Cándido Alfonso Martínez, popularmente coñecido como Cándido OTouro, nace na Longra en Salcidos, o día 27 de outubro de 1927, sendo fillo de Gonzalo Alfonso da Costa, natural de Ponte de Lima e de Ignacia Martínez Vicente de Salcidos, tendo este matrimonio tamén dous fillos máis Severino e Matilde.
Cándido Alfonso Martínez Cándido O Touro , na alameda da Guarda en 1995. ( Foto Vitoriano)
O alcume de O Touro vénlle dado de familia, súa nai tamén era popularmente coñecida como Ignacia da Toura e actualmente siguen con esteapelativo todos descendentes. Normalmente o alcume Dos do Touro, vén dado naquelas familias que na casa tiñan boi de posto. Parece que no caso de Cándido este sobrenome lles vén dado da súas enérxicas personalidades, e de cando Alfonso Dacosta pai de Cándido, dixera na telleira a unha difícil tarefa: “non vos preocupedes, que eu son como un touro”.
Ignacia do Touro por 1930 con seus fillos. No colo Matilde, de pé Severino e sentado Cándido. Foto enviada dende Francia por Cristina, filla de Cándido.
A vida de Cándido ata a súa marcha á emigración a Francia, foi a habitual desta zona, traballando de xornaleiro e en empregos varios: foi a telleira varios anos con Alfredo de Salcidos para La Cabrera (Madrid), a Salamanca con Borrajo, en Xinzo da Limia, tamén na de Amancio-O Campiña nas Cachadas; entre outras empresas, en Serrerías del Miño, con Os Marianas (Tío Pepe Riego e Arístedes Moreira) e de xornaleiro nas máis variadas labores: cavar leiras, arrancar esterco, ir a buscar leña, gateño… ao monte e matos…Cándido era moi solicitado para todo tipo de actividades pola súa enorme capacidade traballadora.
Cándido, nos seus tempos de mozo
Aínda que me comentaron moitas situacións da súa resolta implicación no traballo, recordo unha anécdota de cando traballamos xuntos na construción do colexio dos PP Somascos en 1967, na que subiamos os pasos das escaleiras ao lombo entre dous, eu e outro subiamos un e reventados, Cándido subíaos el só, e no tempo en que nós subiamos un , el subía dous. Tamén era solicitado para axudar aos forenses nas autopsias que se realizaban na Sangriña.
Foto do día do casamento de Cándido e Jesusa, no Rosal o 12 de decembro de 1957. Foto enviada por Cristina.
Cándido viviu na Longra ata o seu casamento, despois irían para unha casa que compraran en Baliños (Salcidos) á Tía Bárbara dos Macaretos de Buxán.
Cándido asistindo aos actos da Adoración Nocturna na Praza de Salcidos(foto Elena Cividanes)
Cásase Cándido aos 30 anos de idade, o12 de Decembro de 1947 na iglesia parroquial do Rosal coa veciña deste lugar, Jesusa Enriquez González. Deste matrimonio nacería a súa única filla María Cristina, o 24 de Xulio de 1960.
Agosto de 1978. Comitiva cara a inauguración da 1ª Feira Comercial, Industrial y Agrícola del Bajo Miño no Centro Sanitario, (hoxe Centro Cultural): Cándido A. Martínez, o presidente da Comisión de Festas do Monte Francisco Ferreira, o párroco D, Francisco Villa, un oficial da Garda Civil e Francisco Sobrino, detrás o Garda Civil Cayetano Miniño
En 1969 marcha a traballar á emigración a Francia, ao ano seguinte tamén iría a súa muller Jesusa coa filla Cristina que tiña 10 anos. Traballarían nunha fábrica de botas e zapatos, e Cándido ademais faría puriempleo noutras actividades. Vén para España Cándido en 1976 ,quedando en Francia a súa muller e filla
Permiso de Traballo de Cándido en Francia. Copia enviada por súa filla Cristina
En xaneiro de 1977, comeza Cándido a traballar no concello da Guarda no equipo de Servicios Varios ata a súa xubilación en 1987 . Aínda que no concurso-oposición lle fora asignada a praza de limpeza de mercado, pola súa disposición exerceu dos mais variados oficios: Limpeza do matadoiro, da praza de abastos, limpeza das rúas, en arranxos de todo tipo, e, en calquera tarefa encomendada.
Fora unha novidade local cando lle tocara un millón de pesetas na lotaría.
Victoriano e Cándido nas Festas do Monte de 1993 (foto Vitoriano)
A faceta máis chamativa de Cándido era a súa vestimenta de uniforme con gorra de prato, na que lucía varias medallas e distintivos con orgulloso porte nos desfiles das Festas do Monte e noutros actos públicos. O dito popular é que lle concederon as medallas por “matar un mouro” A curiosidade en xeral é: ¿ Como, e por qué lle concederon tales condecoracións?. Según tódolas testemúñas populares e de familia próxima, xunto con o que el me contara polos anos oitenta, todos van ao norte de África, (recentemente visitei a Cándido no Asilo de Tui , e sobre o tema apenas recordaba, variando bastante o suceso, me dixo que fora no Regimiento de Infantería Nº 54 de Ceuta. Tratarei de formar unha situación do feito a base de cruce de indicios do tema, ao non conseguir unha testimoña consistente:
Cando tivo que cumprir o Servicio Militar (obrigatorio) tocoulle para un acuartelamento dunha colonia-protectorado que España tiña no norte de África. Eran anos convulsivos cos lugareños desas zonas xeográficas, que deron lugar a unha tensión constante ea diversos sucesos bélicos. Parece, que no perímetro do acuartelamento onde existían varios postos de centinela, de noite, acercábase sixilosamente reptando un mouro, o cal ía a roubar comida e xa había eliminado a algún anterior centilela; cando lle tocou ao de Salcidos facer guardia nese lugar, colgou o capote nunha vara e el apostouse detrás dunha duna co mosquetón preparado, cando se acercou o moro, non con boas intencións, Cándido, despois do “alto, quien vá,” de rigor, dispáralle, acabando así co perigo que supuña para os militares españois. Por este feito Cándido sería condecorado e ademais concedéronlle unha simbólica paga, xa que con esta acción salvaría futuras vidas de compañeiros do acuartelamento. Dicía Cándido: “Eu sun neto de Alfoso XIII”.
Desfile do monte en 1994. (Foto Vitoriano) Desfile do Monte en 1993. (foto Vitoriano)
Tamén era destacada a súa presenza nas romaría- trouladas de Santa Trega, coa mochila-sulfatadora as costas, previndo conatos de incendio. Recordo a súa chamativa bicicleta con banderíns e tres dinamos que alimentaban a un potente foco Miller.
No medio, casa en Baliños comprada polo matrimonio de Cándido e Jesusa a Tía Cándida dos Macaretos de Buxán para vivenda familiar. Na actualidade está desabitada.
Cándido xubílase de traballador do concello en 1987 e sigue vivindo en Baliños, e ía para a Longra cando precisaba das atencións da súa irmán Matilde da Toura. Súa dona Jesusa seguiría en Francia coa filla de ambos María Cristina. Jesusa viría para España en 2015, e na actualidade, con 94 anos está sendo atendida pola súa sobriña Milagros, no Rosal. Actualmente a filla Cristina sigue en Francia, onde formou familia, e con certa regularidade ven visitar ó seu pai a Residencia de Tui e a súa nai ao Rosal .
María Cristina, nunha das visitas a seu pai na Residencia de Tui
En 1998 Cándido sufre unha angina de pechoque o imposibilita para valerse por si mesmo, polo que a súa sobriña e afillada Margarita Riveiro, solicita a colaboración da alcadesa Purificación Álvarez Puri queademais en algún tempo foran veciños en Salcidos, para xestionar o seu ingreso no Asilo de Ancianos Desamparados de Tui, lugar ondea día de hoxe reside (febreiro2017), Recentemente o estiven visitando, e aos seus 89 anos, ten bastante mermadas as súas facultades físicas e mentais.
Cándido (89 anos) en febreiro de 2017, na Residencia de SanTelmo de Tuy de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados ( foto Vitoriano)
Que este escrito para o libro-programa das Festas de San Roque 2017, sexa en homenaxe para este persoaxe popular, veciño de Salcidos, Cándido Alfonso Martínez ( Cándido o Touro), que destacou entre outras facetas, de home afable e gran traballador.
Victoriano e Cándido no monte de Santa Trega no día da troulada
Victoriano Rodríguez
A Ghoreña, 03-2017
Nota do autor:
-Omito publicar certas situacións de faladuría popular, sobre a persoa aquí destacada, por non ser o fin deste medio, e ser respectuosos con Cándido e familiares.
-Agradecer a todas persoas que me aportaron datos e testimoñas para este escrito.