Arquivo Antón Ferreira - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Arquivo Antón Ferreira

Arquivo 2020
por Antón Ferreira Lorenzo

Jerónimo Adrover, fotografado en maio de 1991 (Foto Antón Ferreira)

No ano 1992, a xuíz de primeira instancia, encargada do rexistro civil de Tui, Rosa María Freire Pérez, fai público o expediente gubernativo de rectificación de erros materiais cometidos en diversas inscricións de nacemento e matrimonio, obrantes no Rexistro Civil da Guarda. O expediente afecta ao apelido Adrover, nas súas diferentes variacións, para substituílo por unha única forma: a de Adrover.
 
Trátase dun apelido de orixe alacantino con diferentes escritas, explicadas xa en 1972 por José Luis Lomba Alonso nun traballo publicado no Libro-programa das Festas do Monte. “Actualmente na Guarda, principalmente nol barrio mariñeiro, abunda muitísimo o apelido Adrover. Se calqueira de nós preguntasemos aos interesados como é o seu apelido, uns dirán que Adrover; outros, Aldrover, como regra xeral”. E contionúa o estudoso guardés,. “Se se indaga máis, nos seus carnés de identidade, partidas de nacemento, actas matrimoniais, bautismos, e actas de defunción, tamén aparecen estas variacións mencionadas”.
 
Non é nada estraño que dous irmáns teñán distinas grafías para o que tiña que ser unha mesma forma de apelido, aínda que tan legal sexa unha coma outra, porque así constan no Rexistro Civil.
 

A orixe deste apelido na Guarda, explica o mencionado Lomba Alonso, remóntase a 1880. Nesta encóntrase cumprindo o servizo militar no barco “Trincadura Centinela”, nas augas do río Miño, un tal Pedro Adrover Pousada, natural de Villajoyosa (Alacant), sde 20 anos de idade, fillo de Jerónimo e Manuela, os dous da localidade alacantina.

Este Pedro Adrover, casou pronto coa guardesa, Rosa Rey Táboas, filla de Bernardo Rey Sastre y Sereno e de Rita Táboas.

Do matrimonio de Pedro Adrover con Rosa Rey, naceron quince fillos, dos que tres morreron sendo nenos. Cando o “tío” Pedro finou, o 25 de outubro de 1932, deixaba vivos quince fillos: Carolina, Valentín, María, Marcelino, Ramón, Estefanía, Cándida, Isabel, Bernardo, Rita, Jerónimo e Castro.

Nas partidas de nacemento destes fillos, nados na rúa da Trinchera, Malteses, Rosa, Baixo Muro e a Cal, encóntrase as seguintes variacións.Adroguer, unha vez; Adrover, seis veces; Androver, unha vez; Aldrover, cinco veces; Aldrobé, unha vez, e Aldobé, unha vez.

Pero danse outras variacións curiosas. Por exemplo, a primeira filla, Carolina, aparece no Rexistro Civil como Adroguer; na partida de bautismo, é Androver, e na súa defunción (26/02/1946) como Adrover.

Outro caso. A Isabel, no Rexistro Civil inscríbena como Aldrover, e ao casar (12/06/1915), aparece como Androver. E podíamos seguir.
As causas destas anomalía hai que buscalas, por unha parte, na mala información das persoas que ían a declarar os nacementos, coma avós ou veciños. Por outra, nos rexistros civís tomábanse por este tempo os nomes de oído, e diante da mala pronunciación do declarante e sen a ulterior comprobación do escribinte, motivaron estas diferenzas actuais que, previo un expediente, se poden subsanar. Nembargantes, hai que facer notar que o “tío” Pedro cando foi a declarar o nacemento de algúns dos fillos, sempre dixo Adrover.

Para estar máis seguros da verdadeira grafía do apelido, o concello de Vilajoyosa, nun oficio remitido, sinala: Negociado: secretaría. Número 506. En atención a su carta del actual, he de significarle que el apellido existente en este término municipal es únicamente Adrover, sin que exista ninguna de las variaciones que en su carta expresa. Villajollosa a 27/01/1972. El secretario”.

Publicado o 11 de febreiro de 1992





D. Hermelindo Portela Gómez
 
Nacido o 16 de novembro de 1918 fixo os seus primeiros estudos na escola de D.ª Laura Vicente Neira, continuando logo na de D. Manuel Rodríguez Sinde, a quen estivo sempre moi agradecido e de quen foi gran valedor, non en van foi o organizador dos actos e homenaxes dedicados a perpetuar a súa memoria. Cursa estudos de bacharelato no Colexio dos Xesuítas da Pasaxe, rematándoos en Curia (Portugal), toda vez que os xesuítas trasladáranse alí. Fai estudos de medicina en Santiago, exercendo a súa profesión na Guarda.
 
Falecía na súa casa da rúa Puerto Rico o 8 de xaneiro de 2003, ós 84 anos, unha persoa que marcou boa parte da historia da Guarda na segunda metade do pasado século, logo dunha longa vida profesional como médico ó servizo dos seus conveciños.
 
Como médico de cabeceira ou médico de familia (nunca tivo mellor definición a profesión de D. Hermelindo), atendeu a miles de pacientes (a toda A Guarda e dores), tanto no Sistema Nacional de Saúde como na súa consulta particular, neste último caso sen ter en conta de se tiñan cartos para pagarlle os seus servizos ou non. Foi nomeado médico de asistencia Pública Domiciliaria, logo foi tamén director do Centro Secundario de Hixiene Rural, pasando a prestar servizos no Instituto Social da Mariña e na Seguridade Social. Trala súa xubilación mantivo durante algún tempo a consulta privada, tanto particular como domciliaria.
 

Inauguración da Praza de Abastos, acompañado do Excmo. Sr. Gobernador Civil, do párroco de A Guarda,
D Francisco Saa Aldir, e demais autoridades
 
A súa preocupación polos enfermos e polos nenos, lévao a promover a habilitación do Centro de Alimentación Infantil, inaugurado o 28 de febreiro de 1952; dedica especial atención ós enfermos aquecidos de tuberculose (el mesmo padecera unha longa enfermidade), conseguindo a escasa penicilina que había naquel momento a través de axudas de guardeses do exterior, por medio da colaboración da Junta de Socorro a Pobres y Enfermos Necesitados de La Guardia. Foi gran impulsor do funcionamento da Cociña Económica, que tanto fixo polos rapaces da Guarda de mediados do século pasado.
 


Moi interesado no desenvolvemento do seu pobo, foi alcalde entre 1949 e 1959, construíndo diversas fontes, tan necesarias naquela época, fai a reforma do mercado de abastos e aproba a apertura da Estrada de Circunvalación ó Trega.
 

 
Inaugura a rúa da República Dominicana; durante o seu mandato constrúense as Vivendas Sociais de Fedorento e dótase ó pobo do abastecemento de auga dende Os Casas.
 
Inaugurou como alcalde as novas instalacións do Estadio do Tecla. Foi Presidente das “Festas do Monte Santa Trega” e o derradeiro presidente da “Sociedad Pro-Monte». Na súa etapa de alcalde presidiu a chegada da imaxe da Virxen de Fátima, dende Portugal, e a reliquia de Santa Trega, dende Tarragona.
 
Persoal e profesionalmente, este guardés ilustre, que tantas relacións deixou para a historia da Guarda, e que tanto aportou ás vidas particulares de moitos guardeses, é digno merecedor dun recoñecemento institucional por parte dos seus conveciños, representados pola Corporación Municipal, que acordou nomealo “Fillo Predilecto do Concello de A Guarda”, aprobado no Pleno en sesión celebrada o 28 de febreiro do 2003, como público recoñecemento ós méritos acadados a través das actividades desenvolvidas en pro dos intereses humanos e sociais neste pobo. Sinalar o día 26 de marzo, ás vinte horas, para a entrega dunha placa conmemorativa deste nomeamento, que se fará efectiva á súa familia nun acto solemne no salón de Plenos da Casa Consistorial.

Folleto: "Nomeamento de D- Hermelindo POrtela como Fillo Predilecto da Guarda"
Ano 2004
Regreso al contenido