Nupcia - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Nupcia

COMARCA
“Nupcialidade no Concello de A Guarda: 1960-1999”
por Xurxo Chirro
 
 
                       De seguido presentamos unha táboa que recollen as nupcias celebradas no rexistro civil do Concello da Guarda; o obxectivo é coñece-las tedencias nupciaís do noso vencindario, pois de sempre escoitamos o sonsonete de que a sociedade miñota (guardesa e rosaleira) é bastante endogámica, ou sexa tende contraer matrimonio dentro do mesmo vecindario e incluso con parte da familia máis ou menos próxima; pero atopamonos coa sorpresa de que os datos estadísticos non dan razón ó sonsonete popular.
 
                       Os datos recollidos van dende o ano 1960 ata 1999; recollemos a totalidade de nupcias rexistradas no xulgado de paz do Concello da Guarda, logo separamos tres grupos:
 
1.      Matrimonios entre veciños miñotos (guardeses e rosaleiros).
2.      Matrimonios entre miñotos e outros veciños da comarca.
3.      Matrimonios entre miñotos e xentes alleas á nosa comarca.
4.      Ambolos dous grupos conteñen tanto a cantidade coma unha porcentaxe sobre o total das nupcias rexistradas.

                       Dende un comenzo vemos que hai unha tendencia constante e continua no tempo na que as nupcias con xentes alleas á Guarda van representando unha porcentaxe maior dende o mínimo do ano 1.960 ata o máximo do ano 1.994; pero xa dende a décado dos anos ’70 estas nupcias con xentes alleas ó vecindario xa representan máis da metade, este proceso asentase e continúa crecendo ata hoxe. Conclusión a sociedade guardesa é unha sociedade aberta ós novos veciños; polo tanto o sonsonete antes mencionado poido ser certo na primeira metade do século XX e durante o XIX, pero hoxe en día é un tópico do pasado, pero aínda así e todo non mo creo, dada a presencia nas terras miñotas de certos apelidos de orixen levantina presentes dende a segunda metade do século XIX: Uris, Adrover, Mauri,...                       
 
                       Durante as décadas dos ’60 e ’70 hai unha estabilidade cuantitativa nas nupcias entre os veciños miñotos no entorno de 1/7 das nupcias; pero logo dende os comenzo da década dos ’80 xa hai un salto cualitativo cara adiante, así a partires destas datas estas nupcias representan con moita estabilidade no tempo que entorno a 1/5 das nupcias totais son entre miñotos; este salto cualitativo acontece cando comenza a progresar cara arriba o nivel académico dos mozos e mozas miñotas, ¿cántas parellas terán a súa orixe na Sangriña?. Polo tanto non extraña nada a cada vez maior cohesión social que hai entre A Guarda e Rosal.
 
                       Na segunda metade da década dos ’90 é cando comenza a tomar relevancia as nupcias de miñotos con veciños dos outros concellos da comarca; dende a década dos ’80 o proceso xa viña medrando paseniñamente, pois con anterioridade este grupo era minoritario dentro da nupcialidade.
 
                        Prácticamente dende 1.968 ata hoxe, as nupcias con xentes alleas á nosa comarca representan 1/5 das mesmas, coas excepcións de varios anos dentro deste periodo computado, tamén existe a excepción do ano 1.994 onde o 40% das nupcias pertencen a este grupo. Sorprende un pouco isto, agora xa non hai telleira, frota pesqueira con base en Alxeciras, nin servizo militar,... simplemente é o resultado da emigración de poboación nova e moi ben preparada a outras áreas peninsulares e das illas, onde si teñen unha oportunidade acorde coa súa preparación académica.
 
                       Fallan os datos do rexistro civil do xulgado do Rosal, esperamos un pouco máis de cooperación do funcionario ó cargo, entendemos que estes datos estadísticos deberían ser realizados por este persoal, ¡pero están tan ocupados!
  
Regreso al contenido