Ángel o do Tractor - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Ángel o do Tractor

PUBLICADAS
ANGEL o do TRACTOR
por Victoriano Rodríguez
 


        Nestas datas tan entrañables das Festas da Virxe das  Mercedes, onde se comparten con familiares e veciños  a celebración das festas do pobo, tamén te lembras de aqueles que en  anos pasados  participaron no día grande da Gándara, e que hoxe xa non están entre nós. E como tal entre outros ,  vén ó recordo o querido e popular Ángel o do Tractor.


Ángel  Gándara con sete meses, en 1944

Este testemuño quere ser un recoñecemento e homenaxe  a Ángel Gándara González, nado o 12 de setembro de 1943, fillo de Estrella e Florencio da Gándara,  facéndose moi popular, e gañándose  a simpatía e aprecio de todos, polo seu carácter campechano e social,   e por   dedicarse á servicial actividade das  labores agrícolas con  seu tractor e maquinaria do campo, coas que traballaba para a casa e para “afora”.


Foto na escola en 1956 con 13 anos
 
                 A Ángel os amigos chamabámoslle  por varios e afectuosos nomes como: O Angle, O Angele ,O Anxelo , O Anxo. Na zona era coñecido como Ángel O do tractor, O labrador, O tratorista.  De mozo era moi divertido e con moita ocorrencia  para contar chistes e anécdotas. Foi un dos primeiros mozos con moto , era a “peixó” do seu pai; recordo nunca ocasión  que lle pedín que me deixase dar unha cheda nela, da que caín na cuneta eu máis a moto, xa que ó arrancar empezou a andar para atrás, por que en ocasións acendía ó revés
 

Mozos da Gándara en San Miguel de Tabagón, en outubro de 1968. Ca ancora
Victoriano Rodríguez, Ángel Gándara, Agustín Lomba, Anselmo Domínguez, Florindo Rodríguez

         A súa dedicación as tarefas agrícolas vén dada a que xa seus pais se dedicaban ás faenas do campo en exclusiva, medio do que vivían, sendo innovadores na mellora das tradicionais formas de cultivar a man; foron dos primeiros en sementar as patacas co arado,  tiveron un motocarro  no que levaban os seus produtos agrícolas aos mercados do Xeixo e Tui… Naqueles tempos, no ano 1961  compran o primeiro motocultor: O BERTOLINI  para uso propio, pero ante tal avance, xa que  ata aquela  estábase labrando con parellas de bois, os veciños pídenlle a Angel que lle vaia labrar as leiras con o novo sistema mecánico. Comezando así a que sería unha longa actividade de  labrador, de portes e de todo tipo de traballos do campo

Ángel (no medio) con mozos amigos da Gándara no porto da Guardapor 1970: Cesáreo
de Catalina, Luís de Bernardina, Ángel de Estrella, Luís da Brasileira e Rogelio do Rosal
 
Ángel Gándara González contrae matrimonio con Francelina Barbosa Pereira de Paredes de Coura (Portugal) no ano 1972, do que terían dous fillos: María Dolores e Rafael.
 
        O traballo era duro, nos primeiros tempos  o Bertolini non aguantaba tales sobre esforzos e se avariaba  con frecuencia nas leiras, polo que para recuperar o tempo, labraba  de noite tendo que ir unha persoa po lo surcos cunha luz de butano a alumear.

Rúa Xunqueiriñas 1967, Ángel con seu primeiro tractor O BERTOLINI. Victoriano e Nixo

Despois tuvo un PASCUALI, dous  B J R , dous MASEY FERGUSON  e tres  JOHN  DEERE, aparte de fresadora, empacadora ,remolques etc.  . Todos estes tractores , debido á dureza do traballo tamén se avariaban ou se enterraban cando a leira estaba mollada; nestas o Ánxel,  “encabreábase”, pataleaba e reprimía os impulsos pola contrariedade sufrida. Era moi habilidoso e sempre arranxaba e facíalle o mantemento  á súa maquinaria, tanto a reparaba mecanicamente, como  reformas e melloras. Era un perfecto coñecedor do seu traballo, xa que os paisanos deixaban ao seu cargo a preparación das terras, sabía no tempo que había que preparalas, ben fosen do cedo, do tarde, da semente… e non precisaba de ninguén na leira, xa que coa súa habilidade remataba el só, aliviando aos propietarios, de aqueles traballosos cabudullos e de abrir o rego. Con toda seguridade,  fose a persoa   que  máis coñecese tódalas propiedades, lindeiros,  accesos e propietarios das fincas de esta zona. Era moi servicial e  nunca lle corría présa por cobrar e cando se facían  contas, parecía que ata lle daba apuro cobrar o seu merecido traballo.
 

Ángel levando con seu tractor John Deere a carroza “Os Ferreiros” . da A. VV.
O Percamino de A Gándara, no entroido do Rosal do ano 2000

Ángel Gándara González na procesión das Mercedes de 1974 con súa muller  Francelina Barbosa Pereira e filla María Dolores
 
        Tiña expresións orixinais, como a de: Acabouse a leira,! A merendar!  Ou a de ¡Eii tio ¡Entre as súas aficcións estaban a de ir a botar a partida ás noites para a fragua,  charlar, e tamén  a de viaxar e coñecer novos lugares.
 

Ángel con un  grupo de veciños da Gándara na fragua de Generoso O Viejo, cando as noitiñas ían a compartir un momento de faladoiro e grato ambiente

Cando o día 12 de Outubro do 2001, ían de viaxe ao Santuario de  Fátima a Portugal, no lugar de Tomiño sofren un terrible accidente, no cal perde a vida Ángel e o matrimonio que o acompañaba: Antonio Rodríguez e Consuelo Pereira, a súa muller Francelina Barbosa Pereira (Lina) sufriría gravísimas feridas a consecuencia das que pouco anos despois tamén falecería. Foi unha fatalidade absurda e inconcibible, xa que Ángel era un experimentado e prudente condutor; ata esa, nunca tivera ningún accidente, ademais que a esas horas dun domingo ás sete da mañá o tráfico era nulo, posiblemente en moitos kms o único coche que viña en sentido contrario invade imprudentemente o carril polo que circulaba Angel e demais pasaxeiros  impactando contra o coche dos nosos infortunados veciños.

Ángel na procesión de Salcidos en 31 de marzo de 1961
 
Falece o noso Ángel desta forma traumática  e inxusta con tan só 58 anos, que aínda merecía estar con nós .Sendo unha persoa que a  súa vida e feitos foron coherentes  co seu nome e coas súas profundas conviccións relixiosas.
 


Membro fundador  da Adoración Nocturna de Jesús Sacramentado  da sección de Salcidos, tesorero oito anos, vicepresidente outros oito e a data do deu falecemento levaba cinco de presidente, polo que asistía a centenarios e inauguracións desta movemento relixioso por toda España e Portugal; colaborador coa Comisión de Festas da Gándara , así como co  seu tractor para levar as carrozas da  A.VV. O Percamino, tamén ca nosa capela da Virxe das Mercedes, de rapaz fora monaguillo, e  nos últimos anos, ó non  habelo, Ángel  axudaba na misa dominical e tocaba as campás para ”chamar a misa” dándolle aquel repenique a muiñeira que os  monaguillos fóramos ensinando uns a outros, e que  había  tempo se perdera. Agora están mudas . Lembro unha frase dun libro da escola  que dicía: Campanas de mi lugar, cantasteis cuando nací, llorareis cuando me muera.


Ángel tocando as campás “a vuelo” na capela da Gándara o día da procesión da Virxe das Mercedes, o 24 de setembro de 1998.
 
Estes anos no día das Mercedes as campás cantaron   para  ti, Ánxel, (o día 20, deste mes de setembro do 2018, día de novena, subín ó campanario e repeniquei para ti cara ó infinito),  xa que para todos nós, aínda vives no noso recordo, e, desde ese lugar elevado onde moras, máis arriba do campanario, escoitaríalas.
 
Vitoriano da Ghoreña  09-2003                
Regreso al contenido