Leopoldo Álvarez Sousa - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Leopoldo Álvarez Sousa

PUBLICADAS
Leo, o viaxeiro
por Victoriano Rodríguez
  

Na necrópolis de Meroë da XXV Dinastía dos Faraóns Negros 45 pirámides e mil tumbas –túmulos no val do Baixo Nilo en Sudán (Nubia) (Alto Exipto)

 
         Leopoldo Álvarez Sousa, popularmente coñecido por Leo, nace o 22 de Marzo de 1949, único fillo do matrimonio de Leopoldo Álvarez Domínguez de O Rosal  e de Carmiña Sousa Rodríguez da Guarda.
 
 
 
Á esquerda, retrato dos pais de Leo, Leopoldo e Carmiña, o día da súa boda. Á dereita, Leo en 1949, aos poucos meses de nacer
 
         Ó pouco de casar en 1941, o matrimonio vai traballar para Sevilla. pero en 1949 deciden que o fillo naza en Pontevedra polo arroupe familiar. Nacido o neno volven para Sevilla, lugar onde Leo pasou unha feliz infancia; aos nove anos ingresa no Colexio San Fernando dos Hermanos Maristas, cuxo ideario era o obrigado da época: militares e falanxistas daban clases de Formación del Espíritu Nacional, os curas outras materias e prácticas de severo catolicismo; comeza  o  Bachiller no mesmo centro, aínda que o ideario era o mesmo xa con incorporación dalgúns mestres seglares. Nesta etapa  nace a paixón de Leo por coñecer outros lugares do mundo. As ensinanzas do mestre de Xeografía e Historia, don Vicente, que lles relataba lonxanas conquistas, románticas exploracións, países exóticos recén descubertos… ,obsesionan a Leo polo Alto Volta, o Kilimanjaro, os tuaregs…Tamén inflúe seu mestre de francés don Joaquín, personaxe que viaxara moito por Europa, o cal lles explicaba en francés a súas experiencias polo mundo, algo que marabillaba ao rapaz  Leo, xa que nos escuros anos cincuenta só nos facían ver que o mundo do benestar era España  e seu imperio, polo que estudia francés a alto nivel,  o cal lle serviría despois  para entenderse nos seus viaxes, maiormente no norte de Africa.  súa afección convertese polos mapas e a lectura de libros de Xeografía e Historia , Emilio Salgari…  Estuvo nos Maristas ata os 15 anos que o expulsan por facer preguntas que non lle encaixaban e parece que  ian contra os “valores” do nacionalcatolicismo imperante; dice Leo o respecto: Debo agradecerle a los Hermanos Maristas ser lo que soy, pues consiguieron hacer de mi, exactamente lo contrario de lo que pretendían. A súa sorte  estaba escrita: ¡Tiña que ir a coñecer eses lugares!

Á esquerda, en 1957: Primeira Comunión. Á dereita,  Leo no colexio dos Maristas Sevilla en 1963
                                                
         Emilio, o home da súa tía Amparo Sousa estaba destinado de oficial militar no protectorado de Rincón del Medik en Marrocos, a onde ía de vacacións; para un rapaz español, aquelas exóticas costumes apaixoaban a Leo; conta vivenzas que o impresionaban como cando seu tío militar, encabezaba a cabalo as cacerías as montañas do Rif acompañado de soldados, xunto co fascinante Caid musulmán (alcalde), cun cortexo de nativos con súas chilabas e seus mukkalas (enormes fusiles). Cando baixaban da cordilleira ó cabo  duns días,  traían nos mulos a enorme cacería de xabaríns e outras pezas, que despois eran asados na praza do pobo nun festín popular; os lugareños  comían cordeiro, o xabarín llo prohibía súa relixión, nesas convivenzas Leo xogaba con súas primas Marita e Fany en cos rapaces nativos.  Alí Leo andaba co pelo rapado o “cero”, xa que había contaxio de piollos e tiña.
         Por todas estas vivenzas, medran o seu espírito de aventura e viaxar polo mundo, coñecer e solidarizarse con países e culturas deprimidas, subdesenvolvidas, explotadas, en conflitos étnicos…
 
  

Nos anos sesenta en Sevilla  era membro da Cofradía  Hermandad de la Soledad      
    
         Seguiría o Bachiller no colexio privado San Vicente Mártir, alternando con clases na Escuela Francesa. Simultaneando os fracasos escolares coa música, ir ver o C. F. Sevilla…
         O seu espírito independente e viaxeiro  decide aos 17 anos marcharse para Santo Domingo, onde estaría dous anos e medio. Tiveron que seus pais concederlle a emancipación, xa que daquela a maioría de idade era aos 21 anos. Neste país é onde se forxou a súa conciencia social ó ver as inxustizas herdados dun golpe de estado apoiado polo exercito  yanki, no que destitúen o goberno constitucional e nomean outro, títere dos EEUU. Deste país volve a Sevilla, trala xubilación de seu pai, veñen definitivamente para a casa que herdaran seus pais no Coruto, na que actualmente vive Leo.
        No ano 1972 incorpórase ao Servicio Militar Obrigatorio con destino na Batería de Costa  Cabosilleiro; tempo que considerou perdido; para evitar o servicio de armas adicouse á alfabetización no cuartel; daquela aínda había moitas persoas que non sabían ler nin escribir. Ó rematar a mili vai para Madrid para xunto seu primo José Ramón que estudiaba na Universidade.
         Traballaría nunha librería na que distribuían literatura prohibida na época, e na organización de actividades culturais auspiciadas polos clandestinos partidos políticos socialistas e comunistas. Situacións difíciles nos últimos tempos da  ditadura franquista; é  detido, condenado, levado a cárcere das Salesas… e o peor, ver as mortes de compañeiros do seu círculo de loita pola liberdades ea democracia.
         No ano 1971 vense para a Guarda, onde rexentaría o pub (paf) Teclás, unha novidade de local, onde se xuntaba o mais progre da zona xunto con veraneantes, situación da que Leo aínda conserva boas amizades; o lugar non era visto con bos ollos, polas autoridades nin a xente conservadora.   Seu emprego de longa vida laboral foi   como deseñador gráfico nunha multinacional en Porriño ata a súa xubilación en 2010
         Cásase en con a guardesa Carmen Sobrino Blanco, deste matrimonio  terían o fillo Alejandro, (quen hoxe en día sigue as costumes viaxeiras de seu pai).  Volve  casar  coa arxentina Cecilia Albarenga,  deste matrimonio terían dous fillos: Dani e Lucia.
         Con Carmen por 1970, nun jeep con colchonetas acopladas viaxan aos prohibidos paises “sátelites da URSS”, para ver como eran realmente os réximes  socialistas. Ao respecto me di  Leo: “Saimos dun país gris, atravesamos unha Europa de cores, para entrar noutro sistema gris ao entrar no Telón de Acero”.
MAGREB-  NORTE ÁFRICA
 

Xulio de 1973. Leo e o guardés Miguel Vieira (DEP) na Guarda,  co seicentos  antes da partida a Exipto.
Pode verse na porta do coche a ruta debuxada A Guarda- Exipto
 
O seu destino e paixón era Africa. En 1971 compra un Seat 600, o cal en 1973 equipa para un recorrido polo norte de Africa ata Exipto; o acompaña o inesquecible e seu fraternal amigo Miguel Vieira (Mendis); despois de atravesa Portugal, Marrocos e Arxelia e pasar mil penurias, en Túnez dan volta, xa que  o seiscentos non estaba preparado para esas condicións viarias nin climáticas.
 
 

Publicación de 1972 en Faro de Vigo, do corresponsal  guardés Angel Troncoso, sobre o viaxe a Exipto de Leo e Miguel Vieira
 
         Segue con a chama de Africa e a tentación  de atravesar o deserto do Sáhara arxelino ata Níger. Durante moitos anos  recorrería no seu Land Rover miles de km. por pistas de Marrocos,  Arxelia, Túnez, Níger , Mali…; aparte, dúas veces por ano desprazase a Marrocos a súa aldea en Rincón de Medik (M´diq), coa saída deste ano a finais de decembro de 2018 conta con máis de medio cento ao país magrebí.
 

Leo e o compañeiro ,cambiando unha roda pinchada do seu Jeep Comando en Arxelia, a finais dos anos setenta
 
Land Rover  de Leo, no deserto de El Golëa- Arxelia
         Nas súas viaxes por Marrocos repartía roupa e xoguetes polas aldeas que pasaba. Realizando proxectos persoais en aldeas do entorno de Tánger; axudado por outros entusiastas madrileños, reconstruíron unha antiga escola española abandonada, dende o tellado a fontanería…  preparando unha aula de informática, e outra de costura, con materiais que lles doaran en España, nas que recibiron clases 60 alumnos.  Como cada ano, dende 1959 volve ó lugar habitual de Rincón de Medik en Marrocos; na actualidade sigue levando axuda de: cadeiras de rodas, muletas, medicamentos, xoguetes, conservas, roupa para nenos, un  electrocardiógrafo…. Leo utiliza o sistema de axudas entregando aos pais ou dirixentes locais a axuda que leva, xa que estes son os coñecedores da realidade dos nenos ou familias máis necesitadas. Di que o clásico reparto que fan os rallys e caravanas turísticas provoca unha abstención nas escolas, xa que os rapaces van para as beiras das rutas, e o que é mais espabilado é quen se queda co agasallo, e non ao máis necesitado.
 

Seu fillo Dani, que o acompañaría en varios seus viaxes norteafricanos, detrás a cordilleira do Gran  Atlas e o Sáhara.
O camión é o mesmo co que a día de hoxe sigue realizando seus periplos africanos.  
    
         Nos anos noventa estivo en dúas  ocasións nas comunidades saharauís de Mauritania, colaborando con a Asociación Amigos del Sáhara e o Frente Polisario, tratando de volver  documentar como españois aos saharauís que tiveran que escapar de seu país ao ser abandonada a  colonia polo goberno español.
   

Con un camellero en Erfoud  (Marrocos)
    

No ano 1998 en Mauritania, realizando un reportaxe para a revista Siete Leguas
  
         Nos anos seguintes viaxou a Dakar e Senegal formando parte dunha delegación  de Paz y Solidaridad cara  a xestionar a explotación de arrozales no delta do río Senegal, cedidos polo goberno senegalés, para subministrar aos campos de refuxiados saharauís en Tindouf (Arxelia). Estas negociacións foron un fracaso, xa que os saharauís pretendían que quen traballase os arrozais fosen os nativos senegaleses e que seu goberno lles transportase o arroz ata Tindouf . Voltou para Madrid decepcionado facendo a seguinte reflexión: ”Los saharauís eran de una cultura de principes y los nuevos esclavos negros tendrían que trabajar para ellos”. Recorda aos militares marroquies prisioneros, confinados en enormes zanxas. Tras negociacións  coa ONU volverían a Marrocos, sendo postergados como covardes por habérense rendido, privándoos de calquera axuda oficial por parte do goberno alauita.
     

Leo con seu camión en Rissani (Marrocos)  o ano 2017.
Estancia en Sur América
 

En Santodomingo realizando reportaxes para a revista Siete Leguas.  
    

En Santodomingo, esperando, mentres lle parchaban a roda do coche
  
         A partir de 1989 comeza a colaborar con revistas de viaxes, percorrendo todos os recunchos de España, Europa, Asia, América e sempre África

Unha portada da revista “SIETE LEGUAS Viajes del Siglo XXI”, na que Leo era colaborador, publicando reportaxes
de lugares dediversas partes do mundo, especialmente de África.
      

Inicio dunha divulgación de Leo sobre os Tuareg na revista SIETE LEGUA
 

Conflito dos Balcáns (1991-2001)

         Na guerra dos Balcáns (antiga Iugoslavia)  tamén participou como  cooperante. En 1998 xunto cun amigo madrileño comisionado por Cáritas e Cruz Roja, desprázanse a Albania co mandato de montar unha oficina de recepción de refuxiados kosovares en Tirana; alugaron un edificio  e redactaron un informe para o goberno español, solicitando levantar un campo de refuxiados, protexido polo Exercito e a Garda Civil. Os campos de acollida italianos atopábanse sobresaturados, e a raíz do informe, levántase un campo de refuxiados auspiciado polo goberno español cerca de Tirana.
 
Ano 1998. Leo no Campo de refuxiados en Tirana.
 
         Ao ano seguinte Leo merca en Santiago un camión militar URO, o que carga de mantas, xoguetes, balóns do Celta, diverso material de primeira necesidade e un proxector  de cine de 16 m/m para proxectar películas por un percorrido polos  campos de refuxiados: español, italianos e norteamericano, co cargamento e xunto cun amigo fotógrafo e outro voluntario, volven ao campo de refuxiados de Tirana, despois de atravesar España, Francia Italia e, en ferry o mar Adriático.
   
En Kosovo con Lavdie en  1999
 
         Tras os bombardeos da OTAN sobre Belgrado e posicións serbias, os refuxiados deciden retornar aos seus lugares de orixe; Leo e o fotógrafo os  acompañarían cara os seu fogares en camións búlgaros, atopando  todo arrasado, as vivendas reventadas, fosas comúns, os animalas mortos, campos minados, xoguetes trampa…(eu andei en Bosnia-Herzegovina e Croacia por pobos ocupados polos serbobosnios  e chamaba a atención como estaban arrasados para que os nativos refuxiados non volvesen aos seus fogares: as casas só mantiñan as paredes cos picos dos laterais desaparecendo o interior e os tellados, o método de destrución de vivendas consistía en por a bombona do butano da casa no fallado, abrir o gas e unha vela encendida no baixo, o chegar o gas a vela explotaba a vivenda destruíndo todo e  arrancando o tellado.   Leo e o fotógrafo  conviviron coa  familia  Hiseny, mulleres, vellos e críos no pobo de Kastriot con moitos riscos, xa que aínda quedaban milicianos e francotiradores serbios polos bosques próximos, os cooperantes españois patrullaban con membros armados da UÇK (Exército de Liberación de Kosovo) as inmediacións do pobo. Durmían nos sótanos  co fusil de asalto a man, comendo as racións de campaña do Exercito español  que levaran  do campo de refuxiados  de Pristina (Albania).
  

1999. Leo en Kastriot con a familia de refuxiados Hiseny, no colo a rapaza Blerta. Hoxe en día aínda mantén relación con esta familia.
 
         Estiveron no pobo ata a chegada das milicias kosovares e a fuxida dos serbios, dirixíndose a base da OTAN en Istok, sobornando a un paisano para seu traslado  en coche, sorteando múltiples perigos,  como os controis da guerrilla, restos da  ocupación serbia… De Istok foron evacuados nun helicóptero da OTAN a Pristina, e de aí nun avión Hércules de carga do Exército,  a España, escoltado por dous cazas tornado italianos.
         Comenta hoxe  Leo,  ante as terribles experiencias vividas: ”A partir de ahí, cambió mi opinión sobre la raza humana, la fácil manipulación de las masas  y las locuras de los nacionalismos”.
.                 
Como deixaban os serbios as vivendas, para que non retornaran os propietarios que  habían fuxido
Expedición do norte ao sur de África
   
         No ano 2010 formou parte da caravana humanitaria PLAY 4 AFRICA, que durou cinco meses,  patrocinada por ACNUR (Agencia da ONU para os Refuxiados), que recorreu 14 países dende Alexandría ata Ciudad del Cabo, repartindo equipamentos polos campos de refuxiados en Exipto, Etiopía, Sudán, kenia, Tanzania, Mozambique, Zambia, Zimbabwe, Namibia e Sudáfrica                                                   

Recorrido da caravana humanitaria en 2010, na que participaría Leo, cunha duracion de cinco meses
     

Parte da expedición a Sudáfrica en 2010, pasando polo Trópico de Capricornio en Zambia. Leo é o segundo pola dereita.
     

Etiopía 2010. Campo de refuxiados
    

Sudán 2010. Campo de refuxiados de Kessala  
      
         Ían en cinco coches  todoterreos e dous camións, que recargaban a axuda e avituallamento que lle enviaban en contedores dende Barcelona aos portos da costa africana do Mediterráneo e do Índico
      

Namibia 2010, na tribu Himba
    


Leo foi elaborando a man diarios dos seus viaxes, dibuxando monumentos,  lugares, rutas, costumes…
     
2015. Co seu camión Mercedes Unimog 4x4 do ano 1965, no deserto do Sáhara en Mauritania
  

2017. Na costa do Sáhara marroquí

Carroza do pote de Vitoriano na feira de San Gregorio de 2005. Pola dereita:
Leo, Rogelio, Victoriano, Lucia(filla de Leo), Tino Baz e Juan
   

02-2016. Dous  amigos e con causas comúns. Leo e Manolo Álvarez. Traballaron xuntos nos anos setenta e tomaron
distintos camiños có mesmo fin: A solidariedade universal. Leo como cooperador voluntario dende España e Manolo
Álvarez como funcionario de ACNUR (Axencia da ONU para os Refuxiados) en Xenebra (Suiza), dedicándose a
mediación en conflitos e axuda humanitaria nos países de Oriente Medio e Golfo Pérsico.
  

Ano 2017, Leo con seus fillos Lucía e Alejandro na súa casa do Coruto. Casa-museo, onde, dende o baixo ó fallado está
repleto dos mais exóticos obxectos e recordos dos mais variados e afastados países do mundo.  A maior parte  desas
pezas foron obsequios regalados a Leo polos lugares por onde estivo.
   
         Leo sigue coa chamada de África. Nos últimos tempos adícase a viaxar pola súa conta, pasando os invernos en algún pais norteafricano, desligándose de Asociacións, caravanas, ralies…
 

31 de decembro de 2018, Leo con o seu camión habilitado como vivenda e cargado de axuda humanitaria sae da súa casa do
Corutoen Salcidos cara a Marrocos, Mauritania,  O Sáhara… Vai sen tempo previsto, di que pola primavera volverá ó Coruto
                            
         Este 31 de decembro, e ós seus 69 anos desprazouse unha vez máis a un dos seus destinos habituais e favoritos en Rincón do Medik (M´diq)Marrocos. colaborando coa Asociación polo Desenvolvemento  de Medik,  onde é esperado e querido como un veciño máis. Leva o seu camión cargado de ilusión, pasará o inverno cos “seus”; ademais realizará algún desprazamento ao Sáhara ea Mauritania. Con este viaxe son preto de cen periplos/convivenzas por África, maiormente aos países do Magreb, aparte de visitar todos recunchos de España, Europa ,Oriente Medio, Sur América…    Ata a primavera non volveremos  ver na prazoleta do Coruto a Leo con a súa moto Royal Enfield,  o seu todoterreo Land Rover e o seu camión militar Unimog 4X4.
         Que esta modesta publicación sirva de homenaxe a Leopoldo Álvarez Sousa, un veciño do Coruto Salcidos, entregado a solidariedade internacional .
         Nota. Por  falta de espazo  no libro- programa das Festas de Pascua de Buxán, só  fago un breve  resume  das vivencias de Leopoldo Álvarez Sousa, quedando multitude de interesantes anécdotas e sucesos por publicar acaecidos durante os viaxes deste noso veciño  do Coruto.
    
Victoriano Rodríguez-
A Gándara,  Xaneiro de 2019
Regreso al contenido