Tui, marzo 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui, marzo 2021

Arquivo 2021
O luns de San Telmo entregaranse os Premios Cidade de Tui a Silverio Rivas, a Alberto Estévez Piña e á Residencia San Telmo
Tui, 31 de marzo de 2021. O Concello de Tui presentou esta mañá o programa de actividades de San Telmo a celebrar dende o mércores 7 de abril até o luns 12 de abril, festividade de San Telmo e festivo local en Tui.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, foron os encargados de dar a coñecer a programación elaborada.
Ambos lembraron coma o ano pasado a situación epidemiolóxica obrigou a celebrar un San Telmo virtual. Sinalaron que na proposta de actividades para este ano conxúgase o cumprimento das medidas sanitarias   co feito de sacar adiante unha intensa axenda cultural para estes sete días.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba coma novidade a entrega dos Premios Cidade de Tui, nun acto institucional que se celebrará o luns, 12 de abril, ás 13 h no Teatro Municipal. O rexedor tudense explicou, esta mañá, que era unha vella aspiración do equipo de goberno poder levar a cabo este recoñecemento de forma institucional “para todas as persoas e colectivos que traballaron e fixeron deste concello o que é”.  Os galardoados serán o escultor Silverio Rivás, a título póstumo Alberto Estévez Piña, e coma colectivo a Residencia San Telmo.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba que “é unha programación pensada para que as xentes de Tui poidan disfrutar duns días de agasallo cultural e de lecer”, destacando que “a cultura é segura”.  Repasou polo miúdo a oferta prevista que se estruturará en pasarrúas, actuacións na carpa que se situará no Paseo da Corredoira, e no Teatro Municipal.
O próximo luns, 5 de abril, ás 20 h en tui.gal habilitarase a reserva gratuíta de entrada para todos os espectáculos previstos tanto na carpa na Corredoira coma no Teatro Municipal de Tui. Poderanse reservar un máximo de dúas localidades por persoa.
As actividades previstas encherán as rúas de cor coas actuación de Asacocico. Barafunda, Pista Castro, Fantoches Baj e Troula Animación. Cada xornada dende o martes 7 ao luns 12 haberá dous pases ás 17 h e ás 19 h.
Mentres na carpa situada no Paseo da Corredoira, con capacidade para 120 persoas, actuarán cada xornada ás 18 h Pista Catro con “Lila Star”; Paco Nogueiras con “Brinca Vai”; Circo Chosco con “Riscando o ceo”; Fran Rei con “O Superheroe”; o Mago Teto con “Novas Tolemaxias”; e Uxía Lambona e a Banda Molona.
O Teatro Municipal será o escenario da cita prevista cada día ás 20 h cun aforo de 180 persoas. O mércores 7 proxectarase a película “Ons” e o xoves 8 Butaca Zero representará  a obra teatral “32m2”. Na fin de semana a música será a protagonista co concerto “Retornos” de Andrea Pousa o venres, coa presentación de “Déixaas” de Mercedes Peón o sábado; e con Víctor Coyote co seu último traballo “Las Comarcales” o domingo.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o concerto de peche desta programación de actividades de San Telmo o luns ás 20 h no Teatro Municipal. E previamente na carpa situada no Paseo da Corredoira actuará, ás 12 h, as sección de vento madeira o sábado, vento metal o domingo e os grupos de cámara o luns.  
Non faltarán nesta cita as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos que farán un pasarrúas no Paseo da Corredoira ás 13 h do sábado e domingo, respectivamente.
Amais dende o martes 7 ao luns 12 poderase visitar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.
Programación de Actividades de San Telmo 2021
Do 7 ao 12 de abril
·         Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”
Mércores 7
·         Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
·         Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PISTA CATRO “Lila Star”
·         Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
·         Ás 20 h no Teatro Municipal CINEMA “Ons”
Xoves 8
·         Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
·         Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”
·         Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
·         Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2
Venres 9
·         Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
·         Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira CIRCO CHOSCO “Riscando o Ceo”
·         Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
·         Ás 20 h no Teatro Municipal ANDREA POUSA “Retornos”
Sábado 10
·         Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento madeira da Banda de Música Popular de Tui
·         Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs Charanga A TU RITMO
·         Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
·         Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira FRAN REI “Superheroe”
·         Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
·         Ás 20 h no Teatro Municipal MERCEDES PEÓN “Déixaas”
Domingo 11
·         Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento metal da Banda de Música Popular de Tui
·         Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs  Charanga CANTOS SOMOS
·         Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
·         Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira MAGO TETO “Novas Tolemaxias”
·         Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs  TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
·         Ás 20 h no Teatro Municipal VICTOR COYOTE “Las Comarcales”
Luns 12
·         Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Grupos de Cámara da Banda de Música Popular de Tui
·         Ás 13 h no Teatro Municipal Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui
·         Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
·         Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
·         Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
·         Ás 20 h no Teatro Municipal BANDA MUSICA POPULAR DE TUI
Notas
·         Na Carpa no Paseo da Corredoira capacidade limitada a 120 cadeiras
·         No Teatro Municipal de Tui capacidade limitada a 180 butacas
·         Reserva de entradas en tui.gal dende o luns, 5 de abril, ás 20 h. Máximo 2 entradas por persoa. O acceso ao espectáculo permitirase dende 30 minutos antes do inicio. As entradas non validades 10 minutos antes do comezo poderán ser reasignadas.
·         No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais.
 

Resultados fin de semana del Clubn Badminton
Tui, 29 de marzo de 2021. Este fin de semana vivimos dos largas jornadas de bádminton, el sábado en Vigo y el domingo en Ponteareas, pero contentos porque hemos podido volver a la competición y disfrutar de nuestro deporte.
La jornada del sábado, fue en el TTR Sub 13-Sub17 de Vigo organizado por el CER Vigo, en el que pese a no lograr subir al podium, aunque estuvimos cerca, nos quedamos con el buen juego desarrollado por los jugadores /as.
El domingo, nos desplazamos a Ponteareas donde participamos en el TTR Sub 11 y Abs, del que si regresamos con muy buenos resultados, destacando muy especialmente a nuestros deportistas más pequeños, los sub 11, que parece van por buen camino. En este torneo estos fueron los resultados:
En Categoría Absoluta:
Bronce para Fabi Barreiro y Jessica Santos en Dobles Mixtos
Cuarto puesto para Daniela Sanz y Patricia Quevedo (CER Vigo)
En Categoría Sub11 podium en todas las categorías:
Oro para Martín Gándara y Xoél Álvarez (As Neves) en Doble masculino
Plata para Iago Díaz-Fierros y Mikel Martínez en Doble masculino
Plata para Mariña García y Alexia Pérez en Doble femenino
Bronce para Mariña García y Mikel Martínez en Doble mixto
Bronce para Martín Gándara y Alexia Pérez en Doble mixto
Bronce para Martín Gándara en individual masculino
Bronce para Mariña García individual femenino
Bronce para Alexia Pérez individual femenino
 

Converxencia 21 lamenta a exclusión dos comerciantes ambulantes das axudas para paliar os efectos económicos do COVID
O Rosal, 27 de marzo de 2021. O voceiro do partido centrista liberal, José Palacín, ven de lamentarse de que as axudas expendidas polo Concello de Tui, con cargo a remanente e que foron aprobadas neste Pleno de marzo, non se estenderan, ademais de ao comercio e a hostalería, ao colectivo de comerciantes ambulantes, debido a que é un dos sectores máis afectados por esta situación pandémica.
Esta liña de axudas ao comercio e a hostalería parte dunha moción presentada por C21 no Pleno Ordinario de xaneiro para que tódolos grupos se puxeran a estudar este rescate. E en dita moción se incluía tamén ao comercio ambulante porque os liberais entenden que sofren un dobre handicap: primeiro, a situación de restricións e crise, e segundo, a conxuntura negativa do traslado do Mercadillo do Xoves a periferia da cidade.    
Palacín explica que: “non se lle pode esixir ao comercio ambulante tanto sacrificio en aras da saúde pública do Concello e que logo non participe das axudas desta administración”, por iso considera indispensable que cara ao seguinte Pleno o Goberno Local corrixa esta deficiencia e habilite cantidades, coas súas bases específicas, destinadas a estes traballadores.    
 

O concello de Tui constrúe novos vestiarios na nave municipal de Guillarei co apoio da Deputación
Tui, 25 de marzo de 2021. O persoal que traballa dende a nave municipal de Guillarei, no Concello de Tui, vén de ver mellorado este espazo tras un investimento de máis de 60.200 euros que serviu para realizar un acondicionamento interior e a reforma integral dos vestiarios-aseos. As obras foron visitadas hoxe polo deputado de Cooperación, Santos Héctor, acompañado polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez.
Corrixiuse así unha situación que preocupaba ao Concello toda vez que a empresa que avalía os riscos laborais viña reclamando que se actuara nestas instalacións para optimizar as súas condicións de habitabilidade e uso. Os novos vestiarios e aseos comezarán a utilizarse de inmediato tanto polos traballadores/as do cadro de persoal do Concello, como polo persoal temporal que reforza os servizos de Obras e Limpeza no marco da Liña 3 do Plan Concellos da Deputación ou os contratados temporais procedentes da Renda de Integración Social de Galicia (Risga).
Santos Héctor subliñou que estes vestiarios estaban en malas condicións tras décadas de uso intensivo sen un adecuado mantemento, polo que cualificou o investimento como “cartos moi ben investidos”. “A obra quedou espectacular”, engadiu, “e solucionouse un grave  problema que preocupaba á Alcaldía”. Santos Héctor apuntou que habilitáronse dous vestiarios que permitirán, en función das circunstancias do servizo, dispoñer dun espazo feminino. Ademais elimináronse barreiras arquitectónicas para adaptar as instalacións ás persoas con diversidade funcional. O deputado provincial rematou facendo fincapé na flexibilidade que proporciona o Plan Concellos para abordar todo tipo de necesidades municipais: “neste caso, os cartos que achega a Deputación serviron para dignificar a vida de traballadoras e traballadores”.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, recalcou o seu compromiso coas condicións laborais do persoal municipal de Obras e Servizos e amosouse feliz de poder dar un paso máis cara á mellora do seu centro de traballo. Lembrou Cabaleiro que durante moitísimos anos os/as operarios/as tiveron que soportar unha forte precariedade, “non só pola relación laboral, que seguimos corrixindo, senón pola situación deste ámbito onde realizan as súas actividades, que era impropio dunha Administración moderna”. O rexedor expresou o seu agradecemento á Deputación “por permitirnos cumprir con este obxectivo de dignidade laboral” e así destacou que a Deputación xa financiou as obras  de cambio da cuberta na nave, retirando as vellas láminas con amianto, cun investimento doutros 70.000 euros, e tamén financiou a modernización da antiga caldeira e depósito de gasoil. “O compromiso da Deputación con Tui, non dá lugar a dúbidas”, remarcou.
As obras transformaron algo máis de 70 metros cadrados do semisoto da nave de Guillarei, dándolle unha nova vida tamén a unha zona infrautilizada. A nave dispón agora dun vestiario grande e outro pequeno que serán utilizados, en función das necesidades. Ata o de agora todo o espazo presentaba un progresivo deterioro por mor das humidades nas paredes, solo desgastado, carpintarías rotas, instalacións sanitarias esgotadas e defectos en útiles como espellos, dispensadores de xabón, etcétera. Ademais nesta mesma zona había un pequeno arquivo que foi trasladado ao Centro de Formación para gañar espazo. Os traballos permitiron solucionar todos estes problemas e dotar aos vestiarios de modernas duchas e tamén extractores para mellorar a ventilación. Ademais disto construíuse un falso teito de escaiola, cambiouse a instalación eléctrica e anuláronse unhas escaleiras interiores.
Dende o ano 2015, a Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 9,3millóns de euros en Tui, que permitiron decenas de obras, fundamentalmente, ao amparo do Plan Concellos de financiamento regrado aos municipios de menos de 50.000 habitantes. Para reestruturaren o núcleo de Paramos, Tui beneficiouse, ademais, dun proxecto extraordinario, dentro do Plan DepoRemse, de mellora da seguridade nos viarios municipais, cunha asignación de 424.000 euros. O Concello tudense contratou tamén a preto de 115 persoas desempregadas para traballar temporalmente nos servizos municipais con cargo á Liña 3 do Plan Concellos.
   
Nos próximos días comezarán as obras de acondicionamento dunha ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro
Tui, 25 de marzo de 2021. Nos próximos días darán comezo as obras de acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro. O Concello de Tui adxudicou as obras por importe de 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación.
A actuación proxectada abranguerá case 1,5 quilómetros dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404.  Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.
O proxecto a executar consiste no acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista no marxe esquerdo co obxectivo de acondicionar e mellorar a ruta existente. Por unha banda contémplase a substitución do actual bordillo de separación entre a calzada e a zona peonil e ciclista por un elemento continúo e sen aristas vivas. Deste xeito mellorarase a seguridade xa que o actual sistema supón certo risco para os usuarios ao presentar aristas vivas e separación entre pezas.
Por outra parte co obxectivo de mellorar a seguridade vial os pasos de peóns existentes serán substituídos por outros elevados e con iluminación intelixente para facilitar a súa percepción polos vehículos. Amais crearase un novo que facilitará o tránsito cara á praia de Areeiros.  Tamén serán colocados redutores de velocidade.
A actuación a realizar contempla a creación de zonas de descanso e sombra. Para iso incrementarase o número e superficie dos alcorques onde se plantará hedra para aportar sombra.  Crearase un banco de formigón corrido con superficie de ladrillo cerámico de cor vermello.  A zona delimitarase cunha pérgola metálica con iluminación led empotrada nos perfís superiores, para lograr así a iluminación indirecta do lugar.
   
O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui é un colexio Eramus+
Tui, 25 de marzo de 2021. O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui participa dende o curso 2018 no Programa Europeo Eramus+  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”.
Durante os dous cursos pasados e a ampliación excepcional, concedida durante este curso 20-21, derivada da situación epidemiolóxica Covid-19, o noso centro levou a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar que  lle deu a oportunidade de internacionalizarse, cooperar, desenvolver accións de innovación educativa e realizar intercambio de boas prácticas cos outros cinco colexios europeos que colaboraron no mesmo proxecto.
Os colexios cos que seguimos a traballar e colaborar son :
·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto.
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).
·         CEIP Nº2 de Tui.
Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que nos está a permitir impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servicio Español para a internacionalización da Educación) está a ser a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+  do noso centro.
Este curso de ampliación do proxecto moi excepcional e con peculiaridades especiais estamos afianzando todo aquilo que quedou pendente do curso pasado.
O Proxecto Erasmus+ “Promovendo un estilo de vida sa saudable e feliz” abordou tres grandes bloques de contidos, que nos gustaría que asenten as  bases fundamentes dunha vida plena para o noso alumnado:
·         Vida sá: Alimentación sa e saudable. (Curso 18/19)
·         Vida saudable: unha vida activa e deportiva. (Curso 19/20)
·         Vida Feliz: unha mente sa e feliz coa xestión adecuada das emocións para unha boa saúde mental. (Curso 20-21)
Durante o curso 18-19 o traballo centrouse na conciencia de unha vida activa e deportiva como base de saúde. A Milla diaria na escola, a actividade deportiva do centro e dos clubs do concello,  a actividade deportiva con Agrudebam na competición escolar, as actividades no medio natural: Aloiada, Tui en Ruta, Ruta en Patinete, Camiño de Santiago, Ruta do Río Lagartón, Navegando polo Miño... e as actividades lúdicas en familia posibilitaron moi bos resultados a este nivel.
No curso 19-20 o eixe do curso foi a alimentación sa e saudable, co funcionamento do Restaurante de Lúa, a horta escolar, a conciencia da reutilización e reciclaxe de residuos, os programas Voz Natura e Aliméntate ben, a difusión na biblioteca escolar e traballos de todos os equipos docentes, xunto a labor incansable das familias durante o confinamento foi excepcional.
Neste curso 20-21 estamos a centrar o esforzo no “Mindfulness” onde a nosa comunidade educativa, poida gozar dunha vida plena e feliz, tomando conciencia da importancia da boa xestión emocional. Estase a levar a cabo formación para o profesorado neste senso e facilitando ao alumnado e ás familias recursos para acadalo.
Evento conxuntos de formación para o alumnado en Torrevieja ( Alicante ). Este evento terá lugar os vindeiros mércores 14, xoves 15 e venres 16 de abril de 2021. Esta viaxe estaba prevista para o curso pasado onde o alumnado de 6º de Ed. Primaria da nosa escola, tiña previsto viaxar a Torrevieja para participar neste evento conxunto de formación de alumnado xunto ao alumnado do Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia) e o alumnado do CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España). Nos vindeiros días e de xeito virtual o noso alumnado compartirá actividades conxuntas de formación relacionadas coa alimentación sa e saudable, a actividade deportiva e vida activa e o Mindfulness e a Atención plena para unha vida feliz.
Evento conxunto de formación para o alumnado en Tui. Terá lugar no mes de xuño de 2021 e o alumnado que viaxará virtualmente ata a nosa cidade será o do CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España) e o do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). Esta será a derradeira actividade do proxecto que rematará este curso.
O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Temos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas  e colaboradoras.
Así mesmo, agradecemos a colaboración de todos os medios de comunicación que nos van permitir facer eco da relevancia que ten o fomento da conciencia  dunha vida sa, saudable e feliz na nosa comunidade educativa, na nosa cidade e no noso entorno e moito máis agora, coa situación de pandemia que estamos a vivir.
   

O Concello de Tui humanizará a travesía de San Domingos destacando o seu patrimonio histórico coma a vía romana
Tui, 24 de marzo de 2021.  O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos.
O anteproxecto redactado conta cos informes de viabilidade de sectoriais favorables, incluído o de Cultura que está condicionado á realización de catas para a elaboración do proxecto final e inicio das obras.  Precisamente o pleno ordinario deste xoves, 25 de marzo, irá a dotación do crédito preciso para realizar as catas arqueolóxicas, necesarias para poder avanzar co proxecto.
A actuación prevista contempla o acondicionamento e mellora do actual pavimento da travesía, así coma o soterramento dos subministros e renovación da rede de saneamento. Ao tempo mellorarase a recollida superficial de augas pluviais, protexendo os accesos existentes ás vivendas e parcelas.
Tamén se persegue a recuperación patrimonial desta vía coa restauración dos restos da vía romana dos que se ten constancia e dos que poidan aparecer nas catas arqueolóxicas.
Por outra parte a humanización deste percorrido plantexa a mellora da iluminación existente. Instalaranse elementos singulares coa sinalización de puntos de interese coma un panel informativo con iluminación sobre a vía romana e o  Camiño de Santiago. Nun fito con luminaria recollerase un esquema da evolución urbanística da cidade. Xerarase unha zona de estar con chapa de aceiro corten emulando a sillería tradicional do muro ao que se encostará, con bancos e sistema guía para enredadeiras. Crearase tamén unha barreira verde visual , con plantas trepadoras sobre chapas perforadas, para vestir elementos en mal estado e crear unha nova zona de estar para peóns. Tamén se prevé a creación dun xardíns vertical e horizontal que ocultará a baixante pegada ao muro de pedra.
 
Convocatoira de Pleno Ordinario en Tui
Tui, 24 de marzo de 2021. A sesión plenaria celebrarase a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación da acta da sesión anterior nº 1 de 28/01/2021
2º.- Expediente 133/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de data 29/01/2021, de bonificación de ICIO a solicitude de obra de afectado pola explosión de Paramos.
3º.- Expediente 462/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira Delegada de Facenda, de data 15/03/2021, de aprobación de expediente de Modificación de Créditos 5/2021 – Crédito extraordinario 1/2021, financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
4º.- Expediente 328/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira Delegada de Facenda, de data 15/03/2021, de aprobación de expediente número 1/2021 de recoñecemento extraxudicial de créditos
5º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Alcaldía de data 15/03/2021, relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui
6º.- Expediente 2313/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira delegada de Facenda de data 15/03/2021 sobre Aprobación definitiva do Orzamento xeral 2021
7º.- Expediente 414/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 05/03/2021 sobre delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL da fase instrutora do procedemento sancionador nas multas de tráfico
8º.- Expediente 2569/2018. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/03/2021, de necesidade de ocupación de parte da parcela 36055A047001200000UA pertencente a KIWI ESPAÑA S.A. segundo consta no proxecto de "Pasarela peatonal en la desembocadura del río Louro. TM de Tui (Pontevedra)"
9º.- Expediente 366/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 18/03/2021 sobre recursos de reposición contra acordo do Pleno de data 30/07/2020 de aprobación definitiva do Inventario de vías e camiños municipais do Concello de Tui
10º.- Exp. 2165/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 18/03/2021 sobre levantamento de reparo do Informe 22/2021 emitido pola intervención. SUBVENCIÓNS PARAMOS.
11º.- Expediente 1493/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1493/2019
12º.- Expediente 1450/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1450/19
13º.- Expediente 1420/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1420/19
4º.- Expediente 1491/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1491/19
15º.- Expediente 1495/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1495/19
16º.- Expediente 2165/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp 2165/19
17º.- Expediente 1718/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1718/19
18º.- Expediente 1496/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1496/19
19º.- Expediente 1490/2019. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta de Alcadía de data 18/03/2021 sobre reaxuste de anualidades de axuda para reparación de danos en vivendas da denominada zona cero ubicada no barrio da Torre, Paramos, exp. 1490/19
20º.- Mocións de urxencia
B) –Actividade de control:
21º.- Expediente 233/2021. Dación de conta de Información execución trimestral 1º trimestre exercicio 2020. Comunicación información LO 2/2012
22º.- Expediente 234/2021. Dación de conta Información execución trimestral 2º trimestre exercicio 2020. Comunicación información LO 2/2012
23º.- Expediente 235/2021. Dación de conta Información execución trimestral 3º trimestre exercicio 2020. Comunicación información LO 2/2012
24º.- Expediente 236/2021. Dación de conta Información execución trimestral 4º trimestre exercicio 2020. Comunicación información LO 2/2012
25º.- Expediente 500/2021. Dación de conta Información morosidad - PMP 1º Trimestre 2020.
26º.- Expediente 501/2021. Dación de conta Información morosidad - PMP 2º Trimestre 2020.
27º.- Expediente 502/2021. Dación de conta Información morosidad - PMP 3º Trimestre 2020.
28º.- Expediente 503/2021. Dación de conta Información morosidad - PMP 4º Trimestre 2020.
29º.- Dación de conta de Resolucións da nº 56 de 25/01/2021 á nº 304 de 18/03/2021
C).- Rogos e preguntas:
30º.- Rogos e preguntas.
  
Moción que presenta o grupo municipal do Partido Popular no concello de Tui sobre a iluminación ornamental e ampliación das pasarelas peonís na vella ponte internacional
O Grupo Municipal do Partdo Popular no Concello de Tui, conforme ao previsto no artgo 97.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entdades Locais, desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A cidade de Tui e o municipio de Valença do Minho están ligadas íntmamente, dende hai séculos e froito desta unión entre ambos municipios foi creada o 10 de Febreiro de 2.012 a Eurocidade Valença-Tui .
Sobre o Río Miño atópase a Vella Ponte Internacional que a día de hoxe, despois de 135 anos dende a súa inauguración (foi inaugurada ofcialmente ao 25 de Marzo do ano 1886) serve para ao tránsito de persoas, vehículos e ferrocarrís. Destacamos nesta moción ao tránsito de persoas debido o feito que esta Ponte Internacional sexa tamén ao acceso a España dendePortugal do Camiño de Santago Portugués.
A pesar de ser unha construción tan signifcatva e importante, a día de hoxe non dispón da dotación merecida en canto a iluminación se refre. Actualmente a iluminación que posúe a Vella Ponte Internacional basease únicamente no alumeado da propia da calzada por onde pasan os vehículos. Trátase dunha iluminación con tecnoloxía fluorescente antcuada e pouco efciente, non é acorde co respeto polo medio ambiente e a efciencia enerxétca.
A Vella Ponte carece dun alumeado ornamental que promova ao ensalzamento tanto da súa estructura metálica como dos seus pilares de pedra. O que preténdese nesta moción é a posta en valor da fgura da Ponte Internacional, que sexa unha icona referencial dende o punto de vista arquitectónico, patrimonial e turístco.
A Ponte metálica é tamén o símbolo da unión entre Valença e Tui e da contnuidade entre ambas cidades, a Ponte é o elemento que facilita a permeabilidade entre Valença e Tui. Neste sentdo cómpre estudar a viabilidade dunha intervención que facilite e mellore a comunicación entre as dúas localidades e deste modo incrementar a súa cohesión social. Neste sentdo cómpre analizar na vella Ponte Internacional unha posible ampliación das pasarelas peonís a ambos lados da ponte para facilitar o paso dun maior número de persoas, tanto peóns como ciclistas, que cruzan esta Ponte Internacional. Son moitos os turistas que poderían usar estas pasarelas para cruzar dun país a outro a maiores dos cidadáns da Eurocidade Valença-Tui debido a que esta estrutura pode ser considerada unha rúa máis desta Eurocidade. Unhas pasarelas peonís necesarias para un funcionamento con seguridade do servizo de bicicletas compartdas que vai poñer en marcha a Eurocidade Valença – Tui e que tamén facilitará a comunicación entre as redes de sendeiros peonís a ambos lados do río Miño.
En consecuencia, o Grupo Municipal do Partdo Popular solicita ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDO:
Solicitar por parte da Corporación do Concello de Tui xunto coa Cámara Municipal de Valenca ás autoridades competentes, tanto portuguesas como españolas a redacción dos estudos e proxectos necesarios para a iluminación ornamental da Ponte Internacional sobre o Miño e a mellora e ampliación das pasarelas peonís para facilitar a mobilidade entre Valença e Tui promovendo a cohesión social e a potencialidade turístca da eurocidade.
 

O Concello de Tui avanza cara a apertura da rúa Ourense en sentido norte
Tui, 23 de marzo de 2021. O Concello de Tui continúa a avanzar na tramitación de cara á apertura da rúa Ourense en sentido norte co que poder completar o vial dende a Avenida da Concordia até a rúa Maristas, e dende aí enlazar co actual traxecto até a rúa Colón.
En concreto, tras a súa aprobación, arestora está en exposición pública, no portal de transparencia do Concello, o proxecto de ocupación directa dos terreos afectados, que xa no Plan Xeral aparecen así recollidos. Con esta técnica urbanística os propietarios destes terreos verán recoñecida a edificabilidade dos seus terreos unha vez se desenvolva este polígono de solo.  A apertura do vial afecta a un total de sete parcelas, das que seis corresponden a propiedades privadas, e unha a dominio público do viario municipal. Das parcelas privadas cinco veranse afectadas totalmente. Nas mesmas sitúanse 3 vivendas,  de 119 anos, en situación legal antes da aprobación do PXOM actual, que quedan afectadas polo trazado do vial que se pretende ampliar, e que ao ser incompatibles coa desenvolvemento do sector procederase  a súa demolición.
Por outra parte o departamento Urbanismo está articular un convenio que posibilitará a cesión do coñecido coma Hórreo Patazumba, que está catalogado, e que permitirá o seu emprazamento, previa autorización de Patrimonio, nas inmediacións das rúa Ourense, preservando este elemento patrimonial no seu entorno.
O futuro vial terá un ancho de 21 metros e enlazará coa rúa Ourense e a Avenida da Concordia.
  
O Museo de Pontevedra métese nunha ‘Maleta viaxeira’ para dar a coñecer os seus fondos e difundir o ‘espírito Xacobeo’ polo camiño portugués
Tui, 23 de marzo de 2021. O Museo de Pontevedra vai converterse nun ‘museo itinerante’ que seguirá o Camiño Portugués mediante a iniciativa ‘O Museo en Camiño’, un programa didáctico que pretende difundir os valores da ruta milenaria e o ‘universo xacobeo’ así como o patrimonio atesourado pola institución provincial entre nenos de dez poboacións da ruta portuguesa a Santiago.
Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunhas ‘maletas viaxeiras’ con réplicas de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra ‘Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane, representacións escollidas por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.
O director do Museo Xosé  Manuel Rey explicou que para cumprir a súa función social os museos están obrigados a reinventarse e deseñar iniciativas como esta que lle permiten achegarse a novos públicos tanto por orixe como por idade . “É un proxecto que axuda a entender o Camiño como eixo que articula a dimensión cultural da ruta xacobea e a propia colección do Museo como parte significativa deste legado”, destacou, ao tempo que lembrou que moitas dos rapaces que participarán nos obradoiros (de entre 6 e 12 anos) aínda non viviron un Ano Xacobeo e descoñecen o sentido e a significación plena do Camiño.  
Pola súa banda, a comisaria do Xacobeo 2021 Cecilia Pereira, destacou que este proxecto pretende dinamizar o Camiño de Santiago e poñer en valor o patrimonio cultural axustándose ao que a Xunta quería facer cando deseñou o programa de axudas ‘O teu Xacobeo’: implicar a todos os colectivos, institucións, fundacións, empresas no desenvolvemento do Xacobeo. Insistiu en que son moitos os galegos, a pesares de que hai 139 concellos atravesadas polas dez rutas xacobeas, que non coñecen todo o valor patrimonial tanto material como inmaterial que ten o Camiño, polo que iniciativas como a desenvolvida co Museo son positivas.
Pereira subliñou que “o Xacobeo está aí” e que “temos a sorte de que non sexa só este ano 2021, senón que continúa en 2022”. Destacou que a Xunta está agardando posibilidades de maior mobilidade e de aumentar aforos para levar iniciativas adiante: “Este proxecto tivo que agardar, pero agora coas recomendacións sanitarias vaise levar adiante. Sentimos que precisamos voltar á acción”, finalizou.
Pola súa banda África Martínez, integrante de Taller Abierto –que realizará os obradoiros xunto a ‘Paspallás’- afondou nos detalles da iniciativa. Explicou que a maleta-museo portátil vai viaxar a Tui, Ribadelouro, Redondela, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas, Valga e Pontecesures e Padrón durante os meses de abril, maio e xuño para traballar con nenos de Primaria (de 6 a 12 anos) en obradoiros de carácter plástico e creativo. Indicou que, ademais, está programada unha exposición no Museo de Pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.
A inscrición debe formalizarse por medio do teléfono ou correo electrónico do equipo dinamizador, ata completar aforo dándolle prioridade á cativada das localidades de destino. Cada sesión terá unha duración de dúas horas e realizarase os xoves e venres pola tarde ou sábados pola mañá, estando aínda por pechar as datas definitivas.
O Museo en Camiño
Desde moi lonxe no tempo o Camiño de Santiago foi a ruta máis antiga e concorrida do continente europeo. Durante séculos, compartiu xunto a Roma e Xerusalén o atractivo para os camiñantes. Sen embargo, Compostela foi o único emprazamento que consolidou facer un camiño, é dicir, unha ruta estable que foi e segue sendo vía de difusión cultural e de encontro de xentes de todas as partes do mundo.
O último Ano Xacobeo celebrouse no ano 2010. Case unha década despois, hai unha nova xeración de nenas e nenos que non coñecen o Camiño e un numeroso grupo de xente nova que apenas tivo contacto coas manifestacións culturais que emanan do mesmo. Por outra banda, parte da cidadanía aínda percibe o Camiño como algo alleo que só desfrutan os que chegan a Galicia en busca dunha experiencia turística.
 

Exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella ponte internacional Tui-Valença
Tui. Luns, 22 de marzo de 2021. O Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A  mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.  A exposición, que recupera material dunha anterior exposición,  realiza un percorrido polo proceso de deseño e construción da Ponte Internacional sobre o río Miño. Tamén se amosa unha maqueta da ponte unindo as dúas cidades integran a mostra. Poderá visitarse até o 4 de abril, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.
O 25 de marzo de 1886 tivo lugar o solemne acto de inauguración oficial da Ponte Internacional de Tui, cun acto que consistiu no encontro das locomotoras Valença  e Alfonso XII reunindo, segundo as crónicas xornalísticas da época, preto de 20.000 persoas en ambas ribeiras do Miño.
Esta singular obra foi deseñada polo enxeñeiro español Pelayo Mancebo Agreda combinando os piares graníticos, procedentes das canteiras de Guillarei, coa celosía metálica que define a estrutura desta singular obra, realizada pola empresa belga, con presenza en Portugal, “Braine la Compte”.
Na vista a exposición podemos achegarnos ao proceso de acordo entre os gobernos de España e Portugal, ao deseño por Pelayo Mancebo, ao proceso de construción dirixido polos enxeñeiros Eugène Rolin e o seu irmá Ernest, que axiña foi substituído por Auguste Cazaux, xunto ao enxeñeiro inspector, o galego Andrés Castro Teijeiro.
A ponte metálica sobre o Miño, integrada por cinco tramos de ferro que alcanzan unha luz de 330 m, é un dos exemplos sobranceiros do patrimonio industrial de Galicia. Pero esta Ponte posúe tamén un alto valor simbólico como imaxe das relacións entre Galicia e Portugal ao tempo que expresa a entrañable unión de Valença e Tui que grazas á comunicación que posibilita converta a estas cidades miñotas nun único espazo cidadán, cunha continuidade urbana que resulta un exemplo único en toda a fronteira hispano-lusa.
Para a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, esta exposición, mais aló da súa modestia de montaxe, contribúe a afondar nas estreitas relación que a ponte posibilita entre Valença e Tui, interrompidas na actualidade polo peche da fronteira provocado pola pandemia que todos agardamos axiña poidamos superar para recuperar a comunicación intensa que acolle esta ponte centenaria.
    
O salón de sesións conta con novo sistema de megafonía grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos
Tui. Luns, 22 de marzo de 2021. O salón de sesións da casa do concello conta cun novo sistema de megafonía co que se mellorou a sonorización deste espazo. A adquisición deste novo equipamento, cun investimento de 6.509,80€, IVE incluído, de  fíxose con cargo á baixa na adxudicación no Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019 da Deputación Provincial de Pontevedra do investimento "Elaboración de Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do Concello de Tui". PC 2018-2019/Anualidade 2018.- ".
O novo sistema, que está xa operativo, vén substituír o anterior equipo con que contaba o salón de sesión dende hai xa moitos.
Incrementouse o número de micrófonos dispoñibles até 10 postos. Amais instalouse un equipo con tomas para a conexión de liña. Isto por unha banda redunda no mellor son logrado no salón, tanto para os plenos coma para os distintos eventos que teñen lugar no mesmo, e por outra posibilita a conexión a través dunha toma de liña para por exemplo para os medios de comunicación cando acoden a cubrir un evento poder realizar as gravacións do son, ou nun futuro poder emitir por streaming as sesións plenarias.
   
A Oficina de Rehabilitación ofrece información e asesoramento sobre as axudas para a compra de vivenda no centro histórico convocadas polo IGVS
Tui. Luns, 22 de marzo de 2021. A Oficina de Rehabilitación do concello de Tui ofrece información e asesoramento sobre as axudas convocadas polo IGVS, Instituto Galego de Vivenda e Solo, para a compra de vivenda en centro históricos, entre eles o de Tui.
As bases e a convocatoria destas axudas publicáronse o pasado 15 de marzo no DOG nº 50.
Poden beneficiarse desta axudas as persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.
As axudas poden chegar até os 12.800 €, para as persoas menores de 35 anos, e até o 10.800€ para os maiores desta idade. En ambos casos non superarán o 20% do prezo da vivenda.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 1 de setembro deste ano, ou até esgotar o crédito destinado a estas achegas.
Entre os requisitos para poder optar a esta convocatoria están ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda. Tamén estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras. Amais a persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español.
As persoas interesadas, poden recoller un resumo e os impresos no Concello (rexistro) ou enviar un correo a ari@tui.gal.
 

Artesacía estrea “Illas Desertas” no Teatro Municipal de Tui
Tui, 20 de marzo de 2021. O Teatro Municipal de Tui acolle o martes 23 e o mércores 24 de marzo, ás 19.30 h,  a estrea de “Illas Desertas” da Compañía Escénica Transmédia Artesa Cía.
A obra está escrita e dirixida por Artesa Cía con textos de SebastIán Álvaro. Sobre o escenario estarán Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez. Contan coa colaboración tecnolóxica de Fura dels Baus.
“Illas Desertas” válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.
Os protagonistas desta historia convidan ao público, a través dos seus móbiles, a subirse a bordo dunha expedición cara unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?). Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se amosa outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.
As entradas poranse á venda o luns en tui.gal e poderán mercarse até o día da función hora e media antes do comezo. Os presos son 6 e 5€.
Previa a estrea a compañía está a realizar sete días de residencia no teatro tudense.
    
O parque infantil do Montiño obxecto de actos vandálicos ás poucas horas de rematar a súa reparación
Tui, 20 de marzo de 2021. O parque infantil situado no Montiño, en Rebordáns, foi obxecto de actos vandálicos as poucas horas de rematar a súa reparación.
O pasado martes, 16 de martes, ás 14 h a persoal municipal xunto á concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez, levaban a cabo unha última revisión das obras de reparación e reposición de elementos de xogos e do chan de herba artificial, comprobando que o remate das obras se axustaba ao previsto.
Esa mesma tarde, ás 18 h, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, achegouse tamén a estas instalacións e foi cando constatou que varios elementos do parque e mesmo o chan recen colocado, foran obxecto de actos vandálicos empregando un produto químico, concretamente un adhesivo industrial co que mancharon de xeito intencionado estes elementos.
O parque tivo que ser pechado, xa que ese producto impedía a utilización do mesmo, xa que mancha moito e por suposto pode ser tóxico se os nenos que poderían ir o parque o tocaran ou como parte dun xogo o meteran na boca.
Desde o concello de Tui amosan a súa preocupación por este ataque, claramente premeditado, e solicitan da veciñanza a súa colaboración para poder identificar os autores do mesmo.
 

MUMi - Músicas no Minho
Tui, 19 de marzo de 2021. O MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, có obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.
O MUMi - Músicas no Minho acontecerá nos días ​9, 10 e 11 de Setembro de 2021 na ​Eurocidade Tui - Valença​, mantendo as condicións para que as oportunidades e boas prácticas entre o sector da música en Portugal e Galiza se concreticen.
O encontro reunirá artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinérxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.
A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas da Galiza e Portugal, e unha feira sectorial coa presenza das empresas das diferentes áreas do sector.
Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que demostrará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para o público familiar e adulto.
 

A elite do piragüismo de Dinamarca adestrará nas próximas semanas en Tui
Tui, 18 de marzo de 2021. Tui volverá a ser sede dunha concentración de deportistas de alto nivel, esta vez de piragüismo. Dende este sábado, 20 de marzo, e até o 5 de abril, o equipo Dansprint, da cidade de Hvidovre de Dinamarca, xunto a dous integrantes da propia selección nacional danesa, entre eles o actual Campión do Mundo de Maratón sub23 e do Descenso Internacional do Sella, Mads Brandt Petersen, adestrarán en Tui.
O equipo utilizará as instalacións do CETD, Centro Especializado de Tecnificación Deportiva, de Remo e Piragüismo de Tui e o río Miño. Compartirá adestramentos e experiencias cos deportistas do Club Kaiak Tudense e con padeeiros tudenses como Iván Alonso e o seu compañeiro Jaime Sobrado, rivais directos dos daneses a nivel mundial na modalidade de maratón.
Esta nova concentración, que se suma á realizada recentemente pola Selección Nacional Uruguaia de Remo, constata as excelentes condicións que Tui presentan para adestrar, pola  lámina de auga do río Miño, as instalacións deportivas, os clubs deportivos e deportistas de alto nivel, tanto de remo, como de piragüismo. Ao que se suman as posibilidades de aloxamento na cidade. O que fan que a cidade sexa sede anual de concentracións deportivas de seleccións nacionais.
 
Actuación de eliminación de especies invasoras na beiras do río Tripes
Tui, 18 de marzo de 2021. O Concello de Tui vai dirixirse aos sesenta propietarios e propietarias de terreos lindeiros coa zona Dominio Público Hidráulico nas beiras do río Tripes ou Cotarel para solicitar a súa autorización para estender ás súas parcelas a actuación de loita contra especies exóticas invasoras que vai realizar a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.
En concreto a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, tras as solicitudes realizadas tanto dende o propio concello de Tui coma dende a Asociación de Muiñeiros do río Tripes, vai levar a cabo un programa de conservación e mellora do estado ecolóxico do río Tripes. A actuación contempla por unha parte a mellora do estado ecolóxico nas masas de auga. Por outra recolle a mellora da composición e estrutura da vexetación de ribeira. Ao programa foi incorporada amais a retirada de especies exóticas invasoras no Domino Público Hidráulico e da súa zona de servidume.
Deste xeito a Confederación vai proceder á eliminación da cana común, do bambú e da acacia negra na zona de Dominio Público Hidráulico cunha roza con medios naturais e cubrindo a zona cunha manta de polietileno que impida o rebrote. De contar coa autorización das persoas propietarias das parcelas estenderá a actuación tamén ás mesmas.
 

Tui presenta novo material turístico guiado por Francisco Sánchez e Dona Urraca
Tui. Mércores, 17 de marzo de 2021. O Concello de Tui presentou esta mañá novo material turístico conformado por un mapa xeral da cidade e dúas rutas “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca”.
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, a historiadora Sara Quintana, e o ilustrador, Xosé Tomás, foron os responsables desta presentación, á que asistiron tamén representantes dos grupos presentes na corporación municipal.  
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, explicou que Tui aposta por un turismo activo e ao aire libre en tempos de pandemia, precisou que as novas guías “están para pensadas para ser autoguiadas descubrindo os recunchos do conxunto histórico”.  Detallou as tres novas rutas propostas: un mapa xeral, “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca”.  Destacou que “O tesouro de Salomón”, vinculado á ruta xudía, está guiado por Francisco Sánchez, “quizais o persoeiro máis importante da historia de Tui”. E coma novidade apuntou que “na guía vanse facendo preguntas que o visitante ten que ir descubrindo”.  Agradeceu o traballo realizado por Sara Quintana e Xosé Tomás, e destacou que estas novas guías “permitirán descubrir un Tui distinto”
A historiadora Sara Quintana explicou que a idea coa que se desenvolveu este proxecto foi “crear un produto turístico, educativo e cultural que plasmase de xeito xeral e con certa profundidade a historia de Tui”. Indicou a ruta de “O túnel de dona Urraca”, cunha duración de 75 minutos “está plantexada cun percorrido polo conxunto histórico entorno á Catedral, e a outra “O tesouro de Salomón”, cunha duración de 120 minutos, abranguería unha zona máis ampla. A elección dos dous personaxes que guían as rutas, Francisco Sánchez e Dona Urraca, segundo explicou obedece a que “Francisco Sánchez é un personaxe moi destacado da historia de Tui e da historia mundial, e Dona Urraca tamén, e válennos para falar doutras partes da historia máis transversal coma a independencia de Portugal e o papel que tivo Tui”.
O ilustrador Xosé Tomás, destacou a sintonía que se realizou esta traballo que persegue pór a historia de Tui á dispor dos nenos e do público en xeral. Indicaba que “Foi un traballo moi agradecido pola enorme sintonía que tivemos á hora de plasmalo” que contou “cun diálogo moi bonito a nivel creativo”.  Explicaba que presentan “un plano base e logo a adaptación do plano ás distintas rutas”. Engadía que lles parecía importantísimo que “houbera dúas lecturas”, unha primeira da lectura da visita, e unha segunda máis a fondo co material xa na casa.  Nese senso explicaba que ao realizar o traballo cambiaron o guión establecido inicialmente para incorporar nunha das caras do plano o detalle dos distintos edificios.
Os novos folletos están publicados en galego e castelán o guión foi realizado pola historiadora Sara Quintana e o deseño corresponde ao ilustrador Xosé Tomás. Edítanse 5 mil exemplares de cada unha destas propostas. Están xa dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo e tamén se poden descargar na web municipal.
 

A película gañadora do Goya de animación “A Galiña Turuleca” proxéctase este xoves no Teatro Municipal
Tui, 16 de marzo de 2021. Esta semana continúa a programación cultural no Teatro Municipal de Tui coa proxección da película “A Galiña Turuleca”, seleccionada como mellor película de animación na edición dos Premios Goya 2021.
A cita será este xoves, 18 de marzo, ás 18:30 h, no Teatro Municipal. O filme “A Galiña Turuleca” está dirixido por Víctor Monigote e Eduardo Gondell. A famosa Galiña da canción dos pallasos da tele chega á gran pantalla nunha película de produción española e arxentina con Gloriamundi Producciones. Un filme galardoado como mellor película de animación na edición dos Premios Goya deste ano 2021. Amais o compositor internacional Sergio Moure de Oteyza está nominado como finalista aos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor música orixinal pola banda sonora de “A Galiña Turuleca”.
Turuleca é unha galiña singular no galiñeiro. Un día unha exprofesora de música levaa a vivir a súa casa e descobre o seu gran talento, fala e canta. Este talento permítelle superar os seus medos e iniciar unha aventura na que atopar o seu lugar no mundo.  A película ten unha duración de 73 minutos.
As entradas están á venda en tui.gal até o xoves ás 17.30 h aos prezos de 4€ e 3€.
O Teatro Municipal de Tui conta cun estrito protocolo de seguridade e prevención fronte a Covid-19. O aforo está limitado nesta proxección a 148 butacas.
    
O Concello de Tui continúa co plan de aforro enerxético nas instalacións deportivas
Tui, 16 de marzo de 2021. Dende o ano pasado e seguindo o plan de aforro enerxético establecido polo Concello de Tui, estase substituíndo a iluminación nas instalacións deportivas municipais con luminarias led, o que permitirá un aforro considerable no custe eléctrico anual.
O Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de céspede sintético súmase ao Pavillón Deportivo Municipal Novo, aos Pavillóns Deportivos do IES San Paio, do CEIP de Guillarei e da Macoca, nesta tecnoloxía. O Pavillón Deportivo Municipal Vello será o próximo en contar con esta iluminación.
Co Plan de Aforro Enerxético o Concello de Tui substituirá a iluminación no resto de instalacións deportivas ao longo deste ano 2021 e no 2022, tanto no Campo Municipal de Fútbol de Ribadelouro, de Caldelas, de Guillarei e no “Álvarez Durán” de céspede natural, nas pistas de tenis de Areas, nos pavillón dos CEIPs de Caldelas, Rebordáns e Randufe, así como no ximnasio do Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo.
Por outra parte, a Deputación de Pontevedra ven de realizar o mantemento dos campos de fútbol sintéticos do Concello de Tui, “Álvarez Durán”, “O Foxo” de Caldelas e “Santa Columba” de Ribadelouro, grazas ao programa de mantemento establecido pola institución provincial, que coincide co inicio da competición dos clubs de fútbol da provincia.
 

Aumentan os colectores de recollida selectiva con 5 novos contedores de papel e 12 de envases
Tui, 15 de marzo de 2021. O Concello de Tui recibiu hai uns días de ECOEMBES novos colectores para a recollida selectiva. En concreto foron 12 colectores amarelos para envases, e 5 para a recollida de papel e cartón.
Deste xeito o concello de Tui segue a ampliar o número de colectores dispoñibles para a recollida selectiva tanto no centro urbano coma nas parroquias.
Precisamente Tui é un dos 15 concellos concellos que participan na campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”. O obxectivo é entre o  1 de febreiro ao 30 de abril, mellorar, cando menos, nun 10% a achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado. Aqueles concellos que consigan este obxectivo  lograrán un premio dotado con 2.000 euros que terán doar a unha causa social local da súa elección.
A entidade sen ánimo de lucro Ecoembes xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.
  
O Concello de Tui reinviste 9 mil euros dunha baixa do Plan Concellos en equipamentos informáticos
Tui, 15 de marzo de 2021. O Concello de Tui vén de adquirir novos equipamentos informáticos grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos 2018/19 da Deputación de Pontevedra de “Mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello) en Tui" por importe de 9.189,95€, IVE incluído.
En concreto foron adquiridos 12 monitores led panorámicos e 27’’; 6 pc de sobremesa; 3 tablets; 6 discos de memoria de 8 GB; 13 módulos de memoria de 4GB; e 2 discos SSD.
Á adquisición deste equipamento informático súmase a recuperación de equipos antigos, que cunha pequena actualización poden ter unha segunda vida útil.
Con esta actuación cúmprense tres obxectivos fundamentais: a política de reinvestimento das baixas obtidas dos procesos de licitación do Plan Concellos; o cumprimento dos compromisos adquiridos coa sinatura do Pacto de Alcaldes polo Clima, apostando unha vez máis pola economía circular; e a mellora das ferramentas dispoñibles para avanzar na administración electrónica, que hoxe máis que nunca resultan imprescindibles para a atención da cidadanía.
  
O BNG insiste na súa oposición á construcción dun aparcadoiro soterrado na traseira Área Panorámica
Tui, 15 de marzo de 2021. Dende o BNG, seguimos, e seguiremos solicitando que se paren ditos tramites, e se analicen e estuden alternativas escoitando a todos os grupos sociais, xa que como vimos informando, é un completo desastre para a localidade tanto a curto como a longo prazo, xa que estamos hipotecando o Concello a anos.
Logo de varias reunións con distintos colectivos e cos comerciantes, que ao noso entrender, van ser os maiores perxudicados da reducción de 480 prazas de aparcamento en superfície, por pouco mais de 100 prazas libres que tería -unha vez restadas as 44 prazas a venda, as 36 do Centro de Saude, e 120 prazas para abonados- o novo aprcamento soterrado.
Para nos, non se sustenta unha inversión tan grande cando, por moito menos,  xa que como vimos informando, pódese facer un estudo de impacto ambiental nos arredores do centro, e habilitar un aparcamento, ou varios en superficie, con espazo arborado ao arredor, a mais, como xa comunicamos en varias ocasións, todos os aparacamentos soterrados dos arredores como Baiona, O Porriño, etc…foron rescatados, xa que non son rentables.
Asimesmo, informamos de que na web do concello os cidadans podem atopar o processo completo, e ali poden cotexar que todos estes datos que estamos dando son certos."
  
Declaración do Instituto de Estudios Tudenses sobre o edificio do carcere de Tui como sede do Museo de Tui e das Terras Transfronteirizas do Miño
Tui, 15 de marzo de 2021. Recentemente foi inaugurada a nova sede dos Xulgados de Tui que deixaron a súa anterior sede na Praza da Inmaculada da nosa cidade no edificio coñecido popularmente como “Cárcere do partido xudicial”. Este inmoble constitúe un dos edificios máis senlleiros da cidade de Tui e foi construído polo Concello de Tui a partir de 1850 no solar que ocupaba o pazo dos marqueses de Mos na cidade e que foi permutado coa diocese para esta finalidade.
Como ten estudado o membro de número deste Instituto de Estudios Tudenses, Suso Vila: La cárcel del Partido Judicial de Tui, después de varios intentos para su construcción en diferentes solares de la ciudad acabará ubicada en un espacio central de la Corredoira. Los planos del proyecto correrían a cargo del arquitecto Faustino Domínguez883 en 1853, rematando su construcción en 1857. El edificio expresará con su volumen y líneas la solidez de la justicia. La fachada principal muestra las líneas generales de este tipo de arquitectura en Galicia884, con el almohadillado en el piso inferior y la imposta partiendo las ventanas. En el planta alta guardapolvos y tarjetones. El patio interior de acceso a las celdas se cierra con una arcada de medio punto mientras que las ventanas superiores cuentan con recercados de banda lisa. Faustino Domínguez toma características del clasicismo para mezclarlas con otras influencias locales, pero también es una línea que recuerda885 palacios de Porto como el dos Carrancas (1795) o la Academia de Marinha (1803-1806), eclecticismo de fuerte base clasicista, que será visible en muchas viviendas burguesas de la segunda mitad del siglo XIX.
Este edificio acolleu ata os ano setenta o cárcere e logo unicamente un depósito de detidos, ata a súa transformación en Pazo de Xustiza, sempre cun ámbito competencial que abranguía aos municipios do partido xudicial tudense. Neste momento, segundo as informacións recollidas nos medios de comunicación, o Concello e Tui iniciou os trámites para a recuperación para a cidade deste emblemático edificio histórico.
O Instituto de Estudios Tudense quere formular unha proposta de uso deste inmoble que polo seu carácter referencial está chamado a converterse nun espazo singular que contribúa ao desenvolvemento e promoción da cidade e do espazo xeográfico do que Tui forma parte.
De acordo coas finalidades que lle competen a este Instituto de promoción do patrimonio cultural, o Instituto de Estudios Tudenses manifesta a súa proposta de, unha vez recuperado este inmoble, esta antiga Cárcere do Partido Xudicial acolla un museo de Tui e das terras transfronteirizas que conforma o río Miño; un museo que sexa custodio, defensor e promotor do patrimonio cultural e da identidade do territorio miñoto, que teñen en Tui – Valença  unha das súas expresións de maior carga histórica e patrimonial e que exemplifican de modo excepcional ás relacións transfronteirizas que abranguen a Galicia e o Norte de Portugal.
Nesta ampla comarca do Miño existen diversas institucións museísticas de gran valor e interese que teñen realizado un singular esforzo no seu ámbito territorial ou temático, pero a este territorio, entendido cun carácter unitario, carece dun espazo de conservación da memoria colectiva, de revitalización da identidade deste espazo xeográfico ben definido ao longo dos séculos, que supera as fronteiras políticas, e que conta cun acervo patrimonial, material e inmaterial, que reclama un lugar de recollida, investigación e difusión.
As numerosas iniciativas de cooperación que se desenvolven ao redor deste ámbito xeográfico que se conforma en ambas ribeiras do río Miño, testemuñan unha veciñanza de séculos,  expresión dunha vida compartida polas xentes destas terras que, máis aló das fronteiras políticas, construíron e constrúen unha identidade que reclama un espazo de expresión deste patrimonio cultural común, desta memoria conxunta que contribúa a súa conservación, valorización e difusión.
O antigo edificio do cárcere do partido xudicial é un lugar axeitado para acoller este Museo de Tui  e do territorio transfronteirizo do Miño.
O Instituto de Estudios Tudenses que reúne a un amplo conxunto de especialistas no diversos ámbitos da cultura ofrece os seus servizos para colaborar no proxecto sobre este Museo e no proxecto de viabilidade do mesmo.
Dentro de poucas datas, o 25 de marzo, cúmprense 135 anos da inauguración da ponte metálica que reforzou a intensidade das relacións entre Valença e Tui e dende aquela converteuse na expresión visual das relacións entre Galicia e o Norte de Portugal, como o punto central desta vida compartida que desenvolve o territorio do río Miño. A creación deste Museo sería un novo fito na expresión desta vida en común das xentes do noso ámbito xeográfico que terían un lugar onde recoñecerse e darse a coñecer ao mundo: unhas comunidades humanas que comparten territorio e identidade a pesar das fronteiras.
Afondar no coñecemento da identidade deste territorio miñoto e crear un espazo de estudo e comunicación do mesmo é unha útil ferramenta para a nosa sociedade, para conservar o seu legado histórico e patrimonial e dende esta valorización fortalecer o territorio transfronteirizo do Miño e os seus valores.
 
C21 solicita que se arranxen os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño
Tui, 13 de marzo de 2021. O voceiro do partido centrista liberal, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local solucione os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño.
Converxencia 21 ven observando que sistematicamente, cas choivas, prodúcense acumulacións de auga contra determinadas zonas das beirarrúas debido ao mal funcionamento dos sumidoiros e pide unha solución debido a que moitos transeúntes   saen salpicados polos vehículos ao seu paso, sobre todo nas inmediacións do Colexio Nº 1.
C21 insiste en que esta rúa necesita dunha reforma integral e solicita que sexa obxecto de investimentos por parte do Concello. Palacín afirma que: “Xa que a deficiente estrutura orzamentaria dos novos presupostos do Goberno impiden calquera actuación con fondos propios, polo menos que se acometa unha instancia a Deputación para incluír o arranxo desta rúa no Plan Concellos”.   
 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui ten en marcha unha campaña de captación de voluntarios
Tui. Viernes, 12 de marzo de 2021. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui necesita máis voluntarios para continuar co seu labor altruísta. Para iso ten en marcha unha campaña de captación de voluntarios, xa que na actualidade e tras unha actualización da lista de persoas pertencentes a este colectivo, contan só con 12 voluntarios/as en activo. O obxectivo é captar novos integrantes voluntarios e así poder formar un retén que serva de apio, axuda e colaboración en situacións de emerxencias a bombeiros, sanitarios, policía, … durante as 24 horas.
As persoas voluntarias deben ser maiores de 18 anos, tamén poden colaborar con 17 anos con autorización dos pais /nais. A idade máxima para colaborar coa agrupación é 65 anos. Os novos voluntarios deben facer un curso básico de iniciación e grazas a súa integración na agrupación poden optar a facer algún dos diferentes cursos que ofrece a Academia Galega de Seguridade Pública. Os interesados poden solicitar máis información no teléfono da asociación, 619 455 963, ou no correo electrónico amvpctui@gmail.com.
  
Tui continúa coa aposta pola compostaxe coa distribución de composteiros individuais
Tui. Viernes, 12 de marzo de 2021. O Concello de Tui continua coa aposta pola compostaxe tanto comunitaria coma doméstica. Hai un días recibíronse 50 composteiros individuais que van ser distribuídos entre as persoas que tiñan solicitado este material nos últimos meses e que estaban en lista de agarda. Deste xeito serán xa máis de 200 as vivendas tudenses que conten cun composteiro individual.  Este ano o concello ten previsto adquirir 300 novos composteiros individuais grazas á subvención en materia de residuos orgánicos concedida pola Xunta de Galicia con fondos Feder.  En concreto esta é unha das accións previstas para este 2021 grazas a esta achega, que en 2020 financiou xa a adquisición dunha biotrituradora, e a campaña de comunicación do Plan de Compostaxe Municipal coa creación do logotipo, imaxe corporativa e paneis informativos para os centros de compostaxe comunitarios.
Os 50 novos composteiros recibidos hai uns días serán entregados en charlas técnicas nas que a veciñanza coñecerá as claves para realizar correctamente a compostaxe. A entrega dos composteiros realízase en termos de cesión de uso do composteiro para que tanto a administración local como as/os usuarias/os se corresponsabilicen do correcto uso do mesmo.
Por outra parte dende o Concello estase realizar unha campaña de recuperación de datos daqueles composteiros que pode ter a veciñanza e que non están rexistrados na base de datos actual. Por este motivo faise un chamamento a aquelas persoas que conten cun composteiro non rexistrado para que se poñan en contacto coa mestra composteira no teléfono 687 24 99 53 ou no correo compostaxe@tui.gal. Deste xeito poderase contar cos datos actualizados de xestión por compostaxe o que permitirá demostrar que Tui é un concello que recicla. Amais as persoas que se rexistren contarán con asistencia e apoio técnico por parte da mestra composteira municipal.
Dende o Concello de Tui tense constatado nos últimos meses un aumento na demanda de composteiros individuais. Aquelas persoas que desexen solicitar un poden cubrir a solicitude dispoñible no apartado de Medio Ambiente na web municipal tui.gal.
Na actualizade estímase que nos composteiros individuais rexistrados na base de datos do concello están a xestionar por compostaxe 140 toneladas de residuos orgánicos.
 

O Concello de Tui crea os premios “Cidade de Tui” para recoñecer ás persoas ou entidades que que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local
Tui. Mércores, 10 de marzo de 2021. A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui acordou a creación dos Premios “Cidade de Tui” para recoñecer anualmente aquelas persoas e entidades do noso concello que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local ou teñen contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui, asi como a súa convocatoria para este ano 2021.
A creación deste galardón foi unha proposta formulado pol alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, que sinala que “o acervo que singulariza á nosa localidade, foi construído ao longo do tempo por tantos e tantas tudenses que, identificados coa súa cidade, entregaron a súa cidade o mellor da súa actividade, das súa habelencias, do seu tempo.... Todas estas achegas teñen sido imprescindibles para acadar esta cidade que nos acolle e no da orgullo a todos.  O Concello de Tui ten a responsabilidade de animar e incentivar a continuidade desta achega colectiva que a sociedade tudense realiza cada día que enriquece ao noso municipio e á súa historia.
Neste liña dende o Concello de Tui cómpre recoñecer o labor relevante que realizan tanto persoas como colectivos e que coa súa achega promoven o desenvolvemento da nosa cidade e os seus cidadáns, realizan aportacións relevantes á vida colectiva, impulsan a vida colectiva, enriquecen coa súa creatividade e iniciativa a realidade local e  reflicten a vitalidade da sociedade tudense, dando visibilidade ás múltiples iniciativas que existen no tecido humano e colectivo de Tui”.
Con este obxectivo acordouse a creación destes “Premios Cidade de Tui”  con dúas modalidades:
Modalidade individual para premiar a unha persoa física que estea vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Tui e os seus cidadáns. Se premiará ben a súa achega no ano precedente ou ben unha dilatada traxectoria en calquera ámbito.
Modalidade colectiva para premiar a unha persoa xurídica (asociación, entidade ou colectivo de carácter cultural, social, empresarial, etc.) que teña desenvolto un labor de especial proxección para Tui e os seus cidadáns. Se premiará ben a súa achega no ano precedente ou ben unha dilatada traxectoria en calquera ámbito.
Os premios son de carácter honorífico e serán entregados nunha gala a celebrar coincidindo coas festas patronais na honra de San Telmo. A elección dos galardoados será realizada por un amplo xurado que, designado pola Xunta de Goberno Local, recolle a persoas vinculadas coa vida social tudense que terán a encomenda de designar aos galardoados.
 
O Concello de Tui ofrece 5 cursos para os sector do comercio e hostalería en liña e gratuítos
Tui, 10 de marzo de 2021. Até o 25 de marzo está aberto o prazo de inscricións para os curso de formación en liña para os sectores da hostalería e comercio que ofrece o concello de Tui en colaboración con informática San Benito. Son cursos 100 subvencionados polo SEPE, dirixidos a persoas traballadoras destes dous sectores, autónomos e persoas traballadoras de calquera sector que estean en ERTE.  Ao remata da actividade formativa as persoas participantes recibirán un certificado oficial.
Os cursos ofertados son “Atención ao cliente e calidade no servizo”, “Habilidades de venda no comercio” e “Internet comercio electrónico” para o sector comercio.
Mentres “Innovación na cocina” e “Xestión da restauración” van dirixido ao sector hostaleiro.
As persoas interesadas poden ampliar esta información no 608 844 058, no 986 60 8920 ou no correo formacion@sanbenito.es
 

Este xoves chega a Tui Baobab Teatro con “O lobo e a lúa” e o venres a proxección da película “A illa das mentiras”
Tui, 9 de marzo de 2021. Con dobre proposta, teatro familiar e cine, continúa esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui.
Este xoves, 11 de marzo, ás 18:30 h  Baobab Teatro presenta “O lobo e a lúa”, unha obra dirixida a público familiar de Óscar Ferreira e Andrea Bayer e interpretada por Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers.
Trátase dunha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre nos seus 50 minutos de duración sempre de noite, á luz da lúa. É unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor. O lobo quere falar coa lúa pero non o consegue porque está moi lonxe. Berra para facerse escoitar, pero cos seus grito non deixa durmir a ninguén no Prado Azul. Recibiu o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en 2014.
As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até o xoves ás 17.30 h.
Ao día seguinte, o venres 12 de marzo, ás 19:30 h proxectarase no Teatro Municipal o filme “A illa das mentiras” dirixido por Paula Cons e protagonizado por Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti e Victoria Teijeiro. A película está recomendada para público adulto.
O argumento avanza arredor de tres mulleres convertidas en heroínas hai 100 anos ao botarse ao mar para salvar aos supervivintes do Santa Isabel,  que navegaba rumbo a Bos Aires con 260 persoas a bordo. Tras o afundimento do barco lograron salvar a 48 persoas. Pero esa noite houbo “terribles casualidades” na illa coma descobre un xornalista arxentino que acudiu á illa a cubrir a noticia do naufraxio. A película ten unha duración de 93 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 18.30 h aos prezos de 6€ e 5€.
Cómpre lembrar que o aforo do teatro está limitado a 148 butacas, un 25% do aforo total da sala.
   
O Concello de Tui está a realizar labores de mantemento e conservación no Paseo Fluvial
Tui, 9 de marzo de 2021. O Concello de Tui está a executar estes días labores de mantemento e conservación no Paseo Fluvial e nas súas proximidades.
Por unha banda estanse a revisar, reparar e conservar os elementos dos dous parques infantís situados no Paseo, un nas proximidades das escaleiras de subida á praza da Estrela, e outro no Penedo.  Tamén se realizan labores de reparación e conservación nos biosaudables.
Por outra parte leváronse a cabo tarefas de limpeza dos bancos e mesas de pedra situadas no Paseo Fluvial. Tamén se aplicou tratamento para a conservación da madeira dos bancos, para aumentar a súa durabilidade, e se repararon ou substituíron as pezas en mal estado.
Amais as fontes existentes ao longo do paseo van ser substituídas dado o mal estado de conservación, sendo reemprazadas por outras dobres adaptadas para o consumo humano, pero que tamén prestan a función de bebedeiro para cans. Deste xeito dáse resposta á demanda de moitos donos de mascotas que adoitan pasear por este lugar.
Tamén se ten actuado no lavadoiro situado na Baixada ao Embarcadoiro onde se levou a cabo a limpeza de muros e do propio lavadoiro, poda de plantas e revisión do sistema de desaugue, para evitar desbordamentos. Deste xeito ponse en valor este conxunto patrimonial.
Estas actuación complementaranse con tarefas de xardineiría, introducindo plantas de temporada que aporten cor e vistosidade ao entorno.  
Dende a concellería de Parques e Xardíns explican que este é o comezo dun traballo intensivo que se vai estender ao longo dos próximos meses co obxectivo de que todos os parques infantís, tanto no centro urbano coma nas parroquias, estean nas mellores condicións para o seu disfrute por toda a familia.  Ao tempo solicitan a colaboración cidadá cun uso responsable destes espazos.
 

Tui reclama a igualdade real e efectiva cun manifesto lido por seis mulleres de distintos ámbitos
Tui, 8 de marzo de 2021. Seis mulleres puxeron hoxe voz á reivindicación dunha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos coa lectura do manifesto deste 8 de marzo, no acto institucional organizado polo Concello de Tui. O antigo edificio dos xulgados, na praza da Inmaculada acolleu esta conmemoración nun evento que foi transmitido en directo a través de YouTube, a web municipal e as redes sociais.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez,  abriu o acto deste 8 de marzo de 2021 expondo que “as mulleres continuamos reivindicando os nosos dereitos, o noso lugar, gritando en voz alta contra a violencia, a explotación e as desigualdades que estamos sufrindo”. Reivindicou “o valor da nosa contribución ao patrimonio común en creación e coñecemento, en coidados e apoios, en arte, na ciencia, na economía, na filosofía, ... E por suposto, reivindicamos a nosa categoría como mulleres, como suxeito político e diana da opresión”. Un acto no que se recordou a memoria e a historia de todas as mulleres, e no que se visibilizou un ano máis que “a loita das mulleres está viva”.
A continuación proxectouse o audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia.
Os versos do poema “Pensamentos de realidade” da pedagoga Teresa Domínguez xunto ás pezas musicais interpretadas por Dafne Piñeiro e Lourdes Quintela, alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui, intercaláronse na lectura do manifesto a cargo de seis mulleres de diferentes ámbitos.
Chelo Domínguez, directiva dunha empresa de automoción, recoñeceu que “aínda que no mundo occidental as mulleres gañamos moito terreo, aínda existen desequilibrios estruturais de carácter social, educativo e laboral que ameazan con que o soño dunha igualdade efectiva entre mulleres e homes non fose máis que unha simple ilusión. Para evitalo necesítanse medidas intelixentes e atrevidas”. E apuntou cómpre “equilibrar a grella de saída rompendo os roles de xénero no acceso ao mercado laboral. E iso só pode traballarse mediante políticas que entendan que a influencia da contorna educativa, social e familiar nos primeiros anos de vida son absolutamente claves”. Expuxo que á celebración do 8 de marzo chegamos tras “unha loita moitas veces xorda, pero constante, das nosas e nais e avoas”. Engadía que “hoxe nos corresponde concienciarnos con que hai que seguir loitando para que na fotografía do futuro as nosas fillas e netas non lles custe saír ben encadradas, enfocadas, e en primeira fila; brillando ao lado, e non detrás, dos nosos fillos e netos”.
Marisa Giráldez, deportista, mestra e presidenta do Club de Badminton Tui reivindicou a igualdade das mulleres “en todos os ámbitos da súa vida e especialmente no deporte, unha das áreas onde a discriminación da muller polo feito de ser muller é unha realidade aínda vixente”. Concluía indicando que “as mulleres somos corredoras de fondo: seguiremos e seguiremos, tamén despois desta crise, como sempre o fixemos, até chegar á máis xusta das metas: a igualdade real, plena e efectiva”.
 
Laura Méndez, coma ela mesma explicaba “continuadora dunha historia laboral de catro xeracións de mulleres emprendedoras e  loitadoras no sector hostaleiro” expuxo que “grazas ás mulleres da miña familia aprendín que esta situación complicada do sector pasará, e, o renacemento  chegará cheo de emocións,  sentimentos e retos  marabillosos e nunca esquecendo o importante de ter sempre unha mirada de xénero que me leva a reivindicar os valores dun liderado feminino como cimentos sólidos que crean unha nova realidade no contexto Covid, con oportunidades dun futuro firme e seguro”. Concluíu indicando que “tal como fixemos avanzar este sector no pasado, podemos hoxe, mañá e sempre alcanzando, desta forma, un futuro igualitario”.
Rocío Gómez, presidenta da Asociación de Amas de Casa de Tui, explicou coma este colectivo naceu en 1992 “ co firme propósito de tecer redes entre mulleres para achegalas ao espazo público, ao coñecemento e ao tempo libre e para dar voz ao que nunca se conta: A nosa historia”. Explicou coma a pandemia oculto o papel das mulleres “ invisibles no público pero imprescindibles no universo dos afectos, do coidado, da sustentabilidade e da supervivencia familiar. Mulleres que sosteñen o mundo coas súas mans”. E reclamou “o noso espazo persoal e profesional, o noso tempo para o lecer e o autocoidado, a repartición equitativa dos coidados familiares e as tarefas domésticas e a visibilidade das nosas contribucións á sociedade que foron e aínda hoxe seguen sendo silenciadas. Hoxe, as mulleres dicimos: estamos aquí e continuaremos este camiño para construír fogares entre iguais e onde o espazo público, as rúas e as prazas sexan tamén os nosos lugares”.
Laura Villaverde, actriz e creadora escénica,  amosou o seu “compromiso e interese en crear personaxes femininos que leven soas o peso dramático de toda a obra escénica, e contribuír a romper cos aínda existentes e restrinxidos roles femininos”. Engadía que “como creadoras e creadores temos que fomentar a posibilidade de que unha muller poida interpretar a un personaxe con identidade ó servizo da historia e non ó servizo dun protagonista masculino, onde se poida extraer un discurso de igualdade como forma de exercer poder; realizando unha representación da realidade feminina que inflúa e condicione a formación dun referente feminino no imaxinario colectivo. Temos que visualizar e crear referentes” Concluía sinalando que “reivindicar a igualdade da muller tanto no mundo laboral, sexual, como no persoal segue a ser un asunto vixente”.
Nuria  Garabal,  mestra e directora non  Ceip Plurilingüe Nº1 de Tui, indicou que “dende a educación todos ou días  facemos  por conseguir un futuro igualitario para todas e todos. Os docentes somos modelos e inspiramos  aos  nosos  nenos e nenas  a crear un mundo sen discriminación de xénero”.  E sinalaba que “só educando en igualdade avanzaremos como sociedade”. Expuña que “a coeducación, a incorporación das mulleres como referentes nos libros, o trato igualitario na aula, no recreo, nas titorías..., son tarefas que nos corresponden como mestras e mestres”. Rematou animando “a todas as mulleres e nenas para que crean nas súas posibilidades e alcancen as súas metas, sabendo que as capacidades das persoas son ilimitadas”.
  

Acitui inaugurará el 26 de marzo una escultura dedicada al peregrino
Tui, 5 de marzo de 2021. La Asociación de Comerciantes de Tui, desde su formación ha tenido como meta impulsar el comercio de la ciudad de Tui, dar a conocer la ciudad a todo peregrino que caminase por sus calles y potenciar la ciudad como entrada del Camino Santiago Portugués en España.
Con vistas al próximo año, prolongación del Xacobeo, la Asociación de Comerciantes desea dar un empuje a la economía de la ciudad, mermada por la pandemia que ha asolado este mundo en el que vivimos, y aportará su colaboración en la arquitectura de esta ciudad, colocando en la Plaza de Galicia un monumento dedicado al peregrino con forma de Vieira, símbolo peregrino por excelencia, obra de Quino Muñoz.
La mencionada escultura tendrá en una de sus caras una interpretación libre del Camino de Santiago realizada por el pintor ourensano Xose Ribada, y por la otra información sobre el camino desde Tui hasta Santiago de Compostela.
En el acto intervendrán un representante del Concello de Tui, un representante de la Xunta de Galicia, y el Obispo de Tui-Vigo, siendo la fecha deseada para esta inauguración el 26 de marzo, a las 12:00 horas en la mencionada Plaza de Galicia.
 

Tui presenta o seu III Plan Municipal da Igualdade con 50 medidas e 162 actividades para unha igualdade real e efectiva
Tui. Venres, 5 de marzo de 2021. Este mediodía presentouse na casa do concello o III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui. Aprobado por unanimidade en plano o pasado mes de decembro, recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero.  Con este acto abriuse hoxe o programa de actividades previsto con motivo do Día Internacional da Muller, 8M.
A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e da técnica redactora do Plan, Laura Seara.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que “este é un plan desta institución” indicando que “servirá coma guía e referencia das políticas que estamos desenvolvendo e se van desenvolver”. Apuntou que o este ten que ser “un documento vivo que permita levalo á práctica”. Amosou a súa satisfacción pola implicación dos distintos colectivos sociais no proceso de redacción deste Plan. Concluíu indicando que “en igualdade queda moitísimo traballo por facer porque non todo está conseguido”.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, expuxo que o Plan presentado hoxe é “un documento para lograr unha igualdade real e efectiva” ao tempo que recoñeceu que “aínda queda moito por facer” xa que o propio Plan na súa diagnose amosa “a existencia e persistencia das desigualdades estruturais”. “As políticas de igualdade, os dereitos, as leis, os cambios perduran, e son patrimonio de todas e todos” indicaba a edil que concluía manifestando que “coa aprobación deste plan o Concello de Tui amosa un compromiso decidido e responsable, e coma sempre activo, para a igualdade. É a nosa responsabilidade dotarnos de todos os instrumentos para erradicar discriminacións e lograr unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.
Laura Seara, técnica redactora desta III Plan de Igualdade, destacou que este é un documento ambicioso, moi participativo e transversal que nace cun gran liderato e gran implicación.
O Plan de Igualdade recolle unha folla de ruta a seguir nos próximos catro anos.  O documento comeza cunha análise pormenorizada da situación no municipio, por sectores e áreas, e cos resultados das enquisas realizadas á poboación.  Na síntese sinálase a detección de “desigualdades entre mulleres e homes, fundamentalmente no ámbito sociolaboral”. As mulleres son o 51.8% da poboación tudense.
Os obxectivos do Plan de Igualdade son:
·         Introducir a perspectiva de xénero no funcionamento do Concello
·         Implicar a todas as concellerías e departamentos municipais no desenvolvemento de políticas, programas, estratexias e accións de igualdade.
·         Detectar e combater as fendas de xénero económicas, sociais, culturais e políticas en Tui.
·         Favorecer a participación da cidadanía na posta en marcha das políticas de igualdade en Tui.
·         Poñer en marcha os mecanismos axeitados para remover os obstáculos que manteñen as discriminacións por razón de sexo e perpetúan a desigualdade estrutural das mulleres.
O Plan desenvólvese en 8 áreas de actuación o Concello; Emprego; Conciliación da vida familiar, laboral e persoal; Inclusión con perspectiva de xénero: Saúde, Calidade de vida e deporte; Coeducación e cultura; Urbanismo, Mobilidade, Medioambiente e Seguridade; e o Combate contra a violencia de xénero.  Nas mesmas recóllense en conxunto 50 medidas e 162 actividades a realizar.
As medidas contempladas aplicaranse de forma transversal en todas as áreas municipais.
Contémplase a adhesión do Concello de Tui ao sistema Viogen, a creación dunha Unidade de Apoio Local contra a Violencia de Xénero e un Protocolo de Prevención do Acoso Sexual e de Acoso por Razón de Sexo no Concello de Tui.
Tamén se prevé a creación do “Espazo en Igualdade” na web municipal. No mesmo recollerase toda a información de normativa, recursos, enlaces de interese, novas municipais, actividades, ou un espazo para reflexión con texto de escritoras e activistas relacionadas co feminismo.
A redacción do Plan contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e cunha achega municipal.
Acto institucional
O próximo luns, 8 de marzo,  ás 12 h, no edificio da praza da Inmaculada, terá lugar o acto institucional.  O acto abrirase coa proxección do audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia, e que ao tempo constitúe unha reivindicación do valor dun traballo absolutamente feminizado e invisibilizado no que urxe promover a corresponsabilidade.
A continuación seis mulleres, de distintos ámbitos, darán lectura ao manifesto “O persoal é político” reivindicativo da axenda femininista en distintos ámbitos. Haberá poesía coa pedagoga Teresa Domínguez, quen dará lectura a un poema da súa autoría, e música con Dafne Piñeiro e Lourdes Quintela, alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
O aforo está limitado pero poderase seguir en directo canle de Youtube, na web e nas redes sociais do Concello de Tui.
 

A xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui
Tui, 4 de marzo de 2021. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras para a execución dunha senda peonil na estrada PO-404, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, no concello de Tui.
A intervención foi adxudicada á empresa Construcciones Obras y Viales S.A. e conta cun investimento de 32.400 euros.
Os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas, teñen un prazo de execución de 2 meses.
Esta actuación permitirá prolongar a senda no perímetro da glorieta da intersección da estrada autonómica co viario de acceso á depuradora de Guillarei, salvando un punto da estrada especialmente estreito. Esta glorieta foi executada pola Xunta no ano 2019, cun investimento de preto de 263.000 euros.
Construirase un treito de senda de 60 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, cun ancho mínimo de 1,5 metros.
A intervención, que se executará no dominio público existente, inclúe un muro e sostemento dunha altura media de 1,5 metros.
A Xunta continúa traballando no mantemento das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade.
  
O Concello de Tui creará unha nova área recreativa na sede do CRA Mestra Clara Torres nas Bornetas

Tui, 4 de marzo de 2021. Nos próximos días iniciaranse as obras de acondicionamento da área recreativa na sede do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, nas Bornetas. Os traballos, financiados con fondos do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, tiñan un prezo inicial de licitación de 107.105,11 euros e adxudicáronse nun procedemento en aberto á empresa Sodein Solucións Integrais por un importe de 87.271,55, cun prazo máximo de execución de 2 meses.
A obra abrangue unha superficie de 346 m2. Consistirá nunha serie de actuacións previas, como a retirada da marquesiña que se atopa na fachada, por atoparse en moi mal estado xerando un importante feísmo non só para a edificación senón tamén para o viario, retirada dun telladiño que se atopa no interior dese recinto, ao estar en mal estado e ser de amianto, acondicionamento de todo o muro exterior e renovación de todo o sistema de peche perimetral xunto co tratamento do todo o muro exterior.
Esta actuación  segue a nova política de parques e xardíns que contempla o acondicionamento e recuperación de espazos de lecer ao aire libre para o goce de todos e cada un dos membros da unidade familiar.  Así enténdense estes lugares coma inclusivos e integradores, que a maiores de ser un espazo para xogos deben incluír zonas de aprendizaxe e desenvolvemento en idades temperás, sen deixar atrás a posibilidade de gozar e realización de exercicio para os maiores nunha contorna adaptada, adecuado e agradable para o desempeño destas actividades.
Na sede do CRA nas Bornetas a área de xogos infantís estará composta por  unha montaña, con zona de escalada por cordas, 15 puños de escalada, un trampolín circular, un tobogán para os máis pequenos, e un túnel. Tamén incluirá unha randeeira (columpio) de dobre asento: asento plano e asento tipo berce para bebes; balancín dobre: para ir sentado ou de pé; xogo de peirao tipo cesto e xogo de peirao para dous usuarios. Outro dos elementos a colocar será unha torre dobre  para nenos de 3 a 14 anos: integrada por dúas torres con acceso una por unha escaleira colgante e outra por un muro inclinado de escalada, comunicadas entre si por unha ponte de cordas e con saída por un tobogán. Unha das torres ten un xogo de 3 en raia.
As áreas de seguridade dos elementos serán de caucho continuo.
Tamén se vai acondicionar unha area de biosaludables cun elemento de biosaludables de cintura para 3 usuarios, un elemento de esquí de fondo, un elemento biosaludable elevador para 2 usuarios e unha bicicleta estática.
O proxecto a executar contempla tamén a colocación de mobiliario coma unha mesa de picnic feita de material reciclado, unha mesa con 4 bancos con taboleiro para xogar ao parchís, aparcabicicletas, unha papeleira con capacidade para 240 litros, con 4 espazos para recollida selectiva e de orgánicos, e dous bancos.
Toda a superficie do recinto estará cuberta de céspede artificial
Cabe facer unha mención especial ao nomeamento no pasado ano 2020 ao CRA Mestra Clara Torres como a Mellor Escola de España, sendo un exemplo para todo o país de dinamización en contornas rurais a través da participación e implicación das familias e da comunidade que forma parte. Un centro creado hai máis de 20 anos coa fusión de 9 escolas unitarias repartidas en 9 parroquias de Tui, que por desgraza a data de hoxe víronse mermadas de forma considerable.
Neste sentido, e recollendo o espírito de integración, igualdade e solidariedade nas súas actividades xunto coa súa capacidade de transformación, o Concello de Tui como homenaxe a este labor educativo realizará un grafiti en todo o muro perimetral, recollendo todos estes aspectos que esta comunidade educativa ten abanderado durante estes anos. Esta actuación foi encargada ao Grafitero do Val Miñor  Gori, que conta entre outros traballos destacados co parque da Coelleira en Gondomar, o traballo na Asociación de Mariñeiros en Bouzas en Vigo, as pinturas da  empresa Aqualia inspiradas no mundo mariño entre outros. O Concello de Tui xa conta cunha das súas obras no pavillón novo coa figura de Michael Jordan.
  

Tui a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto  “Coñece os Camiños”
Tui, 3 de marzo de 2021. A aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, en Tui acolle este sábado, 6 de marzo, a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto  “Coñece os Camiños”.
Ao longo da xornada, de 11.30  a 17.30 h, celebraranse distintas conferencias e visitas guiadas centradas nesta vía xacobea. A organización correspondente á Orden del Camiño de Santiago, contando coa colaboración do Concello de Tui.
O programa previsto comezará ás 11.30 h coa recepción por parte das autoridade e membros da Orden del Camiño de Santiago. A continuación o historiador e técnico do Concello de Tui, Rafael Sánchez Bargiela, pronunciará a conferencia “O Camiño Portugués en Tui: tradición, historia e patrimonio”.
Ás 12.10 h Rubén Riós, actos e emprendedor creativo pronunciará a conferencia “Camiños de Empatía”. A continuación será a quenda de Bruno de Llano Gómez Ulloa, especialista en Xestión Local de Autonómica de Ecoembes quen falará sobre “O Camiño de Santiago, Camiño Sostible”.
Ás 13 h terá lugar a presentación do proxecto “Alfombristas de Santiago. Un proyecto Mundial” por parte de Miguel Ángel García Correa, presidente de Asociación de Alfombristas.
O programa previsto continuara cunha actuación musical, que dará paso ás visitas guiadas á igrexa de San Domingos, ao conxunto histórico e á catedral de Santa María.
Nesta actividade o aforo está limitado e as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza nos correos info@ordendelcaminodesantiago.es ou secretaria@ordendelcaminodesantiago.es.
 
Maxia e teatro abren a programación cultural no Teatro Municipal
Tui, 2 de marzo de 2021. Con dobre proposta comeza esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui.
O xoves, 4 de marzo, ás 18.30 h 2 Mind Combined presenta “Maxia sen trucos” con Ian Hamilton e Elisa Alfaya. Presentan un espectáculo para público familiar a partir de 4 anos, no que combinan maxia, ilusionismo, mentalismo, sombras chinescas…  Ao longo de 50 minutos en “Maxia sen trucos” achegan ilusións imposibles, bailarán, xogarán, e transmitirán unha mensaxe de esperanza.
As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até mañá xoves ás 17.30 h.
Ao día seguinte, o venres, 5 de marzo, ás 19.30 h La Quintana presenta a comedia “O Premio”.  Marian Bañobre dirixe a Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar nesta obra teatral de creación colectiva con dramaturxia de Santiago Cortegoso. “O Premio” é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”.  A obra parte dun momento, nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, as persoas caen en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.  Plantexan tres finais distintos en función do voto do público. A obra ten unha duración de 90 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 18.30 h aos prezos de 6€ e 5€.
Cómpre lembrar que o aforo do teatro está limitado a 148 butacas por función.
 
Tui celebra o 8M co lema “Somos e seremos as loitadoras”
Tui, 3 de marzo de 2021. “Somos e seremos as loitadoras” é o lema co que este ano o Concello de Tui vai celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. O obxectivo é visibilizar e lembrar a algunhas das mulleres que ao longo da historia acadaron os dereitos dos que hoxe gozan, pero tamén a reivindicación que as mulleres seguen a realizar en prol da igualdade real.
O programa de actividades previsto comeza este venres, 5 de marzo, ás 12 h na casa do concello coa presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entres homes e mulleres do Concello de Tui.  Un plan que foi aprobado por unanimidade en pleno o pasado mes de decembro. A presentación, que terá lugar no salón de sesións, con aforo limitado, correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e da técnica redactora do Plan, Laura Seara, quen fóra secretaria de Estado de Igualdade.
O luns, 8 de marzo, ás 12 h, no edificio da praza da Inmaculada desenvolverase o acto institucional que, debido ao limitado do aforo, será retransmitido en directo pola canle de Youtube do Concello de Tui.  No mesmo 6 mulleres darán lectura ao manifesto “O persoal é político” reivindicativo da axenda femininista en distintos ámbitos. Amais a pedagoga Teresa Domínguez dará lectura a un poema da súa autoría para a ocasión, e as alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Dafne Piñeiro e Lourdes Quintela, porán a nota musical a este evento. O acto abrirase coa proxección do audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia, e que ao tempo constitúe unha reivindicación do valor dun traballo absolutamente feminizado e invisibilizado no que urxe promover a corresponsabilidade.
Amais deste eventos está prevista a colocación de lonas reivindicativas en rexeitamento das violencias machistas nos espazos públicos deportivos, en colaboración coa concellería de Deportes.  “Aquí xogamos contra a violencia machista. O mellor resultado é cero violencia” é a mensaxe impresa, acompañada de imaxes de rostros femininos en memoria daquelas mulleres que xa non están.  
Tamén distintos carteis co lema “Somos e seremos as loitadoras” serán colocados en distintos espazos no centro urbano. O programa completarase con outras actividades ao longo do mes de marzo que serán anunciados proximamente.
 

O Concello de Tui reinviste unha baixa do Plan Concello nun tanque e chafariz de combustible co software de control
Tui. Martes, 2 de marzo de 2021. O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.
En concreto trátase dun tanque e chafariz de combustible (gasóleo) de dobre mangueira, con capacidade de 10.000 litros, que se colocou na nave municipal de Guillarei. Tamén se adquiriu o software e material necesario para o control eficiente do consumo do gasóleo.
Con este novo sistema de almacenaxe increméntase a capacidade do depósito, pasando dos 5.000 litros de capacidade aos 10.000 litros. Isto posibilita unha mellora notable na negociación de prezos do combustible, xa que no mercado prodúcense baixadas substanciais de prezos á hora de aumentar o volume no pedido de carburantes. Este novo chafariz ten a maiores dúas mangueiras, o que permite a repostaxe de dous vehículos á vez, reducindo o tempo de espera.
Outra das melloras, é o programa de software sinxelo e eficiente para control de consumos, que ten en conta o gasto pormenorizado por vehículo, por percorrido e condutor, isto permite crear estratexias de desprazamentos maximizando a eficiencia da frota dos vehículos municipais.
Un 95% dos vehículos municipais funcionan con carburante gasóleo, incluídos os vehículos que prestan o servizo de recollida de lixo. Todos eles deberán encher neste chafariz situado na nave de Guillarei.
Estas melloras conseguidas co novo chafariz, veranse reflectidas nunha baixada do gasto corrente no consumo de gasóleo para vehículos, que poderán ser analizadas ao final deste exercicio 2021.
 
 
C21 solicita que se retire o enmarañado de cables eléctricos da Casa de Salomón
Tui, 1 de marzo de 2021. O voceiro do partido centrista liberal, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local xestione, a retirada da maraña de cables que afea a fachada da Casa de Salomón, sempre dentro da medida do posible.
C21 considera que existen outros medios de conducir o cableado eléctrico sen que cause este brutal impacto físico e estético sobre un dos edificios mais emblemáticos do patrimonio tudense, especialmente valorado e admirado dende que Tui forma parte da Rede de Xuderías de España, fito logrado baixo a éxida de C21.  
Os liberais veñen solicitando por rexistro de entrada a paulatina liquidación destes elementos de feísmo por todo o Centro Histórico, de momento con escasa dilixencia por parte do Executivo.
Regreso al contenido