Lectores - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Lectores

VARIOS

 REGATA  DE BATEIS (A Guarda)
José A. Uris Guisantes
 

Teño leído varios artigos sobre a primeira etapa do Club de Remo Robaleira e da preimeira regata de bateis que tivo lugar  o 16 de xullo de 1989 nas Festas da Virxe do Carme.
Neses artigos figura que  […] Primeira regata de competición do Club de Remo Robaleira no Porto da Guarda, celebrada o 16 de xullo de 1989. Patrón: José do Alancha, boga: Tino Baz, estribor: Veli fillo de Gabriel, babor: Xan Lois, proa: Pablo Aldea fillo de Layo.
Pois se pode comprobar neste documento que eu gardo o feito de que a regata foi levada a cabo en dúas tandas por cada categoría, Infantiles e Cadetes e con tripulantes que en nada teñen que ver cos  que se relacionan neses artigos que poden corresponder a outra regata.
O Club Robaleira competíu contra o equipo infantil do Club Amegrove e contra o equipo Cadete do Club Nosa Señora dos Remedios de Tirán (Moaña). O Club Amegrove viña de proclamarse campión de España en regata celebrada no País Vasco.
En 1993 o Club de Remo San Juan de Tirán se xuntaría co Club de Remo Nosa Señora dos Remedios de Tirán, formando a Sociedade Deportiva Tirán (Concello de Moaña).
O equipo infantil do Club de Remo Robaleira estaba composto por, Isaac Verde Lomba de 14 anos (patrón); David González Baz de 13 anos; José Luís González Rodríguez de 14 anos; Álvaro Rodríguez Cordero de 13 anos e Daniel Alonso Baz de 12 anos.
O equipo de Cadetes do Club de Remo Robaleira estaba composto por, Manuel Alonso Sesto de 13 anos (patrón); Oscar Alonso Martínez de 15 anos; Juan (erro da imprenta) Uris Baz de 16 anos (meu fillo); Andrelino Alonso Cerqueira de 16 anos e Daniel Lomba Castro de 15 anos.



 
José A. Uris Guisantes
12 de decembro de 2020
 


Opinión dun veciño afectado pola VAC ao seu paso polo Rosal
Sun un dos veciños do Rosal afectados polo ruido do VAC ó seu paso por Pías. Hoxe pola mañán chamei a Xunta para saber cuando iban a vir a instalar os aparatos de medición. A resposta por parte da funcionaria encargada deste tema foi que non van a instalar ningún sistema de medición acústica. Simplemente se fai unha inspección ocular, que se fixo o sábado pasado pola mañán, veu unha persona da empresa e sacou unhas fotos e ahora a empresa que vai a faer o traballo faerá un estudio en base a documentación que lle aporte a Xunta. E cos resultados que veñan no informe, a Xunta decidirá se ten que faer algunha corrección ou no. Nos xa pedíramos presuposto a unha empresa, e faer unha medición acústica durante 3 días, para que colla días de semana e fin de semana, e logo faer unha simulación para ver que medidas hai que tomar, custa muito máis que 7.000,00 €. E a Xunta non está por gastar diñeiro nin en medir o nivel de ruído, nin por suposto en faer as correccións necesarias. Nos antes vivíamos nun espacio precioso, en silencio e poderíamos seguir vivindo en silencio, se hubese voluntá de faer as cousas ben, pero non interesa. O VAC é unha obra mal diseñada e mal ejecutada, gastando o mínimo posible e abrindo ó valle do Rosal en canal. E a este punto de que gasten 7.000,00 € en faer un informe, chegamos despois de máis de 2 anos presionando. E bueno, se non miden o que hai, non van a conocer a realidade, que para conocela, non tiñan nin que medir, solo con que se dignasen a vir a dar un paseo, xa se poden faer unha idea da realidade. Porque os problemas que nos causa o vial non solo é o ruído, cortaron a agua dos manantiais, o sistema de alcantarillado, en algúns sitios, funciona de pena... en fin, é o que hai.
Benito Guerreiro
20 de novembro de 2020
Regreso al contenido