O Rosal, marzo 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

O Rosal, marzo 2021

Arquivo 2021
O Rosal aproba a licitación de 500 composteiros individuais para repartir entre a veciñanza
O Rosal, 31 de marzo de 2021. O Concello do Rosal aprobou en Xunta de Goberno a licitación para a adquisición de 500 novos composteiros individuais que se repartirán entre a veciñanza que os solicite. Serán composteiros de 400L de volume que irán acompañados de aireador, caldeiro e base antirroedores perfectos para colocar en vivendas que conten cun pequeno espazo.
As persoas interesadas en ter un destes composteiros soamente teñen que inscribirse na páxina web de Medio Ambiente do Rosal, no apartado de compostaxe, e solicitar o seu. O mestre composteiro ofrecerá toda a información e o asesoramento técnicos necesarios para poñelo en marcha e poder estar desfrutando en pouco tempo de compost. Na páxina web tamén se poden resolver as dúbidas e consultar o titorial de montaxe das unidades.
Trátase dunha acción posta en marcha como parte da estratexia do Concello do Rosal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas do municipio, nas que actualmente hai instaladas 408 composteiros con capacidade para tratar entre todos eles unhas 147 toneladas ao ano. A iniciativa forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ, creado ao abeiro dunha liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciadas polo Fondo Europeo de Dsenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020.
 

O Rosal xa notificou 320 limpezas de fincas nos últimos nove meses
O Rosal, 30 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal notificou dende mediados do pasado ano un total de 320 limpezas de fincas. Só nos últimos seis meses de 2020 foron notificadas 215 limpezas ás persoas propietarias dos terreos, labores de obrigado cumprimento segundo a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. De todas as notificacións realizadas, 145 xa están limpas, mentres que 38 están pendentes de recibir algún permiso para poder levar a cabo a limpeza e outras 32 están pendentes de proceder á limpadura.
“A limpeza das nosas fincas é fundamental para minimizar o risco de incendios forestais. A Xunta delega nos municipios este control e no Concello do Rosal estamos decididos a adoptar unha política activa de prevención para defender non só aos nosos montes e terreos forestais, senón tamén ás persoas e aos bens que poden afectar os lumes. Achégase a época máis crítica do ano e todos debemos sumar e ser corresponsables para evitar danos irreversibles”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Así, no que vai de ano, o Concello xa notificou 105 novas limpezas de fincas, das que o 9,5% xa están limpas, o 19% están pendentes dalgún permiso e o 71,5% pendentes aínda de limpar. “No Rosal tomámonos moi en serio este reto colectivo e agradecemos o labor de todos os veciños e veciñas que colaboran limpando os seus terreos”, explica a rexedora.
Os terreos en núcleo rural, urbano e na faixa secundaria de 50 metros deben limparse por lei todos os anos antes do 31 de maio. En caso de  non facelo o Concello vese na obriga de facer a correspondente notificación, competencia que no caso de terreos fóra destas zonas pasará a outras administracións. “Cada propietario e propietaria é responsable do seu propio terreo, non debemos esperar a recibir unha notificación para proceder a unha limpeza que é obrigatoria dende o ano 2007 e que queda recollida na nova ordenanza de xestión de biomasa do Concello do Rosal”, asegura a alcaldesa, quen resalta a” importancia de ter limpos todas aquelas parcelas con vexetación situados no municipio para previr os incendios forestais, evitar a perda de espazos naturais e protexer aquelas zonas próximas a vivendas ou estradas”. A normativa establece como deben facerse estás limpezas dependendo do tipo de especies que hai en cada parcela.
Préstamo de biotrituradoras
Nestes intres Medio Rural ten prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas. Para eliminar os restos vexetais o Concello do Rosal dispón dun servizo gratuíto de préstamo de biotrituradoras eléctricas co que desfacerse dos restos leñosos de podas domiciliarias: ramas de árbores froiteiras, restos de viña, árbores ornamentais, restos de xardinería...
Pode solicitarse xa a través da páxina web de medio ambiente do Concello do Rosal ou no propio Concello. Só é necesario darse de alta no servizo, seleccionar día e hora e recollela nas instalacións municipais. Os préstamos serán por unha semana e as datas ou horarios solicitados poden ser modificados polo departamento de Medio Ambiente en función da dispoñibilidade das biotrituradoras.
 

O Rosal pon en marcha un novo Consello Municipal para traballar a prol do medio ambiente
O Rosal, 29 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal continúa dando pasos para afianzar o seu compromiso co medio ambiente, coa preservación da contorna e coa natureza. Neste camiño acaba de constituírse o Consello Municipal de Medio Ambiente, un novo órgano consultivo integrado por persoas e representantes de asociacións relacionadas coa natureza e co medio ambiente que servirá como foro aglutinador de ideas, propostas, preguntas e respostas sobre as actuacións medioambientais que se están levando a cabo no concello, así como calquera outra cuestión relacionada con este eido. “Para nós é importante contar en todos os campos coa participación da veciñanza e do tecido asociativo, sempre tan participativo e unha das marcas de identidade do Rosal. E este novo consello municipal será unha ferramenta máis nese camiño que comezamos hai xa tempo cara un concello máis sustentable, realizando todos os cambios de forma estratéxica e planificada”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Na reunión de constitución deste novo consello, celebrada por videoconferencia, ademais da rexedora e dos concelleiros de Medio Ambiente e Participación Veciñal, Sara Vicente e Ramón Fernández Leal, participaron tamén César Blanco, enxeñeiro de montes e integrante do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela; Isaac González, antigo presidente da comunidade de montes do Rosal; Patricia Muñoz, empresaria e activista medioambiental; Manuel Sobrino, autor do blog ‘El naturalista cojo’; Charo Tabales, concelleira de medio ambiente no anterior equipo de goberno e actual concelleira do PP; e Ignacio Ojea, que participou no Inventario de Recursos do Baixo Miño.. O consello tamén contará coa participación de Carlos Villanueva, concelleiro de Educación; Ignacio Rivas, activista medioambiental; e Miguel Sousa, da asociación forestal e de educación ambiental A Jalleira.
Este encontro serviu para facer unha primeira toma de contacto entre as persoas participantes e para explicar as liñas xerais das accións inmediatas que está a desenvolver o Concello no eido medio ambiental, referíndose especialmente aos proxectos postos en marcha grazas á consecución de dúas subvencións de arredor de 78.000€ de fondos Feder Galicia 2014-2020 para o fomento da compostaxe entre a poboación e para a creación dun espazo de autorreparación a través do que concienciar á veciñanza para ir cada vez máis cara modelos de economía circular, coa reparación, reutilización e intercambio de materiais como eixo central para alongar a vida útil dos obxectos. Este espazo tamén servirá como centro de divulgación medio ambiental onde se acollerán charlas relacionada coa reciclaxe, a redución, a reutilización..., obradoiros e outro tipo de actividades relacionadas.
Dende o Consello propuxéronse tamén novas ideas a ter en conta, como a importancia que debe ter a relación entre medio ambiente e educación, a oportunidade de destacar todas as posibilidades que ten o Baixo Miño como espazo natural ou temas a estudar nun futuro inmediato como o cambio climático, a enerxía eólica e os espazos públicos. Tamén, entre outros temas, se abordaron cuestións relacionadas coas rutas polo monte, propostas como forma para coñecer O Rosal. Neste sentido o Concello xa está a traballar coas comunidades de montes para explorar a posibilidade de sinalar os sendeiros dos que dispón o municipio. Durante a reunión tamén se propuxo ter un plan de traballo no que abordar as problemáticas identificadas dende unha perspectiva práctica e facer partícipe á veciñanza para que transmita as carencias ou necesidades que detecta.
 Este é xa o sexto consello municipal que pon en marcha o Concello do Rosal tras o de Desenvolvemento Local, Igualdade, Deporte, Cultura e Educación, cos que se busca crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.
 

O Rosal aproba de forma inicial o seu plan de municipal contra os incendios forestais
O Rosal, 27 de marzo de 2021. O Concello do Rosal continúa a dar pasos no camiño para minimizar os riscos de incendio forestal no municipio. Por unanimidade, o pleno deu luz verde o pasado xoves á aprobación inicial do Plan municipal de de prevención e defensa contra os incendios forestais no concello, a través do que se planificará o territorio segundo o grao de perigo que supón a súa situación actual.
O obxectivo deste plan é definir unha rede de faixas secundarias de xestión de biomasa formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas para reducir o risco de incendio e garantir a seguridade da veciñanza.
Aínda que o municipio rosaleiro ten un índice baixo de incendios, cunha media de 4,7 ao ano e 5,2 hectáreas afectadas segundo os datos da Consellería de Medio Rural, os lumes forestais constitúen unha das maiores ameazas ao sector forestal galego, un dos piares básicos da creación e mantemento de emprego no rural. Neste sentido, o plan é o documento que contén as accións necesarias para a prevención e defensa dos incendios tras unha análise da situación actual e establecendo unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación.
A Galiña Azul
Por outra banda, o pleno tamén aprobou por unanimidade a proposta de Alcaldía para solicitar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta que teña en conta de forma prioritaria os méritos e a experiencia das 9 traballadoras da Escola Infantil A Galiña Azul do Rosal no proceso para a súa regularización laboral e o acceso á condición de empregadas públicas de carácter fixo, sempre dentro do marco legal da aplicación da convocatoria de prazas.
Algunha das traballadoras leva case 25 anos de prestando servizo nesta escola, contratadas inicialmente polo Concello do Rosal e subrogadas no 2008 pola Xerencia de Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar como persoal laboral fixo ata a convocatoria de prazas, que debía ser nun máximo de dous anos dende a contratación da interinidade. Non obstante, na actualidade a maioría desas empregadas públicas “que efectúan as súas funcións en postos de traballo de carácter estrutural” adquiriron a condición de traballadoras indefinidas non fixas por sentencia xudicial firme ou teñen contrato de interinidade ata a cobertura da praza.
Tras a aprobación da oferta de emprego público por parte da Xunta de Galicia no 2020 pídese agora acordar modificacións lexislativas que permitan efectuar convocatorias de consolidación de emprego a postos ou prazas de carácter estrutural na que teña unha importante e prioritaria consideración a valoración dos méritos acreditados polas persoas aspirantes, preferentemente a experiencia nos postos de traballo e o tempo de prestación de servizos, favorecendo a estabilidade profesional destes traballadores e traballadoras.
 

O Concello pon en marcha rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón esta Semana Santa   
O Rosal, 26 de marzo de 2021. O Concello porá en marcha para esta Semana Santa rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón, un percorrido de 3,5 km por unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo no que as persoas participante coñecerán a historia e os diferentes recunchos de estes muíños singulares construídos en cascada da man dun guía especializado e acreditado pola Xunta de Galicia.
Para poder garantir as distancias de seguridade entre asistentes e extremar as medidas de precaución, os grupos estarán limitados a 8 persoas. As rutas serán o xoves 1, venres 2 e sábado 3 de abril con saída ás 11.30 horas dende a área de visitantes do BIC-Muíños do Folón e Picón. As persoas interesadas en participar deberán facer a súa reserva a través a web do Concello, no espazo habilitado dentro da axenda cultural.
As rutas terán un custo de 2 euros por persoa, que deberán abonarse para facer efectiva a reserva de praza. Para desfrutar sen inconvenientes do percorrido, recoméndase ademais levar calzado cómodo e unha botella de auga. O uso de máscara é obrigatorio.
Consciente da alta afluencia de visitantes que poden estar percorrendo os muíños durante os días de Semana Santa, o Concello do Rosal apela á responsabilidade dos veciños e veciñas en especial en intres de alta concorrencia e pide que se eviten aglomeracións e se obstaculicen zonas de paso para coidar a saúde de todos e todas.
   
O Concello realizará un estudo para poñer en funcionamento o mercado de San Miguel   
O Rosal, 26 de marzo de 2021.- O pleno do Concello do Rosal aprobou este xoves en pleno a realización dun estudo para a posta en marcha de novo do mercado de San Miguel, que tras a reforma feita hai uns anos continúa sen actividade algunha e en total desuso. Para esta reactivación, o Concello realizará un estudo de campo e de viabilidade sobre as utilidades deste mercado “situado nunha contorna moi particular e que merece recuperar a actividade que tivo hai tempo adaptándoa á realidade actual e ás necesidades da veciñanza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.
Para coñecer cal é a orientación adecuada para a praza de San Miguel realizarase unha diagnose da situación e dos usos na que se terá en conta tanto o estado actual da edificación, dos equipamentos e dos servizos dos que dispoñe como da percepción e opinión sobre o mercado dos propios rosaleiros e rosaleiras e das persoas interesadas en ter un posto e desenvolver a súa actividade comercial nel.
Por outra banda, tamén se establecerá unha estratexia de optimización e redimensionamento dos usos do mercado e se realizará unha análise de posibles actuacións de innovación a efectuar nas instalacións.
   
Visitas guiadas “Experiencias apícolas” esta Semana Santa en O Rosal
O Rosal, 26 de marzo de 2021. Marcos Portela es un joven empresario de O Rosal dedicado al mundo de la apicultura y que tras lanzar el año pasado su novedoso proyecto titulado “Apadrina una colmena”, mediante el cual hace partícipe, a todo el que lo desee, del proceso de elaboración de la miel de sus colmenas, viene de lanzar una nueva propuesta de cara a la Semana Santa 2021.
Esta propuesta consiste en visitas guiadas a uno de sus colmenares en O Rosal, donde los participantes podrán conocer de primera mano como es el trabajo de un apicultor, una experiencia apícola única al aire libre y que se presenta como alternativa turística y de ocio para esta Semana Santa en O Rosal.
Además los participantes participarán en una degustación de mieles, pudiendo saborear algunas de las mieles existentes como la Miel de Eucalipto, Mielato de Carballo, Miel de bosque  o la Miel de flores.
Se establece un precio de 10€ para mayores de 14 años, 8.50€ para menores de entre 6 y 14 años y los menores de 6 años gratis.
Las visitas se realizarán durante la Semana Santa 2021 entre el lunes 29 de marzo y el domingo 4 de abril. Todas las personas que deseen participar, pueden reservar ya su visita llamando al 671 644 541 o enviando un correo electrónico a melninodocorvo@gmail.com
Una experiencia única en contacto con la naturaleza, con grupos reducidos y con protocolo covid-19 para la seguridad de todos los participantes.
En palabras de Marcos Portela “quiero que este proyecto sirva para que mucha gente que no sabe cómo se elabora la miel pueda tener la oportunidad de conocer este mundo de primera mano, con visitas guiadas, haciéndolos partícipes de este proceso”.
Este joven empresario regenta desde el año pasado la empresa Apicultura Niño do Corvo, ubicada en la calle Ramón Franco número 21 en O Rosal – Pontevedra, una empresa dedicada a la venta de material, formación y asesoramiento para apicultores y para personas que les guste y se quieran iniciar en el mundo de la apicultura.
En la actualidad elabora la miel de bosque “Niño do Corvo”, proveniente del más de un centenar de colmenas que posee la empresa en zonas boscosas de la Comarca de O Baixo Miño, el jardín del sur de la provincia de Pontevedra.
También  cuenta con su tienda online en www.apiculturagalicia.es
 

O Rosal dedica todo o mes de abril ao libro
O Rosal, 25 de marzo de 2021.- Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello preparou para este mes unha programación especial coa que invitar a toda a veciñanza a desfrutar da literatura e a conmemorar o vindeiro 23 de abril o Día do Libro dun xeito diferente, con actividades presenciais e virtuais para todos os públicos.
O ciclo de actividades arrancará o venres 2 de abril (19.00 h) da man de Marcos Escudero, que ofrecerá a primeira das tres actuacións presenciais que se celebrarán no auditorio municipal con inscrición previa e cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade. Será con ‘Con area cousasdebuxo’, un espectáculo visual para público infantil e familiar no que se fusionarán técnicas como as sombras chinesas, o cómic, a animación... para contar tres historias a través das imaxes que Marcos Escudero irá debuxando con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As persoas interesadas xa poden inscribirse na web do Concello. Entrada de balde e aforo limitado a 60 persoas.
O sábado 17 de abril (19.00 h) chegará ao auditorio a narradora Marta Ortiz co seu contacontos ‘Galicia Máxica’, un espectáculo cheo de tradicións galegas, romances, cancións e xogos tradicionais cos que achegar a nenos e nenas o patrimonio cultural galego dun xeito divertido. Xa o domingo 25 de abril (19.00 h) será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo de maxia ‘As nosas letras’, unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Ambas as dúas actuacións serán de balde con inscrición previa.
E moito máis
A programación para este mes completarase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar enviando un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier tamén farán as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros e rosaleiras participarán na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos e nenas que recolle o libro. Entre todas as persoas que participen nestas iniciativas sortearase un lote de libros.
Todas estas iniciativas difundiranse a través da web e das redes sociais do Concello xunto a un vídeo do alumnado do CPI lendo un conto, outro libraría do Rosal dando a coñecer o máis demandado nestes intres en literatura para diferentes idades e un vídeo promocional da Biblioteca municipal. Será precisamente a biblioteca e os seus usuarios e usuarias os protagonistas doutra actividade: o premio ao bo lector na categoría de Infantil, Xuvenil e Adulto, que se entregará o vindeiro 23 de abril.
Dende o Concello queremos agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, iniciativas culturais tan necesarias nestes intres.
 

El Grupo Terras Gauda comercializa 2,5 millones de botellas en 60 mercados afianzado en Rías Baixas, la Rioja, Bierzo y la Ribera del Duero
Terras Gauda ha culminado su proceso de diversificación geográfica convirtiéndose en la primera bodega de origen gallego que da el salto a la DOCa Rioja con la Compañía de Vinos Heraclio Alfaro.
El grupo bodeguero familiar Terras Gauda afronta los desafíos actuales consolidado en cuatro de las zonas vitivinícolas de referencia en España y con mayor renombre internacional: Rías Baixas, La Ribera del Duero (Quinta Sardonia), Bierzo (Pittacum) y La Rioja (Heraclio Alfaro). Comercializa cerca de dos millones y medio de botellas y está presente en 60
mercados internacionales
.
El nivel de exportaciones global alcanza el 26%, con Estados Unidos, Reino Unido, Noruega y China como referentes en el exterior. Con Estados Unidos como uno de los mercados más significativos, el acuerdo sellado con Trinchero Family Estates, la 2ª bodega familiar más grande del mundo y uno de los distribuidores de referencia, ha supuesto un espaldarazo importante para el posicionamiento de sus vinos en las cadenas de distribución, tiendas especializadas y restauración en el país norteamericano.
 
Más de tres décadas de trayectoria con José María Fonseca Moretón, socio fundador de Terras Gauda, como presidente, con una filosofía que permanece inalterable: crear vinos de marcada singularidad, ligados al terruño y en los que se identifica el origen. Ha sido el eje sobre el que ha girado su proceso de diversificación geográfica, con una estrategia basada en la
diferenciación, la sostenibilidad y la internacionalización. En esta nueva era, la saga familiar continúa con Antón Fonseca Fernández, como vicepresidente, y Carmen Fonseca Fernández, consejera.
TERRAS GAUDA (D.O. Rías Baixas)
1990 es una fecha clave para la bodega matriz. Un año después de su fundación en O Rosal en 1989, comercializa la primera añada de Terras Gauda, mezcla de las variedades autóctonas Albariño, Caíño Blanco y Loureiro, que cultiva en las más de 160 hectáreas de viñedo propio, una de sus fortalezas en una zona en la que abunda el minifundismo.
Pionera en el sector vitivinícola invirtiendo en I+D+i para obtener una mayor diferenciación y preservar su legado, cuenta con tres patentes, un secreto industrial y la recuperación de una variedad con grandes cualidades vitivinícolas que prácticamente había desaparecido: el Caíño Blanco. En la actualidad, el 85% de toda la D.O. se cultiva en su viñedo. Un ejemplo de su compromiso con la sostenibilidad medioambiental y la conservación del entorno para evitar que esta variedad, de extraordinaria calidad, se perdiera. De Terras Gauda es el primer vino del mercado elaborado con Caíño Blanco:
La Mar, muy apegado a su terruño, algo difícilmente trasladable a otra región del mundo.
El primer proyecto que emprendió la bodega fue el de selección clonal de uva Albariño en 2002. Los resultados permitieron conocer en profundidad esta variedad y establecieron el camino a seguir cooperando con el CISC, con el que también patentó una levadura ecotípica exclusiva, extraída del propio viñedo, que ha reforzado el carácter varietal y los aromas frutales. La 2ª patente, relativa a un novedoso proceso de crianza sobre lías de Albariño y la generación de manoproteínas, ha cumplido el objetivo de poner en valor su tipicidad y percepción en boca con un carácter sensorial distintivo. En 2012 licenció la 3ª patente desarrollando un proyecto internacional en cooperación con el CSIC que consistió en aislar un microorganismo propio del Caíño Blanco, que ha sido certificado genéticamente mediante test de ADN.
Desde hace unos años, el enfoque ha girado hacia un amento de la sostenibilidad medioambiental del viñedo que, en la actualidad, es el eje de dos nuevos proyectos: hallar alternativas sostenibles a los fitosanitarios, en el marco de un consorcio de empresas y grupos científicos de Europa; y demostrar los beneficios que tiene para el correcto desarrollo de la vid recobrar el equilibrio de elementos esenciales para el suelo a través de técnicas de intensificación ecológica. En este último trabajo colabora con la bodega de Argentina que practica la vitivinicultura biodinámica Finca Von Wigstein (Alpamanta), situada en Mendoza, a los pies de la cordillera de los Andes. La viticultura de precisión y un proyecto de economía circular de valorización del bagazo, que retorna a la viña como un biofertilizante y bioplaguicida de alta calidad, son otros dos trabajos de investigación que ha desarrollado recientemente.
COMPAÑÍA DE VINOS HERACLIO ALFARO (D.O.Ca Rioja)
El Grupo ha recorrido un camino que, hasta ahora, se trazaba a la inversa. Desde Rías Baixas dio el salto a La Rioja Oriental en 2018 siendo la primera bodega de origen gallego en embarcarse en un proyecto riojano. En Alfaro se levanta la Compañía de Vinos Heraclio Alfaro en una finca con 110 hectáreas.
En la actualidad comercializa la 3ª añada (2017) de un crianza estrechamente vinculado a su territorio y a la cultura vitivinícola de la región. Después de su implantación en el territorio nacional, se ha potenciado la internacionalización y está presente en 21 países.
QUINTA SARDONIA (La Ribera del Duero)
En La Ribera del Duero se halla Quinta Sardonia, que forma parte del Grupo desde 2010. Practica la exigente vitivinicultura biodinámica en las 22 hectáreas de viñedo con quince terruños diferentes de origen calcáreo, piezas claves en su engranaje vitivinícola de esta bodega.
La biodinámica marca también el cultivo de las siete variedades: Tinto fino, Cabernet Sauvignon, Syrah, Petit verdot, Malbec, Merlot y Cabernet franc. Armonía y equilibrio con el entorno son la prioridad para la bodega más internacional del Grupo, con un nivel de exportaciones que supera el 70% de la producción de QS, QS2 y Sardón. Dinamarca, Estados Unidos y China concentran la parte más importante de las ventas en el exterior.
BODEGAS PITTACUM (Bierzo)
El inicio del proceso de expansión geográfica del Grupo había empezado en el Bierzo en 2003 con Bodegas Pittacum, situada en Arganza. Sus señas de identidad son la autenticidad y el marcado carácter que le imprime la variedad Mencía, que se cultiva en 220 parcelas repartidas en cuarenta hectáreas de viñedos viejos, en el cinturón montañoso berciano.
En torno al 40% de las ventas de Pittacum Barrica, Petit Pittacum, Pittacum Aurea y La Prohibición, con Garnacha Tintorera procedente de cepas centenarias, se destinan a exportaciones, con China, Canadá, Reino Unido y Austria en el pódium de su internacionalización.
La visión a largo plazo, el respeto al origen y a los diferentes terruños, a través de la sostenibilidad medioambiental, preservar la autenticidad de cada una de las bodegas, la diferenciación y potenciar la internacionalización son las apuestas de presente y de futuro de este grupo bodeguero familiar que camina hacia la transición.
 

O Concello pon en marcha un proxecto piloto para a rehabilitación enerxética das unitarias
O Rosal, 23 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal continúa coa súa aposta por acadar a maior eficiencia enerxética nos edificios municipais co obxectivo de reducir os custos de enerxía e contribuír á protección do medio ambiente. Nese camiño, o Concello porá en marcha un proxecto piloto para rehabilitar enerxeticamente as escolas unitarias coas que conta o municipio, “que ademais de constituír un equipamento educativo importante son edificios cun gran valor patrimonial”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que visitou recentemente a escola xunto ao arquitecto encargado do proxecto para o que se contou coa colaboración da dirección e do profesorado da escola unitaria do CRA de Pías. A reforma integral desta escola é o primeiro paso na recuperación destes edificios emblemáticos tras a análise técnica previa da situación na que se atopaban todas as escolas unitarias municipais.
O proxecto incluirá a reforma integral da escola unitaria de Pías para a súa completa transformación en termos de eficiencia enerxética, implementando medidas que axuden a reducir ao mínimo o consumo enerxético e que contribúan a mellorar o confort interior tanto do alumnado como do equipo docente. Así, para incidir nesa mellora enerxética, incorporarase illamento térmico con elevados espesores no interior das fachadas, en teito e solo; renovarase toda a carpintería exterior por unha nova máis eficiente e sanearase o chan retirando o existente e colocando unha soleira ventilada.
Por outra banda, para garantir o confort, instalarase chan radiante que funcionará sistema de climatización adaptado tanto ás épocas de frío como de calor, porase un sistema de aerotermia con bomba de calor de alta eficiencia para producir a enerxía necesaria para o centro co mínimo gasto, instalarase un sistema de renovación do aire interior con ventilación mecánica con recuperación de calor para garantir a calidade do aire sen gastar enerxía na climatización e renovarase completamente o sistema de alumeado interior empregando luminarias LED de moi baixo consumo.
Aproveitando a reforma da escola unitaria, ademais destas obras procederase á renovación de toda a instalación eléctrica das aulas, mellorarase o seu acondicionamento acústico con novos falsos teitos que absorban o ruído xerado e colocarase un novo chan vinílico de doada limpeza e mantemento e moi confortable para os nenos e nenas. O Concello tamén instalará sistemas de ocultación e control solar, renovará as portas interiores e toda a pintura de teitos e paredes e incorporará auga quente nos lavabos do alumnado.
Este xoves 25 de marzo levarase a pleno (no Centro Social Polivalente, ás 20.30 horas) a modificación de crédito para o inicio da actuación, que implicará un investimento de case 200.000 euros para a rehabilitación das dúas aulas que conforman a edificación orixinal da escola.
 

O Concello felicita ao Acanor Novás Valinox pola súa clasificación para xogar a fase de ascenso a primeira división

 
O Rosal, 19 de marzo de 2021.- O Concello e todo o Rosal está co Acanor Novás Valinox.  O goberno municipal quere trasladar os seus parabéns ao equipo de balonmán tras a súa clasificación para xogar a fase de ascenso a primeira división, un feito histórico que é “consecuencia do gran traballo e da implicación tanto por parte da directiva como de todo o equipo para loitar polos seus soños incluso nun ano tan complicado a nivel social como o que estamos a vivir”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A rexedora e o concelleiro de Deportes, Germán Fernández, recibiron este venres a unha representación do equipo para demostrarlles todo o seu apoio nesta etapa que arranca na casa este mesmo sábado 20 contra o Cajasur Córdoba (18.00 h). “Para un concello pequeno como o Rosal todo o conseguido polo Acanor Novás Valinox é un grande éxito. Por iso queremos felicitalos e desexarlles de antemán a mellor das sortes”, subliña.
O Concello súmase ademais á marea vermella e iluminará deste cor o edificio en sinal de apoio ao equipo rosaleiro.
 

O Concello expón o proxecto da futura Praza do Calvario á veciñanza   
O Rosal, 18 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal realizou esta semana o proceso participativo de exposición do proxecto de recuperación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. Un proceso co que se trata de dar voz á veciñanza que arrancou con sete reunións co tecido celebradas no salón de exposicións do Concello con todas as medidas de seguridade e na que participaron representantes do tecido económico e social. “Queremos unha recuperación integral do espazo tendo sempre en conta as particularidades do propia Praza do Calvario, cun valor patrimonial singular”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. Trátase dun primeiro paso, xa que “continuaremos estudando a fondo a realidade da contorna e as necesidades da veciñanza, coa que seguiremos  en contacto para recoller cuestións máis particulares”.
Dende o Concello quere agradecerse a participación de todas as persoas que acudiron aos encontros celebrados esta semana. “É un proxecto que abordamos con moitas ganas e ilusión, porque vai supoñer unha mellora importante para o municipio. Queremos facer unha transformación completa dunha praza que agora se está a empregar como aparcamento e glorieta, recuperándoa para as persoas sempre dun xeito ordenado e contemplando todas as variables precisas, como a reordenación do aparcamento, con alternativas para os e as usuarias”, destaca a rexedora.
A recuperación, encaixada na estratexia de desenvolvemento integral do núcleo urbano do Rosal, manterá o uso polivalente da praza e da súa contorna, pero cun marcado carácter peonil e accesible, servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantido o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais. Buscará dotar de identidade e representatividade á contorna, reurbanizándoa con materiais que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente, dignificando a beleza das edificacións.
O proxecto buscará dar continuidade á Praza coa súa contorna, favorecendo a conexión dos espazos próximos para poñelos en valor, mellorando as condicións ambientais e paisaxísticas, con solucións que melloren o confort acústico e térmico cun mobiliario urbano que dignifique a zona e solvente as necesidades da veciñanza. Ademais, a obra incluirá a renovación das redes soterradas de instalacións e servizos, cunha nova rede de alumeado público eficiente.
  
A CIG advirte a dirección de Depósitos Coballes: “Se tocan a un/ha tócannos a todos/as”

O Rosal, 19 de marzo de 2021
. A CIG demostrou hoxe que non está disposta a permitir a represión que se vive na empresa Depósitos Coballes do Rosal dende que os traballadores/as decidiron escoller representación sindical por primeira vez en moitos anos. Delegados/as da central participaron hoxe na manifestación convocada para rexeitar o acoso da dirección a persoas afíns ao sindicato e aos propios membros do comité de empresa. Ao remate da protesta, o secretario comarcal de Vigo, Alberto Gonçalves, advertiu que “se tocan a un/ha tócannos a todos/as”.
O responsábel sindical sinalou que a CIG non descarta adoptar medidas de presión máis contundentes como unha folga para facerlle fronte á actitude da empresa, que mesmo despediu ao traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso do proceso electoral e sancionou a varios compañeiros. “Hoxe iniciamos unha loita que non vai quedar aquí, porque por moita empresa que sexa non van poder comprar a vontade dos traballadores/as”, asegurou.
O presidente do comité de empresa, Roberto Martínez, relatou o calvario que están a padecer e recoñeceu que os representantes sindicais teñen medo incluso a falar cos seus
compañeiros/as porque isto pode supoñer sancións e mesmo despidos. Lembrou que a intención do comité era poñer enriba da mesa as distintas problemáticas laborais existentes en Depósitos Coballes, pero a empresa negouse a dialogar. Con todo, denunciou que a campaña de acoso e represión sindical comezou dende o primeiro momento, sen que nin sequera tivesen trasladado algunha reivindicación.
A marcha saira este xoves 18 da Cunchada, no Rosal, ás 11:00 horas e rematou diante das instalacións da empresa, no polígono industrial do Viso. Dende a central lembran que a
empresa levaba anos sen representación sindical “polo medo do cadro de persoal a enfrontar o que hoxe está a acontecer”.
De feito, a compañía intentou frustrar o proceso de eleccións co despido disciplinario do traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso, pero o Xulgadodo Social de Vigo fallou a favor do afectado, declarando a improcedencia do despido e obrigando a pagarlle a correspondente indemnización.
Posteriormente, días antes das eleccións, presentou un expediente de modificación substancial das condicións de traballo para cambiar de quenda aos traballadores/as máis veteranos/as e utilizou o xefe de fábrica como peza chave para ir sementando medo no taller.
“Mais grazas á determinación do conxunto do persoal a CIG conseguiu acadar a maioría no comité de empresa nas eleccións celebradas no mes de setembro”.
Revogación do comité
O seguinte paso da dirección foi intentar revogar o comité “buscando favores en traballadores/as; difundindo bulos no taller; illando aos membros do comité; faltándolles ao
respecto mesmo con insultos directos e someténdoos a un control absoluto de todos os seus movementos; buscando sancións; e deixando claro no taller que quen esta a favor do comité está en contra da empresa e pode perigar o seu posto”.
A compañía está a facer todo o posíbel para impedir as reunións do comité, non contestando as súas solicitudes, negándolle a información que legalmente lles pertence e actuando de mala fe nas negociacións buscando só o desprestixio dos representantes da CIG. Diante disto, a
central solicitou o pasado mes de febreiro unha medición do AGA coa intención de dar normalidade ás negociacións coa empresa.
A raíz desta solicitude, a patronal Asime convidou aos responsábeis comarcais da CIG-Industria de Vigo a unha reunión o pasado 22 de febreiro “na que se lle ofreceu ao sindicato unha xuntanza na empresa coa intención de mediar ambas partes entre empresa e comité e atopar unha saída aos temas que estaban enriba da mesa, principalmente categorías profesionais e unhas condicións de saúde laboral moi precarias”.
Pero lonxe de mellorar as cousas, durante os 15 días previos ao encontro a empresa intensificou o seu acoso no taller, materializando as súas ameazas con dous despedimentos de
persoas afíns as sindicato, unha delas candidata nas eleccións, advertindo que haberá máis.
Tamén sancionou con 5 e vinte 20 días de emprego e soldo a dous membros do comité por sinalar que o tellado das instalacións da compañía supón un perigo para os traballadores/as que son obrigados/as a subir para limpalo. Ademais, advertiran sobre o incumprimento das
medidas contra a covid tras unha xuntanza de 11 persoas nunha oficina de pequenas dimensións.
Suspenden as negociacións
Neste senso, dende a CIG consideran que os cartos que a empresa leva gastado en despidos“como ferramenta de medo e represión” bastaban para solucionar gran parte dos problemas de saúde laboral que o comité vén reclamando.
Ao mesmo tempo, indican que despois de ter esgotada toda vía posible de negociación, “e despois de ter aturado un acoso continuo”, os representantes do comité da CIG, “fartos de
humillacións e represión”, anunciáronlle á dirección o pasado 11 de marzo que non van retomar negociación algunha até que os compañeiros despedidos sexan readmitidos e lles
sexan retiradas as sancións aos membros do comité.
Por todo isto, decidiron iniciar mobilizacións, sen descartar a posibilidade de convocar folga na empresa, ademais de poñer en coñecemento da Inspección de Traballo de todas as
irregularidades en materia de saúde laboral e de presentar denuncias en Medio Ambiente, Facenda e Xulgado do Social pola vulneración do dereito de liberdade sindical.
  

A CIG rebélase contra a represión sindical na empresa Depósitos Coballes do Rosal e convoca unha marcha
O Rosal, 17 de marzo de 2021. A CIG non está disposta a permitir a represión sindical que se vive na empresa Depósitos Coballes do Rosal, polo que vén de convocar unha manifestación para rexeitar o acoso laboral ao que está sometido o persoal que apoiou a central nas eleccións sindicais ou que é membro do comité. Ademais, non descarta medidas máis contundentes como unha folga para facerlle fronte á actitude da dirección, que mesmo despediu ao traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso do proceso electoral.
A marcha sairá este xoves 18 da Cunchada, no Rosal, ás 11:00 horas e rematará diante das instalacións da empresa, no polígono industrial do Viso. Dende a central lembran que a empresa levaba anos sen representación sindical “polo medo do cadro de persoal a enfrontar o que hoxe está a acontecer”.
Neste contexto, a CIG contactou cos traballadores/as despois da negociación dun ERTE derivado da covid, pero a empresa despediu de xeito disciplinario ao traballador máis activo días antes da presentación do preaviso de eleccións sindicais co obxectivo de evitar o proceso.
O Xulgado do Social de Vigo fallou a favor do traballador, declarando a improcedencia do despido e obrigando a pagarlle a correspondente indemnización.
“A presión exercida durante o proceso de eleccións foi brutal, chegando a empresa mesmo a celebrar unha reunión advertindo de que baixo ningún concepto podía prosperar a candidatura da CIG”, sinalan dende a central.
Ademais, días antes das eleccións presentou un expediente de modificación substancial das condicións de traballo para cambiar de quenda aos traballadores/as máis veteranos/as e utilizou o xefe de fábrica como peza chave para ir sementando medo no taller. “Mais grazas á determinación do conxunto do persoal a CIG conseguiu acadar a maioría no comité de empresa nas eleccións celebradas no mes de setembro”.
Revogación do comité
O seguinte paso da dirección foi intentar revogar o comité “buscando favores en traballadores/as; difundindo bulos no taller; illando aos membros do comité; faltándolles ao respecto mesmo con insultos directos e someténdoos a un control absoluto de todos os seus movementos; buscando sancións; e deixando claro no taller que quen esta a favor do comité está en contra da empresa e pode perigar o seu posto”.
A compañía está a facer todo o posíbel para impedir as reunións do comité, non contestando as súas solicitudes, negándolle a información que legalmente lles pertence e actuando de mala fe nas negociacións buscando só o desprestixio dos representantes da CIG. Diante disto, a central solicitou o pasado mes de febreiro unha medición do AGA coa intención de dar normalidade ás negociacións coa empresa.
A raíz desta solicitude, a patronal Asime convidou aos responsábeis comarcais da CIG-Industria de Vigo a unha reunión o pasado 22 de febreiro “na que se lle ofreceu ao sindicato unha xuntanza na empresa coa intención de mediar ambas partes entre empresa e comité e atopar unha saída aos temas que estaban enriba da mesa, principalmente categorías profesionais e unhas condicións de saúde laboral moi precarias”.
Pero lonxe de mellorar as cousas, durante os 15 días previos ao encontro a empresa intensificou o seu acoso no taller, materializando as súas ameazas con dous despedimentos de persoas afíns as sindicato, unha delas candidata nas eleccións, advertindo que haberá máis.
Tamén sancionou con 5 e vinte 20 días de emprego e soldo a dous membros do comité por sinalar que o tellado das instalacións da compañía supón un perigo para os traballadores/as que son obrigados/as a subir para limpalo. Ademais, advertiran sobre o incumprimento das medidas contra a covid tras unha xuntanza de 11 persoas nunha oficina de pequeñas dimensións.
Suspenden as negociacións
Neste senso, dende a CIG consideran que os cartos que a empresa leva gastado en despidos “como ferramenta de medo e represión” bastaban para solucionar gran parte dos problemas de saúde laboral que o comité vén reclamando. Ao mesmo tempo, indican que despois de ter esgotada toda vía posible de negociación, “e despois de ter aturado un acoso continuo”, os representantes do comité da CIG, “fartos de humillacións e represión”, anunciáronlle á dirección o pasado 11 de marzo que non van retomar negociación algunha até que os compañeiros despedidos sexan readmitidos e lles sexan retiradas as sancións aos membros do comité.
Por todo isto, decidiron iniciar mobilizacións, sen descartar a posibilidade de convocar folga na empresa, ademais de poñer en coñecemento da Inspección de Traballo de todas as irregularidades en materia de saúde laboral e de presentar denuncias en Medio Ambiente, Facenda e Xulgado do Social pola vulneración do dereito de liberdade sindica.
 

Xa en marcha as obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos  
O Rosal, 16 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal continúa a dar pasos para a creación do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico da contorna. A alcaldesa Ánxela Fernández Callís visitou este martes as obras xunto á arquitecta e paisaxista María Fandiño, autora do proxecto de remodelación.
“Para nós é un orgullo poder contar de novo con unha profesional como María Fandiño en proxectos clave para a transformación do Rosal”, asegurou a rexedora, que destacou que dende o Concello estase a apostar de xeito decidido “por dar prioridade á veciñanza e impulsar proxectos de proximidade como este”.
O proxecto contempla a remodelación de toda esta zona en Viso dos Eidos empregando técnicas naturais e tradicionais e incorporando especies autóctonas relacionadas coa auga, un elemento de grande importancia nesta zona do Rosal. Este novo espazo estará xa listo para uso e desfrute de toda a veciñanza a comezos do verán.
A creación deste ecoparque contou cun orzamento de máis de 93.000 euros cofinanciados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e de fondos propios do Concello.
 
 

Arranca o Consello Municipal da Educación do Rosal, un espazo de traballo colectivo a prol da ensinanza

 
O Rosal, 11 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal vén de constituír o Consello Municipal da Educación, un novo órgano consultivo integrado por representantes de todo o tecido educativo do municipio que funcionará como un espazo de traballo colectivo a prol da ensinanza, un lugar onde preguntar e responder que sirva como foro de debate e reflexión, viveiro de propostas e fonte de visión crítica. “O Consello de Educación nace como un sitio común onde traballar sobre o futuro da ensinanza no Rosal, un espazo distinto ao dos consellos escolares de cada centro, que teñen unha vida propia e un obxectivo diferente. Este consello busca achegar propostas e novas ideas, non decidir como traballar nos distintos centros”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante a reunión de constitución, celebrada por videoconferencia.
Xunto aos concelleiros de Educación e Participación Veciñal, Carlos Villanueva e Ramón Fernández Leal, este novo Consello está integrado por representantes do profesorado da Escola Infantil A Galiña Azul, do CPI Manuel Suárez Marquier e do CRA María Zambrano, así como por memrbos da ANPA de cada centro e representantes da Agrupación Musical, da asociación San Xerome Emiliani, de Avelaíña e do alumnado que participa no Consello Escolar do CPI. Tamén forman parte deste novo órgano a psicóloga Andrea Iglesias e a educadora familiar municipal, Sandra Alonso.
Este encontro serviu para facer unha primeira toma de contacto entre as persoas participantes e achegar ideas para a celebración das dúas próximas conmemoracións: o Día do Libro Infantil e o Día do Libro, que se festexan o 2 e 23 de abril, respectivamente. Dende o Consello propuxéronse diferentes actividades para realizar de xeito telemático ou presencial con todas as medidas de prevención necesarias coas que achegar os libros a nenos, nenas e mocidade tendo en conta inclusión e idade, como a creación de contos con area, a recomendación de libros, contos teatralizados, microrrelatos, a tradución ao galego dalgún libro ao galego que non estea neste idioma... Durante a reunión lembráronse tamén experiencias que están xa a funcionar, como os contacontos intercambiando profesorado e alumnado do CRA e do CPI, ou o ‘Apadriñamento lector’ e o ‘Receitar libros’ que se está a realizar no CPI. Entre outras ideas tamén xurdiu a proposta de realizar unhas xornadas centradas na educación.
O Consello Municipal de Educación súmase así ao de Deporte, Cultura, o de Igualdade e ao de Desenvolvemento Local, que buscan crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.
 

Farrapos morados lembran no Rosal o mundo de posibilidades que se abre ao vivir en igualdade
O Rosal, 8 de marzo de 2021.- Poñer fin á brecha de xénero non só implicaría avances significativos para a sociedade, máis xusta, máis feliz e con maior benestar para todas as persoas, senón que tamén xeraría un importante crecemento económico, cun aumento da produtividade dos traballadores e traballadoras e maior poder de tracción de talentos. Todo vantaxes para unha realidade pola que rosaleiros e rosaleiras loitan tamén dende as aulas.
As rúas do Rosal enchénse dende hoxe mesmo e ata finais de mes dos ‘Farrapos morados’ creados polo alumnado de secundaria do CPI Manuel Suárez Marquier, unhas lonas que buscan reflectir e facer chegar á veciñanza todas aquelas cousas positivas que se poden facer e ter cando se vive en igualdade, “sen sufrir violencia de xénero nin ningún outro tipo de represión, cando se vive realmente en liberdade”, sinala a concelleira de Igualdade e Muller, Sara Vicente.
Cada unha das lonas recolle unha mensaxe optimista con palabras positivas por unha das caras e, na outra, mensaxes escritas polo alumnado de diferentes cursos coas ideas que queren transmitirlles á veciñanza. Nesta iniciativa tamén participaron os nenos e nenas do CRA María Zambrano, que decoraron algunhas lonas que quedaron expostas nas propias escolas unitarias.
Esta iniciativa forma parte da programación centrada na igualdade organizada polo Concello do Rosal para todo o mes de marzo e que busca a implicación da veciñanza participando en accións como a colocación das pegatinas do ‘Revolucionando Mentes 8M’ en fiestras e escaparates, a mostra ‘Iguais somos +’ ou a exposición ‘O traballo non ten xénero’ e o teito de cristal que a acompaña para simular as dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao longo da súa vida laboral, social, familiar... polo mero feito de ser muller.
 
Ruidos na VAC Tui-A Guarda atentan contra a saúde e a intimidade veciñal
O Rosal, 8 de marzo de 2021. Sun Benito Guerreiro, un dos veciños do Rosal afectados polo VAC ó seu paso polo Rosal.
Envío este correo as alcaldías dos concellos do Baixo Miño, autoridades, membros de partidos políticos, responsables de medios de comunicación, empresarios e personas que forman parte de institucións públicas, sociais…
Levábamos muito tempo, sobre todo os fins de semana, en silencio e disfrutando dunha calidade de vida similar a que tíñamos antes de que o VAC Tui- A Guarda arrasara o valle do Rosal e condenara a muitos veciños coma min a vivir baixo uns niveis de ruído incompatibles coa vida e que nos están provocando problemas de salú, ademáis doutros problemas como a falta de agua, fallos no sistema de alcantarillado, dificultades para regar as leiras… e que están provocados por unha deficiente execución das obras.
O final do confinamento convertiu o día de onte nun inferno para nos, con miles de vehículos e uns niveis de ruído espantosos, provocados sobre todo polas motocicletas, as altas velocidades, o ruído dos motores de vehículos de gran cilindrada… ós que hai que añadir un dos ruídos que máis nos afecta: o provocado polos vehículos que pisan as líneas corrugadas centrais e lateráis, algo que sucede muitas veces debido a que os carrís de circulación son bastante estreitos e a nada que un conductor se despiste pisa ditas raias, sobre todo os camións e grandes vehículos.
Para nos, vivir así é un inferno, unha inxusticia e o VAC Tui-A Guarda é un problema de salú pública, para nos e para as futuras generacións.
É unha obra mal feita e que vulnera o Artículo 103.1 da Constitución Española, en relación a que o interés público non pode  vulnerar os dereitos fundamentais máis alá do razonable.
No exterior das nosas casas, vivimos nunha zona rural e as nosas casas teñen finca,  para falar entre nos temos que faelo a gritos ou entre coche e coche e sin poder manter unha conversación fluída.
A maior parte do tempo temos que permanecer calados, porque non nos escoitamos e polo tanto considero que están vulnerando un dereito fundamental máis alá do razonable.
Ademáis de non poder falar ou manter unha conversación de maneira fluida creo que tamén se está vulnerando o noso dereito a intimidade, non sei se temos dereito a ela.
Pasamos de estar totalmente aislados, vivindo no noso pequeno bosque a que cualquiera que pase pola carretera poida mirarnos.
Gran parte dos xardíns e os exteriores de 2 casas do Camiño dos Sobreiros e os dunha do Camiño da Fonte do Ouro, ahora están expostos  a visión de  cualquiera que pase pola carretera, fin da intimidade.
E no Informe Técnico da obra pon que unha vez o VAC fose posto en funcionamento, procederíase a realizar un estudio acústico para determinar se era necesario instalar algún tipo de protección.
Ese estudio nunca foi feito, solo recentemente se fixo un informe técnico, sin instalar ningún sistema de medición, e de momento non conocemos os resultados do mismo.
Hai zonas habitadas donde non se colocou ningunha mamparara, como é o caso da zona dos Sobreiros e a Fonte do Ouro e noutras, como a dos Lagos, donde se colocaron, pero como se instalaron de maneira deficiente e algunhas caíron a carretera, retiraron muitas delas e non teñen previsto volver a instalalas.
A Valedora do Pobo está faendo todo o que está nas suas man para axudarnos, pero desde a Consellería de Infraestructuras guardan silencio e néganse a contestar as nosas solcitudes entregadas por Rexistro.
Castígannos co seu silencio,  a sua indiferencia e unha falta total de empatía.
Levamos anos sufrindo as consecuencias dunha obra mal feita.
Se vostede, desde o cargo que ostenta ou a nivel particular, pode axudarnos, agradeceríamos que fixera o que estuvera nas suas mans.
Necesitamos axuda.
   

O CRA María Zambrano, unha escola rural onde aprender é un xogo de nenos
O Rosal, 6 de marzo de 2021.- Aprender xogando e xogar para aprender. Así de claro o teñen nas aulas do CRA María Zambrano do Rosal, un colexio rural agrupado con seis escolas unitarias  para alumnado de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria no que unha forma de ensino pioneira se mestura cun trato moi personalizado e próximo tanto cos nenos e nenas como coas súas familias. Unha andadura conxunta durante os primeiros anos de vida dos cativos e cativas no que un completo equipo de docentes e expertos que os acompaña no seu crecemento educativo e persoal.
Para iso optan por escapar de métodos clásicos e traballar por proxectos con grupos reducidos que permitan atender á diversidade de todo o alumnado e cunha educación en valores na que as novas tecnoloxías tamén teñen cabida. A robótica, a mesa de luz, as pizarras dixitais... conviven tamén con metodoloxías manipulativas e cun coñecemento e agarimoso coidado da contorna con iniciativas como a horta escolar ou o recuncho de compostaxe. Todo con amplas zonas de lecer rodeadas de natureza no que os nenos e nenas poden aprender investigando, explorando e creando.
Un proxecto educativo integral no que os nenos e nenas son o máis importante e que conta cun ademais de cos mestres e mestras cun equipo de Orientación coa especialidade de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe. Cunha xornada lectiva de 09.00 a 14.00 horas, o vindeiro curso o CRA completará a súa oferta educativa cos servizos de aula madruga con almorzos saudables, variados e actividades educativas dende as 08.00 h ata o comezo das clases; biblioteca escolar, aberta a todas as familias e á comunidade escolar; comedor e actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro.
As aulas das escolas en Couso, Fornelos, Marzán, Novas, Paradelas e Pías contan nestes intres con 8 unidades de educación infantil e 3 de primaria e xa teñen aberto o seu proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2021-22. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude de praza ata o vindeiro 22 de marzo e teñen á súa disposición toda a información necesaria na web do propio CRA.
Se che gusta o seu proxecto, non o dubides... escolarízate no rural!
 

A Praza do Calvario acolle unha exposición interactiva para amosar que o traballo non ten xénero
O Rosal, 5 de marzo de 2021.- Aínda quedan moitos pasos que dar no camiño cara a igualdade, comezando por concienciar e sensibilizar á veciñanza. Con este obxectivo, o Concello do Rosal  organiza desde este mesmo venres 5 a exposición ao aire libre ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra conformada por diversas figuras de persoas sen rostro desempeñando traballos máis ligados a algún dos dous xéneros e que poderá visitarse ata final de mes na Praza do Calvario.
Trátase dunha exposición que busca a participación activa do público, que será o verdadeiro protagonista: as persoas que visiten a mostra poderán achegarse ás distintas figuras e poñer a súa cara nelas. “Queremos transmitir que calquera persoa pode ser o que desexe, sen importar se é muller ou home. Pode haber bombeiras, xuízas, limpadores, matróns... Calquera persoa pode ser o  que queira, porque o xénero non ten que condicionar as nosas eleccións profesionais”, salienta a concelleira de Igualdade e Muller, Sara Vicente.
Para afondar nos problemas cos que se atopan as mulleres por cuestións de xénero, a carón desta exposición estará colocada unha lona coa que se recreará o teito de cristal, esa barreira invisible que impide ás mulleres, por exemplo, acceder a postos laborais directivos ou de responsabilidade. As persoas visitantes poderán pasar por debaixo desta lona e ver algunhas das problemáticas laborais, sociais, familiares... ás que se enfrontan as mulleres ao longo da súa vida, “ese teito de cristal que temos enriba polo mero feito de ser mulleres e que temos que traballar para ir afastando ata facelo desaparecer”.    
Estas actividades forman parte da programación centrada na igualdade organizada polo Concello do Rosal para todo o mes de marzo e que busca a implicación da veciñanza participando en accións como a colocación das pegatinas do ‘Revolucionando Mentes 8M’ en fiestras e escaparates. Estas pegatinas poden recollerse na casa consistorial.
 

O Rosal enche o Calvario co proxecto do CRA María Zambrano ‘Iguais somos +’
O Rosal, 3 de marzo de 2021.- A igualdade este mes está máis presente que nunca en todos os recunchos do Rosal. A Praza do Calvario acolle dende este mesmo mércores ata finais de marzo a exposición ‘Iguais somos +’, unha mostra que forma parte da campaña de igualdade de xénero organizada pola ANPA do CRA María Zambrano co obxectivo de traballar e formar en igualdade tanto a nenos e nenas como ás propias familias. Durante este mes poderán verse colgando do Concello e e da Cámara agraria lonas con imaxes recollidas dentro da iniciativa ao longo dos últimos meses.
Para implicar a nais e pais nesta campaña, ‘Iguais somos +’ naceu con dúas liñas de formación diferenciadas. Por un lado, unha pensada para traballar coas familias realizando pequenos titoriais nos que abordar cuestións como a lectura en igualdade en casa, o uso da linguaxe, conceptos que xiran arredor da igualdade, os videoxogos, a televisión... e outras temáticas que poden interesar a pais e nais para aplicar á educación en igualdade das nenas e nenos da casa.
Por outra banda, o proxecto inclúe unha fase de formación do alumnado en colaboración co profesorado que baixo o nome de ‘Mullerandum’ buscaba achegar ao nenos e nenas a unha escolma de mulleres que poden ser un referente e que foran os propios estudantes os que presentaran estas figuras en casa.
O proxecto completouse con accións como retratos de igualdade en familia ou a realización dun vídeo. Pódese atopar toda a información e os vídeos da campaña na canle de Youtube da ANPA do CRA.
Esta exposición forma parte da programación centrada na igualdade organizada polo Concello do Rosal para todo o mes de marzo e que busca a implicación da veciñanza participando en accións como a colocación das pegatinas do ‘Revolucionando Mentes 8M’ en fiestras e escaparates. Estas pegatinas poden recollerse na casa consistorial. Ademais, o vindeiro venres 5 de marzo tamén se inaugurará a exposición ‘O traballo non ten xénero’, que irá acompañada dun teito de cristal co que simular as dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao longo da súa vida laboral, social, familiar... polo mero feito de ser muller.
 

O Rosal xa conta cun Consello Municipal de Deportes, un foro de debate do que nacerán propostas e ideas de futuro
O Rosal, 2 de marzo de 2021.- O Concello do Rosal continúa apostando pola colaboración activa e estreita coa sociedade para seguir avanzando nos distintos ámbitos municipais. Con este obxectivo, hai uns días constituíase o Consello Municipal de Deportes, un órgano consultivo integrado por representantes de todos o tecido deportivo do Rosal que funcionará como foro de debate e reflexión, como viveiro de propostas e como fonte de visión crítica para abordar calquera cuestión relacionada con este eido na localidade. “Temos a sorte de contar co bo facer de deportistas e clubs, que están a facer un grande esforzo por continuar coa súa actividade a pesar das dificultades coas que nos atopamos nestes intres”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quen salientou na reunión inicial a capacidade de clubs e deportistas para “adaptarse e readaptarse á situación cambiante para poder seguir desfrutando do deporte seguro”.
Xunto ao concelleiro de Deportes e ao de Participación Veciñal, Germán Fernández e Ramón Fernández Leal, o Consello está integrado por representantes do Acanor Novás Valinox de balonmán, da UD Ribera de fútbol, do Club Atletismo Trega, do Club Ciclista O Rosal,  e dos clubs de petanca, fútbol gaélico, futgolf ou judo. Tamén conta coa participación de deportistas relacionados co décatlon ou o trial, como o olímpico David Gómez e o piloto Gabriel Marcelli, coa futbolista Sara Álvarez, o activista deportivo Ignacio Rivas, o ciclista Christian Silva, o asesor deportivo Víctor Valderradam, o ex ciclista profesional e animador deportivo Serafín Martínez ou o profesor de Educación Física xa retirado Félix Piñel.
Neste primeiro encontro por videoconferencia abordouse a propia constitución do Consello e fíxose a primeira toma de contacto deste órgano. Así, na reunión explicáronse as liñas xerais da folla de ruta do Concello no ámbito deportivo, na que se contempla tamén unha descentralización para levar a actividade deportiva aos barrios. Por outro lado, durante o encontro abordáronse cuestións como a promoción do deporte base, a necesidade de maior información sobre as instalacións deportivas municipais e de asesoramento en materia de subvencións e axudas, a posibilidade de colaboración con municipios da contorna para o aproveitamento de recursos, a adaptación e creación de instalacións contando co asesoramento dos propios técnicos e deportistas, a realización de novas actividades ou o fomento do apoio económico entre as empresas.
O Consello Municipal de Deportes súmase así ao de Cultura, o de Igualdade e ao de Desenvolvemento Local, que buscan crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.
 

O Rosal estrea marzo cun apartado específico de igualdade na web municipal
O Rosal, 1 de marzo de 2021.- O Rosal aposta pola igualdade todos os días do ano e en todos os ámbitos municipais. Nese camiño para continuar revolucionando mentes a web municipal estrea este luns un apartado específico de igualdade que contará con material relacionado con este ámbito e que lonxe de ser estático continuará crecendo ao longo do tempo con novo contido. “Buscamos un cambio de mentalidade, sensibilizar á veciñanza e facela reflexionar para camiñar cara unha sociedade máis respectuosa baseada na igualdade entre persoas, independentemente do seu xénero ou condición”, salienta a concelleira Sara Vicente.
Este novo apartado na web municipal contará cunha categoría de curtas, na que se poderán ver por exemplo todos os vídeos do proxecto Claqueta Violeta, a charla de novas masculinidades ofrecida por AHIGE Euskadi ao alumnado rosaleiro ou as pílulas de igualdade desenvoltas pola Universidade de Vigo. Neste espazo atoparanse ademais recomendacións de películas, libros, series...; unha guía de recursos; un enlace ao Proxecto VÍA posto en marcha polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier ou as imaxes das exposicións ‘Eu tomo partido’ e ‘Mulleres no deporte’.
Tamén estará recollida toda a información relacionada co ‘Revolucionando mentes’, unha campaña de sensibilización e igualdade posta en marcha polo Concello en marzo do 2020 co obxectivo de achegar á veciñanza unha nova conciencia social. “O lema é revolucionando porque os cambios adoitan supoñer unha revolución, sexa cal sexa o ámbito da vida no que se apliquen; evolucionando porque buscamos o avance para ter unha sociedade máis aberta e igualitaria na que as persoas teñan os mesmos dereitos e liberdades, e mentes porque é o primeiro que debe abrirse para poder evolucionar. Tivo unha grande acollida por parte da veciñanza, polo que decidimos dar un paso máis alá e convertelo en bandeira do noso Concello”, explica.
8M
O mes de marzo arrancará cunha ampla programación centrada na igualdade e cunha iniciativa que busca a implicación da veciñanza. “O 2021 é un ano moi atípico no que non se pode pensar en actos presenciais nin multitudinarios, por iso optamos por actividades para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, con actividades nas que os rosaleiros e rosaleiras poidan participar de forma activa sen correr ningún risco”, asegura a concelleira. Por ese motivo o Concello busca inundar as fiestras dos domicilios e os escaparates dos comercios con pegatinas do ‘Revolucionando mentes 8M’ que as persoas interesadas poderán recoller dende hoxe mesmo na casa consistorial.
Nesa aposta por unha conmemoración do 8M segura, o Concello apostará por realizar este mes de marzo accións ao aire libre. Así, na Praza do Calvario poderá verse dende o 5 de marzo a exposición ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra de 11 figuras de diferentes oficios nas que as persoas que se acheguen poden poñer o seu rostro para visibilizar que o traballo non é cuestión de homes ou mulleres. A mostra complementarase cun teito de cristal, unha lona que simula o teito de cristas para que as persoas poidan pasar debaixo e ver algunhas das dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao longo da súa vida laboral, social, familiar... polo mero feito de ser muller e no que se debe continuar traballando para facer desaparecer.
Serán máis as accións en igualdade previstas. As rúas do Rosal tinguiranse de morado coa exposición ‘Farrapos morados’ elaborada polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier, que crearon unhas lonas con palabras cheas de contido coas que traballar e sensibilizar a prol da igualdade. Pola súa banda, a ANPA do CRA María Zambrano tamén participará coa súa exposición ‘Iguais somos +’ e as redes sociais do concello servirán de altofalante para difundir diferentes iniciativas sobre a igualdade.
Regreso al contenido