Manifestacións mariñeiras na defensa dos caladoiros de pesca
Por Victoriano Rodríguez
Flota pesqueira no porto de A Guarda sobre 1920 (foto do arquivo de J. A. Uris. Autor: Mariano Jimenez Hueto)
Como pode verse na foto superior, o porto da Guarda foi base dunha importante frota pesqueira de costa e de baixura cando os caladoiros de pesca eran libres. A medida que nas costas onde historicamente se pescaba como en Portugal e Marrocos que limitaron substancialmente as capturas, os armadores guardeses facendo honor a súa condición de emprendedores, renovan a flota adaptándoa a altura e gran altura, faenando na actualidade en case todos los mares e océanos do mundo. Máis mérito dos homes do mar da Marina, foi e sigue sendo, que dispoñendo dunha gran flota, sen ter caladoiros propios, nin dun porto de refuxio seguro, e sen infraestruturas de descarga/venta e avituallamentos souberon adaptarse e progresar.
1979 .Multitudinaria manifestación na Guarda, con peche do comercio e a industria (camións de Riego, de Lomba…, bus de Pirucho…) en defensa da pesca no caladoiro de Portugal. Despois desta manifestación asinaríase entre España e Portugal un acordo-marco no que podían faenar 305 barcos españoles (arrastreiros, volantas, palangre e palometeros), dentro do límite das doce as duascentas millas, e a 126 (arrastreiros, enmalle e cerco) para a zona das seis as doce millas.Estas licencias serian sorteadas entre todas as embarcacións que antes faenaban nesa costa. A partir de 1980, os sucesivos acordos foron dunha constante redución de cupos de barcos e de tonelaxe na costa portuguesa, o que obrigaría a moitos barcos a adecuarse e desprazarse o abundante banco pesqueiro Canario/Sahariano, que tamén co paso do tempo comezarían a ter serias dificultades.
Acordos pesqueiros con Marrocos
2 de setembro 1995. Manifestación da Plataforma de sindicatos, cofradias, mariñeiros,armadores, asociacións comerciais...
da Guarda, pola suspensión das licencias de pesca con Marrocos. (foto Vitoriano)
Resumen das relacións pesqueiras con Marrocos:
Nos anos setenta Marrocos tiña un pequeno sector de pesca, polo que España dispuña libremente desas costas para pescar, pero dende 1973 o status cambiaría a favor de Marrocos no momento en que declara o límite das súas augas en 70 millas para delimitar a súa Zoa Económica Exclusiva (ZEE).
Pero foi en 1981 cando o Reino de Marrocos tomou a decisión de declarar como Zona Exclusiva de Pesca de Baixura as 200 millas, polo que os barcos estranxeiros debían proverse dunha Licenza de Pesca en Marrocos, e que afectaba a unha ampla zoa de pesca onde os barcos portugueses é españois pescaran libremente durante centos de anos.
O goberno español autoriza a creación de empresas conxuntas entre ambos países, plasmado no RD 2517/1976 do 8 de outubro.
O Primeiro Acordo de Pesca España/Marrocos tivo lugar en 1969, que permitía faenar de 0 a 12 millas. Ata as 3 millas, con palangre de fondo e de superficie e redes de cerco para boqueróns.
-De 3 a 6 millas, para pesca de arrastre e de cerco con límite máximo de 50.000 Tb.
-De 6 a 12 millas, para toda crase de artes e conforme os dereitos históricos.
O Segundo Acordo de Pesca tivo lugar en 1979 (por 5 anos) que delimitaba a Zona Norte de Cabo Nun y Costa Mediterránea de Marrocos. Recollía que a flota pesqueira española podía pescar ó arrastre con un límite de capturas dun máximo de 32.500 Tb. A pesca do cerco con máximo de 3.500 Tb e de 7.554 Tb para os palangreiros e outras artes de pesca.
Mais a Zona Sur do Cabo Nun. Os barcos dedicados a pesca da sardiña tiñan o límite de 7.240 Tb, a flota artesanal de 5.000 Trb é a pesca de cefalópodos de 18.341 Tb. Este acordo non chegou a entrar en vigor debido aos problemas derivados dos enfrontamentos entre o Fronte Polisario e reino de Marruecos. Neses anos España tiña na zoa preto de 900 barcos de arrastre e arredor de 250 barcos dedicados a pesca artesanal.
Mapa do banco Canario- Sahariano, onde tradicionalmente pescaron os barcos guardeses
Asinouse outro Acordo Transitorio o 29 de xuño de 1979 que tiña unha duración de tres meses, que se iría renovando cada certo tempo.
O Terceiro Acordo de Pesca España Marrocos ( último entre as dúas partes) tivo lugar o 1º de agosto de 1983 (BOE 11/10/1983) que abranguía as Zoas de Pesca de:
-Zona Norte de Cabo Nun y Costa Mediterránea para pesca con volantas, trasmallo e arrastre a partir das 12 millas. Con palangre no Atlántico a partir de 6 millas.
Con palangre, trasmallo e volanta na Costa Mediterránea a partir das 3 millas e con redes de cerco a partir de 1 milla.
-Zona Sur de Cabo Nun. Pesca o cerco da sardiña e pesca artesanal a partir de 1 milla. A pesca da pescada negra e cefalópodos a partir das 6 millas.
-Zona entre Larache e Tánxer. Pesca dentro das 6 millas reservada para os pescadores marroquís, agás os barcos españois dedicados a pesca con redes do cerco.
Porto de Alxeciras po los anos setenta/oitenta, flota de volanteiros/molleiros e trasmalleiros que faenaban na costa marroquí. Moitos deles da Guarda como o Rosa Barcia, Estrella do Mar, Ana Lidia… A día de hoxe ese lugar está sen apenas actividade, sendo a explanada aparcamento de coches e autobuses.( Foto de José Pino en Barcos da Guarda)
No momento en que España entra na CEE en 1986 as competencias de pesca pasan a Unión Europea.
O 25 de febreiro de 1988 a Unión Europea (EU) negocia e asina o primeiro acordo de Pesca por catro anos, no que Marrocos recibe 10.200 millóns de pesetas anuais da CEE e 2.800 millóns, de parte dos armadores que faenaban na zona magrebí a cambio de 83.254 toneladas de capturas.
Este acordo supuxo a redución do 40% da flota pesqueira española e aumento dos canons a cobrar por Marrocos nun 70%.
Nos primeiros acordos os barcos españois debían levar a bordo a dous mariñeiros marroquís co fin de que se formaran a bordo.
En maio de 1992 a EU asina un novo convenio de pesca con Marrocos por outros 4 anos, limitando as licencias a 534 pesqueiros, e a un rexistro bruto de capturas de 87. 087 toneladas
En Bruselas, os días 18, 19 e 20 de Xaneiro de 1994 a Comisión Mixta CEE-Marrocos, acorda unha serie de puntos respecto a flota que faena no caladoiro marroquí:
-Os armadores poden solicitar licencias trimestrais,
-Declaracións reais dos tonelaxes, e especie capturada.
-Embarque de observadores científicos e de mariñeiros marroquís.
- A delegación marroquí apraza a prohibición das redes de monofilamento (tanza) ata Agosto dese ano (1994).
-Descanso biolóxico para Celopodeiros, Arrastre Demersal e Arrastre Peláxico en tres meses en 1994 ( marzo, abril e outubro). Para o resto das modalidades de pesca non se modifica o descanso.
-Maior control nas declaracións da pesca do atún.
-Control de entradas e saídas da zona de pesca marroquí
O 1 de maio de 1995, un ano antes do seu vencemento e o non haber acordo nas negociacións entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos sobre renovación de licencias de pesca, a flota que faenaba no caladoiro marroquí cesa a su actividade . Nesas datas a Secretaria General de Pesca Marítima e a Dirección General de Estructuras, dictan unha Orden de axudas a armadores afectados pola inmobilización dos seus buques de pesca, tramitadas a través das Cofradías de Pescadores e Asociacións de Armadores. Xorden manifestacións e protestas nos portos españois e galegos, bloqueo de portos e presións para retrasar as vacacións dos marroquís que viñan a Marrocos a través de España.
2 de setembro 1995. Manifestación da Plataforma de sindicatos, cofradias, mariñeiros, armadores, asociacións
comerciais... da Guarda, pola suspensión das licencias de pesca con Marrocos. (foto Vitoriano)
O 13 de novembro de 1995 a Unión Europea (EU) asina outra renovación de Convenio de Pesca con Marrocos, que permite faenar no primeiro ano a 590 barcos e no último a 424, con unha cota de pesca de 63.412 toneladas o primeiro ano, diminuíndo progresivamente a 48.040 o cuarto ano. Acordo a cambio de 80.000 millóns de pesetas en dereitos de pesca.Este acordo finalizaría o 30 de novembro de 1999
O 28 de xullo de 2007, a UE e Marrocos cerran un acordo de pesca que permite faenar a 119 pesqueiros comunitarios nos caladoiros marroquís a cambio de 161 millóns de euros. Este longo e custoso acordo siria asinado en xullo de 2006 e rubricado por Mohamed VI en febreiro de 2007, que entraría en vigor. Despois de 8 anos, este novo acordo permitiraa volver a faenar nos caladoiros marroquís en maior medida a flota de Cádiz.
En 13 de xullo de 2011, volven a asinar unha prorroga provisional do acordo, hasta o 27 de febreiro de 2012. En decembro de 2011, a UE comunica a interrupción do do acordo por consideralo non rendible.
Despois de dos anos sen convenio, en febreiro de 2014, a Cámara de de Conselleiros do Parlamento marroquí, aproba un novo acordo pesqueiro con a Unión Europea.
Con todo este tremendo panorama a flota guardesa tivo que buscar alternativas de sobrevivencia, pondo unha vez mais os nosos homes do mar a súa demostrada capacidade luchadora e emprendedora, despois de ter que abandonar os históricos caladoiros de Portugal, Marrocos… buscando outros polos mares e océanos de todo mundo, reconversión da flota, aumento de tonelaxe reducindo o número de barcos, pre xubilacións de mariñeiros…,
Dende a entrega secretamente pactada, en 1974/75 por parte do Goberno Español a Marrocos ea Mauritania do Sahara Occidental, onde se faenaba libremente no abundante banco de pesca Canario- Sahariano, a día de hoxe, os nosos gobernantes non deron a “talla”ante a EU, nin ante Marrocos, na defensa dos intereses dos pesqueiros españois en xeral, e da flota guardesa en particular nos caladoiros, hoxe marroquís.
Porto da Guarda en maio de 2014 (Foto Vitoriano)
Na actualidade, moitos menos barcos e con tripulacións doutros países: marroquís, caboverdianos, chilenos, ecuatorianos, peruanos, indonesios… barcos que ademais xa fan base noutros portos. Estampas como a foto que encabeza este escrito, onde o porto estaba repleto de pesqueiros, ou como cando a flota viña a terraa desfrutar das festas do Carme e do Monte, xa non se ven. En décadas pasadas, aquela importante flota acondicionada para distintas artes de pesca, foi a dinamizadora da prosperidade da Marina e xeneradora de progreso e de postos de traballo na zona da Guarda e contorno. Con este panorama, futuro incerto para as novas xeracións da Marina, estancamento e retroceso nas actividades comerciais,industriais e de servizos da Guarda en xeral.