A Guarda. maio 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda. maio 2021

Arquivo 2021
A Guarda adxudica as obras de mellora na Praza de Abastos
A Guarda, 30 de abril de 2021. O Concello da Guarda ven de adxudicar as obras de mellora da Praza de Abastos da localidade, consistentes na substitución do pavimento interior actual por gres cerámico antibacteriano, a adecuación de dous postos que se sacarán a concurso xunto a outros que se atopan baleiros na planta inferior, e a creación dunha zona de lecer coa apertura da terraza frontal coa intención de que o seu uso se complemente no futuro cos servizos dunha cafetería ou establecemento similar.  
Desde fai case unha década as intervencións para acadar unha mellora das instalacións do mercado teñen sido prioridade para o Equipo de Goberno. Entre estas intervencións atopamos obras e actuacións de diversa índole dirixidas a mellorar:
- As condicións do edificio (arranxo da cuberta, solución aos problemas de filtracións e humidade, substitución do pavimento da planta inferior, reforma dos baños das escaleiras ou substitución de luminarias por LED).
- As condicións de traballo dos praceiros e praceiras, así como a satisfacción da clientela (instalación de portas automáticas de cristal para mellorar a sensación térmica, creación de varias zonas de descanso, instalación de fío musical ou construción dunha zona de lavado de utensilios de traballo).
- A accesibilidade do edificio (instalación do ascensor, creación dunha rampla de acceso na rúa Julián López, construción dun aseo accesible ou a creación de prazas de aparcamento para persoas de mobilidade reducida nas inmediacións).
- Aspectos estéticos (pintado das paredes, adquisición de mostradores-expositores para os postos de venda ambulante, decoración de Nadal, colocación de lonas decorativas ou renovación das antigas portas de madeira).
O total invertido desde o 2013 nestas instalacións ascende a 332.339,10€ dos cales máis de 80.000€ corresponden a aportacións municipais e o resto proveñen de subvencións a nivel provincial e autonómico.
Unha vez finalizadas estas obras só quedará por levar a cabo a última das fases para a  modernización da Praza de Abastos e que consistirá nun proxecto de mellora estética máis acorde a estes tempos. Esta reforma a nivel estético, na que se prevé inverter outros 100.000€, pretende converter un mercado no que xa podemos atopar produtos dunha calidade moi alta, nun espazo no que ademais resulte máis que agradable mercar.
 

A concellería de Cultura propón unha exposición de poemas de Xela Arias polos comercios da vila
A Guarda, 3 de maio de 2021. A concellería de cultura da Guarda ideou unha programación en torno a Xela Arias centrada en divulgar a súa obra entre os guardeses.
Xela foi docente do Instituto da Sangriña, e tralo seu pasamento, a súa figura seguiu viva a través do certame de poesía “Xela Arias” que  o Instituto da Sangriña mantivo durante case unha década, cunha destacable repercusión e calidade nos poemas concursantes e gañadores. Conscientes de que a poesía é un xénero menos seguido polos lectores e a figura desta singular poeta é pouco coñecida pola gran parte dos nosos veciños, quixemos centrarnos en levar a súa obra á rúa. E por iso propomos encher os escaparates dos  comercios cunha selección de poemas.
Os comercios que queiran adherirse á iniciativa só teñen que enviar un correo electrónico a cultura@aguarda.es indicando o nome do comercio e a súa localización.
Os poemas estarán impresos sobre unha superficie ríxida nunhas dimensións de 40x70cm. que os comercios acomodarán no seu escaparate como mellor consideren.
Os carteis deberán permanecer colocados durante un mes, comezando na semana do 18 de maio, ata a semana do 18 de xuño.
Ademais desta iniciativa, a Concellería de Cultura organizou outras dúas actividades centradas tamén na divulgación da súa obra: unha lectura conxunta de poemas o sábado 22 de maio, con participación de alumnado do IES A SANGRIÑA e un espectáculo baseado no poemario Intempériome para o sábado 29 de maio no Centro Cultural.  
 
A Guarda adxudica a reforma e ampliación dos vestiarios do albergue municipal
A Guarda, 3 de maio de 2021. A O Concello da Guarda ven de adxudicar mediante contrato menor a reforma e ampliación dos vestiarios do albergue municipal por un total de 36.663€ á empresa Obras y Reformas J.Ramón Vicente Vicente.
Estas obras, que arrancarán nos vindeiros días, realizaranse para mellorar a estancia dos peregrinos no Albergue Municipal da Guarda, onde os aseos existentes atopábanse xa moi deteriorados en nun espazo moi reducido.
Deste xeito optouse por realizar unha ampliación dos mesmos, contando tamén cun baño accesible, durante o transcurso das obras retiraranse todos os elementos eléctricos, carpinterías, pavimentos e alicatados para realizar a súa total renovación.
As obras inclúen tamén un sistema de extracción e renovación do aire deste recinto.
Esta actuación está subvencionada a través do Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2020 Liña 1 da Deputación de Pontevedra.
O Camiño Portugués da Costa, cun forte incremento de peregrinos nos anos previos á pandemia da Covid19, propiciou que moitas persoas optasen pos pernoctar na Guarda coma primeiro lugar de entrada do Camiño en Galicia. Deste xeito no verán de 2019 o albergue chegou a estar no seu máximo de ocupación, cunha afluencia constante de peregrinos ao longo do verán. Destaca o incremento nun 70% dos peregrinos aloxados no albergue dende a oficialización en 2016 do Camiño Portugués da Costa ata o 2019.
 
Dúas alcoholemias positivas nun control preventivo realizado pola Policía Local da Guarda
A Guarda, 3 de maio de 2021. A Policía Local da Guarda, en colaboración da Dirección General de Tráfico(DGT), recibiu en préstamo un aparello para a realización das probas de control de alcohol en aire expirado.
Deste xeito, dende a semana pasada iniciouse unha campaña de control da seguridade vial en rúas da vila, que deu coma resultado dúas alcoholemias positivas.
Neste operativo, no que se controlaron un total de 10 vehículos, detectáronse dúas alcoholemias con resultado positivo, cun resultado de dúas sancións administrativas.
Dende a Concellería de Tráfico do Concello da Guarda apélase á responsabilidade dos condutores para evitar, na medada do posible, situacións de risco nas estradas.
 

O Concello da Guarda denuncia o roubo da Pía da fonte da Praza de Avelino Vicente
A Guarda, 4 de maio de 2021. O Concello da Guarda denuncia o roubo da Pía da Fonte da Praza de Avelino Vicente, no casco urbano da vila. Trátase dunha peza de pedra con forma de concha que desapareceu na fin de semana do 1º de maio.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, considera esta acción coma un ataque contra o patrimonio de todos os veciños e veciñas da Guarda, pondo os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía Local para dar co autor ou autores desta “atrocidade”.
    

A Guarda realiza unha nova pavimentación na Praza de San Bieito
A Guarda, 5 de maio de 2021. O Concello da Guarda realizou esta semana as tarefas de reposición da capa de rodadura da Praza de San Bieito no casco urbano, unha praza cunha alta densidade de vehículos debido ao seu uso como zona de estacionamento pola a existencia nos seus arredores de establecementos comerciais e equipamentos coma o Centro da Terceira Idade, Farmacia, Auditorio de San Bieito, Praza de Abastos, entre outros.
A capa de rodadura existente atopábase xa moi deteriorada, polo que se realizou a súa reposición por unha nova, enlazando coas obras realizadas o ano pasado na Rúa Concepción Arenal.
Esta primeira fase das obras contempla tamén o repintado da sinalización horizontal cun presuposto total duns 10.000€.
Nunha segunda fase o concello está a redactar un proxecto no que se inclúen, entre outras actuacións, a mellora da iluminación da Praza de San Bieito ou a substitución dos setos por unha baranda  e mobiliario para a parte superior do Auditorio.
 O Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora da seguridade vial en diversas rúas do concello, garantindo un espazo que reúna as condicións máis axeitadas para o tránsito de vehículos e peóns e os accesos ás vivendas.
 

O concello da Guarda inviste no  futuro da piscina municipal
A Guarda, 6 de maio de 2021. O xoves día 6 de maio de 2021, celebrouse no Salón de plenos unha sesión plenaria de carácter extraordinaria cun punto único sobre a “análise da situación real e actual da adxudicataria Transgalaica, S.L. en relación ao servicio da piscina municipal de A Guarda, así como as solucións inmediatas a adoptar para a continuación do servicio municipal na piscina municipal.
Neste senso o concello da Guarda está colaborando coa concesionaria da Piscina municipal a través de varias modificacións contractuais que se realizan no marco  da necesidade de adoptar medidas urxentes e extraordinarias  para facer fronte ao impacto económico  do COVID 19 e garantir a continuidade do servizo ante a dificultade do concesionario da execución do contrato. Así se celebraron dúas modificacións do contrato inicial da concesionaria da Piscina municipal, modificacións  que contaron coa unanimidade de todos os grupos políticos da corporación. Nestas modificacións acordouse unha redución do horario de 10 horas semanais, tamén se acordou a anulación do canón do 13% en consumos enerxéticos (ata agora ese canón repercutía na concesionaria) e a asunción polo concello dos gastos COVID 19  orixinados polo protocolo que houbo que implantar na Piscina. Ademais o concello da Guarda  propúxolle á concesionaria da Piscina Municipal, para paliar as consecuencias negativas  froito do COVID 19, unha ampliación do contrato de concesión por un prazo de 2 anos, esta proposta foi rexeitada pola concesionaria.
Paralelamente o concello da Guarda ven traballando  en proxectos cara a consecución da continuidade  do servizo da Piscina municipal, servizo que conta cunha gran aceptación tanto polos veciños e veciñas da localidade como da comarca, máis do 30% dos usuarios son de Oia o Rosal ou Goian. Así o equipo de goberno, encabezado por Antonio Lomba,  contratou en  febreiro unha auditoría do estado da Piscina municipal. Despois de reunións coa empresa redactora da auditoría o concello acordou encargar dous proxectos, o  primeiro para facer fronte ás necesidades máis urxentes e subsanar, no prazo de tempo  máis curto  posible, deficiencias que presenta a Piscina Municipal. Unha vez recepcionado e cando se teña  coñecemento  do importe que acada o mesmo, o alcalde, Antonio Lomba, levará ao Plenario un suplemento de crédito con cargo ao remanente de tesourería positivo do 2020 para poder acometer as obras con recursos propios. Pero ademais xa están pedidos orzamentos para poder encargar a redacción dun segundo proxecto, máis ambicioso, que acometa a mellora  da eficiencia enerxética das instalacións e da envolvente da Piscina Municipal. Para este  proxecto  buscarase  a colaboración dos  próximos fondos europeos, Next Generation.
E nas últimas semanas a concesionaria municipal presentou a solicitude de reequilibrio económico, ante esta solicitude o alcalde pediu  informes aos departamentos de Secretaría e Intervención do concello da Guarda para  o seu análise, estudio e proposta.  No día 14 de abril se enviou resolución á concesionaria para que aportase máis documentación, esta documentación foi presentada no concello da Guarda o  día 23 de abril. A intención do equipo de goberno é que, unha vez realizados os traballos técnicos, a proposta definitiva sexa  obxecto dun acordo plenario, tendo sempre como obxectivo a continuidade na prestación do servizo na Piscina Municipal.
   
O BNG considera inaprazábel a reforma da piscina e demanda que se estudie a posibilidade da súa municipalización
A Guarda, 6 de maio de 2021. No pleno celebrado no día de hoxe, Bea Lomba encargada de defender  a posición do BNG neste asunto manifestou “somos plenamente conscentes que o paso dos anos deteriorou esta infraestructura, pero tamén de que o mantemento non foi precisamente exemplar, así o reflicte a propia auditoría técnica encargada polo Concello”.
Despois  de mostrar a súa posición crítica polo deterioro ao que se lle deixou chegar a piscina, a nacionalista foi enunciando as propostas do BNG que se resumen en catro puntos:
Acometer un proxecto de reforma integral onde se atendan tanto as carencias arquitectónicas do edificio como aquelas de carácter enerxético que fagan viábel o futuro da piscina.
Facer un estudio comparativo que determine se é máis vantaxoso para o Concello e para os usuarios a municipalización do servizo ou facer unha nova licitación.
Determinar as posibeis neglixencias co mantemento das instalacións para o que esixiu o libro oficial de mantemento e coñecer a  fiscalización que deste mantemento tiña obriga de levar o Concello.
Facer unha auditoría externa para estimar a cuantía real do reequilibrio económico que demanda a empresa, aspecto este compartido polo grupo de goberno.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz pola súa parte manifestou  “A piscina é un servizo fundamental para A Guarda e non se pode poñer en perigo a súa continuidade. Urxe  abordar a súa reforma integral e estudar a posibilidade da súa municipalización”.
  
A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente
A Guarda, 6 de maio de 2021. O Concello da Guarda, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, veñen de programar diversas actividades para este mes de Maio, unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente que traerán á Guarda proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
A programación arranca este sábado día 8 de Maio coa proxección do filme “O que Arde” ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda. Un filme dirixido por Óliver Laxe que transcorre en zonas rurais de Galicia e que amosa o problema da desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios forestais. Esta proxección enmárcase dentro do ciclo de actividades medioambientais “Sostendo o Futuro”.
O sábado 15 de maio continúa a programación de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado. O prazo para a reserva de entradas abrirase o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es
Xa para a seguinte semana concéntranse actividades dirixidas a todo tipo de público, como son a Charla- debate sobre a ALARGASCENCIA para o venres 21 de maio que, dentro do ciclo “Sostendo o Futuro”, busca a reflexión sobre os nosos hábitos de consumo efímeros.
O Conto dos Ratos de Lonxedetodo dirixido aos mais pequenos da casa dentro das actividades da Biblioteca Municipal para a mañá do 22 de maio no Salón de Actos do Centro Cultural. E xa o 22  de maio a tarde chegará o momento de homenaxear a Xela Arias cunha lectura de poemas pública na Praza do Reló ás 19:00h. que contará coa participación do IES A Sangriña e a colaboración da Agrupación Cultural Guardesa. Esta lectura de poemas non será o único evento adicado a Xela Arias - poeta homenaxeada neste 2021 e que foi mestra no noso instituto-  xa que para a última fin de semana do mes, terá lugar no Centro Cultural un singular espectáculo creado para este ano por Fernando Abreu baixo o nome “Vencerse é cousa de se tratar” e que ten a súa orixe nun recital que o propio Abreu e Xela estaban a preparar no momento do seu pasamento. O espectáculo recupera as voces da poeta que quedaron rexistradas dentro dos traballos de preparación daquela e agora toman forma ao tempo que fotografías e versos da súa obra son proxectados na pantalla, acompañados instrumentalmente por Fernando Abreu e Pablo Carrera, así como Mónica de Nut lendo os poemas de Intempériome.
A exposición de poemas en variados formatos completan esta programación tendo dunha banda a exposición de poemas de Xela nos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” e a segunda edición do Tendal de Poemas, que este ano colonizará os lavadoiros da localidade da man dos centros educativos da vila.
Ademais, paralelamente a todas estas actividades, mantense ata o 22 de maio a Ruta do Libro, que obsequia a todos aqueles que consuman libros na nosa localidade cunha bonita bolsiña de tela para poder transportalos.
Como xa ven sendo habitual tódalas actividades requiren de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es, abríndose o prazo de inscrición unha semana previa ao evento en si.
Os comercios que queiran acoller os poemas de Xela Arias no seu escaparate poden anotarse no mail cultura@aguarda.es ata o 18 de maio.
PROGRAMACIÓN MAIO 2021
SÁBADO 8 MAIO,
19:30H. CENTRO CULTURAL
Filme “O que Arde”
Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”
SÁBADO 15 MAIO
20:00H. CENTRO CULTURAL
Teatro “32m2”
VENRES 21 MAIO
20:00H. CENTRO CULTURAL
Charla sobre Alargascencia, a cargo de Amigos da Terra
Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”
SÁBADO  22 MAIO
12:00H. Centro Cultural
Contos dos Ratos de Lonxedetodo
19:00H. PRAZA DO RELÓ
Homenaxe a Xela Arias “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, con lectura de poemas.
SÁBADO  29 MAIO
19:00H. CENTRO CULTURAL
Vencerse é cousa de se tratar.
Recital-performance inconcluso por Xela Arias basado no libro Intempériome
Ademais:
·         Tendais de poemas nos lavadoiros da vila a cargo dos colexios da Guarda
Ruta literaria polos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” (do 18 de maio ao 18 de xuño).
·         Tódalas actividades precisan reserva previa de entradas en centrocultural@aguarda.es indicando: nome completo dos asistentes, teléfono de contacto, idade no caso dos menores de idade e se forman unidade de convivencia.
 
A Guarda avanza no seu Plan de Compostaxe Municipal
A Guarda, 6 de maio de 2021. O Plan de Compostaxe do Concello da Guarda da esta semana un paso máis co inicio da colaboración entre a mestra composteira e a Asociación San Xerome Emiliani.
Esta colaboración arranca, na semana da compostaxe, cunha actividade de separación de residuos que tivo lugar o martes día 4 de maio na finca das Mercedes (A Gándara), co obxectivo de despexar as posibles dúbidas de separación para a reciclaxe que o persoal do centro poida ter.
A seguinte actividade irá enfocada á compostaxe e consistirá na formación inicial na materia impartida pola técnica municipal e no acopio de material vexetal procedente do mantemento dos parques e xardíns. O persoal do centro de xardinería será o encargado de facer o acopio de material para formar con el pilas de compostaxe.
Unha vez creadas as pilas realizarase un seguimento das mesmas para controlar os parámetros do proceso. Un control e manexo adecuado das pilas permitirá a obtención dun compost de calidade, que o persoal de xardinería poderá empregar nas zonas verdes que xestiona. De este xeito conseguimos xestionar os residuos verdes para obter un abono que poderá ser empregado para a mellora das zonas verdes.
  

A Guarda concede subvencións por valor de máis de 140.000€ a entidades locais de carácter social, cultural e deportivo
A Guarda, 7 de maio de 2021. O importe total das subvencións nominativas a entidades de carácter social, cultural ou deportivo acada un total de 116.400€. Así  17.100€ van destinados  a entidades de carácter social. Se distribuirán  9.000€ ao centro San Xerome Emiliani, 4.300€ á asociación Erguete de prevención das drogodependencias e educación e promoción da saúde, 3.000€ para a asociación Avelaíña,  de axuda a persoas  con problemas de saúde mental, e 800€ para a fundación As Samaritanas. Para as entidades de carácter cultural a cantidade total a distribuír  é de 29.300€ entre as que temos que destacar o apoio á Banda Musical da Guarda con 7.440€ ou o apoio a todas as comisións de festas patronais  da localidade, entre outras. E no ámbito deportivo o importe total é de 70.000€ que se distribúen da seguinte maneira, 35.000€ para o Club de Balonmán, 19.800€ para o Sporting Guardés, 13.200€ para o club de remo Robaleira e 2.000€ para a club de fútbol feminino, Unión Guardesa.
O alcalde, Antonio Lomba, quere significar que durante esta lexislatura se está facendo un esforzo para estar ao lado das diferentes entidades e asociacións  que miran polo desenvolvemento  cultural, social e deportivo da localidade e dos seus veciños e veciñas. Quere, de xeito expreso, trasladar o apoio do concello da Guarda ao asociacionismo que posibilita acadar un alto nivel  no eido deportivo,  a proxección cultural da localidade e se presta, por medio destas entidades,   unha atención aos problemas de carácter económico ou de saúde das persoas da nosa veciñanza.
O concello da Guarda tamén vai outorgar subvencións en concorrencia competitiva entre entidades e asociacións da localidade para a realización de actividades neste 2021. O importe total destas subvencións  é de 31.760€, ás que poderán acceder  en canto estean  publicadas as bases reguladoras das mesmas.
Para poder acceder a estas subvencións as  entidades ou asociacións  terán que estar inscritas no Rexistro de Asociacións do concello da Guarda. Con estas subvencións o alcalde, Antonio Lomba, reforza o compromiso coas asociacións que teñan como obxectivo  a realización de actividades, proxectos ou iniciativas nos ámbitos   cultural,  deportivo, social ou formativo.
  
Abertas as inscricións para a obra de teatro “32m2 – Unha xira confinada” na Guarda
A Guarda, 3 de maio de 2021. O vindeiro sábado día 15 continúa a programación do mes de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado.
O prazo para a reserva de entradas está aberto xa dende o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es
Aforo limitado e protocolo covid19.
Sinopse:
Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.
 
Cruz Roja  Baixo Miño ha atendido a más de 1.800 personas durante el 2020 con la colaboración de 30 voluntarios activos y el apoyo de 860 socios
A Guarda, 6 de mayo de 2021. El sábado 8 de mayo, Cruz Roja Española celebrará el Día Mundial de la Cruz Roja y la Media Luna Roja, que conmemora el aniversario del nacimiento de su fundador, Henry Dunant, el 8 de mayo, bajo el lema “De la sociedad para la sociedad”. En un año marcado por la pandemia de la COVID-19, Cruz Roja en Baixo Miño conmemora esta fecha organizando encuentros en las diferentes Asambleas que la Institución tiene en la provincia, entre una persona voluntaria y una participante en los diferentes programas, y que durante el último año han estado hablando telefónicamente y compartiendo historias, pero que no se conocen en persona. Estos encuentros se grabarán para poder compartir en las redes sociales estas emocionantes historias.
Cruz Roja en Baixo Miño ha hecho balance de la actividad realizada durante el último año y que ha beneficiado a más de 1.800 personas en toda la comarca. Esta cifra resulta de la memoria realizada por la institución en la que la actividad que ha destacado, como no podía ser de otra forma, es el programa de lucha contra la pobreza con la atención de 548  personas a las que se ha realizado un apoyo en la entrega de alimentos, pago de suministros, medicamentos,  reparto de material escolar o pago de tasas de documentos y desplazamientos entre otros. Además, 142 personas recibieron ayudas a través del FEAD y la entrega de productos no perecederos provenientes del Gobierno de España y el Fondo Social Europeo. En total, se repartieron más de 13.000 kilos de alimentos.
Durante este período, la atención se ha desarrollado con diferentes colectivos como el programa de personas mayores, con 384 usuarios en los proyectos de teleasistencia domiciliaria, ayuda a domicilio complementaria, envejecimiento saludable o apoyo a cuidadores. Otro de los pilares imprescindibles son los programas de intervención social en el que se atiende a mujeres víctimas de la violencia de género, personas sin hogar, inmigrantes, familias acogedoras o personas discapacitadas, entre otros,  y que ha permitido llegar a 53 beneficiarios.
Cabe destacar también la importante labor realizada por el equipo de Cruz Roja Juventud con 207 menores y jóvenes que han participado en los programas de educación para la salud, prevención de conductas violentas, animación hospitalaria, promoción del éxito escolar o los centros de mediación social.
En Cruz Roja contamos con un importante apoyo social reflejado entre en los 845 socios y socias, 15 empresas, además de instituciones públicas y particulares que cada día aportan su granito de arena para poder hacer realidad estos objetivos.
En la comarca de Baixo Miño, más de 30 voluntarias y voluntarios están en la primera línea de respuesta frente a la COVID-19, llegando a las personas en situación de vulnerabilidad y mayor riesgo, apoyando los sistemas de salud y sociales y realizando actividades de sensibilización y comunicación. Se trata de una respuesta ‘local global’, a una escala sin precedentes, que muestra la solidaridad de la red de la Cruz Roja y de la Media Luna Roja.
 

Reserva de praza no Conservatorio da Guarda
A Guarda, 10 de maio de 2021. Nestes intres está aberta a de reserva de praza para o curso 2021-2022 no CONSERVATORIO DE MÚSICA DE A GUARDA. Si che gusta a música e estás interesado en aprender a tocar un instrumento, a estudar música, a coñecer novos compañeiros non o dubides e fai xa a reserva. Podes facela cubrindo un pequeno formulario na nosa páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/  
  
Novos cursos de alfabetización dixital de balde na Aula CeMIT da Guarda
A Guarda, 10 de maio de 2021. A Aula CeMIT da Guarda reinicia a súa actividade realizando cursos de alfabetización dixital, como a iniciación á informática, á mecanografía, ao procesador de textos e ao correo electrónico; ademais de outras formacións máis específicas, como o curso básico de xestión de redes sociais para negocios, dirixido a persoas emprendedoras ou que queiran iniciar un negocio, impulsando así a dixitalización das empresas locais.
Todas aquelas persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e inscribirse na Aula Cemit da Guarda, no primeiro andar do Centro Cultural, chamando ao 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
Todos os cursos son de balde e, debido á limitación de aforo pola pandemia e a demanda, poderán realizarse varias quendas.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
 
A Guarda na procura de mozos e mozas para por en marcha o seu Consello Climático Xuvenil
A Guarda, 10 de maio de 2021. Concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable é o obxectivo do proxecto ‘People & Planet: un destino común’.
A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros e de Cabo Verde.
No marco da Axenda 2030, a través de ‘People & Planet’ os concellos socios do Fondo Galego teñen a oportunidade de implementar numerosas actividades. No caso do Concello da Guarda é un dos concellos responsables da actividade Consello Climático Xuvenil, mediante o cal se pretende crear dito consello entre a mocidade activa e prreocupada polo medio ambiente da vila.
A implicación directa da mocidade nos problemas ambientais do concello e na súa resolución é chave neste proxecto, polo que en maio de 2021 catro municipios porán en marcha cadanseu consello integrado por mozas e mozos de entre 15 e 34 anos que asesorarán ao goberno local nesta materia. Persoal especializado encargarase de dinamizar as xuntanzas mensuais, propoñendo un tema de debate e recollendo ideas sobre estilos de vida sostibles. Representantes destes concellos participarán despois nun campamento de mocidade europea en Portugal para elaborar unha guía ao respecto.
O primeiro encontro terá lugar previsiblemente na segunda quincena de maio, onde tratarán de reflexionar sobre os estilos de vida individuais e colectivos más sostibles, aunando unha visión local e global e elaborando unha guía na que se concreten propostas.
Froito deste primeiro encontro, crearase un documento sobre o cal traballarase nun encontro posterior cos restantes consellos dos demais concellos galegos e os resultados presentaranse aos medios de comunicación e aos representantes políticos.
O obxectivo tamén será por en marcha as propostas que xurdan do traballo no consello climático, no concello da Guarda.
  
Amelia Tiganus presenta a escolares da Guarda o Cómic “Historia dunha Loita”
A Guarda, 10 de maio de 2021. Os días 12 e 19 de maio, alumnado de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña da Guarda participará na presentación do Comic “Amelia: historia dunha loita”.
Esta actividade, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda, realizarase en horario de tarde no Centro Cultural de A Guarda, onde Amelia Tiganus, realizará esta presentación a través de videoconferencia.
O cómic “Amelia: historia dunha loita” basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus. Este proxecto nace en forma de cómic xa que ler un cómic ofrece un acceso inmellorable a un determinado grupo da poboación máis moza que, co emprego doutros medios máis tradicionais, veríamos comprometido o obxectivo principal de chegarlles directamente e sen recelos, sendo un instrumento ideal para conectar da maneira más eficiente con este público.
Amelia Tiganus estivo hai dous anos na Guarda nun relatorio que se desenvolveu de forma presencial dirixido ao público en xeral e agora, para completar esta acción, decidiuse centralo na poboación máis nova a través da presentación deste cómic.
Amelia Tiganus é una activista feminista, nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Trátase dunha actividade financiada polo Pacto de Estado con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.
O CIM da Guarda adquiriu tamén exemplares deste Cómic para repartir de forma gratuíta entre as bibliotecas dos centros educativos da Guarda con alumnado de educación secundaria, Bacharelato e FP, así como para o punto lila da Biblioteca Municipal da Guarda.
 

A CIG-Saúde denuncia a “situación extrema” das profesionais do centro de saúde da Guarda
A Guarda, 11 de maio de 2021. A CIG-Saúde denuncia a situación extrema que están a vivir as profesionais do centro de saúde da Guarda. O problema ven derivado da falta de cobertura do persoal médico con ausencias longas desde hai máis dun ano, e que, tras a marcha dun facultativo que accedeu a unha praza noutra comunidade, vén de se empeorar aínda máis.
Segundo explican dende a central sindical, de oito médicos/as de familia só se conta con catro en activo na actualidade. “Hai cupos que levan máis dun ano sen médico/a de referencia co deterioro na continuidade na atención, o que está a levar a unha situación insostíbel”. Os propios profesionais manifestan que o traballo, tal e como se viña desenvolvendo hai anos coa cobertura de todos os cupos, é asumíbel malia a distancia ao hospital de referencia, “pero non na situación actual, o que non se soluciona con boas palabras senón con persoal”.
A situación de sobrecarga inflúe sobre todas as profesionais: enfermaría ve aumentadas as súas funcións e carga de traballo, así como as técnicas/os en coidados auxiliares de enfermaría; as enfermeiras de pediatría veñen asumindo máis traballo pola centralización de Pediatría de Oia e do Rosal neste centro sen verse reforzada ou mellorada a súa remuneración polo aumento de atención de doentes; as PSX tamén viron aumentado o seu traballo, e ademais ven condicionada a citación á cobertura das ausencias por parte da Xerencia.
Ademais, o pasado luns deuse a circunstancia de que unha soa médica tivo que asumir até metade da mañá o traballo do centro de saúde, co temor de que se puidese solicitar asistencia fóra do centro quedando o centro sen asistencia médica.
Tras unha reunión mantida coa Xerencia por parte dos profesionais “poucas son as alternativas de mellora para esta situación, na medida en que non supón un aumento no cadro de persoal actual e verase condicionado polos movementos que se produzan na toma de posesión da OPE”.
Como parche, a fin de minimizar a escaseza crítica de efectivos no tramo horario da mañá, encontrouse no peche temporal do tramo da tarde do centro de saúde unha solución parcial. O posíbel peche temporal polas tardes do centro supón o reforzo das tardes co propio persoal do PAC sen aumentar tampouco o número de profesionais. “Cómpre lembrar a reivindicación que se vén facendo desde fai anos de que haxa dobre equipo de PAC todos os días da semana neste centro e que nestes momentos é mais necesario que nunca”.
Por todo isto, a CIG-Saúde solicita que se solucione o problema de falta de cobertura neste centro, que é o que ten a situación máis crítica de toda a área sanitaria. Que se reforce enfermaría de pediatría neste centro polo aumento de carga derivado da centralización por causa da pandemia e que se contemple o dobre equipo no PAC como medidas para solucionar este problema.
 

Verónica Pérez Pacheco, Oro en el campeonato  gallego júnior

A Guarda, 12 de maio de 2021. Buenos resultados en el campeonato  gallego júnior para los judokas del Clube de Judo Baixo Miño celebrado este pasado domingo en Santiago.
Después de tantos meses sin competiciones y entrenando con muchas restricciones lo que  queremos resaltar es el trabajo que han hecho nuestros judokas todo este tiempo de covid.
Los resultados son:
Verónica Pérez Pacheco -Oro 57kg
Noa González Da Costa Evangelista -Bronce 70KG
Carla Lomba Quintas - Quinto Puesto
Saray Vicente, Pablo Cadilla, Martin Souto y Víctor Adrover han tenido una buena participación sin poder llegar al podium
Agradecer el trabajo de los dos entrenadores que acompañaron a los deportistas Elena Cañibano y Saúl Álvarez.
Enhorabuena a todos y suerte en los próximos compromisos
 

Aberto prazo de reservas no Conservatorio Municipal de Música da Guarda
A Guarda, 13 de maio de 2021. Conservatorio Municipal de Música da Guarda abre o prazo de reserva de praza para os alumnos e alumnas de novo ingreso.
Todos os interesados poden realizar a súa reserva cubrindo un pequeno formulario na nosa páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/
Si che gusta a música e estás interesado en aprender a tocar un instrumento, a estudar música, a coñecer novos compañeiros non o dubides e fai xa a reserva.
 
O BNG leva novamente ao Parlamento Galego a situación do centro de saúde da Guarda
A Guarda, 13 de maio de 2021. O centro de saúde da Guarda padece desde fai anos unha situación que os propios profesionais da sanidade califican de extrema. A falta de cobertura das ausencias dos profesionais- en algún caso por máis dun ano- fan que o colapso da atención primaria sanitaría sexa unha realidade cotía.
O  portavoz municipal do BNG Anxo Baz afirma “Hai veciños e veciñas   que levan máis dun ano sen médica/o de referencia, o que implica un deterioro da atención sen precedentes. A desantención do centro de saúde da Guarda por parte da Xunta de Galiza é unha auténtica vergoña, están deteriorando ata límites escandalosos a atención primaria no noso Concello”.
Pola súa parte o Deputado no Parlamento Galego do BNG Manuel Lourenzo, declara “ a situación acada tal nivel de gravidade que hai escasos días o centro de saúde ficou con un único facultativo para atender a toda a veciñanza, o que obrigaría a deixar o centro de sáude sen atención, se houbese unha urxencia que obrigase a saír”.
Por todo isto o Deputado nacionalista ven de presentar no Parlamento Galego unha proposta para solucionar urxentemente  os problemas deste centro cubrindo as baixas e ausencias de persoal e dotanto ao centro de saúde do persoal necesario, reforzando os servizos de enfermaría, pediatría e PSX e contemplando o dobre equipo en urxencias no PAC.
 
As praias guardesas de “O Muíño” e “Area Grande” contarán un ano máis co distintivo de Bandeira Azul
A Guarda, 13 de maio de 2021. Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán
Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.
O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.
Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.
Ademais a praia de O Muíño contará co distintivo de Ecopraia concedido por ATREGRUS, Asociacion técnica para a xestión de residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area. Por isto, se respecta o delicado ecosistema dunar.
O ano pasado a praia non luciu este distintivo porque foi cancelado debido á situación de pandemia. Pero este verán volverá a lucir.
 
A Guarda sigue avanzando na protección a mulleres vítimas de violencia de xénero a través do sistema Vioxén
A Guarda, 13 de maio de 2021. O concello da Guarda reuniuse este xoves coa Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para tratar diversos temas relativos ao "Sistema Vioxén", polo cal a Policía Local tería competencias na protección das vítimas de violencia de xénero.
Na reunión estiveron presentes Manuela Villaboy, xefa da Unidade de Violencia de Xénero de Subdelegación do Goberno de Pontevedra; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, o xefe accidental da Policía Local e a directora do CIM da Guarda, Yolanda Villaverde.
O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioXén), da Secretaría de Estado de Seguridad del Ministerio del Interior, realiza o seguimento e a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e das súas fillas e fillos.
 
Peche temporal do albergue municipal da Guarda debido a obras de mellora
A Guarda, 13 de maio de 2021. O Concello da Guarda informa que a partires de mañá venres o Albergue Municipal estará pechado temporalmente debido ás obras de reforma e ampliación dos vestiarios.
Estas obras, que arrancarán nos vindeiros días, realizaranse para mellorar a estancia dos peregrinos no Albergue Municipal da Guarda, onde os aseos existentes atopábanse xa moi deteriorados en nun espazo moi reducido.
Deste xeito optouse por realizar unha ampliación dos mesmos, contando tamén cun baño accesible, durante o transcurso das obras retiraranse todos os elementos eléctricos, carpinterías, pavimentos e alicatados para realizar a súa total renovación.
As obras inclúen tamén un sistema de extracción e renovación do aire deste recinto.
Esta actuación está subvencionada a través do Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2020 Liña 1 da Deputación de Pontevedra.
O Camiño de Santiago, cun forte incremento de peregrinos nos anos previos á pandemia da Covid19, propiciou que moitas persoas optasen pos pernoctar na Guarda coma primeiro lugar de entrada do Camiño en Galicia. Deste xeito no verán de 2019 o albergue chegou a estar no seu máximo de ocupación, cunha afluencia constante de peregrinos ao longo do verán. Destaca o incremento nun 70% dos peregrinos aloxados no albergue dende a oficialización en 2016 do Camiño Portugués pola Costa ata o 2019.
 

A Guarda mobilizarase novamente para esixir máis persoal sanitario con el lema “A sanidade pública non se vende, deféndese”
A Guarda, 14 de maio de 2021. A vila da Guarda asiste nos últimos meses ao progresivo deterioro dos seus servizos sanitarios. Son varios centos de persoas, actualmente 4 cupos de doentes, as que non teñen a día de hoxe un médico de Atención Primaria. A continuidade asistencial, o seguimento no tempo e por un mesmo profesional das patoloxías dunha persoa, é a base dunha Atención Primaria de calidade.
O Centro de Saúde da Guarda só dispón actualmente de 4 dos 8 médicos de familia que debería ter en activo. As restantes prazas son cubertas puntualmente polo Sergas coa modalidade da prolongación de xornada. Deste xeito, facultativos doutros centros acuden a atender listas de 30 pacientes por unha serie de horas, pero sen continuidade. Do mesmo xeito, a atención pediátrica está mermada ao non cubrírense as baixas dunha pediatra da Guarda e da pediatra de Oia e do Rosal.
Esta situación prolóngase xa por varios meses e, nalgúns casos, máis dun ano. Supón o deterioro das condicións de saúde de moitas persoas na vila. Implica, tamén un agravio comparativo, que coloca a Guarda como unha das vilas máis maltratadas da Galiza no referido a dotacións sanitarias, sen dúbida a que se encontra nunha peor situación da área sanitaria de Vigo.
Preocupa tamén o deterioro das condicións de traballo do persoal do centro, ao ter que asumir os 4 facultativos presentes as consultas dos seus pacientes, ás que hai que engadir as urxencias, tanto dos seus pacientes como as dos compañeiros. Todo isto con axendas que xa estaban sobrecargadas, xerándose listas de espera indignas dun servizo de Atención Primaria. O persoal de enfermaría está tamén padecendo sobrecargas derivadas da excesiva carga de tarefas agravada coa actual xestión do proceso de vacinación. O persoal administrativo enfrenta continuas situacións de estrés ao seren as primeiras caras sobre as que a poboación libera a frustración causada polo deterioro do servizo, sen seren responsábeis da situación xerada. En definitiva, o persoal do centro asume cargas de traballo nunca vistas, nas peores condicións que se recordan.
Nos últimos días téñense dado situacións inauditas, como a da mañá do día 13, en que só 3 médicos atendían de mañá, quedando en varias ocasións 2 no centro polas saídas de emerxencia. Dúas semanas atrás, unha soa médica atendía no centro de saúde polo período de media mañá. Ademáis hai que ter en conta que, ante a situación límite do persoal do Centro de Saúde, optouse por pechar a atención rutinaria de tarde, concentrando na mañá ese persoal. Isto fíxose dotando o PAC dun reforzo, que en moitas ocasións se realiza co propio persoal, insuficiente, do mesmo PAC. Na tarde de onte, por un espazo de dúas horas eses dous médicos estaban en sendas saídas de emerxencia, polo que o PAC quedou sen un só médico.
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda considera que non se pode admitir esta situación nin un día máis. Convocamos a poboación guardesa a unha mobilización no sábado 29 ás 12:00 para esixir solucións.
A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE, DEFÉNDESE
 
Abertas as inscricións para Conto dos Ratos de  Lonxedetodo
A Guarda, 14 de maio de 2021. O vindeiro sábado día 22 de maio o Centro Cultural da Guarda será o escenario para a actividade “Conto dos Ratos de Lonxetodo” de Trinke Trinke Teatro.
Os Ratos de Lonxedetodo percorren as bibliotecas de Galicia contando os seus contos favoritos e contaxiando a grandes e pequenos o seu gusto pola lectura. A música, a comedia e diferentes recursos para contar os contos non faltan nunca nas aventuras destes ratos.
Esta actividade, dirixida a nenos e nenos de entre 3 e 8 anos de idade, terá lugar ás 12:00h e é preciso realizar inscrición previa no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
 

A Guarda conmemora a figura de Xela Arias nas Letras Galegas
A Guarda, 15 de maio de 2021. A vila da Guarda foi decorando pouco a pouco durante a pasada semana as rúas, prazas e escaparates con diferentes iniciativas dirixidas a conmemorar as Letras Galegas. Os colexios públicos decoraron a Praza de Avelino Vicente cunhas chamativas Letras e poemas de Xela Arias, así como os lavadoiros da Cal, a Ribeira, Fedorento e Netos, con poemas pintados sobre prendas de roupa, na segunda edición da Tendal de Poemas. Por outra banda os comercios da vila incorporaron aos seus escaparates poemas de Xela Arias, conformando o que pretende ser unha “ruta literaria” que amosa diferentes poemas seleccionados para dar a coñecer a poesía tan característica da autora, sendo a primeira das iniciativas da programación “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, que o Departamento de Cultura preparou en colaboración co Instituto e que terá a seguinte cita o sábado, 22 de maio ás 19 horas, cunha lectura de poemas a cargo de alumnos do Instituto e membros da Agrupación Cultural Guardesa.
A programación centrada en Xela Arias estenderase ata o último sábado do mes, cando chegue á Guarda o concerto poético “Vencerse é cousa de se tratar”, unha lectura dramatizada a cargo da artista Mónica de Nut, baixo dirección de Fernando Abreu basada no poemario Intempériome. Esta proposta ten unha significación especial, xa que se trata da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a aquel recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas neste ano por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan o propio Fernando Abreu como director artístico e músico; Mónica DeNut na lectura dos poemas; Pablo Carrera á guitarra, e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.
 

O Ciclo “Sostendo o Futuro” continúa este venres na Guarda cunha charla sobre “alargascencia”
A Guarda, 18 de maio de 2021. O actual modelo de consumo vén marcado por produtos pouco duradeiros, difíciles de reparar e reutilizar. Neste contexto, medio ambiente e cidadanía vense prexudicados xa que a reciclaxe non é suficiente para asegurar un consumo de recursos naturais sostible, xa que estamos consumindo recursos a un ritmo maior do que se rexeneran. Por todo isto, debemos ir máis alá, mudando os nosos hábitos cara un modelo máis responsable para construír unha sociedade máis consciente.
De cara a proporcionar ferramentas á cidadanía para levar a cabo este cambio no modelo de consumo, o Concello da Guarda organiza unha charla sobre como deixar atrás a obsolescencia e alongar a vida dos produtos que consumimos. Alí, ademais de analizar o actual modelo de consumo, proporcionarase un directorio que axudará á veciñanza a atopar diferentes establecementos de reparación, segunda man, aluguer….  Esta actividade estará impartida por Amigos da Terra e realizarase no Centro Cultural ás 20:00h deste venres 21 de maio.
A programación de “Sostendo o Futuro” continúa o sábado 5 de xuño co día do Medio Ambiente, onde para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.
Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
 
Acto público do BNG na Guarda sobre o impacto dos parques eólicos
A Guarda, 18 de maio de 2021. O BNG da Guarda convoca un acto no local da Comunidade de Montes de Camposancos o próximo xoves día 20 ás 20:30 horas para dar a coñecer a situación actual de proliferación dos parques eólicos na Galiza.
Baixo o lema “Nin expolio dos nosos recursos, nin degradación do noso territorio” o BNG reforzará a súa posición de apoio a unha  “enerxía eólica sustentábel, xusta e galega”.
Neste acto participará o Portavoz Municipal do BNG Anxo Baz e o Deputado no Parlamento Galego Luís Bará que é membro  no Parlamento da Comisión de Ordenación do territorio, Obras Públicas e Medio Ambiente.
O acto contará coas medidas de seguridade propias da situación de pandemia.
  
Publicadas no BOPPO as bases de selección e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de persoal interino como oficiais de Servizos
A Guarda, 18 de maio de 2021. No BOPPO núm.92 de 18 de maio de 2021 saen publicadas as bases de selección e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de persoal interino como oficiais de Servizos.
O texto íntegro das bases reguladoras e convocatoria das probas selectivas atópase xa publicado no Boletín Oficial da Provincia, e no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello na dirección www.aguarda.sedelectronica.gal sendo desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra cando se inicie o prazo de presentación de instancias.
Nesta convocatoria o Concello da Guarda solicita a praza para OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS coma funcionario interino, esixíndose o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalentes ou estar en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá acreditarse fidedignamente a súa homologación. Tamén se precisa posuír o permiso de condución C1.
As solicitudes poderán presentarse no Concello, en horario de atención ao público (de 09:00h. a 13:00 h.), e no prazo de vinte (20) días naturais.
Bases: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/05/18/2021025652
 

Homenaxe a Xela Arias este sábado a Guarda “Todalas poetas son tu e ningunha coma ti
A Guarda, 19 de maio de 2021. A concellería de cultura do Concello da Guarda organiza unha completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias.
Xela Arias foi mestra no Instituto da Sangriña, e tralo seu falecemento o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando durante case unha década o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.
O Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que  cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os  amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo...
Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.
Unha das actividades é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.
Outra das actividades é a lectura de poemas pública que terá lugar o sábado 22 de maio na Praza do Reló ás 19:00, e contará coa participación de alumnado e docentes do IES A Sangriña, así como integrantes da Agrupación Cultural Guardesa.
E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.
No caso dos actos públicos do día 22 e 29 de maio os eventos contan, como ven sendo habitual cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en centrocultural@aguarda.es
Actividades cos centros escolares
Ademais destas actividades realizadas en torno a Xela cabe destacar a convocatoria do II Tendal de poemas que se realiza co alumnado dos centros escolares Manuel Rodríguez Sinde, As Solanas, CPR San José e Centro de Educación Especial San Xerome.
Estes centros seleccionaron poemas dentro do amplo repertorio da nosa lingua galega e decorados sobre lenzos de roupa que están “colgados ao sol” en diferentes lavadoiros da nosa vila, concretamente os lavadoiros de A Cal, A Ribeira, Fedorento e Netos. Estes debuxos poden verse ata final de mes, sempre que a climatoloxía o permita.
Ademais desta actividade os centros públicos da vila (CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas, CEIP A Sangriña) realizaron unha exposición sobre Xela Arias que sepode visualizar na Praza de Avelino Vicente.
Homenaxe do IES A Sangriña
Pola súa banda, o IES A Sangriña preparou a súa homenaxe institucional este venres coas seguintes propostas:
1. Descubrimento dunha praca conmemorativa cun verso escollido (por unha Comisión do IES) da autora.
2. Adicar unha das aulas de nova creación do centro (antiga vivenda do conserxe) co nome de "Aula Xela Arias".
  
O Alcalde da Guarda recibe ás subcampionas da Liga Guerreras  Iberdrola

A Guarda, 19 de maio de 2021. O mércores 19 de maio o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a recepción oficial ás xogadoras, equipo técnico e directiva do  Atl. Guardés por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes.
Para Antonio Lomba acadar o subcampionato de liga é un logro histórico para “o noso equipo” e é preciso que o Concello da Guarda así o transmita ao club e ao resto de veciños e veciñas da vila, neste momento intenso de competición por estar ás portas da fase final copa da Raíña.
Para o alcalde ter na Guarda un grupo de deportistas de élite que serven de referente para a xente xove é un dos desexos de toda persoa preocupada pola xuventude e o deporte. Indicou o edil que despois dunha tempada atípica por mor da pandemia da covid-19, o “xogador” que é a afección soubo apreciar o traballo realizado polo club. Rematou a súa intervención felicitando o Subcampionato de Liga e desexando moita sorte na copa da Raíña.
Montserrat Magallanes destacou que dende xa moitos meses desexábase facer esta recepción, pero a pandemia non deixou cabida para facelo, e neste intre o Guardés soubo trasladar “un sentimento”, que foi tamén o lema elixido polo club nesta tempada, cunha alegría que se traslada tamén á afección guardesa.
O acto rematou cunha entrega de agasallos ao club, xogadoras, equipo técnico e directiva, así coma un agasallo do club ao alcalde e á concelleira de deportes.
 

Programa Galego de detección do cancro de mama
A Guarda, 21 de maio de 2021. O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña en A Guarda o día 25 de maio de 2021.
Consiste na realización gratuíta de mamografías a todalas señoras de entre 50 e 59 anos do noso concello.
As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración que agora está situada no Hospital do Meixoeiro, Consultas externas planta -1 en Vigo.
Mediante unha carta comunicaráselle o día, hora e lugar o que teñen que acudir.
Todalas señoras que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen carta poden chamar ao telefono 981 141 414, onde lles darán unha cita.
 
Homenaxe A Xela Arias no IES A Sangriña
A Guarda, 21 de maio de 2021. Esta mañá celebramos o noso acto de homenaxe a Xela Arias. A poeta, que impartiu docencia no noso centro, dá nome á nova aula de usos múltiples 1, que en diante pasa a ser Aula Xela Arias. O acto de inauguración, coordinado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, contou co recitado dalgúns poemas da autora a cargo de varias alumnas de secundaria, acompañadas polo profesor de música, Alfredo Garrido, na guitarra. Posteriormente, descubriuse unha placa cun verso do poemario Dario a Diario, que agora loce na entrada do noso instituto.
Agradecemos a presenza do alcalde e profesor do centro, Antonio Lomba, e a implicación do alumnado nestes actos de homenaxe á poeta Xela Arias.
Tamén, para conmemorar este Día das Letras Galegas 2021, o alumnado do IES A Sangriña gravou "Descubrindo a Xela", o programa Especial sobre Xela Arias, en RadioTrega, a radio do IES A Sangriña que coordina o profesor de Lingua Galega e Literatura  Kike Estévez.
1. “Descubrindo a Xela" 1ª parte, que dá cabida a recitados do alumnado do nodo centro e á participación de persoas da nosa cultura como Víctor Freixanes, presidente da RAG; Tamara Andrés, nova poeta galega; Hugo Guezeta, integrante do grupo de rap Son Da Rúa; ou Sofía Tarela, integrante das Gharotas da Ribeira María Apagha OLeiteque Ferve. Ademais, tamén conta con entrevistas, pois nesta primeira parte falamos con Isabel Rodríguez Pazos, profesora do noso centro que coñeceu en persoa a Xela no seu paso pola Sangriña.
2. "Descubrindo a Xela", 2ª parte, na que recuncan os recitados do alumnado do noso centro e a participación de persoas da nosa cultura como Xurxo Souto, Laura Rabizal, Isabel Risco, Silvia Estévez, Tino Baz, Marta Dacosta Marta ou Anxo Angueira. Ademais nesta segunda parte falamos con Pilar Carro, profesora do noso centro e directora cando Xela impartiu aulas no IES Sangriña, aló polo 2001.
 

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño
A Guarda, 24 de maio de 2021. A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 4 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 5 de 10:00h ás 15:00h.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
 
Guarda acolleu unha Homenaxe a Xela Arias
A Guarda, 24 de maio de 2021. A concellería de cultura do Concello da Guarda, dentro da completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias, organizou o pasado sábado día 22 de maio unha homenaxe na que participaron alumnado e docentes do IES A Sangriña e representantes da Agrupación Cultural Guardesa.
Xela Arias foi mestra no Instituto da Sangriña, e tralo seu falecemento o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando durante case unha década o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.
O Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que  cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación que se está a realizar, está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os  amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo...
Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.
Unha das actividades que continuará ata fin de mes é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.
E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.
No caso do acto público do día 29 de maio o evento conta, como ven sendo habitual, cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en centrocultural@aguarda.es
   
Aberto o prazo de solicitudes para reserva de prazas na Gardería Municipal
A Guarda, 24 de maio de 2021. A Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2021/2022. Os pais / nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as  solicitudes nos seguintes prazos:
·         nenos/as matriculados e con praza no curso anterior (2020/2021), presentarán a solicitude do 1-15 de maio.
·         Nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude do 16-31 de maio .
Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.
  

O Concello da Guarda continúa coa labor de conservación de lavadoiros
A Guarda, 25 de maio de 2021. O Concello da Guarda ven de rematar esta semana os traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.
A posta en valor dos elementos etnográficos como é o caso é unha obriga mais que unha necesidade, a xustificación non pasa pola súa necesidade intrínseca.
O lavadeiro de xixolla, datado no ano 1.913 segundo consta na pedra labrada sobre o cano, foi rehabilitada nos anos 90 a través da escola obradoiro renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal dita cubrición que na actualidade, precisaban de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos.
As actuacións levadas a cabo recentemente no lavadoiro da Xixolla, pasan por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizouse dun xeito manual.
Para os elementos de madeira se procedeu á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira, así como o repintado das barandas de madeira que dan á estrada PO-552.
Esta actuación realizouse grazas a unha achega da Deputación de Pontevedra de 8178,64€ a través do Plan Concellos.
 
O Museo do Mar da Guarda incluído na guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA
A Guarda, 25 de maio de 2021. Os GALP de Galicia promoven no marco do proxecto Pasaporte REMA a creación da primeira guía sobre a cultura mariñeira atlántica europea. Nela, están representados 25 museos galegos, un portugués e outro asturiano, e entre todos eles o Museo do Mar da Guarda.
O proxecto Pasaporte REMA é una iniciativa financiada polo Fondo Marítimo da Pesca (FEMP) na que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos
O día 18 de maio, día internacional dos museos, lanzouse oficialmente a guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que serán repartidos de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA dos que se ofrece información na citada guía. Ademais, as persoas que visiten estes espazos poderán ir acumulando selos Remiña e, una vez alcancen 5 estampacións de museos localizados en alomenos 2 territorios GALP poderán participar no sorteo de 19 cestas mariñeiras, compostas de produtos de proxectos financiados polos GALP. O prazo máximo para lograr estas estampacións finaliza o día 2 de novembro de 2021. Ademais, una cesta mariñeira sortearase proximamente a través das Redes Sociais do Proxecto Pasaporte REMA (Facebook: Pasaporte REMA, Instagram: @pasaporterema)
RED REMA
Os Grupos de Acción Local del Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia impulsaron conxuntamente a creación da primeira rede centrada no patrimonio material e inmaterial do mar, apoiada pola Consellería do Mar e financiada a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) é a primeira rede especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira atlántica europea. O seu obxectivo é que o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar sirva de nexo de unión entre os diferentes pobos do arco atlántico de Europa. Actualmente, a rede está composta por espazos das costas galega, asturiana e portuguesa, cun interese común por preservar a cultura mariñeira do arco atlántico europeo e a súa historia. Os seus membros custodian un patrimonio atractivo para diferentes grupos de interese: turistas, escolares, persoal investigador e público en xeral.
A guía contén información dos elementos patrimoniais más relevantes que se poden atopar en cada espazo e está orientada tanto desde o punto de vista dos visitantes como o dos seus actuais xestores culturais. Ademais, poderase obter más información ou visitar a partir do 22 de xuño los museos xogando de modo virtual a través do smartphone, enfocando co móbil o código QR que se atopa na guía.
 
O concello da Guarda convoca pleno ordinario
A Guarda, 25 de maio de 2021. Pleno ordinario para o venres 28 de maio ás 20:00h no Salón de Plenos da Casa dos Alonso cos seguintes asuntos na convocatoria:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1.    Aprobación das actas da sesión ordinaria do 26.03.21 e das sesións extraordinarias do 20.04.21 e do 06.05.21.
2.    Expediente 1509/2021. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.03.21 ATA O 15.05.21.
3.    Expediente 1134/2021. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN.
4.    Expediente 2336/2017. DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2021.
5.    Expediente 1481/2021. DAR CONTA RESTO INVESTIMENTOS SUBVENCIÓN PLAN CONCELLOS 2019 LIÑA 1.
6.    Expediente 2843/2018. DAR CONTA DA APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NUMERO 5.
7.    Expediente 1405/2021. PROPOSTA ALCALDÍA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL CREDITO 3/2021.
8.    Expediente 1446/2021. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 66/2021. CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2/2021.
9.    Expediente 1308/2021. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN BASES REGULADORAS DA LIÑA AXUDAS DO CONCELLO DA GUARDA PARA PALIAR O IMPACTO ECONÓMICO ORIXINADO POLA COVID 19.
10.    Expediente 1306/2021. PROPOSTA APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA MODALIDADE DE TELETRABALLO NO CONCELLO DA GUARDA.
11.    Expediente 1208/2021. PROPOSTA SOLICITUDE DE ADHESIÓN AO EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR.
12.    Expediente 1042/2021. PROPOSTA APOIO DECLARACIÓN FEMP PARTICIPACIÓN GOBERNOS LOCAIS NA RECONSTRUCIÓN ECONÓMICA.
13.    Expediente 1098/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLA CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA E ASUMIDA POR TODOS OS GRUPOS MUNICIPAIS, PARA PROMOVER UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE A GUARDA, CO OBXECTO DE DEMANDAR A ELIMINACIÓN DAS MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO DE CONTROL EUROPEO DA UE. 1224/2009 CON RESPECTO Á FROTA ARTESANAL.
14.    Expediente 1460/2021. MOCIÓN ASUMIDA POR TODOS OS GRUPOS MUNICIPAIS NO QUE SE SOLICITA MEDIDAS DE COMPENSACIÓN POLO IMPACTO SOCIO-ECONÓMICO NO TERRITORIO DO RIO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO DEBIDO ÁS MEDIDAS DE RESTRICIÓN DE MOBILIDADE TRANSFRONTEIRIZA TOMADAS POLOS GOBERNOS ESPAÑOL E PORTUGUÉS NOS ESTADOS DE ALARMA POLA PANDEMIA COVID 19.
15.    Expediente 1471/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA ÁREA DE AUTOCARAVANAS EN CAMPOSANCOS.
16.    Expediente 1472/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN DEFENSA DUN MODELO DE ENERXÍA EÓLICA SUSTENTÁBEL, XUSTA E GALEGA FRONTE AO ESPOLIO E A DEPREDACIÓN.
17.    Expediente 1496/2021. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A ADHESIÓN DO PERSOAL DO PADROADO MUNICIPAL DE SANTA TREGA AO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO DE A GUARDA.
18.    ROGOS E PREGUNTAS.
O pleno vai ser retransmitido en straming: https://www.youtube.com/watch?v=YQk9hlWzyak
 
Nenos e nenas da Guarda convidados a participar en “A flote en Igualdade”
A Guarda, 25 de maio de 2021. O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade do Concello da Guarda programan para a tarde do xoves 3 de xuño unha acción que consistirá nun encontro de nenas e nenos ao redor do xogo para a realización dunha xincana onde descubrir con que elementos a igualdade nos permite estar a flote e de que xeito a desigualdade pode acabar fundíndonos.
Esta actividade está destinada a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e terá lugar o xoves día 3 de xuño en horario de 17:30h a 18:30h na Praia da Ribeira no Porto da Guarda.
Presentarase o xogo dunha xincana cooperativa (non competitiva) onde o traballo conxunto de nenas e nenos axude a descubrir que para que a sociedade consiga estar a flote necesita da igualdade.
As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz) ou no teléfono 986 614 648.
Esta actividade está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
 

Asemblea dos afectados pola Comunidade de Montes da Guarda
 
A Guarda, 26 de maio de 2021. Este venres 28, no Centro Cultural da Guarda, a Plataforma de Afectados pola Comunidade de Montes da Guarda, celebraremos unha palestra informativa sobre a problemática que estamos a sufrir mais de 40 veciños desde hai 3 anos, con esta Comunidade.
 
3 anos tentando exercer o noso xusto dereito a ser comuneiros do noso monte, 3 anos de mentiras e de falsas promesas e 3 anos de irregularidades de todo tipo.
 
Se és veciño da Guarda achégate e infórmate sobre os teus dereitos como comuneiro.
 
Vamos devolver o monte ao pobo. O monte é de todos!
 
 
O Ciclo “Sostendo o Futuro” continúa na Guarda cun roteiro Medioambiental
 
A Guarda, 26 de maio de 2021. O Concello da Guarda continúa co ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.
 
O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.
 
Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
 
Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
  

A Guarda manifestarase o sábado para esixir unha atención sanitaria digna
A Guarda, 27 de maio de 2021. A falta de medios humanos no Centro de Saúde da Guarda está provocando deficiencias moi graves na atención sanitaria no Concello. Según a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda hai moitas persoas que levan máis dun ano e medio sen un médico de referencia. Este é o motivo polo que chamamos a todo o pobo da Guarda a Concentración que se realizará este sábado día 29 ás 12 da mañá na Praza Avelino Vicente.
Serafín Portela, portavoz da Plataforma manifesta “ temos a metade dos médicos que nos corresponden, o que  provoca unha atención claramente deficitaria. Houbo algúns días nas semanas pasadas que quedou o centro con un so médico o que provoca situacións caóticas”.
Un centro que debería estar dotado de 8 médicos de familia e 2 pediatras, nos últimos meses só esta atendido  como máximo por  4 deses 8 médicos de familia e  1 desas 2 pediatras. Este persoal non só asume a atención de todos os seus doentes, listas de arredor de 1300 persoas, así como as súas urxencias. Tamén asume a atención urxente de todas as persoas que carecen, nestes momentos, dun médico de familia. Isto está a disparar as demoras na consecución dunha cita no Centro de Saúde, por riba dos 20 días de espera e está a empeorar as condicións en que poden ser atendidas.
A  Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda non vai dar un só paso atrás e vai incrementar e endurecer  as mobilizacións se a Xunta de Galiza non dá un sinal de compromiso para solucionar a situación. Chamamos a toda a poboación da Guarda a participar deste movemento de protesta, porque  temos a saúde en xogo.
 
A Guarda pecha este sábado as actividades programadas entorno ás Letras Galegas e a Xela Arias
A Guarda, 27 de maio de 2021. A concellería de cultura do Concello da Guarda pecha este sábado a completa programación de actividades entorno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias, cunha proposta moi agardada por tod@s.
Deste xeito o sábado 29 de maio representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”.
Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento.
Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.
Este evento conta, como ven sendo habitual cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse previamente en centrocultural@aguarda.es
 
Francisco Álvarez Koki publica “Olivia e o clarinete máxico”
A Guarda, 27 de maio de 2021. Escritor galego e animador cultural. Autor tanto en galego como en Castelán. Residente en Nova Iork onde fundou o colectivo, Celso Emilio Ferreiro, para espallar a cultura galega.
Seus últimos libros publicados en galego son:
(Literatura infantil ilustrada) Un neno na emigración, Vasoiras Barreiro, edicións Fervenza 2018.
(Poesía ) A memoria das palabras, edicións Fervenza 2018.
(Narrativa ) Ratas en Manhattan, edicións Sotelo Blanco 2007.
En Castelán publicou:
(Poesía infantil ilustrada) El libro de Lourenzo, Ed. Sial Pigmalión 2018
Erótica…2 (antología de toda a poesía amorosa do autor). Sial Pigmalión 2017. Sombra de Luna Sial Pigmalión 2015 : Premio Escriduende, o mellor libro de poesía social da feira do libro de Madri 2016.
Participou nos seguintes libros: Cuando llegamos ( experiencias migratorias ). Academia norteamericana da lingua espanola. Edición de Gerardo Piña. 2020. Escritores españoles nos Estados Unidos. Ed de Gerardo Piña Rosales. Academia norteamericana da lingua española. Seis narradores españoles en Nova York, Edicións Dauro Granada 2006. Mapa de Nova York. edicións El Vigía Granada 2000. Al fin del siglo ( 20 poetas ) Ollantay Press 2000. Geometría y angustia. Antologia de poetas espanoles en Nueva York. Edición de Julio Neira para a fundación José Manuel Lara Sevilla 2012.
Foi editor dos seguintes libros: Luna y panorama sobre los rascacielos (poetas españoles en Nova York) Ed. Do consulado general de Españoles en Nueva York. 2019. Rio – Mar. Edición da Asociación cultural Piueiro. 2019.
 

500 persoas maniféstanse contra as deficiencias sanitarias na Guarda
A Guarda, 29 de maio de 2021. Ás 12 do mediodía o sábado, 29 de maio, atendendo ao chamamento da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, concentráronse na Praza de Avelino Vicente, da Guarda, ao redor de cincocentas persoas, ademais dunha representación da plataforma do Rosal, que reclaman a mellora da sanidade pública no Centro de Saúde da Guarda, onde os efectivos persoais reducíronse drásticamente a menos da metade dos que había, sen que a Xunta de Galicia resolva unha situación que prexudica aos pacientes que carecen dun médico fixo ou non reciben, por falta de persoal, a atención adecuada, con demoras importante e un seguimento deficitario que afectan á saúde.
Con consignas como “Feixoo escoita, A Guarda está en loita”, “Máis médicos e menos propaganda”, “Sanidade Pública e de calidade”, “Non máis recortes na sanidade” ou “Feixoo escoita, se isto non se amaña, seguiremos dando caña”, os concetrados mostráronse fartos dos recortes que afectan, entre outros moitos centros do país galego, ao de Saúde da Guarda onde, explicou Serafín Fernández Portela, membro da Plataforma local, houbo días que este servizo, que chegou a contar con 8 médicos, reduciuse a tan só un, provocando situacións caóticas. É o resultado “dos constantes recortes e procesos de privatización acometidos na sanidade polo Goberno Galego nos últimos doce anos”, denunciaron desde a Plataforma, que incidiron en que “os servizos públicos de calidade son indispensables para manter uns mínimos de igualdade e xustiza sociais” e rexeitan que “se xogue coa nosa saúde”.
“Estamos fartos de escoitar falar a responsables da Consellería de Sanidade e ao propio presidente da Xunta do gran traballo feito por eles na Sanidade. Estamos fartos de propaganda, porque levamos soportando desde hai moito tempo a redución de sanitarios e sufrindo as consecuencias que provoca esta atención deficitaria”.
Álvaro Lamas, tamén da Plataforma pola Defensa dá Sanidade Pública da Guarda, defendeu o traballo dos profesionais do centro de saúde sinalando os culpables das deficiencias que padece este servizo. “A calidade deteriórase polas decisións que se toman desde a xerencia da área, a Consellería de Sanidade e a presidencia da Xunta”, que son as instancias que deciden que parte dos orzamentos se invisten en Atención Primaria. Non hai falta de implicación dos profesionais do Centro de Saúde, onde tan só 4 médicos dos 8 que había, e unha pedíatra, das dúas con que contaba, “teñen que asumir listas de ao redor de 1.300 persoas, ademais das urxencias, engadindo a esta carga a atención urxente de todas as persoas que carecen, nestes momentos, dun médico de familia”, obrigando a demorar as citas médicas até en 20 días.
Recortes, o minado das bases do sistema público de saúde, políticas discriminatorias con consecuencias para as capas sociais máis desfavorecidas, son algunhas das causas que motivan a deficiente atención sanitaria para os pacientes, pero cuxas consecuencias afectan tamén ás persoas que traballan no centro de saúde que vén a súa saúde física e mental mermada para tratar de manter unha atención o máis digna posibles “nunhas condicións indignas”.

Álvaro Lamas sinalou que “non é casualidade que a Xunta, mediante insidias e medias verdades, trata de sementar a desconfianza entre usuarios e persoal sanitario, porque a unión destes dous segmentos na defensa dun sistema digno, universal e de calidade, é onde os xestores da súa destrución vén o maior dos obstáculos para verificar os seus plans liquidadores”. E puxo como exemplo o caso de Verín, onde a unión de persoal e pacientes, obrigou á Xunta a manter aberto o paritorio da localidade.
Serafín Fernández Portela anunciou que a Plataforma iniciará un proceso de recollida de sinaturas e, se non hai unha resposta favorable por parte da Consellería de Sanidade, “seguiremos con mobilizacións para seguir esixindo o que nos corresponde”.
 

Regreso al contenido