Lomba Trigo - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Lomba Trigo

Arquivo 2021
Francisco Lomba Trigo
Delegado Local da Hermandad de Donantes de Sangre (1977-90)

     
Francisco Lomba Trigo nace en Salcidos o 21 de outubro de 1921, fillo de Ramón e  de Enriqueta.
    
Cásase o 7 de xaneiro de 1954 con Magdalena Martínez González
do Camiñeiro de A Gándara, lugar onde pasaría a vivir na Praza dos Seixiños, ata o seu finamento o 15 de outubro de 1990. Deste matrimonio terían as súas tres fillas: Mercedes Merchi, Argentina Tini e Magdalena Lena.
 
O motivo deste escrito no libro programa da Festa das Mercedes de 2016 en memoria deste destacado veciño da Gándara, é de  recordo e homenaxe polas súa virtudes de persoa solidaria e desprendida na axuda a os demais, nun terreo tan vital como o da saúde.
 

Foto do casamento de Francisco Lomba na Lomba Trigo e Magdalena Martínez González
celebrada na Iglesia Parroquial de San Lorenzo de Salcidos o 7 de xaneiro de 1954

Comezaría Lomba a traballar na fábrica das Cachadas no ano 1937 ata a súa xubilación en 1986 estando 48 anos nesta empresa situada na Gándara.
 
Un dos méritos deste veciño fora a súa dedicación de  practicante. Actividade que consistía maiormente en pinchar inxeccións aos veciños, tanto a domicilio, se non se podían desprazar, como na súa casa dos Seixiños. Eran tempos que non existían os Centros de Saúde e apenas practicantes titulados, polo que en cada pobo había un manitas.

Recordamos con gran afecto a estes serviciais veciños:
Gándara, Serafín O Sordo en Pías,
Orosia no Castro,
Uris na Guarda…

A principios dos anos setenta. Francisco Lomba, súa dona Magdalena Martínez nunha boda con súas fillas Merchi, Tini e Lena
 
Lomba compaxinaba este labor no tempo libre que lle quedaba do seu traballo nas Cachadas, tanto que no tempo da comida (1 hora) comía rápido, súas fillas tíñanlle as xiringas e agullas fervidas (esterilizadas) e na súa bicicleta de camiño ao traballo, xa pinchaba a domicilio a varias persoas imposibilitadas. Súa casa era como un consultorio, a onde recorrían os veciños na prestación deste vital servizo. Era chamado nas emerxencias veciñais de enfermidades ou accidentes, xa que nestes casos, alguén se tiña que desprazar a Guarda a avisar a D. Ramón ou a D. Rafael para que acudisen en axuda do enfermo, ou si se podía levalo nun coche dun veciño a súas consultas ou vivendas dos médicos, para desde alí, según o caso marchar no mesmo turismo a toda velocidade sacando un pañuelo pola ventanilla para un Hospital de Vigo, xa que daquela non había ambulancias.

Instrumental utilizado por Lomba, durante o tempo adicado a pinchar inxeccións pola veciñanza. Arriba equipo utilizado para as persoas e o de abaixo para veterinaria.
 
Na fábrica das Cachadas onde traballaba, era enviado a acompañar aos accidentados ou enfermos ata os Hospitais de Vigo ou Pontevedra.   Como anécdota que el contaba,  que hasta na noite da súa voda, aconteceu unha emerxencia e tivo que saír a prestar servizo a un veciño necesitado. Dicir, a favor da calidade humana de Lomba, que  toda esta humanitaria dedicación era desinteresada e non cobraba nada.
 

Francisco Lomba levando da man a  súa filla Merchi na procesión das Mercedes de 1960. A dereita a súa vivenda. Detrás de Lomba, Alfonso Silva outro prestixioso practicante veciño da Gándara.
 
As súas inquedanzas no tema sanitario e, ante a precariedade existente na comarca do Baixomiño, lévano a ser un dos máis activos defensores da reivindicación na consecución de melloras sanitarias para a zona ante as autoridades políticas e sanitarias. Aproveitando o peso e prestixio que tiña por representar a Delegación de Donantes de Sangre de A Guarda e O Rosal, recoñecida como unha das mellores do Estado, reclama un Centro de Saúde, conseguindo que en 1982 se habilite aínda  de maneira moi precaria, o primeiro Centro de Urxencias, no primeiro piso da Casa do Pescador, que había que subir aos pacientes nunha cadeiraa polas escaleiras do Muro, con un vello aparato de raios X doado, turnándose tres médicos enviados polo INSALUD, sendo o director D. Joaquín Lemos Zunzunegui. Despois ca construción da Casa do Mar, unifican nese edificio todos os servizos médicos. E a principios dos anos noventa, xa o SERGAS pon en funcionamento o actual Centro de Saúde.
  
Francisco Lomba Trigo, pasa a formar parte como voluntario na Hermandad de Donantes de Sangre de Vigo -de ámbito provincial- no ano 1977, ata seu falecemento en 15-10-1990. Sendo nomeado Delegado da Guarda e O Rosal a petición do Presidente D. Ricardo Torres Quiroga. Destacar tamén a figura de Ramón Otero Otero (Ramón  da Fenosa) de Salcidos, falecendo  en accidente laboral o 20 de xaneiro de 2000. Ramón sería un dos mais activos colaboradores de Lomba. Durante estes trece anos a Delegación que  Lomba coordinaba foi distinguida en múltiples ocasións, tanto polos poderes políticos, sanitarios, medios de comunicación, veciños da bisbarra… como de seguido veremos.
                  

Francisco Lomba Trigo dirixíndose a Asamblea de Donantes de Sangre, no centro o Presidente provincial Don Antonio Álvarez Ferreiro.
A “Hermandad de Donante de Sangre de Vigo”, fundouse  en novembro de 1972. Nacía con os principios e finalidade do  articulo 2° dos seus estatutos:
 
* El decidido interés de sus promotores de fomentar los hábitos de solidaridad social y contribuir a estimular la hemodonación altruista.
*Su propósito es agrupar a todas aquellas personas que, sintiendo el espíritu de fraternidad humano y solidaridad social, estén dispuestos a donar periódicamente un poco de su sangre en beneficio de los dernásSon fines y objetivos fundamentales de esta Hermandad: Cubrir total y plenamente con donaciones las necesidades de sangre de los Hospitales y Clínicas de la Seguridad Social y de los enfermos de la Seguridad Social asistidos en plazas concertadas en otros Hospitales o Sanatorios.
*Facilitar sangre progresivamente a todos los Hospitales, Sanatorios y Clínicas que Ia precisen y deseen esta colaboración, siempre que garanticen la absoluta gratuidad de la sangre ofrecida.
*Fomentar el espíritu de solidaridad y de hermandad entre los diferentes estamentos de la sociedad, sin discriminación alguna, procurando especialmente crear lazos de comprensión, de interés y de autentica cooperación entre los beneficiados de la asistencia sanitaria y los grandes centros hospitalarios de la Seguridad Social.
Su domicilio inicial, se establece en la Residencia Sanitaria “Almirante Vierna” de Vigo.
El ámbito territorial de acción prevista para sus actividades comprende en modo especial a Vigo (Pontevedra y su provincia).
           
Sendo seu primeiro presidente D. Ricardo Torres Quiroga, dende 1972 ata 1978,  e a partires desta data  D. Antonio Álvarez Ferreiro
 
En Decembro de 2005, a Hermandad foi trasladada ao Hospital Nicolás Peña con domicilio en Av. Camelias, 109 Vigo.
 

Campaña de captación de doantes de sangue na Guarda. Francisco Lomba acompañado dun equipo de voluntarios,
ao seu lado o eficaz colaborador Ramón Otero de Salcidos Ramón da Fenosa.
 
O autobús habilitado como Unidade Mobil para as extraccións de sangre viña trimestralmente  A Guarda, situándose no Centro Sanitario (hoxe Centro Cultural), sendo anunciada a súa estancia por cartelería, medios radiofónicos, prensa e avisos persoais. Realizándose unha media de 45 extraccións por estancia da Unidade Móvil, presentándose unhos oitenta voluntarios donantes, que por diversas causas, ese día non podían doar todos. Sendo a media de doazóns do 8 por mil habitantes en xeral, no caso da Guarda se superaba o 34 por mil.  En casos de extrema emerxencia, que se agotaban as existencias de sangre no Hospital, a Hermandad recorría A Guarda en demanda  de donacións extraordinarias. Tal aconteceu en 20 de diciembre de 1989, que debido a moitos accidentes e o gran consumo en hemodiálises, desprázase a Unidade a Guarda, pondo Lomba o seu equipo en marcha para anunciar esa desesperada situación. A resposta foi altamente positiva, dándose nesas datas un fortísimo temporal e estando a comarca sumida na consternación polo naufraxio do Velasco II con 11 tripulantes desaparecidos.
 

Datos das extraccións de sangre na zona de Vigo e Baixo Miño, según  Memoria de 1983,
publicada  na revista da Hermandad de Donantes de Sangre de la Seguridad Social de Vigo. Onde se aprecia  
A Guarda destacada en primeiro lugar, con moita diferenza sobre os restantes lugares.
Colaboraba Lomba con a expansión na causa de donación de órganos, da que era doante.   En 1986 Francisco Lomba e Ramón Otero, presionan a Hermandad con a súa dimisión se os donantes non se lles proporciona sangre cando o necesiten ao seren tratados en hospitais fora do Xeral de Vigo. Cando algún enfermo da localidade precisaba transfusións de determinado tipo de sangue  en hospital, e non dispuña dos suficientes familiares doantes , recorrían a Lomba para  que llos proporcionara da Delegación local ou da Hermandad.
 
Tamén esta Delegación era unha das que mais persoas anotaba as distintas excursións que organizaba a Hermandad, varias a Portugal, Rias Baixas, e destacando a peregrinación do Ano Santo, o 28-11-
 
1982 a gañar o Xubileo…
 
Ao ser considerada a Delegación de A Guarda, liderada por Lomba, como a de máis alta donación da provincia e tal vez de España, situándose a niveis das  medias máis altas europeas, é merecedora, xunto con Lomba e seu equipo de varios recoñecementos públicos por diversos estamentos,  dos medios de comunicación e da cidadanía en xeral.
 

27 setembro de 1981 Personalidades e numeroso público asistente na Alameda, o día da inauguración do monólito con placa adicado a Guarda. Falando o presidente da Hermandad D. Antonio Álvarez Ferreiro, prestando atención Francisco Lomba, Delegado Local, Raúl Puebla alcade guardés, Ramón Otero (electricista de Fenosa), leal e eficaz colaborador de Lomba.
 
O domingo 27 de setembro de 1981 é inaugurado un monólito con placa na alameda guardesa, promovido  pola Hermandad de Donantes de Sangre de Vigo, coa seguinte gravación: EN RECONOCIMIENTO Y GENEROSIDAD DEL PUEBLO DE LA GUARDIA,  coa asistencia do director provincial do INSALUD, director da Residencia Almirante Vierna de Vigo, presidente e vice da Hermandad de Donantes, delegado local Francisco Lomba e seus colaboradores,donantes locais e provinciais , alcaldes da Guarda e do Rosal diversas representacións sanitarias e veciños a zona.


20 outubro de 1985 o delegado da Hermandad de Donantes de Sangre, Francisco Lomba, diríxese ás
autoridades e público asistente durante o descubrimento  da placa co cambio do nome da calle Puerto
Rico polo de AVENIDA DONANTES DE SANGRE
 
O domingo 20 de outubro de 1985  descóbrese unha placa na estrada de saída da Guarda cara a Baiona, co nome AVENIDA DE DONANTES DE SANGRE  coa asistencia de D. Antonio Álvarez Ferreiro presidente da Hermandad de Donantes de Vigo, seu secretario D.  Salvador Guimaré eo tesoreiro D. Jesús Fernández, Director do Insalud,  alcalde guardés D. Raúl González Puebla, o do Rosal, D. José  Luís Rodríguez  Martínez, o Delegado Local Francisco Lomba con seus colaboradores e voluntarios doantes, outras personalidades e veciños da zona. Actuando neste acto o grupo de gaitas Os Pelouros do  Recreo A. G.
A Xunta General Extraordinaria daFederación  Gallega  de Hermandades celebra na Guarda a aprobación  dos seus Estatutos, aproveitando este acto para impoñerlle a insignia  de ouro a Francisco  Lomba , máximo galardón que otorga a Hermandad de Donantes de Sangre e, outras distincións aos destacados colaboradores  como a  Eloy e Ramón Otero.
 

Colocación a Francisco Lomba da insignia de ouro,  máximo galardón otorgado pola Hermandad de Donantes,
da man do presidente provincial D. Antonio Álvarez Ferreiro.
 
Tamén recibiría Lomba outro homenaxe por parte dos “doantes altruistas de sangre” da localidade, no que lle sería entregada unha bandexa grabada.
 

En Corpus de 1983, os membros da Delegación Local de Donantes de Sangre, realizan unha vistosa alfombra de flores,
na  Plaza do Reló. Ao fondo podemos ver  a seu presidente Francisco Lomba.
 
O domingo 5 de abril de 1992, as 12 da mañán é inugurada fronte da súa casa na Praza dos Seixiños da Gándara unha placa con o nome de  AVENIDA FRANCISCO LOMBA, e outra en Pintán, adicándolle a título póstumo a  travesía que vai dende Os Seixiños a Pintán. Asistirían entre outras personalidades o presidente da Hermandad  D. Antonio Álvarez Ferreiro, Manuel Martíns presidente da Hermandad portuguesa  Mamarrosa, alcaldesa de A Guarda Purificación Alvarez Puri,  que nas súas intervencións resaltarían os valores humanos e agradecendo o gran servizo solidario de Lomba aportado durante os trece anos que estivo ao frente da Delegación local de Donantes de Sangre de A Guarda e O Rosal.
 

5 de Abril de 1992. A Gándara. A Alcaldesa Purificación Álvarez descubrindo a placa que da o nome de
Francisco Lomba a avenida que vai dos Seixiños a Pintán.
 
Tamén presentes neste acto, os delegados locales Ramón Otero e Celso González, doantes do Baixo Miño e Vigo e veciños da Gándara. Súa filla maior Mercedes Merchi manifesta o agradecemento ás entidades organizadoras presentes, a todos asistentes e a Asociación Veciñal O Percamino por propoñer que fose adicado a seu pai este importante víal, e non como estaba acordado nun principio,  o camiño sin saída que vai a capela.
 
11 de setembro de 2010, inauguración dunha placa na nova alameda guardesa, en homenaxe ao pobo de A Guarda pola súa xenorosidade en doazón de sangue, xentileza da FEDERACIÓN GALEGA DE IRMANDADES DE DOADORES DE SANGUE. Acto no que foi distinguida a viuda de Francisco Lomba ca imposición da insignia de ouro.
 

Inauguración da placa adicada os donantes guardeses, na nova alameda guardesa. En 11-09-2010.
Falando o Presidente da Hermandad Don Antonio Álvarez Ferreiro.
 

11 de setembro de 2010.  Magadalena Martínez, viuda de Francisco Lomba con súas fillas, recibindo un
afectuoso homenaxe, ea a imposición da insignia de ouro por parte do presidente da Hermandad
Don  Antonio Álvarez, que está a seu carón.
 

A Insignia de ouro da foto, pertencente a Magdalena, representa o contorno do
Estado Español colmado cunha enorme gota de sangre.
 
Que esta testemuña, sirva de homenaxe e honra ao veciño da Gándara Francisco Lomba Trigo, así como a seus mais directos colaboradores, súas familias e doantes en xeral, pola gran labor humanitaria e altruísta desenrolada en beneficio daquelas persoas necesitadas dun ben tan valioso como é o da sangre. GRACIAS A TODOS
   
Fotos aportadas pola familia de Lomba.
Victoriano Rodríguez                                                       
A Gándara Xuño de 2016
Regreso al contenido