Oia, decembro 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Oia, decembro 2020

Arquivo 2020
Talaso Atlántico interrumpe temporalmente todos sus servicios
Oia, 17 de diciembre de 2020.- El Hotel Talaso Atlántico ha decido interrumpir temporalmente todos sus servicios. El acusado descenso de clientes desde las últimas restricciones, con el cierre perimetral de Vigo y su área metropolitana más cercana, y ahora el de Baiona; hace insostenible la situación por los elevados gastos que supone tener unas instalaciones de este tipo abiertas, tanto en personal como en mantenimiento.
El hotel espera abrir de nuevo en cuanto las circunstancias lo permitan y durante estos días seguirá atendiendo a proveedores y clientes, especialmente aquellos con bonos-regalo o que tengan previsto celebrar un evento en sus instalaciones durante 2021.
Desde la reapertura en junio, el establecimiento ha emprendido todo tipo de colaboraciones y acciones con el objetivo de poder seguir manteniéndose abierto y dar continuidad a sus 70 empleados y evitar el ERTE. Desde las últimas restricciones decretadas por la Xunta de Galicia el pasado 4 de noviembre, el hotel trabajaba solo los fines de semana con el fin de reducir costes y aguantar lo que quedaba de 2020.
La dirección del hotel y todo el personal quiere agradecer las numerosas muestras de apoyo de clientes y colaboradores a lo largo de estos días.
  

O Concello de Oia recoñece o inmenso labor desenvolvido por Remigio Nieto así como a súa excepcional calidade humanaO Concello de Oia recoñece o inmenso labor desenvolvido por Remigio Nieto así como a súa excepcional calidade humana
Oia, 7 de decembro de 2020. A veciñanza de Oia vén de recibir nestes días a triste noticia do pasamento dun dos seus referentes tendo en conta a súa traxectoria profesional, excepcional calidade humana e compromiso coa comunidade. Trátase de Remigio Nieto González, quen exerceu como profesor no municipio nos anos 70 do pasado século.
Don Remigio, como era coñecido polo seu alumnado, permanece na memoria dos que foron os seus estudantes como un mestre innovador, creativo, honrado, humilde e comprometido coa xente. O desenvolvemento de aulas ao aire libre e a organización de saídas e excursións para coñecer a contorna foron parte das súas orixinais e pioneiras iniciativas no eido educativo.
No ano 1971 chegou á parroquia de Mougás para exercer alí de mestre. En 1974, coa finalización das obras de construción do colexio de Oia, foille encomendada a posta en marcha deste novo centro educativo, do que foi director entre 1975 e 1979. Nese ano abandonou o municipio para ocupar unha praza de profesor en Poio, onde residiu o resto da súa vida sen perder o contacto con Oia.
Pero a fonda pegada que Remigio Nieto deixou no concello non foi só produto do seu labor docente, como profesor de lingua francesa e plástica. Foi tamén activo en moitos outros eidos culturais e sociais: cultivou diversas disciplinas artísticas, interesouse polo patrimonio histórico e paisaxístico e participou intensamente na vida da comunidade.
A este último respecto, destaca a súa implicación na creación da Asociación Veciñal de Mougás en 1978, redactando os estatutos da que foi a primeira no rural galego fundada despois da ditadura franquista.
Artista multidisciplinar
Na súa faceta artística, Remigio Nieto desenvolveu un intenso labor en campos como a pintura, a ilustración, a fotografía, o audiovisual e incluso a literatura, cultivando xéneros como a poesía ou o ensaio.
Parte da súa multidisciplinar e prolífica obra foi realizada durante os anos nos que residiu en Oia, localidade que garda un valioso legado nos libros, fotografías, películas e pinturas da súa autoría que deixou depositadas en Mougás como doazón.
O seu legado tamén sigue vivo nas varias xeracións de veciños e veciñas aos que formou, os cales o lembran con agarimo e o manteñen como referente nas súas vidas.
Recoñecemento
Co gallo do seu falecemento, o pasado 2 de decembro, o Concello de Oia quere recoñecer a figura de Remigio Nieto e agradecerlle o inmenso labor desenvolvido durante o tempo no que residiu no municipio. Don Remigio representa valores como o esforzo, o compromiso, o altruísmo, a curiosidade, a creatividade e a calidade humana; virtudes máis necesarias ca nunca na sociedade actual.
Finalmente, e en nome de todo o pobo de Oia, o Concello quere trasladar as súas condolencias a familiares e amizades de Remigio Nieto, ás que lle envía unha calorosa aperta.
 

O Concello acomete melloras en diversos camiños das parroquias de Burgueira, Pedornes e Santa María de Oia
Oia, 4 de decembro de 2020. O Concello de Oia acometeu obras de mellora en vías de diversas parroquias do municipio. Entre estas actuacións destacan os traballos realizados no paso de auga de Xiguente, no barrio da Portela (Burgueira), e nos camiños de Cardorrío (Pedornes), A Fonte (A Riña-Santa María de Oia) e Chavella (Santa María de Oia).
No que respecta ao Camiño de Xiguente, a actuación tiña o obxectivo de evitar os desbordamentos que adoitaban producirse nunha curva deste vial. Coas chuvias, o pequeno paso de auga que existía na zona resultaba insuficiente para conter as augas, así que se construíu un paso novo cunhas dimensións adecuadas para solucionar o problema.
Os labores contaron cun orzamento total de 25.750,95 euros. Deste total, 24.652,58 euros proveñen dun préstamo sen xuros da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente coa anualidade de 2018. Os restantes 1.098,37 euros foron achega do Concello de Oia.
Por outra parte, tamén se efectuaron traballos de acondicionamento e mellora dos camiños de Cardorrío (Pedornes) e A Fonte (no barrio da Riña, en Santa María de Oia), os cales contaron cun orzamento de 31.944,69 euros; e se acometeu a humanización do Camiño de Chavella (Santa María de Oia) por importe de 28.113,36 euros. Ambas actuacións foron financiadas a través do Plan Concellos da Deputación, liña 1 (investimentos).
  

O BNG logra o acordo do Pleno do Concello de Oia para rexeitar omegaproxecto eólico na Serra do Galiñeiro, A Groba e o Merendón
Oia, 1 de decembro de 2020. O Portavoz Municipal do BNG no concello de Oia, Xosé Antón Rodríguez, defendeu no pleno do concello o rexeitamento do Concello de Oia ao megaproxecto eólico previsto noGaliñeiro, a Groba e o Merendón, que foi aprobado pola corporación municipal.
En palabras do concelleiro nacionalista: “O sistema de implantación de parque eólicos que defende a actual Xunta De Galiza ten demostrado que non favorece nin a fixación de poboación, nin a promoción de emprego nin a mellora significativa do servizo eléctrico nin dos custes da electricidade, e este megaproxecto non vai ser unha excepción.”
Xosé Antón tamén foi crítico co xeito de tramitación deste mega-parque eólico: “Para evitar a complexa tramitación dun parque eólico de potencia superior a 50 MW, na serra da Groba proxéctanse instalar 6 miniparques de menor tamaño, o que evita a esixencia dunha Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), obrigatoria para todos os plans e proxectos de carácter supramunicipal tal e como establecen as directivas europeas. A subdivisión dos parques nestas unidades máis pequenas constitúe claramente unha burla de lei que vulnera as directivas europeas e dificulta a participación pública da cidadanía na tramitación destes parques.”
Na mesma moción do Bloque Nacionalista Galego foi aprobado instar á Xunta de Galiza a declarar espazo protexido na rede natura o Galiñeiro, a Groba e o monte da Valga e promover políticas orientadas á protección da paisaxe e o medio ambiente.
Regreso al contenido