Tomiño, xaneiro 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tomiño, xaneiro 2021

Arquivo 2021
Tomiño convértese nun referente da mobilidade peonil con obras transformadoras nas que a Deputación investiu 3 millóns de €
Tomiño, 28 de xaneiro de 2021. “Sentímonos felices e emocionadas e emocionadas por formar parte desta grande transformación” asegurou Carmela Silva ao observar, camiñando por Tomiño, que o núcleo urbano da vila tense convertido nun dos grandes referentes da mobilidade peonil e seguranza viaria da provincia coas achegas de tres millóns de € da Deputación de Pontevedra. A través destes recursos o goberno de Tomiño actuou na praza do Seixo, a rúa A Guarda e as avenidas República Arxentina e de Galicia, convertendo “espazos antes cheos de vehículos en lugares para as persoas” destacou a presidenta na visita á vila, na que participaron o vicepresidente César Mosquera, a alcaldesa Sandra González e o deputado provincial tenente de alcaldía Uxío Benítez.
“A primeira vez que visitei Tomiño a alcaldesa presentoume un proxecto transformador e unha gran variante, que ía permitir que o concello puidera seguir tomando decisións relacionadas coa recuperación do espazo público para crear un pobo amable, para o desfrute da xente, que hoxe é unha realidade”, asegurou Silva.  Nesta mesma liña afondou o vicepresidente da Deputación César Mosquera quen situou a Tomiño como “exemplo” ao impulsar “solucións cariñosas, estudadas, con detalle e sen facer dano ao territorio” que son “o futuro” e “melloran a calidade de vida da veciñanza”.
Para a alcaldesa Sandra González a transformación efectuada na vila “naceu do soño de converter a Tomiño nun lugar de encontro, onde a xente das parroquias viñera tomar un café, mercar ou pasear”. González, que informou que o primeiro paso se iniciou na praza do Seixo, destacou a utilidade dos recursos públicos cos que “conseguimos crear un modelo de vila amable, quitamos os coches e transformamos as rúas nun espazo público de lecer e de encontro”.
O núcleo urbano de Tomiño experimentou un antes e un despois a raíz dos recursos achegados pola Deputación de Pontevedra, como se puido ver no vídeo proxectado no salón de plenos do concello previamente ao percorrido pola vila.  En concreto, a institución provincial achegou 525.000 € a través do Plan DepoRemse para transformar a contorna da praza do Seixo, hoxe totalmente peonil, e humanizar as rúas A Guarda e República Arxentina. Estas rúas conflúen coa Avenida do Baixo Miño, que supón a conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo, onde a Deputación investiu máis de dos millóns de euros nun dos “proxectos máis importantes da provincia”, que afastou aos vehículos do núcleo urbano da vila para recuperar o espazo público, mellorando a calidade urbana e a seguridade viaria.
Estas non son as únicas grandes actuacións que se teñen levado a cabo en Tomiño grazas a achegas da Deputación de Pontevedra. Dende o ano 2015 o ente provincial leva investidos máis de 12 millóns de euros na vila. Ademais, ao abeiro do Plan Concellos financiáronse máis de 30 obras e fíxose posible a contratáronse 123 persoas desempregadas para prestar servizos de competencia municipal. Neste 2021 Tomiño contará con máis de 1,2 millóns de euros procedentes do Plan Concellos.
    
Como combater a desinformación nas redes sociais, a debate na VI Semana da Educación de Tomiño
Tomiño, 28 de xaneiro de 2021.- O mércores 10 de febreiro terá lugar a terceira das conferencias programadas na VI Semana da Educación de Tomiño, unha xornada na que se falará da problemática e dos riscos que está supoñendo a desinformación e a difusión de Fake News a través das redes sociais, acentuada polo auxe destas plataformas, que nos últimos anos se tornaron o medio principal para seguir a actualidade de cada vez máis persoas. A conferencia será impartida pola recoñecida xornalista e investigadora Marta Peirano, e poderá ser seguida de balde por streaming o martes 9 de febreiro ás 19:00 horas.
O traballo de Peirano céntrase na intersección da tecnoloxía, a cultura e a política. Foi fundadora do periódico ADN, da revista Campobase e dos proxectos Copyfight, Cryptoparty Berlin e Hack Hackers Berlin. O seu blog persoal, La Petite Claudine, foi un dos dez máis lidos en español. Volveu a España en 2015 para traballar en eldiario.es, un diario nacional de perfil político onde foi xefa de Cultura e Tecnoloxía e, nos dous últimos anos, adxunta á dirección.
Escribiu libros sobre autómatas, sistemas de notación para máquinas e formatos de produción colectiva. En 2015 publicou ‘O pequeno libro vermello do activista na rede’, un recurso imprescindible para xornalistas e o primeiro libro prologado por Edward Snowden. En 2019 publicou “El enemigo conoce el sistema”, un ensaio sobre o capitalismo de vixilancia onde conecta a nosa adición ao móbil coa industria de extracción de datos e o seu papel como ferramenta de control e manipulación de masas. “El enemigo conoce el sistema” esgotouse nas primeiras 24 horas e estase a preparar a súa novena edición. En 2019 foi elixido polo New York Times como un dos 10 mellores libros publicados en castelán.
Colabora habitualmente coa Sexta e escribe en numerosos medios, incluíndo El País, eldiario.es e a revista Muy Interesante, onde mantén unha columna desde hai máis dunha década. Conduce unha sección semanal sobre tecnopolítica nas mañás de Radio Nacional de España e aparece frecuentemente como experta en informativos e documentais sobre desinformación, seguridade, cultura dixital e xeopolítica. A súa famosa charla TED, titulada “Por qué me vigilan si no soy nadie”, está a piques de alcanzar o tres millóns de visitas.
Fóra dos medios, Marta Peirano é membro do Consello Asesor da Bienal do Pensamento de Barcelona e do grupo de traballo para a ciberdefensa do Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), o principal centro docente militar conxunto das Forzas Armadas Españolas.
CONFERENCIA:  Como combater a desinformación con campañas de inoculación efectivas
Nos últimos tempos as redes sociais convertéronse no vehículo de transmisión perfecta da desinformación, un problema que supón un grave risco para a sociedade e que se ve acentuado pola cada vez maior importancia que teñen estas plataformas na vida das persoas, onde cada vez son máis as que empregan estas plataformas como medio principal de informarse. Isto non é só un problema técnico que poida ser resolto con algoritmos e Intelixencia Artificial, senón que supón un problema moito máis profundo. Na conferencia Marta Peirano fará unha análise sobre que ferramentas temos os cidadáns para combater esta realidade.
Lémbrase tamén que as xornadas contarán con intepretación simultánea en lingua de signos. Poderase acceder á conferencia de Marta Peirano a través da plataforma Zoom, mediante a seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/j/84866860645
 

O Grupo Municipal Socialista denuncia a grave situación da Policía Local de Tomiño
Tomiño, 27 de xaneiro de 2021. As socialistas de Tomiño denuncian que a  Policía Local do Concello está a vivir unha situación crítica, pois estan intentando  manter o servizo,  con tan só dous efectivos, o cal  é  practicamente imposible e está a  causar problemas na veciñanza.
No pasado pleno do día 12 de xaneiro á pregunta sobre este tema ao Goberno nacionalista (cando  o servizo contaba aínda con 4 efectivos) o Concelleiro Delegado  deu conta da inminente comisión de servizo ou contratación de auxiliares. A Comisión de servicio queda descartada pois as Alcaldías da contorna non se permiten  prescindir de persoal. Cubrir a praza vacante, por moito que se queiran apurar os prazos agora, levaríanos ata o 2022, e esperemos que a contratación de un  auxiliar chegue en febreiro.
Violeta de Santiago, voceira socialista, critica que o Goberno do BNG aprobe unha modificación da RPT, para incorporar sendos postos de técnicos de xestión e  de M. Ambiente, cando o servizo de Policía Local está nesta precaria situación, que sen dúbida é froito dunha mala xestión.
Nun Concello de grande extensión e dispersión como Tomiño, as socialistas consideran que  non se pode consentir unha situación como a actual, e lembran que estamos a padecer unha crise pandémica sen precedentes e non contamos cun servizo que vele pola nosa seguridade nin polo cumprimento das restricións actuais.
Pero o realmente inaceptable, é a falta de transparencia deste Goberno que non comunica aos veciños e veciñas o que está a acontecer, e que consinte sen  ningún pudor, que a maioría da poboación verta sobre a Policía local o seu malestar, enfados e protestas, a sabendas de que é unha inxustiza.  
    
O Servizo de Igualdade do Concello de Tomiño atendeu máis de 160 consultas no 2020
Tomiño, 27 de xaneiro de 2021.- O Servizo de Igualdade do Concello de Tomiño, desenvolvido pola Concellería de Benestar Social , Igualdade e Educación, presentou onte a memoria de actividade correspondente ao ano 2020. O organismo atendeu a 31 usuarias que presentaban problemáticas directamente relacionadas coa violencia de xénero, ademais de prestar asesoramento a 40 usuarias en situación de vulnerabilidade que por distintas cuestións —fundamentalmente conflitos relacionados co Dereito de Familia e con fillos/as menores a cargo— precisaron desta atención como xeito de traballar na súa autonomía e para a defensa dos seus dereitos e dos seus fillos e fillas.
En total, tendo en conta que cada usuaria require de sucesivos trámites e que en moitas ocasións presentan diversas problemáticas, no ano 2020 rexistráronse máis de 160 consultas. O servizo inclúe asesoramento xurídico de balde e individualizado, elaboración de documentos e solicitude de prestacións a mulleres vítimas, entre outras xestións. Desde que se comezou a ofrecer este servizo en outubro do 2016 xa son 151 as usuarias que acudiron ao mesmo.
Seguindo coas actuacións levadas a cabo en anos anteriores, dende a Concellería de Igualdade programáronse tamén distintas actividades para traballar a prol da Igualdade e contra a violencia machista. Deste xeito, ademais dos actos relacionados en motivo do 25 de novembro coa campaña Tomiño en Negro e do 8 de marzo, leváronse a cabo actividades como a proxección online do filme Tódalas Mulleres que coñezo, de Xiana de Teixeiro, obradoiros de prevención e detección da violencia de xénero para persoal de Servizos Sociais, Policía e Protección Civil, unha charla online da académica feminista Rosa Cobo Bedía na que participaron máis de 40 persoas e un obradoiro de competencias dixitais para facilitar o acceso ao emprego de mulleres desempregadas, impartido entre os meses de outubro e decembro.
Tamén se está traballando na posta en marcha doutras iniciativas tales como a elaboración do IV Plan de Igualdade municipal, que será formulado de xeito participativo, mediante consulta a axentes sociais, organizacións e asociación municipais. Tamén se realizará unha avaliación do plan actual e farase difusión entre mozos e mozas da importancia dunha educación afectivo- sexual igualitaria, entre outras iniciativas.
En palabras da concelleira, Cristina Martínez, “é unha obriga das distintas administracións, e especialmente da Administración Local por ser a máis achegada á cidadanía, facilitar os medios que garantan a igualdade real de dereitos entre mulleres e homes e polo tanto a loitar contra a desigualdade que aínda hoxe sofren as mulleres polo feito de selo, especialmente na súa máxima e máis brutal expresión, que é a violencia machista, e máis en contextos de crise como o actual, nos que non podemos esquecer que son as mulleres as que máis sofren as consecuencias económicas e sociais”.
O Concello de Tomiño reitérese neste compromiso e recorda que o servizo de atención xurídica está dispoñible para todas as mulleres que o precisen. Anima tamén á cidadanía en xeral a participar naquelas iniciativas que poidan organizarse a prol da igualdade. Aínda que a situación sanitaria obriga a repensar o xeito de organizar moitas das actividades, o Concello continuará traballando neste ámbito co fin de acadar unha sociedade realmente xusta e igualitaria. Lémbrase tamén que o servizo de asesoramento xurídico atende os mércores de mañá e tarde, previa cita no teléfono 986 623 211. No caso de non ser posible o desprazamento, as mulleres que o precisen poden solicitar cita telefónica e serán contactadas pola profesional que as atenderá.
 

A importancia da emoción musical para educar centrará a segunda xornada da VI Semana da Educación
Tomiño, 26 de xaneiro de 2021.- A segunda xornada da VI Semana da Educación de Tomiño versará sobre a conexión que existe entre a música e o cerebro, amosando a gran importancia que a emoción musical ten no ámbito educativo. A conferencia será impartida pola profesora e doutora Almudena González, e poderá ser seguida de balde por streaming o martes 9 de febreiro ás 19:00 horas.
Almudena González é Profesora Superior de Violoncelo e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Tenerife, e ampliou os seus estudos en Barcelona e Ámsterdam. Posteriormente realizou un Máster Degree of Music especialidade de Violoncelo en Bruxelas e un Máster en Xestión Cultural pola Universidade de Alcalá de Henares. É doutora e Premio Extraordinario de Doutoramento 2016 pola Universidade da Lagoa. Actualmente realiza un post doutoramento na Universidade de Madeira sobre música e audiovisual ao mesmo tempo que continúa traballando na súa liña de investigación sobre a conexión e interrelación da música co cerebro.
Analiza os estilos musicais, a interpretación musical e as súas implicacións en campos do coñecemento como a pedagoxía musical con modernas técnicas de análises como investigadora externa da ULL no Laboratorio de Neuroquímica e Neuroimaxe. É autora de artigos de investigación en revistas internacionais con índice de impacto e participa de forma habitual en congresos nacionais e internacionais sobre a música e o cerebro. Ademais, é profesora do Conservatorio Superior de Música de Canarias e leva a cabo actividade no campo da interpretación musical e a divulgación científica.
Conferencia: Educar a través da emoción musical: beneficios desde a perspectiva neurocientífica.
A música é unha arte capaz de provocarnos diferentes emocións e no contexto educativo son importantes as súas implicacións e beneficios. Os estudos de neurociencia analizaron estas cuestións en profundidade e esta conferencia ten como obxectivo esclarecer os alicerces da emoción musical na educación. Para iso, a conferenciante abordará a literatura científica coa música como eixo vertebrador, analizando os diferentes estilos musicais académicos e populares, calidades e aspectos relacionados coa emoción e cognición musical. Profundizará na interrelación dos coñecementos neurocientíficos cos musicais, xa que a unión entre estes dous campos do coñecemento proxecta novos camiños posibles tanto dentro da aula como no ámbito familiar.
Lémbrase tamén que as xornadas contarán con intepretación simultánea en lingua de signos. Poderase acceder á conferencia de Almudena González a través da plataforma Zoom, mediante a seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/j/86473056498
  

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Tomiño o luns 1 de febreiro
Tomiño, 25 de xaneiro de 2021.- A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase ao concello de Tomiño o próximo luns 1 de febreiro. Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro e o horario para as doazóns será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
É importante almorzar antes de doar no caso de asistir en horario de mañá e esperar dúas horas despois de xantar no caso de asistir en horario de tarde. É importante non esquecerse de levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.
Desde a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos lembran que nunha situación como a actual, onde é necesario gardar certas prevencións sociais para preservar a saúde de todos, é imprescindible contar con cita previa para repartir a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pode solicitarse por teléfono a través do 900 100 828.
 

O xurista e activista Octavio Salazar inaugurará a VI Semana da Educación de Tomiño
Tomiño, 23 de xaneiro de 2021.- A VI Semana da Educación de Tomiño prepárase xa para a súa VI edición, que se celebrará entre os días 8 e 11 de febreiro. A inauguración das xornadas correrá a cargo do xurista e activista Octavio Salazar, e a súa conferencia poderá ser acompañada de balde por streaming o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 horas.
Octavio Salazar defínese como egabrense, pai dun fillo de 18 anos, republicano, laico e xurista heterodoxo en “proceso de ser feminista”. Conta cunha ampla actividade docente e investigadora:
·      Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Córdoba
·         Responsable do Grupo de Investigación Democracia, Pluralismo e Cidadanía.
·      Liñas de investigación: igualdade de xénero, diversidade cultural e relixiosa, participación, goberno local, novas masculinidades, dereitos LGTBI.
·         Investigador principal do Proxecto de Investigación “Xerando unha interpretación do dereito en clave de igualdade de xénero”, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (2019-2021).
·         Docente sobre igualdade de xénero en másteres universitarios.
Recibiu varios premios de investigación e é autor de diversas monografías relacionadas coa igualdade. Autor e/ou coautor de varias obras literarias e colaborador habitual de medios escritos e dixitais con artigos de divulgación en materia de igualdade: Diario Córdoba, eldiario.es, The Huffington Post, Tribuna Feminista, Blog Mujeres de EL PAÍS, Diario Público, Agenda Pública ou Revista GQ.
Conferencia:  Educación, feminismo e masculinidades
No seu relatorio abordarase como a educación debería incorporar a perspectiva feminista, o cal supón ir máis aló da mera coeducación; habería que desenvolver programas específicos de intervención coa mocidade. O obxectivo non sería outro que dar resposta paritaria ao modelo educativo que marca o artigo 27.2 da Constitución Española e vinculalo co reto de como redefinimos as condicións da vida en común.
Lémbrase tamén que as xornadas contarán con intepretación simultánea en lingua de signos. Poderase acceder á conferencia de Octavio Salazar a través da plataforma Zoom, mediante a seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/j/89186441458
Desde a Concellería de Educación convidan a todas as familias a participar destas xornadas, un evento tradicional xa na programación municipal que procura servir de apoio para a educación dos fillos e fillas, contando coa visión de importantes expertos e figuras de relevancia en distintos sectores profesionais.
    

Tomiño fará obras de acondicionamento na estrada de entrada a Estás
Tomiño, 22 de xaneiro de 2021.- O Concello de Tomiño levará a cabo un proxecto de acondicionamento e mellora da seguranza viaria na estrada de entrada a Estás. O ámbito de actuación será a vía principal da parroquia, desde o enlace coa estrada autonómica PO-552 ata o cruceiro da peregrina, fronte ao Centro Social. Esta intervención complementarase tamén cun asfaltado da vía entre o Centro Social de Estás e o barrio dos Bravos.
Neste camiño atópanse equipamentos de gran relevancia na parroquia, como a Escola Fundación Peirópolis —un edificio indiano de gran interese arquitectónico—, a Capela de San Sebastián, o Centro Social de Estás e a Igrexa de Santiago de Estás, ademais de elementos de interese patrimonial como dous cruceiros, un deles o da virxe da peregrina, patroa da parroquia.
A intención da intervención é a de priorizar o uso peonil do espazo público, aumentando a seguridade viaria para as persoas na convivencia cos vehículos reducindo a velocidade máxima de circulación no tramo a 30km/h. Realizarase unha adecuación das redes pluviais, mellorarase o deseño da iluminación, priorizando as áreas peatonais, e proxectaranse espazos públicos de calidade como zonas de estancia, coa instalación de mobiliario urbano e árbores que contribúan tamén á mellora paisaxística da área.
Con isto preténdese tamén poñer en valor os elementos arquitectónicos e patrimoniais presentes ao longo do camiño, especialmente no caso da Escola Fundación Peirópolis, onde se procurará crear un espazo público de encontro coa instalación dunha plataforma única que contribúa a valorizar a arquitectura indiana do edificio, priorice o espazo público para as persoas e mellore a seguridade dos nenos e nenas da escola infantil a través da limitación de velocidade. Na súa contorna instalaranse tamén nesta área farois novos que melloren a iluminación do lugar e plantarase árbores.
O proxecto foi adxudicado á empresa Narom SL por un importe total de 173.727,75 euros e está previsto que as obras comecen a finais de febreiro.
  

Tomiño realizará obras de mellora no campo de fútbol de Goián
Tomiño, 21 de xaneiro de 2021.- O Concello de Tomiño prepara xa as obras de mellora do campo de fútbol do Regatiño, situado en Goián, que consistirán principalmente na substitución do céspede artificial, que contaba xa con 15 anos de antigüidade para instalar un novo, ademais de repoñer varios dos asentos das gradas que se atopaban deteriorados.
Ademais da instalación do novo céspede, que ofrecerá unha maior resistencia ao desgaste, colocarase por debaixo unha sub-base amortecedora que mellorará o acolchado que prolongará a duración e a capacidade de uso do céspede, e servirá tamén para reducir os custes de mantemento, unha cuestión importante tendo en conta o intensivo uso que soporta o campo, empregado por máis dun cento de deportistas de todas as categorías do Goián F.C.
As obras mellorarán o equipamento deportivo municipal e dotarán á poboación dun espazo de xogo con condicións idóneas para o seu uso, xa que o céspede se atopaba un elevado deterioro logo de tantos anos de uso, o que repercutía negativamente tanto na calidade da práctica deportiva como na propia evolución e saúde dos xogadores, aumentando a probabilidade de lesións. Por outra banda, a restitución dos bancos deteriorados repercutirá tamén no acomodo dos afeccionados.
O custe total da intervención será de 202.369,09 euros, que irán a cargo de fondos propios do Concello. O proxecto atópase en proceso de contratación e será previsiblemente executado nos vindeiros meses.
Ao igual que no campo de fútbol do Regatiño, a administración municipal quixo aproveitar que as instalacións deportivas se atopan pechadas e sen actividade para facer unha posta a punto de determinadas instalacións nas que o seu acondicionamento é máis complexo, tal e como se está facendo na actualidade tamén no campo de fútbol do Alivio e nas pistas de tenis e de pádel do complexo deportivo do Mosteiro.
  

A educación con emoción, crítica e igualitaria, eixos da VI Semana da Educación de Tomiño
Tomiño, 20 de xaneiro de 2021.- Tomiño vén de presentar a xa tradicional Semana da Educación, un evento que celebra xa a súa sexta edición. O evento vai dirixido tanto a persoal docente e educador como a pais e nais que procuren formarse en diferentes aspectos relacionados co mundo da educación, onde cada ano imparten conferencias distintas personalidades de relevancia en distintos ámbitos. “Educar con emoción, aprender con paixón” é o título desta edición, que se celebrará entre os días 8 e 11 de febreiro.
Para inaugurar as xornadas Tomiño, o luns 8 contará coa presenza de Octavio Salazar, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Córdoba, investigador e activista, amplamente recoñecido polos seus traballos sobre igualdade de xénero e novas masculinidades, polos que recibiu varios premios. Tamén é autor de varias obras literarias e colabora habitualmente con medios escritos como eldiario.es, The Huffington Post ou Público, entre outros. Na súa conferencia Salazar falará da importancia dunha educación paritaria, que incorpore a perspectiva feminista, e da necesidade de desenvolver programas específicos de intervención coa mocidade.
A xornada do martes estará protagonizada pola educación musical e os beneficios de transmitila a través da emoción. Será impartida por Almudena González, Profesora Superior de Violonchelo e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Tenerife. É doutora e Premio Extraordinario de Doutoramento 2016 pola Universidade da Lagoa. É autora de artigos de investigación en revistas internacionais con índice de impacto e participa de forma habitual en congresos nacionais e internacionais sobre música e cerebro. González explorará a importancia das emocións musicais no ámbito educativo e a súa relación coa neurociencia, destacando a importancia que ten a unión destes dous campos de coñecemento para proxectar novos camiños posibles tanto dentro da aula como no ámbito familiar.
O relatorio do mércores será impartido por Marta Peirano, destacada xornalista e investigadora especializada no mundo da cultura e a tecnoloxía. É fundadora do xornal ADN e foi xefa da sección de Cultura e Tecnoloxía en eldiario.es sendo nos dous últimos anos adxunta á dirección. En 2019 publicou “El enemigo conoce el sistema”, un ensaio sobre o capitalismo de vixilancia onde conecta a nosa adición ao móbil coa industria de extracción de datos e o seu papel como ferramenta de control e manipulación de masas, que vai xa pola súa novena edición. Na súa conferencia, Peirano falará da importancia de combater a desinformación nas redes sociais, un problema crecente nos últimos anos, analizando as ferramentas que temos para combatela.
O xoves fechará as xornadas Alberto Soler, licenciado en psicoloxía e especialista europeo en Psicoterapia (EuroPsy). É a cara visible do videoblogue de divulgación Píldoras de Psicología, que conta con máis de 240.000 persoas seguidoras e miles de reproducións diarias tan só en YouTube. É colaborador do programa Ser Saludable na Cadea Ser, do proxecto Xestionando Fillos, e profesor na Escola Bitácoras. A súa conferencia levará o título Normas, límites, premios e castigos, e nela falará sobre a importancia destes conceptos e que peso darlles para educar aos nosos fillos con grandes doses de amor, agarimo e respecto.
Este ano, debido á pandemia do Covid-19, o evento será retransmitido por streaming a través de Zoom e calquera persoa poderá acceder á videoconferencia de balde. Non será preciso inscribirse, só o terán que facer aquelas persoas que queiran un certificado de asistencia, e poderán facelo a través dun formulario na web municipal. Cómpre destacar tamén que as xornadas contarán con interpretación simultánea en lingua de signos para garantir tamén a inclusión das persoas xordas. Todas as conferencias serán retransmitidas á mesma hora nos seus respectivos días, ás 19:00. Para máis información, os interesados poden enviar un correo a omix@tomino.gal, cultura@tomino.gal ou visitar o apartado “Semana da Educación” na web municipal.
Desde a Concellería de Educación convidan a todas as familias a participar destas xornadas, un evento tradicional xa na programación municipal que procura servir de apoio para a educación dos fillos e fillas, contando coa visión de importantes expertos e figuras de relevancia en distintos sectores profesionais.
   
A alcaldesa de Tomiño lamenta que o PP use o Sergas para facer política nunha situación grave da pandemia
Tomiño, 20 de xaneiro de 2021.- A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosa a súa incredulidade ao enterarse por unha publicación da oposición de que o Sergas continuará co cribado no municipio. Na tarde de onte, o Partido Popular de Tomiño realizaba un comunicado en Facebook alegrándose da decisión tomada pola Xerencia da Área Sanitaria de Vigo de trasladar un dispositivo do Sergas ao concello para continuar coa detección de casos de Covid-19, onde citará aos máis de 600 que non puideron asistir na primeira convocatoria.
Esta publicación colleu por sorpresa á rexedora, que non tiña notificación algunha de que se tomara tal medida, e lamenta que o PP use institucións coma o Sergas para “xogar ao partidismo” nun contexto de pandemia tan grave como o actual.  “É verdadeiramente penoso que o goberno municipal se teña que enterar dunha decisión de carácter institucional con tanta importancia como esta a través da oposición. É unha evidencia moi clarificadora do uso partidista que o Partido Popular fai das institucións nas que opera, comunicándose con portavoces do seu partido antes que co goberno municipal, que xa tiña solicitado antes esa información”, declarou.
González sinala ademais a “deslealdade institucional” que isto implica co Concello de Tomiño, e lamenta que o Partido Popular de Tomiño empregue o uso de información administrativa interna do Sergas sobre un asunto tan grave para facer política e “colgarse medallas”. “Se o que pretende o líder da oposición é transmitir que foi grazas a el que o Sergas vai rematar o cribado no municipio lamentamos que non teña o mesmo éxito para conseguir fondos para a biblioteca, servizo que a Tomiño lle corresponde por dereito, ou para mellorar o deficiente estado no que se atopa a Atención Primaria no municipio”, afirmou a alcaldesa.
  
Os sindicatos rexeitan os orzamentos do concello de Tomiño por amortizar prazas de servizos esenciais en plena pandemia
Tomiño, 20 de xaneiro de 2021. Na mesa de negociación xeral do concello de Tomiño, previa a aprobación dos orzamentos para o ano 2021 as centrais sindicais por unanimidade acordaron rexeitar e non aprobar a proposta de modificación da RPT o entender que dita modificación non arranxa as necesidades e deficiencias que ten o concello en canto a persoal se refire.
Pretenden amortizar/suprimir prazas de servizos esenciais. Opóñense a cubrir as prazas vacantes coma as de limpadoras e de Policía, alegando a falta de recursos económicos, pero deciden crear DÚAS novas prazas de técnicos grupo “A” o que supón un custo de 61.540,24 euros.
E lamentable que no momento que estamos vivindo pola pandemia da covid-19 onde a desinfección e limpeza son fundamentais, e deberían ser unha prioridade, e onde o concello ten total competencia, se aposte por amortizar/suprimir esas prazas para crear unhas novas de técnicos.
No que respecta ó departamento da Policía Local pola situación de estado de alarma se atopa desbordado, o telefono en momentos se pode chegar a colapsar pola cantidade de chamadas recibidas, e a falta de recursos humanos tampouco pode garantir que as medidas acordadas polas autoridades sanitarias se cumpran no máximo grao posible, a través das accións oportunas de control e vixilancia. E máxime cando na actualidade debido as baixas por enfermidade e vacantes existentes, a plantilla conta unicamente con tres efectivos, o que levou a ter que suspender o servizo.
Cabe recordar que a ratio que establece a Unión Europea, e así o recolle a lei de coordinación de Policías de Galicia, e de 1,8 policías por 1.000 habitantes. O concello Tomiño conta 14.000 habitantes, 15 parroquias e dous núcleos urbanos, polo que lle corresponderían 25 policías. E evidente que lonxe esta de cumprir dita ratio, e tamén é evidente que para o goberno tomiñes a seguridade non é unha prioridade, mais ben todo o contrario, un servizo a extinguir.
As centrais sindicais asinantes non estamos para nada en contra da creación de postos de emprego público, todo o contrario, o que si estamos totalmente en contra e da amortización/eliminación de prazas de emprego público, e sobre todo das que teñen que ver cos servizos esenciais.
Por todo elo neste momento tan delicado que estamos vivindo pedímoslle o equipo de goberno responsabilidade e esiximos a debida dotación de recursos humanos para que os cidadáns teñan un servizo público de calidade.
En canto a publicación por parte do Goberno de Tomiño en relación o incremento salarial do persoal do concello de Tomiño, dicir que non e certo que estes traballadores tiveran un incremento das súas retribucións individuais por un importe de 130.000 nos últimos tres anos. O que fixo coa aprobación da RPT foi, principalmente, cumprir coas esixencias legais de igualar as retribucións entre o persoal da mesma categoría (igual traballo igual salario) e de cumprir cos requirimentos de estabilización/consolidación de emprego temporal. Lembrar tamén que, os empregados/as do concello, igual que o resto de empregados públicos de todas as administracións, perdemos máis dun 15% de valor retributivo nos últimos 10 anos.
 
Asinado.
CIG, CSIF, CCOO.
 

Tomiño farase cun camión con guindastre para continuar implantando o plan de compostaxe
Tomiño, 19 de xaneiro de 2021.- Tomiño continúa coa implantación do plan de compostaxe no marco do Revitaliza, impulsado pola deputación de Pontevedra. Estando previsto que no primeiro trimestre do ano conclúa xa o reparto dos composteiros individuais e a instalación dos comunitarios, o Concello decidiu levar a cabo a adquisición dun camión dotado con guindastre.
O vehículo servirá para prestar servizo na recollida dos restos de poda que a veciñanza poderá depositar nos Puntos Verdes, que constituirán puntos de intercambio de materia orgánica situados nas distintas parroquias e que se irán habilitando nos próximos meses. A partir da trituración deses restos da poda crearase obterase o estruturante preciso para os composteiros e poderá ser recollido polos veciños e veciñas neses mesmos puntos para que o poidan usar nos seus.
A compra do camión foi adxudicada á empresa Volvo Group España, SAU, por un valor de 126.445,00 euros, que correrán a cargo da subvención recibida polo Concello da Deputación de Pontevedra para este plan.
Segundo a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, despois de consultar co persoal municipal que se adica a labores de mantemento e loxística, decidiuse comprar un camión o máis grande posible e con guindastre —o modelo escollido conta cunha carga útil de 6.509 kg— co fin de que sexa versátil e se poida empregar para outras necesidades do concello. “Isto débese tamén a que en Tomiño, en vez de comprar unha trituradora para a poda grande que manexara o persoal municipal, apostamos pola compra de varias trituradoras pequenas que os veciños poidan pedir prestadas para fabricar o seu propio estruturante na casa. Desde o Concello ademáis habilitaremos un curso de formación para que os usuarios interesados saiban como utilizalas”, comenta a concelleira.
   
Tomiño organiza la”VI Semana da Educación!!”
Tomiño, 19 de xaneiro de 2021. Por sexto ano consecutivo a Omix de Tomiño organiza a “Semana da Educación”, que chega á súa sexta edición, destinada a docentes, persoas educadoras en xeral e pais en particular, aos que se convida a acudir, informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación.
Participan na “Semana da Educación” conferenciantes con experiencia na educación, como son Octavio Salazar, Almudena González, Marta Peirano e Alberto Soler.
As xornadas levan por título “Educar con emoción, aprender con paixón”. Para máis información pódese acudir a https://tomino.gal/semana-da-educacion-2021/
 
O PP cuestiona que o Concello de Tomiño teña facturas pendentes coa SGAE desde 2014 mentres esixe ás comisións de festas o pago á entidade para recibir autorización
Tomiño 19, xaneiro, 2021.- O voceiro dos populares, Esteban González, cuestiona a facilidade coa que o Goberno nacionalista esixe aos demais o que el está incumprindo de xeito reiterado. De feito, indica que non se pagaron as facturas por espectáculos e eventos organizados pola administración local desde o ano 2014.
“Unha negativa a pagar as facturas emitidas pola SGAE que se asumiu finalmente o ano pasado, ante a ameaza real dunha demanda xudicial”.Esta situación obrigou ao goberno de Sandra González a levar no pleno deste 12 de xaneiro unha modificacion extraxudicial de crédito por un importe de 12.100 euros, con informe desfavorable da interventora municipal por incumprir a legalidade vixente; sendo aprobada só cos votos do goberno do BNG, levantando o reparo a dita modificación de credito. Algo  o que o goberno local xa nos ten acostumados e que esconconde ante os medios de comunicación, condo non é do seu intesese, recalca o portavoz Esteban González.
Esta situación, continua, contrasta co que se lles esixe ás comisións de festas locais. “Mentres o Concello de Tomiño non pagaba a SGAE polas actuacións organizadas nos últimos seis anos, o Goberno local si esixiu ás comisións de festas que pagasen á SGAE como requisito obrigatorio para poder celebrar as festas; xustificando a señora alcaldesa, Sandra González, que o esixe a Lei de Espectaculos de Galicia. Unha afirmación completamente falsa xa que dita Lei galega non recolle tal requisito que si obriga a Lei estatal de Propiedade Intelectual, demostrando unha total irresponsabilidade intentado culpar a Xunta de Galicia, remata Esteban González.   
   
O Partido Popular de Tomiño celebra a decisión da Xerencia da Area Sanitaria de Vigo de trasladar un dispositivo do SERGAS  para seguir co cribado no centro de saúde da localidade
Tomiño 19 de xaneiro de 2021. O portavoz municipal de PP de Tomiño, Esteban González, celebra a decisión do xerente do SERGAS, Javier Puente,  a petición o PP de Tomiño, de trasladar o cribado poblacional para detectar casos de Covid-19.
A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo comunicou por chamada telefónica na mañá deste martes ao portavoz municipal, Esteban Gonzalez, que mañá mércores trasladarán a centro de saúde de Tomiño un dispositivo do SERGAS para seguir co cribado poblacional. Serán citadas todas aquelas persoas, máis de 600, que non puideron asistir no primeiro cribado o ter que desprazarse o hospital Alvaro Cunqueiro.
Esteban González agradece a boa disposión do xerente do SERGAS, Javier Puente, pola boa intención, colaboración e polo esforzo que conleva; coa única finalidade de dar seguridade ante esta situción crítica.
  

Os socialistas tomiñeses levaron a pleno a peatonalización en Goián
Tomiño, 15 de xaneiro de 2021. As socialistas de Tomiño presentaron no Pleno unha moción sobre a peonalización da Avda. Ordóñez en Goián, dado o grande rechazo que esta actuación está provocando nos e nas comerciantes en particular e da veciñanza en xeral.
As propostas da moción foron
1°- Instar ao equipo do goberno a abrir unha canle de diálogo e escoita cos comerciantes.
2°- Planificar e xestionar a coexistencia na accesibilidade tanto peonil como con vehículo na Avda. Ordóñez dun xeito racional e tendo en conta o día a día da localidade e das persoas que nela viven e traballan.
Violeta de Santiago e Mirta Misa defenderon, entre outras,  a posibilidade de que a zona se limite a 20 dando prioridade a circulación a pé permitindo a convivencia cos vehículos con limitacións e sen obstáculos de mobiliario urbano. Outra posibilidade que os propios comerciantes expoñen é a peonalización en determinados horarios e/ ou nas fins de semana. Tamén manifestan o seu temor a que á actual crise epidemiolóxica se sume outra económica e social, ao mesmo tempo que mostran o seu malestar polo comenzo das obras   en plena campaña de Nadal para días despois quedar paralizadas.
O debate non foi posible dende o momento que o voceiro do BNG ao inicio da súa intervención manifestou a inamovible decisión de  que non modificarán o proxecto.
De nada serviu que a voceira apelara ó consenso, a que escoiten e atendan a xente e que interioricen que os pobos non pertencen aos gobernantes de turno. Pertencen ás veciñas e veciños e ao tecido comercial que é a garantía de prosperidade. Por último Violeta de Santiago lembroulle ó goberno nacionalista que esa rúa é patrimonio inmaterial da vila ó ser o antigo "Camiño da barca" o cal debería ser tido en conta, pois forma parte da identidade de Goián.
Por outra banda varios comerciantes  do concello pediron ao grupo socialista que trasladara o seu profundo malestar ao goberno pola mala organización da campaña de Nadal e concurso de escaparates.  Denuncian a falta de información que provocou que moitos comerciantes non poideran adherirse (foi unha campaña anunciada con moi pouca antelación), a mala planificación pois moitos xa tiñan os seus escaparates diseñados ou decorados, o incumprimento das propias bases ao permitir a participación a establecementos que non poderían segundo as bases publicadas e non permitindo a outros con iguais características a súa participación. Ven sendo recurrente a desigualdade provocada polo esquecemento,o aillamento e o maltrato ás parroquias que son unha vez máis as grandes esquecidas nesta campaña. Con respecto á decoración alternativa de nadal instalada nas prazas do Seixo e da Mina as socialistas alertan de que eses elementos foron utilizados nos xogos dos nenos e nenas  sin ningunha medida de seguridade, nin control nin desinfección o que contrasta co peche absoluto dos parques e pistas deportivas.
 
    
Tomiño rexeita o proxecto eólico da Serra da Groba
Tomiño, 15 de xaneiro de 2021.- A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal celebrado esta semana unha moción de rexeitamento do proxecto de parque eólico promovido pola Xunta de Galicia na Serra da Groba. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG e o PSOE e a abstención do PP.
O proxecto supón a construción dun total de 44 aeroxeneradores e 4 subestacións de transformación e transporte, coa súa correspondente infraestrutura asociada (vieiros de acceso e servizo, plataformas de montaxe, gabias do  cableado, subestación transformadora, edificio de control e unha torre meteorolóxica).
A proposta denuncia diante da Xunta de Galicia o modelo opaco seguido na adxudicación e tramitación dos parques eólicos que afectan ao espazo natural, esixindo á Consellería de Industria a paralización dos proxectos en marcha e a modificación da normativa que os regula. Reivindica tamén a necesidade de que no proceso se teñan en conta tamén as decisións tomadas polas Comunidades de Montes afectadas.
Máis de 60 colectivos sociais, veciñais e ambientais mostraron xa a súa oposición a este proxecto. Os asinantes recalcan que apostan polo uso de enerías limpas e renovables como a eólica, pero que a súa ubicación e construción debe ser compatible tanto co entorno como co uso multifuncional do monte, a fin de procurar o menor impacto medioambiental posible. Denuncian que o proceso de tramitación dos proxectos prioriza os intereses das empresas adxudicatarias por enriba dos valores medioambientais e dos dereitos e intereses dos propietarios afectados, sinalando ademais da inexistencia dun proceso de concorrencia competitiva na adxudicación dos mesmos.
Tamén destacan que a lei deixa aos propietarios dos terreos nunha situación de indefensión, empurrándoos a aceptar a proposta económica da empresa adxudicataria se non queren enfrontarse a un expediente de expropiación, ao que se suma o feito de que dependen tamén desta empresa a realización dos estudos de impacto ambiental, con total ausencia de contrapartidas sociais que mitiguen o impacto xerado polos parques.  
   
O PP de Tomiño critica que os orzamentos presentados polo BNG seguen sen recoller as necesidades das parroquias do concello
Tomiño, 15 de xaneiro 2021.- O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2021 porque son “un mero documento de funcionamento para o concello, continuísta e que non recolle as necesidades que teñen as parroquias, que seguen abandonadas polo BNG”.
Para o voceiro do grupo municipal do PP, Esteban González, o máis chamativo é que o capítulo de investimentos reais que repercuten no beneficio dos veciños de Tomiño só representa o 4% do orzamento. Mentres que, engade, o 87% está destinado a persoal e gastos correntes, “destacando os 169 mil euros que destinan a soldos do goberno”.
Ademais, cuestiona que o Goberno local aposte pola creación de dúas prazas na modificación da RPT, técnico de xestión e de medio ambiente, “algo que a priori non resulta tan urxente, se temos en conta a situación da Policía Local de Tomiño que, por falta de recursos, non se pode garantir un servizo diario”. Isto, engade o popular, “demostra que a falta de policía local non é unha prioridade para este Goberno, que fai caso omiso ás denuncias e reclamacións para garantir a seguridade cidadá”.
Para González, o capítulo de investimentos deixa plasmado, unha vez máis, o abandonando das distintas parroquias. “Queda máis que demostrada. Dos 295.000 euros que reservan, gran parte vai destinado a gastos de mobiliario dos distintos departamentos”. O mesmo ocorre co apoio ao comercio local, engade, para o que se reduce a partida de 25.000 hai uns anos, a 5000 euros “no momento que máis apoio precisan”. Para o voceiro popular, “deixan ben claro que non apostan polo pequeno comercio nin contan coa súa opinión”, e como exemplo critican que gastasen 5.000 euros nun vídeo para o día de Reis mentres que para o concurso de mellor decoración do comercio local só se destinaron 3.000 euros. “Algo bochornoso”.
No que respecta a servizos sociais, Esteban González entende que “é moi doado presumir do aumento no investimento en servizos sociais e na axuda do fogar, cando a Xunta de Galicia achega 416 mil euros para dependencia”. E recorda que o goberno central segue destinando só o 24%, cando ten a obriga de pagar o 50%.
Para o popular, outro dato que reflicte “o retroceso e regresión” na que se atopa este Goberno é que tampouco é capaz de priorizar e ofrecer investimentos encamiñados a resolver “un dos graves problemas que teñen moitos fogares, que seguen sen saneamento”. Recorda que é unha competencia municipal para a que só destinan 30.000 euros.
Por último, Esteban González, critica que se descoñece en que vai investir o Goberno local o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. “A decisión de onde investir ese fondo é exclusivamente do goberno local, que nos últimos anos optou por elixir obras de foto cara a galería”.
 

Os alcaldes de Tomiño e Cerveira presentan a Eurocidade á nova presidencia da rexión Norte de Portugal
Tomiño, 13 de xaneiro de 2021.- A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira e director da AECT Río Minho, Fernando Nogueira, desprazáronse este luns á cidade do Porto para manter unha reunión coa recén escollida presidencia da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), o homólogo administrativo da Xunta de Galicia no norte do país luso.
Neste senso, os alcaldes aproveitaron para reivindicar o traballo de colaboración realizado entre os municipios de Vila Nova de Cerveira e Tomiño no marco da Eurocidade Cerveira-Tomiño, explicando as accións, actividades e proxectos acometidos desde a súa posta en marcha. En concreto estiveron presentando o proxecto do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño, inserido na rede de rutas verdes transfronteirizas do río Miño, onde puxeron en valor o traballo realizado para a creación do mesmo de forma conxunta.
Comentouse o estado do proxecto da pasarela peonil, elemento fundamental para a unión do Parque do Castelinho, situado en Vila Nova de Cerveira, co Espazo Fortaleza, na beira tomiñesa. O Estudo de Arquitectura Burgos & Garrido atópase traballando no anteproxecto da mesma, ao tempo que se están pondo en contacto con todas as administracións que teñen que dar autorizacións sectoriais. Esta mañá, os alcaldes mantiveron xunto con representantes do estudo, unha reunión con persoal da Agência Portuguesa do Ambiente (APA), no marco da rolda de contactos que se teñen mantido durante os últimos meses para presentar o proxecto do Parque da Amizade.
A Eurocidade Tomiño - Cerveira aspira a captar investimentos europeos no cadro comunitario durante os vindeiros anos, aos que se presentarán diversos proxectos, ademais de volver a conseguir a adxudicación de fondos do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP).
  
Tomiño insta ao Goberno Central a apoiar a financiación da biblioteca municipal
Tomiño, 14 de xaneiro de 2021.- O Concello de Tomiño aprobou no pleno celebrado este martes unha moción na que se insta ao Goberno Central a repoñer a partida orzamentaria comprometida co Concello de Tomiño para a construcción da biblioteca. A proposta, presentada polo BNG, foi aprobada co voto favorable de toda a corporación municipal.
Tal e como aparece explicitado na moción, o litixio entre o Concello de Tomiño e o Goberno Central pola financiación do proxecto remóntase ao ano 2010, cando o deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, negociou unha axuda para a reforma da antiga casa do médico do Seixo para convertelo nun novo edificio administrativo que albergaría tamén a biblioteca municipal. Logo de estar comprometida unha partida orzamentaria de 500.000 euros para tal fin que se terminou anulando, presentouse unha demanda contra o Ministerio, que foi condenado a indemnizar ao Concello con máis de 40.000 euros polos custes da tramitación administrativa.
A alcaldesa, Sandra González, reitera a importancia de que as demais administracións colaboren cun proxecto “vital para as tomiñesas e tomiñeses”, que foi deseñado e elaborado de forma participativa coas entidades culturais e sociais do municipio para que respondese ás necesidades da cidadanía. “O Concello xa fixo os seus deberes e deu todas as facilidades ás administracións para que contribuísen ao seu financiamento, nin sequera pedimos un financiamento íntegro, senón unha achega parcial que pode ser repartida en varias anualidades. Só falta que se comprometan”, comenta a rexedora.
Desde a corporación municipal solicitan de forma unánime a resolución do que consideran “unha débeda histórica do Goberno Central co Concello de Tomiño”, reiterando ao Ministerio de Transportes, Mobilidad y Agenda Urbana (antes Fomento) a reposición da partida orzamentaria contemplada nos Orzamentos Xerais do Estado no ano 2011, e comprométense a trasladar este acordo plenario á Subdelegación do Goberno, ao Ministerio e a todos os deputados galegos do Congreso.
Esta resolución representa unha reafirmación do compromiso unánime de todos os grupos políticos en canto a esta cuestión, xa que no pleno celebrado en febreiro do pasado ano xa se aprobara por unanimidade unha moción na que se instaba, tanto á Xunta de Galiza como ao Ministerio, a comprometerse a cofinanciar o proxecto da biblioteca municipal.
Pasos previos á construción
Desde o goberno municipal teñen claro que a biblioteca é un proxecto que se ten que materializar “si ou si”, e xa se deron os pasos previos para a construción da biblioteca. Nos orzamentos aprobados o pasado martes no pleno municipal está previstos os custes de alugueiro das dependencias do Xulgado de Paz, que serán trasladadas provisionalmente ante a xa prevista demolición do edificio no que se atopan no primeiro semestre do ano, en previsión da edificación posterior da biblioteca.
  

Tomiño aproba en pleno de maneira inicial os orzamentos municipais para o ano 2021
Tomiño, 13 de xaneiro de 2021.- O Concello de Tomiño aprobou onte de maneira inicial os seus orzamentos para o 2021 no pleno municipal. En total ascenden a 7.725.000 euros, incrementándose un 5% con respecto ao ano 2019 e lixeiramente superiores aos de 2020. Destaca especialmente o aumento da partida destinada aos servizos sociais, que pasa de 940.000 a case 1.150.000 euros, un incremento do 23% con respecto ao ano anterior.
Duplícanse tamén as axudas destinadas ao mantemento e mellora dos sistemas de traída de augas, que se duplica pasando dos 50.000 aos 100.000 euros, e conxélanse os impostos e taxas, ademais de contemplar a redución aprobada no anterior pleno para bonificar a taxa do lixo aos negocios que tiveron que pechar pola crise do Covid-19.
Modificación da RPT
 
Foi tamén sometida a pleno a proposta de modificación puntual da RPT do Concello de Tomiño, co obxectivo de crear dúas novas prazas necesarias para o funcionamento do Concello: unha praza de técnico de xestión no departamento de secretaría e outra de técnico de medio ambiente.
Mellora da Atención Primaria
No pleno tamén foron debatidas varias mocións presentadas polos diversos grupos parlamentarios, como a respaldada pola plataforma SOS Sanidade Pública, na que denuncian a situación na que se atopa a Atención Primaria, con demoras e masificación da asistencia como consecuencia dos recortes orzamentarios.
Desde a plataforma instan á Consellería de Sanidade a implantar un protocolo anticovid que estableza circuítos seguros de mobilidade, coa intención de poder recuperar inmediatamente as consultas presenciais, limitando ás consultas telefónicas como actividade complementaria. Tamén esixen acabar coa precariedade laboral do persoal aplicando un “Plan de Mellora da Atención Primaria”, e incrementar de maneira urxente o orzamento destinado a esta área sanitaria.
Defensa dos emigrantes retornados
Tamén foi aprobada unha moción en defensa dos emigrantes retornados, que denuncian o trato fiscal discriminatorio ao que son sometidos por percibir pensións de outros países. Solicitan a modificación da lexislación actual para evitar esta realidade que os emigrantes levan sofrendo desde fai anos, que se recoñeza e se homologue o grao de invalidez recoñecido no país de orixe da pensión e que se garanta o dereito á Seguridade Social Universal para todos os galegos e galegas retornadas, tal e como se garante na Constitución e que non se está cumprindo.
 
O Cineclub Poleiro suspende a actividade polo agravamento da pandemia
Tomiño, 13 de xneiro de 2021. Anúlase a proxección prevista para o xoves, 14 de xaneiro ás 20:30 no Auditorio de Goián.
O empeoramento da incidencia nos concellos do Baixo Miño e as novas medidas restrictivas, cun adiantamento do toque de queda e peches perimetrais por concellos, recomenda adiar as proxeccións programadas ata que a situación sanitaria mellore.
O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes.de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do xacobeo 2021.
    
El Partido Popular de Tomiño solicita al SERGAS llevar a cabo el cribado en la localidad tomiñesa
Tomiño, 13 de enero de 2021. El portavoz municipal de Partido Popular de Tomiño, Esteban González Miranda, ha solicitado al SERGAS que traslade el cribado poblacional a la localidad tomiñesa para seguir detectando casos de COVID-19. En conversación con el Gerente  de área de Vigo, Francisco Javier Puente, el portavoz valora positivamente la participación de los vecinos de Tomiño aunque resalta la alta ausencia una vez citados para hacer las PCR; motivo más que suficiente para que el Sergas se desplace a Tomiño y volver a citar a todos los ausentes que finalmente no se han desplazado al hospital Alvaro Cunqueiro y poder aumentar la participación.
La elevada incidencia de Covid mantenida en el último mes en el municipio hizo tomar la decisión con el objetivo de captar el mayor número de personas que estén infectadas pero que no presenten síntomas. Continúan desarrollando su vida con normalidad y, por lo tanto, estar contribuyendo a la expansión del virus al tener un buen estado de salud.
El portavoz, Esteban González, recalta que los datos del cribado son suficientes para insistir que hay que seguir realizando más en los próximos días, de un total de 2197 personas citadas asistieron al hospital Alvaro Cunqueiro 1606 un 73,10%, con un resultado de 18 positivos y un acumulado de casi 600 casos.
Es de agradecer la buena intención del Sergas, con la única finalidad de intentar bajar la alta incidencia de Covid en Tomiño y sobre todo concienciar a los vecinos de la importancia de seguir manteniendo las medidas de seguridad dada la difícil situación actual, afirma Esteban González.
  

“Pájaros de verano” no Cineclub Poleiro este xoves ás 20.30 horas
Tomiño, 12 de xaneiro de 2021. O XOVES , día 14  de xaneiro,  o cineclub Poleiro proxecta a película colombiana PÁJAROS DE VERANO baseada nunha historia real, que explica a orixe do narcotráfico en Colombia. Unha fita  dirixida por Ciro Guerra e Cristina Gallego.
Sinopse: Ambientada nos anos 70, cando a xuventude norteamericana abraza a cultura hippie e a marihuana. Os agricultores da zona convértense en “empresarios” rápidamente. Unha familia indíxena asume o liderado nesta nova empresa. Riqueza e poder combínanse cunha guerra fraticida que ameaza vidas e tradicións ancestrais.
Mellor película no festival de la Habana, nos premios Fénix , nos premios Macondo e nos premios Ariel.
O 4 de febreiro programamos A ILLA DAS MENTIRAS de Paula Cons.
Sinopse: Madrugada do 2 de xaneiro de 1921. Naufraxio frente a illa de Sálvora do buque Santa Isabel con destino a bos Aires. Tres mulleres bravas salvan a preto de 50 náufragos. Un xornalista arxentino investiga o suceso e descubre moitas incógnitas.  Historia e ficción sobre as heroínas de Sálvora.
O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do Xacobeo 2021.
 

Tomiño levará a pleno os orzamentos co investimento en servizos sociais máis alto da súa historia
Tomiño, 9 de xaneiro de 2021.- O Concello de Tomiño levará a pleno municipal o vindeiro martes día 12 a aprobación dos orzamentos de 2021. En total ascenden a 7.725.000 euros, un incremento do 5% con respecto ao ano 2019 e lixeiramente superiores ao 2020 tendo en conta que nel estaban incluídos a subvención do Plan Revitaliza e o programa de fondos europeos POCTEP.
Nos orzamentos destaca a aposta clara polo benestar e a asistencia social, partida que supera por primeira vez o millón de euros, pasando de 940.000 a case 1.150.000, un incremento do 23% con respecto ao ano anterior, no que xa medrara un 25%. Actualmente o investimento en servizos sociais supón o 15% do orzamento municipal, onde destaca especialmente o Servizo de Axuda no Fogar (750.000 euros), onde o Concello aporta unha parte da súa financiación malia ser este unha competencia autonómica encadrada na Lei de Dependencia. O goberno municipal reafirma con isto o compromiso cos investimentos sociais, nun momento de crise sanitaria e económica derivada da pandemia do Covid-19.
Neste momento de crise, o goberno municipal opta pola conxelación de impostos e taxas. No capitulo dos ingresos non se modifica ningunha taxa nin imposto, e quedan conxelados durante todo este ano. Non obstante, contémplase a redución aprobada recentemente en pleno para a bonificación da taxa do lixo dos negocios e comercios que estiveron pechado pola crise do COVID-19.
O orzamento cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e o nivel de débeda alcanzada no ano 2021 considérase moi asumible, ao verse reducida a menos de 600.000 euros no final do ano (un 7,7% do orzamento total).
Nun contexto que impide que os orzamentos poidan ser expansivos, estes manifestan tamén unha aposta polas parroquias e pola procura da excelencia no tratamento dun ben de primeira necesidade como o é a auga, a través do aumento da cantidade destinada ao mantemento e mellora dos sistemas de traída de augas, que se duplica pasando dos 50.000 aos 100.000 euros. Procúrase deste xeito consolidar a Tomiño como un referente nesta cuestión.
Durante o ano 2021 a execución do Plan Revitaliza será outra das prioridades, onde está contemplada unha subvención de 450.000 euros para cambiar o modelo de xestión do lixo. Nese sentido, está prevista a creación dunha praza de mestre composteiro para finalizar a implantación do novo sistema.
Aposta pola Educación
Tamén terá unha importante presenza o capítulo reservado á Educación, que supón case o 10% do orzamento municipal. Neste sentido, o principal investimento será o Plan de Obras nos colexios do municipio. Tamén están contemplados, en relación ao proxecto da biblioteca municipal, os custes de alugueiro para as dependencias do Xulgado de Paz, que serán trasladadas provisionalmente ante a xa prevista execución no primeiro semestre do ano da demolición do edificio no que se atopan, como paso previo á edificación da biblioteca.
Gastos en persoal
No capitulo de persoal está contemplado o 0,9% de incremento dos salarios aos funcionarios públicos ao incluírse unha bolsa pendente da aprobación do goberno do Estado,  o que supón aproximadamente uns 30.000 euros sobre a cantidade que xa fai dous anos sufriu un incremento de 100.000 euros coa aprobación da RPT.  
Está prevista a creación de varias prazas necesarias para o funcionamento do Concello como unha praza de Técnico de Xestión no departamento de secretaria, outra praza de carpinteiro e a xa mencionada praza de Técnico de Medio Ambiente, encadrada na execución do Plan Revitaliza.
  

O Concello de Tomiño agradece a xenerosidade da veciñanza pola alta participación no cribado
Tomiño, 7 de xaneiro de 2021.- Como medida para afrontar a alta incidencia que o municipio viña presentando durante as últimas semanas nunha tendencia ascendente, o Concello de Tomiño propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR. O pasado 30 de decembro habilitou un formulario na páxina web municipal para que se inscribisen aqueles que estivesen interesados en colaborar e tan só dous días despois de publicalo completáronse as 2.500 prazas dispoñibles.
Nun primeiro momento intentouse que este cribado se fixese no propio municipio, pero debido á falta de persoal e a unha complexidade loxística que retrasaría bastante o inicio do mesmo, optouse por facelo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Tomando como referencia cribados realizados noutros municipios, onde a asistencia non foi voluntaria senón que os propios centros de saúde se encargaban de citar aos cidadáns, o Sergas agardaba unha participación moi baixa, polo que a cifra de 2.500 inscritos foi toda unha sorpresa.
“Desde o Concello de Tomiño queremos agradecer enormemente a mostra de xenerosidade e civismo amosada polos veciños e veciñas, que mostraron ser un exemplo na empatía cos demais axudando a frear un problema que durante as últimas semanas está afectando tanto ao noso municipio. Foi moi emotivo ver como todo o mundo se afanou nesta cuestión”, comenta a rexedora Sandra González.
Durante a última semana xa realizaron a proba a maior parte dos inscritos, polo que é previsible que o cribado finalice nos próximos días. Espérase que esta medida sirva para identificar a positivos asintomáticos dos que non se tiña constancia, axudando así a reducir a propagación do virus.
 
La Policía Local de Tomiño denuncia al conductor y copiloto de un turismo por violar el cierre perimetral tras sufrir un accidente de circulación
Tomiño, 7 de xaneiro de 2021. Sobre las 17:50h del día 07/01/2021, se produce un accidente de circulación (vehículo portugués), consistente en la salida de vía en el lugar de Rotea - Amorin.
El vehículo un turismo Renault Clío de color granate sufrió diversos daños de consideración, tras el fuerte impacto contra una valla de protección, que impidió que este se cayera al río, donde existe una altura de unos cinco metros.
Los ocupantes del vehículo, de nacionalidad portuguesa, A.M.V.A y L.M.P.B, ambos de 23 años, resultaron ilesos.
Al lugar acudieron Policía Local de Tomiño, quien se hace cargo de la investigación del accidente y Guardia Civil de Tomiño.
Dado que los ocupantes del vehículo no justifican el motivo de encontrarse en el termino municipal de Tomiño, el cual cuenta con cierre perimetral (Tomiño - A Guarda - O Rosal) estos son propuestos para sanción por incumplimiento a las medidas adoptadas por la Xunta de Galicia, para hacer frente a la crisis sanitaria, en la condición de autoridad competente delegada en el marco de lo dispuesto por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para la propagación de infecciones causadas por el SARS-COV-2.
El conductor fue sometido a la prueba de alcoholemia, que arrojó un resultado negativo.
  

Tomiño entrega axudas para alimentos e agasallos para non deixar a ninguén atrás este Nadal
Tomiño, 5 de xaneiro de 2021.- O Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño levou a cabo varias iniciativas para que ninguén quedase atrás este Nadal, entregando axudas para alimentos e outros bens de primeira necesidade para as familias en risco de exclusión social, así como vales para comprar agasallos con fin de que ningún cativo quedase sen el.
Recibiron un bono para a compra de agasallos 49 nenos e nenas menores de 12 anos, pertencentes a un total de 29 familias. Tamén se repartiu un lote de libros para aqueles menores que superaban os 12 anos, ademais de algún pequeno agasallo. En canto ao reparto de axudas para alimentos, foron beneficiadas un total de 22 familias con 58 usuarios en total.
En total foron investidos nestas iniciativas sociais máis de 4.500 euros, un 30% máis que o ano anterior, unha acción que o departamento desenvolve todos os anos destinado ás familias e unidades de convivencia en risco de exclusión co obxectivo de que poidan pasar un mellor Nadal, en especial aquelas con nenos e nenas, algo de vital importancia nun contexto de emerxencia sanitaria como o actual.  
    
Os Reis Magos agradecen o esforzo dos nenos e nenas de Tomiño a través dun vídeo
Tomiño, 5 de xaneiro de 2021.- A complicada situación que atravesa o concello en relación á pandemia do Covid-19 fixo que por motivos de seguridade se tomase a decisión de suspender a tradicional cabalgata de reis. Non obstante, as súas maxestades de Oriente non quixeron esquecerse dos nenos e nenas de Tomiño.
A través dun vídeo da súa visita a Tomiño, quixeron agradecer aos cativos o seu esforzo e valentía nun ano especialmente duro para todos eles, unha actitude exemplar que merece ser recompensada con moreas de agasallos cos que viñeron cargados. Na súa visita real ao concello, ao que chegaron en barco a través do río Miño, estiveron coa alcaldesa Sandra González e visitaron áreas como o Espazo Fortaleza, a Casa do Concello ou o Mercado de Tomiño, onde aproveitaron para comprar produtos locais de calidade, como adoitan facer todos os anos.
Durante os últimos días, os nenos e nenas do municipio tamén recibiron nas súas casas unha postal das súas maxestades de Oriente. Na misiva, os reis lamentan que este ano non poidan desfilar e repartir caramelos e agasallos polas rúas de Tomiño, pero felicitan a valentía e fortaleza dos máis pequenos. Perante a súa visita na noite de reis, solicitan aos máis pequenos que lles deixen máscaras e xeles hidroalcohólicos nun cuarto ventilado, e aseguran que os agasallos veñen desinfectados, polo que non hai nada do que preocuparse.
   

Tomiño premia a mellor decoración do comercio local
Tomiño, 31 de decembro de 2020.- O xurado do concurso de decoración de escaparates e locais da campaña Nadal + Nadal, organizada polo Concello de Tomiño, deu a coñecer xa o seu veredicto final. O concurso tivo como finalidade incentivar aos comerciantes a crear un ambiente natalicio agradable e atraente para a veciñanza, axudando así a potenciar o consumo no comercio local.
O xurado do concurso  estivo conformado por dous representantes do comercio local, dous artistas do municipio e un representante do Concello de Tomiño. Para valorar aos participantes, tivéronse en conta unha serie de criterios, entre os que se atopan o impacto da decoración, a creatividade empregada, a iluminación, a integración de elementos naturais e a harmonía existente entre os motivos decorativos.
Na modalidade de mellor escaparate o 1º premio foi outorgado á Herboristería Hildegarda, dotado con 500 euros, mentres que o 2º premio levouno J. Carrera Decoración, por un valor de 250 euros. En canto á modalidade de mellor local, o 1º premio foi para a Librería Novidades, con 500 euros.
No xurado houbo consenso en que os gañadores son os que reúnen unha mellor cualificación no conxunto dos criterios e dunha forma máis equilibrada. Non obstante, quixeron destacar o gran nivel que había en moitos dos candidatos, onde se apreciou un gran traballo e dedicación, o que fixo que a elección estivese moi disputada. Animan aos comerciantes a continuar participando de iniciativas deste tipo en vindeiras ocasións.
COMPRAS QUE VALEN O DOBRE
No marco da campaña Nadal + Nadal, o Concello de Tomiño tamén realizou o pasado 26 de decembro no salón de plenos do Concello o sorteo dos tíckets de compra gañadores dun vale polo dobre do seu valor, válido para mercar en calquera dos comercios adheridos á campaña ata o próximo día 5 de xaneiro. Os vales de compra por un valor total de 3.000 euros foron repartidos entre 33 tíckets premiados.
Regreso al contenido