Oia, marzo 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Oia, marzo 2021

Arquivo 2021
Tres novas actividades formativas gratuítas na cuarta edición do programa ‘Coas mans na masa’
Oia, 26 de marzo de 2021.- A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha unha nova edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo organizado ao abeiro da Escola Eurural que ten por obxectivo achegar valor engadido a produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima do territorio en produtos de gran calidade e á súa conservación para a posterior comercialización.
Nesta cuarta edición regresan os cursos de elaboración artesanal de conservas e de ungüentos naturais, dando así a oportunidade a todos os concellos do GDR 14 de desfrutar de actividades que sempre contan cunha alta demanda por parte da poboación. Así, este ano levarase a cabo unha acción formativa relacionada coa ‘Elaboración artesanal de conservas’ que se celebrará os vindeiros 12, 13 e 14 de abril no concello de Oia. Neste curso, que se organiza por cuarto ano consecutivo e que conta cada vez con maior interese por parte da veciñanza, as persoas participantes aprenderán a facer conservas naturais cos alimentos de tempada que abundan na contorna.
Pola súa banda, os concellos de Mos (19 e 20 de abril) e Pazos de Borbén (26 e 27 de abril) acollerán dous novas accións formativas sobre a ‘Elaboración artesanal de ungüentos naturais’, no que as persoas interesadas poderán aprender a crear cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais tamén presentes na contorna.
Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web de Eurural, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas de forma presencial e con todas as medidas de seguridade necesarias para garantir a saúde de todas as persoas participantes. Haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.
Escola Eurural
O programa ‘Coas mans na masa’ nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como ferramenta para canalizar todas as accións formativas que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural organiza no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa da AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio, recolle a aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación.
 

Talaso Atlántico reabre el próximo 19 de marzo
Oia, 16 de marzo de 2021. El Hotel Talaso Atlántico reabre el próximo viernes, 19 de marzo, coincidiendo con el puente del Día del Padre, tras permanecer cerrado desde mediados de diciembre del pasado año. La mejoría de la situación sanitaria que ha permitido levantar los cierres perimetrales y, por lo tanto, tener acceso a clientes potenciales, ha sido la causa de esta nueva reapertura, con la esperanza de retomar la actividad de una forma estable.
Talaso Atlántico reabre bajo el lema “Ganas de verte” y pone a disposición de sus clientes todos sus servicios, incluido el restaurante y su centro de talasoterapia con todas las garantías y medidas que exige la lucha contra la pandemia.
El hotel decidió interrumpir sus servicios antes de las fiestas navideñas al comprobar que tras el cierre perimetral de Vigo y su área metropolitana más cercana se hacía insostenible la situación por los elevados cotes que supone tener abierto un establecimiento de estas características.
Desde el decreto del estado de alarma, hace un año, el hotel ha emprendido todo tipo de colaboraciones y acciones con el objetivo de poder seguir manteniéndose abierto y dar continuidad a sus 70 empleados y evitar el ERTE.
La dirección del hotel y todo el personal ha recibido numerosas muestras de apoyo de clientes y colaboradores desde el inicio de una crisis sanitaria que ha golpeado duramente al sector hostelero.
 

Oia, unha das protagonistas da serie ‘Doc Way’
Oia, 11 de marzo de 2021. Oia é un dos concellos protagonistas da serie documental Doc Way, que inclúe un vídeo específico dedicado a dar a coñecer os principais atractivos patrimoniais e turísticos do concello. Paisaxes, miradoiros, rutas, natureza e patrimonio histórico aparecen ante o espectador a través de impresionantes planos aéreos, pero tamén desde o punto de vista do camiñante.
Doc Way, serie audiovisual dirixida e protagonizada pola galega Cristina Maró, é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia que pretende achegar ás persoas usuarias de internet as diferentes rutas do Camiño de Santiago. Con este obxectivo, Maró vai mostrando, xunto cos peregrinos que atopa ao seu paso, todo patrimonio natural, cultural, local e social en diversos puntos do Camiño Portugués, tanto no seu itinerario de interior como na súa variante pola costa.
A serie, que xa se pode ver na páxina web www.docway.es, está composta por un total de 4 capítulos nos que se expoñen diversas experiencias xacobeas. Cada episodio céntrase nun aspecto concreto: patrimonio cultural, patrimonio local (a economía dos municipios por onde pasa a ruta xacobea), patrimonio natural e patrimonio social (a través dos testemuños de peregrinos de diversas partes do mundo).
Ademais destes 4 capítulos, o proxecto audiovisual inclúe una serie de vídeos específicos nos que se afonda nos recursos patrimoniais dalgunhas das localidades situadas no Camiño Portugués, entre elas Oia.
Doc Way en Oia
No vídeo específico dedicado a Oia aparecen diversos tramos da costa atlántica e o Camiño de Santiago, o barrio histórico do Arrabal, o Mosteiro e a igrexa de Santa María de Oia. A Serra da Groba tamén ten un gran protagonismo, con localizacións como  curro da Valga e varios enclaves de valor natural, paisaxístico e arqueolóxico da Ruta Máxica.
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, trasladou ao equipo de Doc Way os parabéns por este “excelente traballo”, no cal “se pode apreciar a beleza paisaxística e a riqueza patrimonial e cultural do noso concello, co Mosteiro de Oia como un dos monumentos máis importantes desde o punto de vista histórico do Camiño Portugués da Costa ata Santiago”.
A serie completa de Doc Way e máis o vídeo específico dedicado a Oia están tamén dispoñibles na canle de youtube do Concello.
 

O Concello rehabilita as Escolas de Torroña para usos socioculturais
Oia, 4 de marzo de 2021. O Concello de Oia vén de acometer diversas obras de mellora e rehabilitación do inmoble das antigas Escolas de Torroña, unha actuación que supuxo diversos traballos de renovación de materiais, intervencións en materia de accesibilidade e dotación de equipamentos para usos socioculturais.
A actuación contou cun investimento total de 53.131,08 euros e foi realizada ao abeiro dunha subvención do GDR Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural. A cantidade incluída dentro da axuda (concedida dentro da medida LEADER, con fondos de FEADER, MAPA e Agader) ascendeu a un total de 48.778,98 euros. Pola súa banda, os 4.352,10 euros restantes corresponden a unha achega de fondos propios do Concello.
As obras de mellora consistiron na renovación de fiestras, portas, pavimentos e falsos teitos a fin de solucionar os problemas de illamento térmico, acústico e de humidade que existían neste local. Por outra banda, tamén se desenvolveron actuacións na zona de aseos (tanto nos accesos, como nos materiais de acabado e no mobiliario) para mellorar a súa accesibilidade.
Do mesmo xeito, renovouse a pintura e acabados das paredes e incorporáronse novos equipamentos e elementos de mobiliario destinados mellorar a calidade dos usos socioculturais que se adoitan desenvolver no inmoble (programas de envellecemento activo e outras iniciativas).
Entre as novas incorporacións no equipamento das Escolas de Torroña destaca un proxector, amplificadores e altofalantes; así como varias cadeiras, mesas e estores.
 

Cristina Correa tira de maioría para impoñer o cambio do escudo en Oia
Oia, 3 de marzo de 2021. No pleno extraordinario convocado a petición do Grupo Municipal Socialista de Oia e que a alcaldesa non permitiu que se retransmitise para todos os veciños, se tratou o cambio do escudo de Oia aprobado unilateralmente polo grupo popular.
A pesares dos reiterados chamamentos por parte do PSdeG -PSOE, lección de historia incluída por parte do seu portavoz, ao consenso e á participación dos veciños nesta decisión, a alcaldesa negouse a anular o acordo tomado polo grupo de goberno no pleno de 28 de Xaneiro de 2021, tirando da súa maioría para rexeitar a proposta socialista que solicitaba a anulación de dito acordo e a creación dunhas bases para que mediante un concurso de ideas, no que puidera participar calquera persoa ou entidade, chegar a un consenso que non producise a división e o rexeitamento entre a veciñanza que dita decisión ten creado.
No deixa de ser curioso o pretender impoñer un escudo que na práctica nada ten que ver coa historia de Oia baseándose nun presunto informe da Comisión Heráldica, máis propio dun traballo encomendado a xoves da ESO, que dun estudio serio e riguroso realizado por un ente que, en principio, debería de haberse documentado dunha maneira moito máis profunda e detallada.
A pesares das críticas realizadas polo grupo de goberno ao escudo actual por ser o do Mosteiro, no deixa de estrañarnos que o proposto pola Comisión Heráldica teña os símbolos propios do Císter de Castela, flor de Lis, báculo abacial, etc, desprestixiando, volvemos a repetir, a historia do Concello de Oia.
Por último, os socialistas de Oia nos comprometemos, se os veciños cos seus votos o refrendan nas vindeiras eleccións, a que se gobernamos, se retomara o caso para previa consulta e participación dos veciños dotar ao Concello dun escudo e bandeira consensuado por todos.
 

Regreso al contenido