Colexio Xesuitas da Pasaxe - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Colexio Xesuitas da Pasaxe

ARQUIVO
COLEXIO APÓSTOLO SANTIAGO – COLEXIO NUN´ ALVRES – CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE PRESOS E PRESENTADOS – ESCOLA VOCACIONAL OU SEMINARIO MENOR SAN FRANCISCO JAVIER – CASA DE EXERCICIOS DA COMPAÑÍA DE JESÚS  – OBSERVATORIO METEOROLÓXICO DOS P.P. XESUÍTAS -  O PASAXE – CAMPOSANCOS.
José Antonio Uris Guisantes.
 

Fachada principal do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe-Camposancos. Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes.
 
               A Orden da Compañía de Jesús ou dos  P.P. Xesuítas en España foi expulsada en 1767 reinando Carlos III, sete anos mais tarde (1773) foi extinguida a Orden en todo o mundo por decisión do Papa Clemente XIV, logo restaurada polo Papa Pío VII en 1814 é en 1815 Fernando VII tamén a restablece en España.
 
               Os P.P. da Compañía de Jesús eran chamados LOS CABALLEROS DE CRISTO, polo propio fundador, Ignacio de Loyola dicía [.....] “Los nuestros son como caballos ligeros, que han de estar siempre a punto para acudir a los rebatos de los enemigos para acometer y retirarse y andar siempre escaramuceando de una parte a otra. Y  para esto es necesario que seamos libres y desocupados de cargos y oficios que obliguen a estar siempre quedos”.
  

O Rei Carlos III
 
               O 18 de setembro de 1868 estala a Revolución en Cádiz que se vai estendendo por toda España, foi coñecida cómo La Gloriosa, é un 12 de outubro de 1868 o Ministro de Gracia e Xustiza don Antonio Romero Ortiz ordena a supresión da Orden na Península e illas adxacentes....
 
               Os terreos e parte dos edificios que ocupa o Colexio Apóstolo Santiago eran propiedade de don Domingo Español López, fillo de don Juan Español López [ finado en 1854], vendido aos P.P. Xesuítas en 1875  por 60.000 pesetas, mediando nesta compra o párroco de Salcidos don Diego Antonio González Rodríguez.
 
 
               D. Juan Español López a mediados do século XIX dispuña dunha grande fortuna provinte dos almacéns de importación-exportación que tiña no Pasaxe,  onde constatamos que no ano 1840 viñan atracando grandes barcos de carga procedentes de Vigo e A Coruña, fretados por este comerciante natural de Salcidos. Foi deputado provincial, facendo as xestións necesarias para que a dilixencia e sobre de todo os grandes carromatos de carga puideran pasar pola ponte de O Tamuxe [ata aquela de madeira], xestionando unha nova construcción [ que aínda permanece] en pedra [1844-45].
  

Panorámica das instalacións do antigo edificio e almacéns de don Juan Español López no século XIX, nesta panorámica xa estaban os P.P. Xesuítas engrandecendo, arranxando, e adaptando as distintas naves do edificio, ano de 1879. Faltaban os tres torreóns da fachada principal. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.
   

Paso da dilixencia polo novo ponte Tamuxe, recen inaugurado.
Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.  
 
              Finado don Juan Español López, segue cos negocios o fillo don Domingo Español López quen chegou a ser o Alcalde mais mozo de A Guarda [1850], ano no que se arranxou a Alameda, lugar cheo de barrocas, augas podres etc., . Segundo o xesuíta don Evaristo Rivera Vázquez [...] figura descollante de la burguesía de la comarca...  construyó la carretera de comunicación con El Pasaxe [hoxe estrada C-550], persoas mal intencionadas criticaron al Alcalde porque –segundo eles – era la persona mas beneficiada, debido a los negocios en El Pasaxe.[ La Voz del Tecla nº 133 de decembro de 1913].
 
               Inaugúrase o ferrocarril en Galicia no ano 1873 ca posta en funcionamento da liña entre Carril (Vigo) e Santiago. En 1881 Vigo-Ourense que logo enlazaría con Pontevedra dende Redondela. En 1899 empalmaría ca capital Pontevedra. En 1895 A Coruña – Lugo. En 1883 empalma con Ponferrada. No ano 1878 Vigo a Tui, para empalmar con Portugal pola Ponte Internacional en 1886.
 
              A ponte foi inaugurada  un 25 de marzo de 1886 cando as “locomotoras”  Alfonso XII e Valença atopáronse no medio do ponte que tiña- e ten 400 metros lineais, construída polo enxeñeiro don Pelayo Mancebo y Ágreda. Ponte con dobre uso, estrada e ferrocarril con técnicas modernas na construcción metálica inspirada na obra de Gustave Eiffel [o igual que a Torre Eiffel de París].
 
             A primeira pedra foi colocada no inverno de 1881, rematándose en outubro de 1884, onde foron invertidas 1.540 toneladas de ferro e mais de 700 quilos de chumbo. A pedra chegou das canteiras de Lanhelas e de Guillarei, a cal, e cemento de Zumaia (Euskadi), as probas de resistencia acudiron mais de 20.000 persoas de ámbolos países.............

            Segundo o historiador local don Juan Domínguez Fontenla o ferrocarril puido chegar A Guarda porque en principio o ponte internacional de Tui ía a construírse  no Esteiro do Miño preto da Armona pero foi descartado debido a que ía custar 9 millóns mais, cuestión esta que subsumiu a vial Guardesa no atraso de sempre por falta de comunicacións e de transporte viable para poder implantar empresas......
 

Rematando as obras da  Ponte Internacional Tui-Valença, ponte que puido estar entre a Armona (Camposancos) e O Camarido (Caminha) no século XIX.  
 
               Coincidindo ca Restauración Monárquica na persoa do Rei Alfonso XII, un  7 de decembro de 1875 foi asinada a compravenda das propiedade de don Domingo Español Cividades diante do Notario D. M. De Porto por parte do vendedor, e párroco don Diego Antonio González Rodríguez como comprador en nome de  Pedro Irube Crucelegui [simple “hermano coadxutor” xesuíta] por orden do Padre Superior Xesuíta  Antonio Zarandona.
 
        En 1875 chega a Vila de A GUARDA (O Pasaxe) o padre Tomás Gómez Carral (1837-1898), nado en Cabezón de La Sal (Santander), ingresara na Compañía de Xesús no ano 1856.
 

P. Tomás Gómez Carral, rector do Colexio Apóstoo Santiago em O Pasaxe-Camposancos-A Guarda.
 
        Os xesuítas e alumnos viñan do Colexio de ANCEIS, o Colexio Apostólico ou Seminario, tivo orixe en O Pasaxe para logo ser trasladado a Comillas.
 
        Por motivos de comunicación con Vigo os P.P. Xesuítas deixan A Guarda no outono de 1916 para instalarse no edificio de La Molinera, o novo Colexio de Vigo levaría o nome de Colegio del Sagrado Corazón.   
 
Todo elo levado con sixilo debido a que a Orden Xesuíta fora suprimida [...] en la Península é islas adyacentes...cerrándose en el término de tres días todos los colegios e instituciones...
 

O Colexio en 1876. A esquerda aserradoiro La Camposina. Fotografía propiedade dos P.P. Xesuítas da  Provincia de Portugal.
 
              Nestes anos a Universidade de Santiago fervía pola chamada segunda cuestión universitaria que culmina ca aprobación en agosto de 1876 da Institución Libre de Enseñanza (ILE) de Francisco Ginés de los Ríos [ xunto a outros profesores universitarios como Eugenio Montero Ríos, Nicolás Salmerón e outros],  que contrastaba totalmente ca ensinanza que nas mesmas datas levaban a cabo os distintos Colexios dos P.P. Xesuítas.
 
               Esta Institución Libre de Enseñanza [ foi ademais inspiradora do programa educativo da IIª República Española], levou acabo unha importante labor de renovación cultural e pedagóxica sen precedentes nos séculos XIX e XX. [...] La Institución será ajena a todo interés religioso, ideología o partido politico, proclamando el derecho a la libertad de cátedra, la inviolabilidad de la ciencia y el respeto a la conciencia individual...
 
               Nembargantes a Orden da Compañía de Jesús (xesuítas para entendernos), tiña xa catro colexios en España [ Camposancos, Sevilla, Porto de Santa María e Orduña en Vizcaia] con preto de 230 alumnos segundo escribe  don Evaristo Rivera Vázquez.
 
BACHAREIS
ANO 1877
 
Julián Cervela Malvar
Ramón Rodríguez Aran
Maximino Blanco Varela
Constantino Barreras López
Joaquin Carsi Rivera
Pedro Maza Agar
Bernardino Cervela Malvar
Gerardo García  Guillén.
Eduardo Carreño Rodríguez
Francisco Javier Cuesta Díaz
Alfredo Souto Cuero
Jerónimo Suárez Quiroga
Victor Naveyra Pato
Manuel Rivadeneira Lage
Saturnino Samaniego Fernández
Silverio Manuel Alvarez González.
 
              Nesta época aparecen os xesuítas  Francisco Gárate, Baltasar Merino e Ignacio María Aramburu[ este xesuíta chegou a escribir[...] la peor de las herejías es la masonería que es una secta diabólica...], figuras “descollantes” pola súa valía científica e docente.
 
              Dende novembro de 1876 era bispo de Tui  Juan Valero Nicarino.
 
              En agosto de 1877 créase no Colexio unha Escola Universitaria [ que logo se convertería na Universidade de Deusto ], dirixida polo padre Tomás Gómez, rector do Colexio ata xullo de 1881. En 1883 esta Escola Universitaria foi trasladada a Valladolid e no Curso 1884-85 soamente quedaban no Colexio de O Pasaxe 17 bachareis. En setembro de 1886 foi inaugurado o Centro Universitario de Deusto.
 
BACHAREIS
ANO 1878
 
Rodrigo Pardo Tenreiro
Vicente Pardo Tenreiro
Gumersindo Meirás Hurtado
Manuel Meirás Hurtado
Félix Lázaro Mú
Angel Pedreira Lavadíe
Rosendo Feijóo Freire
Juan Pardo Rojas


              En 1878 o padre Felipe Sorondo, foi o primeiro xesuíta falecido neste colexio, é un dos primeiros alumnos falecidos no colexio foi Antonio Franco Salgado de 13 anos natural de Ferrol e parente de Francisco Franco Baamonde, en 1876 cando xa había instalados no Colexio preto de 100 alumnos, dependendo a nivel burocrático de exames e títulos do Instituto de Pontevedra  [...] En el Curso 1876-77 de 229 alumnos matriculados no se presentaron a examinarse 24, suspendiendo solamente un alumno, otros 204 aprobaron con 64 notables y 51 sobresalientes, como se puede ver un auténtico record.....
 
                En 1879 estivo no Colexio Apóstoo Santiago de O Pasaxe-Camposancos o xesuíta Fidel Fita Fernández Guerra, historiador e arqueólogo que estivo estudiando o Esteiro do Río Miño, aproveitando súa estadía en Santiago, chamado para estudialas escavacións feitas no interior da catedral compostelá. Neste mesmo ano o xesuíta Tomás Gómez Carral creou un Seminario de Pobres, fundando primeiro unha capela para uso do Seminario co nome de San José [hoxe abandonada, onde soamente hai motores de barco, gasóleo,aceite etc.etc.].
 
 
BACHAREIS
ANO 1879
 
Hilario Hervado González
Francisco Javier Izquierdo Zárate
José Folla Jordi
Calixto Leis Ponte
Victor Barús Lavandeira
Juan María Orue Olabarría
Rogelio Dávila Campo
 
              Este Seminario de Pobres foi inaugurado o día de San Ignacio de Loyola neste ano de 1879, asistiron a Corporación Guardesa e representantes de tódalas parroquias da contorna. Cita do seminarista  Claudio Rodríguez, anos mais tarde canónico tesoureiro da catedral de Santiago  [...] nosotros (os seminaristas pobres) éramos plantas de invernadero. Viviendo en un ambiente del más puro espíritualismo, aislados casi de todo el mundo, sin trato más que con muy contadas personas, sin ir siquiera a nuestras casas en ninguna época del año ¿qué extraño que fuésemos buenos si no podíamos ser malos?.
 
 

Capela de San José dos P.P. Xesuítas en O Pasaxe. O lado o edificio da antiga Aduana.
Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes.
 
              Un dos primeiros novicios que entraron no Seminario de Pobres San José en O Pasaxe, foi  José Campoamor Álvarez de A Coruña.
 

Padre José María Campoamor Álvarez finado en Colombia en 1946.
 
          O padre José María Campoamor Álvarez chegou a Bogotá (Colombia) en 1910, debido a súa labor foi chamado o “padre de los pobres”, en 1911 creou o Círculo de Obreros, a Caja Social de Ahorros (hoxe extendida por toda Colombia), o barrio obreiro de Villa Javier, escolas e comedores para nenos, etc.etc., contando para elo con un equipo de mulleres de “extracción popular” coñocidas cómo Las Marías, finou en 1947 este antigo alumno do Seminario de Pobres do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe.
 
            Tamén foi dos primeiros Observatorios Meteorolóxicos de Galicia o instalado no Colexio no Curso 1879-80, dende se daba os datos recollidos a Madrid, para ser publicados xuntamente cos datos doutras localidades.
 
               O primeiro director deste Observatorio foi o xesuíta Ramón Martínez, logo en 1887 foi o padre Baltasar Merino [nado en 1845 en Lerma-Burgos] que chegara a Camposancos en 1880, lugar onde pasaría a meirande parte da súa vida. Publicou: “Cuadernos del Observatorio Meteorológico del Colegio de la Compañía de Jesús en La Guardia”[ engadindo gráficos e ilustracións feitos por el mesmo]; “Un estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia” (1883); “Un estudio sobre la vegetación espontánea y la temperatura de la cuenca del río Miño”(1897). Rematando as observacións persoais en 1906 pero o Observatorio seguiu nas mans de outros xesuítas.
 
BACHAREIS
ANO 1880
Juan Alvarado Albo
Manuel Carsi Rivera
José Núñez Rodríguez
Donato Melón Alonso [guardés]
Francisco Novoa Alvarez [guardés]
Severiano Vaqueiro Martínez
Ramón Sanjurjo Meira
Máximino Fernández Pérez [guardés]
Julio Cobos Roa
Manuel Jorge Alonso
César Troncoso González [guardés]
                           
              Tamén destacou no Pasaxe o “hermano” Francisco Gárate, nado en 1857 en Errekañe – Azpeitia - Guipúscoa, chegado a Camposancos a idade de 20 anos como enfermeiro do Colexio, velando pola saúde de mais-menos 200 persoas no Colexio [ó médico nesas datas era don Leonardo Álvarez quen acudía montado a cabalo e a quen os P.P. Xesuítas instalaron o  teléfono dende a liña telefónica da empresa Candeira Hermanos para poder chamalo no caso de emerxencias pois vivía no Curuto], permaneceu once anos no Colexio.
 
 
BACHAREIS
ANO 1881

Juan Fernández Orosco
Miguel Martínez de la Riva
Vicente Novoa Alvarez [guardés]
Pedro Carvajal Rivera
Rafael Sánchez Guardamino
Nazario Díaz de la Hora y Bañón
Joaquin Alvarez de Toledo y Pérez
César Cancio Bellota
Ramón Portilla Beraza
Francisco Plazaola Bell
José Pardo Montenegro y Pardo Montenegro
Gustavo Borrás Fernández
Julián López García [guardés]
Luís Sobrino Gómez [guardés].
                                 
MARQUÉS DE COMILLAS <> PADRE TOMÁS GÓMEZ CARRAL
 

Anuncio dos Vapores da Compañía de don Antonio Víctor López López de La Madrid.
 
               Neste ano de 1881 o Rector do Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe P. Tomás Gómez Carral deixaba A Guarda para trasladarse a Loyola  co encargo do Provincial de Castela Rvdo. P. Francisco de Sales Muruzábal de falar con D. Antonio Victor López López de la Madrid,  Iº Marqués de Comillas, amigo personal do P. Tomás.


D. Antonio Victor López López de La Madrid, Iº Marqués de Comillas filántropo do Colexio Apostólico de Comillas, logo Universidade Pontifica de Comillas.
 
              D. Antonio Victor  López López de La Madrid [Comillas-Santander 1817-Barcelona 1883] fora nomeado Iº Marqués de Comillas polo Rei Alfonso XII en 1878, era un dos empresarios mais poderosos de España, dono do Banco Hispano Colonial, da naviera Compañía Trasatlántica e Compañía General de Tabacos de Filipinas, compañías mineiras en Asturrias,etc.
 

D. Claudio López Brú, IIº Marqués de Comillas que asinou a doazón do Colexio Apostólico de Comillas a Santa Sede en 1891.
 

Logotipo da empresa de vapores Antonio López y Cia.
 
             Neste ano de 1881coincide a visita do P. Tomás ca do Rei Alfonso XII a Comillas, co motivo da vista real don AntonioVictor López López de La Madrid convertíu a Comillas no primeiro pobo de España con luz eléctrica. En maio de 1883 era colocada a primeira pedra do edificio do Seminario ou Colexio Apostólico, rematando as obras en 1889. levou o nome de Seminario Pontificio de Comillas porque o Ministro de Gracia y Justicia non aceptou que a propiedade pasara as mans da Compañía de Xesús, debendo figurar a doazón de don Antonio López López, asinou-na seu fillo don Claudio López Brú (Barcelona 1853-Madrid 1925), IIº Marqués de Comillas por haber falecido seu pai no ano 1883 en Barcelona a nome do Papa, é un 7 de xullo de 1891 o Papa León XIII aproba as modificacións para asinala escritura de doazón o 10 de xullo de 1891 a favor da Santa Sede da que co tempo sería a Universidade Pontificia de Comillas. O Padre Tomás Gómez Carral fillo de “pasiegos” falece un 2 de marzo de 1898.
 

Seminario Mayor, Colegio Mayor e mais tarde Universidad Pontificia de Comillas. O Padre Tomás Gómez Carral, antigo Rector do Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe-Camposancos ata 1881, ano no que vista en Comillas a don Antonio López López o mecenas da obra.
 

Logotipo da Compañía Trasatlántica do Marqués de Comillas.
 
              O hermano Gárate tivo a satisfacción persoal en 1887 de inaugura-la nova enfermería do Colexio, habilitada con tódolos adiantos da época, logo pasaría a nova Universidade de Deusto onde estivo 41 anos ata súa morte.
 
              O hermano Domingo Aguirrezabal “Chomin” nado en Azcoitia votou sesenta anos no Colexio, primeiro en Anceis (A Coruña), logo en Camposancos, pasa o edificio de La Molinera en Vigo e finalmente ao Colexio de Bellavista-Vigo. Fixo de porteiro, xastre, gardarroupa e sereno. Finou en Vigo no ano 1932, xusto un día antes de que don Manuel Azaña Díaz asinara a disolución das Ordenes Relixiosas.      
 
              No ano 1880 remataron as obras de acondicionamento do Colexio e segundo escribe don Evaristo Rivera Vázquez [...] el Colegio de Camposancos era el primer gran edificio escolar que levantaban los jesuítas españoles en el siglo XIX..
 

Padre Baltasar Merino
 
              O padre Baltasar Merino incorporouse no Curso 1881-82 para explicar Linguas Clásicas en inglés e dirixila Academia en cuestións relixiosas.
 
BACHAREIS
ANO 1882

Joaquin Souto Cuero
José Grova Noceda
Angel Fernández Bofill
Antonio Cuesta Laso de la Vega
Manuel Fernández Bofill
José Ochoa Márquez
Pedro Monsalve Ceballos
Luciano Pita Boado
Salustiano Cobián López
Luís Soler Fuentes
José Barreras Massó
Francisco Sánchez Varela
Cristobal Valdés Meléndez
Camilo Maisonave Gayoso
Matías González García
Saturnino Alvarez Bugallal
Lucas Zúñiga Serrano
Salvador Valdenebro Cisneros
Adrian Morado Veres
Manuel González Alvarez {guardés]
 

D. Antonio Cánovas del castillo 1828-1897.
 
              En 1884, estando en Baiona, visita o Colexio don Antonio Cánovas del Castillo líder do Partido Conservador en compañía de don Francisco Romero Robledo e don José Elduayen, coincidindo esta visita ca estancia cómo alumno de don Manuel Portela Valladares [ o alcumado “carallo campante” polo secretario da Corporación Guardesa don Adolfo Mosquera Castro cando ámbolos dous estudiaban en Santiago] futuro político e futuro dono do xornal El Pueblo Gallego.
 

Manuel Portela Valladares

             No Curso 1884-85 aparece a peste bubónica no Colexio que volve –fatidicamente- a aparecer no Curso 1890-91.
 
             Neste curso o barrio da mariña na Guarda estaban padecendo unha grande fame, os alumnos do Colexio cooperan segundo don Evaristo Rivera [...] llevándoles durante muchos días pan, comida y aceite...comprado con el dinero que recibían para ellos de sus casas...
 
BACHAREIS
ANO 1883
 
Ramón Alvarado Borio
Antonio Castro Serrano
Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada
Prudencio Fajardo Mosquera
Vicente García Rivera
Ramón Morais Villas
Manuel Pérez  Batallón López
Manuel Reglado Nieto
José Soler Fuentes
Julio Alvarez
 
            En  1887 o Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe contou ca visita do bispo de Ciudad Rodrigo don José Tomás Mazarrasa,un ano mais tarde o bispo de Lugo don Gregorio Aguirre, seguido dos distintos bispos de Tui don Juan María Valero,don Fernando Hué e don Valeriano Menéndez Conde, en 1897 chegou o bispo de Ourense don Pascual Carrascosa.
 
BACHAREIS
ANO 1884
 
Alfonso Pita Veiga Morgado
Senén Buenaga González
Eloy Suárez Cobián López
Santiago García Ozores
Juan Márquez Prado
José María Montenegro Soto
Basilio Santalla Gómez González
Manuel Viguri López
Gonzalo Rodríguez Martínez
Juan López García [guardés]
Anselmo Troncoso Vicente [guardés]
Eduardo Martínez López [guardés]
Juan Bagaría Torrens
 
           En xuño de 1897 don Aureliano Linares Rivas do Partido Conservador publicaba unha Disposición na que se recoñecía a Compañía de Xesús como unha Institución habilitada para o ensino.
 
           A Compañía Xesuíta estableceu tamén no verán de 1893 a Iª Colonia Escolar de Galicia con 32 alumnos de seis escolas públicas de Santiago.
 
BACHAREIS
ANO 1885
 
Alejandro Buenaga González
José Carsi Rivera
Fernando Castro
Manuel García Maceira Rivera
Emilio Huguet Serracato
Luís Madriñán Abegid
Fernando Morales López
Jesús Pérez López
José del Río Rodríguez
Pedro Rovira Carreró
Joaquin Teixeira Rivero
Rafael Tours Monsalve
Antonio Zayas Beamont
José Torres García
 
           En 1899 o Colexio foi consagrado ao Sagrado Corazón de Xesús sendo bispo de Tui don Valeriano Ménéndez Conde.
 
BACHAREIS
ANO 1886
 
Fernando Viguri López
Evaristo Olleros Navarrete
Gervasio Gamero Domínguez
Francisco Javier Navarrete Arteaga
Joaquin Tafur Funes
Juan Ouviña Iglesias
Eudoro Pardo García
 
ANO 1887
  
Enrique Fernández de la Puente
Gonzalo Losada Pardo
Antonio Suárez Vega
Joaquin Lemos Varela
Apolinar Flórez Suárez
Antonio Díaz Galiano
José Sastres García
Sergio Simia Macia
Tomás Carlos Roa
Agustin Nandin Vicente [guardés]
 
BACHAREIS
ANO 1888
 
Pedro Aznar Bárcena
Diego del Campo López de Arza
José María Campoamor Alvarez
Antonio Fuentes Macarro
José García Rivera
Ricardo Guisado Casillas
Francisco Javier Merino Bordás
Fernando Rico Gómez
Idelfonso Romero Gil de Zúñiga
Marcelino Sanjurjo Aballe
Manuel Tajuz Funes
Fernando del Valle Murillo
Senén Varela Ulloa
Ceferino Gutiérrez García
 
ANO 1889
 
José Alarcón Pérez
José Domínguez Cabezas
Cecilio González R. Torreros
Juan Martín González
José Núñez Secos
Luís Pérez Sánchez
José Rodríguez Pereira
Telmo Rodríguez Vázquez
Vicente Vilanova Picón
José Vizuete Ramírez
 
            Dende 1897 os xesuítas daban clases de catecismo os domingos aos nenos da parroquia de A Guarda nun local cedido polas monxas M.M. Benedictinas [algúns rapaces “apedrexaban” aos alumnos xesuítas dende as escaleiras da rúa Colon, tamén rúa do Medio].
 
BACHAREIS
ANO 1890
 
José Carvajal Rivera
Vicente Gómez Bravo y Gómez Bravo
Emilio González Gayoso Rodríguez
Antonio González Tamayo
Celestino Guisado Casillas
Jesús Lojo Gómez
José María Maceda Cadórniga
Ricardo Sánchez  Varela
Eliseo de la Torre Velver Martínez
Miguel Torresano Alcolado
Pedro Vázquez Puga de la Fuente.
 
ANO 1891
 
Edmundo Blasco Balbuena
Francisco Carbin Burt
Ramón Carbia Burt
Nicanor Duran Albert
Cándido Fariña Sepúlveda
Manuel López Calles
Raimundo Llorente Leida
Paulino Navarrete Varela
Luís Tafur Funes
Fernando Trujillo Campos
Herminio Carrero Vicente
 
ANO 1892
 
Antonio Bernaldez Cortes
Deogracias Blasco Balbuena
José Caranelo Lestache
Ladislao Fernández Campos
Maximiliano Flores Solís
Victoriano G. Paredes y A. Borbolla
Feliciano Gómez Bravo y M. de la Mata
Mariano Gómez Bravo y M. de la Mata
Francisco González y R. Torreros
José Pío Márquez Cárdenas
Ramón Maseda Cadórniga
Froilán Méndez Vigo y Méndez Vigo
José María Méndez Vigo y Méndez Vigo
Santiago Méndez Vigo y Méndez Vigo
Luís Montero Béjar
José Otero García
José Romero y Gil de Zúñiga
Antonio Sanjurjo Otero
Juan Vargas Vargas
Evaristo Vázquez Lescalles
 
ANO 1893
 
Constancio Aguilar Ecearra
Atilano Areses Vidal[Tui]
Rafael Areses Vidal [Tui] [enxeñeiro de montes do Distrito Forestal de Tui, é guardés ilustres polas melloras e apoio os monte da Bisbarra, sobre de todo ó Tecla]
Ignacio Belaustegui Iturbe
Raimundo Casas Soto
José Chaves López de Ayala
Manuel Chaves López de Ayala
José Galache Hoyuelos
Mariano Fernández Daza García Bravo
Dositeo Fernández  Gómez
Nicolás Goyri O`Neill de Roure
Benito Losada Amor
Cayetano Pesini Pulido
Amador Ruibal Fariña
Lino Saénz Andrés
Rodrigo Vargas Vargas
 
ANO 1894
 
Ramón María Aller Ulloa
Florencio Benítez Cepeda
Lorenzo Chacón Rodríguez
Manuel A. Domínguez Núñez
Angel Fernández López
Francisco Franco Caballero
José Franco Caballero
Fernando Lias Pequeño
Manuel Lopo Gómez
Leonardo Magro Gómez
Luís Ortega Ramos
Lesmes Pascual del Río
José María Pedrosa Miranda
Luís Pilar López
Antonio Pombo Lobit
Juan Silva Gregorio
Ramón Somoza Albo
Edmundo Suares Arias
Fulgencio Trujillo Campos
Rafael Valcarce Sáenz
Jacobo Varela de la Cerda
José María Vázquez Blanco Povadura
Norberto Velázquez Aznar
 
           Neste Curso 1894-95 ingresou no Colexio  don Ramón María Aller Ulloa, un dos mellores astrónomos de Galicia, outro alumno de IVº Ano IIª Sección foi don Antón Losada Diéguez. Segundo don Evaristo Rivera Vázquez [....] Los jesuítas llegaron a hacer en La Guardia y Camposancos [1899-90],  19.592 confesiones a particulares con 13.400 comuniones y 113 sermones........ [....] debemos de agradecer a los vecinos de la parroquia de Camposancos su aportación de gallinas, ovejas, huevos etc...


D. Ramón María Aller Ulloa, sacerdote, astrónomo e antigo alumno dos P.P. Xesuítas en O Pasaxe dende 1894 ata rematalo Bacharelato e ir para o seminario de Lugo.
 
              D. Ramón María Aller Ulloa naceu no Pazo de Filgueira [casa matriz dos Ulloa en Lalín-Pontevedra] en 1878, estudia bacharelato con 16 anos no Colexio de O Pasaxe, ingresa no Seminario de Lugo e os 20 anos foi Licenciado en sagrada Teoloxía, cando remata os estudios sacerdotais faise a promesa de non aceptar cargos relixiosos nin aceptar ningunha clase de retribución económica ou en especies..
 
              En 1899-1900 comeza estudialas Ciencias Exactas na Universidade de Oviedo para seguilas en Madrid, onde remata a carreira por libre no ano 1904.
 
             Comeza a ser coñecido nos medios astronómicos españois polo traballo “Observaciones del cometa de Joanesburgo  1910ª”.
 
             Constrúe en Lalín un Observatorio Astronómico estable en 1917, nos xardíns da súa casa en dúas casetas onde instala un anteollo e un teodólito.
 
             En 1924 instala un refractor de 120 m.m. de abertura e 1800 m.m. de distancia focal gracias os cartos da herdade de seu tío don Saturnino Aller. Publica moitos traballos nas distintas revistas científicas da época, en 1930 publica traballos na revista alemana “Astronomische Nachrichten”, principal revista astronómica de Europa.
 
           Ata 1939 don Ramón Mª Aller Ulloa deu a coñecer mais de 40 traballos en revistas españolas e estranxeiras sobre Astronomía, saíndo o pobo de Lalín relacionado sempre con don Ramón, quen ademais de ser astrónomo proxectaba planos de casas e igrexas, dando  clases de Xeografía e Matemáticas a alumnos de Lalín, GRATIS.
 
            Recen rematada a guerra civil don Ramón foi convencido polo Rector da Universidade de Santiago don Carlos Ruíz del Castillo para que don Ramón impartira clases de Análisis Matemático e Xeometría Analítica na Facultade de Ciencias.
 
            En 1943 don Ramón traslada o Observatorio de Lalín a Santiago para unhas instalacións novas gracias as xestións que fixo o profesor don Enrique Vidal Abascal no Consello Superior de Investigacións Científicas (C.S.I.C.). E nomeado director do Observatorio e publícase “Introducción a la Astronomía”.
 
            Creación da Cátedra de Astronomía na Facultade de Ciencias en 1944 con don Ramón como catedrático, en 1949 foi nomeado Catedrático Extraordinario de Astronomía, sendo nomeado membro da Comisión Veintiseis Éstrellas Dobres da Unión Astronómica Internacional (Zürich 1948). Neste mesmo ano publica o libro “Astronomía a simple vista”.
 
              En 1960  e 1963 dirixe varias Teses de alumnos, recibindo o primeiro homenaxe (que nunca quixera) dos veciños de Lalín en 1960 co motivo de recibir a Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X O Sabio, mais tarde poñen seu nome a varias rúas de Lalín, A Coruña, Santiago e Vigo.
 
               Enferma en 1964 é decide volvera Lalín onde un 28 de marzo de 1966 falece aos 88 anos de idade. No testamento dona tódolos seus instrumentos para a Universidade de Santiago así cómo os fondos bibliográficos.
 
                Tódolos estudiosos coinciden en que o mellor legado do sacerdote e astrónomo don Ramón María Aller Ulloa foron súa bondade, modestia, humildade, rigor científico e dedicación aos demais.
 
                Hoxe o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela leva o nome de “Observatorio Astronómico Ramón María Aller”, antigo alumno dos P.P. Xesuítas no Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe- Camposancos.   
    
ANO 1895
 
Francisco Francisco Caballero
José Barreiro Alvarez
Julio Barreras Massó
Antonio de la Cruz Coronado
César Díaz Rodríguez
Manuel Domínguez Núñez
Rafael Donoso Gómez Bravo
Felipe Estéban Cámara
José Franco Moure
Juan Gil Galán
Ricardo Hernández Moreno
Juan Bautista Mahiques Paris
Manuel Medina Morris
Antonio Montes Pérez
Miguel Moreno Casillas
Juan Moreno Oterino
Javier Ozores Pedrosa
Paulino González Prada
José Rincón Ramos
Cándido Pérez Deza
Carlos Puga Pequeño
Laureano Sarriá Robert
Santiago Sebastián Pérez
Antonio García Venero Pérez de Guzmán
Ramón Vilanova Picón
Jesús  Maceda Cadórniga
Jorge Pascual del Río
 
ANO 1896
 
Manuel María Albarrán M. Tejada
Manuel Barreiro Alvarez
Francisco Chacón Rodríguez
Manuel Fernández González
Jorge Haccart Roussel
Luís Mendoza Bootello
Rafael Pimentel Gil
Manuel Puga Pequeño
Custodio Miguel Romero García Zúñiga
Raimundo Riestra Calderón
José María Rón Delgado
Manuel Tous Soto
Urbano Troncoso Domínguez [guardés]
Esiquio Vacas García
Mario Barredo Saénz
Arturo Elías Secolle
 

Orquesta do Colexio Apóstolo Santiago.
 
ANO 1897
 
Jesús Aller Ulloa
Primitivo Alvarez Alvarez
Rafael Alvarez Novoa
Federico Aznar Bárcena
Jaime Bengoechea Azcue
Antonio Bueno Carvajal
Juan Antonio Calles García
Manuel Candeira Suárez
Pedro Lorenzo Delgado Aguilar
José Duque Alvarez
Leoncio Esteban Cámara
Fernando Fernández Pagador
Carlos Fernández López
Pío García Fernández
César A. García Solís
Alvaro Jaraquemada Vargas
Ricardo Lomba Alvarez [guardés]
José Ignacio López García Orduña
José M. Martínez Baselga
Santiago Maseda Cadórniga
Antonio Nogales Márquez Prado
Cándido Rasilla Salgado
Ramiro Rueda Andrés
Damián Sanz Castillejo
Martín Troncoso Domínguez [guardés]
 
ANO 1898
 
Antonio Miguel Romero Gil Zúñiga
Blas González González
Carlos Moreno Oterino
Emilio Freire Rodríguez
Fernando Mendoza Bootello
Francisco de Federico Riestra
Gaspar Barreras Massó
Higinio Martínez Martínez
Jesús García Malvar
José María Azanar Bárcena
Manuel Freire Rodríguez
Pedro Castiñeira Teijeiro
Prudencio García Vinuesa
Víctor Peña Díez
 
            En 1900 os irmáns guardeses Alonso Alonso [ Joaquin e  Manuel] doaron a estatua de Santiago Apóstolo ó Colexio sendo eles mesmo bachareis.
  
ALUMNOS de IV ano.
 
Alfonso Fuentes Pellicer
Emiliano Gándara Gándara
Eugenio Descalzo Descalzo
Francisco Romero Fernández de Córdoba
Iván Pedrosa Miranda
Jorge Vivero Loño
Juan Vilas Martínez
Julio Reguera Rodríguez
Manuel Areses Vidal [Tui]
Manuel Martínez Rodríguez
Manuel Nogales Márquez Prado
Manuel Pérez Esteso
Ramón Caramés Gómez
 
IV ANO 2ª SECCIÓN
 
Alejandro Pedrosa Neira
Antonio Losada Diéguez
Antonio Oterino Cid
Angel Botana Sieyro
Arturo Martínez Baladrón
Enrique Moreno Fernández
Enrique Paradela Herrero
Francisco Donesteve Pérez Castro
Francisco Maseda Cadórniga
Joaquin Alonso Alonso
[guardés que regalou a imaxe de Santiago Apóstolo traída de Italia]
José Mosquera Amores
José Rodríguez Sobrino [guardés]
Juan Mosquera Asunsolo
Juan Rodríguez Bonin
Manuel Aller Ulloa
Manuel Alonso Alonso
[guardés que regalou-xunto co seu irman, a imaxe de Santiago Apóstolo traída de Italia]
Manuel Fuentes Pecellín
Mariano Pérez Pérez de Castro
Miguel Vidal Salgado
Ovidio Martínez Rodríguez
Roberto Martínez Baladrón
Tomás Mosquera Domínguez


Antonio (Antón) Losada Diéguez
 
                 D. Antonio Losada Diéguez [alumno de IV ano] nado en 1884  en San Mamede-Boborás, pazo de Moldes no seno dunha familia fidalga e ultra consevadora [seu pai era notario na Estrada], ingresa no Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe moi novo, remata o bacharelato no Instituto de Pontevedra en 1899.
 
                Pasa polas Universidades de Deusto, Salamanca, Madrid e Santiago de Compostela, Doutor en Filosofía e licenciadoen Dereito. Obten o primeiro posto nas oposicións a cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito en 1911(Madrid). Chega a Ourense como catedrático de Instituto sendo traladado a Pontevedra en 1919.
 
                En Pontevedra entra de cheo na confección da ideoloxía nacionalista de Galicia, amigo de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e os representantes das Irmandades da Fala, na que ingresara en 1917.
 
               Presidía a Iª Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918 e dous anos mais tarde aoparíase cos fundadores da revista Nós, ingresando en 1924 no Seminario de Estudos Galegos, publica varios contos na revista Nós e Alborada, pezas teatrais, poemas e sobre todo ensaios que foron publicados en 1985 co título Obra completa de Antón Losada Diéguez. O Día das Letras Galegas de 1985 foi dedicado a seu nome e súa obra. Falece en Pontevedra en 1929.    
 
III ANO
 
Alejo Diz Jurado (*)
[médico de Tui, fusilado polas tropas de Francisco Franco Baamonde en outubro de 1936, simplemente por ser médico, católico e republicano]
Angel Donesteve y Pérez de Castro
Fernando Barreras Massó
José Taboada Zúñiga
Julián Pérez Esteso
Vicente Varela Radío
             
(*) NOTA:
          O médico don Alejo Diz Jurado fora alumno dos P.P. Xesuítas no Colexio Apóstoo Santiago de O Pasaxe en 1898 [alumno de IIIº ano] e forma parte da Xestora da Comisión de Antigos Alumnos en 1920, sendo daquela Alcalde de Tui. Fusilado na Alameda de Tui xunto a outro médico de Tui [alcumado o médico do pobres] don Darío Álvarez Limeses unha excelente persoas segundo puidemos ler nos distintos libros e testemuñas escritas o longo destes anos.
 

 
                           Fotografía de don Guillermo Vicente Santiago, intelectual autodidacta, dono dunha imprenta en Tui e Alcalde republicano de TUI cando as tropas de Franco entraron o día 26 de xullo pola tarde, tivo que fuxir ó monte para non ser detido e fusilado cómo lle pasou ao Alcalde de A Guarda don Brasilino Álvarez Sobrino é aos médicos amigos seus don Alejo e don Darío.  Foi un dos “agochados” nun “zulo” da súa casa da Bisorca en Pintán A Guarda, falecendo de tuberculose creo lembrar en 1940, súa nai faleceu de pena e súa muller dona María Álvarez faleceu en 1975 totalmente trastornada debido as privacións e sufrimentos padecidos.
 
                          Estas dúas SANTAS MULLERES atravesaban o monte para acudir a Farmacia de Sabarís para mercalos medicamentos [que lles receitaba o fillo de don Darío Álvarez Limeses, tamén médico, Darío Álvares Blazquez, outra persoa Bo e Xeneroso,  que necesitaba Guillermo e así non se informaran os falanxistas de A Guarda que se achegaban  día e noite pola zoa de Pintán co obxecto de poder dete-lo.
 
                          Tiñan un canciño (León) que cando olfacteaba os falanxistas daba a alerta para que Guillermo se agochara entre os millos ou as paredes das leiras. En 1975 de acordo co abade de Salcidos foi seus restos soterrados no piso do cabanón onde estivera agochado foron postos dentro da caixa onde repousaba para sempre súa compañeira ¡nunca mellor dito tal nome!.
 
                          Do matrimonio quedaron Marina, Laureano Guillermo e César Vicente Álvarez quen durante varios anos na escola recibían as burlas e indirectas dos demais alumnos, desprezándoos e chamándolles “roxos” e “comunistas”.......
 
 
ALUMNOS de II ANO
Agustin Sobrino Arias
[fillo do Alcalde guardés don Agustin Sobrino Vicente]
Antonio Alonso Cuenca
Antonio María Prada
Carlos Gándara Gándara [guardés]
Celso Fuentes Martínez
Francisco Domínguez Mauleón
Fernando Bárcena de Andrés
Federico Pérez y Pérez de Castro
Germán Fondevila Martínez
José Donesteve y Pérez de Castro
José Bayo Muñoz
José Moreno Oterino
José Ramón Sobrino Arias
                             
D.José Ramón Sobrino Arias “Don Pepe”.
 
[fillo do Alcalde guardés don Agustin Sobrino Vicente, médico e industrial guardés, dono do Hotel Pazo Santa Tecla e de cetarias de lagosta sitas en Laxe do Can]
 
José Usera Bugallal
Manuel González Pecellin
Marcial Campos García
Martin Barreiros Alvarez
Roman Rodríguez Vicente
Valentin Alvarez  Estilo
Iº ANO
Alonso Pérez Vázquez
Antonio Conde Castilla
Casiano Troncoso Pérez
Daniel Aler Tárrago
Ernesto Rodríguez Cividanes [guardés]
Francisco Alvarez Conzi [guardés]
Francisco Fuentes Pecellin
Francisco Hermida Franco
Francisco Torres Muñoz
Heliodoro Fernandez Valdivieso
Javier Bugallal y Pérez de Castro
José Conde Cadilla
José González Carrera
José P. Manuel Alonso Villa
Juan Blanco Alvarez
Juan Coura Domínguez
Juan M. Somoza Cortés
León Hulla Elola
Luís Aller Ulloa
Luís Berea Rodrigo
Luís Carnero Martínez
Luís González Novoa
Mauro Alonso Cuenca
Odón Colmenero Sáa
Pedro Bueno Pizarro
Ramiro Arceo Martínez
Ramón Armada Quiroga
Santos Carnero Martínez
Víctor Lago Pastor
PREPARATORIA
Antonio Aler Tarraga
Antonio Maseda Cardóniga
Antonio Rodríguez Bobillo
Carlos Reguera Rodríguez
Benito Varela Varela
Enrique de Ceaa-Bermúdez Ziburu
Ignacio Anta Novoa
Iván Valdés Fernández
José María Alonso Francisco
José María Domínguez Alvarez
José Ramón Diéguez Cervela
José Sáez Món
Manuel Fernández Pereira
Paulino Souto Neira
Segundo Trincado Fernández.
                                                                                                             
                           Neste ano 1898 ten lugar o VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO COLEXIO APÓSTOO SANTIAGO 1872 [ANCEIS A Coruña] – 1898 [O PASAXE – Camposancos-A GUARDA].
 
             O Rector do Colexio era: Padre Vicente Leza.
 
             O presidente da Comisión Organizadora do XXV Aniversario foi don Santiago Ozores Pedrosa, conde de Priegue. Este Conde de Priegue era fillo de don Francisco Javier Ozores Losada e de dona Jesusa Pedrosa Álvarez Maldonado.
 
             A súa vez don Santiago Ozores Pedrosa casou con dona Elena Miranda Santos, nacendo don Javier Ozores Miranda XI Condes de Priegue. D. Javier Ozores Miranda casou con dona María Marchesi de Oya, nacendo don Javier Ozores Marchesi (8 set/1942 en A Crouña), que dende o ano 1971 é o XII Conde de Priegue, casado con dona María del Carmen Calderón Espinosa de los Monteros, actuais Condes de Priegue. Teñen tres fillas, María Elena, Luisa e Cristina.
 
             D. Javier Ozores Marchesi é membro fundador da Academia Galega de Gastronomía, membro da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas. Medalla Paul Harris Fellow. Premio Fernando Arenas Quintela en 2001 polo obra “cena de los videntes”. Publicou o libro sobre gastronomía “Cocina Gallega”. xerente da productora “Los Films de El Buho”,etc,etc.
 

Escudo de Armas dos Condes de PRIEGUE
 
            Secretarios: D. Angel Pedreira Labadíe e don Maximino Blanco Tenreiro.
            Tesoureiros: D. Gumersindo Meirás Hurtado e don Rodrigo Prado Tenreiro.

           O día 13 de abril comezan os actos con una misa de comunión xeral, oficiando o bispo da diócesis don Valeriano Mendez Conde, facendo a Iª Comunión os alumnos don Paulino Souto Neira e don José María Alonso Francisco. O bispo foi axudado polo Mestre de Escola do bispado de Ourense don Anastasio Flórez, don Santiago Ozores Pedrosa, capitán de artillería e don Heliodoro Santos Cuero, Axudante de Mariña do porto de Vigo.  
 
            Asistentes invitados: D. Manuel Rivas, Alcalde de A Guarda; D. Fernando Fernández Mustelier, Axudante de Mariña de A Guarda; D. Juan  Sánchez, Arcipestre; D. Higinio Troncoso González; D. César Troncoso Gonzalez; D. Ricardo González; D. Mauro Fernández; D. Ricardo Lomba; D. Leonardo Alvarez (médico do Colexio); D. Francisco Novoa; D. Rafael Alvarez, é un montón de ex alumnos........
 
            O patio e cobertizo superior foi construido baixo a dirección do padre Alcolado que era inxeneiro e ex profesor en Madrid da Escuela de Caminos, Canales y Puertos. O patio e cobertizo tiñan 58 metros de longo por trece de ancho. Os comesais neste primeiro dia do XXV Aniversario foron 300.
 
            A orquesta e coro do Colexio foron reforzados con don Ramón Salazar, don José Basadre e don Evaristo Bargiela que era “sochantre”, organista e tenor segundo da Catedral de Tui, os cales interpretaron a Misa de Sochantres do mestre García.
 
             Como as comunicacións por estrada seguían pésimas ainda neste ano 1898 a “barcas” do Colexio recibiron no peirao de Caminha [ ata Caminha chegaban no tren] as distintas Comisións de A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Betanzos, Pontedeume, Vilagarcía, Tui e A Cañiza, todos recibidos pola banda de música do colexio dirixida polo mestre don José Iglesias Sánchez.   
 
             O Padre Modesto Fernández foi o primeiro profesor no Colexio de ANCEIS é o derradeiro Rector no Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe-Camposancos.
 
             Este acto o que nos referimos foi “amenizado” pola Banda de Música de Caminha,a noite lanzáronse fogos de lucería da Piroctenia Hijos de Alonso de Palencia.
 
             Os actos deste XXV Aniversario do Colexio Apóstoo Santiago remataron o 14 de abril de 1898 sendo o fotógrafo “oficial” o Sr. Bugarin de Tui, os ex alumnos e familiares de fora da Guarda saíron en dirección Caminha para poder colle-lo tren, outros montaron en carruaxes para seguir a viaxe por estrada, que repito, non reunía as condicións minimas para poder circular axeitadamene..........
 
            Ata 1902 non se normalizou a legalización do Colexio Apóstoo Santiago en Camposancos, pasa+ndo a ser  Sociedade Anómima La Enseñanza Católica.
 

Ano Mariano 1904. Escapulario da Virxe.
 
            No ano 1904 foi AÑO MARIANO [ Cincuenta aniversario do dogma da Virxe Inmaculada] e toda a congregación do Colexio foi en peregrinación [camiñando] ata o mosteiro de OIA para honrar a Virxe do Mar, imaxe que aparecera flotando no mar, fronte a Oia no século XVI.
 
            En 1909 había unha liña de autobuses entre A Guarda e Vigo por 6 pesetas a viaxe, pero a estrada seguía sendo moi deficiente, chea de “baches” e pedras soltas.
 
            No ano 1912 existe o precedente de que varios indianos quixeron fundar un Colexio na Guarda para  pobres que logo non saíu adiante. Neste ano xorde un litixio entre a Xunta Administrativa de Camposancos e os xesuítas do Colexio [....] El Ayuntamiento (Alcalde don Agustin Sobrino Vicente) dice que no ha concedido el terreno del jardin exterior del Colegio por la sencilla razón de que no era suyo.....Os P.P. Xesuítas quéixanse ao Concello por inxurias do pobo...(Voz del Tecla nº 83).
 
            No nº 81 de La Voz del Tecla [....] El Colegio realizó durante el año en curso (1913) artículos en La Guardia por 30.832 pesetas, paga al Ayuntamiento 2.500 ptas por el capítulo de impuestos; en su portería se reparte diariamente más de una arroba de pan.......¡que mucho les importa el bien público a ciertas gentes!, les han calificado de ladrones.... O conflicto de reclamación deses terreos dos xardíns durou ata fai poucos anos.
 
            En xullo de 1914 o Colexio dos P.P. Xesuítas  recibe a visita da Infanta María Isabel de Borbón “La Chata”(Madrid 1851-Paris 1931), filla da reina Isabel II, daquela tiña a infanta uns 63 anos. Tamén visitou o Colexio das H.H. Carmelitas, igrexa parroquial e as obras do Porto xunto o Alcalde don Agustin Sobrino Vicente e demais autoridades. A Infanta tiña oficialmente a ocupación de: Señora de la Orden de María Luísa. En 1991 seus restos foron soterrados no Palacio de San Ildefonso (Segovia).
 
            Un ano despois estivo tamén no Colexio Monseñor Francisco Ragonessi, Nuncio do Papa en España. En 1915 toma posesión como bispo de TUI don Leopoldo Eijo Garay (Vigo 1878-Vigo 1963) foi nomeado bispo de Vitoria en  1917, en 1923 arcebispo de Madrid-Alcalá, mais tarde o Papa Pío XII o nomea Patriarca da Indias Occidentais, foi Académico da Lingua e Ciencias Morais e Políticas, procurador nas Cortes de Francisco  Franco Baamonde, e membro do Consello do Reino, finou  .......sendo amigo dos Padres  Xesuítas.
 
            No Curso 1914-15 o Colexio Apóstolo Santiago quedou na cota mais baixa que nunca tivo o Colexio – en número de alumnos -, debido as graves dificultades para poder desprazarse dende calquera punto de España ata Camposancos e a que existía unha grave situación económico – social [....] incluso con la desaparición de la sardina – que se juzga temporal – muchas fábricas de salazón están paralizadas.... era Alcalde de Vigo nesas datas don Fernando Conde Domínguez [segundo os datos accedera en 1895, fillo e socio da naviera Antonio Conde e Hijos con líneas a Montivideo, Bós Aires e Santiago de Cuba  ], logo no Curso 1915-16 xa estaban matriculados 104 alumnos 3 cinco externos.
 
            A don José María Sobrino Vicente e sua esposa dona Trinidad Pérez Melón lle faleceron dous fillos cando estudiaban  neste Colexio de “tifus”, tiñan 17 e 18 anos de idade. Unha filla deste matrimonio casara con don Adolfo Buhilla, xefe da oficina de correos de A Guarda, anos mais tarde fixarían novo domicilio en Madrid de onde era procedente do Adolfo.  
 
            No ano de 1916 había no Pasaxe os serradoiros de don Constante Candeira González (1851-1933), serradoiros de Candeira Hermanos [Constante e Matías naturais de Ponteareas],  fornos de cal e almacén de cal de don Valentin Domínguez Pérez, serraría na Armona, comezaba a traballar o estaleiro Castro.


Porto de O Pasaxe con barcos de ferro fondeados a espera da carga dos serradoiros.
Postal editada polo fotógrafo Mariano Jiménez Huete.
 
            Don  Valentin Domínguez Pérez [tío de don Eloy e don Manuel Domínguez Veiga]  tamén tiña un serradoiro e un forno de cal fundados en 1899 co nome de Manuel Domínguez y Cia. que mercaran a don Teodoro Sabaris Pérez. Os socios da empresa eran don Valentin Domínguez Pérez que aportou a sociedade 23.000 duros; don Manuel Domínguez Veiga 10.000 duros; don Eloy Domínguez Veiga 1.000 duros [doados por seu tío Valentin] e don Basilio Santiago 6.000 duros. Total 40.000 duros de capital.
 
            Os cinco anos crearon outra sociedade co nome de Domínguez, Hermano y Trigo con un capital de 100.000 duros: don Manuel Domínguez Veiga 33.334 duros; don Eloy Domínguez Veiga 33.333 duros e don Celestino Trigo 33.333. Total 100.000 duros.
 
             Esta fábrica-serradoiro era coñecida cómo La Camposina [este nome o levara antes unha fábrica de embutidos La Camposina], nesta fábrica en febreiro de 1915, aconteceu a explosión, antes da entrada ó traballo, dunha caldeira de vapor cando entraban os obreiros pola maña, accidente no que morreron dez obreiros e mais dunha ducia de feridos  graves. Tamén en O Pasaxe –preto do Colexio- había dúas pensións e dúas tendas.  
 

Panorámica do serradoiro La Camposina en O Pasaxe comezo do século XX. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.
 
            Neste Curso 1916-17 os P.P. Xesuítas Portugueses expulsados de Portugal en 1910, pasaron a Holanda e Bélxica para logo chegar  a España en San Martinho de Trebejo ca Escola Apostólica (Cáceres); Juniorado e Filosofado en Santa María de Oya (Pontevedra), redación das revistas “Brotéria e Mensageiro do Coraçao de Jesus” en Pontevedra capital,   arrendando e logo A GUARDA, mercando os bens dos xesuítas españois sitos en O Pasaxe (Camposancos) que foron valorados no ano 1914 en 561.500 pesetas, o colexio con tódalas dependencias, seguindo unha traxectoria que durou ata 1932 cando don Manuel Azaña Díaz [presidente da IIª República Española] publicou o Decreto de Disolución de las Ordenes Religiosas [entre elas a Orden  da Compañía de Jesús].
 
             En 1932 pasan a Portugal abrindo varias residencias acollendose a Constitución portuguesa de 1933, a que abolíu as leis de excepeción por motivos relixiosos de 1910 e 1941, recoñocendo a Compañía de Xesús como unha Corporación Misioneira, normalizándose a situación xurídica dos xesuítas da Provincia de Portugal.
 
            Os xesuítas españois pasaron a Vigo, primeiro no edificio de La Molinera e logo no complexo de Bellavista en Guixar..
 

Edificio de La Molinera en VIGO  1916-1928, antiga fábrica de fariña. Fotografía propiedade dos P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.
 
            La Molinera era un edificio de recente construcción [1898] de cinco plantas onde estivera instalada unha fábrica de fariñas que fracasara, dispuña de grandes almacéns sendo algúns dos donos de La Molinera Gallega S.A. don Gaspar Massó, don Francisco Tapias, don Luís Suárez Llanes e don Ceferino Maestú Novoa que foi alcalde de Vigo en 1920.
 
            E o dono da finca Bellavista era don Angel Elduayen Mathet, capitán de navío, fillo de don José Elduayen Gorriti [marqués de Pazo de la Merced, membro do Partido Conservador, chegou a ser ministro ata nove veces, sendo tamén deputado a Cortes, enxeñeiro de camiños, finou en 1897], don Angel tiña o título de marqués herdado da súa defunta muller dona María Ximénez Sandoval Saavedra.
 
            Esta finca de Bellavista en Guixar-Vigo pasa a ser propiedade dos xesuítas españois o  13 de novembro de 1916, legalizada a venta diante do notario de Madrid don Toribio Gimeno Bayón por un importe de 400.000 pesetas mais 16.000 pesetas de Dereitos Reais.
 
            Co fin de evitar “líos” legais os xesuítas fundan a Sociedad La Enseñanza Católica que entre outros negocios revende outra vez as posesións do Colexio de O Pasaxe en 1917 cancelando anteriores hipotecas.
 
            A Condesa de Vigo [ Conde de Vigo foi un título dado en 1810 a don Joaquin Tenreiro Montenegro pola súa actuación diante das tropas francesas na Guerra de Independencia e na defensa e liberación de Vigo], era dona Josefa Tenreiro Montenegro García que axudou economicamente aos xesuítas de Vigo.
 

D. Miguel Primo de Rivera y Orbaneja Marqués de Estella e Xefe do Goberno Español

           En agosto de 1928 o presidente do goberno don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, segundo marqués de Estella,  visita Vigo é o novo Colexio dos P.P. Xesuítas en Bellavista, así como A GUARDA, o monte Tecla e outros lugares da comarca.
 
            No Curso 1937-38 os P.P. Xesuítas de Vigo aproban a creación dun grupo de alumnos chamados Exploradores Hispanos baixo o mando directo da Falanxe Local de Vigo, organizaban campamentos de verán ata a Illa de Arousa, Limens, A Lanzada, Vilanova....
 

Cartel de propaganda militar do Bando Nacional.
 
                  Uniformados e ordenados os alumnos e profesores percorrían as rúas mais importantes de Vigo cada vez que era conquistada unha cidade aos “rojos”. Non digamos cando en 1939 se celebrou o Desfile de la Victoria, acto polo que foron felicitados polo propio Alcalde de Vigo quen enviou ao Colexio varias botellas de xerez e galletas...
 

Paredón onde está a Fosa Común dos republicanos presos no Campo de Concentración de O pasaxe e fusilados diante da propia fosa. Hoxe o espacio está ocupado polo monumento “in memorian” construído por subscrición popular. Fotografía e José A. Uris Guisantes de 1978.
 
                  Os xesuítas adiantáronse ao Fronte de Xuventudes que naceu en decembro de 1940. [....] todos los alumnos de los Centros de 1ª y 2ª Enseñanza Oficial y Privada forman parte del Frente de Juventudes..
 
                  A propia filla do Dictador Francisco Franco Baamonde en 1942, fixo doazón dunha Bandeira Nacional ao Colexio [....] Al Frente de Juventudes del Colegio Apóstol Santiago. Carmencita Franco Polo. 8-XII-1942.
 
                  No Curso 1941-42 comezou a estudiar en O Pasaxe o futuro Prefecto da Orden Xesuítica, era o Padre Juan Bautista Llorens nado na ARMONA – Camposancos. Fillo de don Evaristo Llorens Ferrando administrador da empresa “París Hermanos y Cia” que era un serradoiro-fábrica de madeira na Armona.  Nestas instalacións estivera unha fábrica de xabón ata 1849, logo mercadas as instalacións por don Domingo Español López en 1875, mercado por don Vicente París Morla de Gandía e en 1940 vendido a Serrarías del Miño S.A. na que tiñan accións a familia Candeira.
 

Estaleiro de Joaquin Castro en O Pasaxe. Construcción do buque de carga Bernavé ou Chacartegui Iº en 1953. Fotografía propiedade de Joaquin Castro Barcia.
 
                  No ano 1942 foi arranxada a Capela pública e inaugurada unha Escola Pública no Pasaxe [sita no antigo edificio onde estivera a Estufa de Desinfección, e hoxe Estación Ornitolóxica de Anabam ], estiveron presentes os Alcaldes de A Guarda e de Vigo.
 
                  Os P.P. Xesuítas Portugueses estiveron no Pasaxe -como dixen- dende 1916[ data na que o Colexio Apóstolo Santiago se traslada a La Molinera de Vigo], no Mosteiro de OIA tiveron o Noviciado e a Casa de Formación, en Marín e logo en Pontevedra tiveron a Casa de Escritores na que se editaba a revista científica BROTERÍA de sona mundial.
 

Colexio Nun`Alvres dos P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal en 1925. Fotografía da súa propiedade.
 
                  Na etapa dos Xesuítas da Provincia Portuguesa, o Colexio de O Pasaxe tiña un gran nivel científico nos  profesores. O xesuíta Eugenio Jalhay  descubriu unha Estación Prehistórica no Castro da Forca no monte Tegra [preto do parque de O Cancelón] e o padre Alfonso Luisier foi un dos grandes botánicos de tódolos tempos.
 

Aspecto do embarcadoiro de O Pasaxe. Conxunto do Colexio dos P.P. Xesuítas. A esquerda “finca” del Tombo, hoxe Urbanización Río Miño. A esquerda serradoiros de Serrarías del Miño S.A.

                  No Curso 1928-29 o Goberno Español obrigou aos P.P. Xesuítas portugueses eliminar o nome de Colexio Nun´ Alvres [o portugués NUN´ ALVRES participara na batalla de Alxubarrota onde as tropas portuguesas derrotaran as tropas castelás en pro da independencia], tendo que poñer o nome de Colexio de María Inmaculada, logo en 1932 o decreto de don. Manuel Azaña Díaz obriga aos portugueses [ é a tódalas Ordenes Relixiosas] deixalo Colexio nun prazo de sete días.
 

D. Manuel Azaña Díaz presidente da IIª República Española.
 
                  Algúns veciños de Camposancos [unha pequena parte que logo na guerra civil foi esaxerada], entraron nas dependencias do Colexio roubando e destruíndo parte do mobiliario propiedade dos xesuítas portugueses, logo en 1936, mercé a unhas fotografías sacadas polos xesuítas varios cidadáns foron procesados en Consello de Guerra Sumarísimo.
 
                  No ano 1934 o Colexio[mellor dito o edificio porque xa non había Colexio], puído converterse en Hospital Psiquiátrico [ foi un gran protagonista don Bibiano Fernández- Osorio Tafall], pero non chegou a fundarse.
 

D. Bibiano Fernández Osorio Tafall.
 
                  O Alcalde daquela don Antolin Silva Vicente [ do Partido Radical de Alejandro Lerroux] foi o derradeiro Administrador das propiedades dos xesuítas no Pasaxe, antes foran  don Juan Portela Lomba e don Generoso Lagarejos Rivas [ tamén do Partido Radical fundador da Agrupación del Partido Radical de Los Tabagones, que fora Alcalde de O Rosal].
 
                  D. Emilio González López deputado pola ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) e membro da Comisión Liquidadora das propiedades dos P.P. Xesuítas Portugueses en O Pasaxe-Camposancos [......] yo tenía el propósito[1934] de instalar en él [Colexio de María Inmaculada de O Pasaxe] el Manicomio General de Galicia, pero necesitaba que las Diputaciones Provinciales  enviasen locos a éste Manicomio y nunca logré que se comprometiesen.....
 
              É logo un 27 de xullo de 1936 as tropas “nacionales” de Franco entran na Guarda....incautándose de tódalas instalacións do Colexio e creándose a Prisión Habilitada de Camposancos, ou Campo de Concentración.
 
                 No Colexio Apóstoo Santiago de Vigo funcionaban dúas Centurias del Frente de Juventudes. Unha chamada  “Apóstol Santiago” compostas por cadetes e outra “Méndez Núñez” de frechas.
 
                 Segundo refire don Evaristo Rivera Vázquez [...] en octubre de 1937 llegó[ A O PASAXE CAMPOSANCOS] la primera tanda  de prisioneros republicanos compuesta por 3.000 hombres y 180 mujeres.... todos capturados por nuestra gloriosa escuadra al derrumbarse el frente de Asturias. Las mujeres fueron trasladadas muy pronto a otra parte...algunas detenidas dieron a luz entre aquellas venerables paredes...
 
                 A finais de 1939 evacuaron as instalacións gran parte dos detidos sendo o Xefe do Campo de Concentración nesas datas o capitán Antonio Fontenla Romero. Pero non foi ata o ano 1941 cando se pechou de forma definitiva o Campo de Concentración de Camposancos, e a devolución oficial de tódalas instalacións do Colexio de María Inmaculada tivo lugar o 18 de setembro de 1941.
 
               Cando os P.P. Xesuítas reclaman unha determinada indemnización o Director Xeral de Prisións daquela don Ignacio Bernardo Álvarez se negou a abonar calquera cantidade aos xesuítas alegando [....] no sólo no fueron causados daños , sino que se hicieron en él edificio algunas reparaciones....
 
              No Curso 1943-44 o Colexio pasa a ser unha Escola Vocacional ou Escola Pre-Apostólica ou Seminario Menor co nome de San Francisco Javier, neste curso había 32 alumnos e sete padres xesuítas que dependían de Vigo (Colexio Apóstoo Santiago en Bellavista).
 

Colexio dos P.P. Xesuítas da Provincia de Potugal  en O Pasaxe-Camposancos.
 
Chamado tamen Colegio de La Guardia polos propios xesuítas. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.
 
              O primeiro Director desta Escola Vocacional foi o padre Francisco Gómez e no Curso 1958-59 foi pechada esta escola no momento en que había no pasaxe 22 padres xesuítas e 94 alumnos.
 
             O Pasaxe tamén foi Casa de Exercicios para escolares do Colexio de Vigo [...] Desde 1959 el histórico edificio vive de recuerdos, presta los estimables  servicios de jubilado hacendoso y espera que un día, al fin, llegue la voz bienhechora que le diga levántate y anda....
 
             Ata 1974 había unha pequena Comunidade no Colexio, serviu como sitio de vacacións no verán de outros colexios relixiosos...
 

Estaleiros Joaquin Castro Barcia con parte da flota pesqueira guardesa nas “gradas” nos anos setenta.
 
Fotografía propiedade de Joaquin Castro Barcia.
 
             Escribo en castelán porque interesa este asunto a persoas non galegas:
 
Nota: Todos los fallecidos en el Campo de Concentración de Camposancos (El Pasaje) y que que no podían ser retirados sus cadáveres por la familia eran enterrados en el cementerio de Camposancos, mientras duró la guerra por oficio del Comandante Militar del Campo de Concentración, luego fueron enterrado en el cementerio de A Guarda.
 
             A partir del 31 de agosto de 1941 ya no aparece en el Registro Civil, ningún otro prisionero de guerra muerto en el Campo de Concentración de Camposancos, debido a que los prisioneros que quedaban fueron enviados a otros penales cerca del lugar de origen de los prisioneros, desde ése momento el Campo de Concentración instalado en el Colegio Apóstol Santiago de los Padres Jesuítas queda clausurado.
 
             Este Colegio fué Prisión Habilitada por los militares “nacionales” para encerrar a los republicanos guardeses, rosaleiros etc.etc. detenidos por los militares cuando entraron en A Guarda el 27 de julio de 1936 (2,30 de la tarde), al romper las tropas la resistencia de los  paisanos, guardias civiles, carabineros, marineros del cañonero cabo Fradera de Tui en la curva de A Moura- O Porriño [todos ellos defensores de la IIª República, al igual que los Alcaldes de A Guarda, O Rosal, Tomiño y Tui], la mayor parte fueron fusilados sin juicio previo, y los demás despues de un Consejo de Guerra Sumarísimo.
 
              Inmediatamente después el Colegio fue  requisado por la Inspección de Campos de Concentración en julio de 1937, comenzando a “funcionar” la Prisión Habilitada de Camposancos o Campo de Concentración de Camposancos, donde llegaron a estar entre 2.000 a 5.000 prisioneros politicos, llamados “rojos” por los nacionales.
 

D. José Calvo Sotelo líder da dereita española, asasinado en Madrid antes da sublevación militar.
 
             Los jesuítas atendían como podían, o querían, a los prisioneros a nivel católico-apostólico, el primero que atendió a los prisioneros fue el Padre José Sarabia. En marzo de 1941 [ cuando ya se iba a clausurar] figuraba cómo capellán castrense de la prisión de Camposancos el sacerdote D. Hermenegildo Gil Millós. Fuera propuesto por el obispo de Tui, sucediendo a don Martín Alvarez Alvarez (parroco de Salcidos) que haía sido capellán desde abril de 1938.
 
              El primer Jefe de ésta Inspección de Campos de Concentración fué Luís Martín Pinillos con sede en Burgos.
 
               Este Campo de Concentración de El Pasaje – Camposancos tiene una historia muy triste para cientos y cientos de de ciudadanos [la mayoría ya fallecidos], asturianos, leoneses, castellanos, catalanes y gallegos, estando intimamente coaligado con la Prisión Habilitada en el Cuartel de Artillería de Figueirido (Pontevedra), con la Prisión Habilitada en la Isla de San Simón ( Redondela), la Prisión Habilitada en el Monasterio de OIA (Pontevedra), Campo de Concentración de Cedeira (A Coruña), Campo de Concentración de Rianxo (A Coruña)y de Muros de San Pedro.
 
              El 17 de mayo de 1938 el Tribunal Militar Permanente Nº 1 de Gijón (Oviedo) presidido por el Comandante Caballero Luís Vicente Sasiaín se traslada a El Pasaje Camposancos, estando constituído por:
 
Presidente: Comandante de Caballería Luís Vicente Sasiaín.
Vocales: Capitán de Infantería Manuel Toimil Pérez.
Tte de Infantería Juan Martínez Pérez.
Alférez de la Guardia Civil: Elías Losada Fernández.
Ponente: Capitan Honorífico del Cuerpo Jurídico Militar Julio García Rosado.
Fiscal: Alférez Honorífico del Cuerpo Jurídico Militar Guillermo Rodríguez Quirós.
Defensor: Capitan de Infantería Amable Cerviño.
 
               Este Tribunal llevaba a cabo de cuatro a seis Consejos de Guerra Sumarísimos diarios, donde juzgaban?? entre seis a diez prisioneros cada vez. La vigilancia exterior en éste época estaba controlada por una Sección de Falange, la interior por el ejército.
 
              Uno de los testigos [que aún vive en Asturias] es el Presidente de la Asociación de Antiguos Combatientes Republicanos de Asturias don Avelino Fernández Cabricano que estuvo prisionero en Camposancos desde 1937. Era Tte de la 2ª Sección de Estado Mayor del XIV Cuerpo de Ejército al mando de don Francisco Galán, pasando mil y una privaciones despues de ser capturado, estuvo varias veces a punto de ser fusilado, y por suerte el 9 de marzo de 1938 fué enviado a un Batallón Disciplinario en Miranda de Ebro.
 
                                                                              [...] cuando llegamos al campo de concentración la miseria, la cantidad de piojos, es inenarrable. Hubo que tirar los calzoncillos y quitar los bolsillos a los pantalones para poder rascarnos mejor. Estábamos llenos de piojos. De comer eso sí, nos daban en abundancia: patatas y berzas, todo lo que quisieses, en un plato de metal; y algunas veces hasta nos llegaron a dar un poco de vino...A los enfermos les daban leche aguada, “leche azul” que decían...  

D. Marcelino Laruelo Roa una de las personas que más se ha preocupado en investigar el paradero y la vida de muchos prisioneros de guerra, escribió el libro “La Libertad es un bien muy preciado”.
 

D. Santiago Casares Quiroga xefe do goberno da IIª República cando un 18 de xullo de 1936 se subleva parte do exército contra o goberno republicano lexitimado nas urnas en febreiro desde mesmo ano.
 

José Luís Lomba Alonso.
 
D. José Luís Lomba Alonso de A Guarda también investigó los archivos del Registro Civil de A Guarda.
 
D. Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” es un testigo directo de todos los sucesos ocurridos en A Guarda y que vivió en carne propia.
 
Y el que suscribe José Antonio Uris Guisantes que también investigó y sigue investigando el paradero y las vicisitudes por las que pasaron muchos republicanos y sus familias.
 
              As comunicacións por estrada dende A Guarda  facíanse a través de Caminha collendo o tren ata Tui, debido a que a estrada dende A Guarda a Tui e dende A Guarda por Baiona-Vigo eran tan pésimas que dende setembro a maio as dificultades eran enormes. Concretamente en O Pasaxe no ano 1825 había unha barca grande con capacidade para 25 persoas e outro mais pequeno para 12 persoas, os barqueiros debían arrendalo servicio ao Concello de A Guarda por 20 reais cada mes, o billete de ida e volta era de “cinco cuartos” por persoa, por cabalería vinte cuartos, debendo de ser as barcas portuguesas – con mais capacidade – as que transportasen as cabalerías.
 

Juan Yague un dos xenerais sublevados contra a IIª República incorporado ó do Bando Nacional de Francisco Franco.
 
               Para a vixilancia había xa un servicio de policía, debido a que dende tempo inmemorial o intercambio comercial entre ambas poboacións foi moi intenso, existindo un nome especial para as mercancías que non pasaban polas aduanas “o pisco”.
 
               No ano 1824 o Concejo de La Foz del Miño estaba formado por A Guarda, Salcidos, Camposancos, O Rosal, San Juan de Tabagón,San Miguel e As Eiras.
 
              En 1840 viñan atracando no peirao de O Pasaxe barcos procedentes de Vigo, A Coruña, Alacante, Valencia,etc.
 
                A mediados do século XIX ( 1855), atopamos referencias do serradoiro de madeira de don Manuel Antonio Candeira, mais tarde dos irmáns Candeira González  ( Constante e Matías).


D. Constante Candeira González. Fotografía inserta no Libro Programa das Festas do Monte de 1963, ano do 50 Aniversario da Romaría Enxebre no Trega. Constante foi o membro da Sociedade Pro Monte que propuxo[e foi aprobada] a idea de facer un xantar das familias dos socios e do pobo no Trega. Presidía a Comisión de Festas neste 1963 don Alfonso Martínez Peniza, alcalde don José Luís García Pérez.
              Un dos comerciantes importantes de A Guarda no século XIX foi don Juan Antonio Español López finado en 1854 con unha importante infraestructura comercial no Pasaxe de importación e exportación de mercadorías. Fora deputado provincial, sendo unha xestión persoal a construcción do actual ponte Tamuxe [ antes de madeira ] entre 1844-45, encargado a don José Fernández de Goián. Por súa conta construíu embarcadoiros e facilitou a construcción de barcos de madeira.
             Segundo don Antonio García Lago, don Juan Español López era dono de 16.470 varas en terreos, solicitando seu fillo don Domingo Español López en 1876 a redención  das taxas estatais a don José María Gribe de Madrid polos que pagou ao Estado 375,50 reais.

Estrada Real a Tui, hoxe rúa Galicia. A esquerda está o As de Copas, onde hoxe comeza a rúa Domínguez Fontenla. A dereita a Casa Otero, hoxe Colexio San Xerome.
               No ano 1859 aínda existía unha fábrica de xabón na Armona, mercada por don Domingo Español López, mais tarde vendida aos irmáns don Bautista e don Vicente París Morla instalaron un serradoiro de madeira, solicitando ao estado unha concesión administrativa  do uso dos peiraos por cen anos en 1896, aínda que debían despachalos embarques na Aduana de O Pasaxe, estas instalacións foron vendidas a Serrarías del Miño, logo pasou o bispado de Tui-Vigo para facer un Seminario, sendo vendido a Cerámica Domínguez de Levante S.A. Cedolesa para fabricar ladrillos, e finalmente unha empresa de construcción de A Guarda se fixo ca propiedade construíndo un complexo de apartamentos coñecido como Apartamentos Armona.
                En 1894 o Concello de A Guarda instalou  uns barracóns de madeira onde se habilitaron os Servicios de Sanidade para poder poder facer revisión médica aos tripulantes das embarcacións chegadas de tódalas partes do mundo, máxime nesas datas nas que apareceu o “cólera morbo” que xa afectara en 1854 os portos de Vigo, A Coruña, Baiona e Pontevedra, estas instalacións aínda existen hoxe, lugar onde sería mais axeitado construíla Estación Marítima para o transbordador e non o MAMOTRETO que mandou construír Portos de Galicia.
               Onde está hoxe a Estación Ornitolóxica de ANABAM estaba emprazada a “estufa” que eran unhas instalacións sanitarias onde se desinfectaban as roupas dos enfermos e dos tripulantes dos barcos que estaban en “corentena” fondeados no río.
               Nos anos 1897-1900 figura tamén como dono dun Forno de Cal D. Teodoro Sabariz. A comezos do século XX a sociedade Manuel Domínguez y Cia., comeza a construíla fábrica La Camposina [ sería esta a mais grande de todas as da Bisbarra] ., coincidindo ca inauguración do posto de Carabineiros de Costas y Fronteiras, disoluto en 1968.

Aspecto da rúa Domínguez Fontenla, meses antes da urbanización. Fotografía de Dosio Fernández dende a República Dominicana.
              Outra empresa de O Pasaxe foi Domínguez Hnos y Trigo. Se destacan nestes anos de 1911 os vapores La Guardia, Unión, Galicia, Hernani, Lista e os bergantíns Perla e María Asumpta ( construído en Cataluña en 1904, e afundido nas costas de Cornualles despois de 137 anos de singraduras).

Pailebote Constantino Candeira na súa botadura en 1915 nos estaleiros Candeira, sitos en O Pasaxe.
Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.
               Un 11 de xaneiro de 1924 o pailebote Constantino Candeira queda varado no baixo Robalixeira nunha noite de auténtica galerna. Carlos Candeira foi outro barco de carga, e en 1920 tivo lugar un acto multitudinario ca botadura nos estaleiros de O Pasaxe o barco Celso Candeira, onde navegou o poeta Manuel Antonio (1900-1930) autor da obra “De Catro a Catro”, tamén navegaron o Río Miño, o canoneiro Gaviota, o vapor Mardomingo 14, o veleiro Delfina María ou Delfina Amalia.
              En 1880 foi construída a actual rampa-varadoiro, sendo elemento importante no desenrolo de O Pasaxe nas primeiras décadas do século XX.
               D. Domingo Español López sendo alcalde de A Guarda en 1850 arranxou por primeira vez a Alameda é abriu a estrada para carros dende A Guarda ata O Pasaxe, anos mais tarde convertida en estrada C-550 [ as malas linguas daquela criticaron que era en beneficio do propio alcalde que tiña os negocios no Pasaxe]. Segundo D. Evaristo Rivera, […] D. Domingo era una figura descollante entre la burguesía de la comarca..
              Dende 1855 a 1865 existía unha compañía de vapores entre Caminha e Valença e intercambio comercial entre Caminha e Monçao. Segundo don Ernesto Iglesias Almeida […] con barcos movidos a vara, remo, vela y vapor…
             Cregos de Arbo, Tui e outras localidades van celebralas misas en igrexas e capelas de portugal e a inversa.

Fotografía de alumnas pobres do Colexio HH. Carmelitas anos trinta do século pasado. Patio onde estaba a virxe Vedruna, como se pode comprobar varias nenas estaban descalzas. Fotografía de Concha Andrés.
             En 1884 o serradoiro dos Candeira traballaba a tope, sendo neses anos o tráfico fluvial dos mais intensos da historia, onde controlaba as entradas e saídas un Contramestre de Río.
             Ao Pasaxe chegaba viños de xerez, vinagre, azucre, pedra de cal, xabón, figos, pasas, canela, algodón, café, escobas, barallas, libriños de papel para ligar o tabaco, sal, botóns, productos químicos, papei do estado, e enfermidades infecto contaxiosas como o cólera ou a gripe.  
              Saían toneladas de madeira en táboas e tablillas, barricas de cal en po, louza, congro seco,etc.
             Por fin en 1896 inaugúrase unha “estrada moderna” gracias as xestións do deputado conservador don Ezequiel Ordóñez González ( neto de guardeses), coñecida como Estrada Real a Tui, e que comeza na Praza do Reloxo, as beira rúas da rúa da Praza Nova ( Joaquin Alonso) datan de 1832 que foron pagadas, xunto as da rúa Vicente Sobrino por don Bernardo Martínez Ameal o igual que o cemiterio parroquial de San Pedro que cedeu a parroquia en 1834, cemiterio que foi trasladado a Paraños-Sestás.
 
              Un Real Decreto do 23 de abril de 1897 ordena que cada barco [ de  Portugal ou de España ] que tivese o privilexio para o servicio de transporte de pasaxeiros ou mercadorías debía levar unha bandeira con unha P de cor negro no centro, se tivera outra barca, esta última debía pagar 20 reis en Portugal, e 10 céntimos en españa, a barca privilexiada por cada pasaxeiro ou mercadoría ata 100 quilos.

Fotografía de don Generoso Alvarez Seooane.
 
                     Imaxe dunha “gasolineira” que facía a viaxe de pasaxeiros entre o peirao de O Pasaxe e Caminha. Esta fotografía corresponde  a chegada de don Bernardino Machado Guimaräes ex presidente da República Portuguesa exiliado a España despois do golpe de estado do xeneral Antonio Óscar Carmona de Fragoso.
 
                    D. Bernardino estivo na Guarda en 1934 hospedado no Hotel del Tecla, propiedade de don José Ramón Sobrino Arias [hoxe oficina de La Caixa], logo trasladouse ao chalé da familia Candeira [hoxe Hostal Martirey] ata 1935, data na que o goberno da república obrigouno a abandonala zoa preto da fronteira [premidos polo goberno portugués do primeiro ministro Antonio de Oliveira Salazar, un dos crueis dictadores da Península Ibérica].
 
                 Se escribe que fora vixiado pola PIDE [Policía Internacional e de Defensa do Estado], pero debemos desmenti-lo debido a que a PIDE foi creada en 1945 polo Decreto Lei nº 35.046 de 22 de outubro.
 
                A policía secreta que vixiaba ou espiaba a don Bernardino Machado era a PVDE [Policía de Vigilância e Defensa do Estado] creada en 1933 polo Decreto Lei nº 22.992 do 29 de agosto. Tiña dúas Seccións, nesas datas dirixida polo capitán Agostinho Lourenço: Secçao de Defensa Política e Social, e Seccçao Internacional que sería a que espiaba na Guarda a don Bernardino e séquito.
 
               En 1934 [ano no que se expía a don Bernardino] a PVDE era responsable da emigración e fiscalización das axencias de pasaxes, dos pasaportes. Neste mesmo ano mercé o Decreto Lei nº 24112 do 29-7-1934 asume unha nova Sección: Secçao de Presos Políticos e Sociais para prover ao sustento, manutención, garda e transporte dos presos políticos e sociais, preventivos ou xulgados.
 
              Esta foi a policía secreta portuguesa que entregaba aos republicanos españois na fronteira, os que logo eran condenados por rebelión militar e a meirande parte fusilados ou paseados.
 
              Sería famosa a prisión de Tarrafal [Colonia Penal de Cabo Verde] coñecida polos presos politicos-sociais cómo “a frigideira” (frixideira), onde faleceron 32 presos políticos, entre eles o Secretario Xeral do Partido Comunista Portugués. Tamén no Forte de Peniche cumpriron penas “delincuentes políticos” contrarios a Antonio de Oliveira Salazar.
 
              Por outra banda a PIDE [Policía Internacional e de Defensa do Estado] creada en 1945 cómo “un organismo autónomo da Policía Judiciária”. Podía facer uso da tortura e de prisión psicolóxica que foran unha constante o longo do NOVO ESTADO de Oliveira Salazar.     
 
              Miles de cidadáns portugueses foron presos e moitos faleceron en prisión, outros saíron con graves lesións psicolóxicas ou en moi mal estado de saúde. A Guerra Civil nas Colonias de Ultramar intensificou o traballo desta policía política. En 1969 o goberno de Marcelo Caetano extinguiu a PIDE creando a DGS [Direcçao Geral de Segurança].
 
              Un dos sucesos de mais sona a nivel interancional foi ó asasinato do xeneral portugués Humberto Delgado e súa secretaria Arajaryr Campos en Badajoz en 1974.
 
             Casimiro Emérico Monteiro, xefe de brigada da PIDE foi o autor dos asasinatos, apoiado por sete axentes a suas órdenes tenderon unha trampa ó xeneral Humberto Delgado a través do traidor infiltrado Mario Carvalho que o levou [co pretexto de facer unha reunión con politicos contrarios o Réxime Portugués]  a unha finca chamada “Los Armerines” o lado de Olivenza, onde sería asasinado xunto a secretaria.
 
               Aplicábase nos intercambios comerciais o “Reglamento de Comercio Fluvial”.  
 
             En 1909 don Juan Cervera Valderrama Tte de navío e comandante da canoneira Perla con base en Tui, publicaba en La Integridad de Tui […] El Miño es el VIVERO más rico y productivo que tiene la Península Ibérica…, calculándose que neste ano había mais de 3.000 pescadores na augas do Miño.
 

Panorámica do Colexio de O Pasaxe- Camposancos da Compañía de Xesús en 1908 chamado “Colegio Apóstol Santiago”. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.
 
 José Antonio Uris Guisantes.

Regreso al contenido