O Rento - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

O Rento

Arquivo 2021
Regulamento do Rento, xogo popular de baralla
Por Manuel Fajar Salcidos

 
1.- INTRODUCCIÓN:
 
Non se sabe moi ben cal é o orixen do “ RENTO “. O que si sabemos é que xa os nosos bisavós, avós,país xa xogaban nas tascas e tabernas do noso povo. Xentes mariñeiras, aldeáns e todo tipo de persoas alternaban e alternan este xogo coa subhasta, a brisca, o tute a escoba…
 
Xógase coa baralla tradicional española de 40 cartas. As persoas que están arredor da partida, como en tódolos xogos da baralla, poden mirar pero sin participar nin dicir nada , xa que calquera xesto pode ser interpretado polo xogador como unha seña ou desaire.
 
Antigamente xogábase “A DOER “, é dicir, XARRA DE VIÑO á mesa, tódolos que xogaban ,bebían e o que perdía pagaba a consumición.
 
2.- NÚMERO DE XOGADORES:
 
Si non hai partidas /equipos/ grupos feitos ou pre-determinados,faerase un sorteo coas cartas. Bótanse as cartas e os 3 primeiros reis formarán un grupo, que se enfrentará aos outros 3 restantes .
 
Na maioría das veces xogan 6 persoas, ainda que se pode xogar 2 ou 4 persoas. O do medio é o que leva o peso da cada equipo, isto é voluntario. Os xogadores estarían situados sentados A2-B1-A3 e enfrente B2-A1-B3.
 
3.- CARTAS DA BARALLA . VALOR E IMPORTANCIA DE CADA UNHA:
 
As cartas polo seu valor de maior a menor importancia son:
 
5 DE BASTOS.
CABALO DE BASTOS.
SOTA DE OUROS (PERICA).
MANILLA DE TRIUNFO ( GAITA ).
REI DE TRIUNFO ( O BARBAS ).
CABALO DE TRIUNFO.
SOTA DE TRIUNFO.
AS DE TRIUNFO ( MATASETES ), é dicir pódelle a tódolos triunfos para abaixo ao 7, 6, 5, 4,3.
6,5,4,3 ( UN PEQUENIÑO ) DO TRIUNFO QUE SAIA.
 
4.- REPARTO DE CARTAS:
 
Previo sorteo de quen da por primeira vez, por calquera dos métodos tradicionais, repártense as cartas de 3 en 3 , corta o xogador anterior como queira ( si corta non pode quitar a vira ). Quítase una vira ( pódea quitar o que da, o que corta ou o que corta pode quitar un espia se cre que sabe onde vai unha carta de mate), que vai marcar o pau de triunfo en cada man.
 
É fundamental estar atento ao corte xa que os contrarios poden saber onde están as cartas…
 
Hai que evitar poñer “espías “, é dicir, cartas que poidan marcar onde están as de mate, exemplo saber que o 5 de bastos vai pegado ao 4 de ouros…
 
No caso de dar mal: 4 cartas a un xogador, mirarse una carta… ou calquera anomalía..vólvese a dar de novo.
 
No reparto das cartas AO VER, é obrigatorio cortar máis de 3 cartas.Evitarase que nesta man haxa espías.
5.- COMENZO DO XOGO:
 
Unha vez repartidas as cartas ( 3 a cada xogador ) e cun pau (bastos, copas, espadas e ouros) como referencia, comenza o xogo.
 
Será o xogador situado á dereita do que acaba de dar quen comence o xogo. Xogará a carta que queira ou lle mande o Centro ( repetimos será o que leve o mando de cada equipo ).
 
O obxectivo en cada man é o mesmo: conseguir 2 bazas das 3 posibles.
 
Normalmente os demais xogadores deberán asistir ao pau que xoga o primeiro xogador a non ser que xoguen triunfos, carta de mate ( 5 de bastos, cabalo de bastos,sota de ouros,2 de ouros de triunfo ) para facer a baza. Nalgúns lugares non é obrigatorio asistir ao pau.
 
Pódese facer a 1ª baza…non facer a 2ª…..e facer a 3ª.
Pódese facer a 1ª baza e a 2ª.
Pódese non facer a 1ª baza e facer a 2ª e a 3ª baza.
 
REPETIMOS o obxectivo é facer 2 BAZAS das 3.
         
  • Si un xogador arrastra de 5 DE BASTOS ( carta máxima ) , obliga   -1- a todos a xogar triunfo se ten e incluso calquera das cartas de   mate ( cabalo de bastos, sota de ouros, manilla de triunfo ou calquera das   cartas de rei para abaixo de triunfo).
  • Si un xogador arrastra de CABALO DE BASTOS ( 2ª carta máxima ) obliga   -1- ao anteriormente citado menos ao 5 de bastos.
  • Si un xogador arrastra de SOTA DE OUROS ( 3ª carta máxima ) obliga-1- ao   anteriormente citado menos ao 5 de bastos e cabalo de bastos.
  • Si un xogador arrastra de MANILLA DE TRIUNFOS ( 4º carta máxima ) obliga   - 1- ao anteriormente citado menos 5 de bastos, cabalo de bastos,   sota de ouros.
  • Si un xogador arrastra de REI DE TRIUNFOS ( 5ª carta máxima ) obliga-1- menos   5 de bastos, cabalo de bastos, sota de ouros, manilla de ouros.
  • Si un xogador arrastra de calquera triunfo obliga hasta   o rei, coa excepción da manilla e as cartas de mate.
Un xogador pode facer una baza:
  • Co rei, cabalo ou sota do pau, sete… que se está xogando sin ningún   triunfo ( son as cartas de máis valor nese momento ).
  • Cun triunfo según o orden establecido (rei, cabalo, sota,as,   sete,seis,cinco, cuatro,tres e as cartas de mate).
  • Con calquera das cartas de mate polo seu valor.
            
Unha carta xogada non se pode levantar a non ser que o Centro mandase matar.Prevalecerá o mandato deste xogador, é o xefe do grupo.
 
Cada unha das mans que se fagan apuntarase nun lateral da mesa e será un encargado de cada equipo A3 ou B3 os vixiantes de que en cada man se contabilicen as ganancias.
 
Para contabilizar, antiguamente utilizábanse figos (comíanse ás veces ) , pasas, manises…Na actualidade faise con chapas de cervexas( boca abaixo –malas-, boca arriba -boas-).
 
Cada man é una chapa ( a non ser que haxa ENVITE/VIDO / TRUCO ) ata chegar as 9 – malas e boca abaixo -.Despois das malas , pásanse as boas, chapas boca arriba ata as 8.
 
Para rematar o “CHICO” hai que ir “ AO VER”.Pódese dar o caso que se teñan 6 pedras boas haxa un envido/ vido / truco, se ganen 3 pedras e remate o chico.
 
Pódese dar o caso que ámbolos dous equipos cheguen as 8 chapas boas e entonces haxa que ir A FORZOSA, é dicir a derradeira man en igualdade TOTAL. O que gane, gana o chico.
6.- O VER :
 
Consiste en que o equipo que xa fixera as 9 malas e as 8 boas, decide en función das cartas dos seus xogadores si entra ou non para facer as 2 bazas finais.
 
Si entra e fainas gaña o CHICO.
 
Si entra e perde dalle 3 chapas ou pedras ao equipo contrario en cada man.
 
Si decide non entrar dalle 1 chapa ou pedra por cada vez que o faga.
 
Pódese dar o caso que un equipo vai O VER , que o equipo contrario teña 6 pedras boas, que entre, perda a man e perda asi mesmo o CHICO ( 6 pedras que tiñan + 3 que gañaron= 9).
 
É convinte para ir O VER ter cartas de mate ( 5 de bastos, cabalo de bastos….) para asegurarse de conseguir as 2 bazas finais…..ainda que a sorte, as cartas ben posicionadas e outras circunstancias, fan posible o éxito. Ë moi importante estar doble ( ter dous trunfos ) se nun eres man.
 
7.- ENVITES : ENVIDO / VIDO / TRUCO -------RE-ENVITES :
 
É a xogada máis interesante e bonito do RENTO.
 
A finalidade é conseguir 3 pedras en vez de 1.
 
Nun momento da partida calquera xogador pode dicir : ENVIDO / VIDO / TRUCO.
 
Si se consiguen facer as 2 bazas son 3 pedras para o equipo que envidiu.
 
Si non se consiguen as 2 bazas son 3 pedras para o equipo que aguantou o envite.
 
O equipo contrario pode RE- ENVIDIR / RE- TRUCAR ao que cantou o envite e si éste acepta en vez de xogar 3 pedras xógase por 6 ou 9 ( re-envite de 2ª vez ). Como sempre o equipo que faga 2 bazas das 3 levará as pedras.
 
Si un xogador acepta o envite, ainda que non sexa o Centro, xógase a baza.
 
Cando un xogador sendo o último ou pé en xogar “ envide “basta con que un diga “ no “ para non xogar e rematar a baza.
 
Despois de dar e quitar a vira, calquera xogador pode dicir “CERRADO” isto equivale a que ENVIDO / VIDO / TRUCO ao equipo contrario antes de comenzar a xogar . Pode haber RE- ENVITES.
  
8.- ENVITE DE FAROL :
 
É unha xogada de astucia na que un equipo decide TRUCAR, non tendo cartas, claro está arriesgándose a ser enganchado nun falso ENVITE/ VIDO / TRUCO e ter que tirarse ao ser collido nunha xogada de farol…
 
Acostúmase a ENVIDIR / VIDIR / TRUCAR despois de facer unha baza e coa presumible certeza de que o outro equipo non ten cartas ningunhas.
  
9.- SEÑAS DO XOGO :
 
As señas do xogo son fundamentais, toda vez que ao ser un xogo de equipo o coñecemento das cartas que se repartiron e se posúen é fundamental.
 
Normalmente deben ir dirixidas ao Centro que será quen vai dictaminar a estratexia de xogo. Non quita que tódolos xogadores sepan como están as cartas. Entre laterais A2 -A3 / B2-B3 toda comunicación é posible.
 
SEÑAS XERAIS:
5 DE BASTOS: Súbense as pestañas de ámbolos dous ollos.
CABALO DE BASTOS :Guíñase un ollo.
SOTA DE OUROS : Labios hacia adiante poñendo morros.
MANILLA DE TRIUNFOS : Xesto de morder o labio .
REI DE TRIUNFO : Ademán de pasar a mar pola barbilla ( O barbas ).
CABALO, SOTA DE TRIUNFO: Xesto de estar mordendo algo.
7 ,6, 5, 4, 3, : Xesto coa man dedo contra dedo. ( Un pequeniño ).
Un PUÑO: Levar 3 triunfos do pau da vira, dúas cartas de mate e un triunfo, unha carta de mate e dous triunfos…..
 
OUTRAS FORMAS:
 
1//////
5 DE BASTOS : Sinalando co dedo pulgar.
CABALO DE BASTOS : Id. dedo índice.
SOTA DE OUROS : Id. dedo corazón.
MANILLA DE TRIUNFOS: Id. dedo anular.
REI DE TRIUNFOS : Id. dedo meñique.
  
2/////
A partir dunha seña do Centro ( por ex. CABALO DE BASTOS ):
1 arriba……Leva o 5 de bastos.
2 abaixo……Leva a manilla de triunfos.
3 abaixo ….leva o rei de triunfos.
 
3/////
En función da carta que se quite de vira:
Si por ex. sae o rei de copas…..
1 arriba…leva a manilla de copas.
2 abaixo…. leva a sota de copas.
3 arriba ….leva o cabalo de bastos.
  
4////
Outras formas que cada equipo considere oportunas.

SEÑAS DE CHAPADO :
 
O “chapado “ é a máxima xogada que se pode ter despois do reparto das cartas. Asegúranse dúas bazas imperdibles.
 
CASOS:
         
1 xogador ou os membros dun equipo teñen:
5 DE BASTOS e CABALO DE BASTOS.
         
1 xogador ou os membros dun equipo teñen:
5 DE BASTOS, SOTA DE OUROS e MANILLA DE TRIUNFO ( IMPERDIBLE sempre que sexa man).
 
Hai que ter cuidado ao dar as señas do chapado, calquer mal entendido pode dar lugar a unha xogada errónea e perder o chico.
 
A seña para o chapado é un toque lateral da cabeza hacia un lado.
 
10.- TEMPO DE XOGO : FINAL DA PARTIDA:
 
O tempo de xogo é impredicible ou ilimitado.
A partida pode ser FLOREADA ( envites continuos, xogo aberto….).
A partida pode ser AMARRADA ( mirar pola pedra, xogo serio ….).
Cada “CHICO “ é unha partida ( 9 malas e 8 boas ).
 
PARA OS XOGADORES DO “RENTO “ coa lembranza de saber que o meu pai xogou moitas horas e na procura que non se perda o costume.
  
Manuel Fajar Salcidos
A Guarda a 13 de agosto de 2011
Regreso al contenido