O apelido Adrover - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

O apelido Adrover

PUBLICADAS
por Antón Ferreira Lorenzo
A orixe deste apelido na Guarda, explica o mencionado Lomba Alonso, remóntase a 1880. Nesta encóntrase cumprindo o servizo militar no barco “Trincadura Centinela”, nas augas do río Miño, un tal Pedro Adrover Pousada, natural de Villajoyosa (Alacant), sde 20 anos de idade, fillo de Jerónimo e Manuela, os dous da localidade alacantina.

Este Pedro Adrover, casou pronto coa guardesa, Rosa Rey Táboas, filla de Bernardo Rey Sastre y Sereno e de Rita Táboas.

Do matrimonio de Pedro Adrover con Rosa Rey, naceron quince fillos, dos que tres morreron sendo nenos. Cando o “tío” Pedro finou, o 25 de outubro de 1932, deixaba vivos quince fillos: Carolina, Valentín, María, Marcelino, Ramón, Estefanía, Cándida, Isabel, Bernardo, Rita, Jerónimo e Castro.

Nas partidas de nacemento destes fillos, nados na rúa da Trinchera, Malteses, Rosa, Baixo Muro e a Cal, encóntrase as seguintes variacións.Adroguer, unha vez; Adrover, seis veces; Androver, unha vez; Aldrover, cinco veces; Aldrobé, unha vez, e Aldobé, unha vez.

Pero danse outras variacións curiosas. Por exemplo, a primeira filla, Carolina, aparece no Rexistro Civil como Adroguer; na partida de bautismo, é Androver, e na súa defunción (26/02/1946) como Adrover.

Outro caso. A Isabel, no Rexistro Civil inscríbena como Aldrover, e ao casar (12/06/1915), aparece como Androver. E podíamos seguir.
As causas destas anomalía hai que buscalas, por unha parte, na mala información das persoas que ían a declarar os nacementos, coma avós ou veciños. Por outra, nos rexistros civís tomábanse por este tempo os nomes de oído, e diante da mala pronunciación do declarante e sen a ulterior comprobación do escribinte, motivaron estas diferenzas actuais que, previo un expediente, se poden subsanar. Nembargantes, hai que facer notar que o “tío” Pedro cando foi a declarar o nacemento de algúns dos fillos, sempre dixo Adrover.

Para estar máis seguros da verdadeira grafía do apelido, o concello de Vilajoyosa, nun oficio remitido, sinala: Negociado: secretaría. Número 506. En atención a su carta del actual, he de significarle que el apellido existente en este término municipal es únicamente Adrover, sin que exista ninguna de las variaciones que en su carta expresa. Villajollosa a 27/01/1972. El secretario”.

Publicado o 11 de febreiro de 1992

Jerónimo Adrover, fotografado en maio de 1991 (Foto Antón Ferreira)

No ano 1992, a xuíz de primeira instancia, encargada do rexistro civil de Tui, Rosa María Freire Pérez, fai público o expedientegubernativo de rectificaciónb de erros materiais cometidos en diversas inscricións de nacemento e matrimonio, obrantes no Rexistro Civil da Guarda. O expediente afecta ao apelido Adrover, nas súas diferentes variacións, para substituílo por unha única forma: a de Adrover.
 
Trátase dun apelido de orixe alacantino con diferentes escritas, explicadas xa en 1972 por José Luis Lomba Alonso nun traballo publicado no Libro-programa das Festas do Monte. “Actualmente na Guarda, principalmente nol barrio mariñeiro, abunda muitísimo o apelido Adrover. Se calqueira de nós preguntasemos aos interesados como é o seu apelido, uns dirán que Adrover; outros, Aldrover, como regra xeral”. E contionúa o estudoso guardés,. “Se se indaga máis, nos seus carnés de identidade, partidas de nacemento, actas matrimoniais, bautismos, e actas de defunción, tamén aparecen estas variacións mencionadas”.
 
Non é nada estraño que dous irmáns teñán distinas grafías para o que tiña que ser unha mesma forma de apelido, aínda que tan legal sexa unha coma outra, porque así constan no Rexistro Civil.
 

Regreso al contenido