Tui, outubro 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui, outubro 2020

PUBLICADAS
O programa de formación Expertclick adíase para o 23, 24 e 26 de novembro
Tui. Venres. 30 de outubro de 2020. Adíase até o 23, 24 e 26 de novembro o programa de formación Expertclick que a próxima semana estaba previsto impartir en Tui.  Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos que a través desta formación en liña poderán aprender o uso de apps coma Whatsapp, cómo realizar videochamadas, facer tramitacións electrónica co seu banco , pedir unha cita para o seu médico por internet, ou empregar as redes sociais. Ao tempo adquirirán os coñecementos para navegar con seguridade e confianza na rede
Este programa chega a Tui froito da colaboración entre o Concello de Tui e Fundación Cibervoluntarios.
A formación realizarase o 23, 24 e 26 de novembro ás 10 h, cunha duración de hora e media cada xornada.
Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.
Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.
 As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a cfo@tui.gal, indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe “Inscrición curso expertclick”. Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.
  

Realizada con todos os resultados negativos a proba serolóxica aos traballadores municipais
Tui, 28 de octubre de 2020. Esta mañá realizouse á plantilla municipal do Concello de Tui as probas serolóxicas da covid19, sendo negativos todos os test.
Nestes momentos son 4 os traballadores municipais con infección activa por coronavirus, tras confirmarse onte por PCR un novo caso.
O municipio continúa en alerta vermella ao rexistrar máis de 21 positivos no últimos 7 días, segundo o mapa que publica a diario a Consellería de Sanidade. Mantéñense as medidas establecidas a semana pasada de peche de instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, ás que se suman as quendas rotatorias no persoal municipal, e o establecemento de cita previa en todos os departamento.
Amais establécense unha serie de recomendación ante a celebración de Todos os Santos ante a visita ao cemiterio municipal, que se debe limitar a un máximo de 4 persoas convivintes e non máis de 30 minutos, entre outras.
Dende o Concello apélase á responsabilidade e a precaución ante a actual situación que estamos a vivir.  
     
Carmela Silva recibe na Deputación á directora do cra mestra clara torres de tui, galardoado co premio “escola do ano” da Fundación Princesa de Girona
Tui, 28 de outubro de 2020. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recibiu hoxe no Pazo Provincial a Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui, e transmitiulle a felicitación da institución polo premio Escola do Ano da Fundación Princesa de Girona, que acaba de recibir o centro polo seu carácter innovador e a súa dinamización da contorna rural. Precisamente, unha das accións que valorou o xurado destes premios foi a iniciativa dos Calendarios Competenciais para Infantil e Primaria, impulsados por esta docente, que a Deputación elabora desde o 2016 e reparte nos centros escolares da provincia.
Carmela Silva definiu a Teresa Domínguez como “unha filósofa da educación, que para min é o lugar mais alto que pode ter un ser humano”, amais dunha “gran innovadora pedagóxica e unha autentica servidora pública, que entende o servizo público como compromiso co espazo, co tempo que lle tocou vivir e coa profesión que elixiu, a de mestra”. A presidenta destacou que o premio recibido polo centro e a proposta educativa “avanzadísima” que Domínguez defende “son os modelos que temos que amosar á sociedade para que estean na conciencia cidadá”. “Teresa vai pasar á historia como pedagoga, dixo, e estou segura de que cando se xubile, a súa semente vai quedar recollida por outra xeración de mestras e mestres. Na Deputación queremos seguir contando co seu compromiso e capacidade e coa gran marea de ideas que ten”.
Teresa Domínguez quixo facer partícipes deste premio á presidenta e á institución provincial xa que, como explicou, moitas das actuacións que a Fundación valorou foron aquelas de portas abertas ao territorio, accións e estratexias proactivas que promoveran o desenvolvemento do rural e o desenvolvemento das familias e que compensasen desigualdades. “E o calendario foi unha desas ferramentas –subliñou-. Tanto desde a Casa Real como desde a propia Fundación e algún membro do xurado que me chamou, dixeron que a iniciativa dos calendarios os deixou impresionados. Pola miña parte non teño máis que seguir dando as grazas”. Domínguez destacou tamén que elixiu na súa traxectoria traballar no rural “e rematarei unha vida dedicada á educación na súa etapa administrativa, pero seguirei vinculada á educación ata que morra”.
Carmela Silva quixo destacar tamén a grande aceptación que están a ter entre a comunidade educativa os Calendarios Competenciais, “un proxecto marabilloso que é unha verdadeira obra pedagóxica dun modelo educativo que compromete as familias e as nenas e os nenos e se integra no territorio, que entende que temos que educar aos nenos non só en contidos senón en competencias”. Explicou que cada ano, estes calendarios comprométense  cun concepto e se neste 2o20 foi o recoñecemento ás mestras e a súa pegada na educación, no vindeiro 2021 “van recoñecer ás persoas que nos coidaron, particularmente ás da sanidade”.
Os Calendarios Competenciais constitúen unha innovadora experiencia e os seus contidos ofrecen distintas propostas que teñen como obxectivo conseguir que a educación, aprendizaxe e competencias a adquirir polas nenas e nenos se fagan desde múltiples perspectivas, entre elas a implicación das familias.  En total este ano a Deputación recibiu 6.000 solicitudes de calendarios competenciais de infantil e primaria.
 
Xampatito Pato presenta este venres no Teatro Municipal o espectáculo de circo-teatro: “Só”
Tui, 28 de outubro de 2020.  Unha proposta para todos os públicos na que se combina circo e teatro é que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui, dentro da programación cultural “Volvemos ao Teatro” organizada polo Concello de Tui.  Será da man da compañía Xampatito Pato co espectáculo “Só”. Comezará ás 19:30 h e coa capacidade limitada a 60 persoas, cumprindo todas as medidas de prevención e seguridade.
“Só” achéganos a historia dun personaxe, único na súa especia, obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Pero está rodeado de caixas que escapan do seu control polo que xoga con elas para darlles forma. Do caos de partida xorde un universo onde se inventa a risa, e se crea unha loucura cómica, que se transforma nun novo ser, cunha nova figura.    
Baixo a dirección de Arturo Cobas sobre o escenario estará Jesús Velasco, nun espectáculo cunha duración de 50 minutos. “Só” ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorama Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.
As entradas están á venda, en www.tui.gal até o venres ás 18:30 h ou o mesmo venres, dende unha hora antes do inicio da función, no despacho de billetes. Teñen un prezo de 4€ e 3€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.
       
O Concello de Tui continua a executar obras de mellora nas instalación deportivas municipais
Tui, 28 de outubro de 2020. Contar coas instalacións deportivas municipais en perfecto estado é o obxectivo das diversas obras que están a ser executadas polo Concello de Tui nestas dependencias municipais.
Hai uns días remataron os traballos de arranxo da parte frontal do muro perimetral do Campo de Fútbol de Ribadelouro. Supuxeron un investimento de 11.838€ IVE incluído. Con esta actuación deuse solución ao problema de deterioro que presentaba o muro e que por seguridade, previa á execución das obras, estaba valado.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse hai uns días ao campo para comprobar o remate das obras.
Por outra parte os dous pavillóns municipais están tamén en obras. No Novo Pavillón está a realizar o pintado interior con fondos propios. Unha actuación que se suma á instalación dunha lona divisoria, renovación da cancha e revestimento de corredores de vestiarios executada con cargo ao Plan Concello. Tamén con cargo a este plan provincial estase a executar a reformar dos vestiarios e aseos no Pavillón Vello Municipal.
En breve está previsto que comecen as obras de mellora no Centro Municipal de Remo con cargo ao Plan Concellos, e con fondos propios pintarase o ximnasio do Centro Interfederado.
Amais antes de que finalice o ano será colocado un novo desfibrilador no Campo Municipal de Fútbol en Guillarei. Deste xeito serán sete as instalacións deportivas municipais que conten con este dispositivo, o novo pavillón municipal, o pavillón da Macoca, o Centro Interfederado e os campos de fútbol Álvarez Durán, de Ribadelouro e Caldelas, que dan  cobertura a un total de 10 instalacións.
  
Ao longo do mes de novembro celebrarase o programa Quero Formación dentro da iniciativa Quero Tui
Tui, 28 de outubro de 2020. Impulsar a transformación e dixitalización do comercio e a hostalería local é o obxectivo do programa de formación QueroFormación que se realizará durante o mes de novembro dentro da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui.
Este proxecto formativo desenvolvarse en formato en liña, ante as actuais circunstancias derivadas da pandemia da COVID 19.  Consistirá na emisión de videocoferencias que conectarán aos comerciantes tudenses coas necesidades reais do mercado actual.
Quero Formación será un espazo de encontro virtual entre emprendedores, expertos formadores e profesionais de éxito da nosa cidade  experimentados en diversas áreas de negocio. O obxectivo é proporcionar unha base firme para entender a dimensión dos cambios que se están a producir e potenciar unha actitude de reacción inmediata para favorecer ao comercio local e ás pequenas empresas da cidade.
Este programa de formación que pretende ofrecer ferramentas para repensar a estratexia empresarial nun entorno incerto e cambiante está impulsado polo Concello de Tui, a través da Concellería Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercado que dirixe Ana María Núñez.
Os relatores de Quero Formación veñen de áreas tan diversas como o marketing dixital, o neuromarketig e intelixencia comercial, a intelixencia emocional, as finanzas, o asesoramento de empresas, a xestión de subvencións ou a formación. Ao longo das sesións previstas brindarase aos participantes as claves para facer os seus negocios máis competitivos e viables.
Quero Formación celebrarase os martes, mércores e xoves entre o 3 e o 24 de novembro,  de 15.30 a 16.30 h a través de videoconferencias en directo. Posteriormente poderase acceder a estes vídeos a través da plataforma de comercio etui.es, que está actualmente en proceso de crecemento.
A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa por parte dos e das autonómos, pemes e futuros emprededores interesados. Para iso deberán anotarse no teléfono 986 986 60 39 49, no correo electrónico comercio@tui.gal ou por whatsapp no número 619 217 218.
 

Ponse en marcha QueroTui un proxecto que pon en valor o local dende o local
Tui, 27 de outubro de 2020. Ás doce deste mediodía presentouse a través das redes sociais o proxecto “Quero Tui” que parte co obxectivo de pór o valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo noso.
A través de redes sociais propias en Facebook e Instagram Quero Tui levará cabo distintas iniciativas para a visibilización do sector comercial tudense ante os retos aos que se enfronta. O comercio, a hostalería, o mercado semanal, os produtores locais serán o eixo de parte das accións previstas. Amais persoas relevantes da vida social, cultura e económica de Tui súmanse a esta campaña amosando o seu apoio.  Tamén se aposta pola formación coma unha das claves para afrontar os retos de futuro.
A concelleira Comercio, Ana Núñez, explica que o proxecto QUEROTUI “ten como finalidade converterse nunha marca de referencia que dea visibilidade ao noso comercio local en xeral, pondo en valor os produtos vendidos ou fabricados na nosa cidade, pola nosa xente”. Engade a concelleira que “é un proxecto de tod@s para tod@s porque é xuntos como temos que continuar resistindo”. Indica que “os e as tudenses fomos exemplares na xestión desta pandemia, un orgullo desta cidade e agora volveremos a selo para recuperarnos entre todos o antes posible”.
Nesta iniciativa explica a concelleira que están convidados a participar tamén unha serie de persoas relevantes da vida social, cultural e económica de Tui, sen as que a cidade non sería o mesmo. Así baixo o lema “TUI EN PERSOA” nas redes sociais compartiranse as mensaxes do alcalde, Enrique Cabaleiro, de deportistas da talla de Quique Miguez ou Manu Garrido, artistas como Samuel Diz, Laura Villaverde ou Ángel Sánchez o historiador Suso Vila, a xornalista Eva González, os escritores Marga do Val ou Rosendo Bugarín, referentes como Antón Corral, Mª Teresa Domínguez, entre outros moitos así coma a empresarios e empresarias de éxito da nosa cidade. Engade Ana Núñez que obxectivo é “crear entre todos diálogo, apoio, consellos, colaboracións e ideas” de tal xeito que todos poidamos aportar o noso gran de area pola economía da nosa contorna.
Outra da accións previstas é “QUEROCOMERCIO”, que permitirá coñecer mellor aos comercios e aos comerciantes da cidade dando apoio e cobertura á súa comunicación dixital, quen son e que fan.
Igualmente porase en valor os produtos de cercanía incidindo e compartindo o valor do local a través de “MERCA EN TUI”. No mesmo incidirase na alimentación, os seus produtos e de onde veñen, os produtores locais, a calidade de Tui.
Con “QUEROHOSTALERIA” percorrerase a vida diaria da hostalería de Tui e os seus protagonistas.
Tamén chegará “MERCADILLEANDO” cunha inmersión no mercadillo máis seguro de Galicia, asistindo a cómo se poden facer as cousas ben e con responsabilidade antepondo a saúde e traballando con garantías.
Outra das acción previstas ten por obxectivo a promoción e posta en valor da plataforma de comercio electrónico dos comercios locais www.etui.es Este mercado en liña é a aposta do comercio local pola dixitalización, adaptación aos novos tempos e novos hábitos de compra.
Tamén se desenvolverá un programa de formación especifico QUEROFORMACIÓN, co que brindar as ferramentas e coñecementos para afrontar os novos retos do mercado, e camiñar cara a transformación e dixitalización que precisa o comercio local.
  

O Concello de Tui implanta novas medidas para garantir a atención en todos departamentos
Tui, 26 de outubro de 2020.  O Concello de Tui vén de adoptar novas medidas para garantir a atención á cidadanía e a continuidade da tramitación administrativa en todos os departamento no caso de detectarse positivos por COVID19 no persoal municipal.  A actual situación de Tui en alerta vermella, sumado ao incremento no número de pacientes con infección activa tanto na Área Sanitaria de Vigo coma Galicia, e a  nivel estatal, xunto aos 3 casos confirmados nas últimas xornadas entre persoal municipal levan a toma destas medidas. As mesmas foron consensuadas este mediodía na reunión celebrada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores.  
Deste xeito unha das primeira medidas é a activación de quendas rotatorias de traballo presencial para garantir que no caso de rexistrarse un caso positivo por coronavirus teña que pechar un departamento ao completo, coma ten acontecido dende o pasado venres cos Servizos Sociais.  Con esta reorganización garántese que o 50% do persoal de cada servizo poderá estar en activo de rexistrarse un positivo, ao crearse cando menos dúas quendas de traballo sen contacto presencial entre elas.   
Por outra parte volve activarse a cita previa para todos os trámites en todos os departamentos, incluído o rexistro de entrada, que se poderá solicitar telefonicamente, por correo electrónico ou a través da sede electrónica.  
Outra das medidas adoptadas é a suspensión do servizo de recollida de voluminosos por seguridade, tanto para a veciñanza coma para os propios traballadores, xa que en moitas ocasións a recollida de enxoval e outro material implica a entrada nos domicilios.
Por último o Concello de Tui realizará test de antíxenos á totalidade da plantilla municipal.
Con estas novas medidas búscase garantir a continuidade no servizo, e que a atención se preste coas máximas condicións de seguridade de acordo coa actual situación sanitaria.
Por último dende o Concello reiterase a solicitude de responsabilidade á cidadanía, extremando as precaucións ante a actual situación que estamos a vivir derivada da pandemia do coronavirus.   
    
Tui establece medidas e recomendacións no cemiterio municipal ante a celebración de Todos os Santos
Tui, 26 de outubro de 2020. Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e previr e conter a covid 19 ante situación de pandemia que estamos vivir o Concello de Tui establece unha serie de limitacións e recomendacións ante a celebración da festividade de Todos os Santos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, emitiu esta mañá un bando onde explica que ante a celebración da festividade de Todos os Santos, na que produce unha asistencia masiva de persoas ao Cemiterio Municipal, se establecen diversas medidas e recomendacións.  
Así suspéndese o oficio relixioso que tiña lugar o 1 de novembro no cemiterio municipal.  Amais recoméndase a asistencia ao cemiterio municipal de forma escalonada entre o 28 de outubro e o 2 de novembro, e o propio día 1 ao longo da xornada. A duración da visita será o máis breve posible e en ningún caso superará os 30 minutos.
Estableceranse sistemas de control e vixilancia por parte da policía local e outro persoal municipal así como o valado e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións o día 1 de novembro.
As persoas que acudan ao cemiterio deberán respectar a distancia de seguridade de metro e medio e evitar o contacto persoal. Os grupos serán coma máximo de 4 persoas do mesmo grupo familiar e que vivan xuntas. O aforo máximo é de 100 persoas. Débese empregar de forma obrigatoria a máscara e usar o xel hidroalcohólico, para o que se colocarán dispensadores no acceso.
Non estarán dispoñibles obxectos como escaleiras, caldeiros, regadeiras,… para evitar o uso compartido polo que en caso de ser necesario cada persoa deberá levar o seu material.
Dende o Concello de Tui recoméndase ás persoas de risco que eviten acudir ao cemiterio nos momentos nos que se prevea maior afluencia de persoas. Faise fincapé no feito de que aquelas persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19 non poderán ir ao cemiterio.
No bando da alcaldía apélase a responsabilidade de todas as persoas que acudan ao cemiterio municipal nestes día, incidindo na “necesidade de cumprir estritamente todas as medidas sanitarias precisas para evitar aglomeracións e previr deste xeito os contaxios e propagación da COVID-19”.
    

A Deputación de Pontevedra pon ao día os pavillóns de deportes de Tui cun investimento de case 150.000 euros
Tui, 24 de outubro de 2020. Os clubs deportivos e a comunidade escolar de Tui gozarán, antes do remate do ano, dunhas instalacións moi renovadas gracias ao investimento de case 150.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra, que está a poñer ao día os Pavillóns Municipais Novo e Vello, situados na rúa do Canónigo Vilela. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Enrique Cabaleiro, visitaron unhas obras que mellorarán a funcionalidade de ámbolos dous recintos e que estaban a ser demandadas dende hai tempo.
Carmela Silva destacou que investir nas instalacións deportivas existentes sempre é un acerto, algo que, subliñou, pode ser mesmo máis importante que a construción de infraestruturas novas. No caso de Tui, o Pavillón Vello data de 1978 e o Novo, de 2006 e ambos acusan os efectos dun uso moi intensivo e do paso do tempo. Ademais, lembrou que era necesario adaptalos a normativas actuais, ademais de cubrir novas necesidades, como a división do Pavillón Novo para permitir o uso simultáneo por parte de dous clubs. Pola súa banda, o alcalde lembrou que gracias á Deputación pódense manter os equipamentos públicos da provincia “en condicións”. “Tódolos concellos temos equipamentos, como é o caso destes dous pavillóns, que é necesario dignificar e sen os recursos que achega a Deputación, e máis aínda nun contexto sociosanitario tan complicado como o actual no que os gastos multiplícanse, sería imposible”.
No Pavillón Novo, cun investimento de máis de 88.000 euros, estase a proceder á reparación completa dunha cancha que, despois de 12 anos de servizo, presenta danos tanto nas táboas do laminado de madeira como nos “rastreles” de suxeición. Despois dunha completa inspección para detectar vicios ocultos e deixar a superficie en perfectas condicións para a práctica deportiva chegouse á conclusión de que en torno a un terzo da superficie debía ser renovada. O proxecto contempla tamén unha ampliación lateral da tarima en 106 metros cadrados ata o encontro coas gradas. Unha vez rematada esta fase procederase ao decapado, regularización da superficie, novo vernizado e pintado das pistas para as diferentes modalidades deportivas. O novo espazo deportivo será modulable gracias á instalación dunha gran cortina central de separación, con elevación automática a través dunha motorización eléctrica. A gran lona vai suxeita cunha estrutura autoportante deseñada especificamente para as características deste pavillón e ancorada ás vigas do teito. Finalmente, o corredor dos vestiarios está a ser revestido cun novo trasdosado a base de taboleiros MDF de gran resistencia para ofrecer unha mellora estética e solucionar algúns problemas de humidade que se están a producir nesta zona.
No Pavillón Vello estanse a solucionar os problemas de obsolescencia dos vestiarios e aseos, que precisaban dunha renovación completa dende hai tempo. Deste xeito, substitúense tódolos alicatados e pavimentos por moderno gresite e baldosas antiescorregadizas. Tamén cámbianse completamente os inodoros, así como as portas, que presentan un deterioro manifesto A maiores repáranse todas as paredes de teitos cun tratamento antihumidade e nova capa de pintura. O Pavillón Vello está, finalmente, a ser adaptado á normativa actual coa execución dun baño para persoas con diversidade funcional do que, dada a súa antigüidade, carecía. As obras implican tamén o cambio da distribución do aseo de árbitros e outros dous aseos. Os cambios supoñen, ademais, a adaptación das canalizacións e conexións de fontanería ás novas condicións. O importe da mellora nesta instalación deportiva está moi próximo aos 60.000 euros.
Ámbalas dúas obras sufráganse co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A institución provincial leva investidos en Tui dende 2015, ano no que Carmela Silva accedeu á Presidencia, un total de 8,3 millóns de euros. Neste tempo, e incluíndo as actuacións en marcha, a Deputación fixo posible a execución de 55 obras e subministracións, así como a contratación temporal de 111 traballadoras/es para a prestación de servizos municipais. A maiores, o Concello de Tui resultou beneficiario dun gran proxecto a través do Plan DepoRemse para a reurbanización integral do barrio da Torre, en Paramos.


O alcalde de Tui visitou hoxe as instalacións do refuxio de animais onde viven actualmente 85 cans

Tui, 23 de outubro de 2020. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou esta mañá o refuxio de animais situados en Guillarei onde a Protectora de Animais Aloia atende na actualidade a 85 cans. O rexedor tudense comprobou as últimas obras de mellora realizadas na estrutura e tellado dos canís, que redundaron nunha mellora da seguridade e do benestar dos animais.  
A Protectora de Animais Aloia leva recollido no que levamos de ano un total de 50 cans. Amais dos 80 que están no refuxio conta amais con outros 40 en casas de acollida, correndo esta asociación de voluntarios con todos os gastos dos mesmo.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceulles o importante labor que realizan.
     
A Selección Uruguaia de Remo rematou en Tui a súa concentración para preparar a regata clasificatoria para Tokio 2021

Tui, 23 de outubro de 2020.   A Selección Uruguaia de Remo rematou hai uns días a súa concentración en Tui, onde estiveron dende o pasado mes de agosto no CETD de Remo de Tui. Previa á viaxe ao seu país de orixe foron despedidos polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, desexándolles moitos éxitos nas súas carreiras deportivas.
Durante dous meses o combinado nacional uruguaio formado por Zoe Dáne Acosta, Bruno Cetraro, Felipe Kluver, Martín Nicolas Zócalo, Leando Joaquín Rodas e Newton Eric Seawright, adestraron en Tui baixo a dirección técnica de Osvaldo Ruben Borchi. O obxectivo foi preparar a regata clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Tokio 2021.
    
A Policía Local de Tui incorpora un vehículo 100% eléctrico ao seu parque móbil

Tui, 23 de outubro de 2020.  A Policía Local de Tui conta dende hoxe cun vehículo 100% eléctrico. Trátase dun Hyundai Kona cunha autonomía de 300 quilómetros. Foi adquirido polo Concello de Tui cargo ao Fondo de Compensación Ambiental financiado pola Xunta de Galicia.  O investimento realizado ascende a 38.349,74 € incluíndo tanto o importe da adquisición do vehículo coma a instalación dun punto de recarga na nave municipal en Guillarei.
Esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e membros da corporación, acudiron á entrega do vehículo á Policía Local.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicou que “a intención do goberno é ir renovando a flota dos vehículos municipais con vehículos sostibles, adaptados aos novos tempos, respectuosos co medio clima”. Nese senso indicaba que “a intención é ir dotándonos de máis vehículos eléctricos incluso híbridos”. Concluíu que “a responsabilidade da administración é empezar a dar exemplo nese senso”.
   

Dobre proposta teatral con Redrum e Galeatro esta semana no Teatro Municipal de Tui co 60 localidades por función
Tui. Xoves, 22 de outubro de 2020. O Concello de Tui mantén a programación cultural do Teatro Municipal con todas as medidas de seguridade continuando co protocolo covid establecido e limitando a capacidade a 60 persoas por función segundo a nova normativa que entrou en vigor esta pasada noite en Galicia.
A compra das localidade será preferentemente en liña a través de tui.gal, e cada entrada estará numerada. O acceso ao teatro farase seguindo as indicacións e sinalizacións establecidas no vestíbulo, con desinfección de mans na entrada e uso obrigatorio de máscara. A apertura de portas terá lugar unha hora antes do inicio do espectáculo.
O concello de Tui aposta por continuar coa programación cultural “Volvemos ao teatro” con todas as medidas de seguridade e apostando pola cultura segura.
Así a proposta desta fin de semana comezará este venres ás 21.30 h coa compañía Redrum representando a comedia “Idiota”. A obra escrita por Jordi Casanovas está dirixida Alex Sampayo e protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro. Precisamente Machi Salgado recibiu o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego de Carballiño, e foi nomeado na categoría de Mellor Actor Protagonista nos Premios María Casares.
“Idiota” conta a historia dun home que se presenta a unhas probas psicolóxicas remuneradas coma un xeito sinxelo de conseguir cartos. Pero finalmente isto convértese nunha trampa xa que as preguntas e enigmas formulados por unha atractiva psicóloga póñeno nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.
Xa o sábado, ás 18.30 h o Galeatro presenta no Teatro Municipal de Tui “Carabela”. É unha proposta teatral para público familiar escrita por Paula Carballeira, dirixida por Davide González, que  forma parte do elenco xunto a Alba Bermúdez e Tone Martínez.
“Carabela” é a historia da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí constrúe unha nena de plástico para saír da soidade na que se atopa, rodeada de peixes mutantes, de paxaros choromicas e de verteduras que non alimentan. O corazón da nena de plástico comeza a latexar para coñecer que hai máis aló, e para axudar a Carabela a saír da illa.
As entradas están á venda en www.tui.gal até unha hora antes de cada función ou o mesmo día da obra no despacho de billetes cunha hora de antelación.  No caso de “Idiota” as entradas teñen un prezo de 6€ e 5€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos. Para “Carabela” as localidades teñen un prezo de 4€ e 3€. Lémbrase que o aforo para cada función está limitado a 60 persoas segundo se recolle na normativa que entrou en vigor esta pasada noite en Galicia.
    
Co mural “queda na casa” nana retrata en tui o pesadelo das mulleres e crianzas confinadascos seus maltratadores
Tui, 22 de outubro de 2020. A dor, a soidade e a terrible situación que está a provocar a pandemia entre as vítimas da violencia machista combínanse desde hoxe na fachada do Pavillón Novo de Tui onde xa se pode ver o mural que a artista urbana Nana elaborou ao abeiro do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, ao que puxo o simbólico e significativo título de “Queda na casa”. A presidenta, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, coñeceu esta tarde a obra desta muller, experta en deseño urbano e graffiti, que soubo poñer imaxe á situación de terror que viviron no confinamento durante a primeira onda da pandemia as mulleres e crianzas que se miraron obrigadas a convivir pechadas cos seus maltratadores.
O mural, que queda xa como símbolo da loita contra a violencia machista no concello do Baixo Miño, está situado na fachada de acceso ao pavillón polideportivo, mide tres por cinco metros, e amosa unha muller que se tapa os ollos mentres detrás dela a súa casa está ardendo. A artista quixo con este traballo, no que destacan as cores azul, laranxa e vermella, chamar a atención sobre o que supuxo este tempo de pandemia para as vítimas. “Queda na casa é a frase coa que será recordado este 2020, a recomendación para sobrevivir ao virus era permanecer a salvo nos nosos fogares –sinalou Nana–. Pero en moitos casos, lembrou, o fogar non é un sitio seguro. En plena pandemia mundial mulleres e nenas e nenos sofren o terror de ser confinadas cos seus maltratadores e danse tamén novos casos a raíz desa convivencia”.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou o seu agradecemento a Nana pola elección do tema para o mural. “Cando estivemos confinadas nos dicían en clave positiva Queda na Casa porque iso era sinónimo de salvagarda da saúde. Pero non ocorría con todas as persoas. Para as mulleres vítimas de violencia era unha condena porque tiñan que estar na casa pechadas co maltratador, 24 horas xunto á violencia más brutal e iso é un drama terrible”. “Este mural ten un enorme valor, dixo, pero co tempo aínda terá máis porque recordaremos que no 2020 houbo unha pandemia onde as vítimas da violencia ademais da pandemia sufriron a tortura do machismo”. A presidenta lembrou as 37 mulleres, “asasinadas das maneiras máis crueis”, no que vai de ano. ”Vivimos unha conmoción pola pandemia global, pero como sempre quen mais padece as consecuencias son as mulleres, e particularmente as vítimas de violencia machista”.
Carmela Silva fixo un recoñecemento a Nana, “unha muller poderosa, empoderada, que racha con teitos e estereotipos. Estamos moi orgullosas das artistas que colaboran con Violencia Zero, e no caso da arte  urbana son mulleres cun especial compromiso. É  arte que deixa pegada, dixo a presidenta, que transforma as mentes de quen mira o mural“. Tamén agradeceu ao goberno municipal de Tui que “unha vez máis se comprometera con este programa e coa igualdade”, e rematou cunha mensaxe aos violentos. “Que saiban que non teñen cabida nesta sociedade e que lles imos a gañar a batalla máis pronto que tarde”.
Pola súa banda, o alcalde de Tui agradeceu á Deputación que “unha vez máis contase con nós para esta campaña e pola súa loita a prol da igualdade”. Enrique Cabaleiro lembrou que a violencia machista “é unha lacra que nos avergonza día a día, que debe comprometer a toda a sociedade e que o conxunto das administracións teñen a responsabilidade de levar adiante cantas accións e mecanismos sexan posibles”. O alcalde eloxiou o mural de Nana “que ilustra un momento especialmente difícil como foi o confinamento e que para as mulleres vítimas supuxo unha condena engadida polo que temos a obriga de visibilizalo”.  “Ogallá que algún día, dixo, a violencia de xénero sexa un mal soño. Mentres tanto temos moito traballo que facer”
A de esta tarde en Tui foi a vixésima acción desta quinta edición do programa Violencia Zero da Deputación, despois do seu paso por Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Marín, Gondomar, O Grove, Cambados, O Rosal, Mondariz, Pontecesures, Sanxenxo e Cerdedo-Cotobade. O proxecto, que ten por obxecto visibilizar á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade, inclúe accións de performance, poesía, música, graffiti, acción escénica ou danza contemporánea.
  


IKFEM clausura la VIII edición con más de 600 asistentes en sus citas presenciales y más de 10.000 visualizaciones en su programación digital

 
Tui, 21 de outubro de 2020. La octava edición del Festival de Teclado de la Eurociudad Tui - Valença, la más larga y especial de su historia, se despide hasta 2021 con un balance muy positivo en términos de asistencia.
Las 4 citas presenciales, que este año protagonizaron Ainhoa Arteta, Carlos Núñez e invitados, Eutherpe y Quartero Contratempus, acogieron a más de 600 asistentes, lo que supone el 94% de aforo permitido dadas las actuales restricciones.
La nueva línea programática: IKFEM digital, cuenta con más de 10.000 visualizaciones.
Estos contenidos, que abarcan diversidad de estilos entre los que los instrumentos de teclado son el nexo común, se pueden seguir disfrutando en la web de Afundación TV.
Las redes sociales del festival, con un alcance de más de 150.000 cuentas solo en Facebook en el periodo de un mes, cuentan con seguidores e interacción de personas procedentes de España, Portugal, México o Francia, entre otros.
IKFEM no sería posible sin el apoyo de sus patrocinadores y colaboradores.
Gracias al Concello de Tui, Municipio de Valença, Eurocidade Valença - Tui, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Interreg España Portugal Poctep, AECT Galicia - Norte de Portugal, Instituto Camões, República portuguesa, Direção Regional de Cultura do Norte, Fundación SGAE, Fundación Segundo Gil Dávila, Afundación, Paradores, ICON, Catedral de Tui, Diócese Tui-Vigo y Amigos de la Catedral de Tui.
También a nuestros media partners RTVE, RNE, Radio Municipal deTui, SER Baixo Miño, Onda Cero, RTVG, Antena 2, Revista RITMO y a todos los medios que nos han ayudado en la difusión con su cobertura.
El Festival, impulsado en sus inicios exclusivamente por apoyo público, da un paso y amplía su rango de financiación contabilizando un 30% de apoyo privado (entidades privadas: 20% y venta de entradas: 10%)
Y por supuesto, a nuestro equipo: más de 100 trabajadores del sector cultural han hecho posible esta VIII edición. La dirección ejecutiva y artística, junto a los puestos de responsabilidad en comunicación, producción y administración están además liderados por mujeres.
Gracias también al público por agotar las localidades y seguir  apostando por la #CulturaSegura.
Seguiremos fortaleciendo sinergias entre la cultura portuguesa y la española en IKFEM 2021.
   
Bádminton Tui cancela los entrenamientos
Tui, 21 de outubro de 2020. Dado el estado de ALERTA ROJA en Tui, el Concello ha decretado el cierre de las instalaciones municipales.
Por lo tanto, QUEDAN SUSPENDIDOS TODOS LOS ENTRENAMIENTOS DEL CLUB BÁDMINTON TUI HASTA NUEVO AVISO.
    
Tui pecha instalacións municipais de carácter cultural e deportivo ao entrar en alerta vermella por COVID 19
Tui, 21 de outubro de 2020. Tui entrou esta mañá en alerta vermella por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello de Tui acordou o e peche das instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares. Mantéñense abertos os parques infantís, ao ser espazos ao aire libre que se desinfectan periodicamente, e mañá terá lugar o mercado semanal coas medidas de seguridade establecidas dende que retomou a actividade.
Amais dende o Concello, tal e coma acordaban onte á tarde na Xunta de Voceiros, recomendan aos centros culturais privados, xestionados por asociacións, a suspensión de calquera tipo de actividade nos mesmos.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “cómpre ser extremadamente cautos” xa máis aló do número concreto de casos positivos que hai neste momento, un total de 32, hai un número de veciños e veciñas de Tui en corentena.   Explicaba que a adopción destas medidas ten por obxectivo “restrinxir a mobilidade nos ámbitos de carácter público” agardando que “estas medidas axuden a paliar a gravidade da situación, porque é unha situación complicada que nos preocupa, e á que chegamos polo inicio de dous brotes nunha parroquia que foron desencadenando a situación na que nos atopamos agora”.
Dende o Concello de Tui lémbrase amais as novas medidas impostas pola Xunta que entrarán en vigor esta medianoite coa limitación de reunións tanto públicas coma privadas a 5 persoas. A isto súmase tamén a limitación ao 50% dos aforos en establecementos de restauración, e a prohibición de consumo en barra.
Por último o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reitera o chamamento á prudencia e responsabilidade de todos e cada un de nós, ante a situación que estamos a vivir.
   

C21 solicita un exame da ponte – pasarela que se atopa sobre a fonte e o lavadoiro da baixada a Mariña

Tui, 20 de outubro de 2020. O concelleiro de C21, Jose Palacín, dentro do Plan Tui Seguro, acaba de solicitar por rexistro de entrada o exame da ponte – pasarela que se atopa sobre a fonte e o lavadoiro da Baixada ao Embarcadoiro da Mariña, que presenta un grave deterioro na súa estrutura metálica.  
Por outra banda, xa a mais longo prazo, os liberais solicitan un estudo de viabilidade para reformar ese espazo e poñer en valor ese lugar, patrimonialmente tan magnífico, e tan fermoso e entrañable.
 
A casa do concello iluminouse de rosa pola Día Mundial contra o Cancro de mama
Tui, 20 de outubro de 2020. A casa do concello de Tui iluminouse de rosa esta pasada noite con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama que tivo lugar onte luns. Deste xeito o Concello de Tui súmase ás iniciativas que cada 19 de outubro buscan concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.  Cómpre lembrar que o cancro de mama é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, e que en España diagnostícanse cada cano 33.307 novos cancros de mama.
 

O Concello de Tui aproba novas axudas para vivendas da ARI de Tui
Tui, 15 de octubre de 2020. O Concello de Tui aprobou a semana pasada novas axudas para vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Tui, correspondentes á fase décimo terceira do convenio de axudas entre Concello, Fomento e IGVS.
Segundo explica Laureano Alonso, Concelleiro de Patrimonio, aprobáronse inicialmente as axudas para a totalidade das solicitudes recibidas. Foron 6 as familias beneficiarias correspondentes á fase décima terceira do convenio entre o Ministerio de Fomento, o IGVS e o Concello de Tui, con cargo á anualidade 2019. O importe total é de 83.933,29 euros, cofinanciados polo Ministerio de Fomento (67.852,88 €) e o IGVS (16.080,41 €).
Todas as solicitudes presentadas foron aceptadas, cumprindo os obxectivos fixados pola Oficina da ARI para o ano 2019 e 2020. Prevese que nos vindeiros meses se inicien as diferentes obras nas rúas do conxunto histórico.
Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán as persoas propietarias de vivendas emprazadas no ámbito da Área de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen.
As actuacións solicitadas abarcan obras de mellora de eficiencia enerxética con illamentos de cubertas e cambios de carpinterías, tamén a restauración das fachadas e obras de accesibilidade no interior das vivendas.
Segundo explica Laureano Alonso, a principal finalidade das axudas é a de dotar de condicións dignas de habitabilidade e accesibilidade as vivendas do conxunto histórico favorecendo así que se siga habitando esta zona e atraer a novos residentes. Ademais, con estas axudas mellórase a imaxe do conxunto histórico.
Na actualidade a concellería de Patrimonio ten en marcha as fases 12 e 13 das axudas da ARI. Dende o departamento xa enviaron a documentación ao Ministerio de Fomento solicitando fondos para a Fase 14. En canto o Ministerio aprobe a solicitude, dende a Oficina de Rehabilitación abrirán un novo prazo de solicitude de axudas.
    
Conferencia sobre “Seguridade e saúde en obras de construción menores” o xoves 29 en Tui
Tui. Luns, 19 de outubro de 2020. A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá o xoves, 29 de outubro, ás 18.30 h unha charla titulada “Seguridade e saúde en obras de construción menores”. Está organizada pola Fundación Laboral da Construción, a través do Organismo Paritario de Prevención en Construción (OPPC), coa colaboración do Concello de Tui. Esta actividade forma parte dun ciclo de conferencias relativas a seguridade e saúde laboral en obras menores. A conferencia vai dirixida a promotores, contratistas, xestores de comunidades de propietarios e profesionais independentes que actúan no ámbito deste tipo de proxectos.
A importancia deste tipo de actividade radica no feito de que en moitas ocasións os actores deste tipo de intervención descoñecen as obrigas e responsabilidades que a lei determina e sofre unha exposición a responsabilidade innecesaria. Tamén procura mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral deste tipo de obras de construción.
Debido ás medidas de aforo debido á COVID 19 as persoas interesadas en acudir á charla deben inscribirse no correo electrónico cfo@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49 de 9:00 a 14:00 h.
       
Adiadas as actividades da Semana da Biblioteca
Tui. Luns, 19 de outubro de 2020. O Concello de Tui comunica que as actividades programadas para esta semana pola Biblioteca Municipal de Tui para conmemorar o 50 aniversario da súa creación son adiadas, para unha nova data que se comunicará oportunamente.
A limitación de reunións a 10 persoas fixadas pola Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, levou a tomar esta decisión.  En concreto o aprazamento afecta ás actividades programadas pola Biblioteca Municipal ente o 20 e o 24 de outubro, que estaban dirixidas ao público infantil e outros segmentos de idade. Realizaranse nunha nova data na que poidan asistir un maior número de persoas.
Esta decisión non afecta á apertura da biblioteca que continúa funcionando co aforo e as regulacións establecidas polas normativas sanitarias no seu horario habitual,  de 9 a 14 h de luns a sábado de 9 a 14 h e de 15.30 h a 21.30 h de luns a venres.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indica que “debemos ser prudentes ante a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 e tomar as medidas de prevención pertinentes aínda que lamentemos adoptar una decisión como adiar estas actividades conmemorativas do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui”.
   

Resultados del Club Badminton de Tui
Tui, 17 de outubro de 2020. Este sábado hemos participado en el TTR Sub11 y Absoluto de Pontevedra que organizaba el
Hasta la capital de la provincia nos desplazamos con cinco de nuestras "promesas": Teo Fernández, Martín Gándara, Alexia Pérez, Iago Diaz-Fierros y Mikel Martínez.
Todos ellos participaron en la competición tanto en categoría individual como en dobles, llegando todos hasta unos meritorios cuartos de final.
Destacar la medalla de PLATA lograda por Teo en Dobles Sub11, donde hacía pareja con con Xoel del Bádminton As Neves
Una nueva jornada de Bádminton marcada por unas extrictas y necesarias medidas y protocolos COVID que nos permiten poder seguir compitiendo.
  

O Concello de Tui organiza un taller de gastronomía “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra
Tui, 15 de outubro de 2020. O Concello de Tui coa integración da Red de Juderías de España está traballando na promoción turística da nosa cidade ao abeiro do importante conxunto patrimonial relacionado coa presenza xudía na nosa cidade ao longo dos séculos. Pero este labor precisa complementarse con outras medidas que consigan incrementar o atractivo da nosa cidade en torno aos recursos xudeus ou sefardís.
Neste sentido, un elemento clave é a gastronomía, pois é o complemento idóneo a unha visita á nosa cidade. Pero cómpre que esta oferta gastronómica contribúa a incrementar o valor da nosa oferta turística, cunhas propostas dos nosos restaurantes relacionadas con este patrimonio xudeu.
O Concello de Tui a través da Red de Juderías para afondar nesta liña organiza un obradoiro práctico denominado “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra que estará en Tui o luns, 26 de outubro de 2020. Está dirixido exclusivamente a profesionais da hostalaría e restauración tudense. Javier Zafra é autor do libro “Sabores de Sefarad”, que recolle unha escolma de receitas ou komidikas  facilmente realizables, e xestiona o blog do mesmo nome que pretende ser un lugar onde compartir os pratos cociñados, experiencias culinarias e vivencias dos profesionais que traballan arredor da gastronomía sefardí.
Javier Zafra a través deste taller, dirixido a cociñeiros e chefs, pretende incentivar o mantemento desta forma de guisar que forma parte da nosa tradición culinaria e integrar estes pratos na oferta gastronómica das cidades integradas na Red de Juderias mellorando os recursos que ofrecen aos seus visitantes. Será un actividade eminentemente práctica coa mostra de materiais, condimentos, receitas en vivo, etc.
O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, convida aos establecementos de restauración abertos na nosa cidade a este taller que considera de gran interese para coñecer esta proposta gastronómica que ten como finalidade mellorar a oferta gastronómica e turística de Tui. Unha aspiración que nestes momentos de incerteza resulta imprescindible de acometer conxuntamente.
O taller terá lugar na Aula Uned de Tui o luns 26 de outubro de 17,00 a 20,00 horas. Os interesados deben inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo ou a través do correo electrónico: turismo@tui.gal.
      
Os comerciantes de Tui e Milladoiro únense na promoción do Camiño Portugués
Tui, 16 de outubro de 2020. A asociación de comerciantes de Tui, ACITUI, e de Milladoiro, Palmira Bulevar, suman sinerxías para promocionar o Camiño Portugués a Santiago ao ser a primeira localidade en Galicia desta ruta xacobea, e a derradeira antes de chegar a Santiago, respectivamente.
Hoxe coa sinatura dun convenio entre ambos colectivos quedaron plasmados tres anos de contactos e traballo en prol do Camiño Portugués. O acto tivo lugar na casa do concello de Tui coa presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, e da Asociación de Pequenos Comerciantes Palmira Bulebar de Milladoiro, José Manuel Fernández.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, felicitou a estes colectivo por esta “magnífica iniciativa” destacando o feito de que sexan “dúas entidades privadas as que apostan e colaboran para potenciar, pór en valor e difundir os valores do camiño”. Indicaba coma feito notorio que tamén “o sector privado se implique na promoción e difusión do Camiño”.  Destacaba coma o ano pasado pasaron por Tui máis de 83 mil peregrinos, pero este ano debido a pandemia son 8000, e indicaba que “o camiño vai volver emerxer con potencia e temos que estar preparados”.
O presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, explicou que as dúas asociacións traballarán conxuntamente no fomento de eventos vinculados ao Camiño Portugués, e na súa promoción tanto a través das súas redes sociais, coma nas distintas campañas comerciais que leven a cabo pondo as dúas localidades no mapa desta vía xacobea. Tamén buscarán informar tanto ao peregrinos coma do turista dos servizos dispoñibles nestas localidades, e fomentar a cultura galega , a gastronomía e o comercio. Entre os obxectivos tamén está impulsar esta ruta de peregrinación de cara ao Ano Santo 2021.
O presidente da Asociación de Pequenos Comerciantes Palmira Bulebar de Milladoiro, José Manuel Fernández, explicou coma na xornada de hoxe frutifica o traballo que iniciaron hai tres anos e no que Tui e Milladoiro sumarán sinerxías.
    
C21 solicita o arranxo do firme do terreo lindeiro ao Colexio Nº 1
Tui, 15 de outubro de 2020. O partido liberal de Tui acaba de introducir un rexistro de entrada solicitando ao Concelleiro de Obras que se arranxe o firme do terreo lindeiro ao Colexio Nº 1, debido aos numerosos baches que presenta. Isto está a causar un grave prexuízo aos vehículos dos seus usuarios, principalmente aos dos pais de alumnos deste centro.
Por outra banda, o voceiro liberal, José Palacín afirma que seguirá insistindo en tres necesidades para esta zona: a realización do proxecto de expansión do patio do Colexio nº 1 que o Goberno Anterior deixara xa en carteira, a mellora do firme da estrada da Rúa Calzada e unha toma de decisións ao respecto do tráfico para optimizar a circulación neste viario.
 

Celébrase en Tui a segunda xornada de “O Camiño Sostible”
Tui. Xoves, 15 de outubro de 2020. Mañá venres, 16 de outubro, a partir das 10 h a aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, acollerá a segunda xornada do proxecto “O Camiño Sostible”, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”.
Trátase dunha actividade que ten por obxectivo dinamizar e pór en valor todos e cada un dos sectores e actores que forman parte do Camiño de Santiago. Ao tempo persegue con eles e a súa interacción, promocionar o turismo e o desenvolvemento local a través dos valores do camiño e a sustentabilidade.
A actividade pretende xerar conciencia do Camiño desde e cos principais actores da actividade económica e social galega, promocionando a industria turística e dirixíndose aos distintos sectores da sociedade.
A primeira xornada do Camiño Sostible tivo lugar o pasado día 3 en Pontecesures, mañá venres celebrarase en Tui e rematará o próximo venres 23 en Cambados.
Neste proxecto, ademais de charlas on line impartidas como píldoras formativas por expertos en Turismo e desenvolvemento local a nivel nacional, tamén haberá mesas redondas de emprendemento, onde se presentarán empresas como casos de éxito de emprendemento a través do Camiño e dos recursos locais, e tamén neste caso, unha mesa institucional na que Tui destacará o potencial turístico e histórico no Camiño , da man do concepto de Eurocidade e coa colaboración da Asociacion de Amigos do Camiño portugués, que incidirán directamente no papel importante e fundamental de Tui no Camiño e a necesidade de implicación, promoción e posta en valor do feito Xacobeo e do seu impacto transversal , económico e social do mesmo.
As prazas para a xornada que mañá terá lugar en Tui están xa cubertas pero hai unha lista de agarda na que se poden inscribir os interesados en www.ocaminosostible.com.
A actividade comezará ás 10.25 h coa presentación do proxecto “O Camiño Sostible” e a continuación terá lugar unha mesa institucional sobre “O Camiño de Santiago, impacto e alcalce”. A partir das 11 h están previstas as charlas on line “Sustentabilidade, ODS e seguridade no Camiño” e “Produto turístico no Camiño. Posta en valor dos recursos locais”. A actividade pecharase a partir das 12.15 h con dúas mesas redondas sobre “Emprendemento local: casos de éxito” e “O Camiño coma oportunidade de emprendemento”.
     
Tui recibe 50 composteiros individuais de SOGAMA para continuar co programa municipal
Tui. Xoves, 15 de outubro de 2020. O Concello de Tui recibiu hai uns días 50 composteiros individuais tras a solicitude feita dende a concellería de Medio Ambiente a SOGAMA.
Con este medio centenar de COINS continuarase o programa municipal de compostaxe individual. As persoas que desexen sumarse a este programa e recibir un destes composteiros individuais poden descargar a solicitude en tui.gal e enviala a compostaxe@tui.gal. A mestra composteira porase en contacto con eles para facer a entrega, explicar o proceso de compostaxe e realizar posteriormente un seguimento do uso. Unha vez entregados estes 50 novos  composteiros serán xa preto de 200 as vivendas que contan estes dispositivos, dende que se entregaron os primeiros en agosto de 2019.
    
O Concello de Tui vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans
Tui. Xoves, 15 de outubro de 2020. O Concello de Tui de Tui vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans situado en Guillarei. Os traballos consistiron no cambio da estrutura e do tellado nas doce canles máis antigas do refuxio.  En concreto foron retiradas as vellas e corroídas estruturas metálicas e o tellado de uralita. Colocáronse novas estruturas e  chapa de panel sándwich. Coa execución desta obra mellórase a seguridade tanto para os voluntarios que realizan alí os seus labores, coma para os cans que alí viven.  Ao tempo logrouse un mellor illamento térmico o que redunda no benestar dos animais.
  
O programa Cultiva a Mente realiza a súa segunda edición en cinco parroquias tudenses
Tui. Xoves, 15 de outubro de 2020. Esta semana comezou a segunda edición do programa “Cultiva a Mente” froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.
Oitenta persoas asisten unha vez á semana aos obradoiros que teñen lugar en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  Durante hora e media realizan técnicas de memoria, reciben consellos saudables ao tempo que se fomenta a socialización e as emocións positivas. Este ano amais coma novidade abordarán tamén o uso das novas tecnoloxías.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, achegáronse onte ao Centro Cultural de Areas onde tiña lugar o primeiro dos obradoiros na parroquia desta nova edición.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso do goberno municipal de trasladar este tipo de actividades ao rural , dando resposta á necesidade de cohesionar as parroquias e atender as necesidades das persoas que alí viven. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou o éxito da actividade  e a acollida que tivo tanto a primeira edición coma esta segunda. Pola súa parte o presidente de AFAGA, Juan Carlos Blanco, salientou que “Cultiva a mente” un proxecto innovador que apostaron por manter con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia.
Os grupos en cada unha destas parroquias están completos pero estase a confeccionar lista de agarda para cubrir as prazas vacantes que se poidan rexistrar. Por iso as persoas interesadas poden cubrir o impreso de solicitude, accesible en tui.gal, e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello.
 

O Concerto “Cantares.Tradición oral no Camiño Portugués” chega este sábado a Tui
Tui. Mércores, 14 de outubro de 2020. A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui. O espectáculo terá lugar no recinto do Cárcere vello o sábado 17 de outubro a partir das 19,00 horas.
“Cantares. Tradición Oral no Camiño Portugués” é un proxecto co obxectivo fundamental de ofrecer unha serie de concertos didácticos para todas as idades, de pequeno formato e en lugares do camiño Portugués, no que se interprete repertorio de tradición oral das comarcas por onde pasa. O equipo artístico seleccionado para este proxecto está formado por Leni Pérez e Roberto Comesaña. A investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño portugués, a selección do material, repertorio, o equipo artístico e o deseño do evento foi realizado por Leni Pérez.
Leni Pérez, folclorista e intérprete, encargarase das explicacións e tocará percusións de man tradicionais e cantares de tradición oral recompilados no camiño. Leva recompilando nosa tradición oral dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado, dando clases de cantares de tradición oral dende fai 30 anos, na actualidade dirixe nove escolas no sur de Pontevedra. Durante once anos traballou no programa "Luar" en apartados relacionados co folclore, na actualidade forma parte do programa "Larpeiros" onde tamén pon a nota musical. Acompañada por Roberto Comesaña, acordeonista profesional e mestre, cunha ampla traxectoria acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.
O repertorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 70 min. Na escolma do repertorio contaremos con todo tipo de cantares de tradición oral, do arquivo privado de Leni Pérez, recollidas nas comarcas por onde pasa o camiño, dende cantos de labor, a cantos de lecer, cantares do ciclos festivos anuais (Nadal, Manueles, Reis e Xaneiras), historias e romances, cantos de berce, de xogos, etc
Para o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago do Concello de Tui, Laureano Alonso, a celebración deste concerto é unha óptima oportunidade para achegármonos ao patrimonio cultural do Camiño de Santiago a través, neste caso, da música popular e tradicional de Galicia, interpretada nun espazo relacionado coa historia tudense e situado á beira do Camiño Portugués.
     
Tui inicia o procedemento para ser declarada Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico, REXURBE
Tui. Mércores, 14 de outubro de 2020. O Concello de Tui solicitará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración do conxunto histórico e a súa contorna como Área REXURBE, Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico.
Nas zonas declaradas Areas REXURBE lévanse a cabo actuacións de rehabilitación ao mesmo tempo que se artellan medidas sociais, urbanísticas, ambientais e económicas, enmarcadas nunha estratexia administrativa global e unitaria. O Concello de Tui terá que dispoñer dun plan de dinamización que será o instrumento estratéxico que marcará as actuacións a realizar en materia de rehabilitación das vivendas e protección do patrimonio cultural como de todas aquelas medidas que contribúan a unha revitalización integral do ámbito.
Os técnicos municipais, xunto a un equipo multidisciplinar, liderado polo estudio de urbanismo e arquitectura MMASA, atópanse actualmente preparando a solicitude que será presentada antes de final de ano ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo. Esta solicitude incluirá a proposta que delimita o ámbito e comprende de forma desagregada a estratexia social, económica, urbanística e arquitectónica, que se pretende levar a cabo, para a recuperación e dinamización do ámbito. Posteriormente corresponderá ao Consello da Xunta de Galicia acordar a declaración da Área REXURBE.
 
A presentación de documentación para a Ventanilla Única no rexistro de entrada precisará cita previa dende o próximo luns
Tui, 14 de outubro de 2020. O Concello de Tui informa que a partir do próximo luns, 19 de outubro, para presentar documentación á Ventanilla Única no rexistro de entrada na casa do concello deberase solicitar cita previa no 687 22 71 90.
A presentación de documentación dirixida ao propio concello e de competencia municipal poderá seguir a facerse sen cita previa.
Esta medida adóptase despois de comprobar, que dende que se eliminou a cita previa, os cidadáns presentan no Rexistro do Concello de Tui documentos que van dirixidos a outras administracións que aínda solicitan cita previa, incluso veciños doutros concellos veñen ao Rexistro do Concello de Tui para evitar o trámite de cita previa nos seus propios concellos, o que está a colapsar este servicio municipal.
      

Tui presenta unha programación “segura” para volver ao Teatro no outuno
Tui. Martes, 13 de setembro de 2020. “Volvemos ao teatro” é o lema da programación de outono que dende este venres, 16 de outubro, e até o 21 de novembro se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui.
Foi presentada esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o músico Samuel Diz.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “esta programación ambiciosa reflicte perfectamente o compromiso deste concello coa cultura, con algo que sempre nos identificou moitísimo. Non podemos olvidar que a programación cultural de Tui é recoñecida máis aló das nosas fronteiras, nos engade un selo de calidade e nos singulariza”. Nese senso indicaba “o compromiso deste goberno de seguir con esa estela da nosa programación cultural, para que siga sendo dun referente máis aló do ámbito territorial que nos ocupa”.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que con “Volvemos ao teatro” mantense a actividade no Teatro Municipal achegando espectáculos os venres e sábado para todos os públicos con teatro, música e danza.  Dicía a concelleira “agardo que a xente disfute no Teatro” destacando que “a cultura é segura”.  Salientou que a capacidade do patio de butacas redúcese ao 33% de tal xeito que para cada evento poranse á venda 180 localidades. Contarase cun protocolo COVID 19. As entradas poranse á venda o luns da semana do espectáculo até unha hora antes do mesmo a través de tui.gal, sendo este o método preferente de compra. Tamén se poderán adquirir no despacho de butacas na Área Panorámica o propio día unha hora antes do inicio da función.
Pola súa parte Samuel Diz, lembrou coma o concerto “Memoria da Melancolía” que ofrecerá este venres estaba previsto para o mes de marzo e daquela tivo que ser adiado debido á pandemia do coronavirus. Ía ser estreado en Tui pero debido ao aprazamento foi a primeira posta en escena tivo lugar en setembro na casa de Lorca.  Este venres estará acompañado no escenario por Benxamín Otero e Yolanda Castaño, e cunha réplica da guitarra de Lorca intepretará un percorrido polas músicas da Xeración do 27 e do exilio republicano español, moitas delas inéditas, atopadas en diferentes arquivos, seguindo a pegada de María Teresa León polo mundo”. Agradecía Samuel Diz o compromiso do Concello de Tui por manter esta programación de outono. As entradas para este concerto poranse á venda mañá mércores ás 20 h aos prezos de 6€ e 5€ en tui.gal.
A programación está conformada por oito espectáculo de música, teatro, e danza para público infantil e adulto.
Memoria da Melancolía” é o concerto de Samuel Diz que abre esta programación este venres, 16 de outubro, ás 21.30 h.  A seguinte cita será o venres, 23 de outubro, ás 21.30h con Redrum Teatro e a comedia negra “Idiota” interpretada por Machi Salgado e Susana Sampedro. O sábado 24 de outubro, ás 18.30 h, Galeatro presenta “Carabela” unha obra para público familiar recomendada a partir dos 4 anos. “So”, un espectáculo novo circo, é a proposta prevista o venres, 30 de outubro, ás 19.30 h da man de Xampatito Pato. Mentres o venres, 6 de novembro, ás 21.30 h está programada a traxicomedia “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlátnico.  A versión teatral do libro "Esio Trot" de Roald Dahl chegará o sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h con  Pérez&Fernández e o espectáculo para público familiar  "Aguratrat".  Pecha esta programación o venres, 20 de novembro, ás 19.30 h Avento Produccións o espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos "Ummm unha comedia musical para chupar os dedos", e o sábado 21 de novembro, ás 20.30 h La Macana achega o espectáculo de danza contemporánea “Pink Unicorns”.
   
C21, solicita papeleiras para a prolongación de Casal Aboy e no futuro na Rúa Colón
Tui, 13 de outubro de 2020. O partido liberal de Tui ven de solicitar por rexistro de entrada que se dote a prolongación da Rúa Casal Aboy de papeleiras debido a que nesta zona está a celebrarse o Mercadillo do Xoves e se está a converter nun lugar asiduo de paseo para os cidadáns.
C21 solicitará tamén que, aproveitando as obras do Plan Concellos na Rúa Colón, se dote as súas beirarrúas deste servizo para evitar o lixo no chan e así facilitar o labor dos traballadores de limpeza viaria.
 

C21 non comparte o balanzo que fai o Alcalde de Tui sobre o tráfico
TUI, 11 de outubro de 2020. O concelleiro de C21, José Palacín, afirma que non comparte as últimas declaracións do Sr. Alcalde de Tui ao respecto do funcionamento do tráfico.  
Segundo o liberal: “Observamos unha certa intencionalidade de eludir a responsabilidade do seu goberno neste caos circulatorio”, e sinala que en ditas declaracións o Sr. Alcalde escudouse no Plan de Mobilidade (PMUS) que elaborou o  goberno anterior, como si este impuxese algunha obriga de prazos, tamén en que tomou amparo en técnicos da Deputación para decidir as direccións e espazos peonís e por último en cas prácticas da cidadanía en canto a circulación no son axeitadas.
C21 considera que sería máis correcto recoñecer que se actuou con precipitación neste asunto e sobre todo que se rectificara, devolvendo o tráfico a situación previa a estas desafortunadas reformas, polo menos ata que a Rúa Ourense estea totalmente aberta en ámbolos sentidos.
Palacín afirma que o dano destes atrancos e das restricións no tráfico, sumados a crise xerada polas medidas  antiCOVID, serán a tumba do comercio local.    
 
Resultados del Club Badminton Tui
TUI, 10 de outubro de 2020.Este fin de semana tuvimos competición nuevamente bajo estrictas medidas de seguridad COVID. Fue el sábado, desde las 9 de la mañana, en el TTR Sub15-Sub19 de As Neves, y hasta allí nos desplazamos con 9 jugadoras/es acompañados por una entrenadora.
El resultado ha sido muy satisfactorio tanto en el cómputo de medallas como en el comportamiento y deportividad de todos ellos. Estos fueron los resultados:
Daniela Sanz, ORO en Individual femenino sub19
Bruno Fernandez junto a Laura del C.B.Athlos, ORO en doble mixto sub19
Lía Salvado y Roque Fernández, PLATA en doble mixto sub15
Sonia Navas y Andrea Pérez, PLATA en doble femenino sub15
Daniela Sanz y Jessica Santos, PLATA en doble femenino sub19
Lía Salvado, BRONCE en individual femenino sub15
Jessica Santos, BRONCE en individual femenino sub19
También mencionar a Anxo Fernández y Teo Fernández por su buen papel.


El concierto de Carlos Núñez apoyado por AECT Galicia - Norte de Portugal a través de su proyecto INTERREG VA clausura este domingo en la Catedral de Tui la VIII edición de IKFEM
Tui, 9 de octubre de 2020. Recta final para la octava edición del Festival de Teclado de la Eurociudad Tui - Valença, la más larga y especial de su historia.
Ainhoa Arteta celebró el pasado miércoles con gran éxito un recital en el Teatro Municipal de Tui, vestida para la ocasión por Ágatha Ruíz de la Prada. Un viaje por las canciones del recuerdo con grandes autores del repertorio español, con Javier Carmena al piano y un auditorio con aforo completo.
Este domingo 11 de octubre será Carlos Núñez quien ponga el broche de oro a la octava edición de IKFEM con un concierto apoyado por AECT Galicia - Norte de Portugal en la Catedral de Tui. Una cita con las Cantigas sacras gallego-portuguesas para la que  Carlos Núñez ha querido invitar a dos artistas residentes en Tui del ámbito de la tecla: su compañero desde hace décadas Pancho Álvarez, que entre muchos otros instrumentos toca la zanfona, y el pianista Daniel Pereira, que tocará el órgano. Asimismo, siendo un festival transfronterizo, contará con un trío portugués, el Ensemble Med, que también cuenta con un instrumento de tecla inusual, la nyckelharpa nórdica, que vendría a ser un híbrido de zanfona y fídula. Las entradas están agotadas.
El día anterior podremos disfrutar de la propuesta de Caspervek: El héroe del río, que pondrá música en directo a la película muda “El héroe del río” de Buster Keaton, una trama basada en los propietarios de dos barcos fluviales que compiten por el control del transporte de mercancías en el Mississippi. Este concierto, inicialmente programado en el Auditorio CILV de Valença, se celebrará exclusivamente online dadas las nuevas recomendaciones sanitarias en el norte de Portugal. Será en streaming a través de la página de Facebook del Festival.
Galifunk Brass, última cita de IKFEM Digital en Afundación TV
La primera convocatoria de IKFEM Digital programa 5 actuaciones seleccionadas de entre todas las propuestas presentadas por su calidad artística, comunicativa y audiovisual, así como el impacto de su historia relacionada con la Covid-19.
El último concierto de esta nueva línea programática se puede seguir hoy vía streaming a través del canal de Afundación TV:
Galifunk Brass, 21h.
Es un grupo de 10 músicos de las afueras de Pontevedra influenciados principalmente por las bandas de música estadounidenses. Buscan romper con las pautas del clásico y hacen sus propias versiones originales de temas disco, funky, soul y R&B. Su repertorio abarca desde temas propios de los 70, como los de Aretha Franklin hasta lo más actual, como Bruno Mars.
Por octavo año consecutivo el programa artístico de IKFEM fortalece sinergias entre la cultura portuguesa y la española abarcando diferentes estilos musicales interpretados por músicos reconocidos y talentos de la eurorregión.
Todo ello adoptando e implementando las medidas necesarias para garantizar una #CulturaSegura.
 
As persoas maiores de 55 poderán realizar o programa de formación Expertclick
Tui. Venres. 9 de outubro de 2020. O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios ofertan formación gratuíta on line para persoas maiores de 55 anos. Fanno ao través do programa de formación no uso das novas tecnoloxías Expertclick. Busca ofrecer a este colectivo capacitación en habilidades dixitais para que navegue con seguridade e confianza en internet. Ao tempo esta formación permitirá realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, a administración ou a banca on line.
Así en concreto abordará o uso de App para estar conectados a través de videochamadas e whatsapp, app de xestión de saúde e banca on line, e outras de entretemento e lecer coma redes sociais.
A formación realizarase ao longo de tres días, o 2, 3 e 5 de novembro, ás 10 h durante hora e media cada xornada.
Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.
Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.
As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a cfo@tui.gal, indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe “Inscrición curso expertclick”. Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.
   
A Corredoira acolle un mercado de solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo
Tui. Venres, 9 de outubro de 2020. O Paseo da Corredoira acolle esta fin de semana un mercado solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Está organizado polo Concello de Tui e a asociación Revolto Artesán Galego.
Contará con 18 postos de antigüidades e coleccionismo, alimentación con produtos como filloas doces e salgadas e queixos gourmet, artesanía en madeira, pedra, cristal ou barro… Abrirá o domingo de 10 a 21h e o luns de 10 a 20.30 h.   O domingo de 10 a 12 h voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño estarán nunha carpa recollendo alimentos non perecedoiros.
Amais tanto o sábado coma o domingo de 17 a 19 h haberá un obradoiro de manualidades para nenos e nenas de 6 a 12 anos, cunha capacidade de 5 persoas que irán rotando en función da asistencia.
Revolto Artesán Galego é unha asociación sen ánimo de lucro formada por artesáns, anticuarios, ofertantes de obxectos de coleccionismo e ecolóxicos
O mercado contará cun protocolo COVID, con carteis informativos. Os postos gardarán unha distancia de 2 metros, contarán con xel hidroalcóholico, panos de papel e papeleira de pedal, así como un cartel informativo sobre as medidas a tomar dentro do mercado.
   
Noventa colectores para a recollida de envases están a ser colocados nas parroquias
Tui. Venres, 9 de outubro de 2020.  Noventa novos colectores para a recollida de envases, realizados en material 100% reciclable, están a ser distribuídos estes días polas distintas parroquias de Tui.
O Concello vén de adquirir estes novos colectores co obxectivo de incrementar a recollida selectiva do lixo, neste caso de plásticos e envases, no rural.  Ao longo dos últimos meses incrementouse o número de colectores tanto de envases, coma vidro ou cartón dispoñibles na cidade.
Dende o Concello de Tui faise unha clara aposta pola recollida selectiva do lixo disponibilizando contedores para os distintos materiais, tanto no centro urbano coma no rural. Cómpre lembrar amais a instalación de novos colectores de roupa en colaboración con Cáritas, de aceite usado de cociña, de tapóns para colaborar coa asociación Taporelmun, ou no punto de limpo a posta a dispor de colectores para a recollida de xeringas de uso domiciliario, ou de radiografías. Tamén se aposta pola compostaxe tanto cos composteiros individuais coma a través dos tres centros de compostaxe comunitaria que hai na cidade.
 

Continúan as actividades programadas co gallo do 50 aniversario da Biblioteca Municipal
Tui. Xoves, 8 de outubro de 2020. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as actividades conmemorativas do seu 50 aniversario cun amplo programa que na vindeira semana comprende senllas actividades de animación á lectura dirixidas a dous sectores de público infantil e familiar.
O martes, 13 de outubro, ás 18 h terá lugar unha sesión de contacontos para bebés a cargo de “Pavís Pavós” que presentan o seu espectáculo “Contos para bebés”. Amais de tentar entreter aos máis pequenos esta sesión tamén ten como obxectivo ofrecer unha ferramenta para nais e pais arredor do fomento á lectura, así como aproveitar para recuperar e transmitir a nosa rica tradición oral.
Mentres, o xoves 15, ás 18 h terá lugar o espectáculo de animación a cargo do grupo Eduvía que presenta “Dadá o duende” con tres contos, nos que se traballan valores como a convivencia, o respecto polo medio ambiente, o amor polos animais, etc. Nesta actividade, os nenos/as e adultos poderán interactuar, cantar, bailar e coñecer a historia dunha nena africana que quería saber como era o mar. Esta animación está dirixida especialmente aos rapaces e rapazas entre 6 e 12 anos de idade. Esta actividade fora programada para o pasado mes de setembro, e tivo de ser adiada por circunstancias alleas á Biblioteca Municipal.
Por mor das actuais circunstancia derivadas da pandemia da Covid 19 é imprescindible realizar inscrición previa ben persoalmente na Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal
Con estas novas propostas continua avanzando o programa de actividades deste 50 aniversario que na seguinte semana, do 20 ao 24 de outubro culminará cun amplo abano de propostas para todos os sectores sociais e segmentos de idade.

C21 solicita ao Goberno Local que procure corrixir as deficiencias do DEPORENSE de Paramos

Tui, 6 de outubro de 2020. O concelleiro do partido liberal de Tui, José Palacín, solicita ao Goberno Local  que tramite a subsanación dunha serie de deficiencias que arrastra a execución do denominado Plan DEPORENSE, para a reconstrución das vías públicas de Paramos.
Palacín considera que, “Xa que estamos na recta final, debemos deixar o traballo ben feito”, e lembraba que trala traxedia, a filosofía de reconstrución da Zona Cero era a de xerar un espazo de urbanización do rural que fose exemplar.
Os liberais detectaron fallas como algunha barreira arquitectónica ou que os postes da electricidade e luminarias se conduzan por dentro das canalizacións das augas nas estradas, o que producirá seguro, moitos desbordamentos.


Visita á exposición “O Camiño do humor” de viñetas de Dávila
Tui. Martes, 6 de outubro de 2020. Mañá mércores, ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realizarán unha  visita á exposición “O Camiño do Humor” que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila.  A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
A mostra está organizada de maneira temática baixo epígrafes como Xente de aquí, Na leira, O bicherío, Tecnoloxía, O tempo, O turismo ou O Camiño de Santiago, etc. En conxunto, ofrece un completo percorrido pola obra de Davila a través dunha antoloxía das súas viñetas máis destacables.
A mostra forma parte do programa de actividades do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui.
 
O tren turístico da Eurocidade realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes

Tui. Martes, 6 de outubro de 2020. Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal.
Con este percorrido do tren até os muíños do Tripes búscase promocionar a visita a este conxunto patrimonial tanto por parte dos propios tudenses coma das persoas que ao longo desta fin de semana se acheguen a Tui.


Partidos del Club Badminton Tui
Tui, 4 de outubro de 2020. El sábado participamos en el TTR Sub13 y Sub 17 organizado por el CER-VIGO, en ls instalaciones del Colegio Rosalía de Castro de Vigo.
Fue una larga jornada que empezaba a las 9:30 de la mañana marcada por unas estrictas medidas COVID y que terminaba cerca de las 9 de la noche con la entrega de medallas. Nuestro Club desplazó a un técnico acompañando a 8 deportistas, dos de categoría Sub13 y 6 de categoría Sub 17. Fue una jornada larga y complicada al no poder salir de la instalación y tener que estar siempre en una zona delimitada por la organización para cada club.
Al final nuestros sub17 lograron todos algún metal (7 en total se trajeron para Tui):
                        Oro para Lía Salvado y Roque Fernández en Dobles Mixtos Sub17
Bronce para Lía Salvado en Individual Femenino sub17
Bronce para Jessica Santos y Daniela Sanz en Doble Femenino sub17
Bronce para Bruno Fernández y Miguel González en Doble Masculino sub17
Destacar también la buena participación de las sub13 Andrea Pérez y Sonia Navas, pese a no lograr medalla.
Lo más satisfactorio es ver como disfrutan con el deporte, de o ser así sería imposible estar casi 12 horas "encerrados" en un pabellón con mascarillas puestas, distancia de seguridad, etc,
Seguiremos entrenando, compitiendo pero sobre todo disfrutando del bádminton.
      
O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios da COVID19 o seu labor
Tui, 3 de outubro de 2020. O Concello de Tui e o IKFEM amosaron onte o seu agradecemento aos colectivos que dende o inicio da pandemia teñen colaborado co Concello en diversas facetas. O agradecemento chegou en forma de velada musical coa asistencia de 25 persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paul ao concerto inaugural que ofreceu no Teatro Municipal o Quarteto Contratempus.
Con este sinxelo xesto quíxose agradecer o importante labor realizado por estes e outros colectivos locais durante o confinamento e que continúa na actualidade.
Onte á noite previo ao concerto o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, a Deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, membros da corporación, e a directora do IKFEM, Andrea González, e outras autoridades presentes no teatro tudense compartiron uns momentos con estes voluntarios transmitíndolles persoalmente as grazas polo labor que realizan a diario e que nestes tempos de pandemia ten adquirido aínda maior importancia.  
     
C21 solicita rigorosidade a hora de abordar as limpezas dos bens patrimoniais
C21 ven de condenar os actos vandálicos levados a cabo no conxunto histórico mediante a realización de pintadas, co que aproveitan tamén para solicitar ao Goberno Municipal que actúe sobre os bens patrimoniais danados cos procedementos máis axeitados para evitar aínda máis o seu deterioro.
No pasado pleno de setembro, o Concelleiro de Patrimonio, á pregunta do liberal,  José Palacín, sobre o mal resultado da limpeza da Fonte de Riomuíños tras ser obxecto de pintadas tamén denunciadas por C21, respostou que “intentaría corrixilo”, resposta que, (segundo os liberais), demostra que: “O Sr. Titular de Patrimonio non coñecía o resultado do traballo por falta de supervisión e nos preguntamos si se solicitou o pertinente permiso a Patrimonio na Xunta, dado que se trata dun ben catalogado e a limpeza non pode ser realizada cun método agresivo, sen planificación nin avaliación por parte dun experto”.
Os Liberais de Tui recordan que procedementos agresivos como un chorreado a presión poden ser causa de grave deterioro ou mesmo da destrución do ben cultural.
    

Tui acollerá neste mes de outubro tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”
Tui. Venres, 2 de outubro de 2020. Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”. Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF.
O programa “Cultivando Igualdade” ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.
Nos tres Obradoiro traballarase con mulleres na prevención da violencia de xénero,  identificando que é, como se manifesta, como actuar ante ela e fomentando o empoderamento.
Os obradoiros terá lugar os mércores 14, 21 e 28 de outubro ás 18h a 19.30 h na Área Panorámica de Tui. Celebrarase con grupos reducidos cumprindo todos os protocolos de seguridade establecidos debido á COVID19.
As mulleres interesadas poden inscribirse até o dia 12 de outubro no correo electrónico igualdade@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49.
      
Tui rexistra 21 casos activos por COVID 19
Tui. Venres, 2 de outubro de 2020. O número de casos activos por covid-19 en Tui ascende nesta xornada a 21 persoas. Está é a cifra dada a coñecer no día de hoxe ao alcalde de Tui.  Experimentouse un descenso no número de persoas afectadas de coronavirus dos 31 que se rexistraron o luns aos 21 da xornada de hoxe.
Dende o concello de Tui, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente este descenso rexistrado no número de persoas con coronavirus, pero fai un chamamento á poboación a non baixar a garda e seguir respectando as normas establecidas para facer fronte á covid-19.
      
O martes 13 comeza a segunda edición de “Cultiva a Mente”
Tui. Venres, 2 de outubro de 2020. O próximo martes, 13 de outubro, ponse en marcha a segunda edición do programa “Cultiva a Mente” froito da colaboración entre o Concello de Tui, a través do departamento de Servizos Sociais, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.
Na primeira edición deste programa “Cultiva a mente” participaron oitenta persoas. Debido ao confinamento os obradoiro tiveron que deixar de realizarse presencialmente aínda que durante estes meses realizouse un seguimento dos usuarios. Agora retómase de forma presencial os martes de 10 a 11.30 h en Caldelas, e de 12 a 13.30 h en Guillarei, os mércores de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis, e de 12 a 13.30 h en Areas, e os venres de 10 a 11.30 h en Rebordáns. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca descentralizar este servizo e achegalo á cidadanía.
Durante hora e media á semana as persoas inscritas realizarán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.
Os grupos en cada unha destas parroquias están completos pero estase a confeccionar lista de agarda para cubrir as prazas vacantes que se poidan rexistrar. Por iso as persoas interesadas poden cubrir o impreso de solicitude, accesible en tui.gal, e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello.
     
Club Badminton Tui
Tui, 01 de outubro de 2020. Este fin de semana volvemos a la competición con los sub13 y sub17.Será en el TTR Sub13 y Sub17 - CER VIGO el sábado día 3.
Hasta allí se desplazarán 8 de nuestros deportistas que competirán en categorías individual y dobles.
Serán en Sub 13: Lia Salvado y Roque Fernández,
y en sub 17: Sonia Navas, Jessica Santos, Daniela Sanz, Andrea Pérez, Bruno Fernández y Miguel González.
El torneo se disputará sin público y bajo unas estrictas medidas de seguridad Covid, pudiendo entrar a las instalaciones tan solo deportistas y técnicos.

“O Camiño do humor” con viñetas de Dávila dáse cita na Sala Municipal de Exposicións de Tui
Tui. Mércores, 30 de setembro de 2020. A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle desde este venres día 2 ata o 24 de outubro unha exposición de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila (Bueu, 1972). Baixo a denominación de “O Camiño do humor” mostra una escolma das viñetas que Davila publica cada día no xornal “Faro de Vigo”. Esta mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
“O camiño do humor” é unha exposición que presenta unha recompilación das mellores viñetas do artista galego Luís Davila. Unha peregrinación polas súas mellores ilustracións, con personaxes tan entrañables como “Doura a rozadora” e “Tucho”, entre outros. Na mesma amosarase parte da extensa traxectoria e valía do debuxante. Davila é xa un mestre en facernos rir e pensar cos seus debuxos, herdeiro de grandes artistas como Siro ou Xaquín Marín.
A mostra está organizada de maneira temática baixo epígrafes como Xente de aquí, Na leira, O bicherío, Tecnoloxía, O tempo, O turismo ou O Camiño de Santiago, etc. En conxunto, ofrece un completo percorrido pola obra de Davila a través dunha antoloxía das súas viñetas máis destacables.
Con esta nova mostra a concellería de Cultura tudense, que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, continúa apostando por ofrecer á veciñanza unha programación diversificada e de calidade nesta Sala Municipal de Exposicións. Para a concelleira esta nova exposición é unha oportunidade de achegarse a esta mostra dun humor que tamén nos fai reflexionar sobre a actualidade con moita retranca. A mostra forma parte do programa de actividades do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui.
Regreso al contenido