Fundación O Percamino - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Fundación O Percamino

Arquivo 2021
XXV ANIVERSARIO
DA FUNDACIÓN  DA
A.VV.  O   PERCAMINO
por Victoriano Rodríguez
 

Primeiro anagrama da A.VV.  O  Percamino.
 
Fúndase a Asociación veciñal O Percamino de A Gándara en 1991 ante a necesidade de canalizar as diversas carencias comunitarias e veciñais dos pobos de A Gándara, Pintán e Proba. Na década dos 80, persoas con inquedanzas sociais  se poñen ao fronte das xestións  e realizacións das necesidade de melloras comunitarias de todo tipo, dándose un sistema mixto, onde os veciños aportaban a man de obra e as Administracións os materiais; na Gándara se necesitaban varias melloras públicas, entre elas a necesidade de entubar e aterrar o camiño fondo, que daba acceso dende a estrada xeral nas Cachadas a Xunqueira, vial necesario para o cultivo de fincas e os aproveitamentos da Ribeira; ante a envergadura da obra e de solicitar cantidade de materiais e maquinaria necesaria, obriga ao colectivo de veciños encabezados por Paulino Rodríguez a constituírse nunha asociación legal para solicitar ditas axudas as distintas Administracións.  Por estes motivos e desta maneira nacería fai 25 anos a Asociación O PERCAMINO, que neste recorrido e ata o día de hoxe ten realizado un amplísimo conxunto de variadas actividades no terreo socio-cultural.
 

Inverno de 1990. Pote de Saladina. Primeira xuntanza de veciños da Gándara para constituír unha asociación veciñal, nas que se canalizaran as inquedanzas do pobo. Pola esquerda Ricardo Lomba (DEP), Daniel  Vicente, Manuel G. Vaquero, Paulino Rodríguez, Angel Lomba Lito e Florindo Rodríguez. (Foto Vitoriano). (A tonalidade branca na foto é do fume do pote).
 
A principios dos 90, Paulino Rodríguez mantén xuntanzas con un grupo de veciños con inquedanzas sobre as necesidades do pobo e,  principalmente naquel intre sobre a mellora  dos accesos a Xunqueira, nos que  xa estaban facendo xestións,  sendo necesario para elo constituírse nunha asociación legalizada. A tal fin, o 20/31 de xaneiro de 1991,  convocan aos veciños dos pobos da Gándara, Pintán e Proba a unha asemblea nas escolas de Regudíns, asistindo un cento de veciños, da que sairía  a  Comisión Xestora  Veciñal, quedando conformada da seguinte maneira:
 
Presidente:  Paulino Rodríguez González
Vicepresidente:  Ricardo Lomba Giráldez (DEP)
Secretario: Juan Vicente Vasconcellos Tesorero:Angel Lomba Giráldez  Vocais:
Victoriano Rodríguez González
Alfonso Rodríguez Martínez
Esteban Rodríguez Vicente
Honorio Rodríguez Gil (DEP)
Agustín González Lomba
Argentino Martínez Fernández
Ricardo Martínez Martínez
 

Documento da constitución da Xunta Xestora en 20 de xaneiro de 1991
 
Esta Xestora redactaría os estatutos e se  legaliza  con o nome de ASOCIACIÓN de VECIÑOS e PROPIETARIOS “O PERCAMINO”, comezando con as diversas actividades. Sendo rexistrada oficialmente no Goberno Civil de Pontevedra en 26 de abril de 1991.
Os principios  da Asociación  O Percamino  según os seus Estatutos son:
 
Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:
a)      O establecemento do necesario nexo entre os afectados po los problemas urbanísticos dos barrios que a forman, no que se refiere a súa hixiene, conservación , promoción da enseñanza, cultura, deporte, embelecemento, e en xeral a defensa dos intereses lexítimos dos veciños que forman a Asociación, promovendo en común as iniciativas necesarias realizando as xestións cerca das Autoridades, Funcionarios, organismos Públicos e Privados de todo orde necesario para a súa solución.
b)      Dentro das normas e cauces legalmente establecidos, promover así mesmo, cantas iniciativas conducentes a solución dos problemas colectivos que afecten a realización integral dos veciños como persoas humanas.
c)      Asumir a defensa dos veciños, en cuanto resulten afectados pola actuación Pública en materia de urbanismo, exercendo o efecto cantas accións  poidan corresponder a un ou varios dos seus asociados, ante calquera clase de Organismo Público ou Xurisdición, podendo o efecto dar os necesarios poderes xerais para pleitos coas facultades que son usuaiss a este tipo de documentos.
d)      Recabar o asesoramento necesario e convintes para os fins antes mencionados e expolos os asociados de forma individual ou colectiva , adoptando a vista dos mesmos os acordos que procedan.
 
Artigo 3°.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organiza-las seguintes actividades:
a)      Festas, Torneos, Competicións, etc.
b)      Cursos de Formación, Grupos de Musica Folclórica, Grupos de Baile. Obras de Teatro, Grupo de cantareiros/as, etc.
c)      A consecución dos medios materiais, sociais e culturais útiles para o desenvolvemento dos pobos que forman a Asociación.
d)      Todo relacionado con os fins da Asociación que considere realizar e potenciar os obxectivos da vecindade asociada.
Como Asociación sen animo de lucro destinarase os devanditos fins todolos ingresos que se obteñan por calquer concepto.
 
Artigo 5°.- A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial dos barrios de A Gándara , Pintán e Proba.
 
Tamén se confeccionaría o anagrama, que consiste nun escudo con cinco elementos presentativos da área xeográfica da Asociación. Arriba a esquerda: un engranaxe que representa a unha  das maiores fábricas da bisbarra: As Cachadas.; arriba a dereita:  unha espiga de millo, representando a fértil agricultura; abaixo a esquerda a arboreda  do monte Torroso; abaixo dereita: as ondas da auga do río, representando a Xunqueira e no centro o cruceiro do Crego na Porta do Bicho - As Pozas, que data de 1661, sendo un dos mais antigos da zona. O escudo está atravesado por unha sinuosa franxa azul, representativa do Pai Miño e flanqueada con dúas columnas  cos nomes de dúas localidades que soportan dúas copas que estaban  nas columnas pétreas  na entrada do paseo do PERCAMINO.
   
O nome de PERCAMINO foi posto do que figuraba nas columnas da entrada o paseo do Pergamino. Dicir a estas alturas, que ese nome  foi sacado do escudo esculpido na columna, que era o que se lía. Posteriormente consultada a documentación, onde se observa que   D. Severino, seu fundador, había exercido en Pergamino, Arxentina; posiblemente o tempo borrase o rabicho da G. O percatarse desta posibilidade, o tema foi tratado na Asociación, si se cambiaba o nome, acordando que quedaría Percamino, pola familiaridade e uso xa utilizado, ademais que como dicía ao respecto o historiador Xoan do Tamuxe: Per-Camino: Por el camino, era a función dese paseo: servir de camiño entre a carreteira  principal e a capela e abadía. En  tempos pasados por este. lugar era o recorrido da procesión no día das Mercedes; baixaba por esta avenida, propiedade da capela, iba dar a volta ao cruceiro das patas e volvía a subir por este mesmo lugar. A Asociación se interesaría da situación do Paso del Pergamino por escrito enviado ao  Obispado cando fora vendido a particulares.


Estado a mediados dos noventa da antiga entrada do paseo do Pergamino, que unía a estrada
con a capela e a Casa Grande Abadía. Actualmente está modificado, xa que a Iglesia,
no ano 1995, venderao a particulares. Os copóns superiores están en poder do bispado (Foto Vitoriano).
O 25 de agosto de 1991 se realiza  unha asemblea xeral  popular para elixir a Primeira Xunta Directiva da  recentemente legalizada asociación veciñal, da que  sairían  elixidos os seguintes veciños:
 
Presidente: Paulino Rodríguez González
Vicepresidente: Ricardo  Lomba Giráldez.(DEP) Secretario: Ricardo  Martínez Martínez Tesoureiro: Angel Lomba Giráldez.
Vocales: Esteban Vicente Rodríguez, Alfonso Rodríguez Martínez, Ricardo Rey Trigo, Florindo Rodríguez Lomba, Antonio Lozano Ruiz(DEP), Manuel González Vaquero  e Daniel Vicente Lomba
  

Primeira directiva da A. VV o Percamino en 1991 (Foto Vitoriano).
 
A partir de aquí, se renovarían as sucesivas  directivas,  tal como establecen os estatutos: parcialmente o cincuenta por cento cada dous anos, e toda cada catro. Nesta asemblea se acorda fixar unha cota anual por socio de 500 pesetas. Tamén reunións semanais da directiva. A Asociación tivo unha media de 400 asociados durante estes 25 anos.
   

Asemblea popular veciñal da recentemente constituída Asociación en 1992. (foto Vitoriano)
 

Paulino Rodríguez González, o día 14 de setembro de 2014  no acto de inauguración da Casa Social.  Fundador e primeiro presidente dende aquela primeira Xunta Xestora da A.VV. O Percamino en 1991, seguindo sendo presidente das distintas Xuntas  Directivas ata o día de hoxe (2016) Sendo reelixido por petición maioritaria das Asambleas. (Foto Vitoriano).
 
Durante estes vinte cinco anos, a Asociación realizou múltiples e variadas actividades, cara o benestar dos veciños  como deseguido veremos:                                          
 
OBRA PÚBLICA
 
Aparte das realizacións propias, a Asociación levou a cabo múltiples  xestións e reclamacións ante as Administracións correspondentes, cara a conseguir melloras en todos los ámbitos necesarios da localidade:
 
-        Arranxo e entubado do camiño que vai da estrada das Cachadas a Xunqueira a principios dos noventa.
-        Manifestacións cara a conseguir a traída de augas. No pleno municipal  de xaneiro de 1992, acoden setenta veciños de A Gándara, Pintán e Proba reclamando este servizo.
   
-        Reclamación  sobre:
 
-        O vertedoiro incontrolado o final do camiño do Porto na boca da Xunqueira
-        Recollida de firmas en 1995 para o alcantarillado para A Gándara, Pintán e Proba (1995/96).
-        Melloras na recollida do lixo e dos residuos voluminosos
-        Arranxo de camiños
-        Rotulación de rúas, conservando a súa toponimia orixinal
-        Reconstrución da fonte, lavadoiros e presa da Fontebieita
-        Arranxo augas superficiais nas Patas- Melloras seguridade na estrada ao Rosal.
-        Mellora do alumeado público
-        Melloras no reparto do correo
-        Solicitude en 1993 do entubado da saída das aguas  da fonte e lavadoiro de Regudíns
-        Solicitude asfaltado camiño da capela.
-        Seguimento ao Poligono Industrial do Viso- Soportamento do tráfico pesado polas estradas da Gándara.
-        Xestións ante o bispado pola situación do Paso do Percamino.
-        Alegacións en 1993 ao Plan de Ordenación Urbano
-        Análises de augas das fontes de Regudíns, Fontebieita, Pintán.
-        Xestión dos enganches da traída de auga aos veciños. Compra de contadores.
-        Indicadores para os barrios.
-        Alegacións a Vía de Alta Capacidade. Problemática das servidumes. Afectación as fontes, regadíos   e pozos dos veciños. Desfeita do paraxe natural da Fontebieta.
-        Retirado do mástil da bandeira do medio da Praza dos Seixiños
-        - Informe de instalación de deposito de gases nas Cachadas.
-        Limpeza de regos foreiros nas Bouzas, Ceña Vella, Lameira, Xunqueiriñas…
-        Traslado do transformador de alta tensión da Praza dos Sexiños.
                                         

Agosto de 1992.- Reconstrución da fonte, lavadoiros , presa e adecentamento do entorno da Fontibieita polos veciños, que había sido arrasada pola pala do Concello en 1986. (Foto Vitoriano).


7 maio de 1993. Veciños da Gándara cunha pancarta da A .VV O Percamino reclamando a traída de augas para A Gándara, Pintán e Proba, ao paso das autoridades cara a inauguración do Centro Cultural. (foto Vitoriano)

Curioso momento, na dereita da foto, Miguel fillo de Victoriano con a pancarta reindivicativa do Percamino e o outro fillo Ismael tocando o bombo no grupo que acompañaba  ás autoridades. (Foto Vitoriano).

Marzo de 1995.- Recollida de firmas na Praza dos Seixiños, para reclamar o alcantarillado para  A Gándara, Pintán e Proba. (Foto Vitoriano).
 
RELACIÓNS SOCIOCULTURAIS
•  Festa –homenaxe. Día na nai
•  Homenaxe a socios e personaxes distinguidos
•  Estudio e asesoramento á problemática da xuventude
•  Petición ao concello de adicarlle a travesía que vai dos Seixiños a Pintán ao destacado veciño Francisco Lomba.
•  Colocación da bandeira  a media asta na Praza dos Seixiños cando falece calquer  veciño residente ou  ausente.
•  Xestións ante a Asistenta Social, de persoas en extrema necesidade
•  Xestións sobre os gandos que saían da Xunqueira a destrozar os cultivos dos veciños.
•  Xestión impostos a vehículos agrícolas.
•  Organización comitiva Haloween- Samaín
•  Xestión de descontos na Piscina Municipal a asociados
•  Concurso para a portada do libro e dos carteis
•  Lotería do Nadal sen recargo
A modo de exemplo, da ampla actividade desenrolada por esta asociación de seguido unha relación de actos no Setembro Cultural de A Gándara  2012 (todos os anos nese mes, repítese unha programación parecida a esta):
Sábado 1.- 4º Campionato de cachiza,  na rúa das Pozas a partir das 4 da tarde.
Sábado 15.- 2º Serán, na praza dos Seixiños, as 10 da noite, organizado polo grupo local A Boalleira.
Venres  21.-  XXVI Festa da zorza, dende as seis da tarde hasta a media noite que se celebrará unha Gran Queimada. Amenizará este evento, o grupo de gaitas A Boalleira. O recinto estará cuberto con carpa.
Sábado 22.-  12ª  Carreira pedestre popular Julia Vaquero. A partir das seis da tarde nos Seixiños. Inscrición do dia 18 ao 22, no tfno. 609117835, e dúas horas antes do comezo, no local da AA.VV.
A Partir das nove, verbena-baile, amenizadas polas orquestas: COSTABLANCA e SABROSITO.
Domingo 23.  Pola mañán pasarrúas a cargo do grupo de gaitas: Treboada Baixo Miño.
Xornada de xogos tradicionais e deportivos na rúa, para neno/as dende as 17 as 19 horas: bolos, zancos, pións, corda, pañuelo, o gato e o rato.. Dirixida por Forum.
Xou dos campelos  (Dúas persoas distintas e un humor verdadeiro) A partir das 19 horas. Ao remate se servirá chocolate gratis.
Actuación do Trebón dos Xidos a partir das 21 horas
Luns 24 . A partir das seis da tarde, actuación de A Boalleira, A Fonte do Frade de Goian e máis outros grupos  de gaitas. Exposición de fotos antigas. Relacionadas con  A Gándara e as súas xentes, os días 21, 22, 23 e 24 no local da A.VV.
Actos Relixiosos. En honra a Nosa Señora Virxe das Mercedes. Comeza a novena o dia 14; as 19 horas rosario, 19.15 novena e 19.30 misa.
Domingo 23. As doce da mañán: Misa solemne ca participación da Coral do Club da Terceira Idade de A Guarda, con sermón e procesión.
Construción da casa social
 
Ante a precariedade  de deambular por distintos locais de veciños para poder levar a cabo reunións e  o resto das actividades, en novembro de 1991, empezase a forxar a necesidade de ter un local propio, comezando as xestións para facerse cunha Casa Social. Entrevístanse con ó parlamentario Diz Guedes, que lle dí que en Salcidos xa existía un local social e que as A.VV. eran obsoletas. Se baraxan varios lugares entroutros en terreos anexos a Fontebieita, ou a compra da casa de Luisa en Regudíns en 1995, tamén descartada por no prexudicar a lindeiros . En 1996 se acorda como  máis idóneo
 

Casa Social da A.VV O PERCAMINO, na Praza dos Seixiños (Foto Vitoriano).
 
o lugar dos Seixiños. Para tal fin se compra a Eduardo González Santiago a finca da Tia Iderina anexa o torreiro de festas, onde se construiría a Casa Social. Eduardo daría grandes facilidades ao pago desta parcela e posteriores axudas a súa edificación. No ano 2000 contactan co estudo de arquitectura de D. Pedro Pou Saracho para a redacción do proxecto e xunto con Bartolome González Carrera levando a dirección de obra, se empeza a construír o Local Social. O proxecto foi redactado polo arquitecto técnico municipal D. Hermelindo Martínez.
 
En 2009 se cede o resto da parcela non edificada ao Concello para realizar a obra de humanización da Praza dos Sexiños, que xunto ca Casa Social fan un conxunto de harmonioso entorno, para uso e disfrute veciñal. Despois de múltiples xestións e esforzos en recadar o alto  montante para a compra da finca e construción da obra, foi oficialmente inaugurado este emblemático edificio social, o 14 de setembro de 2014. O alto coste desta útil obra foi sufragada da varias enxeñosas maneiras: Subvención da Administración Local, Deputación e Xunta, Comunidade de Montes de Salcidos, Caixa de Pontevedra… Para arrancar as obras a Asociación pide aos veciños un préstamo voluntario e a devolver, que vai das 5 000 pesetas en adiante, xuntando desta forma 687 000 pesetas. Dándose a grata situación que, pasado algún tempo case a totalidade dos veciños
 

14-09-2014.- Autoridades e veciños asistentes a inauguración oficial da Casa Social da A.VV. O PERCAMINO. O párroco de Salcidos Don Pascual, diríxese acompañado do presidente Paulino Rodríguez a bendición das novas instalacións. (Foto Vitoriano).
 
renunciaron a recuper o prestado. Tamén houbo donativos de empresas e particulares. A maior forma de ingresos para a obra da Casa Social, fora con o goteo permanente de pequenas cantidades de beneficios que durante este longo tempo ia tendo a Asociación na venta de rifas, cantinas,  loterías, comidas, actos, bingo…
 
Neste acto, serían distinguidos con a insignia de ouro da Asociación ao presidente Paulino Rodríguez González, polos anos dedicados na coordinación desta edificación, e a Eduardo González Santiago Ardo de Teodora pola altruísta colaboración nesta consecución.
Placas colocadas na fachada da Casa Social o día da súa inauguración na que figura o escudo do Percamino e os nomes da Directiva nesa data. (Foto Vitoriano).
FESTAS DAS MERCEDES
 
Acórdase na primeira Asemblea de 25 de agosto de 1991, e pola vía do art. 4 dos seus estatutos, que a programación da Festas das Mercedes pasen a integrarse dentro da Asociación, quedando definitivamente integrada na sesión de 27 de abril de 1993.
 
Na programación da Festa das Mercedes realízanse diversos e variados actos: Bailes, verbenas, serán, xogos, carreiras, atraccións varias, zorzada, elección raíña das festas, exposicións…
 
-            Cartei anunciador das festas do ano 2015.
-            Colaboración con os actos relixiosos
-            Concurso para o  cartei  das festas e portada do libro.
 
LIBRO-PROGRAMA DE FESTAS
 
Ante a enorme dimensión  que chegaba o cartel anunciador das festas, ao ir aumentando os anunciantes, a  partir do ano 2002 acordase editar un libro-programa das Festas das Mercedes de aprox. cen páxinas, (ultimamente entre 120/140). Sendo o encargado do seu formato, este autor, aportando a maioría dos traballos literarios e fotografías, baseados nas costumes, historia e persoas relacionadas con A Gándara e seu entorno.
 
EVENTOS GASTRONÓMICOS
 
Anualmente véñense celebrándose diversos eventos gastronómicos:
 
Festa do cocido. Cenas- bailes da Asociación. Xantar-festa do socio. Sardiñadas de San Xoán. Tortilladas- frixidelas no Antroido. Sopas de burro cansado. Torradas de viño e de leite…
 
Destaca a FESTA DA ZORZA con remate de queimada popular e actuación de gaiteiros, da que se  cumpre este ano a XXX edición; evento gastronómico de gran aceptación popular, o ser pioneiros e única coñecida. Nos principios se compraban os porcos e se facía nas vésperas unha matanza tradicional no cabanón de Casiano, se preparaba a zorza, se separaban os osos e se salgaban, con os que se faría no inverno un suculento cocido popular  Nos últimos tempos, se compra a carne de primeira, certificada, e días antes os veciños levan o coitelo da casa e pican os 350-400 quilos de carne en zorza, ao final se prepara o fígado encebolado para os colaboradores. O día da zorza se distribúen mais de 1100 racións no  recinto de festas, sendo rematado o evento cunha monumental queimada, realizada por Victoriano da Goreña. Este acontecemento forma parte da letra dunha canción tradicional do Grupo Lareira. Este evento, por único e peculiar foi grabado en varias ocasións pola TVG e outras, sendo retransmitido posteriormente en repetidas ocasións.





Preparando o fígado encebolado para os colaboradores de picar a zorza. (Foto Vitoriano)

Remate da zorzada con queimada popular, por Victoriano da Ghoreña e Carla Baz

Polo mes de novembro, celebrábase a Cena- baile do Cocido, con  diversas actividades.
 
Anualmente polo mes de xuño celébrase O Xantar do Socio,  na explanada da Fontebieita con comida típica de churrasco, pulpo a feira, carne o caldeiro, empanadas, zorza, rosca de roxóns, arroz con leite… e diversas actividades populares, nos últimos anos vense celebrando no Casa Social.

XANTAR DÍA DO SOCIO




A BOALLEIRA
 
Dentro do seo da Asociación en 1996  crease o Grupo de Gaitas A Boalleira , nome  dun lugar de aproveitamentos de pasto e boallas para o gando, no noroeste da illa Canosa fronte A Gándara, este grupo estaba composto nos seus inicio por  rapace/as  e maiores, e como profesor o  ilustre“ Tío Pepe o Gaiteiro de Novás”

En 1996.- O recentemente creado Grupo A Boalleira, animando na Festa do Día da Poesía na Fontebieta.  (Foto Vitoriano)
.
GRUPO CORAL O PERCAMINO  
 
No ano 2003, crease o GRUPO CORAL O PERCAMINO.  Sendo seu directores e mestres Tino Baz e Xosé Rodríguez XOROGO .

Compoñentes da Coral do Percamino en 2003, con seu director XOROGO. (Foto cedida por Lela A Pingueta).
 
Letra do Himno do PERCAMINO, escrita en 1996 para A Boalleira por Xosé Rodríguez XOROGO, sendo cantada polo grupo coral e seguindo vixente na actualidade no repertorio do grupo A Boalleira: Himno “O PERCAMINO”
Cantade rapaciños que
as mozas, todas bailan
cantemos todos veciños
que con nos, temo-la Gaita.
Cantade rapaciños que
as mozas, pra festa van
cantemos todos xuntiños
Gándara, Proba e Pintán.
Marchando van
cantando van
pandeiro e mais
Gaita na man.
Marchando van
cantando van
A Gándara,
Proba e Pintán.
Toque a
Gaita e o
pandeiro
zumbe a
caixa e o
bombeiro.
Cantando sigan
polo camiño
esta cantiga
O Percamino.
Escoitade rapaciños
como elas, tocan a
Gaita
nestas cousas de veciños
as mulleres, son que mandan.
Escoitade xa rapazas e
quen non, que non escoite
que hoxe teremos Gaita
todo día e toda a noite.
EXPOSICIÓNS
 
Celebracións de  exposicións de temas variados: de tradición de oficios artesanais, dos diversos cursos impartidos pola Asociación…


1993 Exposición de bordados, nas escolas de Regudíns (Foto Vitoriano).
 
CONFERENCIAS-CURSOS
 
-  Impartición de diversos cursos artesanais de Cestería, bimbes, floristería, manualidades, alfarería, bordados, encaixe de palillos, alfarería, arte floral… algúns destes cursillos foron impartidos gratuitamente polos socios directivos Ricardo Lomba, Ricardo Rey e Honorio Rodríguez ( todos DEP).

2015.- Exposición de máquinas de coser na Casa Social, das costureiras da Gándara, Pintán e Proba. (Foto Vitoriano).
 

2001.- Exposición fotográfica de  Victoriano nas escolas da Gándara sobre o conflito dos Balcáns (Foto Vitoriano).
 

2012.- Exposición fotográfica sobre persoas da Gándara, na Casa Social (Foto Vitoriano).
 

09-2015: Exposición de ferramentas utilizadas na cabaqueira (Foto Vitoriano).
 

09-2014: Exposición de ferramentas agrícolas. (Foto Vitoriano).
 
-  Impartición técnicas de Pilates.
-  Técnicas  para melloras da memoria
-  Cursos de Inglés
-  Durante 2016, impartición de varios  cursos para obtención do carné de Aplicación de Productos Fitosanitarios. A día de hoxe  (xunio de 2016), se siguen impartindo.
 

Demostración de aplicación de produtos fito sanitarios na Casa Social do Percamino en  abril de  2016 (Foto Vitoriano).
 

14-12-2012: Conferencia na Casa Social sobre a Flora Ornamental de Galicia, polo Botánico Rodríguez Casal (Foto Vitoriano).
 


O4-2015: Conferencia na Casa Social Sobre Os Telleiros de Salcidos (Foto Vitoriano).
RAÍÑAS DAS FESTAS
1995.- Mercedes Rodríguez Español
1996.- Gema Pacheco Goyás
1997.-Sofia Álvarez Baquero
1998.- Isabel Pacheco Gómez
1999.- Vanesa Sánchez Fernández
2000.- Marta Domínguez Álvarez
2001.- Gloria  Álvarez Alonso
 

Gema Pacheco Goyás. Raiña das Festas das Mercedes en 1996.- (Foto Vitoriano).

Sofía Álvarez  Vaquero.  Raiña das Festas  das Mercedes en 1997, cortando a tarta, na Festa do Cocido (cea–baile) anual, acompañada con membros da Comisión de Festas. (Foto aportada por Sofia A. Vaquero)

Isabel Pacheco Gómez. Raiña das Festas das Mercedes en1998.- (Foto Vitoriano).

Vanesa Sánchez Fernánde. Raiña das Festas das Mercedes no ano 1999 (Foto de Vanesa Sánchez)

Marta Domínguez Álvarez. Raiña das Festas das Mercedes no ano 2000. Foto de Marta Dominguez).

Florindo Rodríguez. Festas das Mercedes. (Foto Vitoriano).  (Foto Gloria Álvarez).

COMISIÓN DE FESTAS E PRESIDENTES

Alfonso Rodríguez e Florindo Rodríguez

Gloria Alonso e Rosa María Rey

Compoñentes da comisión de Festas das Mercedes de 1993. (Libro Festas 1993)

Comisión  de festas das Mercedes en 2008. (Foto Vitoriano)
EXCURSIÓNS
 
A Asociación organizou excursións a diversos lugares de interés:  En 1992 a fábrica de Citroën.
En 1994 a gañar o Xubileo a Compostela con motivo Ano Santo En 1994 a Silleda.
En 1996 ao Barbanza.
En 2002 a Ourense, Allariz, A Cañiza.
E a varios lugares máis en distintos anos.
 

Excursión a Vilagarcía. No monte da Cova do Lobo. (Foto Paulino)
 

Veciños da Gándara, despois de visitar  a fábrica  de Citroen, diante do Parador de Baiona en Xulio de 1992. Organizada por Paulino como produtor de Citroen Hispania. (Foto Vitoriano).
 

Veciños da Gándara de excursión  Carnota, diante do canizo mais grande de Galicia. (Foto Paulino)
 
CARROZAS
 
Dende o ano 1993 ata o 2003, a Asociación participou nos desfiles concursos de carrozas de entroido no Rosal,  con representacións de oficios artesanais tradicionais da nosa zona: a zorzada,  cesteiros, augardenteiros, alfareiros, ferreiros, albardeiros…, sendo gañadoras do primeiro posto en todas ocasións.
 

Carroza e comparsa,  na que partiparía a Asociación  no Antroido do Rosal en 1996. Con a representación de OS CESTEIROS. (Foto Vitoriano).
 

Carroza e comparsa O Pote,  gañadora do primeiro posto no Antroido do Rosal no ano 2000. (Foto Vitoriano).

Carroza da Gándara Os Alfareiros no Entroido 2013, ganadora do 1º premio no Rosal. (Foto Vitoriano).
BAIXADA DE CARRILANAS  
 
No ano 1998 e 1999 celebrouse unha espectacular Baixada de Carrilanas, dende A Proba ata os Seixiños.
 
Artiluxios rodantes feitos polos mozos participantes con gran inxenio e imaxinación.
 

As carrilanas, á esquerda, son arrastradas a parte alta do pobo por un tractor; á dereita, un  participantes “desflechados” pasando por Pintán (foto Vitoriano 1988)
 
FESTIVAL POESÍA FONTEBIETA
 
O 14 de xullo de 1996, celébrase  no paraxe natural da Fontebieita o II FESTIVAL DE POESÍA DO BAIXO MIÑO con a colaboración da A.VV. O Percamino
 

A Fontebieita, 14 de xullo de 1996. Celebración do II FESTIVAL DE POESÍA DO
 
BAIXO MIÑO. Hoxe por  este precioso paraxe natural desaparecido, pasa o Vial Tui- A Guarda (Foto Victoriano)
 

Dous destacados colaboradores da AVV O Percamino, Honorio Rodríguez e Xosé Rodríguez XOROGO, ambos (DEP), recitando seus poemas na Fontebieita, o 14 de xulio de 1996 có motivo da Celebración do II FESTIVAL DE POESÍA DO BAIXO MIÑO. (Foto Vitoriano).
 
COMEDIAS HUMORISTAS
 
Cada ano, na programación das festas representase  un espectáculo público de animación.
 

Setembro de 2010. Representación dunha comedia cómica polos xeniais CAMPELOS, na Praza dos Seixiños. (Foto Vitoriano).
 

09-2011: Veciños da Gándara, disfrutando dunha simpática actuación dos CAMPELOS. (Foto Vitoriano)
 

27-09-2015.- Representación da obra de teatro CESAR A GUSTO polo Grupo do Centro Cultural de san Fíns de Rebordáns (Foto Vitoriano).
Xogos populares
Recuperación de xogos populares tradicionais, como o da cachiza (billarda; o marro, pañuelo, bolos, zancos, a corda, pión…
 
Torneo cachiza
Dentro da recuperación de actividades tradicionais, celébrase un estupendo xogo da cachiza (billarda) na rúa das Pozas, que este ano vai polo VIII Torneo.
 


Campionato de cachiza, na rúa das Pozas. A Gándara (Fotos Vitoriano).
 

2015.- Os rapaces disfrutando dos xogos populares (Foto Vitoriano).
 

Veciños andando con zancos, recordando vellos tempos. (Foto Vitoriano).
 
Carreira Pedestre Julia Vaquero
Celebración da carreira pedestre Popular Julia Vaquero que este ano celébrase a X Edición. A A.VV. O Percamino ven celebrando este evento en homenaxe a atleta Julia Vaquero por ser descendente deste pobo.
 


Participando na carreira pedestre Julia Vaquero. (Foto Vitoriano).
 

O presidente do Percamino Paulino Rodríguez coas gañadoras da categoría senior (2015). Foto Vitoriano.
 

2015.-XV Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero. No pódium os gañadores da categoría seniors,
abaixo a Presidenta das Festas Rosa M. Rey, a ex atleta olímpica Julia Vaquero e a concelleira de
Cultura Elena Baz. Dirixindo a entrega de trofeos Alejandro  Lomba. (Foto Vitoriano).
 

Julia Vaquero Sousa, participando no LXI CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO ATRAVÉS  
no Camping de Salcidos en 1996 (Foto Vitoriano).
 

XX Aniversario. O Percamino colocaría esta pancarta de apoio a atleta nativa de A Gándara con motivo da súa participación nos XXVI Xogos Olímpicos de Atlanta en1996, (Foto Vitoriano).  Tamén rememorar o XX aniversario do record absoluto de 5000 metros conseguido en Oslo o 6 de xuño dese  ano, por Julia Vaquero.
BINGO SOCIAL
 
Dende 2012 todos os sábados realizase un bingo na Casa Social, con gran asistencia de participantes.
Neste bingo son sorteados produtos de consumo, como xamóns, chuleteiros….
 
SERÁN
Este ano celébrase o VI SERÁN, consistente  na actuación dos diversos grupos de música tradicional da bisbarra e invitación aos asistestentes e participantes a  bocatas de chourizo frito e chocolate con biscoitos
 

Post-Serán: ao remate das actuacións por grupos, os participantes tocan, cantan e bailan en conxunto animadas pezas populares. (Foto Vitoriano).


 
2015.-Membros  de A Boalleira reparten bocatas e chocolate con biscoitos aos asistentes ó SERÁN (Foto Vitoriano).
A XUNTA DIRECTIVA
 

2012. A Xunta Directiva da A.VV. O Percamino, dirixíndose a Asamblea anual (Foto Vitoriano).
 
Na actualidade a 07-2016 a Xunta Directiva está formada por:
Presidente: Paulino Rodríguez González
Vicepresidente: Rosa M. Rey González
Secretaria: María Teresa Vicente Baz Tesoreira: Diana Alonso Chaver Vocais:
Cándido Pereira Cobal
Carla Baz Vaquero
Constancia Fernández Alonso.
Esteban Vicente Rodríguez.
Juan Alberto estevez Montes.
Manuela Pereira González
Mercedes Cerqueira Álvarez
 
Dende a primeira directiva reseñada ao principio do escrito, a esta última, durante estes anos houbo moitas asembleas de renovación de cargos, polo que por espazo, so mencionarei os membros electos que formaron parte en distintas etapas, sin repetir aqueles que xa figuran na primeira e última, aínda que estivesen conformando directivas neses mandatos intermedios: José Rodríguez XOROGO, Gloria Álvarez Alonso, Jose Luís Pacheco, J. Antonio Lomba Lorenzo, Ricardo Rey Trigo, Hortensia Vicente Santiago, José Antonio Rodríguez, Diego Sousa Domínguez, Miguel Silva Farias, Alberto Estevez Montes, Honorio Rodríguez Álvarez, Flora lomba González, Victor Manuel Rodríguez  Vicente, Jesús Rodríguez Español
 

2016.- Compoñentes da actual directiva da A.VV O PERCAMINO (Foto Vitoriano).
 

Bandeira da AVV O Percamino. A cor azul representa as augas do río Miño e o verde os campos e o monte Torroso. As tres estrelas aos pobos de A Gándara, Pintán e Proba e a dereita o escudo do  Percamino.
 
Quedan feitos  e persoas sen mencionar, xa que o espazo neste libro/programa e limitado. Actividades propias das Festas serán desenroladas máis amplamente en próximo escrito, con motivo do centenario da fundación da capela da Virxe das Mercedes. Non obstante, neste  resumen, pode verse a cantidade de realizacións de todo tipo que as dinámicas persoas da ASOCIACION DE VECIÑOS O PERCAMINO de A Gándara, Pintán e Proba desenrolaron durante estes últimos vintecinco anos. Que este escrito sirva de recoñecemento a A.VV. O PERCAMINO e a todalas persoas que altruistamente colaboraron na consecución de tantos logros.
 
A Gándara     2016           
Victoriano Rodríguez
Regreso al contenido