Ayuntamiento Constitucional de A Guarda (continuación) - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Ayuntamiento Constitucional de A Guarda (continuación)

ARQUIVO
No ano 1808. A Guarda e súa Xurisdición formaba parte da provincia de Tui, mais outras seis, Betanzos; A Coruña; Ourense; Mondoñedo e Santiago.
Chega a guerra da independencia contra os franceses que comeza o dous de maio de 1808, cando os madrileños se amotinan e as tropas francesas reprimen a sangre e fogo a rebelión. Falecen os militares Daoíz e Velarde[1] defendendo o Parque de Monteleón e moitos paisanos e mulleres. D. Francisco de Goya y Lucientes inmortalizou estes graves sucesos que serviron para que a maior parte dos españois se levantaran ao grito de ¡Muerte a los franceses!. A propia igrexa sumouse a esa loita de guerrillas


Casa Consistorial do Concello de Tui. En 1808 era Capital da Provicia de Tui.
Pero coma sempre sucede, o gran perdedor vai ser ese pobo, que loitou e tivo que contribuír con cartos e víveres a esa guerra, arruinándose e vivindo malamente, sen contar cas epidemias de cólera que se viñan sucedendo, mais os dous anos de fame, en 1811 e 1812. Engadido todo elo ao odio entre españois, os afrancesados ou liberais que deberon exiliarse para evitar ser presos ou axustizados, contra os absolutistas aliados co rei Fernando VII e a igrexa oficial.
Neste 1808 era Gobernador de Galicia D. Francisco de Biedma Zayas, pero dende o momento en que a Junta del Reino de Galicia se fai cargo do poder, será esta quen nomee aos Capitáns Xenerais, xa sen o poder civil.
A Audiencia tiña o poder político, estando dirixida a protexelos intereses dos nobres e grandes contribuintes. Tiña toda a capacidade social e política no ameto xudicial, tomar fortalezas e armar tropas, seguridade pública, prender delincuentes, asuntos de moeda, construción e arranxo de camiños, contrabando, construción e control das prisións, et. Comezan a manifestarse as ideas liberais en Galicia, momento en que se decreta a liberdade de prensa.

Igrexa de Santa Marina do Rosal en 1983.
En maio de 1808 era Xuíz Alcalde da Guarda e da Xurisdición D. Juan Portela e Rexedores: Manuel Antonio Pereira; Rafael Ventura Domínguez (El Rosal); Juan Antonio Conde Rivero; José Español e Juan Andrés Martínez.


[1]  Capitáns de Artillería.
Regreso al contenido