Julia Vaquero Sousa - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Julia Vaquero Sousa

PUBLICADAS
Mellor atleta galega de todos os tempos.
Reina do Cross
por Victoriano Rodríguez



Julia Vaquero Sousa, nacida o 18 de setembro de 1970 en Chamonix (Francia) como consecuencia de estaren seus pais Nemesio Vaquero e Julia Sousa, ambos de A Gándara na emigración nese lugar. Aos dous meses traen a Julia para a casa da súa aboa Concepción (Tía Conceución) na Gándara, onde pasaría a súa infancia e xuventude compartindo a escola con axudas a súa aboa nas diversas tarefas da casa, dos animais e do  campo. A Tía Conceución era moi traballadora, forte e valente, tanto que foi das poucas mulleres pisqueiras (contrabando de café e xabón de pintas). Julia se desarrollaría forte e robusta, alimentada polos naturais produtos do campo e animais domésticos, cultivados e criados por ela e a súa aboa.


Julia Vaquero ós 12 anos en 1982, con seus pais: Nemesio Vaquero e Julia Sousa (foto familia Vaquero Sousa)

Tamén herdaría de seu pai Nemesio a súa fortaleza física, era un home forte, traballador e deportista, fora un potente xogador de fútbol do Sporting Guardés e do U.D. Rivera; o mesmo súa nai Julia, que acompañaba a súa nai Concepción nas duras faenas do campo, da Xunqueira e no pisco.

Julia Vaquero o Día de Ramos cunha palma na man, con seu tío Juan Vaquero (Juanito da Redondiña),
a muller de Juan, Aurora Sobrino e a filla destes Maribel (foto aportada por Marisol Vaquero)
 
Ós nove anos Julia gana a súa primeira carreira pedestre, dando a volta o Trega nunha competición escolar. Durante a súa xuventude participaría en moitas carreiras escolares e populares con moi bos resultados.

Aos 12 anos recibe un golpe moi grande, cando o 6 de xaneiro de 1983 perde a seu pai Nemesio con 43 anos de idade en accidente nas pedras do mar cando recollía percebes. Ata este desenlace Julia competira en moitas carreiras con excelentes resultados.
 
Quedaría moi afectada, e, ante o desánimo abandona temporalmente o deporte. Despois, sempre que lle entregaban un ramo de flores nas competicións, o iba  a depositar á tumba de seu pai Nemesio ao cementerio de Salcidos.

Recordo escoitarlle a Julia a dedicación a seu pai (DEP) tras gañar o 61º Campionato de Campo a Través, celebrado no Cámping de Salcidos o 11 de febreiro de 1996:  Este premio dedícollo ao meu pai, que está aquí cerca”, apuntando cara o cementerio de Salcidos que estaba a uns centos de metros do podio da carreira.

O pai de Julia, Nemesio Vaquero segundo na fila de abaixo comenzando pola esquerda,
xogador do Sporting Guardés na temporada 1963/64.


Nemesio, no centro ,fila dabaixo xogador da U. D. Rivera

Julia sacaba boas notas e gustáballe estudiar e o deporte, entendía que cavar patatas, recoller o millo, ir as duras faenas da Xunqueira coa súa aboa, non era futuro, polo que se implica en aquelo en  que tiña aptitudes e a motivaba: o estudio e o deporte.
 
Estudiou E.X.B., B.U.P. e C.O.U no Colexio Público e Instituto  da Sangriña; obtén o Certificado Oficial de idiomas por Wall Street Institute, en 1993,  remata a carreira de Educación Física no INEF de A Coruña con notable, impartindo despois clases de Educación Física nos Institutos do Barco de Valdeorras no curso 1993/94, no  Alexandre Bóveda de Vigo en 1994/95 e no  Rosais II de Vigo. Durante o tempo dos seus estudos  e despois dar clases como mestre de Educación Física, compaxinaba cos seus duros entrenamentos e competicións populares, nacionales e internacionales, colleitando gran cantidade de éxitos no deporte do atletismo.


Julia Vaquero, adicalle unas preciosas verbas ao seu veciño e amigo Pablo en San Xerome
 
A raíz de gañar o Campionato Galego de Cross escolar,  empezan a interesarse por a futura promesa os entrenadores e as máis destacadas  marcas comerciais, pasando así a  competicións nacionais e internacionais. Representaría ao Real Club Celta, O Santivery de Santiago, New Balance, Adidas, Kelme Olimpo… O primeiro entrenador foi Xulio Rodríguez, despois sería Alfonso Ortega que entrenaba ó atleta guardés Germán Vicente, que lle presenta á xoven de 15 anos Julia Vaquero, na que Ortega viu unha atleta con posibilidades de futuro,  sendo  o seu entrenador durante os seguintes anos da súa formidable carreira deportiva, e co que conseguiría os maiores éxitos ata a súa retirada das competicións por 2001,  a quen Julia definiría nunha entrevista en 1994 : ”Es buena persona… fue como un padre para mí…” e noutra: “Siempre le agradeceré  todo lo que hizo por mi y siempre lo llevaré en el corazón. De su mano pude llegar a estar en lo más alto”.

Nos primeiros tempos Julia entrenaba na Guarda, sendo supervisados os entrenamentos por Alfonso Ortega, facéndolle o seguimento e control o atleta guardés Germán Vicente, que tamén era entrenado por Ortega; cando Julia estaba estudiando en A  Coruña, se desplazaba hasta esa cidade Alfonso Ortega a controlar os entrenamentos programados, o acabar a carreira adquiriría unha vivenda en Balaidos pola cercanía a un mellor seguimento dos mesmos; da relación con Germán, se farían noivos e se casarían, tendo o matrimonio  a filla Xulia; o entrenador de ambos, Alfoso Ortega Casasnovas e súa muller serían os padriños de voda.

Cando estudiaba en Vigo, realizaba os entrenamentos polo Parque de Castrelos e cando se tivo que desprazar a Coruña a estudiar a carreira de Educación Física no INEF buscou unha zona adecuada en Bastiagueiro, unha pista de cincocentos metros sen asfaltar e sen tráfico, na que entrenou durante cinco anos en sesións de tres horas, nove veces a semana, entrenamentos supervisados por Ortega
Dicir que Julia tiña predilección polo Campo a Través - O Cross, en consonancia con a súa forza e resistencia, aínda que participaría igualmente na modadidade de pista con grandes resultados. Era para si moi esixente e responsable, así mesmo disciplinada para os entrenadores. Ela mesma se definía como loitadora e sufridora. En mazo de 1993, a revista Atletismo publicaba:  ”Julia Vaquero saíu adiante con moito esforzo e moito traballo, porque é unha gran loitadora.”  En maio de 1994 a revista deportiva Corricolari definía a Julia como “LA PRINCESA DEL CROSS: Enorme sacrificio, madurez, responsabilidad absoluta, perfeccionista. Así describen a la mujer número uno del cross español quienes la conocen. Tiene 23 años. Su palmarés es fantástico a pesar de su juventud. Pero Julia vaquero, la princesa del cross, no ha descuidado su formación. Terminó el año pasado INEF con media notable mientras cosechaba titulos y un excelente resultado en el pasado Mundial de  cross de Budapest.” Tamén a preguntas desta revista Julia diría: “he madurado muy pronto por las circunstancias de mi vida personal. He aprendido a defenderme sola desde muy joven. Puedo decir que e quemado etapas de mi juventud antes que otras personas”. Outro medio a valoraba: “Tiene en su corazón una sucursal del afecto.” “Goza de una personalidad libre de hipocresias y servilismos.” “Abierta a las personas y no a los intereses”. Valoracións como estas eran frecuentes na prensa deportiva da época.
 
Con Julia, aquel tópico de que as mulleres son o sexo débil xa non se sostén e máis cando de seguido vexamos as fazañas deste talento deportivo nunha realidade de potencia, vigor, enerxía, empuxe, impulso, tenacidade, esforzo, loita, aguante…
 

      
Julia, na época que competía ca marca, NEW BALANCE entre1993 a 1997 e co patrocinada por ADIDAS, ata o ano 2000.
Despois representaría a KELME ata a súa retirada
 
Tanto      nos   tempos  desa durísima  traxectoria deportiva, como cando se retira esgotada física e emocionalmente polo ano 2000, se recargaba e relaxaba no entorno guardés, polas verdes ladeiras do Trega, no río Miño, costa marítima…
 
De seguido, imaxes de Julia Vaquero participando no 61º CAMPIONATO DE CAMPO ATRAVÉS celebrado no Cámping Santa Tecla, na Xunqueira de Salcidos o 11 de febreiro de 1996. Pode observarse o elegancia e estilo atlético de Julia e o vinculo afectivo con súa. querida aboa Tia Conceución.  



Julia encabezando o grupo no 61º Campionato Galego de Campo a Través no
Cámping da Xunqueira de Salcidos en 11-02-1996 (fotos Vitoriano).


11 de febreiro de 1996. Julia Vaquero con súa nai Julia, aboa Concepción e familiares,
despois de gañar o 61º Campionato Galego de Campo a Través no cámping da Xunqueira de Salcidos  (fotos Vitoriano)
A que foi denominada A MELLOR ATLETA GALEGA DE TODOLOS TEMPOS e REINA DO CROSS, de 1,61 de altura e con 50 Kg de peso, quedan demostrados eses cualificativos no seu extenso palmarés exposto a continuación:

1985
- Recordwoman Galega Junior de 1.000  e 1.500 m.
1988
-  7ª Mundialista Junior en Sudbury (Inglaterra) en 1500m.
-  Campiona de España Junior en 1500 m.
1989
-   Campiona de España Universitaria de Cross - Campiona de España Junior de Campo a Través - Campiona de España Junior en 1500 m.
-   Subcampiona de España Absoluta 3000 m.
-   Participación no Campionato Europeo junior en Varazdin (Croacia) 3.000 m.
-   Participante no Campionato do Mundo junior en Stavanger
(Noruega)
-Marca de 2’09’’74 en 800m.
1990
-   Campiona de España, promesas 3000 m.
-   Campiona de España Promesas de Campo a Través
-   Gañadora do Gran Premio do Campo a Través
-   Participación en Aix le Baix (Francia) no Mundial de Campo a
Través
-   2ª nos Campionatos Iberoamericanos en 3.000 m. en Manaos(Brasil)
-   Campiona Mundial Universitaria de Campo a Través.
1991
-  Campiona de España Absoluta en 3000 m.
-  Gañadora do Gran Premio Nacional de Campo a Través
-  4ª Finalista no Campionato Mundial Universitario en 3000 m.
-  Mundialista de Campo a Través en Amberes (Belgica)
-  Mundialista no campionato do Mundo en Tokio
1992
-  Campiona de España de Cross en Cáceres  
-  Gañadora do Gran Premio de Campo a Través- Campiona de España Absoluta en 3000m.
-  Mundialista de Campo a Través
-  Participación en Bostón (EE.UU) no Mundial de Campo a Través- Marca de 4’17”37 en 1500 m.
-  Marca de 8’57”8 en 3000 m.
1993
-            Campiona de España de Cross
-            Campiona de España en 5.000 m.
-            4ª clasificada  no Campionato Mundial de Campo a Través en Amorabieta
-            3ª clasificada nos Xogos do Mediterráneo en 3000 m.en Narbona (Francia)
-            4ª no Campionato Mundial Universitario en Bufalo (EE.UU)en 3.000 m.
-            Participación no Campionato do Mundo en Stuttgart (Alemania) en 3000 m.
1994
-  Campiona de España de Cross en Zarauz- Guipuzcoa- Campiona de España en 5.000 m.
-  Subcampiona de Europa de Cross
-  Participación no Campionato de Europa en 3.000 m.
-  16ª clasificada no Mundial de Cross en Budapest (Hungría)
-  3ª no Campionato Universitario do Mundo de Cross
1995
-    Campiona de España de Cross en Vitoria - Campiona de España en 5.000 m.
-    Subcampiona de Europa de Campo a Través por Clubes- Mellor marca de 8’41”23 en Niza en 3000 m.
-    Participación no Campionato Mundial de Cross en Durhan(Inglaterra)
1996
-   Campiona de España en 5.000 m.
-   Campiona de España de Cross
-   Campiona Ibérica en 10.000 m.en Leiría (Portugal)
-   Subcampiona europea de Cross, individual sénior en Madrid
-   2ª Clasificada no Meeting de Niza (Italia), Record de España en 3.000 m. e de 2000 m., (éste  en vigor na actualidade)
-   Mellor marca española de 14’49”59 en Oslo en 5000 m. (Aínda hoxe non mellorada)
-   7ª no Campionato do Mundo en Ciudad do Cabo (Sudáfrica)
-   Campeona de Europa de Cross por Clubes
-   2ª Individual no Campionato do Mundo de Cross
-   9º Posto nos Xogos Olímpicos de Atlanta (EE UU) en 10.000 m.
-   Campiona Senior, Campo a Través no 61º Campionato Galego en Salcidos
-   Designada como Mellor Atleta Española en 1996
1997
-  Campiona de España de Cross en Alcorcón (Madrid) - Campiona Ibérica  en 10.000 m.
-  Subcampiona dos Xogos Mediterráneos en Bari (Italia) en 5000m.
-  4ª no Campionato do Mundo de Cross en Turín (Italia).
-  Mellor marca de 31’14”51en Barakaldo na Challenge Europea de
10.000 m.
-  Participación no campionato europeo de Cross
-  Participación no campionato do Mundo en Atenas en 10.000 m.
1998
-   Campiona de España en 10.000m.
-   Campiona de España de Cross en Vitoria
-   6º no Campionato  de Europa  en 10.000 m.
-   Subcampiona de Europa en 5.000 m en Budapest
-   6ª no Campionato do Mundo de Cross en Marrakech (Marruecos)
-   4ª no Campionato Mundial de Media Maratón en Ulster con 1’10”33
1999
-  6ª no Campionato do Mundo en 5000 m. en Sevilla
-  5ª no campionato Mundial de Cross en Belfas (Inglaterra)
2000
-   Participación na Ghallengue  de 10.000 m. en Lisboa
-   5ª no Mundial en 10.000 m en Vilamoura. (Portugal)
-   Recordwoman de España promesas en 3.000 m. (8’37”8)
-   Recordwoman de España absoluta en 3.000 m. (8’41”23), de
5.000 m. (14’44”95) e de 10.000 m. (31’14”52)
-   Primeira atleta galega en conseguir unha medalla internacional
-   Medalla de Plata otorgada pola Xunta de Galicia- Internacional en 33 ocasións.
-   Mellor Atleta Española do Ano en 1996 - Única guardesa Olimpica.


 
POSICIÓNS NO RANKING ESPAÑOL DE TODOS OS TEMPOS a 30-06-2017:
-   1ª en 2.000 m. con 5’47”81 o 10-07-1996 en Niza
-   5ª en 3.000 m. con 8’41”23
-   1.ª en 5.000 m. con 14’44”95 o 05-07-1996 en Oslo
-   2ª en 10.000 m. con 31’14”52 o 05-04-1997 en Barakaldo
-   1ª en 20.000 m. con 1h. 06. 43 o 27-09-98 en Zurich
-   4ª en Medio Marathón con 1h. 09.98 o 27-09-1998 en Zurich
-   Récord de España de 3000, 5000 e 10.000m.l. obtido dende 1992 a 1998.
Nota: As estatísticas anteriores foron ordenadas por anos de variadas fontes, onde a veces non coincidían exactamente nos seus termos. As dos recadros inferiores foron enviadas estes días a Alfonso Ortega pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo).
Na actualidade, xulio de 2017, 21 anos despois, sigue conservando a mellor plusmarca española en 5000 m. con 14’44”95 conseguida en Oslo o 5 de Xulio de 1996.
Comentado con Julia: Canto mundo viches! me di:
Non me enteraba: avión, hotel, entrenar, competir e volta a repetir a outro lugar do mundo.


Julia Vaquero competindo en Oslo en 1996 con a rumana Gabriela Szabo e a portuguesa Fernanda Riveiro.
Acadou o record de España de 5000 metros femininos en 14’44”95 (21 anos despóis, marca aínda non superada a día de hoxe).

Nesa época tamén coincidiría con outro destacado atleta de Salcidos, Serafín Portela O Capitán no Westhatletic, en Breda (Holanda) no Sub-23 en xaneiro de 1990… Dicir de paso, que Serafín tamén goza dun excelente palmarés como: en agosto de 1992 quedar de 4º no Campionato de España de Media Maratón, en 11-1994 participar no Maratón por Relevos de Seleccións Nacionales en Tokio…


Xulio 1996.  A A.VV.  O Percamino de A Gándara colocaría unha pancarta nas Patas con o motivo da participación de
Julia Vaquero nos Xogos Olímpicos de Atlanta (foto Vitoriano).

Si en 1992 estivo as portas de ser olímpica  en Barcelona, o conseguiría en 1996, nos XXVI Xogos Olímpicos  en Atlanta (EE.UU), levando unhas credenciais moi meritorias: 6ª mundial en 5000m….e récords ese ano en 3000, 5000 e 10.000 m. polo que se daba por feito un bo resultado. As probas se desenvolveron entre o 26 de xullo e 4 de agosto. O día 27 Julia participa na primeira eliminatoria de 10.000 m, quedando clasificada no 3º posto, con  un tempo de 32’27”05.  Na final do día 2 Julia quedaría no 9º posto con un rexistro de 31’27”07, 8ª- Yuko Kawakami de Japón, Tecla laroupe de Kenia, Masako Chiba de Japón, Durartu Tulo de Etiopía, Gete Wami de Etiopía,  Wuan Junchia de China e a gañadora a portuguesa Fernanda Riveiro con 31’01”63. (Había acordo entre adestradores e, as atletas ibéricas, de que se relevaran na cabeza durante a competición, o cal non foi así, Julia soportaría a cabeza da carreira ata os 9.000 m., momento en que a portuguesa avanza a primeira línea, perdendo Julia algunha posición, chegando aos últimos 200 metros en terceiro lugar, e perdendo paulatinamente posicións ata o noveno lugar, ocasionado polo excesivo gasto tido en liderar case toda a carreira. (Julia gañara a Fernanda Riveiro ese mesmo ano no Campeonato ibérico en Leiría nesa misma distancia de 10.000 m.)

Aínda que tanto entrenador como seguidores esperaban/desexaban un mellor resultado, a propia Julia manifestaría naquela: “El resultado no fue el esperado con lo que estaba haciendo. Llegué muy quemada y muy presionada a Atlanta. Estaba mucho en la prensa y eso me altera. Estar atendiendo a todo el mundo te hace vivir momentos  de que estás en una nube y eso me descentra”. É unha impresión da súa esixencia cos seus cometidos, aos veciños e españoles en xeral pensamos que foi todo un éxito, chegar as finais nos Xogos Olímpicos e ademais con un moi destacado posto.

O ano cumbre de Julia Vaquero foi o de 1996:
     -    Campiona de España en 5.000 m.
     -    Campiona de España de Cross
    -    Campiona Ibérica en 10.000 m. en Leiría (Portugal)
    -    Subcampiona europea de Cross, individual sénior en Madrid
    -   2ª Clasificada no Meeting de Niza (Italia), Récord de España en 3.000 m. e de 2000 m., (este  en vigor na actualidade)
    -  Mellor marca española de 14.49.59 en Oslo en 5000 m. (Aínda hoxe non mellorada)
    -    7ª no Campionato do Mundo en Ciudad do Cabo (Sudáfrica)
    -    Campeona de Europa de Cross por Clubes
    -    2ª Individual no Campionato do Mundo de Cross
    -    9º Posto nos Xogos Olímpicos de Atlanta (EE UU) en 10.000 m.
   -    Campiona Senior, Campo a Través no 61º Campionato Galego en Salcidos
   -  Designada como Mellor Atleta Española en 1996

Setembro 1999  Julia Vaquero co seu entrenador Alfonso Ortega na inauguración do ximnasio  do colexio de Chapela.
 
A partir desta longa e intensa traxectoria, comezaría a pasarlle factura a todo o sobreesforzo acumulado, polo que vai perdendo rendemento e ánimos, abandonado no ano 2000 o atletismo profesional de competición.  Participaría posteriormente en carreiras populares das festas locais como nas do Monte, da Guía, na Gándara… onde se sentía cómoda con presenza e  calor do

                                                                      En 1990 o concello guardés réndelle un homenaxe público,
                                                                             na que a alcaldesa Purificación Álvarez imponlle a medalla de ouro da Vila da Guarda

A Asociación veciñal O Percamino de A Gándara en honra  a súa distinguida veciña, establece no ano 2000 a CARREIRA PEDESTRE POPULAR “JULIA VAQUERO”, dentro da programación da Festa das Mercedes, que este ano celébrase a XVII Edición, na que Julia en algunha ocasión competiu e sempre presidiu o acto e a entrega de trofeos a os gañadores.

FOTOS DE PARTICIPACIÓN de Julia Vaquero nas CARREIRAS POPULARES na Gándara, organizadas en deferencia a súa popularidade e méritos deportivos e persoais:



En xullo de 2016, Julia Vaquero recibe  unha homenaxe do Concello guardés, con motivo do 20 aniversario da consecución do récord absoluto de España en 5000 m. no meeting da Golden League en Oslo (Noruega) o 5 de xuño de 1996, establecendo un tempo de 14’44”95, aínda hoxe non mellorado, e ademais ser a única atleta olímpica guardesa.


O concello da Guarda adicaríalle unha ampla e moderna rúa que leva o seu nome

En setembro de 2016 celebrouse un evento sin precedentes: a subida ao monte Trega nun “desafío” entre o pontareano  Álvaro Pino en bicicleta, e 300 atletas correndo, con motivo do 30 aniversario da vitoria da Volta a España en 1986, sendo Julia Vaquero a madriña deste acontecemento.
 

 
Xulio de 2016. Julia Vaquero no consistorio guardés con o alcalde Antonio Lomba e concelleiros en recoñecemento o 20 aniversario da  proeza conseguida en Oslo en 1996.
 
Na actualidade Julia Vaquero, se está recuperando daquel sobreesforzo descomunal de: estudiar, dar clases, entrenar , competir, atender os medios, os actos socioculturais, situacións persoais adversas… Aquelas etapas gloriosas pasáronlle factura á súa saúde física e emocional. A súa filla Xulia se recrea escoitando as hazañas de súa nai.
 

 
Xulio de 2017. Julia Vaquero Sousa con Alfonso Ortega Casasnovas, o entrenador con quen alcanzaría altos niveis de gloria deportiva na década dos noventa. Escritorio/museo na casa  de Alfonso Ortega, onde ten expostos mutitude de recordos: mencións, premios, trofeos, titulos… destacando a medalla de prata ao Mérito Deportivo, imposta pola S. M. o Rei de España (foto Vitoriano)


Testemuñas dos éxitos de Julia Vaquero no atletismo
 

Exposición sobre a historia persoal e deportiva de Julia Vaquero na Casa Social do Percamino na Gándara en 21 setembro de 2017
 
Que este escrito para o Libro-programa das Festas das Mercedes de 2017 sobre a MELLOR ATLETA GALEGA DE TÓDOLOS TEMPOS e  REINA DO CROSS, sirva de recoñecemento e  homenaxe a Julia Vaquero Sousa, veciña do pobo da Gándara na súa infancia e xuventude, quen nos encheu a todos de orgullo pola súa extraordinaria carreira deportiva  e magnifica calidade humana.
 
E desexándolle   teña un merecido  futuro de benestar en xeral. ¡¡GRACIAS JULIA !!




Victoriano Rodríguez – A Ghoreña, Xulio de 2017
Nota do autor: Escrito no galego falado na nosa zona, que  onde vai dirixido, omitindo aquelas  palabras e formas do galego normativo que dificultarían a súa lectura . Por desexo da protagonista, non se mencionan certas cuestións persoais, por non ser este o marco axeitado para elo. Agradecer a Don Alfoso Ortega Casasnovas, os valiosos  datos aportados para este escrito no historial deportivo.
Regreso al contenido