Baixo Miño, abril 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Baixo Miño, abril 2021

Arquivo 2021
“SEA” acuerda con los concellos de A Guarda y O Rosal avanzar en el estudio de un polígono compartido que atraiga inversiones de Galicia y Portugal
Baixo Miño, 6 de abril de 2021. La gerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, (SEA), Beatriz Sestayo, se ha desplazado este viernes al Concello de A Guarda para abordar conjuntamente con el alcalde de la localidad, Antonio Lomba y la regidora de O Rosal, Ánxela Fernández, la posibilidad de retomar el estudio sobre un polígono industrial compartido entre ambos Concellos que sirva de revulsivo económico a la zona y permita atraer inversiones tanto de Galicia como del norte de Portugal.
      Después de las conversaciones mantenidas previamente con ambos regidores, este viernes se han dado importantes avances de colaboración institucional de cara al impulso del polígono de forma conjunta.
      De este modo, “SEA” retomará el estudio del proyecto de suelo industrial compartido, que se situaría en la zona limítrofe entre ambas localidades, y que ya se había comenzado a plantear en el año 2004.
      Beatriz Sestayo recordó que “Suelo Empresarial del Atlántico” dispone ya del proyecto sectorial, elaborado en 2007, y que tan solo tendrá que ser ahora actualizado.
      Además, la entidad, dependiente del Ministerio de Transportes, ya cuenta con una parte importante de los terrenos en propiedad. En concreto, posee 45.000 metros cuadrados de los 260.000 previstos que contemplaba el plan sectorial, a expensas de lo que determinen los consiguientes informes.
      El polígono se ubicaría en las parroquias de Gándara en A Guarda y de A Cunchada e O Rosal, en el límite entre ambos ayuntamientos.
“MÁXIMO ESFORZO” DESDE SEA
      Beatriz Sestayo ha puesto en valor la “magnífica” colaboración institucional establecida para recuperar un proyecto para el que ha comprometido “todos os esforzos” para analizar su viabilidad.
      “É moi importante o asentamento poboacional, en lugares magníficos como este do Baixo Miño,  e temos un proxecto que só hai que actualizar”, ha subrayado Beatriz Sestayo, que emplazó a todas las administraciones a “comprometerse para que sirvamos de motor para crear emprego e, en definitiva, para mellorar a calidade de vida dos pobos de Galicia”.
      “Desde SEA comprometo o máximo esforzo para que este proxecto saia á luz, traballando co máximo rigor e buscar a implicación de todas as administracións, como a Xunta para a mellora da comunicación viaria con este polígono empresarial”, añadió.
ESTUDIO CONJUNTO DE A GUARDA Y O ROSAL
      Por su parte, los regidores de A Guarda y O Rosal se han comprometido con “SEA” a encargar un estudio de viabilidad que refleje la necesidad socio económica de desarrollar esta área industrial. En paralelo, iniciarán los contactos con el sector empresarial para conocer y testar la demanda existente.
      Antonio Lomba ha recordado la “inquedanza” en el Baixo Miño por este polígono, como una oportunidad de conseguir empleo en la comarca, si bien las posibilidades ofrecidas previamente por parte de otras administraciones, entre ellas, la Xunta, “non foron boas”.
      “É agora é a primeira vez que se abre esa posibilidade e esto fainos albergar esperanzas e esperamos que coa túa xestión, Beatriz, poidamos comezar traballar para sacar adiante este polígono”, destacó Antonio Lomba, que mostró su agradecimiento personal a Beatriz Sestayo.
      Por su parte, la alcaldesa de O Rosal, que también agradeció la colaboración de la gerente de SEA, incidió en la importancia de impulsar este proyecto tanto por el “propio asentamento poboacional no ámbito rural, unha aposta da SEA que inicia e que para nós é fundamental no Baixo Miño e tamén na posición estratéxica que temos no ámbito Porto-Vigo”, porque “temos que ter a capacidade de camiñar con Portugal”.
      En la reunión han participado también el director comercial de “SEA”, José Rey; Montserrat Magallanes, teniente de alcalde y Miguel Español, concejal de Obras. Tras la reunión en el concello, se ha realizado una visita presencial a los terrenos en los que se ubicaría el posible polígono.
“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”
      “Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S.M.E., es una sociedad que está participada en un 83,44% por el Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; en un 15,91% por la Xunta de Galicia, y en un 1,65% por ABANCA y creada con el objetivo de desarrollar y comercializar parques empresariales en Galicia.
     “Suelo Empresarial del Atlántico” gestiona 13 parques empresariales en Galicia, que suman más de 4 millones de metros cuadrados, situados en las provincias de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada y Rábade—, de A Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros y Rianxo— y de Pontevedra –Vilanova de Arousa y Catoira-.
    
Uxío Benítez sobre a nova prórroga do peche da fronteira con Portugal: “é unha auténtica tomadura de pelo e unha ruína económica para o territorio do Miño”
Baixo Miño, 16 de abril de 2021. “Para o AECT unha nova prórroga do peche da fronteira con Portugal, agora que se está abrindo a economía e as restricións en todos lados, é unha auténtica tomadura de pelo e unha ruína económica para o territorio do Río Miño”. Así de claro se manifestou hoxe o vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Río Miño, Uxío Benítez, ao coñecer que os gobernos de Madrid e Portugal acordaron a ampliación outros 15 días máis do peche da fronteira con Portugal.
Benítez destacou que a valoración da situación é “totalmente negativa”. “Estamos a ver que o mal xa está feito. Pasan os días prórroga tras prórroga e o único que fan os estados, tanto os gobernos de Madrid como o de Lisboa, é incrementar o dano que xa crearon. É unha ruína económica provocada por decisións políticas”, subliñou o nacionalista.
O AECT intensificará nos vindeiros días as medidas para esixir que haxa compensacións económicas ao territorio miñoto con partidas específicas nos fondos europeos que foron creados para asistir a problemática da pandemia, os do ‘Next Generation’, e tamén no próximo cuadro comunitario de fondos 2021-2027, xa que insisten en que hai estudos que demostran que houbo un impacto doble creado nas fronteiras: por unha banda o xeral por mor da COVID e outro, a maiores, por estar en territorio de fronteira.
“O que se está a facer é quitar a metade da clientela a toda empresa e negocio que vive no territorio fronteirizo. Alén da problemática das persoas traballadoras para cruzar a fronteira, a comercios e empresas os estados levan dende xaneiro quitándolle o 50% dos seus clientes”, insistiu.
Así mesmo, Benítez puxo sobre a mesa a incoherencia e sinrazón de ter nestes momentos a fronteira pechada por motivos sanitarios cando nos controis que se realizan o único que se comproba son a identificación e as autorizacións administrativas (de ter motivos laborais ou de forza maior) como antes de habilitar en 1995 o espazo Schengen e non un control sanitario real esixindo PCR negativa como acontece por exemplo na fronteira con Francia.
O vicedirector do AECT subliñou que a cidadanía e persoas traballadoras do territorio miñoto están “ao límite” tanto por cuestións económicas como por cuestións sociais  e anímicas. Ás perdas económicas, lembrou, engádense os rodeos quilométricos que é obrigado facer  ao só estar habilitado o paso de Tui 24 horas e tamén as dificultades de conciliación das familias que implica perder tempo na estrada, e tamén o non poder levar ás crianzas ás escolas infantís e colexios escolarizados ao outro lado da raia.




Deputados populares esixen ao Goberno que informe no Congreso sobre as actuacións urxentes que adoptará para solucionar os atascos na fronteira con Portugal
Baixo Miño, 21 abril, 2021. Os deputados pontevedreses do PP no Congreso, Ana Pastor, Javier Bas e Juan Constenla, e o ourensán Celso Delgado, esixiron hoxe en Madrid a comparecencia urxente dos ministros de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos; de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya; e de Interior, Fernando Grande Marlaska, para que informen nas súas respectivas comisións sobre que actuacións urxentes adoptarán nos seus ministerios para evitar os enormes atascos de tráfico que se están producindo na autovía A-55 para acceder á ponte internacional de Tui e cruzar a fronteira con Portugal. Unha situación que, sinalan, está ocasionando graves perdas económicas aos transportistas e, en xeral, aos traballadores transfronteirizos.
“Estamos preocupados pola situación que se está producindo na fronteira entre España e Portugal, concretamente na autovía A-55 desde Porriño ata a fronteira portuguesa, ata Valença. Onte mesmo houbo unhas colas quilométricas de máis de 10 quilómetros de lonxitude, uns atascos enormes que prexudican a transportistas e a traballadores transfronteirizos. Unha situación que, desde logo, non pode perpetuarse no tempo, máxime cando aínda ata primeiros de maio van estar as fronteiras pechadas e veremos que sucede a partir desas datas”, denuncian os populares.
Consideran que esta situación non é de recibo e é urxente buscar unha solución a unha circunstancia que xa se está prolongando de xeito importante no tempo. Por iso, entenden que cada un dos tres ministros, dentro das súas competencias, teñen moito que dicir. “Hai que falar coas autoridades portuguesas para buscar solucións porque non se pode manter esta situación por máis tempo. Hai que ter un respecto polos usuarios das autovías. Hai que ter un respecto polos traballadores fronteirizos e hai que posibilitar, como manda a Unión Europea, que o tránsito de mercadorías entre ambos os países flúa con normalidade dentro da situación que estamos a vivir.”
Por último, piden que si é un problema de insuficiencia de medios nos controis, se dote de máis recursos. “Non estamos a falar dun tema menor, senón dunha eurorrexión ten paralizada parte da súa actividade económica, que é moi importante, e debido a circunstancias administrativas que deben, poden e teñen que resolverse”.
 

O AECT Rio Miño pide que o fin do estado de emerxencia en Portugal conleve a apertura das fronteiras
Baixo Miño, 28 de abril de 2021. O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu hoxe aos gobernos español e portugués que a decisión de poñer fin ao estado de emerxencia portugués conleve a apertura das fronteiras de maneira inmediata.
Segundo apuntou Benítez, para o territorio transfronteirizo do Río Miño a decisión e o anuncio que debe facer o Estado Portugués non é tanto relativa ao estado de emerxencia en vigor dende o 9 de novembro, senón sobre a apertura formal das fronteiras, xa que o peche  vai cumplir tres meses nos vindeiros días. “Non tería ningún sentido que se anuncie a non renovación do Estado de Emerxencia e non leve parella a apertura”, subliñou.
Ademais, o vicedirector destacou que o AECT, a estas alturas, non vai celebrar o feito de abrir a fronteira en si mesmo, toda vez que “entendemos que levamos tres meses nunha ruína por unha decisión política equivocada que está a xerar un prexuízo económico”. De feito, o nacionalista esixiu aos gobernos o anuncio de medidas concretas para compensar aos territorios como o do Miño que sufriron un grave deterioro económico por duplicado, tanto pola pandemia en si, como polo feito de estar nunha ubicación transfronteiriza.
Ademais de pedir públicamente a apertura da fronteira Benítez deu a coñecer que o AECT, co fin de chamar a atención de todas as institucións, instalou unha gran pancarta reivindicativa na Ponte da Amizade entre Tomiño e Cerveira na que se pode ler ‘EU Help. Open de borther’, en relación á necesaria chegada de fondos europeos para reactivar a economía da zona.
O estudo do impacto socioeconómico encargado polo AECT Rio Miño á  Universidade de Vigo sobre o primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal revelou que se producirá unha caída do Produto Interior Bruto de máis de oitenta millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño só nese periodo. A caída derivada do efecto fronteira no comercio foi dun 14,18% sobre o efecto do confinamento, e na hostalaría e restauración foi dun 16,53%. Os expertos, que xa están a traballar cos datos do peche de 2021, sinalan que o efecto e a baixada do PIB será moito maior neste exercicio.
 

Regreso al contenido