Estrella e Dorinda - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Estrella e Dorinda

PUBLICADAS
PERSONAXES POPULARES
ESTRELLA E DORINDA
por Victoriano da Goreña
 
Viviron estas dúas populares mulleres, no barrio da Gándara, na rúa de Regundíns, frente da casa da Tía Rosa Quiteria. Eran fillas da Tía María Manuela. Finou  Estrella polos anos sesenta e Dorinda nos setenta.
 
¿Por que rememorar a vida e "obras" destas dúas sinxelas veciñas da Gándara, cando neste pobo houbo e hai grandes persoeiros con estudios, adiñeirados, etc. etc? Pois eu que dou fe delas, dos seus últimos anos, eran algo especial, e chama a atención o seu labor de curandeiras e botadoras de cartas (cartomancia), xunto co seu peculiar modo de vivir.
 
Estrella de Durán, botaba as cartas e cortaba os aires, e Dorinda axudáballe e facía o resto das faenas da casa, carrexaba nunha canastra os garabizos para a lareira collidos polos matos de Munino e dos Lagos.
 
Dos testimonios recollidos de veciños e de persoas beneficiadas pola súa intervención, muitos son anécdotas de contido burlesco, (que aquí se omiten), propias daqueles tempos, onde o menosprecio e burlas, recaian sempre sobre os máis humildes.
 
0 interés de adicarlle este recordo e recoñecemento, vén dado pola paradoxa de que facendo tanto ben, sen meterse con ninguén, viveron e morreron na máis absoluta pobreza, e foron obxeto de chistes, burlas e comentarios.
 
A súa casa era coma as daqueles tempos: tiña unha galería con baranda e escaleiras de pedra, onde se sentaban Estrella e Dorinda, rodeadas de ducias de gatos; tamén tiñan cabras.
No lugar da casa había unha grande figueira e todo cheo de vexetación en estado natural, dende o portal de táboas cheas de buratos, ata a eira da casa era coma un túnel cerrado de arbustos, e enredadeiras.
 
Neste entorno natural pódese dar a conxunción entre xentes sinxelas e a Natureza, no que Estrella desenvolveu e puxo en funcionamento ese sexto sentido para aproveitar os poderes da mente, que posiblemente todos temos, aínda que en diferentes niveles, e que non exercitamos.
 
Polo feito de que existe o mal e o ben: a máxia, os feitizos e a bruxaría, son unha realidade.
 
Existen dúas grandes forzas na que se basa a Creación, tanto no seu aspecto material (visible ou non visible), estas forzas que son antagonistas, son unha positiva e outra negativa, e xuntas forman o equilibrio máxico. Dende sempre o home tivo conciencia da importancia destas dúas forzas, que atopamos dende a antigüidade.
 
O pensamento é unha enerxía e cando unha persoa é atacada por forzas externas psíquicas, estas colócanse no plano do pensamento, polo tanto, tamén deben ser defendidas e neutralizadas por medio da utilización da mente.
 
Aparte do poder mental, estas persoas extraordinarias, compleméntanse con rituais, como fume de herbas, estolas, coitelos, escobas, allos, xestos, palabras, oracións, peticións, prendas, etc. para as súas cerimonias e así facer mais fortes as altas enerxías, aproveitando o mesmo tempo as leis da afinidade e da analoxía, dando así máis poder ó seu acto de vontade.
 
A orixe de tales ritos, pérdese na noite dos tempos, pero todos baséanse na maxia da correspondencia. ¿Como desenvolveu Estrella estes poderes?. Como todo o profundamente enigmático e de estraños fenómenos para min, pertence ó mundo dos misterios impenetrables.
 
A este lugar chegaban xentes de distintos lugares a buscar remedios a os seus males, bens persoais, da familia, da vivenda, dos animais… da man de Estrella. Viñan as do monte, paisanos de Fornelos para arriba, no seu peculiar medio de transporte, en cabalo con seróns (esteiras feitas de rafia), estas xentes polo regular buscaban solucións as doenzas dos seus animais, as vacas que mal parían, os porcos que  morrían, etc. nestes casos que podían ser meigallos ou mal de ollo, chegaban os limites dos poderes desta curandeira. Deste nivel para arriba tiña soada fama o popular Vitorino o Bruxo de Buxán.
Tamén viñan da zona de abaixo de Goian e Tomiño, normalmente eran mozas que viñan a botar as cartas para saber si o mozo se casaría con elas, se tiña outra noiva, ou saber calquera outra sorte no futuro.
 
Eu lle vin a baraxa na casa de Nieves da Taboleta, e lle pidimos que nos deixara botar unha partida con ela, a min e mais O Guillermo, pero nos dixo, que con aquela baraxa non se podía xogar.
 
0 forte de Estrella era cortar o aire, a onde acudían as xentes do pobo e doutros próximos. Os usuarios acudían un pouco a escondidas, xa que eran os tempos do Nacional Catolicismo, e esas cousas non estaban ben vistas polos Poderes. Aínda hoxe o preguntar as xentes sobre casos nos que recorreron aos curandeiros/as e a Estrella, se mostran con reservas, e polo que se ve, e rara a familia que non tivese que ir a Estrella ou a outro, a buscar remedios para algunha doenza ou problema, na que a mediciña oficial non lle daban solucións.
 
Os casos de sanacións por Estrella foron moitos e parecidos. Contoume un veciño de cerca, que o seu pai trouxera da telleira o corpo cheo de ronchas e ll dolorosas llagas, parecía que fora aire de culebra que collera nos barreiros do Guadarrama. Durante moito tempo foi tratado en Castela e eiqui polo Cagarrucho, con penicilina e unguentos, que ainda que lle aliviaron no intre, non lle curaban a mal a este home. Xa despois de todo foron xunto Estrella (iso si, nunha hora que ninguen os vira).  Estrella ao ver o seu veciño, recriminoulle como non fora antes por xunto dela, que aquilo non era mais que aire de culebra, xa que ela tiña o remedio na man. Cortoulle o aire, con os modos e rituales que máis adiante se axpoñen, aínda que foi un caso onde xa estaba o mal por dentro do corpo, polo que ademais do corte de aire da primeira vez, tivo que acudir a un novenario (durante 9 dias), no que  Estrella repetiu  seus ritos con o paciente. Nembargantes o terceiro día xa notaban como as empixas ían muchando, e aliviando os sufrimentos do home. 0 cabo do remate do novenario xa estaba case que curado de todo.
 
Tal foi o caso que conta Ramón o Canario, que sendo rapaz sairanllepolo corpo, as mans e a cara, unhas empixas (empolas), entón a súa nai levouno a Estrella que nada mais velo díxolle que era aire de toupeira. Ramón lembra que cando Estrella facía as cruces con un grande coitelo, sobre as feridas, rebulíalle o corpo todo por dentro. 0 caso foi —según dí — que o pouco tempo, empezáronse a muchar as empixas, quedando a pel curada e ben ós poucos dias.
Tamén levantaban a paletilla, naqueles tempos ven fose pola mala alimentación e o duro traballo, os rapaces se lle descolgaba un ombrreiro, estando un  mais baixo ca outro.

Estas xentes puñanlle as mans estiradas para ver a diferencia que había de caída. E con uns tiróns acertados e un masaxe púñanlle a nivel os ombreiros, rematando a terapia con unhas oracións.

Áinda hoxe se di: "Vanme mal as cousas, morreume a vaca, ando de paletilla caida". E outros: "Tocoume o premio do sorteo das Mercedes que me levantou a paletilla.

Tamén curaban a decipela (erisipela), que era unha inchazón encarnada na cara e nos ollos. Pra cortar a decipela facían un brebaxe de aceite, unto e borralla, e mollaban un estropajo e unha pluma de avefría que pasaban pola cara do afectado facendo cruces, e recitando o mesmo tempo:

¿De donde vienes San Julian?
Señor, ¡vengo de Roma!
Que había allá Julian?
¡Senor, mucho mal! ;Fuego ardiente y la serpe!
¡Volved allá Julián!
¿A que Senor?
A curar ese mal.
¿Con que Senor?
Con cuerda de esparto
y pluma de ave viva,
unto y agua fría,
un Padrenuestro y
un Ave María.

Con todos estos beneficios que Estrella e Dorinda facían aos paisanos que lle solicitaban  seus servizos, non cobraban. (Xa quixeran hoxe muito/as curandeiros que teñen luxosas consultorios, consultas por internet, televisión, lineas 906… ter  os poderes e clientela que tiñan Estrella e Dorinda).Por todos estes servizos prestados, non cobraban, vivían da vontade do que lles daban, ben un anaco de unto, touciño, ovos, ou algún real, cartos cos que compraban unha racha de bacallau ou uns xurelos que compartían con  a morea de gatos cos que convivían.

Tamén ían a mira-la televisión a tenda de Jesus de Leonor (daquela a televisión foi un dos grandes progresos) onde había uns bancos para sentarse e vela television en branco e negro, (aparatos feitos por Jaime "o Coxo"). 0 gasto era un vaso grande dunha bebida chamada butano (gasosa con colorante), ou unha Mirinda, unha Turia con sabor a laranxa, que custaban dous reaies, ¡ que boa era!, ¡que ben sabia! Na película de Bonanza, cando os vaqueiros disparaban, decía Dorinda... ¡ter coidado, que eses condenidos xa disparan cara nos!"

Os rapaces metíanlle xitás (pequenos foguetes) polos buratos do portal e tirarlle pedras o tellado da casa, para cabrear a Dorinda, que tiña mais xenio ca Estrella. Esta era unha muller mui pacifica.

Escola de A Gándara na actualidade, lugar onde estaba a casa de Estrella e Dorinda. (Foto Vitoriano).

A estas extraordinarias mulleres que viviron na máis absoluta miseria (din que nos anos da fame, despois da Guerra, se vestían con saias feitas de saco de esparto, sen teñir, feitas por elas).

Viviron co necesario, fixeron ben en vida (non fixeron mal a ninguén) e todo lle sobrou. Tanto que hoxe aínda dende a súa estrela alumea o ben, xa que no lugar onde fora a súa humilde vivenda, é hoxe a Escola Pública de Educación Infantil de A Gándara.
 
Salú, Estrella e Dorinda, fostes boas e xenerosas.

Victoriano Rodríguez González
Xunqueiriñas - A Gándara, Xuño de  2002
Regreso al contenido