Tui, setembro 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui, setembro 2020

PUBLICADAS
Este xoves preséntase o libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” de Raimundo Martínez
Tui. Martes, 29 de setembro de 2020. Este xoves, 1 de outubro, ás 20 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a presentación do libro, recentemente editado, de Raimundo Martínez dedicado a súa parroquia de Santiago Malvas.  O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 da Biblioteca Municipal de Tui.
Co título “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” Raimundo Martínez "Rai" realiza unha achega persoal á evolución e á historia da súa parroquia, abranguendo dende os tempos medievais –coas primeiras noticias deste territorio- ata a época contemporánea, sen esquecer aspectos de interese relacionados coa cultura popular que as xentes de Malvas souberon conservar.
Raimundo Martínez “Rai” é coñecido pola súa dedicación ao mundo da escultura, con numerosas obras en espazos públicos. No libro que se presentará este xoves podemos atopar unha escolma da súa traxectoria como escultor.  Trátase dunha obra que permite achegarnos á vida centenaria desta parroquia tudense a través das vivencias e achegas de Raimundo Martínez “Rai”.
O acto de presentación deste xoves contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.
      
C21 solicita maior axilidade a hora de rematalas obras, e pon como exemplo os obstáculos que se atopan en Augusto González Besada
Tui, 29 de setembro de 2020. O Concelleiro de C21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada maior presteza a hora de executar as obras que afecten as rúas céntricas de Tui, nas que se concentra gran densidade de poboación e circulación, porque en ocasións quedan en impase constituíndo un obstáculo para o tráfico rodado e para os transeúntes peonís.
O Concelleiro Liberal pon como exemplo dúas valas, cos seus respectivos sacos de entullo, abandonados dende fai semanas en Augusto González Besada e que resultan un impedimento para a paso pero tamén un exemplo de desleixo e de feísmo.


Colocados dous contedores para a recollida solidaria de tapóns na praza de Abastos e no Punto Limpo

Tui. Luns, 28 de setembro de 2020.  O Concello de Tui colabora coa Asociación TaporelMun, coa colocación de dous contedores para a recollida de tapóns de plásticos no exterior da Praza de Abastos, e no exterior do Punto Limpo.
Deste xeito o Concello aposta non só pola reciclaxe destes produtos, senón que se suma a unha causa solidaria, xa que os cartos recadados con estes tapóns teñen un fin social. En concreto a segunda campaña que está arestora en marcha busca axudar a un neno de 3 anos que padece unha enfermidade rara denominada Metabolopatía por déficit de CPS-1.
   
O departamento de Urbanismo centraliza a atención ao público no teléfono 607 35 58 41
Tui. Luns, 28 de setembro de 2020.  O Concello de Tui lembra que o teléfono de atención do departamento de Urbanismo é o 607 35 58 41. As persoas que precisen realizar calquera trámite ou consulta neste departamento pode dirixirse directamente a este teléfono de luns a venres de 9 a 14 h. Dentro das medidas establecidas para a atención á cidadanía na actual situación de pandemia o acceso ao mesmo realízase pola entrada á casa do concello situada na rúa Bispo Castañón, que dispón de videoporteiro para o control de acceso.
Lembran amais dende Urbanismo que os técnicos continúan a realizar as consultas presenciais todos os venres, previa cita no 607 35 58 41.
Por outra parte cabe recordar que os distintos departamentos da casa do concello están a realizar a atención ao público con cita previa. Na web municipal pódese consultar a listaxe  dos número de teléfono directos de cada área.


Aprobada por unanimidade a moción de C21 en apoio a Banda de Música Popular de Tui

 
Tui, 25 de setembro de 2020. A Corporación de Tui acaba de aprobar unha moción de C21 na que se solicita, entre outras cuestións, que se lle facilite un local de ensaio a esta banda de música de tanta tradición e prestixio.
A Banda Popular ensaiaba ata agora no Conservatorio de Música pero con motivo da crise do COVID se lles retirou esa posibilidade, quedando sen espazos para poder practicar o seu novo repertorio que teñen previsto estrear o 12 de outubro.
Debido a isto, a dirección da Banda emitiu un comunicado no que se queixaba da falta de solucións por parte do Goberno Local e ante isto o concelleiro do partido liberal, José Palacín, presentou esta moción na que solicitaba literalmente a procura de un local de ensaio que cumpra as medidas protocolarias COVID 19 e que acusticamente sexa aceptable, debendo incluír un espazo para gardar os instrumentos e por último unha oficina para realizar o seu traballo administrativo e promocional.
Tras un debate entre os grupos da Corporación finalmente chegouse a un compromiso por parte do Goberno que consiste en arranxar esta situación nos termos que indica a moción de C21.
  

O Concello de Tui condena as pintadas rexistradas no conxunto histórico nas últimas xornadas

 
Tui. Xoves, 24 de setembro de 2020.  O Concello de Tui condena as distintas pintadas rexistradas ao longo dos últimos días no conxunto histórico de Tui.  
A rúa Sanz, tanto o empedrado da rúa, coma as paredes do cárcere vello  e doutros inmobles situados neste emprazamento foron obxecto destes actos vandálicos. Dende o Concello de Tui faise un chamamento a respectar o noso patrimonio.   As forzas e corpos de seguridade están a investigar estes feitos para poder localizar á persoa ou persoas que os cometeron.


Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo
Tui. Xoves, 24 de setembro de 2020.  Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.
A celebración neste ano 2020, no que estamos vivindo un tempo de pandemia, que ten afectado de xeito excepcional ao sector turístico, é un momento para ollar ao futuro preparando as bases para que o turismo sexa un dos sectores dinámicos que impulsen a recuperación.
Coa celebración desta xornada dende o Concello de Tui preténdese promover unha reflexión sobre as posibilidades que, de cara ao futuro post-covid, ofrece o noso territorio no ámbito turístico no que cómpre traballar en varias liñas:
·                     Unha inmediata para mitigar os efectos socioeconómicos da pandemia como foi a liña de axudas  de reactivación comercial  para a continuidade dos negocios e o mantemento do emprego.
·                     Promover a competitividade e a capacidade de recuperación mediante a diversificación e o fomento do emprendemento.
·                     Impulsar a innovación e a transformación do turismo, afondando na calidade fronte a masificación.
Para debater arredor destas liñas de traballo terá lugar unha mesa redonda sobre “Turismo e desenvolvemento rural” que pretende amosar as novas posibilidades de traballo innovador e do emprendemento na nosa contorna. Terá lugar o luns, 28 de setembro, ás 19.30 h na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingo. Será presentada por Ana Mª Núñez Álvarez, concelleira de Formación, Emprego e Igualdade e moderada por Laureano Alonso Álvarez, concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago. Participarán Natalia Rodríguez, xerente da “Adega Corisca”, Alicia Benade, responsable da marca “Trigo y Limpo”, Ana Digón, coordinadora de Cocina Regenerativa; e Rosa Arcos, da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais. O acto será clausurado por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
Previamente este domingo, 27 de setembro, Día Mundial do Turismo, realizarase unha ruta polos muíños do río Tripes cunha duración aproximada de 2 horas. Partirá ás 10 h dende praza da Inmaculada no Tren Turístico até lavadoiro de circos, onde comezará a camiñada. Rematará no muíño Mañoco nas inmediacións do Arrabal.  
Ofértanse 30 prazas para cada unha destas actividades que se cubrirán por orde de inscrición, que se debe realizar no correo turismo@tui.gal.
Esta actividade está organizada polas concellerias de Turismo e Camiño de Santiago e Formación, Emprego e Igualdade do Concello de Tui, e da continuidade á celebrada o pasado ano e que tivo una excelente acollida.
O programa completo da xornada é o seguinte
PROGRAMA
Domingo, 27 setembro
Percorrido polos muíños do Tripes
10,00 h. Saída no Tren Turistico dende Praza da Inmaculada.
Duración aproximada da visita: 2 horas
Finaliza no muíño Mañoco
30 prazas, cómpre inscrición previa no correo electrónico tuismo@tui.gal
Luns, 28 setembro
19,30 h. – Aula Uned de Tui
Mesa redonda: Turismo e desenvolvemento rural
Presenta: Ana María Núñez Álvarez, concelleira de Formación, Emprego e Igualdade do Concello de Tui
Participantes:
·                     Natalia Rodríguez, de Bodega Corisca
·                     Alicia Benade, da empresa Trigo Limpo
·                     Ana Digón, coordinadora de Cocina regenerativa
·                     Rosa Arcos, da Federación Asociacións de Mulleres Rurais
Modera: Laureano Alonso Álvarez, concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago do Concello de Tui
Clausura polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
30 prazas, cómpre inscrición previa no correo electrónico tuismo@tui.gal


 
Tui contará con 48.400€ para axudas á rehabilitación da Fase 14ª da ARI
Tui, 22 de setembro de 2020.  O Concello de Tui recibirá 48.400€ da Xunta de Galicia correspondentes ao fondos de 2020 da Fase 14ª para a Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico de Tui.
O Concello de Tui, tras recibir a comunicación desta achega, xa trasladou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as actuacións previstas, presentando a documentación acreditativa e a memoria do programa das actuacións. No reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento dos obxectivos asignados en anteriores consignacións.
As persoas propietarias de vivendas e edificios emprazados no ámbito da Área de Rehabilitación Integral, e o propio concello, será os beneficiarios finais destes 48.400 €. As persoas particulares percibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Mentres o Concello destinará estes cartos á realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito da ARI. Dende a Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui procederase nos próximos meses á apertura dunha nova convocatoria de axudas con cargo a estes fondos.
Actualmente o Concello de Tui ten en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 130.000 € correspondentes á Fase 13ª. Nesta fase, que pechou o prazo de solicitude das axudas o pasado 5 de agosto, na Oficina de Rehabilitación recibiron numerosas solicitudes de propietarios para levar a cabo obras de rehabilitación nas súas vivendas. As actuación solicitadas principalmente abarcan obras de mellora de eficiencia enerxética con illamentos de cubertas e cambios de carpinterías, e tamén a restauración das fachadas. Coas actuacións presentadas cúmprense os obxectivos da fase 13ª.
 
A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro
Tui. Martes, 22 de setembro de 2020.  A Policía Local de Tui, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro, incautando 15 plantas.
Tras as investigacións realizadas polos axentes da Policía Local nos últimos días o operativo, desenvolvido coa colaboración da Garda Civil, culminou na tarde de onte ao localizar plantas de marihuana no exterior dunha propiedade privada na parroquia tudense de Ribadelouro.  Esta mañá procederon a incautar 15 plantas de marihuana e realizaron unha proposta de sanción, en vía administrativa por presunta infracción á L.O. 4/2015 de protección da Seguridade Cidadá ao propietario das mesmas, por cultivo ilegal de sustancias estupefacientes.  O material incautado remitirase ás instalacións de Sanidade Exterior en Vigo para o seu análise e posterior sanción en vía administrativa.
 
La octava edición de IKFEM se reinventa con conciertos presenciales y digitales del 2 al 11 de octubre
Tui, 22 de setembro de 2020. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Carlos López Font, diputado provincial de la Diputación Pontevedra; Xosé Lago, director AECT Galicia-Norte de Portugal; Juan Rivas, presidente del Consejo Territorial de SGAE en Galicia; M. Teresa Cores Fernández, Coordinadora de Cultura de Afundación; Marta Vázquez, secretaria de la Fundación Segundo Gil Dávila y Andrea González, directora y fundadora de IKFEM, han presentado esta mañana en el Parador de Tui la VIII edición de IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass de la Eurociudad Tui - Valença, un evento que partiendo de la música de instrumentos de teclado ofrece un amplio abanico de propuestas culturales con un marcado carácter transfronterizo, que se celebrará del 2 al 11 de octubre de 2020.
Esta octava edición de IKFEM es la más larga de su historia, una programación de 10 días especial y adaptada a los tiempos de Covid-19 mediante conciertos digitales y presenciales, protagonizada por historias personales, artistas consolidados y talentos de España y Portugal. Con esta edición, IKFEM pretende servir de espacio de sensibilización para hacer frente al coronavirus y apoyar la reactivación cultural de la Eurorregión.
PROGRAMACIÓN PRESENCIAL
En IKFEM no faltará la música en directo. La octava edición del festival dará a conocer el rico patrimonio cultural que atesoran los dos márgenes del río Miño, entre el suroeste de Galicia y el norte de Portugal. Ainhoa Arteta con Javier Carmena al piano y Carlos Núñez con invitados: Pancho Álvarez, Daniel Pereira y el trío portugués Ensemble Med, destacan entre los artistas programados este año.
·                     Viernes 2 de octubre Teatro Municipal de Tui – 21h. QUARTETO CONTRATEMPUS: Variaciones a partir de un corazón. Entradas en Ataquilla.com.
Música y escenificación van de la mano de este espectáculo de enorme singularidad estética que tiene como premisa la recreación y reinvención del repertorio de la música tradicional portuguesa, desde Galicia al Alto Douro, Douro Litoral y Trás-os-Montes, incluida Miranda do Douro. A este conocido repertorio se suman canciones y textos originales y contemporáneos.  
·                     Domingo 4 de octubre, Iglesia de Santo Domingo de Tui – 21h. EUTHERPE. El violín y la tecla: una mirada al repertorio barroco. Entradas en Ataquilla.com.
Un recorrido histórico por los distintos estilos musicales a lo largo del período barroco con música de los siglos XVII y XVIII, y la interpretación de los autores más representativos de los estilos francés, italiano y alemán.  
·                     Miércoles 7 de octubre Teatro Municipal de Tui – 21h. AINHOA ARTETA Canciones del recuerdo. Concierto ofrecido por Afundación. Entradas a la venta en Ataquilla.
Un viaje por las canciones del recuerdo con grandes autores del repertorio español como Enrique Granados, Antón García Abril y Ernesto Halffter, y los argentinos Carlos Guastavino y Ariel Ramírez. Agatha Ruiz de la Prada viste a Ainhoa Arteta en este concierto especial que también será emitido a través del canal Afundación TV.  El día previo, Afundación TV organizará un coloquio con Ainhoa Arteta en el que todas las personas inscritas tendrán la opción de participar interactivamente a través de las plataformas habilitadas para tal fin por parte de la Obra Social de ABANCA.
·                     Sábado 10 de octubre, Auditorio CILV de Valença – 21h. CASPERVEK. El héroe del río. Entrada libre. Invitaciones en la Biblioteca Municipal de Valença a partir del 25/09
Casperveck pone música en directo a la película muda “El héroe del río” de Buster Keaton, una trama basada en los propietarios de dos barcos fluviales que compiten por el control del transporte de mercancías en el Mississippi.
·                     Domingo 11 de octubre, Catedral de Tui, – 21h. CARLOS NÚÑEZ + INVITADOS: PANCHO ÁLVAREZ, DANIEL PEREIRA Y ENSEMBLE MED. Concierto ofrecido por AECT Galicia - Norte de Portugal. Entrada libre. Invitaciones en Ataquilla.com
Cantigas sacras gallego-portuguesas
Tui es un punto clave de la gaita en el imaginario de Carlos Núñez: es donde su maestro Antón Corral "gaiteiro de Guillarei" se ha asentado y tiene su taller, y en la sacristía de la Catedral se encuentra el famoso "indio gaiteiro". Esta relación entre la Iglesia y la música tradicional, ma non troppo, es muy característica de Galicia y a ese mundo de la música tradicional que se permitía entrar en el templo va dedicado este concierto.
Como estamos hablando de un festival de tecla, Carlos Núñez ha querido invitar a dos artistas residentes en Tui de ese ámbito: su compañero desde hace décadas Pancho Álvarez, que entre muchos otros instrumentos toca la zanfona, y el pianista Daniel Pereira, que tocará el órgano. Asimismo, siendo un festival transfronterizo, contará con un trío portugués, el Ensemble Med, que también cuenta con un instrumento de tecla inusual, la nyckelharpa nórdica, que vendría a ser un híbrido de zanfona y fídula.
IKFEM DIGITAL: Abierta la solicitud hasta el 27 de septiembre.
El Festival, que habitualmente ofrece, además de música, un atractivo calendario de eventos formativos, se reformula este año a causa de la situación actual proponiendo una nueva línea programática: IKFEM Digital.
IKFEM y Afundación crean este proyecto conjunto que dará la oportunidad a músicos profesionales, españoles y portugueses de cualquier estilo musical, de sensibilizar al público tanto con su música como con su experiencia personal frente al Covid-19. Para participar, los músicos pueden presentar su convocatoria en la web de IKFEM hasta el 27 de septiembre.
Los cinco conciertos digitales escogidos, en base a la calidad musical de sus actuaciones y el impacto de su historia frente a la Covid-19, recibirán una remuneración de 500€ y actuarán vía streaming a través del canal de Afundación TV los días 3, 5, 6, 8 y 9 de octubre.
Por octavo año consecutivo el programa artístico de IKFEM fortalecerá sinergias entre la cultura portuguesa y la española abarcando diferentes estilos musicales interpretados por músicos reconocidos y talentos de la eurorregión.
Todo ello adoptando e implementando las medidas necesarias para garantizar una #CulturaSegura.
Cuarentecla Ibérica
40 reconocidos pianistas españoles y portugueses simbolizan la fuerza de la música para superar las fronteras geográficas y de aislamiento social provocadas por la pandemia del COVID-19. La grabación se realizó con móviles desde el confinamiento y con la colaboración solidaria de todos los participantes. Una iniciativa del Festival IKFEM en aras de seguir promoviendo la cooperación entre España y Portugal. Puedes verlo en https://mail.google.com/mail/u/0/?tab=rm&ogbl#inbox/FMfcgxwJXxtFnDwjXTSJSHPQQFDbJFMP.


Tui celebra con actividades para todos os públicos os 50 anos de biblioteca pública
Tui. Luns, 21 de setembro de 2020.  A Biblioteca Pública Municipal de Tui cumpre 50 anos de actividade en Tui. As súas primeiras instalacións estiveron na casa do concello e dende 2003 conta con 400 m2 na Área Panorámica.  Hoxe a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicentes, e o técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron en rolda de prensa o programa conmemorativo deste aniversario, que se desenvolverá até o 24 de outubro, cando precisamente se celebra o Día da Biblioteca.
Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, destacou hoxe que “as bibliotecas son espazos para interactuar, socializar e ampliar fronteiras, para crecer coma persoas”.   Indicou a edil coma co traslado da biblioteca ao edificio na Área Panorámica melloráronse as instalacións que contan arestora con 65 postos de lectura para adultos, e 24 na sala infantil, 6 ordenadores, acceso wifi libre e gratuíto, consulta de xornais e revistas, libros electrónicos... Apuntaba que “se guiremos facendo melloras nestas instalacións, porque para nós é fundamental, as bibliotecas teñen que estar a carón da cidadanía, e teñen que medrar coa sociedade”. Tiña amais palabras de recoñecemento para Dolores Martínez Gamallo, que foi bibliotecaria tudense nas últimas décadas, e de agradecemento á cidadanía por achegarse á Biblioteca.
O técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, foi o encargado de explicar o programa de actividades previsto estruturado en tres liñas. A primeira delas son actividades para rapaces e adolescentes dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, no que haberá un obradoiro de Contacontos “Dada o duente” (22/09), contacontos ilustrados “Dulcinea a nena cabaleira” con Anxo Fariña (29/09); contos para pasalo de medo con Carmen Domech (06/10) e contos para bebés con Pavís Pavós (13/10). A segunda liña son actividades para público en xeral nas que se inclúe a coa presentación dos libros “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Muíños do concello de Tui” de Ernesto Iglesias Almeida celebrada o pasado xoves; a presentación do libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas” de Raimundo Martínez (02/10), e a exposición “Camiño do Humor” de Dávila que no mes de outubro se poderá visitar na Sala de Exposicións Municipal.
A terceira liña xirará entorno ao Día da Biblioteca, o 24 de outubro. Así haberá o martes 20 un encontro con escritores tudense e valencianos no que está xa confirmada a presenza de Marga do Val, Conchi Regueiro e Diego Alfonsín, pendente de sumar unha escritora valenciana. O mércores 21 no Teatro Municipal haberá un encontro con Paula Carballeira, escritora e animadora á lectura. O xoves 22 Raquel Queizás achegará o contacontos “Travesías”, e o venres 23 terá lugar unha xornada entre bibliotecas municipais de Galicia e do Norte de Portugal, onde porán en presentarán as actividades de animación á lectura, entre elas  os dez anos do programa “Tui Le”.  Na mesma xornada terá lugar unha ruta literaria por Tui. A actividade pecharase o sábado 24, Día da Biblioteca, coa entrega dos recoñecementos ao lectores da biblioteca tudense.
Todas as actividade teñen aforo limitado e precisan inscrición previa na propia Biblioteca ou no correo biblioteca@tui.gal.

A fachada da casa do concello ilumínase de verde polo Día Mundial do Alzheimer
Tui. Sábado, 19 de setembro de 2020.  Na noite do domingo 20 ao luns 21 de setembro a casa do concello de Tui iluminarase de verde. Deste xeito o Concello de Tui súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, que en lugar o o 21 de setembro.
Dende hai anos o Concello de Tui colabora estreitamente con AFAGA, a Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia. Precisamente AFAGA desenvolve na antiga Escola de Chans en Randufe, obradorios de estimulación para persoas con Alzheimer. Amais en 2018 impartiuse na cidade o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes ou con discapacidade Cuidand@-me, e o ano pasado comezaron os obradoiros “Cultiva a mente” en cinco parroquias tudenses nos que participaron oitenta persoas.  Durante o estado de alarma o Concello de Tui e AFAGA estableceron un sistema de seguimento das persoas que estaban a participar neste programa.
 
Ainhoa Arteta, primera confirmación del Festival IKFEM 2020 en colaboración con Afundación
Ainhoa Arteta, una de las voces imprescindibles del panorama operístico actual, ofrecerá un concierto el 7 de octubre a las 21.00 horas, en el Teatro Municipal de Tui. La soprano vasca es la primera confirmación de la VIII edición del Festival de Teclado de la Eurociudad Tui – Valença (IKFEM). Agatha Ruiz de la Prada, quien ya participó en la pasada edición de IKFEM, vestirá a Arteta en este concierto especial.
El recital, titulado «Canciones del recuerdo» y en colaboración con Afundación, se emitirá además en directo en Afundación TV, de forma gratuita. Este viaje por las canciones del recuerdo con grandes autores del repertorio español como Enrique Granados, Antón García Abril y Ernesto Halffter, y los argentinos Carlos Guastavino y Ariel Ramírez contará con la participación de Javier Carmena al piano.
Las entradas para la asistencia presencial a este evento ya están disponibles a través de Ataquilla.com.
El día previo, Afundación TV organizará un coloquio con Ainhoa Arteta en el que todas las personas inscritas tendrán la opción de participar interactivamente a través de las plataformas habilitadas para tal fin por parte de la Obra Social de ABANCA.
Ainhoa Arteta
Ainhoa Arteta es una de las sopranos más reconocidas internacionalmente, con actuaciones en los mejores teatros del mundo. La voz de la soprano vasca está cargada de una intensidad y emoción que incrementan la excelencia técnica característica de Arteta. Sus representaciones han sido aplaudidas desde el Metropolitan Opera al Carnegie Hall, Covent Garden, Bayerische Staatsoper a la Scala de Milán, entre otros.
Ha representado papeles tan emblemáticos y exigentes como los protagonistas de La Traviata, La Bohème, Roméo et Juliette o Manon Lescaut. Entre sus grandes éxitos destacan su papel en Cyrano de Bergerac, en la San Francisco Opera y en el Teatro Real, o La Bohème, en el Metropolitan y La Scala de Milán.
Además de recitales y conciertos, ha compartido la escena con grandes maestros como Sir Neville Marriner, Christian Badea y Pablo González, y con pianistas como Marco Evangelisti, Rubén Fernández Aguirre y Malcolm Martineau. Su interés por la versatilidad y la creatividad, la ha conducido también a actuar en la Casa Blanca y a ser la voz del tema principal de la película Gun City, dirigida por Dani de la Torre y protagonizada por Michelle Jenner, Adriana Torrebejano, Luis Tosar y Jaime Lorente.
IKFEM DIGITAL: convocatoria remunerada abierta hasta el 24 de septiembre.
IKFEM y Afundación, la Obra Social de ABANCA,  crean este proyecto conjunto que dará la oportunidad a músicos profesionales, españoles y portugueses de cualquier estilo, de sensibilizar al público tanto con su música como con su experiencia personal frente al COVID-19.
¿Quién puede participar?
Músicos profesionales, españoles y portugueses, de cualquier género musical, que hayan vivido una experiencia relevante en la lucha contra el coronavirus.
¿Cómo presentar las candidaturas?
Grabando un vídeo de máximo 10 minutos de duración con la historia personal y una muestra de la actuación. Las candidaturas se pueden presentar en www.ikfem.com hasta el 24 septiembre.
¿Qué se valorará?
La calidad artística, comunicativa y audiovisual, además del impacto de la historia relacionada con COVID-19 y el espacio de la actuación.
Si la candidatura es elegida…
Los solistas o grupos seleccionados tendrán la oportunidad de ofrecer una actuación de no más de 60 minutos entre el 02 y el 11 de octubre.
Durante la actuación podrán compartir su historia, desde su casa o el espacio que consideren, vía streaming a través del canal Afundación TV.
Cada ganador (solista o grupo) recibirá 500€ por su participación.
LA OCTAVA EDICIÓN DE IKFEM
Esta octava edición de IKFEM será la más larga de su historia, una programación de 10 días especial y adaptada a los tiempos de COVID-19 mediante conciertos digitales y presenciales, protagonizada por historias personales, artistas consolidados y talentos de Galicia y el norte de Portugal. Con esta edición, IKFEM pretende servir de espacio de sensibilización para hacer frente al coronavirus y apoyar la reactivación cultural de la Eurorregión.
Todo ello adoptando e implementando las medidas necesarias para garantizar una #CulturaSegura.
El Festival dará a conocer más  confirmaciones en los próximos días.


Unha vintena de postos participarán na Feira de Oportunidades ACITUI esta fin de semana
Tui. Martes, 1 de setembro de 2020.  Esta mañá presentouse na casa do Concello  de Tui a Feira de Oportunidades, que organiza ACITUI en colaboración co Concello de Tui. No acto estiveron presentes alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez e o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, Juan Carlos Blanco.
Haberá 20 postos de téxtil, calzado, complementos e xoguetes distribuídos polo Paseo da Corredoira este sábado e domingo, en horario de 11 h a 21 h.  Ademais en ambas xornadas contarase con diversas actuacións musicais. O sábado actuará a banda Lembranzas da Terra e Carmen Penin na Praza da Fromista. Pola noite as Lagharteiras, serán as protagonistas, no Palco da Música. O domingo haberá pasarrúas da mán do Grupo Xuntanza de Randufe e a visita de Mickey e Minnie.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro apuntou na súa intervención a necesidade de apoiar ao comercio local, un dos sectores máis castigados pola actual crise sanitaria. Un evento “compatible e necesario” que pode desenvolverse con seguridade na cidade. Tamén, recordou que o Concello de Tui mobilizou 1 millón de euros para tratar de paliar precisamente os efectos económicos da pandemia da COVID-19.
A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez sinalou esta Feira de oportunidades coma un evento de vital importancia para que o comercio local poida dar saída ao seu stock.
Mentres, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco aproveitou para convidar á cidadanía a visitar a Feira, que contará coas medidas necesarias para garantir a seguridade dos asistentes e suporá un “impulso ao comercio local”.
A Feira de Oportunidades tivo que aprazarse en marzo debido ao estado de alarma. Esta fin de semana celebrarase cumprindo os protocolos sanitarios. Haberá control de aforo e de temperatura, os postos estarán delimitados e diferenciarase os accesos e as saídas, para evitar aglomeracións. Ademais, os asistentes deberán levar a máscara e terán a súa disposición xel desinfectante.

Galiza Nova convoca unha concentración en rexeitamento á Monarquía Española en Tui
Tui, 1 de setembro de 2020. Con motivo da visita do monarca Felipe VI á Comandancia Naval en Tui, Galiza Nova convoca unha concentración para mostrar o rexeitamento á Monarquia Española por parte da mocidade galega.
A concentración, á que se sumarán outros colectivos sociais, será este mércores 2 de setembro, ás 12 horas na Praza dos Cavalos (Corredoira).
Paulo Ríos, Secretario Xeral de Galiza Nova declara que “Non hai cabida para a monarquía nunha democracia, nós témolo claro. A Monarquía representa un dos piares da represión colonial que sufre o noso País. As mozas galegas faremoslle fronte, demostraremos que non o queremos aquí e que non somos súbditas de ninguén.”
Regreso al contenido