Oia, maio 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Oia, maio 2020

PUBLICADAS
OIA

Os Socialistas de Oia piden máis axudas para apoiar a pemes e autónomos ante a crise do Covid-19

Xoves, 28 de maio de 2020. A solicitude do Grupo Municipal Socialista, celebrouse na Casa do Concello unha sesión extraordinaria do pleno para tratar as medidas encamiñadas a paliar os efectos económicos da crise do COVID-19 nas pemes e autónomos do municipio.
Nesta sesión, o voceiro do PSdG-PSOE de Oia, Gerardo Rodríguez, botou en cara ao grupo de goberno, encabezado por Cristina Correa, o ter que convocar un pleno extraordinario para coñecer as medidas adoptadas ata o momento dende o consitorio local.
Despois da negativa constante por parte da alcaldesa a adoptar medidas de apoio económico aos sectores do comercio e hostalaría local, chegouse finalmente a un mínimo consenso coa idea de crear un grupo que estude a dinamización dos mesmos, e nos que estarán representados os distintos grupos políticos do municipio e representantes de empresarios e autónomos.
Gerardo Rodríguez reprochou o nulo apoio por parte da Xunta de Galicia aos Concellos, facendo fincapé que só por parte da Deputación de Pontevedra, se ten recibido algo de axuda.

________________________________
Pleno Extraordinario da Corporación de Oia a petición dos socialistas

Oia, 26 de maio de 2020. O vindeiro xoves día 28 de maio de 2020, ás 12:00 horas celebraráse no Salón de Pleno un pleno de carácter extraordinario a petición do Grupo Municipal Socialista de Oia para tratar sobre as axudas a Pemes e autónomos polo COVID-19.
DECRETO DE CONVOCATORIA DE PLENO EXTRAORDINARIO.
Dacordo co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, os plenos extraordinarios celebraránse cando o decido o Alcalde ou o solicite a cuarta parte do número legal de membros da corporación, Vista a solicitude de pleno extraordinario presentada por tres concelleiros da oposición o pasado 13 de maio ( R.E.893).
Considerando que desde a declaración do estado de Alarma o pasado 15/03/2020, a través do Real Decreto 463/2020, quedaron suspendidos todos os eventos que poidan supoñer a reunión de xente, para evitar os contaxios do COVID 19, na situación de emerxencia sanitaria que xerou a proliferación do virus a nivel mundial, o que afectou tamén ás sesións dos organos colexiados das entidades locais,Tendo en conta que o real Decreto Lei 11/2020 estatal modificou o artigo 46 da lei de bases de réxime local 7/85 de 2 de abril, engadindo un apartado, 3, que autoriza a celebración de sesións telemáticas dos organos colexiados locais, ata o de agora inviables.
Nesta situación, estando solicitado un pleno extrordinario, e non contando aínda coa infraestructura necesaria para a celebración telemática dos plenos, consensuamos cos concelleiros da oposición a celebración dun pleno con menos quórum, a fin de garantizar que poidamos cumplir as medidas de seguridade sanitaria, con distancia, polo que na vindeira sesión estaremos solo 4 concelleiros do PP, 2 do PSOE e o concelleiro do BNG.De conformidade co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, que preve a convocatoria dos plenos así solicitados no prazo de 15 días hábiles desde a solicitude, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE:
PRIMEIRO: Convocar a Sesión Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día xoves 28 de maio de 2020, ás 12:00 horas no salón de sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA
1.- Actuacións realizadas polo concello desde a declaración do estado de alarma.
2.- Medidas a tomar de carácter económico, destinadas a reducir a carga impositiva dos nosos veciños, tendo en conta que os seus ingresos están significativamente mermados; entre elas poderánse revisar: redución de IBI, tasa de residuos sólidos urbanos e reducción da tasa de vehículos de tracción mecánica
3.-Reparto de mascarillas e luvas para toda a poboación durante este proceso de desescalada que comezou o día 11 tendo en conta o acopio de material por parte do concello e as achegas da Deputación Provincial.
SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.
TERCEIRO: Que pola Secretaría-Intervención deste Concello se poña a disposición dos Sres. Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orden do día.
Regreso al contenido