Manuel Gándara Fariñas - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Manuel Gándara Fariñas

ARQUIVO
Manuel Gándara Fariñas
Por José A. Uris Guisantes
 

Manuel Gándara Fariñas, xullo 2011. Fotografía de José A. Uris.

Nace na rúa Largo (Laxe Grande) un 27 de marzo de 1927, fillo de Perfecto Gándara Álvarez e Josefa Fariñas Lomba. Seu pai era da saga dos Manuelons tamén coñecidos como Os Gándara. Tiveron os seguintes fillos: Manuel, Celia, José Mª e Concepción Gándara Fariñas. José Mª de mozo emigrou a Zaragoza e mais tarde, durante a guerra incivil pasou a Barcelona, onde a familia lle perdeu o rastro, non sabendo nada mais acerca do sucedido.
 
Manuel foi alumno do mestre don Manuel Rodríguez Sinde. Unha vez fixo as primeiras letras pasa a traballar en Castela como peón (Aranda del Duero, Valladolid, Soria e Guadalajara), en obras públicas, estradas, colexios, etc., promovidas polo exército. En Castela colle o mal do pulmón polo que regresa a seu pobo para tentar curarse. Ingresa no Hospital do Rebullón (Puxeiros-Mos) nos anos corenta, elí atópase con don Ermelindo Portela, tamén a recuperarse do mesmo mal. Foi atendido polo especialista don Félix Lobo de la Rúa que era ademais director do Hospital. Como é sabido o Rebullón pasou despois a ser un Centro de Tratamento e Internamento Psiquiátrico.
 
Comezou logo a traballar de conserxe no local do Frente de Juventudes da Falanxe local que estaba na rúa Joaquin Alonso (despois de acodir a Madrid a facer un curso de formación). Estaba de xefe local o mestre don Francisco López Moure e de xefe de centuria o mestre don José Couto Díaz. Neste local botou tres anos para logo casar con Isabel Pérez Santiago de A Gándara, pasando a traballar no Bar Celta. Fruito do matrimonio foron Aida e Benjamin  Gándara Pérez. Isabel faleceu en 1994 no domicilio da Praza de A Guía.  
 
Un 16 de xuño de 1957 comeza como conserxe na Sociedad Recreo Artístico Guardés, abonando un traspaso ao anterior, Julio Pazos Otero.
 
4 de outubro de 1957. Licencia Fiscal- Altas por Industrial. Manuel Gándara Fariñas c/ Vicente Sobrino nº 23. Bar en la Sociedad Recreo Artístico Guardés.  Concedida el 16 de octubre de 1957.
 
Nos meses do veran quedaba na sociedade súa esposa, pasando él a servir mesas no Hotel Pazo Santa Tecla ao que acodía a pé. Era presidente do Recreo, Manuel Martínez Español Polis. En 1959 a sociedade debe abandonar o local que ocuparon durante moitos anos mandado construir ex profeso por don José Bernardo Alonso Martínez, pero ca cesión do edificio por parte do bispo de Tui-Vigo aos Somascos, estes deben tomar posesión para levar a cabo as clases no novo colexio.
 
O presidente, Manuel Martínez Español acorda con Francisco Sobrino Rodríguez alugar unha pranta do edificio que Francisco estaba construíndo na rúa José Antonio (hoxe rúa Galicia) e pasa de seguido ó Recreo para esa nova sede. Os bailes van celebrarse durante uns anos no Teatro Cine Avenida, os que segundo Manolo foron dos mellores e mais divertidos que lembra.
 
En 1961 o Recreo volve a cambear de sede social, desta vez pasa a un baixo propiedade de Manuel Diaz González Ligero, ainda que figuraba como dono Arístides Moreira Portela, pois Ligero andaba naquela mergullado no negocio da zocata. Seguía de presidente Manuel Martínez Español. En 1967, sendo presidente Benito Pacheco Cadilla, Manolo deixa o Recreo para independizarse.
 
Uns anos antes o propio Manuel Martínez Español que era 1º tte de alcalde propuxo a Manolo que súa esposa pase nos meses de verán a coidar das recentes casetas de baños construídas polo Concello, xunto a unha pequena cantina.
 
Pequena construcción feita en 1962 en terreno público polo Concello, con tres casetas para bañistas e a esquerda unha pequena cantina que explotaba sua esposa, Isabel Pérez Santiago, mentres Manolo seguía no Recreo Artístico Guardés. Fotografía de Manuel Gándara Fariñas.
 
----------------------------

Outro aspecto da Cantina e casetas, cas mesas e sillas en 1962. Podemos ver a Isabel na esquina da Cantina con unha diadema no pelo. Fotografía propiedade de Manuel Gándara Fariñas.
 
------------------------------
 
16 de xullo de 1963. Ministerio de Obras Públicas. Jefatura de Puertos de la Provincia de Pontevedra. Vigo. Oficio nº 1272. al Sr. Alcalde de La Guardia.
 
Edificio de Planta Baja destinada a Bar, que pretende construir en Arena Grande, La Guardia, Manuel Gándara Fariñas.
 
Por esta Jefatura se interesó de Manuel Gándara Fariñas la presentación de un croquis detallado del terreno en que pretendía construir un edificio de planta baja destinado a Bar, y la autorización por escrito del Ayuntamiento de su digna Presidencia para ocupar los terrenos, si son propiedad de aquel Ayuntamiento.
 
Por ese Ayuntamiento ha sido remitida una certificación en la que se hace constar que el terreno del fondo de la playa de la Arena  Grande, y sus laterales, son de la propiedad municipal. Del examen del croquis presentado por el peticionario y del terreno objeto de la petición, no aparece con claridad la presunta propiedad del Ayuntamiento sobre dichos terrenos, ya que su apariencia es la de terrenos de dominio público de la zona marítimo terrestre.
 
Sobre dichos terrenos aparece construída una carretera de bajada a la playa de la que en el archivo de esta Jefatura no aparece constancia de la autorización para su ejecución. Por ello, ruego a VS tenga a bien, para poder resolver la petición de referencia, hacer constar la  Corporación o Entidad que realizó dicha carretera y los títulos en que el Ayuntamiento funda la propiedad sobre los terrenos en cuestión. Dios guarde a VS  muchos años. El Ingeniero Jefe de Puertos.
 

Restaurante Roca-Mar na praia de Area Grande, propiedade de Manuel Gándara Fariñas e sua esposa inaugurado en 1964. Fotografía de Manuel Gándara.
 
-------------

O Restaurante Roca-Mar na praia de Area Grande foi construído nunha leira mercada a  familia de Santiago Martínez Santiagón chamada Campo das Canas, sendo o médico Urbano Martínez Rodríguez quen negociou o precio e venta, primeiro pedía 300.000 ptas e logo quedou en 60.000 ptas. O restaurante foi construido pola empresa Cividanes Martínez S.L. da Guarda, popularmente Pechos Amarillos, por 160.000 ptas
  

Restaurante Roca-Mar na praia de Area Grande en 1966, tamén alugaban cabinas para cambearse, duchas, antucas (sombrillas) e sillas.Fotografía cedida por Manuel Gándara Fariñas.
 
--------------------
 
Panorámica do Restaurante Roca-Mar en 1964 e aspecto da praia de Area Grande. Podemos contemplar  una parte do Campo das Canas da familia Martínez Rodríguez Santiagons. Esta fotografía debeu ser tirada pola tarde. Fotografía de Manuel Gándara Fariñas.

--------------------------
 

Folleto de propaganda do Restaurante Roca-Mar en 1964.
 
-------------------
 
Regreso al contenido