Refráns recollidos na Guarda - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Refráns recollidos na Guarda

ARQUIVO
Refráns recollidos na Guarda
por Antón Ferreira
 
(Nota: estes refráns están escritos tal e como os escoitamos, nun “ghalegho” guardés, incluso mesturando palabras galegas con castelás).
 
Empeza o patelo a aboiar, barrunta néboa o mar.
Mazaricos na playa a cantar, os mariscos a flotar.
Os corvos de mar en terra, mariñeiro vente en vela.
Ponse paíño no mar, sente chuvia ou temporal.
Os montes do mar a brilar, muita chuvia vai entrar.
Luna posta, baixamar na costa  (Cirín).
Da mar o salmón; da terra o xamón, o Sil leva aghua e o Miño a fama.
De la tierra el carnero y de la mar el mero.
Jaivotas no mar vai o peixe a saltar.
Jaivota ó mar, mariñeiros a traballar.
(Tamén se di coma un só refrán: Jaivotas a terra, mariñeiros á merda; jaivota ó mar, mariñeiros a traballar).
Jaivotas no mar, vai o peixe a saltar.
As estrelas a brilar, mariñeiros ó mar.
Tres aves pasa o mar: o cuco, a rula e o paspallás.
Se chove en Santa Bibiana chove un mes e unha semana.
Santa Bibiana pariu por un dedo , será verdá pero eu non o creo.
En Santa Lucía menguan as noites e crecen os días.
O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día.
El día de Santa Lucía tarda la noche y crece el día.
Pola Santa Mariña vai ás túas viñas e cal tal as vendimas.
Polo mes de Santa María deixa o saco e colle a fouciña.
Nadie se acorda de Santa Bárbara hasta que trona

(Continúa o vindeiro luns)

Se a Candelaria chora o inverno xa vai fóra.
Cando a Candelaria chora mitá do inverno vai fóra.
Cando a Candelaria chora medio inverno vai fora; que chore, que deixe de chorar, medio inverno está por pasar.
Cando a Candelaria chora o inverno vai fóra, e se ríe é que está por vir; que ría ou que chore o inverno está fóra.
Regreso al contenido