Tomiño, 23/05/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tomiño, 23/05/20

COMARCA
Tomiño mellora o parque de colectores de lixo coa instalación de máis de 60 novas unidades
 
Tomiño, 22 de maio de 2020.-O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Belén Casaleiro, está a implementar melloras no parque de colectores de lixo en distintos puntos do municipio, tendo en conta necesidades e solicitudes de veciños e veciñas.
 
Así, a principios de ano, colocáronse en 11 novas localizacións, colectores para vidro (iglús verdes), aportados por Ecovidrio.
 
Nos vindeiros días, vanse colocar 21 colectores para a recollida de envases lixeiros (colectores amarelos), de 2.400 litros e carga lateral, adquiridos recentemente polo Concello. Estas novas unidades sustituirán aos colectores de carga traseira, de menor capacidade, naqueles lugares nos que éstes son deficitarios. Polo que finalmente se disporá de 30 colectores para situar en novas localizacións do municipio.
 
Ademáis, colocaranse 11 novos colectores para pilas, aportados pola empresa Urbaser, para reempleazar os que están en mal estado, os cales, serán restaurados co fin de ampliar os puntos de recollida.
 
Agárdase tamén para este ano a achega por parte de Urbaser doutros 20 colectores para reciclaxe de envases e papel-cartón. E, co gallo de seguir ampliando as posibilidades de reciclaxe, o Concello adheriuse ao proxecto “HORECA” de Ecoembes, para establecementos de Hostelería, Restauración e Cátering.
 
Asemade, nos cinco centros de Educación Primaria, colocaranse novas papeleiras de separación dos distintos residuos, con cargo á campaña de concienciación ambiental anual 2019-2020, que leva a cabo o Concello en colaboración coa empresa concesionaria da recollida de lixo. Isto, xunto cos composteiros que xa levan un ano en funcionamento, inculca dende a infancia a importancia dunha boa separación e da reciclaxe nos mais cativos, á vez que cobre a xestión de todos os residuos xerados en cada centro.
 
A concelleira responsable da área, salientou a importancia da cooperacón da cidadanía para unha xestión do lixo máis respetuosa co medio ambiente, que beneficia a todos, máis alá de cumprir coa normativa. “Dende o concello vense traballando nun novo modelo de xestión para mellorar os datos de reciclaxe e reducir a cantidade de lixo que vai, de forma indebida, ó colector de resto. Para o cal, ademáis de facilitar a reciclaxe ampliando o número de colectores específicos, han de levarse a cabo xornadas de formación e concienciación” declara Casaleiro.

O Concello de Tomiño establece un protocolo para a reincorporación do persoal municipal
Tomiño, 22 de maio de 2020.-O Concello de Tomiño, vén de establecer un protocolo para a reincorporación presencial do persoal da entidade local, a partir do vindeiro luns, 25 de maio de 2020.
O Concello establece un protocolo para a prestación de servizos no Concello de Tomiño, fundamentalmente para o momento en que se levante a suspensión dos prazos administrativos, e ante as dificultades que poden xurdir para levar a cabo unha correcta atención ao público e unha axeitada tramitación dos procedementos, garantindo o cumprimento de todas as medidas de protección para o persoal municipal e para os seus usuarios, así como as medidas de distanciamento social, a flexibilidade horaria e a conciliación familiar para os traballadores/as.
Neste protocolo, establécese o teletraballo como forma preferente de prestación de servizos administrativos e como medida de protección da saúde do persoal, así como para facilitar a conciliación persoal e familiar.
A reincorporación do persoal será gradual e progresiva segundo as necesidades do servizo e presencia nos equipos de traballadores vulnerables.
Asemade, estableceranse quendas rotatorias entre o persoal que deba prestar servizos de carácter presencial, coa flexibilización de xornadas e a adopción de medidas necesarias para evitar o risco de contaxio, coma limpeza e desinfección das instalacións, instalación de mamparas, e dotación de material de protección ao persoal.
O traballo presencial organizarase de modo que se evite o contacto entre persoas, ou de non ser posible, se reduza a súa frecuencia, respectando a distancia de seguridade.
A atención ao público farase, preferentemente, por vía telefónica, por correo electrónico, ou a través da sede electrónica.
Con este fin, darase publicidade dos teléfonos municipais e direccións de correo electrónico dos diferentes departamentos ( para dar a posibilidade de que os cidadáns poidan acceder directamente ao departamento ao que desexen dirixirse), xunto co xeral do Concello (centralita), que será atendido coma vén sendo habitual.
No caso de ser necesaria a atención presencial, fixarase un horario de atención ao público presencial, con cita previa (de luns a veres de 09:00 a 13:00 horas con carácter xeral).
Colocarase no acceso e no interior das instalacións carteis coa información e indicacións que deben seguir os usuarios do Concello sobre cita previa, distancia de seguridade, circulación, etc., e só se permitirá a entrada dun usuario por cada cita, excepto cando sexa estritamente necesario a presenza dun acompañante.
As citas previas concederanse cun mínimo de 15 minutos entre elas ou o suficientemente espazadas no tempo para, na medida do posible, evitar colas.
Durante o horario de atención ao público reservarase para o seu uso exclusivo os baños da planta baixa, e a circulación polas escaleiras e corredores efectuaranse polo lado dereito. Un traballador ou traballadora estará na recepción da Casa Consistorial en horario de atención ao público para axudar a controlar as medidas indicadas anteriormente.
Con respecto á presentación de documentos, establécese a preferencia da presentación telemática de instancias e solicitudes no Rexistro de Entrada, a través da sede electrónica (www.tomino.sedelectronica.gal ).
Por útimo, constituirase unha comisión mixta de seguimento, de composición paritaria, (integrada por representantes da Administración e das organizacións sindicais que ratificaron o presente protocolo) para levar a cabo o seguimento da aplicación das medidas establecidas, así como, se é o caso, trasladar as propostas de revisión que consideren oportunas.
Regreso al contenido