Revistas - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Revistas

ARQUIVO


A Comunidade de Montes da Guarda publica un “Boletín Informativo 2020”, no que dá a coñecer diferentes actuacións levadas a cabo por este colectivo nos montes que son da súa competencia. Ilustrado con fotografía a cor, e 8 páxinas, pódense ler novas como as limpezas levadas a cabo en distintas áreas de interese, polo seu valor paisaxístico, arqueolóxico ou panorámico; información sobre diferentes plantacións de especies autóctonas en distintas zonas do monte Santa Trega e limpezas no monte Torroso. Adecuación dos atallos que soben ao Trega, tendo en conta que, segundo se explica no mencionado Boletín, máis do 90 por cento entán en terreos da Comunidade da Guarda. A contraportada está dedicada á colaboración ofrecida ao concello da Guarda para a desinfección das rúas por mor da Covid-19, facilitando medios mecánicos e persoais para este labor.




.En xaneiro de 1988, alumnos do IES A Sangriña redactan e publican o número 0 de “O Trasno. Revista Cultural Independente do Baixo Miño”. En formato A3, con 24 páxinas, debuxos e fotografías en B&N, explícanse no Editorial as intencións desta publicación: “proporcionar información sobre temas diversos: arte, literatura, ciencia, humor... en fin todo o que se engloba no amplio termo de cultura”.
 
Xa desde o número 0 se alude a unha intención continuadora, pois “para sacar á luz o terceiro número teremos que venderche o segundo”, dado que a publicación sufrágase coa súa venda e a colaboración dos anunciantes (once no número que estamos a comentar).
 
Neste número 0 escríbese sobre as táboas pintadas da igrexa parroquial de Santa María da Guarda; da visita que os redactores fan ao taller de restauración do tudense Ignacio Márquez Vieira; recóllese un comentario sobre “Maxina ou a filla espúrea”; falando de cine, comezan a sección cinematográfica coa biografía de Marlon Brando e os títulos dalgunhas das súa películas. Outros contidos son algún breve cómic, a poesía de Fernando Pessoa, temas de tecnoloxía, algunha curiosidade, unha narración ficticia, ecoloxía, deporte e rematan os contidos cunha entrevista a Nacho que “É profesor no I.B do Tegra (sic) e leva desde hai dous anos dirixindo dous equipos de baloncesto”



Cada certo tempo, sobre todo cando se achegan unhas eleccións, as distintas formacións políticas que se presentan na Guarda acostuman a publicar un boletín, que oscila xeralmente entre as 4 e as 8 páxinas, nas que ademais de facer fincapé naqueles aspectos que rexeitan, destacan a súa postura na resolución dos proxectos ou problemas que detectan. Son publicacións cun curto periodo de vida, para desaparecer e voltar cos lectores casi cada catro anos, a veces conservando o nome, e outras cunha nova cabeceira.

O BNG publicaba, en febrero de 2004 “A Folla” con referencias aos soldos do gobernó municipal, a posible perda do antigo Rodríguez Sinde, por un intento municipal de desfacerse este inmoble, a suba de taxas e a conservación de edificios con valor histórico, entre outros contidos.





“As Solanas”. En 2003 os alumnos de CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo publican un novo número da revista escolar. A portada, de “loito”, simboliza os tráxicos acontecementos habidos uns meses antes da publicación. O primeiro, o afundimento do Prestige, que aconteceu o 12 de novembro de 2002, fronte ás costas galegas enchendo de negro a franxa litoral do país. O segundo acontecemento foi a guerra de Irak, iniciada o 20 de marzo de 2003, cando unha coalición liderada por Estados Unidos xunto cos países aliados, o Reino Unido e España, invadiron auqela nación. No interior os textos teñen que ver coas Letras Galegas; creacións literarias dos mesmos alumnos; resume dunha visita guiada por Anabam a Santa Trega; celebracións e pasatempos, entre outros contidos distribuídos entre as 40 páxinas, incluídas as portadas, de “As Solanas 2003”.







“O teu pobo”. Boletín da Agrupación Socialista da Guarda, cuxo primeiro número foi publicado en xaneiro de 1998, sendo secretario xeral desta formación Pedro Borrajo Rivas. Nos boletíns divúlganse noticias elaboradas desde esta formación política relacionadas co ámbito local. Propostas, críticas ao goberno municipal, proxectos que os socialistas levarían adiante no caso de gobernar... Ao contrario que outros grupos políticos, que tamén editan boletíns cada certo tempo, nomeadamente en anos electorais, a Agrupación Socialista da Guarda mantivo a cabeceira do boletín en cada nova publicación.




48 páxinas, además da portada e contraportada, Textos maioritariamente manuscritos. “Fala o <<Sinde>>” é o nome da revista escolar publicada polos alumnos do CEIP Manuel Rodríguez Sinde. No número correspondente ao curso 2005-2006, con debuxos e fotos a cor e en B&N, os colaboradores escribiron contos, experiencias vividas, breves biografías de personaxes, receitas de cociña, festas ou acontecementos celebrados no colexio, artigos sobre etnografía e adiviñas entre outros temas. A contraportada, a cor, estaba dedicada aos alumnpos que remataban a Primaria e se despedían do centro onde aprenderon a ler, a escribir, a pensar...
No Editorial explican algúns dos obxectivo da revista: "intentamos reflictir o día a día do colexio, as nosas actividades, as festividades e, por suposto, dar lugar para a expresión artística dos nenos e nenas, desde os máis pequenos e pequenas ata os maiores", son


Co gallo da 1ª Exgaportem, Exposición de Filatelia Temática de Galicia e Norte de Portugal, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa xunto coa Federación Gallega de Sociedades Filatélica, realizada en 2001, co patrocinio do Concello da Guarda, Diputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Estrella Seguros, e a colaboración da Unión de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal, editouse un libro-programa no que ademais dos saúdas de distintas personalidades políticas e filatelistas, aparecían entre outros contidos, o Coimité de Honor, os Xurados que valorarían as coleccións presentadas, a Relación de Expositores, o horario dos diferentes actos e colaboracións literarias relacionadas coa mostra que se espoñía no Salón de Actos do Recreo Artístico Guardés. Entre este últimos contidos, os traballos viñan asinados por José Ramón Moreno Fernández-Fígares, presidente da Comisión Temática de Fesofi: “Vela y Filatelia, unidad por la temática”; Paulo Sá Machado, presidente de Ufinor: “S. Batolomeu”; Manuel Lago Martínez, membro da A.I.J.P.: “Carta-Testimonio”; José A. Gándara, vogal temático de Fegasofi e Fesofi: “”Colón, ¿gallego?”; Valentín Suárez Alonso, membro de Aspefil: “Ciudad del Vaticano. Europa 2001”; e Juan Álvarez Sobrino, presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa: “Pablo Ruiz Picasso. Mujeres en la vida del pintor”.

Regreso al contenido