JGSegret - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

JGSegret

Arquivo 2021
Josefa García Segret
Por José A. Uris Guisantes
  
Dona Josefa García Segret, natural de Santiago de Compostela e veciña de Forcadela (Tomiño)
 
Josefa García Segret, mestra, natural de Santiago de Compostela, veciña de Forcadela (Tomiño), casada co líder agrarista e dirixente de Izquierda Republicana, Hipólito Gallego Camarero, mestre en Forcadela, presidente da Federación Agraria de Tomiño, detido e tirado da prisión de Tui por falanxistas, executado e maltratado antes e despois de ser executado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, xunto a Francisco Rodríguez Otero; Manuel Piñeiro Zúñiga, natural de Noia (A Coruña) e viciño de Amorin (Tomiño); Domingo Páramos Núñez de Caldelas de Tui; Fernando Rubio Estevez de Guillarei e Manuel Pérez Besada de Guillarei.
 
Dona Josefa foi detida  o 15 de agosto 1936 e levada a distintas prisions, Monforte de Lemos, Astorga, Saturrarán, Salamanca, Cáceres, Badajoz, Almedralejo. A últimos de setembro de 1936 foi reclamada polo Xulgado Militar de Tui a efectos de estar acusada de rebelión militar, de volta volve a pasar polas prisions de Salamanca e Astorga ata chegar a estación do tren de Guillarei (Tui) o 4 de outubro 1936, xusto no mesmo día no que de mañanciña os falanxistas da Escuadra del Amanecer pasearan a seu esposo Hipólito Gallego Camarero.
 
Seu pai con 75 anos e enfermo quedara en Forcadela ao coidado dunha veciña, o que sen saber nada da filla e xenro morreu de pena…
 
A partir do 27 de xullo de 1936 tales feitos - hoxe despreciables- non existían, mellor dito non se tiñan en conta por unha parte de españois, da igrexia oficial, e dos militares sublevados, grandes culpables da guerra incivil española do 36/39 e da represión posterior. Hoxe no novo Milenio segue habendo intransixentes herdeiros dos protagonistas desa barbarie.
 
No libro Abajo las Dictaduras, publicado en 1982 por dona Josefa García Segret c/ Coto- Cesantes (Redondela) e impreso  por Artes Gráficas Galicia SA c/ Segovia (Vigo)  podemos ler na pax. 216[1]
 
                               […] Es Tuy recuerdo imborrable de masacre humana, dolor profundo de inevitable sufrir… de aquel tiroteo constante de fusilería cada mañana…   ¡Viva la muerte…! Gritaban las comadrejas en procesional desfile de algarabía nocturna con teas encendidas. ¡Viva la muerte…! ¡Viva Cristo Rey…! Retumbaban brutales voces, enardecidas por el deseo de más sangre…
 
O 1º de decembro 1936 lle foi incoado proceso  por rebelión militar. O 28 de decembro comunican por escrito que vai ser celebrado un Consello de Guerra Sumarísimo a celebrar en Vigo (rúa do Príncipe) e que escollera avogados defensores.
 

Urania Mella Serrano, presidenta da Unión de Mulleres Antifascista de Vigo. Filla do dirixente anarquista Ricardo Mella Cea e de Esperanza Serrano.
 
Por consello de Urania Mella escolleu – para súa defensa – ao avogados don José Queizán  Hermida. O 31 de decembro pasa a falar co avogado nas escaleiras do fallado do Xulgado Militar para non ser escoitados, quedaron en no presentar testemuñas de amigos e veciños porque tambien caerían presos.
 
1 de setembro de 1936. Foi depurado, o mestre, Hipólito Gallego Camarero, exercía en Forcadela (Tomiño). Sería paseado-asesinado o 4 de outubro de 1936 en Mondariz aos 36 anos.
 

Josefa García Segret e seu esposo Hipólito Gallego Camarero en 1930, ambolos dous Mestres.
 
O 4 de outubro de 1936, Francisco Rodríguez Otero, Hipólito Gallego Camarero e outros foron sacados por falanxistas da prisión de Tui e paseados (asasinados). Seus corpos quedaron tirados na vía pública na entrada de Mondariz. No caso de Hipólito foi martirizado antes e despois da execución, facendo de vivo e logo co corpo un verdadeiro escarnio.
 
Estaba de Alcalde e Delegado de Orden Público en Tui o Capitán lexionario, José Péñarredonda Fernández[2]
 

Isaura Gómez Pérez e Francisco Rodríguez Otero. Fotografía cedida por Mario Rodríguez Gómez.
 
Sacados pola Escuadra del Amanecer de la Falange que dirixía José Mª Salgado Méndez Núñez e seu lugartenente Miguel Sáez Mon e outros falanxistas de Tui, Tomiño e  A Guarda, foron executados a salida do pobo de Mondariz, seus corpos maltratados quedaron tirados na vía pública.
 
Dona Josefa foi detida o 15 de agosto de 1936, sen saber nada do seu home, pasando un auténtico calvario de penalidades, tivo que deixar a seu pai solo e enfermo con 75 anos,  que falecería un ano despois destes sucesos totalmente solo.
 
Detida en Tui puido salvar a vida nos primeiros meses, grazas a axuda do médico forense don José Abraldes, primeiro é logo do médico don Darío Álvarez Blazquez, sumando a complicidade e silencio das mulleres republicanas presas elí mesmo.
 
Simularon primeiro un embarazo de catro meses e logo un aborto sen feto, aproveitando que os guardians non quixeron ver o feto, na realidade eran uns trapos empapados na sangue da regla das presas. Percorreu varias prisions de mulleres para rematar no Penal de Mujeres de Saturrarán (Motrico-País Vasco) onde pasou verdadeiras penalidades, apechando cas secuelas o resto da súa vida.
 

D. Darío Álvarez Blazquez.
 

Escribíu o libro, xa esgotado, Abajo las dictaduras en 1982, baixo a protección e axuda económica da familia Álvarez Blazquez. Nese libro describe todo o calvario que pasou.
 
Na páxina 216 podemos ler, [...] Es Tuy recuerdo imborrable de masacre humana, dolor profundo de inevitable sufrir... de aquel tiroteo constante de fusilería cada mañana...  ¡Viva la muerte...! Gritaban las comadrejas, en procesional desfile de algarabía nocturna, con teas encendidas. ¡Viva la muerte...! ¡Viva Cristo Rey...! Retumbaban brutales voces, enardecidas por el deseo de más sangre...
 
Pero o 1º de decembro 1936 ten lugar a incoación do proceso  por rebelión militar. O xuíz instructor foi o Tte. Coronel da praza de Tui, Rafael Ruibal Leiras (tamén natural de Tui).
 
O  28 do mesmo comezan o Sumario da Causa nº 1302/1936, sendo xulgada en Consejo de Guerra no Palacio de Xusticia de Vigo o 7 de xaneiro de 1937.

 
 
Tribunal del Consejo de Guerra Sumarísimo contra doña Josefa García Segret
 
Presidente: Tte Coronel de Artillería retirado, José Albo Abascal
Vocales: Capitán de Infantería, Segundo Cobas Rivera; Capitán de Sanidad Militar, Francisco Domínguez Mauleón; Capitán de Infantería retirado, Antonio Ricote de Pedro; Capitán de Artillería retirado, Germán Aldea Martín.
Vocales Suplentes: Capitán Infantería Regimiento de Mérida nº 35, Fabián de Caso Castaneda; Capitán de la Guardia Civil retirado, Gumersindo Salinas Fernández.
Vocal Ponente: Tte Auditor movilizado, Ramón Rivero de Aguilar.
Fiscal Jurídico Militar de la Octava División, Joaquin Otero Goyanes.
Defensor: Alférez de Complemento del Regimiento de Infantería Mérida nº 35, José Queizán Hermida (tamén era avogado).
 
Sentencia: Pena de muerte. Conmutada por cadena perpetua. Revisión de pena el 10 de noviembre de 1937 por seis años y un día. Sale de prisión en marzo de 1944.
 
Por consello de María Urania Mella Serrano, outra grande muller republicana, que tamén estaba presa, escolleu para súa defensa o alférez de complemento e avogado don José Queizán  Hermida, que resultou un gran acerto, polo ben que levou a defensa, acordando non presentar testemuñas porque de seguro ían ser represaliados, vendo o que estaba acontecendo con outros Consellos de Guerra.
 
Urania era unha muller moi culta e comprometida socialmente, filla do líder anarquista e pensador Ricardo Mella Cea é de Esperanza Serrano. Casou con Humberto Solleiro Rivera, fusilado o 30 de outubro de 1936, acusado como ela de rebelión militar.
 
Foi mestra de piano e estudou  Bellas Artes na Escuela de Artes y Oficios de Vigo. Dende moi nova adicou a súa vida a defensa da muller, comezando a ensinar a ler ás mulleres do barrio de Lavadores (uns dos últimos reductos da defensa da república), para continuar logo dende a UME (Unión de Mujeres de España). Xulgada por rebelión militar en Vigo.
 
O 17 de outubro de 1936 o Tribunal do Consejo de Guerra Sumarísimo que xulgou a Ucrania é a seu esposo Humberto Solleiro Rivera dicta a Sentencia: pena de muerte.
 
Humberto, como dixen, sería axusticiado o 30/10/1936 e a Urenia lle foi conmutada  a pena de morte por 30 anos de prisión. Ingresa no Penal de Saturrarán (Motrico-País Vasco), onde  pasará nove anos para sair tres meses antes de falecer, deixando catro fillos,  Humberto, Raúl, Alicia e Concha Solleiro Mella.
 
A UME foi fundada en 1918 pola marquesa de Ter e dirixida por Mª  de la O Lejárraga García, natural de San Millán de la  Cogolla, mestra, escritora, editora e socialista. O obxectivo da Unión de Mujeres de España era crear conciencia de independencia e cidadanía.
 
Mº de la O Lejárraga  García
 
Josefa García Segret ingresa no Penal de Mujeres de Saturrarán (Motrico-País Vasco) o 20 de febreiro de 1938 onde estivo ata 1940, ano no que xunto a 300 presas republicanas son conducidas por cen gardas civís ao Penal de Mulleres de Palma de Mallorca, ata o 3 de agosto de 1943, de onde sae para voltar ó penal de Saturrarán, saindo finalmente indultada o 22 de marzo de 1944.
 
Saturrarán era unha Prisión Central de Mulleres estaba no Municipio de Motrico, nun antigo convento. Foi habilitada en 1938 e estaba especializada en mujeres extremadamente rebeldes y peligrosas. Moitas delas truxeran fillos pequenos  e outras pariron elí mesmo. De 1940 a 1944 chegou a orden de separar os fillos das nais para internalos nun Hospicio co fin de reeducalos. A maioría deles endexamais volveron xunto as nais nin devoltos as familias. Non se sabe con exactitude o número de falecementos, únicamente existía un censo onde aparecían 116 mulleres falecidas e 56 nenos tamén falecidos, entre 1938 a 1946.
 

Penal de mulleres de Saturraran
 
Relato de dona Josefa sobre a prisión de Saturraran:
 
[…] Saturrarán, Febrero de 1938. Vallecito risueño y encantador, cuya cara azotada por todos los vientos, dulcifica en brisa suave los sinsabores y amarguras que anidan en los pechos. Alivia el presente con sus risas de sol inundadas de luz y alimenta nuestras esperanzas con aureolas de color, que el deseo espera plasmar en ansiosa realidad.
 
Este pequeño valle, de forma triangular, sin más salida que el mar o la entrada de la prisión, es de un conjunto hermosísimo, que cautiva la vista donde quiera que ésta se pose.Constituimos la población penal unas mil setecientas presas políticas a causa de la guerra civil que se desarrolla en España.
 
Hállanse los edificios al fondo de unas elevadas lomas, matizadas de distintos verdes que hermosean las pequeñas vistas que desde el interior, por las ventanas, podemos apreciar. Forman estas lomas como un cinturón que sólo permite ver un limitado horizonte. Cortando la loma que se eleva al Oeste, pasa una carretera bordeando la costa en todo su contorno. Por los senderos que surcan las lomas, ascendiendo en forma de serpentina, vemos como patrullan los soldados al ir a relevar las guardias.
 
Los pabellones que sirven de prisión están separados unos de otros y algunos a distancia de más de doscientos metros. Están edificados a distintos lados de un riachuelo, que es nuestra delicia cada vez que bajamos a lavar nuestras ropas; metiéndose muchas con los pies en las corredizas aguas, lo cual ocurre una vez cada semana. Pero nuestra satisfacción sería que nos dejaran llegar a la playa, para poder disfrutar del fuerte oleaje que bate en las negras rocas, besando la arena cada vez que las olas se deshacen en rizada y blanca espuma.
 
Como quiera que no tenemos esa grata satisfacción, nos contentamos con el deseo, y algunas con darse unas chapuzaduras de pies en este riachuelo, cuyas aguas, claras cuando nadie lava y nunca cristalinas, vemos correr a juntarse con el mar. Digo nunca cristalinas porque era el desagüe de los “wáteres” y las defecaciones corrían arrastradas por las aguas y a veces las lentejas se veían flotando.
 
(...) Contrasta este hermoso y risueño panorama con el rígido vivir, que en el interior de los edificios se practica; dolor sobre dolor, no amontona nunca más que rencor.
 
(...) Los edificios que nos sirven de prisión son cinco, aparte las casitas en que viven el director, el portero y los soldados que nos dan guardia. Estos edificios, que hoy puede decirse están en ruina, se hallan al fondo de las lomas y debieron estar dedicados a balneario, por la excelente situación que ocupan, aunque sus aguas llamadas potables son de pésimos resultados, pues destrozan nuestro pobre organismo, que constantemente se ve atacado de las fiebres tíficas.
 
Tampoco sería de extrañar que estas casonas, que hoy sirven de prisión siendo mansión de dolor, hayan sido dedicadas, cuando alguna regia persona veraneaba en San Sebastián, a ciertas recepciones de carácter un tanto licenciosas. Lo que sí puede decirse con certeza es que antes de la guerra estaba dedicado a seminario.
 
Escrebe tamen dona Josefa sobre  Saturrarán: disciplina férrea, tan férrea, cuya Superiora, Sor Mª de AránzazuLa Pantera Blanca… …solo satisfacía sus entrañas con castigos glaciales… … sótanos, lugar de tortura e inundados por el río, siempre que la crueldad lo requería
 
Outra cita sobre ésa prisión de mulleres, […] Alrededor de 4.000 mujeres fueron recluidas, entre 1938 y 1944, en la cárcel de Saturraran, un antiguo balneario decimonónico en la bahía del mar Cantábrico. Con apenas un petate para dormir, en los mejores años del penal, y un retrete por cada 250 reclusas llegaron a convivir en el mismo espacio temporal alrededor de 1.600 mujeres. La investigadora y periodista María González Gorosarri, autora del libroNo lloréis, lo que tenéis que hacer es no olvidarnos calcula que cada presa disponía de alrededor de 45 centímetros de suelo para dormir.
 

Libro de María González Gorosarri
 
Unha vez sae do Penal de Mujeres de Mallorca, chega a Vigo e debe ingresar en 1945 na Clínica Millán debido a unha forte anemia, ciática, e problemas intestinais. Mais tarde volve a ser atendida na Clínica Dr. Torrens Santigosa (Extremadura).Volve a ser atendida en Madrid na Clínica Dr. Larruga Calvo aqueixada dunha forte depresión, anemia, reumatismo, apendicitis, hipertrofia no ventrículo esquerdo e problemas de colon. Como podeis decataros non estivo de excursión nas prisions polas que pasou.

No libro da súa autoría destaca a unhas cantas amigas republicanas presas como ela, que a fixeron mais forte, para poder pasar os oito anos de prisión, en condicions que hoxe non podemos imaxinar. Emilia Alvarez Sotelin; Dolores Valdés de Mieres; Mª  Jesús Vela de Campo de Criptana é Isabel Ponce de Madrid, tamén María Urania Mella, entre elas e as amigas/ da Guarda, Vigo etc. intercambiou ducias de cartas que debían pasar a censura, por iso inventaron un código especial do que darei unhas pinceladas:

chachalada ou Pachu era Franco; tarabicas = falanxistas; pajarillos = republicanos; juli = socialistas; dependientes = militantes socialistas; don Angel = o Estado; adan = Perón; blondas = cartas; carmen = policía; teléfono = radio; valentines = os cregos; viento = persecución; casas = países aliados contra os nazis; colorido = bandeira republicana etc.

Como tiña moitos amigos fora do seu lugar de nacimento que foi Santiago de Compostela (endexamais o volvería a pisar), dona Josefa pasou uns anos sendo encargada dos alumnos internos no Colegio Mezquita de Vigo, comezando no Curso 1953/54.

Lembro un dato importante no haber de dona Josefa, como foi a testemuña directa no xuicio por inxurias promovido pola familia do oficial do xulgado de Tui, Pablo Bugarin Domínguez contra o xornalista, Fernando Ramos Fernández (hoxe catedrático de Dereito a Información na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra), por un artigo que publicara  na Hoja del Lunes (13/07/1981) e na revista Sábado Gráfico, ben documentado, co título “Tuy, aquel verano del 36. Testimonio histórico de uno de los más significados procesos contra republicanos gallegos. Seis hombres buenos ante el pelotón”.

No artigo daba datos do oficial do xulgado de Tui, Pablo Bugarin Domínguez debido ó poder político que acadou dende o 26 de xullo de 1936, e as consecuencias das listas de republicanos que debían ser reprimidos ou suprimidos xunto a cooperación na feroz represión..

O Tribunal  do xuízo contra o xornalista estaba presidido polo maxistrado Mariano Rajoy Sobredo[3], pai de Mariano Rajoy Brey.
  

Fernando Ramos Fernández
 
[...] Fernando Ramos  escribíu  que o xuízo oral foi espectacular pola ringleira de testemuñas que depuxeron ó meu favor, entre eles dona Josefa García Segret, a mestra condenada a morte e que puído se salvar do fusilamento gracias a valentía do doutor Darío Álvarez Blázquez, fillo do médico Darío Alvarez Limeses un dos fusilados na Alameda de Tui, finxindo un inexistente embarazo. Naturalmente o  xornalista procesado saíu absolto.

Absolución do xornalista, escritor e profesor titular da Cátedra de Dereito da Información na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo don Fernando Ramos Fernández, por parte do Tribunal Supremo.

O escritor fora denunciado e acusado de calumnias por a familia de Pablo Bugarin Domínguez relacionado ca represión franquista en Tui a raíz da publicación deste artigo no xornal La Hoja del Lunes do día 13 de xullo de 1981.

Título: Tui  aquel verano del 36.Testimonio histórico de uno de los más significativos procesos contra republicanos gallegos. “Seis hombres buenos ante el Pelotón”.

Texto:   […] El culpable de esta masacre de siete personas fue el oficial del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción de Tui, Pablo Bugarin Domínguez. Este cacique antes de que entraran las tropas llamadas nacionales tenía preparada la lista de las personas que debían de desaparecer si el sistema fascista se implantaba.
Es la tenebrosa sombra del cacique que mueve los hilos de la revancha. Podía decidir sobre la vida y la muerte de muchas personas cuyo delito más grande era el de tener fe en la República y en el Orden Democrático.
La familia del entonces Alcalde de Tui [que fue uno de los que consiguieron escapar del pelotón de fusilamiento] nos facilita algunos recuerdos de  Guillermo Vicente Santiago y sobre todo nos da cuenta del expolio cometido por aquellas fechas contra las propiedades de su padre y de su abuelo.

Tenían una imprenta en Tui donde su padre publicaba el semanario Tribuna. Esta imprenta estaba a nombre del padre del Alcalde Manuel Álvarez Portela, el cual al ver que su hijo era perseguido se mostró incapaz de reclamar la imprenta que les había incautado las huestes de Bugarin.

D. Guillermo se murió el 1º de mayo de 1940 en el escondite donde lo tenía su familia en el barrio de Pintán ( A Guarda), su muerte le sobrevino después de una fuerte “emoptisis” ya que pasara por muchísimas privaciones y estaba tuberculoso en grado avanzado, así es como lo manifestó el Dr. D. Darío Álvarez Blazquez en varios de sus escritos, pues él era el médico que lo atendía desde Tui,  por medio de familiares que le explicaban el curso de la enfermedad, luego estos familiares, la mayoría de las veces su madre, se trasladaban a Sabaris [Baiona], a través del monte, para comprar las medicinas debido a que todos ellos estaban muy vigilados por los falangistas de A Guarda.

Lo enterraron en Pintán en el suelo de un cabanón y cuenta una parienta de la familia [Martina] que ése día había muchos pajaritos cantando por en medio de las verduras y por los tejados.

Sobre la propiedad de la imprenta quienes pueden facilitar algún dato son dos personas afincadas en Tui en aquellas fechas, y que eran amigos de Guillermo, y eran el médico Dr. Losada y el farmacéutico D. Ulpiano Piña a los que perseguían también los fascistas por si podían cogerlos en algún fallo.

Isto é o que don Fernando Ramos Fernández me escribíu sobre o asunto: […] Eu escribira sobre os últimos días do Tui republicano e sobre a represión exercitada sobre os seus defensores, persoas de diversa ideoloxía e posición social, desde o anarquismo a pequena burguesía nacionalista[4]. Homes bos, en todo caso, e xentes de ben que mantiveron ó orden legal dentro da Vila[5].

Entre os documentos esenciais manexados para reconstruír o acontecido, ademais das testemuñas persoais, dos sobreviventes,a escasa bibliografía existente e pouco mais, fora decisiva a confesión dun falanxista arrepentido e sobre todo a copia clandestina do expediente do Consello de Guerra, obtido pola familia dun dos axustizados, gracias á paciente labor dun amanuense que tivera acceso, como soldado, aos valiosos documentos, pechados entón e me temo que hoxe, pola Xustiza Militar.

O personaxe maligno daquela historia era un oficial do xulgado[6], home ruín onde os houbera, de vida miserable. A súa familia querelouse contra  min e perderon, porque fun absolto en tódalas instancias, salientándose que non se pode impedir que os historiadores conten antes ou logo a verdade dos feitos ocorridos.

Presidía o tribunal o maxistrado Mariano Rajoy Sobredo[4] (pai de Mariano Rajoy Brey), o xuízo oral foi espectacular pola ringleira de testemuñas que depuxeron ó meu favor, entre eles dona Josefa García Segret[8], a mestra condenada a morte e que puído se salvar do fusilamento gracias a valentía do doutor Darío Álvarez Blázquez, fillo dun dos fusilados na Alameda de Tui[9], finxindo un inexistente embarazo.


O médico don Darío Álvarez Limeses fusilado na Alameda de Tui polo Glorioso Movemento Nacional.

Houbo unha testemuña especialmente emotiva para min sobre aquel caso: o de un mestre republicano que, dentro do programa de reeducación, tivo que asistir o fusilamento dos derradeiros defensores de Tui. Contoume dúas cousas que aínda hoxe me arrepían: o feito de que pouco antes de ser pasado polas armas, un carabineiro republicano pediu permiso para mexar. Polo visto non quería morrer incómodo.

Outra cousa é que o fillo daqueles axustizados, xunto o seu pai, cubriu co seu corpo – xenerosa e inutilmente – o do seu pai, nun desesperado intento de lle preservala vida no momento supremo de soar a fatal descarga. Moitos anos mais tarde, logo do intento de golpe de Estado do 23-F, Gutiérrez Mellado, a quen lle preguntei en que pensaba cando tentou a corpo limpo desarmar ó golpista Tejero. Pensaba – me dixo – que nunca, nunca más se pueda dar que un español se enfrentara a otro español en una guerra civil.
 
Dona Josefa, finou en Vigo en agosto de 1986, despois da súa derradeira estadía na Guarda na casa de tres grandes amigas María (no rexistro figura Manuela) Baz Domínguez e Aurora e María Álvarez Alvarez (nai e filla), coñocidas na Guarda por As Auroras... é de 50 anos de sufrimento desde aquel fatídico outubro de 1936, polo desgraciado Glorioso Movimiento nacional por la Gracia de Dios…
 


Manuel Baz Domínguez “Pildirica”, viuva de Antonio Domínguez Pacheco, paseado-asasinado o 10 de agosto de 1936 en Paraños-A Sangriña.
 
María Álvarez Álvarez en 1926.
 
Aurora Álvarez Álvarez en 1939.
 
 
 
José A. Uris Guisantes
2014
________________
[1] Gritos ,voces, tiros e arengas escoitados dentro da prisión de Tui, onde hoxe están os Xulgados de Instrucción.
[2] Nomeado o 26/07/36 e cesado o 26/10/36. Pasaría a mandar a Compañía nº 33, logo nº11 da Bandera de Franco (IX Bandera con 4 Compañías), onde ascendeu a Comandante.
[3] O mesmo que entre outros servicios prestados a Franco, foi non permitír que no  macro xuízo do Aceite de Redondela-REACE, declarase como principal acusado Nicolás Franco Baamonde.Caso de roubo multimillonario de aceite do Estado. Falecendo 6 persoas,  por suicidio, matanza familiar, por emanacions de gas na carcel de Vigo,etc.
[4] Representada polo Partido Galeguista.
[5] O igoal que pasou no resto das vilas e aldeas do Baixo Miño.
[6] Pablo Bugarin Domínguez, oficial do Xulgado. Fuxido a Portugal nos dias da sublevación militar. .
[7] Entre os servicios prestados a Franco: non permitír que no  macro xuízo do Aceite de Redondela-REACE, declarase e se implicase a Nicolás Franco no roubo multimillonario de aceite do Estado. Faleceron 6 persoas, suicidio? matanza familiar, emanacions de gas na prisión de Vigo?,etc.
[8] Xesús Alonso Montero ven de publicar Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948.
[9] O médico de Tui, don Darío Álvarez Limeses
Regreso al contenido