O remo na Guarda - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

O remo na Guarda

Arquivo 2020
O remo na Guarda
por Victoriano Rodríguez
                                                               
             
                 O remo é unha forma de propulsión dunha embarcación sobre a superficie da auga. A súa orixe deben ser tan antiga como a propia civilización. A necesidade de atravesar ríos, lagos e mares, obrigou ao ser humano a descubrir que coa axuda de varas (remos) podía impulsar un obxecto flotante (un tronco) sobre auga para desprazarse. Se iría perfeccionando este sistema de navegación, adaptándoo para o transporte, a guerra, o comercio e, nos últimos séculos, tamén a competición deportiva.   
   
O deporte do remo nace en Inglaterra polo século XVII, pero non se regulariza ata 1892, cando se crea a FISA (Federación Internacional de Sociedades de Remo), que elabora as normas aplicables ás distintas federacións europeas existentes; é considerado deporte olímpico, dende os Xogos Olímpicos de París de 1900.



Escudo da Guarda sobre 1837, onde se aprecia un barco desarbolado, identificación desta vila co mar e a navegación.
A competición do remo en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, vén de cando as grandes embarcacións a remo (volanteiros) faenaban á sardiña nestas costas, ata mediados do século pasado. Unha vez rematada a pesquería, regresaban á terra remando o máis rápido posible, para quen antes chegara, mellor vendía as súas capturas de peixe, creándose así unha competición entre as distintas tripulacións de mariñeiros. Tamén habería competicións entre os grandes botes de ata vinte remeiros, que estaban nos portos importantes para servir de “remolcadores” aos grandes veleiros, cando os divisaban no horizonte. Por esta razón, en Galicia, Cornixa Cantábrica e País Vasco, instáuranse as competicións deportivas de remo de banco fixo nas modalidades de bateis (sete metros, catro remeiros e un patrón-timo-nel), de trainerillas (nove metros, seis remeiros e un patrón-timonel) e a de traíñas, a maior do banco fixo (12 metros, trece remeiros e un patrón-timonel). A outra modalidade deportiva de remo, a de banco móbil, que realiza as súas competicións en lugares de augas calmas, como ríos anchos e pouco caudalosos (O Miño, no tramo Tui-Caminha), encoros, lagoas...
 

Volanteiros  a vela e a remo, no varadoiro da Ribeira, a principios do pasado século (foto Museo do Pobo Galego).

Gamelas varadas na Ribeira e na media lúa do convento

Flota de gamelas a remo e vela no Varadoiro do peirao de A Guarda a mediados do século pasado (foto Cadilla). Pode verse que aínda non estaba construída a Lonxa, e poucas vivendas na zona de Inguieiros, As Chavolas, San Queitano...

Flota de gamelas a remo no varadoiro da Ribeira de A Guarda (foto Cadilla)


  A mediados do século pasado no porto de A Guarda, nas Festas do Carme, celebrábanse unhas emocionantes regatas de botes de seis remeiros e patrón, entre mariñeiros, ou competindo estes cos marinos do Cabo Fradera, cos míticos botes: Virgen del Carmen (azul) e Monte Carmelo (branco). As tripulacións da Marina eran patrocinadas e representaban as tabernas de: O Barquiño–Ligero, La Revoltosa, Chupaovos, Morales, Mau-Mau, O Canal, O Jaula, A do Alpiste. Estes botes foran construídos polo carpinteiro de ribeira O Minxos”, en Inguieiros por 1950. Os botes e remos foron evolucionando nas súas formas e materiais, conseguindo mellores resultados en velocidade e navegación. Polos anos oitenta serían feitas de fibra de vidro, sendo na actualidade, tanto os remos como a embarcación, dun material moi lixeiro de   fibra de carbono.

As embarcacións Virgen del Carmen e Monte Carmelo en competición no porto de A Guarda

Remeiros da taberna La Revoltosa

Tripulación da taberna Morales en 1950, co bote Monte Carmelo: Cándido García “Paquillo”, Salvador “Taba”, Agustín Pena “Taboni”, Constante “Melé”, Manuel Martínez González “Pío”, Angel “Gelitón” e Antonio Lomba “Toneno”, único que vive. Fotografía cedida por Agustín Pena Alonso (q.e.p.d.).

Pode verse a gran afección que asistía ás regatas no porto de A Guarda na metade do século pasado. Bote Virgen del Carmen en 1956.
Estes botes eran sorteados antes da regata pola Comisión de Festas do Carme, xa que o “Monte Carmelo” era máis pesado co “Virgen del Carmen”. Semanas antes das regatas os fondeaban no mar para que inchasen.
Tripulación do Bar Barquiño de Manuel Díaz González “Ligero” Patrón, Manuel Cadilla “Lito Tosca”, boga, Antonio Baz Lomba “Gervasio”; Ramón Lomba “Deva”; Manuel Lomba Baz “Caji”; Antonio González Lomba “Santa María”; Fernando Lomba Baz “Barbo” e proa Rafael Lomba Cordero “Molowni”.
            
A  A finais dos   oitenta, Jesús O   Chuícho”, da Comisión   de Festas do Carme, xunto con outros membros, intentan recuperar esta tradición, desprazándose a clubs das Rías Baixas para ver o funcionamento e   novos materiais deste deporte; desistindo pola infraestrutura necesaria e os   altos costos das embarcacións; a súa intención era facelos de popa plana,   como as daqueles históricos botes locais, que por esas datas estaban en moi   mal estado, nun galpón de “Astilleros J. Castro”.

Tripulación do Chupaovos   en 1963.

Tripulación bote da taberna do Chupaovos en 1965.

A afección ao remo en A Guarda empeza na infancia. Rapaces da Marina remando no Porto con pequenos botes feitos de lata de bidón de aceite (foto Joaquín Fernández, 1966).
Participante na Regata de “Gameliñas”. Á dereita pode verse a proa do bote “Virgen del Carmen

Comunicado da Comisión de Festas Virxe do Carme, publicado no primeiro libro en 1983, sendo presidente Jesús Rodríguez Martínez.
FUNDACIÓN DO CLUB DE REMO ROBALEIRA (II)

Os inicios do Club, en 1989, xa os publicara neste mesmo libro-programa das Festas do Carme en 2013, detallando con amplitude datas, asembleas, xestións, legalizacións, nomes de directivos e remeiros, clasificacións, fotos... sobre o acontecido nese primeiro ano de andadura, polo que só relacionarei un resume dos feitos máis destacados desa primeira etapa de 1989, e seguir cá historia do Club a partir dese ano.

A Robaleira a principios do século pasado. Deste lugar ven o nome de Club de Remo ROBALEIRA.
En1989, un grupo de entusiastas, proponse recuperar a tradición do remo no porto de A Guarda. Con grandes dificulta-des, pero con esforzo e ilusión, conseguen fundar o Club de Remo Robaleira, unha asociación deportiva, na modalidade de remo, con domicilio social e instalacións na Guarda. O cal, dende aqueles inicios, e a día de hoxe, o seu funcionamento, a participación en competicións, os grandes e numerosos triunfos acadados, son motivo de satisfacción e orgullo para o Club, A Marina e o pobo de A Guarda en xeral.O nome de ROBALEIRA posto ao Club, vén dado do lugar que así se chamaba ó antigo barrio mariñeiro, que arrancaba do saínte rochoso que está no litoral norte do porto guardés e que, ademais de ser un sitio onde se pescaban os robalos, tamén en ocasións servía como lugar de atraque de pequenas embarcacións. O escudo do Club ROBALEIRA foi debuxado polo pintor rosaleiro Florindo Álvarez.

O día 25 de marzo de 1989 constitúese a Acta Fundacional da Entidade Deportiva: CLUB DE REMO ROBALEIRA, quedando como primeiro e provisional do-micilio social do Club en Palomar 21 de Camposancos, domicilio dun dos pioneiros Gabriel. García.

O dia 29 de abril de 1989, a Comisión Xestora, convoca a pri-meira Asemblea Xeral Ordinaria na Cofradía de Pescadores, na que Antonino Torrón le a Acta Fundacional, que recibe a aprobación de tódolos asistentes, quedan-do constituída a primeira Directiva do Club de Remo Robaleira desta forma:

Presidente: Francisco Antonio González Durán
Vice-Presidente: Gabriel Martínez García
Secretario: José Rodríguez Rodríguez
Tesoureiro: José Benito González Sousa
Vocais: Luís Bugarín Pereira, Antonino Torrón Fernández, Jesús Verde Rodríguez, Xabier Lomba Núñez, Jaime Álvarez Souto, Ángel Pérez Castro, Serafín González Lomba, Eladio Galiñanes González, José María Álvarez Pacheco, José Antonio Lomba González, Constantino Baz Alonso, Antolín Pérez Martínez, Benigno Diego Rodríguez Fariñas, José Manuel González Alonso, Antonio Adrover González e Mario Lomba Alfonso.

O 7 de Xuño de 1989 presentáronse os Estatutos no Rexistro da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, que son aprobados, así como tamén na Delegación de Facenda. Posteriormente inscribese na Federación Galega de Remo.
 

A Robaleira a principios do séxulo XX


Diante do baixo da casa de Daniel “O Mellizo”, ”vestuario” das féminas (foto Vitoriano).

Inician unha campaña de captación de socios e de remeiros, adquisición do primeiro material: un batel de segunda man de Mugardos, do que copiarían os primeiros bateis, construídos por eles e o remolque, con cartos aportados por algúns directivos.

Os bateis, quedaban a intemperie sobre uns soportes na rampla da Ribeira (diante: Roberto da Cruzada, quen cedeu esta foto).

Nestes primeiros comezos e ó non dispor de instalacións axeitadas e propias, tiveron que deambular precariamente por diversos lugares: As reunións da Directiva e Asembleas celebrábanse na Cofradía de Pescadores, no Concello, no local de Érguete, no local de Protección Civil, nos baixos do convento de San Benito, no Bar Xeito... Os remeiros cambiábanse, antes e despois dos adestramentos, onde cadraba, si adestraban na Armona ou na Pasaxe, a “pé de río”, nos galpóns de Terrazos Riego e nas naves de Ramón Lorenzo “Moncho”; cando adestraban ou competían no Porto, cambiábanse nos baixos do convento de San Benito, na bodega de Daniel Lomba Uris “O Mellizo”, na chabola da Tarita (na actualidade Restaurante Roxo.

Á esquerda, Tino Baz, remeiro da primeira tripulación de Robaleira en 1989 (foto cedida por Tino Baz). Arriba, o adestrador Durán, coa tripulación de cadetes en Moaña co Talbot 150 (foto Vitoriano).
 
Porto de A Guarda. Bateis de Meira, Chapela e Robaleira.
 
Os bateis eran gardados segundo onde fosen os adestramentos: se eran na Armona, nas naves cedidas por Terrazos del Miño, ou nas de Ramón Lorenzo se eran na Pasaxe; e se eran na Praia do Cangrexal, no Porto, nos baixos do convento, no da Tarita ou sobre uns soportes na Ribeira.
 
O 16 de xullo de 1989, coincidindo coas Festas do Carme, celébrase no porto de A Guarda, unha regata de bateis, entre os clubs de Robaleira, Chapela e Samertolameu de Meira, sendo esta a primeira participación en competición do Club Robaleira.
 
Ó 12 de agosto deste primeiro ano de 1989, tamén no porto, a 1ª REGATA DE TRAIÑAS, participando Os Mecos do Grove, Cesantes, Amegrove, Samertolameu de Meira e Nosa Sra. dos Remedios de Tirán (Robaleira aínda non tiña traíña). Foron regatas de exhibición, cara a dar a coñecer e recordar este apaixonante deporte do remo, de gran raigame noutros tempos no porto de A Guarda.
  
ANO   1990
 
Comeza a singradura do Club de Remo Robaleira na temporada 1989/90, competindo na categoría de bateis, e acadando os seguintes resultados:
 
O 3 de Marzo de 1990, no campo de regatas de Meira:
- Infantís: Posto 15º de 16 participantes.
- Cadetes: Posto 18º de 18.
- Sénior: Posto 7º de 7.                                 
Porto de A Guarda ano 1990/91, tripulación de Robaleira. Patrón: Óscar; boga: Lino Miramar”; 1º estribor:
Dani Mellizo”; 2º babor: Gelito Pois”; proa: Nando Pildirico”.

1ª Medalla conseguida, polo batel sénior de Robaleira, o 31 de Marzo de 1990 en Moaña
 
10 de Marzo de 1990, no campo de regatas de Cesantes:
- Infantís: 150 de 16.
- Cadetes: 150 de 16.
- Sénior: 50 de 5.
 
24 Marzo de 1990 - Chapela:
- Infantís: 150 de 19.
- Cadetes: 150 de 16.
- Sénior: 40 de 5.
 
31 Marzo de 1990 - Tirán:
- Infantís: 120 de 20.
- Sénior: 30.
 
21 Abril de 1990 - Cangas:
- Infantís: 120 de 12.
- Cadetes: 110 de 13.
- Sénior: 70.
Moaña, 31 de Marzo de 1990. Tripulación sénior de Robaleira, que conseguirían o mellor resultado ata esa data.
Tino Baz, Jóse, Manolo Tarito”, Óscar e Manolo Adrover (foto cedida por M. Tarito).
 
Nesta tempada, na regata de Meira, VI BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA o 31 de Marzo de 1990, os sénior de Robaleira conseguen o terceiro lugar, quedando así clasificados para o pase a confronta Norte-Sur, a celebrar en Vilagarcía de Arousa; fora esta unha circunstancia especial, debido ó mal tempo, con forte oleaxe, ocasionando que a maioría das veteranas embarcacións quedaron fora de competición ao encherse de auga, debido ao forte ritmo habitual empregado; o batel de Robaleira, ó ir a un ritmo máis lento, rematou con ese excelente resultado. Como a Directiva entendía que fora unha casualidade ese resultado, acordan ceder ese posto ao club Remedios de Tirán, e que participasen eles no Campionato de Galicia.


Porto de A Guarda, 19 de agosto de 1990. 2ª REGATA DE TRAÍÑAS, de exhibición cara a estimular de novo ao público a este deporte, coa participación de Cesantes, Virxe da Guía, Amegrove e Os Mecos do Grove.
 

Primeiros trofeos acadados polo C.R. Ro-baleira. Os remeiros: Roberto, “Xocas” e Jóse por 1990 (foto cedida por Roberto da Cruzada).
 
Neste primeiro ano, ante a boa acollida de socios e colaboradores, conseguen a 31 de decembro obter uns ingresos de 1.661.786 ptas., das que 400.000 foran de subvención da Consellería de Pesca e 225.000 da de Deportes da Xunta de Galicia, e uns pagamentos de 1.067.702, logran un saldo positivo de 594.084 ptas. Facéndose cun elemental material, necesario para “arrancar”. Tres bateis feitos en Andrés do Morán, máis o comprado a Mugardos, unha traiñeira (co nome de LIBIA), cedida polo Club de Remo Chapela-Pescanova. Unha reliquia do remo, de madeira, con todas as cadernas á vista, gañadora de varias regatas na Concha, xa que orixinariamente pertencera ó club vasco Pasajes de San Pedro e, lamentablemente, a finais dos noventa fora queimada na fogueira de San Xoán, por non haber lugar para o seu acomodo. Que pena!. Tamén se dispuña dunha “zodiac” usada cun motor de 15 CV.

 
En febreiro de 1990 o Club tiña inscritos, con Licencia Deportiva na Federación Galega de Remo, os seguintes remeiros:
 
INFANTÍS: Marcos González Alfonso, Isaac Antonio verde Lomba, José Luís González Rodríguez, Daniel Alonso Baz, Manuel Alonso Ses-to, Álvaro Rodríguez Cordero, Nuño José da Silva Aldrover e Bernabé da Silva Aldrover.
 
CADETES: Ángel Antonio Pérez Lomba, José Agustín Rodríguez González, Óscar Alonso Martínez, Daniel Lomba Castro e Manuel Rodríguez Verde.
 
XUVENÍS: Andrelino Alonso Cerqueira e Constantino Baz Baz (Tino Baz).
 
SÉNIOR: Manuel Adrover Rodríguez, José Manuel González Alonso, Ignacio Domínguez Durán, Paulino Baz Martínez, José Ángel González González e Indalecio Salcidos Martínez.
 
ENTRENADOR: Luís Miguel Bugarín Pereira.
 
DELEGADOS: Jaime Álvarez Souto, José María Álvarez Pacheco.
 
De 1991 a 1994

En Maio de 1991, a iniciativa de Eliseo Alonso, Antonio Durán e Antonio Cividanes (Tenente Alcalde) con Lopiño, concelleiro povense, e organizado por ambos concellos, celébrase na Póvoa de Varzim un hermanamento entre esta vila e a de A Guarda, na que entre os diversos actos, como porlle o nome dunha rúa na Povoa co nome de A Guarda, realiza o Club Robaleira unha demostración de remo de bateis, no peirao desa localidade portuguesa, acompañados do club Nosa Señora dos Remedios de Tirán.

O 25 de xullo de 1991, celébrase unha espectacular regata de traíñas no RÍO MIÑO, patrocinada por Moreira y Cia, dende os estaleiros de Joaquín Castro, hasta a Punta Morraceira da illa Canosa, participando os seguintes Clubs: Club de Mar de Bueu, Liceo de Vilagarcía, Os Mecos de O Grove, Real Club Náutico de Vigo e Ría de Marín, que foron premiados con 80.000, 65.000, 55.000, 45.000 e 40.000 ptas.
 

O presidente Antonio Durán co remeiro Víctor Rodríguez da Gándara no cais da Póvoa de Varzim en Maio de 1991. No medio, a tripulación do Robaleira porta o bote cara ó campo de regatas (foto Vitoriano).
  

E tal o esforzo aplicado que dobran os remos (foto Vitoriano).
 
1992
 
O 11 de Agosto de 1992, renóvase a Xunta Directiva, quedando composta por:
 
 PRESIDENTE: F. Antonio González Durán
 VICEPRESIDENTE: Xaime Álvarez Souto
 SECRETARIO: Xosé M. Álvarez Pacheco
 TESOREIRO: Xosé Benito Rodríguez Sousa
 VOCAIS: Antonino Torrón González, Antonio Adrover González, Emilio Baz Mauri, Xosé Manuel González Alonso, Manuel                         Adrover Rodríguez, Xesús Verde Rodríguez, Serafín González Lomba, Eladio Gali-ñanes González e Xosé                                 Rodríguez  Rodríguez.
 De 1991 a 1993, sería o ADESTRADOR José Manuel González (Tarito).
 
CLASIFICACIÓNS ROBALEIRA TEMPADA 1992
29 de Febreiro en Vilaxoán:
 INFANTÍS: 6º e 9º de 16 participantes.
 CADETES: 13º de 20 Participantes.
 XUVENÍS: 9º de 11 participantes.

7 de Marzo en Bueu:
 INFANTÍS: 7º e 12º de 15.
 CADETES: 7º de 15.
 XUVENÍS: 6º de 15.

14 de Marzo en Cangas: INFANTÍS: 6º e 11º de 19. CADETES: 14º de 19. XUVENÍS: 15º de 16.

19 de Marzo en A Guarda: INFANTÍS: 4º e 5º de 14. CADETES: 13º de 14.   XUVENÍS: 8º de 11.

28 de Marzo en Meira: INFANTÍS: 6º e 10º de 18. CADETES: 17º de 19. XUVENÍS: 14º de 16.

4 de Abril en Chapela: CADETES-B: 9º de 9.

11 de Abril en Vigo: INFANTÍS: 7º e 10º de 19. CADETES: 18º de 20. XUVENÍS: 12º de 15.

16 de Abril en San Xoán: INFANTÍS: 9º e 10º de 18. CADETES: 15º e 20º de 20.


Eladio Galiñanes, filmando a regata de Cesantes 1993. Estes videos, despois serían visionados no Club para analizar o desenvolvemento o das técnicas empregadas. (Foto Vitoriano).
18 de Abril en Amegrove: INFANTÍS: 7º de 10. CADETES: 10º de 12.

13 de Maio en O Grove: FÉMINAS: 6º e 10º de 18. INFANTÍS: 6º de 18. CADETES: 5º e 11º de 15.

21 de Maio en A Guarda: FÉMINAS: 5º de 7.  INFANTÍS: 5º de 9.


Tripulación feminina, adestrando na boca do porto: Natalia, Conchi, Montse, Paula Simoes e a patrona Ana (foto Vitoriano).
1993
 
Na temporada de 1993, o Club tiña inscritos con Licencia Deportiva na Federación Galega de Remo os seguintes remeiros.
 
Infantís:
Diego González Baz, Elizabeth Alonso Cerqueira, África Vicente Barbosa, Elena Dacuña Rodríguez, Roy Gómez Losada, Pedro Delafuente González, Elsa González Alfonso, Zaira María Simoes Verde, Cintia Blanco Español, M. Alejandra González Garza, e Marcos González Alfonso.
 
Cadetes:
Fernando Alonso Peñalver, Miguel González Pérez, Esther Lomba Alfonso, Mónica Lomba González, Pedro Alonso Cividanes, Daniel Lemos Estévez, David González Baz, Paula González González, Francisco Martínez Vicente, Bernabé Dasilva Adrover, Breogán Gómez Losada

Tripulacións do C. R. Robaleira, despois da competición no porto de A Guarda en 1993: Miramar, Fernando Fareliños, Roi, Diego, Yoli, África, Paula, Conchi, Mónica, Sandra, Zaira Simoes, Elena, Elsa do Tarito (ca copa) e Ismael Velasco (foto Vitoriano)

1993. Alegría nas tripulacións de Robaleira despois das regatas no porto de A Guarda 1993 (foto Vitoriano)

Os remeiros de Robaleira portan e custodian a imaxe da Virxe no día do Carme na Guarda en 1993 (foto Vitoriano)

Regata en Agosto de 1993 no porto de A Guarda, o 5º bote é o de Robaleira (foto Vitoriano).

F. Javier Rodríguez Verde,Jorge Martínez Martínez, Oswaldo Tech Valverde, Francisco J. Baz Rodríguez, José Luís González Rodríguez e Ismael Rodríguez Velasco.

Xuvenil:
Roberto Tech Valverde, Marisol Saavedra Cuiña, Daniel Lomba Castro, Jairo Alonso Lomba, Constantino Baz Baz e J. Ángel González González.

Sénior:
José Manuel González Alonso e Manuel Baz González

Adestrador: Luís Bugarín Pereira
Directivo: Emilio Baz Mauri

Aínda que moitos dos remeiros eran da Marina, outros eran da periferia, de Ribadavila, Salcidos, Camposancos, do Rosal, de Oia (estes eran traídos e levados altruistamente por Victorino de Pedornes). Ante tanta participación, remeiros de Robaleira foron cedidos a outros clubs habendo un intercambio con Tirán, Mecos, Amegrove... Yonathan estaría remando nun K8 en Caminha.
1994
 
RESULTADOS CAMPIONATO DE BATEIS 1994

 
APUNTES
(1) Parte da tripulación enferma. (2) O batel de Chapela abordou ó de Robaleira, facéndoos parar na competición. (3) Quedaron segundos a seis segundos do primeiro (Meira), clasificándose para o Campionato de Galicia.
Tripulación cadetes: Pedro De la Fuente, Víctor, Diego, Nando “Pildirico”, Ismael (foto cedida por Pedro De la Fuente).
 
Como pode verse, os resultados nestas primeiras tempadas, son de mera participación. Anos despois, cando O Robaleira colleitaba éxitos a manchea, os propios membros, definían con simpatía aquela inicial etapa como a dos “rapatundas”, competindo con pesadas em-barcacións: os furabarcos, feitos na localidade de fibra de vidro/polies-ter contra clubs de longa tradición, experiencia e modernos bateis de materiais máis lixeiros. A partir de 1995, Robaleira foi adquirindo embarcacións de fibra de carbono que pesan como 30 quilos menos, comezando cunha historia chea de grandes resultados.
 
Na Asemblea do 23 de decembro de 1994 renóvase a Xunta Di-rectiva, quedando así constituída:
PRESIDENTE: Rubén Muñoz Alonso
VICEPRESIDENTE: Xaime Álvarez Souto
SECRETARIO: Desiderio Rodríguez (Cuqui)
TESORERO: José María Lira Rodríguez
VOCAIS: Antonio González Durán, Emilio Baz Mauri, José María Álvarez Pacheco, José Rodríguez Rodríguez, Antonino Torrón Fernán-dez, Jesús Verde Rodríguez, Eladio Galiñanes González, Serafín Gon-zález Lomba, Antonio Adrover González, Manuel Adrover Rodríguez, Ángeles Lomba Peniza e Victoriano Rodríguez González.

Arriba, O batel de C. R. Robaleira, no lugar da Robaleira. A     Guarda, 1994 (foto Vitoriano). abaixo, O Grove 199 no Memorial de Bateis Cachafeiro. Fernando Fareliños” exhibindo o trofeo gañado polo batel de Robaleira (foto Vitoriano).  
 
Jaime Álvarez O Taxista” (Directivo), o remeiro Ismael Velasco e afecioados en Celeiro-Viveiro, 1994 (Foto Victporiano Rodríguez)
O presidente do Club, Rubén Muñoz observando a regata e as remeiras Paula, Noelia e Laura animando dende o público (foto Vitoriano).

Afección do Robaleira en Meira, 1994 (foto Vitoriano).

Meira, Moaña en 1994. O Presidente e adestrador, Antonio Durán, o delegado, Emilio Baz, e o adestrador físico, Manuel Adrover, coas tripulacións femininas cadetes e infantís. Pola esquerda: Natalia, Conchi, Paula Simoes, Montse, Laura, Lucía e Ana. Fila de abaixo: Freitas, Lucía ,Paula e Carmen (foto Vitoriano).

O Grove, 1994. Os directivos do Club: O tesoreiro, J. M. Lira, o delegado, Emilio Baz Mauri e o presidente e adestrador, Antonio Durán, o axudante de adestrador Jóse coas tripulacións Cadetes/masculina e Infantil/cadete féminas. Pola esquerda: Dani, Diego, Pedro, Pedro De la Fuente, Breogán, Fernando, Roi, José, Xavi Alpiste e Ismael. Fila de abaixo: Ana, África, Sandra, Zaira Simoes, Elsa (filla de Tarito) e Elena (foto Vitoriano).
 
RECORTES DE PRENSA
Ante a fulgurante implantación do club de Remo Robaleira no mundo do remo, a prensa faise eco da súa rápida progresión con titulares como os seguintes:  

A Voz do Miño
“Magnífico espectáculo na regata de bateis organizada polo Club de Remo Robaleira”.

A Peneira. 2ª Quincena de Agosto de 1994.
“Regatas na Guarda.
Coa participación de Cabo de Cruz, Póboa do Caramiñal Esteirana, Coruxo e Mecos, xunto co Club anfitrión, Robaleira de A Guarda, contemplamos na dárse-na do porto na tarde do 25 de xullo, unhas vibrantes regatas de bateis. Este espectáculo mariñei-ro contou cunha alta afluencia de público que animou aos seus representantes en tódalas tandas realizadas. O Club de Remo Robaleira, tivo que facer fronte ó esforzo económico que supuxo traer á Guarda clubs desa categoría, contando soamente co seu tesón e os diversos apoios das casas comerciais da localidade , así como o aporte da venda de rifas e sorteos que se lavaron a cabo, incluíndo unha cesta de mariscos (valorada en máis de 50.000 pesetas).
O club de Remo Robaleira quere agradecer tódalas colaboracións recibidas especialmente do Equipo de Mergullo, da Garda Civil, Cofradía de pescadores, Cruz Vermella do mar, Protección Civil, así como dos veciños que coa súa presencia apoiaron ás tripulacións e ás entidades comerciais que coa súa axuda fixeron posible o desenvolvemento do mesmas.
(Organizar unha regata precisa dun enorme esforzo colectivo e de grandes custes económicos).
Quedando Robaleira coa seguinte clasificación nesa regata:
Infantil/cadetes Féminas: 1º posto.
Cadete masculino: 2º posto.

Faro de Vigo, 2 de Decembro de 1994:
“Técnicos de la S: D. Samertolameu impartieron un cursillo en A Guarda”.
Medio centenar de jóvenes asistieron en A Guarda a un curso de remo impartido por técnicos de la S. D. Samertolameu de Meira, organizado por esta entidad deportiva con el patrocinio de la Secretaría Xeral para o Deporte. La mayor parte de los asistentes son miembros del Club de Remo Robaleira.
Este cursillo trataba de técnicas deportivas, prevención de accidentes...”

Na Ribeira, a patrona Ana Alonso Vicente (Anita) posa cos trofeos que gañara o seu batel infantil/cadete feminino. Seu primo Martín do Roxo está deslumbrado observando a copa recén gañada (foto Vitoriano).

SECCIÓN ETNOGRÁFICA

Na Asemblea do 22 de Decembro de 1994 e, por iniciativa do directivo Xosé M. Lira, acórdase crear no seo do Club a SECCIÓN ETNOGRÁFICA, integrada na FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA. O obxectivo desta sección é rescatar as costumes tradicionais dos medios de navegación da nosa zona, aproveitando a experiencia dos nosos maiores e o gran caudal humano de remeiros que nese momento concorren no Club. Os proxectos iniciais son crear unha Escola de Vela Tradicional, construír unha embarcación lixeira do río Miño e, máis adiante, un volanteiro. (25 anos despois en 2019, cómprese o  desexo de Lira na construción do volanteiro)

Gamela tradicional guardesa a vela, participando o 24 de xuño de 1995 en Coruxo no II Encontro de Embarcacións Tradicionais. Tripulación de Robaleira e Antonio Adrover O Parejista” de patrón/timonel (foto Vitoriano).

En 1995 o Club dispuña de dúas gamelas guardesas a vela, unha doada tras participar o 25 de xullo de 1994 no evento Cultural “O Son da Terra”, subvencionada pola Consellería de Pesca da Xunta de Galicia para a recuperación de Embarcacións Tradicionais.

O 24 de Xuño de 1995, participa unha gamela a vela, capitaneada polo veterano Antonio Adrover “O Parejista”, e os remeiros do C. R. Robaleira no II ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS celebrado no Bao, en Coruxo (Vigo), dando dúas voltas á Ría de Vigo, xunto con outras embarcacións tradicionais: a gamela Coruxeira, a lancha do alto de Póvoa de Varzim, os antigos galeóns da ría de Arousa, a catraca de Esposende, dornas de Ribeira...

Os catro anos iniciais foron de consolidación do Club, participando en todas tempadas de regatas cuns modestos resultados. O punto de arranque de Robaleira, xa na súa imparable colleita de éxitos ata o día de hoxe, foi na tempada 1993-94. O día 16 de Abril de 1994, en Moaña nas regatas de bateis da Territorial Sur, clasificatorias para o Campionato Galego, acadando o 2º posto a tripulación de cadetes, formada por Ismael Rodríguez Velasco (Isma), Daniel Alonso (Dani), Francisco Javier Baz (Xavi), Pedro Alonso Cividanes e o patrón Fernando Alonso Peñalver (Nando).

Remeira de Robaleira recollendo o trofeo gañado no porto da Guarda en 1994. (Foto Vitoriano)
Moaña, 16 de abril de 1994. Tripulación de cadetes de Robaleira co seu adestrador Antonio Durán, clasificándose en 2º posto na Territorial Sur, que lles daba paso ao Campionato Galego. De aquí en diante xa serian imparables os excelentes resultados deste Club. Pola esquerda, a tripulación formada por: Pedro Alonso Cividanes, Francisco Javier Baz (Xavi), Fernando Alonso Peñalver (Nando, patrón), Daniel Alonso (Dani), Ismael Rodríguez Velasco (Isma), co directivo Vitoriano (foto Vitoriano).
Chapela, 1994. As tripulacións de Robaleira fotográfanse co mítico Cándido, patrón da traíña de Chapela, competidora das regatas da Concha (foto Vitoriano).
Celeiro (Lugo), 24 de abril de 1994. Primeira competición de Robaleira nun Campionato Galego. Tripulación de Robaleira no Campionato Galego de Bateis, IX Trofeo Conde de Fenosa: Xavi, Pedro, Isma, Nando e Dani (foto Vitoriano).
 
Foron uns resultados de grandísima satisfacción, xa que levaría ao Club á participación, por primeira vez, nun Campionato Galego, celebrado en Celeiro (Lugo) o 24 de abril de 1994, que sería clasificatorio para o Campionato de España, celebrado ese ano en Sestao.
 
En Celeiro acadouse un destacado 5º posto, detrás dos míticos Samertolameu de Meira, Mecos do Grove, Ares e Perillo, non pasando para a disputa do Campionato de España, xa que solo se clasificaban as tres primeiras embarcacións. Había expectativas de quedar clasificados, xa que na regata Territorial Sur, unha semana antes gañáranlle a Mecos e a seis segundos de Samertolameu, nesta e anteriores competicións, a tripulación do Robaleira bogaba a un ritmo de 38-40 paladas minuto, e neste campionato de Galicia baixaron a 35-36. Foi entendible, había unha gran emoción nese evento que afectou aos nosos remeiros. Así e todo, foi un gran éxito competir por primeira vez no Campionato Galego de Bateis.
 

Parte de directivos de Robaleira no Grove en 1994: Galiñanes, Seli, Pacheco (D.E.P.), Antonio Parejista (D.E.P.), Emilio e X. M. Lira (D.E.P.). Colaboradores: Andrés (D.E.P.) e Cuco (foto Vitoriano)

Celeiro (Lugo), 24 de abril de 1994. Pacheco (D.E.P.), Vitoriano e   Antonio “O Parejista” (D.E.P.) e Antonino Torrón (D.E.P.)

Constantino Baz “Tante” (D.E.P.).                  Ángel Pérez Gelito” (D.E.P.; foto Vitoriano).
 
Pacheco, Antonino, Gelito, Benito, Constantino, Antonio Adrover (O Parejista), Xosé Manuel Lira, que morades nesa outra dimensión, teñades o gozo de ter contribuído a tan nobre actividade social e deportiva.
 
Ano 1995
         
Continuación de publicacións anteriores sobre o REMO NA GUARDA:
I – O REMO NA GUARDA - FUNDACIÓN DO C. R. ROBALEIRA
II - O REMO NA   GUARDA - 1989-90
III - O REMO NA GUARDA DE 1991 A 1994
 
Despois de cinco anos de Presidente e de adestrador An­tonio Durán, e xa o Club con boa consolidación e con moita actividade, pasa á dedicación plena de adestrador; facéndose cargo da presidencia Rubén Muñoz dende 1995 ata 1999.
 
Na asemblea de Maio de 1995, tratando de facer máis eficaz a Directiva, remodélase esta, quedando como sigue:
PRESIDENTE: Rubén Muñoz Alonso
VICEPRESIDENTE: Desiderio Rodríguez (Cuqui)
SECRETARIO: Xosé M. Álvarez Pacheco
TESOREIRO: Xosé María Lira Rodríguez
DELEGADO: Emilio Baz Mauri
ADESTRADOR: Antonio G. Durán
AXUDANTES: Manuel Adrover Rodríguez e Paula Rodríguez Rodríguez
 
Acorda a Xunta Directiva por unanimidade, nomear a José Baz Diego (O Alpiste) Socio de Honra, pola súa desinteresada colaboración nas rehabilitacións musculares dos remeiros.
 
RECORTE DE PRENSA:
1995. Rubén Muñoz, presidente do Club de Remo Robaleira (1995-99) e a adestradora Paula, observando a evolución da regata en Meira; as remeiras Noelia e Laura animando dende o público (foto Vitoriano).

O Club de Remo “Robaleira” acondicionará un local social. A PENEIRA. 2ª quincena de febreiro de 1995.

A GUARDA - Celso R. Fariñas

“Na reunión da Xunta Directiva do Club de Remo Robaleira, celebrada o pasado día 3 de febreiro, foron aprobados diversos temas relacionados coa vindeira campaña do corrente ano 1995. Entre outros, foi aceptada por unanimidade, a proposta do Delegado, Emilio Baz Mauri, percorrelo pobo solicitando a colaboración económica de tódolos guardeses para poder convertilo antigo Matadoiro Municipal nunhas instalacións deportivas axeitadas para o Club de Remo Robaleira o cal foi cedido en precario polo Concello para tal fin. É de destacar, que este club conta con 400 socios e moitos colaboradores, sen os cales non sería posible levar este proxecto adiante.

Nas declaracións do Presidente, Rubén Muñoz Alonso, fixo un chamamento a todo o pobo da Guarda para que colabore na medida que poida, con esta labor social e deportiva, para un mellor funcionamento e rendemento do club, ao mesmo tempo que no nome da Xunta Directiva, quere da-las gracias por anticipado aos que colaboren nesta campaña.

Rubén Muñoz, aproveitou a oportunidade para relembrar que a campaña de competicións do ano 1995, comeza o vindeiro 4 de maio no Grove.

Anunciou que a regata que corresponde celebrar na Guarda, disputarase o día 18 do mesmo mes. Rematou desexándolle aos remeiro/as unha campaña chea de éxitos.”


Adestramentos cadetes no porto de A Guarda, 26 Marzo de 1995 (foto Vitoriano).

Nestas datas (maio 2018), 23 anos despois de longo recorrido, os desexos manifestados por Rubén Muñoz no anterior comunicado, foron satisfactoriamente cumpridos, logrando o C. R. Robaleira unha cadea ininterrompida de éxitos como se mostra máis adiante na relación de trofeos e títulos acadados.


En 1995 o Club xa dispuña do seguinte material: 7 Bateis, 1 Trainerilla, 1 Traíña, 2 Zodiacs con motor, 1 coche Talbot 150, 2 remolques de embarcacións, 2 remoergómetros e diverso material de ximnasio.

RECORTES DE PRENSA

TERCER TIEMPO, sábado 29 de abril de 1995.
Una agradable sorpresa. La hazaña del Robaleira

REDACCIÓN

“El tercer puesto conseguido por la tripulación cadete del Club de Remo Robaleira, de La Guardia, ha sido recibido por deportistas, directivos y aficionados de la entidad como un verdadero triunfo y no es para menos.

El club, que apenas tiene cinco años de vida, viene reali-zando una intensa labor en pos de .su crecimiento y esta pri-mera clasificación para un campeonato nacional viene a de-mostrar que están en la senda correcta.

Toda La Guardia se ha volcado con sus representantes y tampoco el Ayuntamiento se muestra indiferente. Ha sido el municipio quien les ha cedido las instalaciones de lo que en su día fuera un matadero y allí están construyendo la sede social, hasta hoy inexistente.

Los mismos dirigentes se muestran sorprendidos por la receptividad que han encontrado en las gentes del municipio que no dudan en colaborar, en la medida de sus posibilidades, con la empresa. Lo que suple las carencias que soporta el sacrificado deporte del remo, uno de los más librados a su suerte en nuestra comunidad.

Por de pronto, se hallan abocados a dotar a la futura sede del gimnasio más moderno especializado. Proyectan dotar al municipio de un club modelo. Aparatos de última generación permitirán a los deportistas, además de entrenar a cubierto, observar sus movimientos a través de monitores mientras practican y corregir defectos, pulir estilos, etc.

Para completar la buena racha, han conseguido también el patrocinio de Astilleros Armón Burela que les ha donado un flamante batel de fibra de carbono.

Esta primera clasificación importante la consiguieron: Nando, Pedro, Diego, Jonathan y Roi, pero junto con ellos remó todo ese grupo de personas que trabaja con una ilusión desbordante.Ha sido una de las sorpresas del torneo gallego y sin duda, agradable. Más que nunca necesitan el apoyo de los suyos porque son sabedores de que lo alcanzado tiene matices de proeza.

Seguramente hoy, en La Coruña, estarán arropados por su gente que habrá completado el autobús que dispusieron esta mañana y así como festejó ampliamente el sábado pasado, desde los muelles de la ciudad herculina harán que sus cadetes recuerden que no están solos.”
  

 
1995. Tripulación en competición co batel Astilleros Armón Burela S.A. 1º batel de fibra de carbono que tivo o C. R. Robaleira, doado por esa empresa.
 
1995. Enseada de Cesantes. Despois de competir, nótase o cansancio nos remeiros: Héctor, Javier Alpiste, Isma e Fernando Fareliños.

Porto de A Coruña, 30 Abril de 1995. LII Campionato de España de Bateis. As tripulacións participantes cos remos en alto, homenaxean e solidarízanse cos mariñeiros galegos do fletán. A afección do Robaleira sempre destacou pola súa entusiasta e alta participación (foto Vitoriano).
 

A CORUÑA, 29/30 de Abril. Campionato de España. Yonatan, Diego, Roi, Pedro, Tin, Víctor. Agachados: Fareliños e..., ca bandeira Eloi Gómez.

 
A afección e remeiros do C. R. Robaleira en A Coruña, 30-04-1995. Co bombo o popular “Escarabajo”, tocando a caixa: Nando Pildirico, Héctor, Isma, e coa bandeira Generoso Escarabajo (foto Vitoriano).
1995. Regatas no porto da Guarda  (Foto Vitoriano)
  
CLASIFICACIÓN TRAINERILLAS 1995


 
TRAÍÑA
 
O Club adquire unha traíña, cedida polo club de Remo Chapela-Pescanova, co que había unhas boas relacións. Adestrouse moito e con gran ilusión, houbo algunhas participacións, pero os resultados non estiveron á altura doutros clubs con gran traxectoria e medios, polo que a vida da traíña foi de curta duración, dedicándose os esforzos á competición de bateis onde se conseguirían grandes logros. A traíña de nome LIBIA pertencerá en orixe ó club vasco Pasajes de San Pedro, despois a Chapela-Pescanova, participando e gañando varias regatas na Concha. Na Guarda cámbiaselle o nome por VIRXEN DO CARME. Era unha reliquia de embarcación , de madeira, con todas as cadernas interiores a vista. A finais dos 90 foi queimada na fogueira de San Xoán en Mazaracos por non haber un lugar para gardala. Que pena!
 
En 2010 e 2012 volve a competir Robaleira con outra traíña (xa se ampliará este apartado cando se chegue a eses anos), xa máis livián, pero tamén de curta duración a súa participación, volcándose o Club no banco móbil, remoergómetro, trainerilla e bateis, onde seguirían colleitando éxitos dabondo.
1995. Adestramentos en mar aberto. O adestrador, Antonio Durán, de timonel da traíña (foto Vitoriano).

1995. Adestramentos coa traíña dentro do Porto (ós remeiros gustáballes dar unhas pasadas polo paredón do muro, onde estaba a xuventude contemplando).

Traíña Virxe do Carme de Robaleira competindo en Chapela, Ría de Vigo o 29 de Xulio de 1995 coa seguinte tripulación sénior: Diego González Baz, Pedro Delafuente González, Jonatán Adrover Pereira, Víctor Fernández Simoes, Fco Javier Baz Rodríguez, Daniel Alonso, David Augusto González Baz, Ismael Rodríguez Velasco, Héctor Morais López, Jairo Alonso Lomba, José Manuel castro Amorín, José Luís Castro Amorín, Daniel Lomba Baz. Timonel: Fernando Alonso Peñalver. Suplente: Breogán Gómez Losada. Adestrador: Antonio González Durán. Delegado: Emilio Baz Mauri. O resultado desta competición foi: 1º Mecos. 2º Amegrove. 3º Chapela. 4º Ares. 5º Náutico. 6º Vila de Cangas. 7º Cesantes. 8º Coruxo. 9º Virxe da Guía. 10º Robaleira (foto Vitoriano).
 

 

A traíña de Robaleira no Náutico de Vigo en Xulio de 1995. Bandeira Corte Inglés (foto Vitoriano).
 
La Voz de Galicia (ESPECIAL). 6 de Agosto de 1995 A GUARDA. C.A. Corresponsal
 
Más de cincuenta jóvenes aprovechan su tiempo libre aprendiendo a remar.
 
Un premio al esfuerzo para el Club Robaleira
 
“Marcado por el mar y el río, se formó hace más de seis años el Club de Remo Robaleira de A Guarda, que después de una intensa andadura, comienza a cosechar éxitos y otro tipo de premios, como es el reconocimiento y el orgullo del pueblo. Por afición al deporte, un grupo de personas y un interés común han logrado convertir en realidad un sueño.
 
Rubén Muñoz, presidente, «Cuqui», vicepresidente, José Manuel Lira, tesorero y Antonio Durán, entrenador, han hecho posible entre otros que A Guarda tenga hoy un club de remo de nivel, que participa en regatas nacionales a la par de otros grupos de primera línea. Cuenta en su haber con títulos tan importantes como los de terceros en el campeonato gallego y el de cuartos en el de España del año, logrados por los cadetes masculinos.
 
En la regata Virgen del Carmen, celebrada hace pocosdías, tres títulos importantes en las categorías infantil y cade-tes, pusieron nuevamente de relieve el nivel alcanzado. Duros entrenamientos diarios en mar y río, según el tiempo lo permi-ta, exigen un estado físico inmejorable, además del nivel téc-nico que trata de perfeccionarse cada jornada. La falta de un local propio, sin embargo, ha influido de manera negativa en el funcionamiento de la entidad, que se ha visto privada en los días de mal tiempo, de un techo y unas instalaciones adecuadas para entrenar, sin tener que salir al mar.
 
El proyecto de la directiva de rehabilitar el edificio del antiguo matadero municipal cuenta ya con el visto bueno del ayuntamiento, y gracias a la generosidad popular, el club ha recaudado más de 800.000 pesetas, que se sumarán a las aportaciones de los socios para emprender las primeras obras en este mismo verano. En este aspecto cuentan, además, con la promesa de la dirección general de Deporte de financiar la placa del edificio. El club ha sacado por primera vez la trainera al agua, aunque para ello ha sido necesario formar una tripulación más joven de lo normal”.
 
1995. CONSTRUCIÓN DAS INSTACIÓNS SOCIAIS E DEPORTIVAS DO C. R. ROBALEIRA
Matadoiro Municipal do Muño, en Mazaracos, onde se construirían as instalacións do Club de Remo Robaleira (foto anterior a 1995).
 
No pleno municipal guardés de 7 de xullo de 1995, e despois de duras negociacións acordan ceder o antigo matadoiro municipal de Mazaracos ao Club de Remo Robaleira, para construír as instalacións sociais e deportivas do Club. A base de subvencións, axudas do comercio e a industria, peticións porta a porta, e cunha sacrificada aportación de traballo persoal comezase a primeira fase que consistiu en:
 
Demolición de casetos de patio e adxacentes, retirada de escombros, recheo e nivelación do patio, apertura de 15 zapatas e outros tantos pilares, construción de dous compartimentos estancos desti-nados a fosos de adestramento, rematado e alicatado así como cintado do perímetro do patio e construción dunha placa de formigón de 186 m2, subvencionada polo concello de A Guarda en comisión de goberno do día 20 de xullo de 1995.
 
GASTO TOTAL PRIMEIRA FASE: 5.340.143 PTAS.
RECURSOS PROPIOS CLUB: 3.177.068 PTAS.
SUBVENCIÓN CONCELLO: 2.163.075 PTAS
 
Destacar o xesto do socio Antonio Adrover (O Parejista) que pres-tou 2 millóns de pesetas para o remate destas obras.
 
Dentro da constante dinámica de evolución, a directiva do Club de Remo Robaleira elabora a seguinte Memoria-Proxecto de instalacións:
 
“O Club de Remo Robaleira pretende levar a cabo nas súas instalacións cedidas polo Excmo. Concello de A Guarda, as seguintes obras:
 
1.     Almacén de Embarcacións e Pertrechos.
2.     Ximnasio e Servicios para os Deportistas.
3.     Local Social da Entidade.
 
1.- Almacén de Embarcacións e Pertrechos
 
Dada a envergadura do noso material, a saber: 7 bateis, 1 traíña, 1 traiñeriña, 2 bancos móbiles, 2 embarcacións auxi-liares pneumáticas ademais dunha gamela tradicional e outra en construción, e todo o material de balizamento, seguridade e de reparación do devandito material é imprescindible para o Club un lugar de almacenaxe e invernaxe, para o seu mantemento.
  
2.- Ximnasio e Servicios
 
O Club de Remo Robaleira coma tódolos anos cuns 70 rapaces/as nas categorías infantís, cadetes, xuvenís e sénior. Dádalas características climatolóxicas da nosa zona, moitas tardes vémonos na obriga de efectua-lo adestramento no río (San Miguel, Goián), polo que temos proxectado un foso de adestramento, en condicións reais de auga, corrente, etc... contando para iso coa colaboración dun Enxeñeiro nado na nosa Vila, que o proxectará. Como resto do material de ximnasio o Club conta con dous xogos de pesas e dous ergómetros que nestes momentos se atopan no ximnasio municipal.
 
Ademais nos días de bo tempo e dádalas características estratéxicas do matadoiro á beira do mar, os nosos deportistas poderían saír dende o mesmo coas embarcacións, entrar. e volver ás instalacións para facer uso dos servicios de gardarroupa e ducha que pensamos facer. Isto último estámo-lo facendo nunha casa semirruinosa da rúa Malteses sen auga nin luz, cedida por un Socio do Club. .
 
3.- Local Social
 
Por último, o Club de Remo Robaleira, ten pensado na pri-meira planta, enriba do foso e ximnasio, levar a cabo o seu Local Social para uso dos deportistas, dos seus pais, e dos catrocentos vinte socios con que contamos e que financian so-lidariamente este Club. Cabe lembrar que este Club fomenta o deporte base e non é condición ser socio, nin fillo de socio para utiliza-las instalacións e o material, senón que o desfrute pode ser levado a cabo por toda a colectividade. Ademais dos seus fins estritamente deportivos, o Club de Remo Robaleira fixa como obxectivo fundamental actuar como Entidade Prestataria de Servicios e Organizadora de Actividades de Dinamización Cultural dos seus integrantes. Para isto, instituíuse no seu seo unha Sección Etnográfica, integrada na Federación Galega pola Cultura Marítima, Núm. de Rexistro F.1746, que fixa entre os seus obxectivos, promove-la defensa, difusión, conservación, investigación, recuperación e revalorización da cultura e patrimonio marítimo de Galicia. Contamos para isto cunha Embarcación Tradicional a Vela, Gamela de A Guarda, cedida ao Club tralo Evento Cultural O Son da Terra e outra actualmente en Construción nos Estaleiros da Pasaxe, baixo unha subvención da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia para a recuperación de Embarcacións Tradicionais. Conta tamén este Club coa colaboración de membros da Terceira Idade, como monitores no seu manexo, construción e mantemento das citadas embarcacións e o capital humano dos máis de setenta rapaces e rapazas que forman parte do Club.
 
Esta unión entre a mocidade e a terceira idade é funda­mental, o noso entender, para que non se rache a cadea de transmisión oral, tanto cultural coma técnica, que caracteriza o noso mundo mariñeiro.
 
Polo tanto, o Local Social é imprescindible tanto no eido deportivo, administrativo, custodia de trofeos, lugar de encontro e espera entre os deportistas e seus pais, comité de regatas cando se organicen no noso porto, etc..., como no eido cultu­ral, documentación, sala de reunións, arquivo, etc...
 
Dada a importancia do proxecto e da extraordinaria acollida popular que estamos notando na Campaña de recollida de fondos para a construción das instalacións, xunto cos bos resultados obtidos nos derradeiros dous anos (4° clasificado no Campionato de España de Bateis cadetes, A Coruña 1995), é un requisito imprescindible para o Club de Remo Robaleira contar cunhas instalacións aceptables ao seu nivel deportivo, e dotar así a nosa Vila da representación que se merece entre todos aqueles pobos e culturas que miran ó mar”.
1995/96. Remodelación do matadoiro, e novas obras para as instalacións do C. R. Robaleira.
 
Na actualidade (2019), a ambiciosa anterior Memoria - proxecto das instalacións en 1995, seus fins e obxectivos, na maior parte foron altamente cumpridos e, nalgún caso superados.
2018. Exterior das instalacións do C. R. Robaleira.

Remeiros realizando exercicios na sala de remoergómetro.


Lugar destinado ás embarcacións.


Vista parcial do ximnasio.


Parte dos trofeos conseguidos en distintas competicións polo Club de Remo Robaleira
 
Anos 1996-97-98

I - O REMO NA GUARDA-FUNDACIÓN DO C.   R. ROBALEIRA
II – O REMO NA GUARDA- 1989-90
III – O REMO NA GUARDA DE 1991 A 1994
IV – O REMO NA GUARDA 1995
    
ANO 1996  
Neste ano de 1996, o Club de Remo Robaleira comeza a participar na modalidade de remo de Banco Móvil-Remo Olímpico debido o potencial de remeiro/as existentes, boa organización e interese de superación; incentivado pola participación dos que lograron superar as duras probas de ingreso no Centro Galego de Alta Tecnificación Deportiva de Pontevedra na modalidade de Remo Olímpico. Estarían becados, estudiando e remando neste centro a partir de 1996: Jonathan, Monse, Na­talia, Diego, Victor, Damián, José Daniel, Paula, Conchi, Inés e Óscar ata o ano 2000, participando varios anos coa Selección Galega e Española de Remo Olímpico. Ademais Óscar e Damián participarían na modalidade de remoergómetro, do que a día doxe (2019), seguen competindo a nivel mundial.



Encoro de Castrelo de Miño. Xuño de 1996. As remeiras de Skiff: Noelia, Montse e Natalia (foto Vitoriano).

1996. Deportistas no Centro Galego de Alta Tecnificación Deportiva de Pontevedra na modalidade de Remo Olímpico. Estarían becados, estudiando e remando neste centro a partir de 1996 os remeiros de Robaleira: Noelia-1, Montse-2, Natalia -3, Jo­nathan 4, Diego, Victor, Damián, José Daniel, Paula, Conchi, Inés, Oscar e participan-do varios anos na Selección Galega e Española de Remo Olímpico. Ademais Oscar e Damián na especialidade de remoergómetro, estarían muitos anos mais, competin-do ata a actualidade. Neste ano de 2019 participarían nos Campionatos do Mundo en Los Ángeles - EE.UU. (foto aportada por Natalia).
 


Destacar neste ano de 1996, que o C. R. Robaleira consigue a primeira medalla nun Campionato de España. En Avilés (Asturias), a tripulación feminina infantil/cadete lograría Medalla de Prata (sub-campionas de España) na final do Campionato de España de bateis. Nesa mesma competición, participaría o remeiro de Robaleira, Damián Alonso, cedido a S. D. Tirán de Moaña.


1996, Paula, Lucía Freitas, Sara, Lucía e Celia, adestrando no porto da Guarda, coa lonxa de fondo.
Meira, Moaña, 13 abril de 1996. Tripulación do batel de Robaleira. Iván, (...), Roi, Jo­nathan e o patrón Félix.

Meira, Moaña, 13 Abril de 1996. A afección guardesa sempre destacaba polo seu entusiasmo e alta participación animando aos remeiro/as de Robaleira.
CLASIFICACION TEMPADA DE BATEIS 1996

Campionato Territorial en Meira, Moaña:
– Infantil/cad. Fem.: 10 posto
– Cadete masculino: 6º posto
– Xuvenil masculino: 40 posto
Campionato Galego en A Cabana, (Coruña):
– Infantil/cad. Fem.: 20 posto
– Cadete masculino: 40 posto
Campionato de España, Avilés, Asturias:
– Cadete masculino: 20 posto
          
Avilés, Asturias. Campionato de España de bateis. 28 de Abril de 1996. Regata na que Robaleira conseguiría a súa primeira medalla a nivel nacional. Damián Alonso de Robaleira, remaría na 2ª embarcación de Tirán, (foto cedida por Damián Alonso).
Avilés, Asturias. Campionato de España de bateis. 28 de Abril de 1996.Regata na que Robaleira conseguiria a súa primeira medalla a nivel nacional. Tripulacións infantil/ cadete féminas amosando as distincións gañadas: Inés, Natalia, Anita (ca copa), Pau­la (directiva), Montse, Lucía (co trofeo), Laura, Conchi, Noelia e Paula Simoes.


Febreiro de1996. Adestramentos en duras condicións climáticas de chuvia e frío nas Eiras (Río Miño). As féminas entrenaban na trainerilla pola súa maior capacidade (sete remos). Nesa época as mulleres aínda non podían competir en trainerilla nin en trainera. Na foto de abaixo: a patrona Anita, boga Noelia, Montse, Inés, Sara, Conchi e Natalia.

1996. Trainera Virxe do Carme de Robaleira adestrando no porto guardés.
 
RESULTADOS DE ROBALEIRA NO PRIMEIRO ANO DE PARTICIPACIÓN (1996) EN BANCO MÓBIL
 
Campionato de Galicia:
– Inf. cadete feminino. Doble Scull (2X): Medalla de bronce. Montse e Natalia.
– Cadete masculino. Skiff (X1): Medalla de prata. Jonathan Campionato de España. Mequinenza, Zaragoza:
- Infantil/cadete feminino. Doble Scull (2X): 6º clasificados. Montse e Natalia.
– Cadete masculino. Skiff (1X): Medalla de prata. Jonathan. Copa Primavera. Sevilla:
– Infantil/cadete feminino. Doble Scull (2X): Medalla de bronce. Montse e Natalia.
– Cadete masculino. Skiff (1X): Medalla de bronce. Jonathan
 
RECLAMACIÓN POR DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO NAS COMPETICIÓNS DE REMO
 
Os principios do Club de Remo Robaleira son deportivos, dentro dun ambiente de respeto, camaradería, solidariedade, e que a xuven-tude participe dentro destas virtudes en tempos de alto risco social. Así, facendo defensa destes valores:
 
O 26 de Setembro de 1996, o Presidente, Rubén Muñoz, no nome do Club de Remo Robaleira, e representado polo Delegado Deportivo Emilio Baz Mauri envía unha carta 6 Delegado da Federación Galega de Remo para seu coñecemento e a transmita á Federaci6n Española de Remo, na que reprocha a esas entidades de non estar a altura dos tempos que corren por varias situacións acaecidas de discriminación de xénero cas tripulacións femininas deste Clube.
 
“...no pasado Campionato de España de Bateis, celebrado en Avilés, o C. R. Robaleira clasificouse en 2ª posición na categoría infantil/cadete féminas, acadando o titulo de Subcampionas de España. ¿Cal foi a nosa sorpresa? Que na entrega de trofeos, a todalas categorías masculinas lles deron bandeiras e medallas os campións, pero categorías femininas deberon conformarse cunha copa. ¿Por qué? Acaso as remeiras non entrenan, non teñen que pasar unha regata eliminatoria e clasificarse no Campionato galego? ¿Qué mais deben demostrar? Elas adestran de igual xeito cos homes, teñen as mismas feridas nas mans, adican o mesmo tempo ou mais, 6 deporte é polo tanto o seu esforzo debe tela mesma compensación.”
 
O segundo punto fai referencia a subvención da Copa da Xun-ta de Galicia de Bateis. “O Club de Remo Robaleira recibiu unha circu­lar da Federación Galega de Remo onde se nos comunicaba as axudas que según clasificación recibirían os clubes: 1º 100.000 ptas, 2º 75.000. 3º50.000, 4º, 5º e 6º 20.000 ptas. Para a copa de Sada o C.R. Robaleira participaría con o batel de infantil/cadete féminas. Na reunión de Dele-gados se nos comunica que as féminas que acaden o 1º posto recibirán 20 ou 25.000 ptas. Isto non é serio nin ético. ¿Acaso as mulleres son de-portistas de segunda categoría...”
 
“Por todo o exposto queremos facer chegar a nosa queixa... e que no deporte do remo non existan diferencias sexistas. Señores, a Constitución do estado Español dí que tódolos cidadáns teñen os mesmos dereitos e obligacións, sen ter en conta a súa...Non lle quitemo-la razón si queremos para a nosa xuventude unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e máis solidaria”
 
As remeiras se mostraron desmoralizadas e menospreciadas, polo que en varias ocasións, as tripulacións féminas de distintos clubes, manifestaron a súa disconformidade e subiron ao palco a exhibir camisetas con escritos reivindicando tal discriminación. Parece que o motivo estaba que ata esas datas non estaban establecidas puntua-cións aos bateis de mulleres, aínda que competisen. Polo que para o mesmo sacrificio e logros lles outorgaban algo simbólico por parti-cipación (nestes casos unha metopa de madeira, en vez das regula-mentarias bandeiras ou medallas).

Ría de Vigo. A tripulación da traiña Virxe do Carme de Robaleira acusa o sobresforzo da competición realizada.
 
ANO 1997
 
A Directiva en 1997 estaba composta por:
Presidente: Rubén Muñoz Alonso
Vicepresidente: Antonio Adrover González (O Parejista)
Secretario: Antonino Torrón Fernández
Tesoureiro: Xosé M. Lira Martínez
Delegado: Emilio Baz Mauri
Vocais: F. Antonio González Durán, Anxeles Lomba Peniza, Xesús Verde Rodríguez, Xosé González Adrover, Paula González González, Xosé Manuel Freitas González, Sergio Castro González
Adestrador: F. Antonio González Durán Axudante Adestrador: Paula González González
Directivos do C.R. Robaleira na regata de Cangas. O Presidente Rubén Muñoz con o delegado do Club Emilio Baz, Antonio Adrover (O Parejista)(DEP), tesoreiro Xosé M. Lira (DEP) e os colaboradores Eloy Gómez, Miguel R. Velasco e Victoriano Rodríguez.
1997. Como sempre a afección de Robaleira, animando no campo de regatas do porto de Bueu

1997. Campo de regatas de Bueu. O batel de cadetes de Robaleira realizando a ciaboga (foto Vitoriano).
Castro Urdiales, 1997. A patrona Natalia González Adrover de Robaleira, cedida a Tirán, realizando unha esforzada ciaboga na regata que conseguirían ser Campionas de España en categoría xuvenil/seniors.

Castro Urdiales, 1997. A tripulación de xuveniles masculino de Robaleira composta por Roi, Pedro, Diego, Victor, e Pablito en ple­na regata, que acabarían sendo subcampións de España
Pedro Delafuente, Diego... sacando o batel, axudados polo directivo e gran cola-borador José González Adrover (Pepe Carrín).

Castro Urdiales 1997. Tripulación Juvenil Masculino de Robaleira. Gañadores do se-gundo posto do Campionato de España de bateis: Pablo, Victor, Pedro Delafuente, Roi e Diego.

Castro Urdiales, 1997. Tripulacion Infantil Cadete feme-nino de Robaleira, gañadora do Campeonato de Espa-ña de bateis: Paula Simoes, Lucia Freitas, Anita Alonso, Conchi Adrover e Inés González
RESULTADOS ROBALEIRA EN BANCO MÓBIL 1997 CAMPIONATO DE ESPAÑA - COPA DO REI, SEVILLA 1997
 
– Cadete feminino. Cuatro Scull (4X): Subcampionas. Paula, Inés, Conchi e Esmeralda (cedida por Cabo de Cruz)
– Cadete masculino. Skiff (1X): 30 Posto, medalla de bronce. Da-mián Alonso
Paula Simoes, adestranando en Skiff (1x) nas Eiras, río Miño.
 
No libro das Festas do Monte de 1997, o presidente do Club de Remo Robaleira, Rubén Muñoz, publicaba:
 
“Pero o Club de Remo Robaleira non quere ser só unha entidade deportiva, senón que é consciente dos grandes sacrificios que sofren os tra-balladores do principal sector produtivo de A Guarda: familias carentes da figura do pai por grandes tempadas, desacougo pola incerta situación presente e futura, etc. Todo isto afecta negativamente ás xeracións máis novas e polo tanto existe unha necesidade urxente de establecer medidas incentivadoras e socializadoras dirixidas a este sector da poboación. Neste sentido, actualmente o Club de Remo Robaleira, consciente da importancia da nosa laboura, e sobre todo, porque as nosas actividades van dirixidas 6 sector antes mencionado, debe ser considerado de interese social.
 
...Pese a que Galicia está practicamente rodeada de auga e parece pouco menos que inevitable que proliferen os deportes relacionados coa auga, o sacrificado deporte do Remo é un dos máis librados a súa sorte no noso país. Por iso apoiando 6 Remo estamos dalgún xeito fortalecen-do a nosa identidade”
  
ANO 1998
 
A Directiva no ano 1998, estaba composta por:
Presidente: Rubén Muñoz Alonso
Vicepresidente: Antonio Adrover González (O Parejista)
Secretario: Celso Rodríguez Fariñas
Tesoureiro: José M. Lira Martínez
Delegado: Emilio Baz Mauri
Vocais: Anxeles Lomba Peniza, Xesús Verde Rodríguez, Xosé González Adrover, Paula González González, Xosé Manuel Freitas González, Sergio Castro González, Jonathan Adrover Pereira, Emilio González Adrover, Benigno Diego R. Fariñas.
Adestrador: F. Antonio González Duran
Axudantes Adestrador: Paula González González e Emilio Gon-zález Adrover
Preparador Físico: Pablo del Río Diz  
  
Ante o falecemento do destacado directivo e fundador do club, Tonino Torrón, a Xunta Directiva do Club, acorda en homenaxe ós seus méritos, adicarlle o día 28 de Marzo de 1998 a 1ª Bandeira Memorial Antonino Torrón, coincidindo cas regatas que se ían a celebrar nesas datas no porto da Guarda, (adicación que se seguiría celebrando tódolos anos por esas datas, chegando a este ano de 2019 a XXI Edición).
 
Tamén na data de 28 de Marzo de 1998, na súa homenaxe, bótase un novo batel de fibra de carbono co nome rotulado de Antonino Torrón.
 

Na zodiac o entrenador Antonio Durán e Jonathan, no batel as remeiras: Carmen, Conchi, Inés, Paula e Anita.

As remeiras cadetes Esther, Fátima Velasco e o directivo e gran colaborador Xosé González Adrover(Pepe Carrín) sacando o batel da agua en Chapela.

1998. Nas escaleiras do concello de Castro Urdiales, a tripulación de infantil cadete/ féminas de Robaleira gañadoras do Campionato de España.

 Batel, zodiac, afición e bandeira de Robaleira en A Guía, Vigo. Febreiro 1998.

BANCO MOBIL
 
En 1998 o C.R. Robaleira,aos dous anos do comezo na modalidade de remo en banco móbil, consegue situarse en destacadas posicións, participando en competicións autonómicas e nacionais, con satisfactorios resultados.
Clasificacións Robaleira en Banco Móvil en 1998
4/5 de Abril en Banyoles, Girona OPEN DE PRIMAVERA:
– Damián Alonso en Xuvenil masculino 1X Skiff, 4º final B.
30/31 de Maio en Porto de Mouros, A Coruña VI COPA DE PRI-MAVERA:
– Cadete femenino: Conchi Adover, Paula Simoes en 2X Doble Scull, 2º final A
– Cadete femenino: Inés González en 1X Skiff, 1º final A.
– Cadete masculino: Damián Alonso en 1X Skiff, 1º final A. 11/12 de Xulio, Banyoles, Girona. Campionato de España:
– Cadete feminino: Conchi Adrover, Paula Simoes en 2X Doble Scull, 1º posto.
– Cadete feminino: Inés Gozález en 1X Skiff, 1º posto. – Cadete masculino: Damián Alonso 1X Skiff, 1º posto.
 
RECORTES DE PRENSA:
Faro de Vigo. 2 de setembro de 1998
Ricardo R. Vicente, A GUARDA:
“El remero Damián Alonso Alonso y las remeras Inés González, Conchi Adrover y Paula Simoes, pertenecientes al Club de Remo Robaleira, de A Guarda, han sido convocadas por el seleccionador nacional de remo olímpico (categoría cadete)


Banyoles (Girona), 11-12 de xulio de 1998. Campionato de España de Remo Olímpico. Conchi Adrover e Paula Simoes de Robaleira lucindo as medallas de ouro, ó quedar campionas de España na modalidade de Doble Skull (2X) na categoría de Xuvenís.
para formar parte de la concentración de la selección española de remo que tendría lugar del 12 al 22 del presente mes de septiembre, en las instalaciones deportivas del lago de Banyoles (Girona).
En declaraciones a FARO, Emilio Baz, Delegado del C.R. Robaleira, destacó: «Por primera vez en la corta historia de nuestro club, varios de sus remeros son llamados para formar parte de una concentración de la selección española de remo. Por ello, la directiva se siente orgullosa de la labor desarrollada, puesto que a partir de ahora comienza una nueva etapa para los deportistas.”


Banyoles (Girona), 11/ 12 de Xulio de 1998. Campionato de España: Os remeiros Inés Alonso, Paula Simoes, Conchi Adrover e Damián Alonso, lucindo as medallas de ouro gañadas neste campionato. Por estes resultados irían a competir na Copa do Mundo de Bulgaria en 1999.


Paula Simoes co Skiff en Castrelo de Miño (foto Vitoriano).

Esta concentración era preparatoria para o Campionato do Mundo en Bulgaria, no que participarían en 1999.

Robaleira participando en Banyoles(Girona) en 1998

La Voz de Galicia. Sábado 7 de Agosto de 1999
A Guarda M. F.
“Los palistas del Robaleira retornan el lunes de Bulgaria
Remeros guardeses compiten en el campeonato del mundo
Cinco palistas del Club de Remo Robaleira de A Guarda compiten estos días con lag selección española en el Campeonato delMundo, que se disputa en Bulgaria. Inés. A!onso,. Silvia Pérez, Paula Simoes, Conchi Adrover y Damiiln Alonso
llegaron a este país el día del inicio de las “Festas do Monte» y, con un poco de suerte, regresariln a su término; Quién sabe si con alguna nueva medalla.
Los cinco jóvenes ya habían logrado a principios del verano tres de oro y una ‘de plata en el campeonato de España, que se celebró en Se­villa.
Esta vez, en aguas del Danubio, Damiiln compite en la modalidad de 4—sin (embarcación de cuatro palistas con un remo cada uno); Conchi y Paula, en doble scull (barco de dos palistas, que utilizan dos remos cada uno) é Inés y Silvia, en 4-scull.
Emilio Baz, delegado deportivo del Robaleira, explicaba que el clubtiene previsto organizar una fiesta para recibir a los jóvenes deportistas, porque el mero hecho de que participaran en el campeonato del mundo constituye ya de por sA un logro: «Si era difAcil ser campeones de España, mucho más conseguir las marcas mínimas para poder participar en el del mundo”.

O 5 de Decembro de 1998, o Club de Remo Robaleira recibe a distinción de Guardés de honor 1998, e unha estatuilla de bronce, réplica do Hércules do Trega, de parte de Acigu (Asociación de Comerciantes, Industriales y Profesionales de A Guarda)
Unha parte dos trofeos conseguidos polo Club de Remo Robaleira.


Trofeos e vista parcial do ximnasio.
HISTORIAL DEPORTIVO DO CLUB DE REMO ROBALEIRA A FINAIS DA TEMPORADA DE 2017
 
- Campionato Territorial Sur de Bateis: 18 medallas de ouro, 13 de prata e 13 de bronce.
- Campionato Galego de Bateis: 3 medallas de ouro, 18 de prata e 10 de bronce.
- Campionato de España de Bateis: 13 medallas de ouro, 10 de prata e 8 de bronce.
- Campionato Territorial de trainerilla: 1 medalla de ouro, 1 de prata e 0 de bronce.
- Campionato Galego de trainerillas: 2 medallas de ouro, 1 de prata e 1 de bronce.
- Campionato de España de Trainerillas: 1 medalla de ouro, 0 de prata e 1 de bronce.
- Campionato de España de Banco Móbil: 16 medallas de ouro, 13 de prata e 9 de bronce.
- Campionato Galego de Banco Móbil: 23 medallas de ouro, 8 de prata e 11 de bronce.
- Campionato de España de Banco Móbil: 16 medallas de ouro, 6 de prata e 5 de bronce.
- Campionato Internacional de Banco Móbil: 16 medallas de ouro, 15 de prata e 19 de bronce.
- Campionato do Mundo de Banco Móbil: 1 de ouro.
- Campionato Galego de Remoergómetro: 17 medallas de ouro, 15 de prata e 14 de bronce.
- Campionato de España de Remoergómetro: 6 medallas de ouro, 4 de prata e 2 de bronce.
- Campionato do Mundo de Remoergómetro: 1 de prata, 1 de bronce.
- Campionato Galego de Remoergómetro. Discapacitados intelectuais: 6 medallas de ouro, 11 de prata e 5 de bronce.
-Campionato Internacional de Remoergómetro. Discapacitados intelectuais: 8 medallas de ouro, 5 de prata e 10 de bronce.
- 43 bandeiras: 10 de Campionatos Galegos bateis, 11 de España de bateis, 1 de trainerilla, 2 de traíña e 21 de Liguillas, de Concellos, de Memoriales...
- Sobre 380 trofeos diversos: copas, placas, figuras, diplomas...
- Varios galardóns ao Club e seus adestradores. En dúas ocasións distinguido como mellor Club de España na categoría de bateis.

Unha parte das bandeiras gañadas en distintos campionatos locais, territoriais e de España.

Se calculamos que a relación anterior é por embarcación gañadora, onde competían varios remeiros, aos cales se lle impuñan unha medalla a cada un e, en casos, outra para o adestrador e o club, podemos facer un cálculo aproximado de que fóronlle entregadas e colgadas ás distintas tripulacións do C. R. Robaleira durante asúa historia deportiva unhas 2.100 medallas.

Salón de actos. Ao fondo, parte dos trofeos gañados e fosos de adestramentos a cuberto
 
Á parte do mérito deportivo e de recuperación dunha tradición mariñeira, valorar o gran labor social desenvolto por este club, xa que en tempos de altísimo risco para a xuventude, tivo doutra maneira “enganchados” tempada tras tempada a centos e centos de rapaces e rapazas desta zona neste nobre deporte, onde se convivía nos valores da: participación, respecto, disciplina, solidariedade, camaradaría... Por todo iso, os guardeses e os da contorna, nos sentimos orgullosos e agradecemos ó Club de Remo Robaleira polo meritorio labor social desenvolto e polos extraordinarios resultados deportivos acadados
   
Victoriano Rodríguez 2019
Regreso al contenido