Oia, xaneiro 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Oia, xaneiro 2021

Arquivo 2021
O Concello de Oia aproba inicialmente un orzamento de 1,7 millóns de euros
Oia, 28 de xaneiro de 2021. O pleno municipal de Oia aprobou inicialmente o orzamento para este ano, que ascende a un total de 1,7 millóns de euros. Nun momento de dificultade marcado polas excepcionais circunstancias provocadas pola pandemia da covid-19, o gasto social consignado nas contas representa cerca do 12% do total das contas municipais.
Os orzamentos ascenden a un total de 1,7 millóns de euros, o que supón continuar a senda de lixeiros aumentos dos últimos anos (1,69 millóns en 2020 e 1,62 millóns en 2019). Destaca o mantemento da débeda cero, do esforzo en materia social e a conxelación de taxas e impostos municipais.
A alcaldesa, Cristina Correa, incidiu en que “o gasto social ascenderá a 202.330 euros, o que supón o 11,9% do orzamento total do Concello”. Nese sentido, lembrou que o número de horas destinadas a atención a persoas dependentes se ampliará este ano un 2,1%, pasando das 14.088 do ano pasado a 14.352 en 2021.
Entre as principais partidas orzamentarias está o capítulo de investimentos reais, que ascende aos 34.200 euros. Desta cantidade destaca a achega municipal ao Plan Marco da Xunta para a Mellora de Camiños Municipais, de 10.000 euros.
Ademais, a alcaldesa destacou que por segundo ano consecutivo se contempla unha partida para axudas ás traídas de augas veciñais (25.900 euros) e para bolsas de transporte escolar (2.000 euros). Tamén dará continuidade á aposta pola creación de novas rutas de sendeirismo que permitan ampliar a oferta de espazos de lecer cidadá ao aire libre e que, ao mesmo tempo, dinamicen o turismo; cuestións moi demandadas neste contexto de pandemia.
Axudas á hostalería para paliar os efectos da covid
As contas para 2021 inclúen algunhas partidas de nova creación, destinadas a paliar os efectos da covid nos sectores económicos máis prexudicados e a axudar á veciñanza á dotarse de materiais de prevención. Así, consígnanse 10.000 euros para axudas a establecementos hostaleiros afectados pola pandemia e outros 10.000 euros para a compra de máscaras e outros materiais de prevención.
En alusión ás axudas á hostalería, a alcaldesa sinalou que esta cantidade prevé ampliarse, xa que “é vontade do equipo de goberno sumarse ao fondo de cooperación no que Xunta, deputacións e concellos están a traballar” e que se concretará nos próximos días.
Por outro lado, e ao igual que en anteriores exercicios, o Concello manterá a colaboración con asociacións con fins sociais radicadas na comarca, así como cos colectivos culturais e deportivos do municipio.
As axudas para a posta en valor dos curros e para a actividade da Asociación Costa dos Castros tamén teñen continuidade no 2021. No caso desta última, a achega municipal orientarase especialmente á edición de libros.
Primeiro pleno telemático en Oia
O pleno ordinario deste xoves, o primeiro celebrado de xeito telemático en Oia, aprobou as contas municipais cos votos a favor do equipo de goberno.  Tras recibir o visto e prace inicial, abrirase o correspondente período de alegacións previo á aprobación definitiva do expediente.
Por outra banda, na sesión de hoxe tamén recibiu o visto e prace á proposta da Comisión de Heráldica para o novo escudo e a bandeira de Oia, que empezou a tramitarse no 2019.
Segundo avanzou a alcaldesa, o novo deseño respecta ao máximo a tradición e historia local, facendo alusións a símbolos como as pólas de figueira como elemento principal, o báculo e velo abacial e as dúas lises. Deste xeito, complétase a alusión ao mosteiro cisterciense sen necesidade de facer uso do seu propio emblema, opción sempre rexeitable pola Comisión.
Outros asuntos do pleno
Este xoves tamén se levou a pleno a ordenanza que regulará o prezo do libro “O Mosteiro de Oia e a Virxe do Mar”, publicación que o Concello porá a venda pensando nas persoas de fóra do municipio que poidan estar interesadas na historia local.
Outro asunto aprobado foi o proxecto de mellora no río Broi (Viladesuso), que leva implícita a declaración de utilidade pública e, por tanto, as correspondentes expropiacións de terreos necesarios para acometer a actuación. Esta intervención, de Augas de Galicia, é a segunda fase dos traballos realizados en 2013 para evitar problemas derivados de inundacións.
Por outra banda, o pleno abordou a adhesión de Oia ao convenio asinado entre Fegamp e Vicepresidencia da Xunta a fin de axilizar os trámites de expedientes sancionadores derivados de actas de denuncia por incumprimentos da normativa autonómica de contención da covid. Actualmente o Concello de Oia ten constancia duns 8 procedementos sancionadores pendentes que, en virtude do antedito convenio, serán tramitados polo departamento autonómico.
A conta xeral do pasado exercicio e a ampliación dun mes no prazo de entrega do borrador do PXOM -atendendo ás circunstancias extraordinarias da covid- foron outros asuntos abordados dentro da orde do día plenaria.
 

O Concello de Oia reparte 30.000 máscaras entre a veciñanza
Oia, 25 de xaneiro de 2021. O Concello de Oia vén de poñer en marcha unha nova campaña de reparto de máscaras desbotables entre a veciñanza, procedentes dun pedido de 30.000 novas unidades que vén de facer nos últimos días.
Unha vez recibida esta nova partida de material de prevención fronte á covid-19, a Administración local comezou este venres o reparto de máscaras cirúrxicas a domicilio. O Concello lembra a importancia do uso axeitado destes equipos a fin de garantir o seu correcto funcionamento: a máscara debe colocarse de xeito que tape completamente nariz e boca, ben axustada á cara, e cómpre mudala cada 4 horas de uso.
Este novo reparto entre a veciñanza súmase ás anteriores entregas de material de prevención fronte á covid-19 que vén desenvolvendo o Concello durante a pandemia; tanto de máscaras de distintos tipos como de xel desinfectante.
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, lembra que o concello permanece actualmente en nivel máximo de restricións e fai un chamamento a extremar as precaucións. Nese sentido, incide na recomendación de restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente ás persoas que forman a unidade de convivencia.
Nivel máximo de restricións
Debido á alta taxa de incidencia da covid-19 no municipio durante as últimas semanas, desde o pasado 15 de xaneiro Oia atópase no nivel máximo de restricións, con peche perimetral individual e grupos restrinxidos a 4 persoas (salvo convivintes). Só se pode saír do concello por motivos excepcionais como poden ser a adquisición de alimentos e bens de primeira necesidade, coidado de maiores, menores e dependentes, acudir a bancos e outras causas debidamente xustificadas.
Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos. Ao igual que no resto de Galicia, o toque de queda mantense entre as 22.00 e as 6.00 horas.
A hostalaría e restauración debe permanecer pechada en interior, mentres que nas terrazas poderá dar servizo, ao 50% do aforo, ata as 18h. A recollida de comida no local está permitida ata as 22h e o servizo a domicilio ata as 00h.
O aforo dos lugares de culto relixioso será 1/3 da súa capacidade máxima permitida, quedando establecido o aforo para velorios en 10 persoas interior/25 exterior e para enterros en 25 persoas.
Toda a información pode consultarse na sección de CORONAVIRUS da web municipal.
  

Os Socialistas de Oia solicitan a adhesión á Area Metropolitana de Vigo e piden unha liña de axudas para os sectores máis afectados polas restricións sanitarias
Oia, 22 de xaneiro de 2021. O Grupo Municipal Socialista de Oia ven de presentar por Rexistro de entrada dúas mocións que serán defendidas no vindeiro pleno municipal do 28 de xaneiro, a primeira delas trata sobre a adhesión do municipio á Área Metropolitana de Vigo e a segunda sobre a petición dunha liña de Axudas para paliar o grave prexuízo que están a pasar os principais sectores económicos municipais debido á situación sanitaria motivada pola crise da pandemia da Covid-19.
ADHESION DO CONCELLO DE OIA Á AREA METROPOLITANA DE VIGO
EXPOSICION DE MOTIVOS:
A xestión mancomunada  dunha serie de servizos entre os que destacamos: a promoción da economía o emprego na comarca, o  servizo da auga, , a recollida do lixo, o turismo, os servizos sociais, a ordenación do territorio, a  planificación de infraestruturas e transportes ( que como agasallo para a xente moza, ata os 21 años, a gratuidade do transporte dentro da área metropolitana) non cabe dúbida que implican unha serie de melloras para  o aforro do Concello o mesmo tempo que importantes beneficios para todos os veciños de Oia
Por todo iso, dende o Grupo Municipal Socialista de Oia propoñemos para a súa aprobación polo Pleno da Corporación o seguinte acordo para a solicitude de adhesión do Concello de Oia  a Area Metropolitana de Vigo.
SOLICITUDE DE CREACIÓN DUNHA LIÑA DE AXUDA AOS SECTORES AFECTADOS POLAS RESTRICIÓNS SANITARIAS
Desde o inicio da pandemia algúns dos sectores produtivos desta provincia están a enfrontarse a unha realidade que os afoga cada día, facendo insostible a continuidade de moitas pequenas e medianas empresas vinculadas coa hostalería, o comercio, coas actividades de ocio e recreativas ou as axencias de viaxes, entre outras.
 
As dificultades son aínda maiores entre aquelas empresas que se ven sometidas ás restricións derivadas da pandemia con peches dos seus negocios ou limitacións de presenza, sendo o exemplo máis claro desa situación o da hostalería.
 
Compartimos que a toma de decisións para protexer a saúde da cidadanía ten que ser unha prioridade, pero non pode perderse o obxectivo de salvagardar tamén a economía de centos de miles de familias cuxos únicos ingresos dependen da súa actividade laboral.
A aplicación de modelos como o implantado en Alemaña, onde calquera restrición sanitaria ven acompañada de liñas de axudas para os sectores afectados,  ten que ser o modelo a seguir, todo máis nun momento no que a administración autonómica, que é a competente para ordenar ditas  restricións, ten ao seu dispor recursos para facer efectivas as axudas.
En Galicia, estamos en disposición de aplicar un modelo similar ao alemán e facerlle fronte non só á difícil situación económica das pemes desta provincia, senón tamén de protexelas fronte ás perdas derivadas das  restricións sanitarias aplicadas ate o momento, xa que durante o ano 2020 o Goberno estatal ten remitido á Xunta de Galicia recursos non reembolsables a través do fondo COVID estatal, para compensar a caída de ingresos pola redución da actividade económica, por valor de 224,10 millóns, e acaba de anunciar o reparto de 441 millóns de euros a través dos fondos de REACT-EU para que, entre outros obxectivos de carácter social, poida  prestar apoio en forma de capital circulante ou de apoio á inversión para as pemes.
Asemade, os Orzamentos de ingresos da Xunta de Galicia teñen crecido un 13,98% respecto ao ano 2020 grazas, na súa maior parte, ás novas transferencias que virán, de novo, a través dos fondos extraordinarios estatais  e dos fondos REACT-EU, o que vai supor a chegada de fondos extraordinarios para afrontar esta situación epidemiolóxica.
Así pois, a Xunta de Galicia dispón de recursos extra, que lle permitirán  dar as axudas que reclama o sector da hostalería e do comercio para  poder  afrontar as dificultades actuais e as que se van atopar a medio e longo prazo.
Non pode ser que a única iniciativa que puxo en marcha a Xunta ata o momento, fora habilitar unha axuda económica de 22 millóns que, ademais de resultar totalmente insuficiente, non está repartida na súa totalidade, nin alcanza as cantidades anunciadas para cada establecemento.
O mundo local desta provincia sempre nos mostramos dispostos e dispostas a axudar aos sectores afectados, mostra disto é que, sen competencias e sen ter recibido nin un so euro extraordinario para afrontar a crise, habilitamos todas as medidas que nos permite a lei, asumindo incluso competencias que non nos son propias.
Pero a realidade golpea con dureza á cidadanía e non podemos deternos, polo que  continuamos dispostos e dispostas a seguir traballando e a chegar a acordos interadministrativos,  para consensuar  axudas, medidas e liñas de apoio dirixidas aos sectores afectados pola COVID 19 atendendo ao nivel competencial e económico de cada Administración.
Por elo, instamos a Xunta de Galicia a:
·         Aprobar un decreto de xeito urxente  no que se contemple de forma inmediata axudas para os sectores afectados polas restricións sanitarias acordadas pola administración autonómica,  así como á creación dun procedemento urxente, áxil e sinxelo para facilitar o acceso inmediato aos sectores afectados a estas axudas a través dun portelo único, xestionado polos concellos, con todas as garantías de transparencia e equidade.
·         Eliminar e bonificar, tal e como pide o sector, o tramo autonómico do IRPF e o canon da auga, do  lixo e eólico, no caso no que aínda non o teña aplicado.
·         Adoptar o modelo alemán ante calquera nova restrición que a situación sanitaria obrigue e, deste modo, incluír nos mesmos decretos sanitarios o volume de axudas para facer fronte ás consecuencias que xera nos sectores afectados.
Instamos a Deputación de Pontevedra a:
·         Participar economicamente na liña de axudas aos sectores afectados na mesma porcentaxe sobre o orzamento provincial que a porcentaxe que aplique a Xunta a este fondo sobre o seu orzamento, nas condicións que se acorden nunha mesa institucional en canto a contías globais, destino e xestión desas axudas.
·         Manter e reforzar, se fose preciso, as liñas de actuación e programas que a Deputación ten en marcha para os sectores afectados, a saber“O teu primeiro emprego”, plans de formación, promoción do turismo e do consumo, e, se fora posible, a presentación de proxectos que beneficien a estes sectores do financiamento de fondos europeos, así como a flexibilización no uso dos recursos que chegan aos concellos para que estes poidan ser destinados ao establecemento dunha liña de axudas aos sectores máis afectados pola situación pandémica.
Pola súa banda o Concello de OIA, comprométese a:
·         Esixir á Xunta de Galicia que convoque unha mesa institucional na que se acorden as axudas, achegas e xestión das axudas.
·         Que  participación do Concello de OIA na liña de axudas destinadas aos sectores afectados sexa, no seu caso, coa mesma porcentaxe sobre o orzamento municipal que o que aplique a Xunta de Galicia sobre o orzamento autonómico.
·          Aplicar as rebaixas no recibo do lixo e da auga da hostalaría e o comercio local,  nos mesmos termos económicos que os aplicados de supresión ou bonificación da Xunta de Galicia sobre os cánones de auga e lixo (Sogama).
Apoiar o comercio e a hostelaría, tanto a medio como a largo prazo con  campañas de promoción para reactivación do consumo e promoción del turismo, a través de  medios online y medios offline, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o  sector.
  

Socialistas de Oia: “Corresponsabilidad versus irresponsabilidad Covid-19 en Oia”
Oia, 7 de xaneiro de 2021. La situación creada por la pandemia en Oia es cada vez más preocupante, llevamos  una semana en que la incidencia supera los 250 contagios por 100.000 habitantes con una consideración de riesgo muy alto, hasta llegar al día de hoy en el que hemos alcanzado los 360 por 100.000 habitantes.
El día 5 de Enero muchos vecinos hemos comenzado a recibir notificaciones del Sergas para la realización de PCR, notificaciones que consideramos un cribado en el Concello ante la situación tan sumamente grave a la que nos enfrentamos, quisiéramos  recordar que el día 24 de Diciembre por la tarde se produjeron en el Puerto aglomeraciones impensables en el momento en que nos encontrábamos y en el que se propició una actuación sin observar las correspondientes medidas de seguridad, la principal de ellas el mantenimiento de la distancia social y que hubiera sido fácil de cumplir con la colocación de unas simples sillas.
Del mismo modo también quisiéramos recordar a todos los vecinos el ofrecimiento realizado por el grupo municipal del PSdG-PSOE por 2 veces para colaborar en todo aquello que fuera necesario ante una situación como la que estamos viviendo, no habiendo obtenido en ninguna de ellas contestación por parte de la Alcaldía.  A pesar de ello intentamos, dentro de nuestras posibilidades, colaborar con el reparto de 3.000 mascarillas entre los vecinos, igualmente volvemos a reiterar nuestro ofrecimiento de colaboración al grupo de gobierno, creemos que es un momento lo suficientemente grave para dejar a un lado ideologías y trabajar unidos por la salud de nuestros vecinos
Regreso al contenido