Sentadoiros - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Sentadoiros

PUBLICADAS
por Victoriano Rodríguez

O sentadoiro ou banco, en castelán «poyo», é un elemento que formou parte importante das vivendas das aldeas. Era rara a casa que no camiño ou na estrada, e ó lado do portal non tivese un sentadoiro. Na actualidade aínda se conservan bastantes. Co paso do tempo, co ancheo dos camiños, reformas das casas e novas construcións, foron a menos.
 
Á esquerda: sentadoiro diante da casa de Saladina onde se puña de charla con que pasase
polo camiño. Á dereita: Gloria, veciña das Pozas, facendo labores á porta da súa casa

Á esquerda: agosto de 1965. Paulino subido ao cabalo utilizando o sentadoiro que está detrás da rapaza,
e Saladina suxeitando ó Moro. Á dereita: casa de Joaquín Martínez e Olinda na Porba. Sentadoiro nos anos 60 ou 70

Sentadoiros da casa de Perfecto no Cruceiro de Baliños. A súa base tiña
un patín que era utilizado polos veciños para montar a cabalo


Á esquerda: Cruz da Monxa, sentadoiro de Ricardo, antiga casa da tía Dolores de Beatriz.
Á dereita: Detrás do rapaz, sentadoiro de Agustín Portela, en Pintán nos anos 60
 
O sentadoiro, ofrecía varias utilidades complementarias á vida dos paisanos:
–Como seu nome di, servía para sentarse e descansar non lugar de contacto e de relación social, en tertulia con os veciños, ou con os que por alí  pasaban.
–De gran utilidade en aquelas casas que tiñan cabalo, para subirse a el. Estes sentadoiros eran mais altos e tiñan un patín. Na actualidade quedan poucos.
–Lugar onde palicaba a filla da casa con o noivo (martes e xoves)
–Servía para deixar o saco do millo para que o recollese o moleiro.
–Para xogar os rapaces.

Á esquerda: diante da casa de Carmen de Celso. Á dereita: Diante da casa de Josefa a Brasileira (anos 60-70)


Á esquerda: diante da casa de Javi nas Pozas; banco de recente construcción integrado na fachada.
Á dereita: diante da casa do tío Casiano; o sentadoiro redondo era un contrapeso dun lagar

Os sentadoiros son das mais variadas formas e materiais: de canteiría labrada, de canteiría rústica, de esteos, de pedras, de ladrillo, de azulexos, de cemento… Uns están integrados cos mesmos materiais da construción da vivenda, ben sexa antiga ou de recente construción; pero a maioría a gusto e criterio dos donos da vivenda. Non houbo unificación no feito, pero si nos fins.



Diferentes tipos de sentadoiros


Os veciños Ramón, Teresa, Salvador, Irene, Constante Municipal, Manuel,
José do Pito, José María no sentadoiro ó lado da tenda do Cruceiro Pinto.

Aparte da gran utilidade práctica destes elementos, tamén se daban casos curiosos, como cando eran usados a noite de palique (enamorar) pola moza da casa e seu noivo que viña a estar con ela ao portal. Se daba o caso que o pai da moza por «prevención» colocaba unha bombilla enriba do lugar do palique, e o mozo lle daba unha peseta a un rapaz, para que con o tirabolas a rompese.

Tamén estoutro caso que saíu na prensa da época de 1942, na que o pai da noiva, que non aprobaba a relación do noviazgo, lle deixa cair un pedrusco de 18 kilos a o noivo cando estaban palicando.



Á esquerda: Gandra da Riba. Casa de José, fillo de José del Vira. Á dereita:  Na casa de Lela Pingueta.


Á esquerda: na esquina da casa de tío Fructuoso, recén sentado o seu neto Manolo Álvarez.
Á dereita:  Paulino e Pepe do bar Galicia no banco diante da capela das Mercedes.


Á esquerda: Pintán na actualidade, na casa de Agustín Portela. Á dereita, Pintán, sentadoiro
diante da casa de Claudio e outro diante da que fora de Laureano o Americano.


Á esquerda: robusto sentadoiro diante da casa de Manuel de Antonina.
Á dereita: sentadoiro na casa de Honorio nos anos 60-70
 

Á esquerda; sentadoiro diante da casa de Pepe o Pintanexo na Cunchada.
Á dereita: sentadoiro na tenda de Baliños nos anos 60-70


Á esquerda sentadoiro no Carrascal, diante da casa do Gervasio.
Á dereita: sentadoiros no frontal da igrexa parroquial de Salcidos


Tertulia de veciños nos sentadoiros diante da casa de Manolo de Fructuoso, nos Mirillóns



Paisanos do Castro, polos anos 70. De esquerda a dereita: ?, Rita, José o Lugés, Ricardo Boliche,
Arminda dos Pantalóns, Antonio Rosaleiro, José (Guarda de Campo) e tío Antonio da Rita


No mismo lugar que a anterior foto. En xullo de 2019, no sentadoiro Elpidio e Rizo
   
 
Nota. Nalgúns casos, nos pés de foto, identifico a casa do sentadoiro con o nome  mais popular relacionado ca mesma, pola divulgación de costumes localistas, porque sempre foi así coñecida; aínda que na actualidade, habiten herdeiros ou fose comprada
    
Victoriano Rodríguez  Xulio de 2019
Outros sentadoiros











Regreso al contenido