Tui, maio 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui, maio 2021

Arquivo 2021
Os propietarios de inmobles no conxunto histórico interesados no programa Rexurbe convocados a unha reunión informativa
Tui, 30 de abril de 2021. O conxunto histórico de Tui é un dos tres beneficiarios, xunto aos da Coruña e Ribadavia, do Programa Rexurbe do IGVS da Xunta de Galicia. O programa consiste na compra por parte do IGVS de solares, vivendas, edificios ou ruínas ubicadas no ámbito do Conxunto Histórico de Tui para proceder á súa rehabilitación co obxecto de destinalos a vivenda social en venda ou aluguer.
Os propietarios interesados poden presentar até o 9 de xullo a documentación coa súa oferta de solar ou inmoble para ser adquirido polo IGVS.
Para informar de xeito pormenorizado do Programa Rexurbe o próximo mércores, ás 20 h, no salón de sesións da casa do concello haberá unha reunión informativa para todas as persoas interesadas. Participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e o director xeral do IGVS, Heriberto García.
As persoas interesadas poden contactar tamén coa Área de Rehabilitación os martes e xoves de 9:00 a 14:00 h, ou enviar un correo a  ari@tui.gal.
 

A nenez de Xela Arias protagoniza a mostra itinerante que estes días se pode visitar en Tui
Tui, 21 de abril de 2021. Dende hoxe e até o sábado pode visitarse no anexo da Sala Municipal, na Área Panorámica a mostra “Aquela nena de Sarria”.  Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron a mostra xunto ao presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
Precisamente esta exposición é un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Doce paneis recollen os primeiros anos da vida de Xela Arias, a súa vinculación co rural e co noso idioma.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, agradecía ao colectivo Egeria que a exposición se poida ver en Tui, e convidaba á veciñanza a achegarse “porque é unha exposición sumamente interesante sobre os seis primeiros anos de Xela Arias, que nos identifica e nos traslada a outro territorio coma é o rural lucense”. Engadía que se trata “dunha magnífica ocasión para seguir aprendendo e vivindo a cultura de Galicia”.
O presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, explicana coma os tres anos que Xela Arias viviu en Sarria a marcaron tan fortemente que sempre volvía ao seu pobo, e logo faríao tamén co seu fillo. Unha relación que queda reflectida nas fotografías que forman parte da mostra, parte procedentes do álbum familiar. Unhas fotografías que logo foron o punto de partida dunha serie de debuxos realizados pola pintora lucense Sabela Arias, que “complementan á propia fotografía”. Recolle tamén a traxectoria dende “Xeliña fala galego” até chegar o momento actual “onde un conxunto de mulleres, ‘Elas’, seguidoras ou compañeiras de viaxe de Xela nos ofrecen precisamente poemas na súa honra”.
Máis información: www.aquelanenadesarria.gal
 

Cuarta parada do ‘Museo en Camiño’ en Ribadelouro para divulgar as principais obras do Museo de Pontevedra e levar o espírito Xacobeo á xente nova
Tui, 04 de maio de 2021. ‘O Museo en camiño’, unha iniciativa do Museo de Pontevedra e do programa ‘O teu Xacobeo da Xunta de Galicia , realizará a súa cuarta parada no Camiño Portugués en Ribadelouro (Tui) para  dar a coñecer as obras máis importantes que ten nas súas coleccións a institución museística pontevedresa e difundir o ‘espírito xacobeo’ na xente máis nova da vila.
A actividade desenvolverase no centro cultural de Ribadelouro de 17 a 19 horas e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan un pouco máis sobre o patrimonio artístico e cultural do Camiño de Santiago.
Este obradoiro de carácter plástico e creativo terá as prazas limitadas para poder cumprir con todas as medidas sanitarias actuais, polo que as persoas insteresadas en que participen as súas crianzas deben formalizar a inscrición previa  - de balde- no correo electrónico contacto@tallerabierto.info ata completar aforo. Daráselle prioridade á cativada da localidade de destino, neste caso, desta parroquia de Tui. A veciñanza deste concello, en calquera caso, terá unha nova oportunidade de participar nesta iniciativa, xa que se celebrará outro obradoiro tamén no centro urbano de Tui.
O Museo de Pontevedra convértese así nun ‘museo itinerante’ que seguirá o Camiño Portugués durante os meses de abril, maio e xuño e parará en dez poboacións da ruta como son tamén Tui, Ribadelouro, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas, Valga, Pontecesures e Padrón.
Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas en miniatura de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.
Os colectivos creadores do programa e que traballarán coa rapazada serán Taller Abierto e Paspallás . A inciativa inclúe tamén unha exposición no Museo de Pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.
   
O Concello de Tui organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Fundación Laboral da Construción
Tui, 04 de maio de 2021. O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza en Tui dous cursos de prevención de riscos laborais na construción.
Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.
As persoas interesadas teñen que inscribirse, até o venres, 28 de maio, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso.  A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.
Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.
    
Tui escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado”
Tui, 4 de maio de 2021. As rúas de Tui xunto a edificios coma os antigos xulgados na Praza da Inmaculada ou o Seminario Menor, están sendo dende onte luns o escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado” de Bambú Produccións, dirixida por David Pinillos e María Ripoll e creada por Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Gema R. Neira.
Drama, romance, acción e comedia mestúranse nos 8 capítulos que conforman “Un Asunto Privado”.  A serie está protagonizada por Marina Quiroga, unha muller de alta sociedade que se dispón a atrapar a un asasino en serie coa axuda do seu mordomo Héctor. Demostra o seu talento e loita contra os estereotipos para converterse nunha muller detective nun mundo de homes.
En Tui estánse a rodar escenas tanto dos anos 20 coma dos anos 40 o que supuxo algúns cambios en lugares coma o Paseo da Corredoira, onde hoxe se ronda os exteriores, sen terrazas e con parte do mobiliario urbano retirado.  Así grazas á rodaxe hoxe puideron verse no Paseo da Corredoira dende coches de cabalos e clásicos dos anos 40.
Xa dende a semana pasada, cando comezaron os preparativos da rodaxe, na zona do Paseo da Corredoira vese o gran despregue que implica a gravación no que participan un centenar de técnicos e 60 figurantes.  Entre os actores que están gravando as escenas estes días en Tui están Tito Valverde, Aura Garrido, ou Pablo Molinero.
A serie será emitida en Amazon Prime Video en máis de 240 países.
Dende o Concello de Tui valórase positivamente que a produtora Bambú teña elixido Tui coma un dos lugares para a gravación das escenas, xa que isto repercutirá positivamente na imaxe turística de Tui, dándoa a coñecer a nivel internacional.
 

Cultura e música para a recuperación: a aposta da Eurocidade Tui-Valença polo MUMI 2021
Tui, 5 de maio de 2021. “Estamos ávidos de espectáculo”. Así o proclamaba o presidente da Cámara Municipal de Valença (Portugal), Manuel Rodrigues Lopes,  na presentación hoxe mércores 5 do MUMI 2021, o encontro profesional das  músicas do Minho que se celebrará do 9 ao 11 de setembro. Xunto a el, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González e representando á organización do MUMI, César Cardoso e Manuel Vicente Roxo. “Non temos dúbida de que o MUMI vai converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular”, subliñou Cabaleiro. O encontro do sector musical, que terá programación aberta á cidadanía, repartirá a súa actividade entre Valença e Tui en 2021 e xa ten o compromiso e interese de ambos municipios para 2022. A presentación hoxe mércores 5 no Arquivo Municipal de Valença foi tamén unha celebración da apertura da fronteira terrestre entre Galicia e Portugal tras catro meses de peche.
César Cardoso e Manuel Vicente Roxo, representantes dun equipo organizador con estrutura en ambas beiras do Miño, remarcaron o carácter de punto de encontro que terá o MUMI despois dun ano tan difícil para o sector musical pola pandemia. “O MUMI pode ser o punto de partida para a recuperación creando un espazo de encontro onde vernos as caras e construír unha relación estable entre axentes e empresas galegos e portugueses”, sinalou Roxo. A organización prepara un programa de encontros para empresas e festivais, actividades formativas e obradoiros asi como moita música ao vivo para os dias 9, 10 e 11 de setembro. “No MUMI sabemos da importancia da proxección pública, de programar concertos nas rúas de Tui e Valença abertos á cidadanía. Serán máis de cincuenta concertos nas dúas edicións nun territorio único como é a Eurocidade”, apunta Roxo.
O MUMI é un proxecto que veñen madurando desde hai anos un grupo de empresas culturais de Galicia e Portugal, e que tivo unha edición cero en 2020 en Verín, coincidente en datas co inicio do confinamento, polo que non puido desenvolverse con plenitude. Na Eurocidade Tui-Valença o MUMI desenvolverá as edicións 2021 e 2022 xa que, tal como sinalou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, “este territorio é o mellor escaparate para unha Feira coma esta e as institucións imos volcarnos”. Na rolda de prensa, na que tamén estivo presente Sonsoles Vicente Solla, responsable de Cultura no concello de Tui, Cabaleiro fixo fincapé na magnitude e singularidade dun territorio como o que conforman Tui e Valença. “O futuro de Galicia está en Portugal e boa parte do de Portugal está en Galicia. Estamos ante unha das poucas fronteiras en Europa de carácter urbano. Antes da pandemia, catro mil cincocentos vehículos cruzaban a diario a ponte entre Tui e Valença, o cal dá idea das relacións sociais, económicas e culturais que hai establecidas”, afirmou.
Pola súa banda, Manuel Rodrigues Lopes, presidente da Cámara Municipal de Valença, contou que foi dos primeiros veciños en cruzar a Tui o pasado sábado 1 de maio, día no que se levantou o peche da fronteira. “Nós non temos unha ponte, temos unha rúa que nos une, nunca precisamos de pasaportes”, sinalou nun discurso cheo de afectividade e entusiamo por proxectos conxuntos como o MUMI. “Alabo a coraxe o equipo organizador, falamos de dúas cidades interligadas que precisan de horizontes comúns. Durante estes catro meses, Valença botou moito en falta a alegría dos galegos e estou convencido de que Tui non era o mesmo sen a presenza da veciñanza do norte de Portugal. O MUMI 2021 é un embrión de todo o que pode vir nun futuro próximo”, afirmou.
Tres días de música e encontros profesionais en localizacións emblemáticas de ambos municipios. Asi séra o MUMI 2021, que bota a andar tras esta presentación co obxectivo de crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral daranse cita en setembro neste evento que conta co apoio económico de ambos concellos, que aportan 15.000 euros cada un deles. Ademais do impacto económico que terá na contorna, desde a organización remarcan o impacto social e mediático dun evento coma este. “O MUMI crea alianzas estratéxicas e iso é fundamental nun momento como o que estamos a vivir”, apunta Manuel Vicente Roxo.
 

Club Badminton Tui
Tui, 6 de maio de 2021. Esta fin de semana participaremos no  TTR Sub 11-Absoluto que terá lugar en e As Neves o domingo a partir das 10 da mañá.
Ata o Pavillón Municipal As Neves desprazaremos aos seguintes deportistas:
- en Categoría Sub 11: Iago Díaz-Ferros, Martín Gándara, Mikel Martínez, Mariña García e Alexia Pérez  
- en Categoría Absoluta: Fabián Barreiro, Bruno Fernández, Jessica Santos e Daniela Sanz.
Todos eles competirán en categorías individuais e dobres.
Será novamente unha longa xornada de bádminton na que desexamos o mellor a todos eles.
 

O Centro Municipal de Remo de Tui gaña en confort estreando un moderno equipo de climatización con medidor de CO2 e un novo pavimento
Tui, 7 de maio de 2021. O Centro Municipal de Remo do Concello de Tui vén de renovarse interiormente cunha achega de 58.000 euros da Deputación. As obras consistiron na climatización e renovación de aire, incluíndo a medición dos niveis de CO2 e a substitución completa do pavimento. Supoñen a terceira mellora destas instalacións dende o ano 2015, sempre con financiamento do Plan Concellos, e unha achega total que supera os 150.000 euros. Os deputados de Cooperación, Santos Héctor, e Deportes, Gorka Gómez, comprobaron os resultados acompañados do alcalde, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a directiva do Club Remo do Miño, encabezada polo seu presidente Manuel Ángel González.
O novo sistema de renovación de aire e climatización está dotado dun intercambiador de calor. Deste xeito, pasa a dispor dunha nova ventilación cun aire filtrado procedente do exterior. O equipo inclúe tamén medición dos niveis de dióxido de carbono, permitindo así un uso adecuado e o cumprimento das medidas de prevención no actual escenario de pandemia. A maiores renovouse o piso de toda a instalación cunha tarima de madeira flotante. As obras no Centro Municipal de Remo optimizaron así o confort dunha instalación que conta cun ximnasio, unha sala de remoergómetros (máquinas de remo), dous vestiarios para deportistas, oficinas, sala de reunións e un galpón para embarcacións
Santos Héctor subliñou que o Centro Municipal de Remo conta agora cunhas condicións que optimizan a experiencia dos/as deportistas. “Esta era unha obra necesaria e que reforza a oferta deportiva do Concello de Tui, que aposta sempre polo deporte”. O deputado destacou que o Deporte é un eixe prioritario nas políticas públicas da Deputación e subliñou o valor de Tui como referente do deporte provincial.
Enrique Cabaleiro explicou que o Plan Concellos da Deputación está a permitir unha aposta sen precedentes polas instalacións deportivas “que doutro xeito sería materialmente imposible”. Así lembrou que tan só neste ano reformáronse os pavillóns Novo e Vello, está a modernizarse a iluminación de tódolos pavillóns e campos de fútbol de herba artificial para pasalas a tecnoloxía led e en breve comezará a ampliación dos vestiarios do campo de fútbol Caldelas e a cuberta do Álvarez Durán. Ademais, o Concello pretende abordar o Centro de Piragüismo Quique Míguez, no que hai que investir preto de  700.000 euros. “Todo isto demostra o compromiso do Goberno local coas instalacións deportivas porque o Deporte singulariza a Tui. Somos canteira de moitísimos deportistas de tódalas modalidades, de rango nacional e internacional e o mellor apoio que lles podemos dar é coidar os equipamentos que eles utilizan a diario”. Finalmente, agradeceu o labor do Club Remo do Miño “que é un dos nosos sinais de identidade”. “O traballo das Administracións é importante, pero tamén o traballo altruísta dos responsables dos clubs”. Nesta mesma liña, o deputado Santos Héctor aproveitou a ocasión para destacar que Tui conta con tres remeiros  de alto nivel que dispoñen de bolsa DepoDan da Deputación de Pontevedra, aos que este ano 2021 pode engadirse un cuarto.
Dende o ano 2015, a Deputación de Pontevedra leva investidos case 10 millóns de euros en Tui, que permitiron decenas de obras, fundamentalmente, ao amparo do Plan Concellos de financiamento regrado aos municipios de menos de 50.000 habitantes. Para reestruturar o núcleo de Paramos, Tui beneficiouse, ademais, dun proxecto extraordinario, dentro do Plan DepoRemse, de mellora da seguridade nos viarios municipais, cunha asignación de case 425.000 euros. O Concello contratou tamén a preto de 101 persoas desempregadas para traballar temporalmente nos servizos municipais con cargo á Liña 3 do Plan Concellos. Este ano contará con 15 persoas máis.
    
Tui amplía a súa superficie industrial con 105 mil metros cadrados en Ribadelouro
Tui, 7 de maio de 2021. Tui contará con 105 mil metros cadrados de solo industrial no Polígono Industrial de Ribadelouro. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, para o desenvolvemento dos sectores SU-2A e SU-2B.  Dende o Concello procederase agora a inscrición do solo no rexistro de planeamento, e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, tras o que transcorrido o prazo de entre 10 e 15 días esta aprobación entrará en vigor.  
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificaba esta aprobación de “magnífica noticia” sinalando que se trata da “maior viabilidade de chan empresarial na historia deste concello” o que permitirá “facer viable este polígono”.
O proceso iniciouse en 2014 a instancia dos empresarios do Polígono Industrial co impulso por parte do concello de Tui. En decembro de 2016 foi aprobada en pleno a modificación puntual do PXOM, tras o que se abriu un período de exposición pública e dende o Concello se mantiveron reunións cos empresarios interesados.
Ao longo dos últimos anos realizouse unha longa e complexa tramitación na que se responderon as distintas alegacións presentadas e os requirimentos realizados polos organismo que tiveron que emitir o seu informe.
O novo chan industrial de Ribadelouro está estratexicamente situado tanto polas comunicacións con Portugal e con Galicia a través da A55 e da AP 9, coma pola súa proximidade ao Parque Empresarial da Granxa.  Suporá un foco de atracción para novas empresas coa previsible creación de novos postos de traballo.
Esta aprobación definitiva permite así acadar o obxectivo, marcado polo goberno municipal, de fundamental para o desenvolvemento industrial e empresarial do municipio.
Nesta mesma liña o Concello de Tui continúa o traballo para poder contar con solo industrial con todas as garantías legais.  Así estase a tramitar a Modificación puntual do PXOM, con ordenación detallada, en aplicación da disposición transitoria 7ª, da lei 2/2016 do 10 de febreiro, para a regularización urbanística dun asentamento empresarial xurdido a marxe do planeamento en Baldráns. Esta modificación foi aprobada inicialmente en pleno en setembro de 2020.
Tamén co mesmo obxectivo, a súa continúan as reunións cos empresarios do Polígono Industrial de Guillarei.
    

Últimos días para achegarse á mostra “Estampas Anagrámicas” do tudense Rafael García Sánchez
Tui, 10 de maio de 2021. Últimos días para visitar na Sala Municipal de Exposición a mostra “Estampas anagrámicas” que rematará este sábado, 15 de maio.
A mostra está integrada por 72 láminas do ilustrador e debuxante tudense Rafael García Sánchez coa orixinalidade que cada debuxo, dedicado a unha persoa ou lugar, está realizado combinando as letras da cada palabra, pero asombrosamente esa combinación de letras logra reproducir ou a cara do personaxe ou o símbolo que identifica a cada lugar. Hai unha mestura de sinxeleza, de calidade no trazo e de modernidade logrando unhas imaxes que anticipan as técnicas de deseño contemporáneo.
Dende a súa inauguración, o pasado 7 de abril,  achegáronse até a mostra preto de 600 persoas, tanto persoas individuais como diversos grupos escolares para descubrir a este ilustrador tudense, da primeira metade do século XX, e que ata agora permanecía no descoñecemento do público. Esta mesma exhibiuse en Tui hai 87 anos no Casino tudense, no ano 1934, cando se celebraron as festas de San Telmo no mes de xuño.
Apuntes biográficos de RAFAEL GARCÍA SÁNCHEZ
Son escasos os datos biográficos que coñecemos.
Nace en Tui nos anos oitenta do século XIX. Foron seus pais Ignacio García e Generosa Sánchez e os seus irmáns José García Sánchez, afamado avogado tudense e correspondente do Faro de Vigo moitos anos, Manuel, médico militar, Ignacio, comisario de policía, e Purificación, casada co militar portugués Isidoro Pereira Padín. Rafael García Sánchez estivo solteiro.
 
En 1911 como empregado dunha casa industrial e traballando en Portugal foi detido en Régoa, acusado de conspiración contra a recentemente proclamada República portuguesa, e encarcerado en Porto e Lisboa durante once meses, liberado coa obriga de abandonar Portugal tras as xestións do ministro plenipotenciario na legación de España en Lisboa, Rodrigo de Saavedra y Vinent, II marqués de Villalobar.
Posteriormente na súa actividade profesional foi oficial de Facenda, adscrito a cidade de Tui, logo destinado, a petición propia, á Aduana de Behovía – Irún onte traballou ata a súa xubilación.
Dedicado dende novo ao mundo da ilustración, colabora en diversas publicacións como “Vida gallega” (1920), “Faro de Vigo” (1925) ou a revista tudense “La Semana” (1925).
Cultivou tamén a “cisografia”, técnica consistente no debuxo de persoas ou escenas recortadas en cartolina negra colocadas sobre un fondo luminoso; realizando diversas exposicións con esta técnica.
Rafael García Sánchez forma parte dunha xeración de ilustradores tudenses de alta calidade que abrangue a Eduardo Padín Rodríguez (Tui 1886 – Vigo 1979), José Izquierdo Durán “Yzquierdo” (Tui 1890 – Madrid 1930), Guillermo Taboada Infante (Tui 1909 – Madrid 2006) e José Castro Arines (Tui 1911 – Madrid 1997).
Esta colección foi entregada ao Concello de Tui no ano 2019 pola familia Arean Pereira e houbo que agardar ata agora para poder realizar esta exposición inaugurada coincidindo coas festas patronais de San Telmo.
EXPOSICIÓN ESTAMPAS ANAGRÁMICAS
Esta exposición “Estampas anagrámicas” foi inaugurada, por vez primeira, no “Lar Gallego” de San Sebastián coincidindo coa festa do apóstolo Santiago do ano 1932.
En xuño do ano 1934 realiza de novo esta exposición no Casino de Tui, enviando a colección de estampas ao presidente de la Liga de Amigos de Tuy, don Rosendo Troncoso Bugarín, para ‘amenizar el programa de festejos de San Telmo. Habiamos admirado ya en otras ocasiones algunas de las sugestivas creaciones de este “verdadero artista” del lápiz y la pluma que le otorgaban con indiscutible derecho el titulo de gran dibujante’ sinala o correspondente de El Pueblo Gallego.
No ano seguinte, nos meses de outubro e novembro de 1935, esta mostra foi presentada en Vigo nos salón de “Amigos del Arte”.
 
Resultados Club Baminton
Tui, 9 de maio de 2021. Este domingo participábamos en el TTR SUB11-Absoluto de As Neves que organizaba el Club Bádminton As Neves.
Estamos muy satisfechos por el comportamiento y el juego desarrollado por todos nuestros deportistas y por los resultados obtenidos.
En categoría absoluta destacar el bronce logrado por Daniela Sanz en individual F., así como buen juego del resto del equipo: Fabián Barreiro, Bruno Fernández y Jessica Santos.
En categoría Sub11 hicieron todos un fantástico torneo trayéndose para Tui también un buen número de medallas:
ORO para Iago Díaz-Fierros y Mikel Martínez, en Dobles M
PLATA para Mariña García y Alexia Pérez, en Dobles F
BRONCE para Mariña García, en Individual F
BRONCE para Alexia Pérez, en Individual F
BRONCE para Mariña García y Mikel Martínez, en Dobles mixto
BRONCE para Alexia Pérez y Martín Gándara, en Dobles mixto
Nuestra enhorabuena a todas/os por su esfuerzo, el trabajo da sus frutos y nuestros sub11 vienen fuertes, toca seguir trabajando y mejorando, pero sobre todo disfrutando del bádminton como lo han hecho hoy.
Gracias a ellos por el esfuerzo y la entrega y a las familias por seguir confiando en nosotros y por su apoyo.
 

Tui celebra as Letras Galegas cunha edición en liña de Tui Le e coa XXII Feira do Libro Galego nas propias librarías
Tui, 11 de maio de 2021. O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cunha nova edición de Tui Le e da Feira do Libro Galego, adaptadas as actuais circunstancias sanitarias.  A autora homenaxeada este 2021, Xela Arias, será a protagonista do programa cunha conferencia de Marga do Val, e coa lectura dos seus poemas. Tamén haberá espectáculos infantís con Pablo Sánchez e Paporrubio e un concerto de MJ Pérez.
A programación comeza o venres cunha edición en liña de “Tui Le” na que colaboran as bibliotecas escolares tudenses e as Bibliotecas Municipais de Tui e de Valença. Este ano o programa que se poderá seguir a través de tui.gal e das redes sociais municipais recolle por unha banda a lectura dos poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro polo alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis e Caldelas, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Maristas. O propio escritor, Antonio García Teijeiro, saúda aos e ás escolares dándolles as grazas polo lectura dos ser versos e os agasalla cuns versos da súa autoría de “Poemar o mar” Amais o alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio. Recitan poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.
O sábado, 15 de maio, ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val, que foi compañeira de xeración e amiga de Xela Arias. Na súa charla abordará a traxectoria e obra poética da autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.
O luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas, terá lugar a XXII Feira do Libro Galego que este ano debido á pandemia cambiará o seu formato habitual na rúa para realizarse nas propias librarías participantes “Espazo Lector Nobel” e Iris” que abrirán en horario e de mañá e tarde ofrecendo un 10% de descontos nos libros en galego.   
Ao longo da xornada o Paseo da Corredoira, nun espazo habilitado con todas as medidas de seguridade e protocolo anticovid, acollerá distintos espectáculo cun aforo limitado a 80 persoas e para os que será preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo.
Ás 12.30 h o narrador Pablo Sánchez presentará “Os contos de Pablísimo” para público familiar. Ás 18.30 h Paporrubio presenta “Varietés do Animalario” un espectáculo de monicreques con música en directo. Por último ás 20.45 h a cantautora galega MJ Pérez,  ofrecerá un concerto con pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego.
Amais coma cada ano a Radio Municipal de Tui realizará un programa especial con motivo do Día das Letras Galegas.
A concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, convida á veciñanza a festexar os día das nosas letras participando nas distintas actividades previstas.
 
O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios oferta cursos gratuítos en liña sobre novas tecnoloxías
Tui, 11 de maio de 2021. O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza cursos gratuítos de formación en liña sobre novas tecnoloxías ao abeiro de dous proxectos Extraordinarias e IniciaTic.
Dentro de Extraordinarias organizan tres obradoiros gratuítos dirixidos a mulleres, cunha duración de hora e media cada un. Celebraranse os días 1 ou 3 de xuño, en función da preferencia das persoas interesadas.
O primeiro dos obradoiros de nivel básico vai dirixido a mulleres que non empregan as redes sociais nin ferramentas dixitais no seu día a día.  O nivel intermedio vai destinado a mulleres que empregan algunhas redes e ferramentas, pero non se manexan demasiado ben nas mesmas. E por último o nivel avanzado vai dirixido a aquelas mulleres que xa empregan as redes sociais e ferramentas dixitais nos seus negocios e se poderán beneficiar de contidos máis avanzados. Cada muller poderá escoller un máximo de dous niveis ou o básico e intermedio, ou o intermedio e avanzado. Os horarios serán de 15 a 16.30 h ou de 19 a 20.30 h.
A inscrición está aberta até o luns 24 de maio en cfo@tui.gal indicando o nome completo e apelidos, teléfono de contacto e data e horario preferente.
Por outra parte no proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, ofertan seis módulos formativos en liña tamén gratuítos a impartir no mes de xuño.
O xoves 10 de xuño será “Comercio electrónico”, o martes 15 “Administración electrónica”, o xoves 17 “Ferramentas de comunicación e xestión”, o martes 22 “Marketing Dixital”, o xoves 24 “Ciberseguridade” e o martes 29 “Big Data”.  Impartiranse de 15 a 16.30 h ou de 19 a 20.30 h en función da preferencia das persoas inscritas. Ao remate non expedirán certificado de asistencia.
A inscrición debe realizarse até o 28 de maio enviando un correo a cfo@tui.gal  co nome, apelidos e teléfono de contado, e indicando o horario preferente. Pódese ampliar esta información no teléfono 986 60 39 49.
 

Abre o prazo de solicitude das axudas do programa Reactiva Tui II
Tui, 12 de maio de 2021. Dende mañá e até o 3 de xuño poderanse solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II do Concello de Tui. Teñen por obxectivo paliar o impacto na actividade económica que supuxo o peche perimetral de Tui a través da aportación de liquidez ás empresas e autónomos da cidade. O Concello de Tui destina a estas axudas 238 mil euros, dos que 190 mil son de fondos propios e 48 mil foron aportados pola Deputación de Pontevedra. A convocatoria deste programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de marzo.
Poden solicitar as axudas Reactiva Tui II as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís e outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas.  Os requisitos que deben cumprir son desenvolver unha actividade empresarial, agás xogos de azar e apostas,  por parte dunha persoa física (traballador autónomo), unha microempresa ou pequena empresa. Amais deben ter sufrido unha baixada de facturación igual ou superior ao 30% no último trimestre de 2020 con respecto ao mesmo período de 2010. Os solicitantes deben ter  o seu domicilio fiscal no termo municipal de Tui e exercer a actividade empresarial nun local comercial ou negocio situado no termo municipal de Tui. Tamén deben estar exentos do IAE no exercicio fiscal de 2020, e estar dado/a de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua Profesional correspondente e na AEAT.
A contía das axudas será de 1000 euros para persoas traballadoras autónomas sen traballadores a cargo, 1200 € para autónomos e microempresas con até 5 traballadores a cargo, e de 1500 € para autónomos e microempresas, con entre 6 e 10 traballadores a cargo.
As bases completas e o extracto  desta convocatoria poden consultarse en tui.gal e na sede electrónica do Concello, así coma no BOPPO de onte luns, 11 de maio e de hoxe martes, 12 de maio.
A presentación de solicitudes realizarase a través da sede electrónica do concello.
Estas axudas súmanse ás concedidas ao abeiro do programa Reactiva Tui I cun importe de 110 mil euros, e aos 30 mil euros consumidos dos Bonos Activa Tui.
 

Abre o prazo de solicitude das axudas do programa Reactiva Tui II
Tui, 12 de maio de 2021. Dende mañá e até o 3 de xuño poderanse solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II do Concello de Tui. Teñen por obxectivo paliar o impacto na actividade económica que supuxo o peche perimetral de Tui a través da aportación de liquidez ás empresas e autónomos da cidade. O Concello de Tui destina a estas axudas 238 mil euros, dos que 190 mil son de fondos propios e 48 mil foron aportados pola Deputación de Pontevedra. A convocatoria deste programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de marzo.
Poden solicitar as axudas Reactiva Tui II as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís e outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas.  Os requisitos que deben cumprir son desenvolver unha actividade empresarial, agás xogos de azar e apostas,  por parte dunha persoa física (traballador autónomo), unha microempresa ou pequena empresa. Amais deben ter sufrido unha baixada de facturación igual ou superior ao 30% no último trimestre de 2020 con respecto ao mesmo período de 2019. Os solicitantes deben ter  o seu domicilio fiscal no termo municipal de Tui e exercer a actividade empresarial nun local comercial ou negocio situado no termo municipal de Tui. Tamén deben estar exentos do IAE no exercicio fiscal de 2020, e estar dado/a de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua Profesional correspondente e na AEAT.
A contía das axudas será de 1000 euros para persoas traballadoras autónomas sen traballadores a cargo, 1200 € para autónomos e microempresas con até 5 traballadores a cargo, e de 1500 € para autónomos e microempresas, con entre 6 e 10 traballadores a cargo.
As bases completas e o extracto  desta convocatoria poden consultarse en tui.gal e na sede electrónica do Concello, así coma no BOPPO de onte luns, 11 de maio e de hoxe martes, 12 de maio.
A presentación de solicitudes realizarase a través da sede electrónica do concello.
Estas axudas súmanse ás concedidas ao abeiro do programa Reactiva Tui I cun importe de 110 mil euros, e aos 30 mil euros consumidos dos Bonos Activa Tui.
  

A próxima semana comezan as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos
Tui. Venres, 14 de maio de 2021. A próxima semana comezarán as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos de Tui consistentes na reparación da cuberta e da estrutura portante. Suporán un investimento de 96.437 € , IVE incluído, dos que 50 mil son financiados ao abeiro das Subvencións para Proxectos de Rehabilitación e Reforma de Mercados Municipais de Venda de Produtos Agroalimentarios de Agader, asumindo o concello con fondos propios o importe restante.
A execución prolongarase até o 30 de xuño. Neste tempo compatibilizarase a actividade dos praceiros e praceiras pola mañá coa execución das obras pola tarde. Dende o concello agradécese, nese senso, a colaboración por parte dos praceiros e praceiras e apélase a  comprensión das persoas que acoden a realizar as súas compras á praza, polas pequenas molestias ou cambios que poden conlevar, a actuación.
Os traballos consistirán en primeiro lugar na limpeza da fachada exterior, piares, capiteis e baixantes, eliminando as manchas de humidade e pintadas.
As obras comprenderán tamén a reparación da estrutura tubular metálica de cuberta, o mantemento dos piares de formigón, revisión, limpeza e reparación de arquetas, canalóns, baixantes, … detectando calquera signo de dano e procedendo á reposición puntual dos elementos que o precisen. Impermeabilizaranse as zonas danadas e colocaranse gardacanos de aceiro galvanizado. A estrutura e os piares pintaranse en cor en gris.
A actuación contempla tamén a substitución das chapas das seis pirámides da cuberta, por seis lucernarios de placas de policarbonato celular translúcido, co que se gañará en luz natural na parte central do edificio.  Tamén se levará a cabo a limpeza e pintado da cara inferior da cuberta en cor branca.
As obras están a ser executadas pola empresa tudense IMPERVELPER, adxudicataria da licitación, co que o investimento realizado revirte dobremente na economía local.
Esta é a primeira fase das obras de reforma da Praza de Abastos de Tui, seguindo a folla de ruta establecida dende o Concello para pór en valor este espazo, e que a súa vez forma parte da estratexia urbana de converter a cidade nun lugar máis accesible e con mellor calidade de vida. O primeiro paso foi a diagnose do mercado levada a cabo co financiamento da Xunta de Galicia, dentro do plan de Mercados Excelentes. Un traballo que puxo de relevo o gran potencial que a Praza de Abastos ten como centro de comercialización dos productos de proximidade, polo que é urxente a súa adaptación ao novo modelo de mercados.  O obxectivo é seguir avanzando para converter este mercado nun centro comercial atractivo e de referencia para o consumo local.
Para iso dende o Concello estase a traballar xa no deseño do anteproxecto da segunda fase das obras que suporá unha reforma integral do Mercado converténdoo nun punto de atracción e dinamización da zona. Está previsto que se poida executar con fondos procedentes da Unión Europea.
 

Comezan as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos
Tui, 14 de maio de 2021.  Tui comeza as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos de Tui consistentes na reparación da cuberta e da estrutura portante. Suporán un investimento de 96.437 € , IVE incluído, dos que 50 mil son financiados ao abeiro das Subvencións para Proxectos de Rehabilitación e Reforma de Mercados Municipais de Venda de Produtos Agroalimentarios de Agader, asumindo o concello con fondos propios o importe restante.
A execución prolongarase até o 30 de xuño. Neste tempo compatibilizarase a actividade dos praceiros e praceiras pola mañá coa execución das obras pola tarde. Dende o concello agradécese, nese senso, a colaboración por parte dos praceiros e praceiras e apélase a  comprensión das persoas que acoden a realizar as súas compras á praza, polas pequenas molestias ou cambios que poden conlevar, a actuación.
Os traballos consistirán en primeiro lugar na limpeza da fachada exterior, piares, capiteis e baixantes, eliminando as manchas de humidade e pintadas.
As obras comprenderán tamén a reparación da estrutura tubular metálica de cuberta, o mantemento dos piares de formigón, revisión, limpeza e reparación de arquetas, canalóns, baixantes, … detectando calquera signo de dano e procedendo á reposición puntual dos elementos que o precisen. Impermeabilizaranse as zonas danadas e colocaranse gardacanos de aceiro galvanizado. A estrutura e os piares pintaranse en cor en gris.
A actuación contempla tamén a substitución das chapas das seis pirámides da cuberta, por seis lucernarios de placas de policarbonato celular translúcido, co que se gañará en luz natural na parte central do edificio.  Tamén se levará a cabo a limpeza e pintado da cara inferior da cuberta en cor branca.
As obras están a ser executadas pola empresa tudense IMPERVELPER, adxudicataria da licitación, co que o investimento realizado revirte dobremente na economía local.
Esta é a primeira fase das obras de reforma da Praza de Abastos de Tui, seguindo a folla de ruta establecida dende o Concello para pór en valor este espazo, e que a súa vez forma parte da estratexia urbana de converter a cidade nun lugar máis accesible e con mellor calidade de vida. O primeiro paso foi a diagnose do mercado levada a cabo co financiamento da Xunta de Galicia, dentro do plan de Mercados Excelentes. Un traballo que puxo de relevo o gran potencial que a Praza de Abastos ten como centro de comercialización dos productos de proximidade, polo que é urxente a súa adaptación ao novo modelo de mercados.  O obxectivo é seguir avanzando para converter este mercado nun centro comercial atractivo e de referencia para o consumo local.
Para iso dende o Concello estase a traballar xa no deseño do anteproxecto da segunda fase das obras que suporá unha reforma integral do Mercado converténdoo nun punto de atracción e dinamización da zona. Está previsto que se poida executar con fondos procedentes da Unión Europea.
  

Tui inaugura a exposición “Inventio Mundi” que documenta unha parte da historia da navegación marítima galega
Tui, 19 de maio de 2021. Tui tivo un papel relevante na historia da navegación marítima. Como capital diocesana concentraba o poder civil e eclesiástico deste territorio fronteirizo. Ademais, foi o lugar de orixe dalgunhas figuras destacadas como Sebastián de Ocampo, que descubriu que Cuba era unha illa. Esta é unha parte do relato que se pode ver en “Inventio Mundi”, a mostra organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, participarán mañá (19:00 horas) xunto co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na inauguración desta mostra que se poderá visitar na Sala de Exposicións do concello ata o 6 de xuño.
A mostra permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.
“Inventio mundi” é unha mostra que recolle unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais. De feito, unha das grandes fortalezas desta mostra está no relato, en explicar en pouco máis de trinta paneis unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura. A mostra xestouse en 2019 en plena conmemoración do quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta e as súas consecuencias para Galicia.
A Galicia navegante no imaxinario literario
A posición atlántica de Galicia é fundamental para comprender a especificidade da cultura galega. Por iso, a través de “Inventio mundi” tamén se recupera como se mantiveron no noso imaxinario popular os feitos históricos. Na literatura galega medieval, o Atlántico é o Mar Maior, cantado por Paio Gómez Chariño, o poeta almirante sepultado na igrexa de San Francisco de Pontevedra, a Boa Vila, porto importante aínda a fins do século XV. Pero hai máis, a historia do Colón pontevedrés; o Fernando de Magalhães que naceu na aldea de Magaláns, na mesma ría; pero tamén na literatura contemporánea en obras como “O triángulo inscrito na circunferencia” de Víctor Freixanes, entre moitas outras achegas. Unha conexión que tamén está presente na mostra.
A navegación histórica
O relato da navegación galega comeza coa epopea de Magalhães, que descobre unha nova ruta para ir ás illas Molucas, a das especias, pero sen ter que pasar polos territorios adxudicados a Portugal no Tratado de Tordesillas (1494). Como é sabido, Magalhães morreu na ruta pero regresou Elcano, que tentou explorar esa nova ruta. Por aquel entón Carlos V non tiña interese en reforzar o comercio de Sevilla con América e aproveitou as circunstancias políticas para crear na Coruña unha casa de contratación (da que non queda resto ningún). Iníciase así un intento de explotar o mercado con América desde Galicia. Esa nova vía político-marítima concretaríase nun proxecto de colonización e cinco expedicións, das que só se fixeron catro.
A exposición dá conta desas catro viaxes, do tipo de embarcacións empregadas e dos nomes propios dos seus promotores e executores. “As expedicións foron un auténtico fracaso en canto ao que se pretendía perseguir (abrir unha vía de comercio coas Molucas sen ter que depender de Portugal), nas que morreron moitísimos homes (moitos deles galegos), nas que non se obtivo ningún beneficio” explica Ofelia Rey. Pero, ao mesmo tempo, a comisaria recoñece que foron moi positivas vistas con ollos de hoxe. “Permitiunos ver as prospeccións xeográficas, o cartografado da costa e un relato dunha tentativa truncada dun peso relevante de Galicia no comercio coas Américas” explicou.
A primeira das expedición tivo lugar en 1524, que é cando sae do porto da Coruña a carabela “Anunciada”. Á fronte está Estevão Gomes, que busca un paso entre o Atlántico e o Pacífico e abrir deste xeito unha alternativa ás Molucas polo norte. Aínda que fracasou no seu intento, percorreu a costa americana desde Terranova, a Terra dos Bacallaus, ata Florida.
A segunda foi a de García Jofre de Loaysa, que arrincou o 24 de xullo de 1525 seguindo a ruta tradicional. Malia que saíu unha armada de sete naves, once anos despois só dúas ducias de superviventes regresaron a Europa.
En 1527 saíu desde o cabo de Fisterra a terceira das expedicións. Tres barcos capitaneados por Diego García de Moguer, un experimentado mariño. Nunca chegou ao seu destino, acabou explorando o río Paraná e o Paraguai e volveu a España por Sevilla sen cumprir o seu mandato.
A cuarta e última expedición foi a de Simón de Alcazaba, navegante portugués ao servizo da Coroa de Castela. En palabras da comisaria, “foi un fiasco mesmo antes de partir porque este navegante aproveitou todo o seu mando para defraudar a Facenda”.
Nesta historia da navegación sobresaen varias figuras galegas como a de Fernando de Andrade (1477-1540), home chave e sempre presente nos proxectos que relacionaron Galicia coa empresa oceánica. Outro nome que ter en conta é o de Gómez Pérez das Mariñas, que tivo importantes iniciativas náuticas no Pacífico. E, por suposto, Sarmiento de Gamboa, que foi moi prolífico en relatos de alto interese histórico e unha figura fundamental para entender a cartografía posterior.
Ligazóns relacionadas
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201154
 
Presentación da Final Four de Balonmán na que o equipo sénior masculino do Club Balonmán Tui xogará polo ascenso a Primeira Autonómica
Tui, 19 de maio de 2021.  Mañá xoves 20 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación da Final Four que o equipo sénior do Club Balonmán Tui disputará o próximo sábado e domingo, polo ascenso á Primeira Autonómica.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Deputada Provincial da Deputación de Pontevedra, Iria Lamas, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, o vicepresidente e a presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera e Laura Solla, o presidente e vicepresidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez e Manuel Pons e o capitán do equipo sénior masculino, Pablo Domínguez.
 

Tui acolle esta fin de semana a Final Four de ascenso a Primeira Autonómica de Balonmán
Tui, 20 de maio de 2021. O novo pavillón deportivo de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Balonmán na que os equipos senior masculino do club Balonmán Tui, o BM Lucus parrillada Abel, o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela buscarán o ascenso a Primeira Autonómica.   
Este mediodía presentouse a proba na casa do concello por parte do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, a  deputada de Medio Ambiente, Iria Lamas, o vicepresidente e a presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera e Laura Solla, o presidente e vicepresidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez e Manuel Pons e o capitán do equipo sénior masculino, Pablo Domínguez.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, deixou constancia na presentación do compromiso e apoio do Concello de Tui co deporte. Agradecía o edil  que esta Final Four se poida celebrar en Tui, e convidaba a acudir ao pavillón esta fin de semana. Desexaba sorte ao Balonmán Tui para lograr o ascenso de categoría.
Laura Solla, presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, explicaba que a Final Four é un formato que vén para quedarse polos bos resultados que está obtendo, xa que  “lle da moito interese a competición, deixa a emoción até o final e sobre todo crea entre todos os xogadores que participan nela uns vínculos importantes e  capacidade de asumir un tipo de competición diferente, con convivencia e cuns valores que fomentan cousas novas”. Tamén destacou o papel dos clubs, das administracións e da federación facilitando o regreso do balonmán e do deporte en pandemia, porque o “traballo deixou patente que o deporte non é nunca o problema, senón unha parte da solución e da saúde dos rapaces tanto física coma mental”
O presidente do Balonmán Tui, Pablo Rodríguez, agradeceu ás administracións e en especial ao concello o seu compromiso e aposta por traer esta Final Four para Tui, así coma á Federación Galega polo apoio brindando aos clubs.   Destacaba coma chegar a esta loita polo ascenso ten moito mérito e valor tras un ano moi difícil.  Salientaba que esta fin de semana vai ser a festa do balonmán en Tui.
Pola súa parte a deputada Iria Lamas destacaba o apoio da Deputación ao deporte. Agradecía aos clubs todo o esforzo realizado neste ano de pandemia. Tamén indicaba, que máis aló do ámbito deportivo, esta competición permitirá dar a coñecer Tui, salientando as repercusións positivas no turismo e na dinamización económica.    
A cita será no novo pavillón municipal que acollerá o sábado ás 18 h a primeira semifinal entre o Balonmán Tui e o BM Lucus Parrillada Abel, e ás 20.15 h a segunda semifinal entre o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela.
O domingo ás 12 h xogaranse o 3º e 4º posto, e a final será o domingo ás 17 h.
O público poderá asistir reservando a súa entrada de forma gratuíta a través de www.cluber.es. No pavillón contarase con todas as medidas de seguridade.
 
Inauguración da exposición “Inventio Mundi”

Tui, 20 de maio de 2021. Ata o 6 de xuño pódese visitar na Sala de Exposicións Municipal de Tui a mostra “Inventio Mundi” organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeral de Emigración.
No acto inaugural participaron o tenente alcalde de Tui, José Ramón Magán; a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente; a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda.
A mostra permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.
“Inventio mundi” é unha mostra que recolle unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais.
En pouco máis de trinta paneis a mostra explicar unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura. A mostra xestouse en 2019 en plena conmemoración do quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta e as súas consecuencias para Galicia.
 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, será a segunda conferenciante no Foro do Camiño Portugués
Tui, 21 de maio de 2021. “O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador” é o título da conferencia que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofrecerá o próximo martes, 25 de maio, ás  19 h no “Foro do Camiño Portugués”.  Este é o segundo relatorio deste foro creado polo Concello de Tui, que comezou a súa actividade o pasado mes de abril con Juan Manuel López-Chaves.
Nesta ocasión a presenza da máxima responsable da xestión do Camiño de Santiago en Galicia, así como do sector turístico galego, é unha oportunidade excepcional, cando se está recuperando a vitalidade nas rutas xacobeas, para coñecer de primeira man as perspectivas do goberno de Galicia no escenario post covid na recuperación turística e, de xeito especial, no referente ao Camiño Portugués.
A conferencia terá lugar Aula CeMIT, edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, (rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir en directo a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal.  Para asistir presencialmente o aforo é limitado polo que é preciso inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal.
Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o Concello de Tui continua, con este “Foro do Camiño Portugués”, avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello.
Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello como a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con máis de 1.800 amigos, … que son mostra deste empeño. Algunhas actuacións quedaron interrompidas pola pandemia, outras mantivéronse adaptándose ás novas circunstancias. Laureano Alonso sinala que esta iniciativa de creación do “Foro do Camiño Portugués” inxírese na vontade do Concello de Tui de prepararse para o escenario post-covid no ámbito da peregrinación xacobea levando adiante novas iniciativas que contribúan ao posicionamento do Camiño Portugués e de Tui cara ao futuro que como estamos comprobando nestas xornadas comeza a recibir peregrinos de múltiples nacionalidade abrindo un esperanzador horizonte.
  
O Concello de Tui e ACCEM asinan un convenio de colaboración
Tui, 21 de maio de 2021. O Concello de Tui vén de asinar, hai uns días, un convenio de colaboración con ACCEM, polo que esta organización realizará diversas actividades en Tui.
Previa á sinatura do convenio o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Igualdade, Ana Mª Núñez, e Educación, Sonsoles Vicente, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, xunto a técnicas municipais, reuníronse cos membros de ACCEM, Daniela Bóveda, responsable territorial adxunta en Galicia, Gemma Landesa, responsable do programa Gadea, e Hafdallah Menni, responsable do programa Novicom.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a gratitude do concello polo traballo que levan a cabo dende ACCEM salientando que “o voso papel é fundamental”. Indicaba que “as administracións temos o deber e a responsabilidade de estar preto da cidadanía, especialmente da máis vulnerable”. Por iso salientaba a importancia desta colaboración que agora se establece nun concello “cunha casuística particular por ser transfronteirizo e por ter unha composición moi plural”, e indicaba que en Tui “non temos problemas de convivencia pero si de integración”. Concluía desexando que a sinatura deste convenio sexa o inicio dunha frutífera colaboración.
Dende ACCEM destacaron a disposición amosada dende o concello para colaborar. Explicaron o interese de poder desenvolver a súa actividade en Tui ao ser unha cidade fronteiriza e de paso, e explicaron dous dos programa que teñen en marcha Gadea e Novicom.   En concreto a través do proxecto Gadea, financiado co % do IRPF destinado a fins sociais, prestan atención especializada no ámbito xurídico e social, a mulleres migrantes que estean en situación de vulnerabilidade.  No mesmo asesoran en temas de estranxería, permisos de residencia, reagrupamento familiar….
Por outra parte co proxecto Novicom ofrecerán información e realizarán campañas de sensibilización sobre a trata de persoas. Tamén contan cun programa de intervención directa con persoas que exercen a prostitución.
Ao abeiro desta colaboración dende ACCEM realizarán un taller formativo “Sensibilización sobre trata de seres humanos, pautas para a identificación de posibles vítimas” dirixido a persoal de Servizos Sociais, Policía Local, e persoal de atención directa….
Tamén organizarán “Dinámicas de grupo en materia de estranxeiría e trata de seres humanos” e obradoiros de formación e sensibilización en institucións educativas e co profesorado xa de cara ao próximo curso.
 

Resultados Badminton Tui
Tui, 22 de maio de 2021. Desde el Club Bádminton Tui estamos muy satisfechos del papel realizado por nuestra jugadora Andrea Pérez Vila en el Campeonato Autonómico Sub 17 de Galicia, celebrado este sábado en las instalaciones del Club del Mar de A Coruña.
De allí se ha venido para Tui con dos medallas de bronce: una en Individual femenino y otra en dobles femenino donde hizo pareja con Laura Seijo del Club Athlos.
Poco a poco el esfuerzo va dando resultados. Ha sido un torneo complicado donde Andrea ha sabido mantener la mente fria y resolver favorablemente partidos complicados.
 

A Xunta pon en valor as actuacións para a mellora do trazado e a acollida no Camiño Portugués
Tui (Pontevedra) , 25 de maio de 2021.- As actuacións de mellora do trazado, sinalización e servizos ao peregrino no Camiño Portugués centraron o relatorio que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofreceu no marco do Foro do Camiño Portugués, promovido polo Concello de Tui. A xornada, que contou coa participación do alcalde, serviu para afondar no peso que este itinerario ten no desenvolvemento socioeconómico deste territorio.
A directora de Turismo de Galicia centrou a súa exposición no peso que acadou o Camiño Portugués, que en 2019 converteuse no segundo itinerario máis escollido para peregrinar ata Santiago con máis de 72.000 peregrinos, o 20% dos que se solicitaron a Compostela ese ano. Castro destacou a firme aposta da Xunta tanto por este itinerario no que se levan investidos 3,7 millóns de euros desde 2015 no marco do Plan Director do Camiño de Santiago que conclúe este ano. Do mesmo xeito, a responsable de Turismo destacou as actuacións que se fixeron en materia de accesibilidade, eficiencia enerxética e seguridade sanitaria, para garantir que o Camiño Portugués sexa un Camiño Seguro.
Mellora da acollida
Castro tamén lembrou os traballos para a mellora da acollida ao peregrino, levando adiante actuacións de mantemento e melloras nos albergues públicos cos que conta o Camiño Portugués. Entre as actuacións destacou o recen rematado albergue de Vigo, na variante da Costa, ademais dos traballos de reparación do albergue de Tui e nos albergues de Briallos, Porriño e Redondela.
 

Pleno ordinario, a porta pechada, no concello de Tui
Tui, 26 de maio de 2021. Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, con carácter excepcional, a sesión plenaria celebrarase a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.
O Pleno celébrase o xoves, 27 de maio ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior no 2/2021, do 25 de marzo.
2º.- Expediente 2705/2019. Ditame Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 21/05/2021, favorable á proposta da Alcaldía de 20/05/2021 de adxudicación expediente de “Concesión obra públicaredacción de proyecto, construcción y explotación de aparcamiento subterráneo entre las calles Orense y Compostela, y urbanización exterior superficie existente sobre el aparcamiento y reposición de servicios afectados por ejecución del aparcamiento.”
3º.- Expediente 938/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 20/05/2021, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos número 13/2021 (Crédito Extraordinario 2/2021) financiado con remanente líquido de Tesoureria para gastos xerais.
4º.- Expediente 958/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 20/05/2021, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos número 14/2021 (Suplemento de Crédito 1/2021) financiado con remanente líquido de Tesoureria para gastos xerais.
5º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da Alcaldía de data 18/05/2021, relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui.
6º.- Expediente 2313/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira delegada de Facenda de data 15/03/2021 sobre Aprobación definitiva do Orzamento xeral 2021.
7º.- Expediente 450/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 12/05/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente as obras de Saneamento e recintado de muros interiores en bodega asociada a vivenda en planta 1a sita na rúa San Telmo, 7.
8º.- Expediente 635/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 20/04/2021, relativa a bonificación de ICIO por obras de afectado pola explosión de Paramos (ID 404)
9º.- Expediente 637/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 20/04/2021, relativa a bonificación de ICIO por obras de afectado pola explosión de Paramos (ID 240).
10º.- Expediente 887/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 12/05/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente as obras de "Reparación de faldón de cuberta" sito na rúa Cuenca, 4.
11º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á da Proposta da Alcaldía, de data 18/05/2021, de asunción de escrito presentado pola plataforma “Creer en nosotros” del sector de la peluquería y estética”.
12º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 21/05/2021, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/05/2021, relativa a asunción de escrito presentado pola Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueducto de Caldelas sobre estado do Acueducto do Pontillon”.
13º.- Mocións de Urxencia.
B) Actividade de control:
14º.- Expediente 242/2021. Dación de conta de liquidación do Orzamento para o ano 2020, de acordo co establecido nos artigos 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 90.2 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril.
15º.- Expediente 2095/2020. Dación de conta de aprobación información referida ó custo efectivo dos servizos no Concello de Tui tal e como se obtén do programa contable do Concello para o exercicio 2019.
16º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de no 305 de 22/03/2021 ata o no 722 de 20/05/2021.
 
C) Rogos e preguntas:
17º.- Rogos e preguntas.
 
Tui traballa na promoción do Camiño Portugués dende diversos ámbitos
Tui, 26 de maio de 2021. A Mesa do Camiño de Santiago de Tui reuniuse hai un días para abordar a actual situación do Camiño.
Estivo presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e contou coa participación do concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, e da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez. Asistiron tamén representantes dos diversos sectores vinculados á xestión do Camiño na cidade coma hostalaría, restauración, empresas de servizos aos peregrinos, movemento asociativo. Tamén estiveron presentes representantes da Igrexa e Francisco Singul Lorenzo, da SA de Xestión do Plan Xacobeo, por parte de Turismo de Galicia.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abriu a reunión indicando  que "xa estamos asistindo á presenza dos primeiros peregrinos, logo da pandemia e dos peches perimetrais e fronteirizos, tanto a nivel individual como de pequenos grupos tanto peninsulares como europeos, sendo un motivo de esperanza". O alcalde comentou a inmediata licitación por parte do Ministerio de das obras de humanización da Avenida de Portugal e a zona fronteiriza que mellorará substancialmente o lugar, polo que transcorren o Camiño Portugués a súa entrada a Tui tras cruzar a vella Ponte Internacional.
O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, informou sobre actuacións en torno ao Camiño de Santiago impulsadas por parte do Concello de Tui. Explicou así a actuación de Mellora do Camiño cubrición dos contedores de lixo no tramo do Camiño para reducir o impacto visual dos mesmos. Expuxo amais a mellora da sinalización turística de Tui, con novas sinais na Ponte da Veiga, na Capela de Nosa Señora do Camiño ou na Ponte das Febres.
O concelleiro repasou tamén a creación do Foro do Camiño Portugués, no marco do que se celebra unha conferencia sobre a vía xacobea con carácter mensual. Na primeira das citas contou coa presenza de Juan Manuel López-Chaves Meléndez, fundador da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo, e este mes coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Xa en xuño contarase coa participación de Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo de Porto e Norte de Portugal.
Avanzou Laureano Alonso a edición do material sobre a peregrinación de León de Rosmithal da que cumpre este ano o seu 555 aniversario, e repasou a edición do folleto “Tui, capital do camiño portugués” e das guías de turismo deseñadas por Sara Quintana e o ilustrador Xosé Tomás. Tamén indicou que se continua avanzando co proxecto de creación dun centro de acollida de visitantes e peregrinos no cárcere vello, que suporá un investimento de 329.859,49 euros.
Explicou a posta en marcha do perfil de Facebook: Camiño Portugués Tui, que ten acadado 1900 amigos en case dez meses. No primeiro trimestre de 2021, segundo indican as estatísticas, no mesmo foron realizadas 627 publicacións, o que implica case sete de media ao día, xerando 759 comentarios e 7.290 reaccións (unha media diaria altísima: 81 perfiles interactúan no grupo). Algunhas entradas teñen chegado a máis de tres mil persoas.
Para o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, esta nova xuntanza resultou moi positiva pois o intercambio de información e propostas entre os axentes implicados na xestión do Camiño portugués en Tui é positiva para todos e para mellorar o posicionamento de Tui especialmente de cara ao inmediato escenario postcovid que estamos albiscando coa presenza, cada día, maior de peregrinos na nosa cidade.
Participou tamén a concelleira de Ana Álvarez Núñez, que explicou aos asistentes o programa de axudas Reactiva Tui II de interese para o sector turístico tudense e o mantemento do tecido empresarial do mesmo.
Na quenda de intervencións o representante de Turismo de Galicia, Francisco Singul Lorenzo, da SA de Xestión do Plan Xacobeo, expresou a satisfacción por asistir a esta xuntanza nunha iniciativa do Concello de Tui de alto interese. Ratificou o interese de Turismo de Galicia sobre o proxecto "Cárcere Vello" e informou do programa que, en breve, porá en marcha a Xunta de Galicia dun seguro Covid para turistas e peregrinos que cubra as posibles incidencias derivadas da pandemia.
Posteriormente houbo un amplo intercambio de opinións entre os participantes. Comentaron, entre outros aspectos, a gran demanda de información que están a rexistrar e que agardan se traduza en reservas. Tamén expuxeron a necesidade de traballar na promoción en liña, tamén en redes como Instragram. Incidiron amais nos problemas de mobilidade que existen para chegar a Tui a través do transporte público, o que reduce a capacidade de atracción da cidade para visitantes e peregrinos.
 

Un centenar de pilotos competirán este domingo no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade
Tui, 26 de maio de 2021.  Máis dun centenar de piloto participará este domingo, 30 de maio, no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade, organizado polo Motoclub Randufe e o Motoclub A Peroxa.
Esta competición, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentada na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Mario Rui Oliveira, o presidente e vicepresidente do Motoclub Randufe Adolfo Pereira e Andrés Urseira, e o presidente do Motoclub A Peroxa e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a gratitude do concello “polo esforzo que implica organizar un evento coma este”. Engadía que esta proba “enriquece o calendario deportivo da Eurocidade, e da contido a este proxecto”.  Asumiu amais publicamente o compromiso de saldar a débeda que teñen co Motoclub Randufe para poder materializar urbanisticamente o circuíto en Randufe.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, agradeceu aos clubs organizadores a súa aposta por levar adiante este enduro e seguir facendo deporte na cidade.
O vereador de Desporto de Valença, Mario Rui Oliveira, manifestou a súa satisfacción por participar nesta presentación por dobre motivo. Por unha banda porque as asociación continúan organizando actividades e porque a “Eurocidade mantense viva e forte” apuntando que “facemos un esforzo para que a axenda cultura e deportiva se manteña”.
O presidente do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira, salientou que o Enduro Cidade de Tui é a proba máis veterana deste deporte que se celebra en Galicia. Explicou que constará dun percorrido de 34 quilómetros polas parroquias de Randufe, Malvas e Pexegueiro, e contará con dous tramos cronometrados en Randufe e Chan da Misuela.  Pola súa parte o vicepresidente do Club, Andrés Urseira, agradeceu que esta competición forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença. Sinalou o “efecto turístico e difusor da Eurocidade” que ten esta proba, indicando que vivir na Eurocidade é unha fortaleza que temos que aproveitar.
Javier Quintas, presidente do Motoclub A Peroxa e representante da Liga Galega de Moto de Campo, destacou o alto nivel que o enduro ten en Galicia e tamén a importante tradición que este deporte ten na Eurocidade Tui-Valença.
As condicións actuais coas limitacións derivadas da pandemia provocan que este ano non se poida chegar á cifra de 300 participantes doutras edicións, pero si haberá máis dun centenar en competición entre os que estarán os galegos Pedro Gonzalo ou Enrique  Vega, e posiblemente tamén participe Sergio Navarro, actual campión do Mundo junior.
O parque pechado estará situado en Chan do Carrasco. Os pilotos tomarán  a saída, cunha diferenza dun minuto, a partir das 11 h.  Estímase que os primeiros poderán chegar a Malvas sobre as 12 h. A categoría senior realizará tres voltas ao circuíto até completar  126 quilómetros. Haberá dous tramos cronometrados. O público, con todas as medidas de seguridade, poderá ver a proba en Randufe ou Malvas, e tamén na estrada Tui-Gondomar, onde hai unha trialeira nunha zona empedrada e complexa.  
  

Tui acolle un parladoiro que reflexiona sobre a importancia do mar na cultura galega
Tui, 28 de maio de 2021. A cultura popular galega está poboada de heroes lendarios e seres mitolóxicos que chegaron ou saíron do mar. Está o Teucro, o Urco, a Serea de Sálvora, a Maruxaina... ou o propio mar personificado. Neste imaxinario ambientaron algunhas das súas novelas Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás entre moitos outros. E precisamente estres tres autores participaran a vindeira semana en Tui (2 de xuño, sala municipal de exposicións, 20:00 horas) no parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario” organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). A cita pretende reflexionar sobre a importancia do mar e das navegacións na literatura ao fío da exposición “Inventio mundi” (que se pode ver no mesmo espazo ata o 9 de xuño) coa que o CCG pretende dar a coñecer as repercusións que tivo para Galicia a primeira circunnavegación da Terra, a expedición de Magalhães-Elcano.
O mércores, 2 de xuño ás 20:00 horas, a Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica), Rúa Colón, 2, Tui acollerá un parladoiro que pretende afondar na relación entre o mar e a cultura galega. Nela participan os escritores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás. É unha das actividades complementarias da mostra “inventio mundi”, que permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.
“Inventio mundi” é unha mostra que recolle unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais. De feito, unha das grandes fortalezas desta mostra está no relato, en explicar en pouco máis de trinta paneis unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura. A mostra xestouse en 2019 en plena conmemoración do quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta e as súas consecuencias para Galicia.
A Galicia navegante no imaxinario literario
A posición atlántica de Galicia é fundamental para comprender a especificidade da cultura galega. Por iso, a través de “Inventio mundi” tamén se recupera como se mantiveron no noso imaxinario popular os feitos históricos. Na literatura galega medieval, o Atlántico é o Mar Maior, cantado por Paio Gómez Chariño, o poeta almirante sepultado na igrexa de San Francisco de Pontevedra, a Boa Vila, porto importante aínda a fins do século XV. Pero hai máis, a historia do Colón pontevedrés; o Fernando de Magalhães que naceu na aldea de Magaláns, na mesma ría; pero tamén na literatura contemporánea en obras como “O triángulo inscrito na circunferencia” de Víctor Freixanes, entre moitas outras achegas. Unha conexión que tamén está presente na mostra e sobre a que se afondará nunha das actividades complementarias previstas. O vindeiro día 18, Pemón Bouzas, Marilar Aleixandre e Manuel Bragado, coordinados por Olivia Rodríguez, participarán no parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario” e nel afondarán, a través das súas propias experiencias, na relación entre a literatura galega e as historias de navegacións mariñas.
A navegación histórica
O relato da navegación galega comeza coa epopea de Magalhães, que descobre unha nova ruta para ir ás illas Molucas, a das especias, pero sen ter que pasar polos territorios adxudicados a Portugal no Tratado de Tordesillas (1494). Como é sabido, Magalhães morreu na ruta pero regresou Elcano, que tentou explorar esa nova ruta. Por aquel entón Carlos V non tiña interese en reforzar o comercio de Sevilla con América e aproveitou as circunstancias políticas para crear na Coruña unha casa de contratación (da que non queda resto ningún). Iníciase así un intento de explotar o mercado con América desde Galicia. Esa nova vía político-marítima concretaríase nun proxecto de colonización e cinco expedicións, das que só se fixeron catro.
A exposición dá conta desas catro viaxes, do tipo de embarcacións empregadas e dos nomes propios dos seus promotores e executores. “As expedicións foron un auténtico fracaso en canto ao que se pretendía perseguir (abrir unha vía de comercio coas Molucas sen ter que depender de Portugal), nas que morreron moitísimos homes (moitos deles galegos), nas que non se obtivo ningún beneficio” explica Ofelia Rey. Pero, ao mesmo tempo, a comisaria recoñece que foron moi positivas vistas con ollos de hoxe. “Permitiunos ver as prospeccións xeográficas, o cartografado da costa e un relato dunha tentativa truncada dun peso relevante de Galicia no comercio coas Américas” explicou.
A primeira das expedición tivo lugar en 1524, que é cando sae do porto da Coruña a carabela “Anunciada”. Á fronte está Estevão Gomes, que busca un paso entre o Atlántico e o Pacífico e abrir deste xeito unha alternativa ás Molucas polo norte. Aínda que fracasou no seu intento, percorreu a costa americana desde Terranova, a Terra dos Bacallaus, ata Florida.
A segunda foi a de García Jofre de Loaysa, que arrincou o 24 de xullo de 1525 seguindo a ruta tradicional. Malia que saíu unha armada de sete naves, once anos despois só dúas ducias de superviventes regresaron a Europa.
En 1527 saíu desde o cabo de Fisterra a terceira das expedicións. Tres barcos capitaneados por Diego García de Moguer, un experimentado mariño. Nunca chegou ao seu destino, acabou explorando o río Paraná e o Paraguai e volveu a España por Sevilla sen cumprir o seu mandato.
A cuarta e última expedición foi a de Simón de Alcazaba, navegante portugués ao servizo da Coroa de Castela. En palabras da comisaria, “foi un fiasco mesmo antes de partir porque este navegante aproveitou todo o seu mando para defraudar a Facenda”.
 
Nesta historia da navegación sobresaen varias figuras galegas como a de Fernando de Andrade (1477-1540), home chave e sempre presente nos proxectos que relacionaron Galicia coa empresa oceánica. Ou Gómez Pérez das Mariñas, que tivo importantes iniciativas náuticas no Pacífico. E, por suposto, Sarmiento de Gamboa, que foi moi prolífico en relatos de alto interese histórico e unha figura fundamental para entender a cartografía posterior.
Ligazóns relacionadas
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201159
 
Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto infantil masculino na que o CB Tui busca a clasificación ao Campionato de España.
Tui, 28 de maio de 2021. O Vello Pavillón de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará mañá sábado, a clasificación para o Campionato de España que se celebrará en Betanzos.
A competición foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Rafael Estévez, o responsable da área de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, José Luís Pérez, e o presidente e director deportivo do CB Tui, Nicolás Lorenzo e Javier Niño.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicaba que “o baloncesto é para Tui unha sinal de identidade e a celebración desta Final Four será un momento importante e feliz para esta cidade”. Por outra parte, o rexedor felicitaba a Nicolás Lorenzo por asumir de novo a presidencia do Club Baloncesto Tui e reiteraba o seu agradecemento a Federación Galega de Baloncesto por elexir Tui  para a disputa deste evento. Salientaba tamén o compromiso do Concello de Tui co Baloncesto lembrando a recente remodelación do Novo Pavillón e salientaba que nos vindeiros meses o Vello Pavillón remodelarase por completo.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, felicitou ao equipo infantil por esta clasificación para disputar a Final Four ao Campionato de España e reafirmábase “no compromiso do concello co deporte, aumentando a partida destinada, nos orzamentos aprobados onte, a subvención para clubes de 97.500 a 119.000 euros”.  
O presidente do Club Baloncesto Tui, Nicolás Lorenzo, recoñecía a “intensa labor do concello no mantemento das instalacións deportivas” e explicaba que o CB Tui nesta final a catro e sendo o campión da liga regular,  é o principal favorito.  Lembraba tamén que “o CB Tui en deporte base é un dos equipos principais a nivel galego, enfrontándose e competindo ao mesmo nivel con equipos máis grandes e con maior presuposto e recursos”.
Por último, o responsable da área de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, destacaba a sintonía da federación coa nova directiva do CB Tui e recoñecía “a importante historia desta cidade como sede de campionatos de Baloncesto”. Felicitaba tamén o equipo tudense polos seus éxitos xa que tamén o equipo de segunda división xoga esta fin de semana en Ourense outra Final Four na que busca o ascenso a primeira división e o título de Campión Autonómico.    
O sábado ás 12:30 h no Vello Pavillón de Tui o Club Baloncesto Tui, como primeiro clasificado, busca unha das tres plazas en xogo fronte ao Aringal Basket Ferrol. Antes, ás 10:30 h, xogarase a outra semifinal entre o Papelya! Seis do Nadal e o Instituto Rosalía. A final celebrarase ás 19:30 h entre os gañadores das semifinais e, previamente ás 17:30, o partido polo terceiro e cuarto posto. O encontro final retransmitirase a través de Fegaba Tv, a canle de Youtube da Federación Galega de Baloncesto.
Cumprindo as medidas de prevención sanitaria da Xunta de Galicia, o aforo do pavillón estará reducido ao 30% da súa capacidade. Pódese reservar unha praza para asistir aos encontros por Whatsapp nos teléfonos 634 61 60 76 ou 696 48 22 49.


Regreso al contenido