Tui 27/06/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui 27/06/20

COMARCA
Converxencia 21 corrixe ao Concelleiro de Patrimonio en relación as súas declaracións sobre o Teatro Principal

Carlos Vázquez Padín y Eduardo Freiría en el Ministerio de Fomento

Tui, 26 de xuño de 2020. O Concelleiro de C21, José Palacín, afirma sentirse sorprendido polo discurso co  Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, emitiu durante a presentación do Anteproxecto de Reconstrución do Teatro Principal, celebrado onte na Área Panorámica.
O titular de Patrimonio afirmou de forma taxativa que: “Ata fai un ano ninguén fixera nada en pos da rehabilitación do Teatro”.  
C21 desminte tal afirmación, partindo da base de que foi o goberno do seu partido o que deu os primeiros pasos firmes na rehabilitación do inmoble, así como na recuperación do patrimonio moble.
Palacín afirma que: “Todos estes feitos podense corroborar pola compra do edificio trala aprobación plenaria do 31 de maio de 2018 e pola recuperación do telón, hoxe exposto na Área Panorámica. Do mesmo modo, o entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o Concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, mantiveron sendas reunións, tanto co arquitecto Cesar Portela co obxecto de que este retomara o seu proxecto dos anos 80, como co Director Xeral de Arquitectura, Javier Marín, o 10 de xaneiro de 2019 no Ministerio de Fomento, co obxectivo de que a Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo poidese asumir parte dos custes da rehabilitación. Tamén se mantiveron conversas coas entón deputadas no Congreso, Marta Rivera (C´s) e Yolanda Díaz (Podemos), co fin de recabar apoios para incluir a rehabilitación dentro dos Orzamentos Xerais do Estado. Para rematar, no terreo da difusión, baixo o Goberno de C21 publicouse por parte do Concello o libro do historiador Suso Vila, “O Teatro de Tui”.
Por último, Palacín expresa textualmente: “Un cousa é a moda de reescribir a historia do Século XVI, paréceme inmoral, pero tratar de reescribir o sucedido o ano pasado, resulta ridículo”.

O concello de Tui izará a bandeira LGTBIQ+ esta fin de semana para conmemorar o 28 de xuño o día do Orgullo 2020
Tui. Venres, 26 de xuño de 2020.  O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día do Orgullo que ten lugar este domingo, 28 de xuño. O programa previsto realízase co lema “Orgullosos de Tui”. Comezou hoxe mesmo coa colocación dun banco arco da vella na rúa Ourense, e da bandeira na casa do concello.
Este domingo 28, de 11 a 14 h e de 17 a 21 h, na Glorieta de Vigo haberá unha caravana LGTBIQ+. Será un punto de información e sensibilización no que se repartirá material da campaña informativa deseñada dende a concellería de Igualdade que abordará o respecto á diversidade, a loita contra a violencia cara ao colectivo e a temática da violencia intraxénero. A caravana contará cunha sexóloga e un axente de igualdade que resolverán calquera tipo de dúbida sobre a diversidade sexual.
Mentres o luns 29, ás 19.30 h, terá lugar o faladoiro “A realidade LGTBIQ+” impartido por María Torre,  xornalista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de ArsEroticas, e Sara Uris, profesora de Educación Infantil, especialista en xénero e igualdade e responsable do proxecto Transformando. Poderá seguirse a través do instagram de @transformando.realidades.
As persoas que desexen máis información poden contactar con igualdade@tui.gal  ou co teléfono e whatsapp 682 66 05 80.

Hoxe entregáronse novos composteiros individuais
Tui. Venres, 26 de xuño de 2020.  Este mediodía tivo lugar no Centro Municipal de Formación en Guillarei unha nova entrega de composteiros individuais por parte do Concello de Tui.  Previa a entrega deste material a mestra composteira, Sara Luque, impartiu unha charla sobre a compostaxe e a utilización e montaxe dos composteiros, na que se gardaron todas as medidas de seguridade do protocolo da COVID-19. As cinco persoas participantes na entrega desta mañá recibiron tamén unha guía de compostaxe e ferramenta para axudar nos traballos de remexido dos materiais
Os composteiros son entregados en réxime de cesión de uso para a súa colocación en vivendas no termo municipal de Tui. Realízase un rexistro dos usuarios e ao menos dúas veces ao ano a mestra composteira realiza unha visita para comprobar o funcionamento e resolver posibles dúbidas que poidan ter os veciños e veciñas.
O Concello de Tui continuará coa entrega de composteiros individuais, realizándose en grupos reducidos coa correspondente charla, até esgotar as existencias destes elementos que ten nestes momentos.
As persoas interesadas e obter un composteiro individual deben cubrir o impreso de solicitude, dispoñible en tui.gal, e envialo a compostaxe@tui.gal ou presentalo por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.
Regreso al contenido