25 de Xulio de 1.931, fillo de Vicente Rodríguez  Bernárdez, natural de Monçao e de Lucinda Cividanes Cividanes de Salcidos, e neto por línea paterna de Juan Rodríguez e de Claudina Bernárdez de Portugal, e por linea materna de José Cividanes e  Fermina Cividanes de Salcidos
 

Foto da boda de Vicente e Domitila, no dez de Abril de 1958
 
Cásase Vicente Rodríguez Cividanes con 26 anos, con Domitila  González Carrera de 31 anos, o 10 de Abril de 1958, e deste matrimonio terían catro fillos: Javier, Isabel, Bidalia e Lucia. Viviron na casa de Marina na Redondiña, a que el, despois  reformaría; A súa muller  Domitila (Tila) traballaba na casa de costureira, e Vicente traballaba de ferrador e tratante de burros.
Dentro da súa vontade emprendedora tamén tivo algún intento noutras actividades, como que rexentou un bar en Coruxo con seu irmán Juan, no cal non lle foi ben o negocio, tamén montara un galiñeiro, o cal un ciclón o destruíu, mórrelle o cabalo e  pa mais desgracias, se dá a fatalidade que súa muller Domitila falece o 1 de xaneiro de 1972, con tan só 45 anos, quedando Vicente viudo e con catro cativos ao seu cargo, de 12,11, 10 e 6 anos, Que como popularmente se dicía: (cabían todos nun cesto), que con gran dedicación e sacrificio quitounos adiante. Conta súa filla  Bidalia, que nesa situación, a mestra doña Gloria deixábaas saír da escola a ela e a súa irmán Isabel unha hora antes para que fosen a facer o xantar pra todos …

Vicente, cun porte de cabaleiro, na Sangriña, camiño  do Trega  a buscar leña, en 2005 Foto Victoriano

Volvería  a casar Vicente, con Juana Alonso de Tabagón, o 14 de Decembre de 1990, vivindo na casa que  lles compraran a o Mexillón nas Laxes (Buxán), tendo deste segundo matrimonio, un fillo chamado Jesús.
O oficio de ferrador venlle dos seus antepasados portugueses.Xa seu abuelo, Juan Rodríguez  era ferrador en Monçao, que tuvo seis fillos varóns e unha muller. O seis homes tamén se dedicaron a esta actividade, vindo a ejercer esta profesión a Galicia: Un viñera para Covelo, outro para Pereiró, outro a Beade, outro a Cabral, e seu pai que tamén se chamaba Vicente, viu para Salcidos, onde se casou. Escomenzando a traballar con outro maestro ferrador Paco, no taller de ferrar de Don Pepe o veterinario (o vello) en Pías, alí tamén empezan de aprendices, polo ano 1943, Oscar, fillo de Paco e Vicente (fillo). Mais  adiante Vicente e o seu fillo virían  a ferrar para a casa asilo na Xixolla ( hoxe Casa dos Oficios), onde exercía de veterinario......Naqueles tempos os ferrradores debían estar baixo a supervisión dun veterinario. Montaríase despois  na costa do Coruto, na entrada a Buxán, sobre  o ano 1946. Pasados unhos anos compran un terreo na Rocha, onde constrúen   o seu taller de ferrar, na que traballaría Vicente (fillo) ata fai pouco tempo; dedicándolle  a esta profesión unha longa vida, duns 66 anos a actividade de ferrador. Incluso cando fixo o Servicio militar en Caballería en Lugo estivo ferrando e facendo ferraduras para os cabalos do Exército.
Vicente (pai) tamén era tratante de burros e cabalos que traía das feiras de Ourense, que  os vendía e intercambiaba na zona, ademais facíanlle aos animais outros “arranxos”, como de recortarlle a dentadura aos cabalos e mulos cunhas afiadas tenazas.
 .

Taller de ferrar na Rocha, Buxán, onde traballou Vicente na súa actividade  de ferrador
.
Na ferraduría da Rocha traballaría con seu pai e con seu irmán Leoncio, tamén estivo un tempo de aprendiz seu fillo Javier, e Manolo de Antonina que foi varios anos a facer ferraduras na fragua, e xa nos últimos tempos axudaba-lle a facelas a súa muller Juana.
Este oficio de ferrador de cabalos, burros, vacas e bois, tivo  o maior auge nas décadas dos anos 50-60, onde en cada casa había un cabalo, e en algunhas burro ou vaca, pras faenas agrícolas,  pra  carga e tiro, que era neste traballo onde  mais se necesitaba  ferrar os animais, debido o esforzo que soportaban por camiños empedrados e pedregosos, que de non levar ferraduras se lle desgastarían os cascos rapidamente, chegando a pisar  con a ramilla (parte central do casco, blanda) e coxear o animal, polo dolor, o pisar sen a  protección das ferrraduras.

Vicente con o seu carro a buscar herba en 2.001. Foto: Victoriano

Nos tempos fortes de traballo, ferraban unha media de vinte animais diarios, aparte, cando  non tiñan animais a ferrar, facían na fragua as ferraduras, para o uso no seu negocio e pra a venta pra fora. Vendían as ferraduras para outros ferradores e tamén para os cabalos do Exército.
Vicente tiña unha gran pericia na feitura  das ferraduras, tanto que todo o artesanal proceso de facer unha, lle levaba sobre tres minutos.
Proceso que consistía en en por o roxo vivo a pletina de ferro  na fragua, suxeitala cunhas teazas e cun martelo darlle a forma de media lúa no extremo redondo do yunke, facerlle con tres punteiros distintos os buratos e a estampa (avellanados) para os cravos, e espalmarlle as puntas. O ferro usado, traíao das chatarrerías de Vigo, de recortes de planchas da construción naval, de distintos espesores.

Ferradura de diante: actual, feita de fábrica, a de atrás: artesana
 
Distintos tipos de ferraduras artesanas:
1-       Ferradura grande para percheróns.
2-       3- Ferradura para cabalo grande e pequeno.
3-       Ferradura para boi/vaca.
Este material e mui resistente e algo aceirado, que aínda que era duro pra traballalo, tiña despois maior duración no uso, nos animais. Tamén tiña o seu punto idóneo, que si se lle daba temple,  escorregaban os animais nas laxes e camiños empedrados. Estas planchas de aceiro cortábaas  en tiras  de 20/ 25 cms de longo por 2 cms de ancho e un espesor de  5-6 m/m para ferraduras de cabalo e con 6 buratos, e de 15 cms por 1,5 cms e cun espesor de 3-4 m/m  para os burrros  ; pra percheróns xa aumentaban todas medidas e con 8 buratos;  as ferraduras pros cabalos dos carreteiros profesionais chegaban a facelas  de 10 e mais cms de grosor, e tamén as facían para bois e vacas, pero estas, dun formato distinto. Pro macho (mulo) que tiña o carreteiro profesional Nemesio Vicente de Salcidos, xa lle colocaban ferraduras de dous dedos de gordo (2-3cms.)En ocasións especiais, facían ferraduras da sorte, con buratos impares 5-7 ou 9, esa feitura era debido a que había cascos de cabalos que tiñan deteriorados a zona de cravar habitual, e o ferrador buscaba outra zona  mais consistente para meter os cravos
Ferraduras da “sorte” de 7 e 9 buracos
Nos últimos tempos,Vicente xa traía as pletinas cortadas de Vigo, pero nos comezos chegaron a fundir ferraduras vellas, e facendo as tiras a martelo.
Os cabalos que traballaban moito, era necesario ferralos de quince días a un mes, normalmente se desgastaban mais as das patas de diante, polo que unha vez ferrábase as catro patas, e na seguinte solo as de diante, e as detrás se lle facía un referrado. Tamén había bastantes cabalos e burros que solo se ferraban de diante, por economía, e atrás andaban “descalzos”.  Hai que darse de conta e para aqueles tempos custaba ferrar as catro patas 800 pesetas no ano 1.982. Hoxe en día, custa sobre 50€, (8.000 ptas).
Os cabalos eran dóciles de ferrar, normalmente o dono do animal era o que suxeitaba a pata dobrada, que o propio cabalo facilitaba, como entendendo que lle estaban facendo algo bo, pra él,--eu con 12 anos xa me tocaba esa faena-- en canto o artesán ferrador realizaba a súa tarea que consistía en:

Arrancar os restos da ferradura vella, cortando as puntas dos cravos vellos e arrastrala.

Cortar a zona deteriorada do casco ca tenaza de corte.

Alisar a planta do casco con o puxábante, apoiado e facendo forza co peito esquerdo do ferrador.

Presentar a ferradura, e canteala no yunque a medida, e dobrarlle as puntas nos talóns, pra que o cabalo non se enganchase.

Cravala, de forma que as puntas dos cravos salan pra fora do casco.

Escofinar debaixo da punta do cravo, facendo unha fendidura, para que o doblalo, non sobresaíse.

Dobrar os cravos, apoiando cas bocas da tenaza

Escofinar todo casco en redondo como remate.

Nova ferramenta pra dobrar os cravos.

Ferramentas pra ferrar un animal (Xentileza de Oscar O Ferrador) 1-   O puxavante, con o que se planificaba o casco; 2-   3 -Tenazas pra rebaixar/desbastar o casco; 4- Tenaza pra cortar as puntas dos clavos; 5- Martelo pra meter e dobrar o cravo; 6- Escofina pra rematar o traballo.
Tamén había un sistema de ferrar, chamado ao fogo, que resultaba mais traballoso e polo tanto mais caro e menos solicitado, que consistía: mais ou menos no clásico proceso anterior, con a mellora de que cando o casco estaba preparado, se asentaba a ferradura ao roxo vivo, adaptándose desta maneira en toda a superficie, despois se espalmaba no frente, dándolle unha volta en ángulo pra asentala no rebaixe feito previamente na lumbre (zona inferior dianteira)do casco, tamén se adobaba, quitándolle os vivos dos contornos con o martelo.
Nos últimos tempos,  debido a que xa os animais traballaban pouco, e lle crecían moito os cascos, se levaban  a “desferrar”. Que consistía en sacarlle as ferraduras en uso, desbastar os cascos e volverlle a por as mesmas.
A veces os cabalos de tiro ou carga que facían longos viaxes, se lle resquentaban os cascos, e pra quen non se lles espatárrasen metían o animal días ou horas, na auga do río.
Os bois e vacas eran difíciles de ferrar, polo que dispuñan dun potro; unha especie de armazón de vigas cunhas zinchas, con as que suspendían pola barriga ao animal, pra levantarlle as patas.
Co animal que tiñan que ter mais precaución era cos mulos, xa que eran falsos e arreaban fortes táinas (couces).

Cando o animal e manso, pode o ferrador facer el só a faena, sen axuda.

Útil usado en cabalos resabiados, para que se deixasen ferrar.
Aínda que os cabalos se deixaban ferrar, habíaos que estaban resabiados, porque en algunha ocasión lle clavaran na carne, e se resistían, o truco consistía en  porlle  o ocial (artiluxio metalice, especie de tenaza) apertándolle o fuciño e tirando  por el, para que se centrase nesa molestia e deixase alzar a pata.
Hoxe en día, xa non se utiliza o puxabante; os novos ferradores que realizan  este labor, utilizan para o desbaste dos cascos un cepillo eléctrico.


Moderno sistema de desbaste do casco, utilizando un cepillo eléctrico

As ferraduras  xa veñen feitas de distintos tamaños, estampadas de fábrica. Tamén xa hai ferraduras de plástico duro, que van pegadas ao casco.   
Os paisanos que  levaban os seus animais a ferrar a Vicente, eran do Castro- Buxán, Salcidos, Camposancos, San Xián, Pacenteo, Novás…Os da Gandra, Cunchada, Pías… iban a outros famosos e históricos   ferradores: Paco “o ferrador” e seu fillo Óscar, na casa de Don Pepe en Pías.  Ao principio, Vicente e seu pai desprazábanse un día na semana a ferrar a zona de Viladesuso (Oia) e a Tomiño. Nos últimos tempos, o haber poucos animais, e tanto tráfico de vehículos, viñan a buscar a Vicente, que levaba as súas ferramentas a ferrar a casa do paisano.

Vicente, vindo de buscar herba, con o seu cabalo “Lucero,” na rua Xunqueiriñas en 1.994. Foto Victoriano

Outra faceta que nos deixou Vicente foi a curiosa e única estampa, de velo hasta fai pouco tempo, montado no seu cabalo aparellado e con ganchos,  e con as  súas ferramentas:  aixada,anciño, gancha, cabón, gadaña, machado, reata… según a labor a que fose: a leña, o gateño, a herba, o argazo… Causaba expectación velo polo medio da vila da Guarda, transitando con o seu cabalo, compartindo a rúa con os peligrosos vehículos mecánicos.


Vicente, subindo o monte Trega, a buscar gateño, en 2004. Foto : Victoriano

Foi o último cabalo que baixaba ao porto, a Robaleira, a  cargar xerez, que puña a secar por Mazaracos, o cal despois vendería pra Mougás.

Vicente sacando unha carga de xerez, por Mazaracos no ano 2.000 Foto Victoriano.

Cando iba a esas  faenas, e me atopaba  con él, sempre se prestou gustoso a ser fotografado con os seus peculiares e inseparables medios, con a súa vestimenta de traballador campesiño, e con a súa clásica boina de paisano-aldeán.
Estas fotos que fixen en distintos momentos a Vicente, e este modesto escrito da súa vida, sirvan de memoria e honra deste extraordinario veciño, que destacou por ser o último artesán ferrador e tamén o último paisano en utilizar os tradicionais medios de carga e transporte a cabalo, e carro tirado por burro, cos que se sentía tan compenetrado.
1) Victoriano Rodríguez
   Na Joreña, Xulio de 2011                       
Regreso al contenido