A Guarda - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda

COMARCA
A Guarda emitiu máis de 200 comunicacións á poboación sobre a Covid-19 e o estado de alarma
A Guarda, 30 de decembro de 2020. O Concello da Guarda, dentro das xestións realizadas por mor da pandemia provocada pola Covid-19, estableceu un protocolo para manter informada á poboación polas canles oficiais, web municipal, taboleiro de anuncios, medios de comunicación e redes sociais oficiais.
A Comisión Municipal de Seguimento da Covid-19 na Guarda, formada polo grupo de goberno municipal, representantes da Policía Local e GES, así coma de Servizos Sociais, reuniuse en 7 ocasións para avaliar as diferentes medidas a adoptar en función da evolución da pandemia en cada momento.
En total emitíronse 80 notas de prensa con informacións de interese sobre a Covid-19, realizándose ademais diferentes infografías, cartelería e material complementario para a poboación.
Creouse un apartado específico na web municipal, onde se atopa toda a información de xeito unificado referente á pandemia da covid-19: https://www.aguarda.es/covid-19/ .
Establecéronse medidas de protección e seguridade nos espazos públicos municipais, así coma o peche de servizos municipais en momentos puntuais, incrementando a limpeza e desinfección dos mesmos.
Dende servizos sociais incrementouse a asistencia a persoas en situación de vulnerabilidade, aumentando tamén o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar e, en coordinación con Policía Local e GES, repartíronse alimentos e medicinas entre as persoas afectadas pola Covid-19.
    
Continúa a programación de Nadal na Guarda
A Guarda, 29 de decembro de 2020. No mes de xaneiro, o sábado día 2, o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas.
  

A Guarda emitiu máis de 200 comunicacións á poboación sobre a Covid-19 e o estado de alarma
A Guarda, 29 de decembro de 2020. O Concello da Guarda, dentro das xestións realizadas por mor da pandemia provocada pola Covid-19, estableceu un protocolo para manter informada á poboación polas canles oficiais, web municipal, taboleiro de anuncios, medios de comunicación e redes sociais oficiais.
A Comisión Municipal de Seguimento da Covid-19 na Guarda, formada polo grupo de goberno municipal, representantes da Policía Local e GES, así coma de Servizos Sociais, reuniuse en 7 ocasións para avaliar as diferentes medidas a adoptar en función da evolución da pandemia en cada momento.
En total emitíronse 80 notas de prensa con informacións de interese sobre a Covid-19, realizándose ademais diferentes infografías, cartelería e material complementario para a poboación.
Creouse un apartado específico na web municipal, onde se atopa toda a información de xeito unificado referente á pandemia da covid-19: https://www.aguarda.es/covid-19/ .
Establecéronse medidas de protección e seguridade nos espazos públicos municipais, así coma o peche de servizos municipais en momentos puntuais, incrementando a limpeza e desinfección dos mesmos.
Dende servizos sociais incrementouse a asistencia a persoas en situación de vulnerabilidade, aumentando tamén o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar e, en coordinación con Policía Local e GES, repartíronse alimentos e medicinas entre as persoas afectadas pola Covid-19.
     
Continúa a programación de nadal na Guarda
A Guarda, 29 de decembro de 2020. No mes de xaneiro, o sábado día 2, o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas.
Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda
         MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h
         VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS  
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/  unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.
PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:
XANEIRO
SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)
SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas
MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.
MÁIS ACTIVIDADES
         MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h
         VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS  
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/  unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.
  

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos estará na Guarda en febreiro e marzo
A Unidade Móbil de inspección técnica de turismos desprazarase ao concello da Guarda do 23 de febreiro ao  9 de marzo, situándose na Estación de Servicio San Roque entre as 9:00 e as 13:30 horas, e de 15:15 a 18:00 horas, agás o 09 de marzo, que será só en horario de mañá.
Respecto á inspección técnica de vehículos agrícolas a mesma realizarase o 8 de febreiro de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
Poderase solicitar cita previa chamando ao número 902 30 90 00 ou acudindo a páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
  

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acada a confianza da corporación municipal e consigue a aprobación dos orzamentos para o 2021
A Guarda, 23 de decembro de 2020. No día de hoxe, 23 de decembro, celebrouse no concello da Guarda o pleno no que se debatía a cuestión de confianza do alcalde vinculada a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2021. Antonio Lomba acadou a confianza ao contar co voto favorable do grupo Converxencia Galega e a abstención do BNG, o PP votou en contra como xa fixera no pleno de orzamentos.
O alcalde durante a súa intervención pediu a confianza da corporación apelando a vontade do pobo da Guarda expresada nas eleccións municipais que deu o apoio maioritario ás forzas de esquerdas.
Coa confianza outorgada, Antonio Lomba, consigue levar adiante un proxecto de orzamentos que supón un avance para a localidade ao contar con máis de 1.150.000 € respecto do orzamento prorrogado co que se viña traballando. Como xa informara con anterioridade, este orzamento é totalmente imprescindible para atender as necesidades da veciñanza.
Durante a súa exposición, Antonio Lomba, expuxo as posibilidades de negociación do orzamento que os grupos da corporación non aproveitaron, argumentando que puideron poñer encima da mesa investimentos vinculados ao plan concellos da Deputación de Pontevedra, dada a escasa posibilidade de manobra do orzamento municipal, que tan só reserva 100.000 € para investimentos.
O alcalde da Guarda amosa a súa satisfacción por ter acadado a confianza do plenario xa que os intereses da cidadanía deben estar por riba de intereses partidistas e por riba de nimiedades que non conducen a ningún sitio. A mellora do benestar da cidadanía o é o proxecto e a idea en torno a cal xira a acción política do alcalde e do equipo de goberno. Segundo as súas propias palabras: “foi un exercicio de responsabilidade poñer a disposición da corporación o cargo de alcalde e o do equipo de goberno, antepoñendo os intereses da cidadanía por riba de todo.”
    
Roberto Carrero: “el BNG de A Guarda y Anxo Lois siguen bloqueando el cambio de gobierno en A Guarda”
A Guarda, 23 de decembro de 2020. El PP de A Guarda reiteró su voto en contra en el pleno sobre la cuestión de confianza para el presupuesto municipal del año 2021 celebrado el 23/12/2020.
Según los populares, continúan vigentes todas y cada una de las razones del voto en contra el pasado viernes día 18 en el pleno Extraordinario en el que se traían el presupuesto para el Concello de A Guarda correspondiente al año 2021.
Nada ha cambiado en estos cinco días y seguimos sin tener motivo alguno para otorgar la confianza en la gestión del grupo de gobierno en apoyo de presupuestos para el año 2021 ni para posibilitar su aprobación al no llegar acuerdo en las propuestas realizadas por nuestro partido: rebaja salario del Alcalde, aumento monetario partidas AMPAS, duplicidad asignaciones asociaciones y entidades con carácter asistencial y sin ánimo de lucro, etc.”, manifiesta Roberto Carrero.
Según el portavoz popular, “no deja de sorprendernos, y siempre desde el más absoluto respeto, la postura del BNG. Si el pasado viernes votaron en contra, hoy otorgan la confianza al grupo de gobierno con su abstención imposibilitando una moción de censura contra Antonio Lomba. Ello resulta totalmente incoherente máxime con lo expresado por ellos mismos donde afirman que Antonio Lomba y su gobierno no tienen proyecto para el municipio y que estos presupuestos son el documento económico en el que se sustenta el proyecto de un gobierno agotado”.
El PP de A Guarda no deja de asombrarse que los nacionalistas sigan bloqueando un posible cambio de gobierno manifestando que es imposible un acuerdo de gobernabilidad entre los populares y nacionalistas para el bien del pueblo y argumentando que, según Anxo Lois: “forzas políticas sin coincidencias mínimas e que una moción de censura nunca vai a levarse a cabo como sabe toda A Guarda”
Para Roberto Carrero: “Es increíble que, antepongan sus intereses partidistas a los guardeses. En el Concello de A Guarda no vamos a dirimir la independencia o autodeterminación de Galicia, suprimir paulatinamente los conciertos en la enseñanza, crear una banca pública galega, etc… Y muchos otros principios delBNG. Sin embargo, sí podemos realizar juntos o pactar un proyecto global de pueblo. ¿O acaso no sería un acuerdo mínimo, cómo ellos mismos expresan en sus declaraciones a los medios: la remodelación de la plaza de abastos, la apertura de la calle Inguieros, polígono empresarial, carretera de circunvalación, ordenza del GES, etc.? Y este ofrecimiento por nuestra banda es claro y rotundo puesto que Antonio Lomba y su grupo de gobierno no tienen capacidad para llevar adelante proyecto alguno; y los que llevan, como ha sido el tema de Concepción Arenal, producen un descalabro social y político fracturando la sociedad guardesa. Nuestra mano, por consiguiente, siempre estará tendida, pero ya presuponer cosas sin ningún diálogo resulta, al menos, desconcertante.
Nosotros no somos rehenes de nuestro partido en defensa de la voluntad del pueblo de A Guarda y la ciudadanía guardesa votó cambio en las elecciones municipales del año 2019. ¿O es qué no puede el BNG de A Guarda pactar con nosotros una alternativa, incluso una alternancia de gobierno en A Guarda ya sea mediante apoyo o abstención? El Partido Popular de Catoira, por ejemplo, invistió con sus votos a un alcalde nacionalista; el PP de Mondariz  también posibilitó la investidura de un alcalde del BNG, etc., y todo ello por un cambio efectivo de gobierno que es relejo de las urnas y la voluntad de los votantes.
Si los partidos políticos no dejan libertad a sus militantes para decidir cuáles son las prioridades de sus ciudadanos no puede haber democracia. ¿O es primero están las ideas y después las personas o la voluntad de los votantes?”
Finalmente, el PP de A Guarda apela a la responsabilidad de cada cual señalando: “nosotros no vamos a ser continuadores del trabajo de destrucción en que está nuestro pueblo por el Sr. Alcalde y su equipo dada su falta de capacidad. Que sean otros quienes sigan manteniendo por acción u omisión este descalabro de gobierno sin proyecto ni futuro”
   
O BNG cualifica de trapallada do PP ofrecerlle a Alcaldía
A Guarda, 23 de decembro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego considera unha trapallada a proposta que brindou esta mañá o portavoz do PP, Roberto Carrero, ofrecendo a Alcaldía ao BNG, que vén confirmar as manobras contranatura que o PP aplica na política para intentar ter relevancia e xustificar a falta de iniciativa no concello da Guarda.
A desesperación do PP chega a límites inimaxinábeis. Só así se pode entender que hai un ano esixía ao alcalde da Guarda a retirada das competencias de goberno ao BNG e agora propoña unha Alcaldía do BNG.”
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, respostaba así sobre o tema ao ser preguntado pola veciñanza: "A cuestión non é ser alcalde, senón ter un modelo de concello para A Guarda, claro e definido. Queremos un goberno forte, decidido e transformador, como o que tratamos de poñer en marcha   no tempo que estivemos no goberno municipal, góstelle ou non ao PP ou ao PSOE'.
O BNG non apoiou os orzamentos do PSOE porque van ser ineficientes e non recollen acordos plenarios para solucionar  problemas concretos da veciñanza da Guarda; mais censura tamén que nos aspectos de calado e que definen un modelo de pobo, o PP estivo pegadiño ao PSOE e foi do seu brazo en temas como mobilidade  e recuperación do espazo público para as persoas ou nas estratexias para diminuir a emisión de gases á atmosfera, aspectos que son fundamentais para difinir un modelo de pobo atractivo e dinamíco que impulse a economía local e lle dea calidade de vida aos seus veciños.  
Anxo Baz, afirmou que 'non é momento de “inventos”, é momento de atender ao pobo da Guarda que está a pasar por momentos moi duros, polo que toca traballar para saír desta situación con iniciativas que noutras vilas o BNG puxo en marcha con éxito'.
      
O Ferry-Boat suspende as súas travesías entre A Guarda e Caminha do 24 de decembro ao 5 de xaneiro
A Guarda, 23 de decembro de 2020. Debido a situación epidemiolóxica motivada pola pandemia da Covid-19 o servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha quedará suspendido dende o xoves 24 de decembro de 2020 e o martes 5 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.
Esta decisión está motivada polo estado de emerxencia declarado en Portugal e polo estado de Caminha en risco moi elevado de contaxios; polo estado de alarma en España, estando Galicia con certas dificultades de mobilidade; polas restricións perimetrais establecidas pola Xunta de Galicia; polas datas de Nadal e Aninovo e as recomendacións de evitar desprazamentos e xuntanzas e polas prohibicións de circulación entre concellos decretada por Portugal do 31 de decembro ao 4 de xaneiro.
Terminado este período de suspensión do servizo, revisarase a situación da evolución da pandemia da Covid-19 en Portugal e en Galicia para concretar a posta en marcha do servizo novamente.
A derradeira viaxe de ATSA

A Guarda, 22 de decembro de 2020. Paulino Cerqueira, minutos antes de saír cara a Vigo na última viaxe da concesión da empresa ATSA, o día 22 de decembro ás 7 da tarde. A partir de mañá, esta empresa continúa como servicio discrecional, fancendo colexios, vodas, excursións, etc, etc. A maior parte dos conductores pasan á nova empresa concesionaria, algúns seguirán como condutores de ATSA.
   
A Guarda avanza na recuperación do Patrimonio Histórico con “Cada palabra conta”
A Guarda, 22 de decembro de 2020. O Concello da Guarda ven de instalar no antigo salón de plenos e as antigas dependencias de alcaldía o mobiliario específico para albergar o novo Arquivo Municipal, que se atopa arestora repartido en dous edificios, o Centro Cultural de A Guarda e a antiga Casa Consistorial, o que permitirá unificar nun so espazo todos o documentos que o concello ten arquivados, mellorando e optimizando á súa vez o servizo de consulta, tanto para o persoal municipal coma para o público xeral que precise consultar datos do arquivo.
A idea de dotar ao concello da Guarda dunha insfraetructura onde albergar o arquivo  municipal non resulta novidosa, nace do historiador guardés Joaquín Miguel Villa Alvarez, doutor en Historia Contemporánea. A súa motivación inicial xunto coa do persoal do propio concello vai dar resposta á demanda cidadá de contar cun  espazo onde albergar  o patrimonio  histórico da  Guarda.
Nestes dous últimos anos, dende o concello de A Guarda e xunto coa estreita colaboración da Deputación de Pontevedra, recopilamos diferente material e en especial, dixitalizáronse libros e fotografías antigas de diferentes fondos privados que foron e son cedidas ao concello para a súa salvagarda. Non solo nos encargamos de custodialas nos nosos fondos, senón que son vertidas na plataforma ATOM da Deputación de Pontevedra para uso e desfrute da curiosidade da cidadanía.
O Arquivo Histórico Municipal debe desenvolverse como unha institución pública en beneficio de toda a poboación, ademais de que esta seguiría sendo a principal depositaria de documentación. Sen embargo, este arquivo terá una actitude proactiva ao estar aberto a recibir documentación de natureza privada ou semiprivada (arquivos familiares, de asociacións, colectivos, etc.). En calquera caso, este estara adscrito á rede do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, seguindo as súas pautas e empregando a normativa estándar na plataforma ATOM.
Estes novos módulos, cun orzamento total de 39.159,61€, foron instalados con cargo a unha subvención para o Equipamento e mellora das instalacións locais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
A nova ubicación do arquivo conta con armarios equipados con estantes e bastidores para poder soportar as carpetas, reforzados para garantir una carga por estante de 100 Kg/m uniformemente repartidos, dispoñen de tope posterior e regulables en altura, con accesorios varios como suxeita libros, carpetas colgantes, etc.
Os armarios dispoñen de sistema de bloqueo xeral e elemento para evitar o acceso pola parte frontal, todos os paneis de peche e acabado teñen chapa de aceiro.
    
O día 23 de decembro comeza a prestar servizo a nova empresa de transporte público, entre A Guarda e Vigo
A Guarda, 22 de decembro de 2020. A empresa Lugove foi a adxudicataria do novo contrato de transportes licitado pola Xunta de Galicia para o Baixo Miño dentro do PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA.
Hai que destacar que neste novo contrato hai algúns cambios importantes como unha mellor comunicación co CUVI e os hospitais  ou unha liña circular entre O A Guarda e O Rosal. Ademais destas melloras haberá unha redución das tarifas para aquelas persoas que utilicen a tarxeta prepago de transporte e para a xente moza.
Nos itinerarios publicados pola Xunta hai un erro referido a A Guarda que se corrixirá nos próximos días. A parada A Guarda (Concepción Arenal, 87) non existe, e hai que substituíla por Rosalía de Castro s/n (Centro Cultural).
Toda a información dispoñible sobre novo plan de transporte, incluídos itinerarios, paradas e horarios pode consultarse na páxina web bus.gal. Ademais a empresa dispón dunha páxina web na que publicará os horarios lugove.gal.
A información sobre itinerarios pode consultarse aquí.
    
Posición do BNG da Guarda sobre os orzamentos do Concello para o 2021
A Guarda, 21 de decembro de 2020. O debate creado nos últimos días  polo Alcalde e polo  grupo de goberno do PSOE da Guarda sobre a aprobación dos orzamentos,  non pasan de ser unha mera cortina de fume para tapar o descrédito deste goberno e da súa falta de atención aos verdadeiros problemas que sufre A Guarda. Non debemos esquecer que  levan sen presentar orzamentos desde o 2018 o que demostra o seu desleixo e ausencia de proxecto para este pobo.
O portavoz municipal do BNG Anxo Baz, manifestou “ o PSOE nunca tivo  vontade real  de negociar nada con ningún outro grupo.  A lei facilítalles levar adiante a súa proposta de orzamento sen  cambiar absolutamente nada. De non presentar o  BNG co PP unha moción de censura, cousa que todo o pobo da Guarda sabe que non vai ocorrer, os orzamentos quedarán aprobados automaticamente ao cabo dun mes despois de presentada a moción de confianza tal e como marca a lei”.
Os orzamentos  son o  documento económico no que se sustenta un proxecto de pobo. Ao largo deste mandato as diferenzas do BNG co actual grupo de goberno foron notorias e manifestas en cuestións  centrais para poder  iniciar un proceso de  transformación paulatino  da Guarda en aspectos tan transcendentes como a mobilidade e  a recuperación do espazo público para as persoas,  as estratexias para diminuir a emisión de gases á atmosfera, a promoción e potenciación do comercio local, etc.
Os orzamentos presentados para o 2021 polo grupo de goberno non saen deste guión,  esquecendo acordos plenarios  como o proxecto de  remodelación da  praza de abastos ou reivindicacións históricas como a  apertura da rúa Inguieros.
De teren o máis mínimo interese en negocialos  con algún outro grupo, presentaríanos  acompañados dunha proposta de inversións para o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A razón é simple, as inversións reais destes orzamentos rondan os 100.000 €, o plan Concellos supera os 600.000 €. Que grupo político cun mínimo de criterio vai negociar unha partida de 100.000 € e esquecerse dos 600.000€ que veñen do Plan Concellos?
A maiores o grupo de gobernos fai  anuncios nos medios de comunicación  de  incrementos en partidas como a de emerxencia social  nun 20%, que simplemente son  falsos. No exercicio do 2020 adicouse  para este concepto 14.820€ máis dos  que aparecen nesta proposta de orzamentos.  Desaparecen tamén partidas como a de emerxencia social do Centro de Información a Muller , a pesar de que no último pleno se aprobou por unanimidade incrementala.
Por todos estes motivos o BNG votou en contra destes orzamentos no pleno celebrado o pasado 18 de decembro. A  presentación da moción de confianza por parte do Alcalde, leva a que estes orzamentos saian aprobados agora ou dentro dun mes, dado que o requisito para tiralos abaixo implicaría un acordo de gobernabilidade entre forzas políticas sin coincidencias mínimas, polo que  anunciamos  que nos absteremos no pleno do próximo 23 de decembro aínda sabendo que estes non son os orzamentos que precisa A Guarda.  Cando menos remataremos cun debate ficticio no que o Alcalde e o grupo de goberno o único que pretenden e aparecer como vítimas e  así disimular  a súa incapacidade  para  xestionar o Concello de A Guarda.
Estamos convencidos que estamos  diante dun goberno esgotado e sin ideas,  o   BNG continuará traballando  coa sociedade guardesa para levar adiante  un proxecto con capacidade para ilusionar ao pobo da Guarda  máis cedo que tarde.
 

Programación de Nadal para os próximos días
A Guarda, 21 de decembro de 2020. Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, coa chegada das vacacións de Nadal para os mais cativos, incorporaranse novas propostas, como “Os carteiros de Nadal”,  que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro.
“Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com  
    
Cambio de horarios no Museo do Mar, no MASAT, na Biblioteca e na Oficina de Turismo da Guarda
A Guarda, 21 de decembro de 2020. Coa chegada das vacacións de Nadal o Concello da Guarda informa do cambio de horarios dalgúns servizos municipais coma o Museo do Mar, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega ou a Biblioteca Pública Municipal.Deste xeito dende o 24 de decembro e ata novo aviso o Museo do Mar estará pechado.
Dende o 24 de decembro e ata novo aviso Museo Arqueolóxico de Santa Trega estará pechado.
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda estará pechada os días 24 e 31 de decembro, así coma os sábados 26 de decembro e 2 de xaneiro e a semana do 4 de xaneiro ao 9 de xaneiro, abrindo novamente o día 11 de xaneiro no seu horario habitual.
En canto á Oficina Municipal de Turismo estará pechada do xoves 24 ao domingo 27 de decembro e do 31 de decembro ao 17 de xaneiro.
 

El PP de A Guarda rechaza los presupuestos del concello para el año 2021: “Antonio Lomba y sus concejales pretenden gastar 27.018,97 euros de todos los guardeses en su publicidad y propaganda política”
A Guarda, 19 de decembro de 2020. Roberto Carrero, portavoz del PP de A Guarda, ha manifestado que el voto en contra de su formación política a los presupuestos del concello guardés para el año 2021 ha sido debido a la negación rotunda por parte de Antonio Lomba y su grupo de las propuestas que los populares realizaron.
En palabras del portavoz popular: “Las negociaciones para apoyar los presupuestos quedaron rotas al negarse el grupo de gobierno del PSOE a aceptar algunas de las propuestas formuladas por nuestro partido”
Las propuestas eran las siguientes:
1ª.- Rebaja del salario del Sr. Antonio Lomba (53.394,22 euros) en relación a los trienios que le correspondían como funcionario (rebaja de 5.394,22 euros, aproximadamente, pues es uno de los alcaldes que más cobra de la provincia)
RESPUESTA por parte del grupo de gobierno: NO ROTUNDO.
Según Carrero: “Estimábamos que, ante esta dramática situación de pandemia que estamos sufriendo, y donde muchas familias están en ERTE, sobreviviendo con ayudas, donde los que somos autónomos o tenemos pequeñas empresas hemos tenido que rebajar y ajustar precios, donde establecimientos de ocio y hostelería cierran, etc., un gesto de empatía y solidaridad con el pueblo de A Guarda sería meritorio por parte del Sr. Alcalde. Pero la negativa fue rotunda: No.
Pero no sólo fue grave la cerrazón o respuesta negativa, si no que Antonio Lomba ni siquiera dio la cara o compareció en la negociación; ni se reunió con nosotros para analizar el resto de las propuestas que teníamos para los presupuestos… Ni una simple llamada o un WhatsApp. Los únicos que asistieron y encabezaron la negociación fueron, Montse Magallanes y Miguel Español. El emperador no se relaciona con la plebe y envía a sus mandatarios a negociar una cuestión tan trascendental sin dar la cara. La política es negociación y ser alcalde consiste en algo más que detentar poder… Es solidaridad con sus vecinos o liderar el diálogo, circunstancias que se ve no existen para él. Lomba no ha dado concesión alguna y ha tumbado sus propios presupuestos”
2ª.- Duplicar las asignaciones contempladas en los presupuestos a través del Plan Estratégico de Subvenciones a las asociaciones y entidades con carácter asistencial y sin ánimo de lucro (Avelaíña, San Xerome Emiliani, etc.)
RESPUESTA por parte del grupo de gobierno: YA SE VERÁ.
Según Carrero: “creo que sobran los comentarios cuando estamos hablando de las personas más vulnerables de nuestra sociedad”
3ª.- Aumento monetario en las partidas hacia las AMPAS de los colegios públicos para suplir carencias provocadas por Covid (compra de material, suplementos de comedor, etc.): 1000 euros por cada AMPA.
RESPUESTA por parte del grupo de gobierno: YA SE VERÁ
4ª.- Regulación consensuada sobre el pago de servicios extraordinarios, gratificaciones, horas extras y complementarias y productividades tanto para el personal funcionario, como para el personal laboral y personal contratado a tiempo parcial, todas ellas realizadas por el personal del Concello.
RESPUESTA por parte del grupo de gobierno: NO ROTUNDO.
Los populares señalan como hay una serie de personas que, por decisión del grupo de gobierno, tienen de manera constante y permanente productividades monetarias y proponen que esa fórmula se utilice sólo y expresamente en caso de extrema y urgente necesidad y no con carácter de permanencia, debiendo distribuirse entre todo el personal del concello a través de horas extraordinarias, complementarias o gratificaciones. La utilización continua de las productividades resulta ilegal.
5ª.- Compromiso de arreglo de fachada del Colegio Infantil y Primaria de A Sangriña si corresponde al Concello como labor de mantenimiento o conservación. Si los daños resultan estructurales la reparación le corresponderá a la Consellería, para ello se realizará revisión a través también de informe técnico por parte de este último organismo y del que de momento no disponemos
RESPUESTA por parte del grupo de gobierno: A VER QUE CONTESTA LA CONSELLERÍA.
6ª.- Elaboración Ordenanza para cobro de los servicios prestados por el GES (Grupo de Emergencia Supramunicipal-Bomberos) con carácter inmediato antes de la elevación a pleno del presupuesto.
RESPUESTA del grupo de gobierno: NO es necesaria con las transferencias que realiza la Xunta.
Y Carrero expresa: “¿Acaso si conseguimos recaudar por los servicios prestados por este GES en otros concellos no es mejor para nuestro pueblo?”
Roberto Carrero, finalmente, dice: “Y para colmo encontramos en el presupuesto que nos presentan una partida de 27.018,97 euros para publicidad y propaganda del grupo de gobierno. Reitero: es el colmo… Eso es lo único que interesa a estos sujetos: las fotografías, el marketing político y las redes sociales. Pretenden gastarse esa importante suma de dinero en su grupo político y no en la publicidad institucional del Concello.
Aparte de estas propuestas, queríamos realizar otras de cara a minimizar los estragos que esta pandemia están produciendo en la hostelería, comercio, sector empresarial, etc. teniendo la posibilidad de no contemplar el techo de gasto municipal, pudiendo disponer de los remanentes de tesorería, e incluso endeudarnos como concello pero… como de costumbre, los señores del grupo de gobierno del PSOE de A Guarda no aprovechan esta oportunidad para revertir una situación calamitosa de nuestro villa merced a su nefasta gestión política.
Por eso que, después de exponer nuestras propuestas, y viendo la cerrazón del Sr. Lomba y sus concejales, no tenemos motivo alguno ni para apoyar el borrador de presupuestos para el año 2021, ni para posibilitar su aprobación, toda vez que, el documento presentado por PSOE no es un proyecto dialogado. Son meras hojas de previsiones de ingresos y gastos sin ningún tipo de globalidad o de proyecto de futuro y sólo pensando en los intereses propios y no los de la ciudadanía guardesa.
De ahí que la responsabilidad a la apela el Sr. Antonio Lomba, Montserrat Magallanes, Miguel Español, etc. en el tema de los presupuestos empieza por asumir su fracaso, tanto personal como de grupo, y constatar que no tienen proyecto alguno más que su propio interés.”
 

O alcalde da Guarda presenta unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos
A Guarda, 18 De Decembro De 2020. O equipo de goberno do concello da Guarda considera fundamental contar cuns novos orzamentos para o exercicio 2021. O concello estivo traballando ata o día de hoxe cos orzamentos prorrogados de 2018, pero considera que é indispensable contar con novos recursos para o 2021, o cómodo sería prorrogar o orzamento existente, o responsable é facer todo o posible para acadar un novo orzamento.
Son moitos os motivos que se poden esgrimir pero queremos destacar os seguintes: o incremento dun 40% da partida adicada a servizos sociais, isto propicia unha mellor atención aos nosos maiores e dependentes, cubrindo as necesidades dos que máis o necesitan. O orzamento tamén debe cubrir as achegas municipais das subvención e convenios asinados con outras administracións, como por exemplo no caso da nova Escola Infantil Municipal, ou para a mellora do alumeado de todo o concello, que se vai a realizar grazas a unha subvención do IDAE (fondos europeos). Queremos destacar tamén que necesitamos recursos específicos para afrontar a situación xerada pola pandemia que estamos a padecer.
Estes son, entre outros moitos, argumentos coa importancia suficiente para dispoñer dun novo orzamento. O orzamento para o 2021 contempla un incremento de 1.150.000 € que reverterán en cubrir as necesidades dos veciños e veciñas da Guarda, e polo tanto, contribuirán á mellora da calidade de vida da cidadanía.
Ante o rexeitamento dos grupos políticos do PP e BNG, mostrado co seu voto desfavorable no pleno celebrado a día de hoxe 18 de decembro, o alcalde, Antonio Lomba, decidiu someter á consideración da corporación municipal unha cuestión de confianza vinculada a aprobación do orzamento.
Durante as semanas previas ao pleno de orzamentos non foi posible chegar a acordos cos grupos, no caso do BNG nin sequera aceptaron sentarse nunha mesa a negociar. A representación do PP amosou diferencias de criterios entre o portavoz e parte do seu grupo, en ningún momento fixeron unha proposta seria que permitise achegar posturas. Nin uns nin outros dan mostras de ter proxecto para este pobo, por iso se percibe medo a sentarse a debater a fondo propostas sobre o orzamento. Segundo o alcalde, durante o transcurso do pleno os grupos non aportaron argumentos que defendesen o seu voto desfavorable, non entraron a debater o orzamento e limitáronse a descalificar ao equipo de goberno.
A cuestión de confianza, que se debatirá nun pleno o día 23 de decembro, leva implícita, no caso de prosperar, a aprobación do orzamento. No caso de non prosperar ábrese un prazo dun mes no que os grupos da oposición poderán presentar unha moción de censura. No caso de non facelo os orzamentos quedarán automaticamente aprobados. O alcalde é consciente do risco que asume, este é un exercicio de responsabilidade no que pon a disposición da corporación o seu cargo e o do equipo de goberno, antepoñendo os intereses da localidade por riba de todo.
   
Remata o período de solicitar actuacións gratuítas para afectacións na recepción da sinal de TDT
A Guarda, 18 de decembro de 2020. Debido á implantación no municipio do servizo de telefonía móbil de 4ª xeración 4G, este servizo pode producir afectacións na recepción da televisión dixital terrestre(TDT), polo que se abriu un prazo de 6 meses para solicitar actuacións gratuítas por parte dos usuarios para solventar estas incidencias na recepción do sinal TDT.
Infórmase que este prazo remata o vindeiro 31 de decembro, actuacións que se levan a cabo dende a entidade Llega800, encargada de xestionar as afectacións e problemas de recepción do sinal de TDT de xeito gratuíto a todos os cidadáns.
Calquera dúbida os usuarios poden contactar con LLEGA800, no teléfono gratuíto 900 833 999 para poder atender e resolver as incidencias.
 

Rematan as obras de mellora da Rúa Calvario na Guarda
A Guarda, 17 de decembro de 2020. O pasado mércores día 16 de decembro rematáronse as obras de mellora da Rúa Calvario entre os números 48 e 73.
O alcalde da Guarda; Antonio Lomba, a tenente de alcalde; Montserrat Magallanes, e o concelleiro de Vías e Servizos, Miguel Español, visitaron os últimos retoques destas obras xunto cos técnicos da empresa adxudicataria.
Esta actuación conta cunha parte central para a recollida de augas pluviais, substituíndo o asfaltado por un novo pavimentado de pedra en continuidade cos tramos xa mellorados en fases anteriores nesta mesma rúa, incorporando tamén parte das pedras antigas que se atoparon debaixo da vella capa de rodadura.
Executouse unha nova rede de abastecemento de auga, así coma a incorporación de bocas de incendios e a substitución da rede de augas pluviais e residuais, dispondo as novas acometidas a pozos e eliminado as acometidas que non se podía controlar ou rexistrar.
O prazo de execución destas obras prolongouse pouco máis dun mes e, tal e como manifestaron veciños, a rúa “quedou en perfectas condicións”.
Estas obras contaron cun orzamento total 121.951,87€ IVE incluído con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
 

O Alcalde da Guarda urxe ás administracións para unha actuación definitiva que evite o deterioro do litoral na desembocadura do Río Miño
A Guarda, 16 de decembro de 2020. O Alcalde da Guarda, a tenente de alcalde e o Concelleiro de Vías e Obras revisaron esta mañá a pé de praia os diferentes danos ocasionados polo último temporal que azoutou o litoral na desembocadura do Río Miño.
Na pasada noite o litoral da Praia do Muíño perdeu preto dun metro de altura de area na súa extensión por mor dos fenómenos meteorolóxicos adversos, que sumados aos ventos do sur e ás mareas vivas, ocasionaron ademais, a perda duns 30 metros da pasarela de madeira que une a zona do Puntal coa Praia do Muíño, que quedaron espallados pola praia ata a máis de 500m de distancia.
Tamén quedaron ao descuberto as tubaxes das augas pluviais, e operarios municipais procederon a retirar a pasarela de acceso directo á praia ante a falta de estabilidade da mesma.
“É evidente que a perda de area do litoral da Guarda afecta ao ecosistema dunar e milleiros de metros cúbicos das nosas praias desapareceron” indicou o edil Antonio Lomba mentres revisaba esta mañá os desperfectos na Praia do Muíño.
A situación é limite, e o Alcalde da Guarda urxe ás diferentes administracións con competencias sobre este espazo natural a tomar medidas de xeito inmediato.
Os danos se estenden ata a zona do Codesal, onde a zona xa afectada previamente pola perda de area no lugar coñecido coma “A Noria”, continúa tamén a deteriorarse, afectando ao sendeiro que transcorre pola PR-G 160 Ruta da Desembocadura do Río Miño.
Montserrat Magallanes indicou que “é o momento de actuar se non queremos perder as nosas praias e o seu importante entorno natural, un dos maiores atractivos turísticos da comarca”.
En xullo de 2018 chegou ao concello da Guarda o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), onde o concello defendeu que a mellor proposta que se axusta aos seus intereses é a alternativa 5, que propón a construción dun dique-espigón de “escollera” a baixa cota e lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña, cara ao este. Segundo o informe do CEDEX, xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha actuación que nunca se levou a cabo.
  
O concello da Guarda presenta o orzamento para o 2021
A Guarda, 16 de decembro de 2020.O equipo de goberno do concello da Guarda presentará este venres 18 de decembro os  orzamentos  do próximo exercicio para a súa aprobación inicial polo Pleno Municipal.
O pasado mes de outubro comezaron os traballos de confección dun novo orzamento para o exercicio 2021, xa que o concello estaba traballando co prorrogado do ano 2018 e se atopaba con moitos problemas e moitas limitacións á hora de solucionar determinadas necesidades da veciñanza. Dende o mes de outubro se trasladou información aos diferentes grupos municipais e houbo reunións cos grupos que así o propiciaron coa vontade de chegar a acordos.
Co novo orzamento, que supera os 7 millóns de euros, o concello vai poder afrontar subvencións de diferentes administracións que requiren aportación municipal para poder levalas a cabo. Contempla tamén a transferencia á Xunta de Galicia por 281.294€ que é a aportación municipal para a construción da nova Escola Infantil, que está nestes intres en proceso de licitación.
Estes orzamentos contemplan un importante  esforzo orzamentario  na partidas de servizos sociais que superan a cifra de 616.000€,  producíndose un importante  incremento de máis do 40% dos recursos adicados a este departamento, onde o concepto que experimenta a maior suba é o que se refire á atención das persoas dependentes. O incremento do número de horas que se prestan ao coidado das persoas maiores fan que sexa necesario dotar máis crédito para poder afrontar a execución do gasto. Tamén  hai un incremento do 20% nas partidas adicadas a emerxencia social.
Así mesmo, estes orzamentos prevén a cobertura de novas necesidades ocasionadas pola pandemia e que terán que ser afrontadas no 2021.  Entre outros destacamos os  gastos ocasionados pola necesaria desinfección de espazos públicos, mantemento e reforzo de limpeza en espazos naturais,  acondicionamento de sendas, material de protección ante a covid  e o reforzo de limpeza  para a desinfección en escolas e centros educativos do municipio.
En definitiva,  continuar traballando co orzamento de 2018 suporía non atender ás actuais demandas e paralizar o concello.  Co novo orzamento o equipo de goberno pretende  satisfacer as necesidades da veciñanza por medio da prestación dos servizos que son competencia municipal, afrontar os retos que prantexa o 2021 e respostar ás diferentes  problemáticas que orixina ter que convivir coa pandemia orixinada polo Covid.
   
Abertas as inscricións para as videochamadas cos Reis Magos na Guarda
A Guarda, 16 de decembro de 2020. Dende esta semana xa se poden realizar as inscricións para as videochamadas que terán lugar os días 3 e 4 de Xaneiro, onde os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen.
Para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h.
Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso vía SMS para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/, unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos, que farán as chamadas aos nenos e nenas da Guarda os días 3 e 4 de xaneiro.
   

Convocatoria de Pleno extraordinaio na Guarda
A Guarda, 15 de decembro de 2020. Este venres, 18 de de decembro, celébrase na concello da Guarda Sesión Extraordinaria do Pleno da Corporación con hora de comezo sinalada para as 08.30.
Dous únicos puntos figuran na Orde do Día para tratar pola Corporación; 1. Expediente 2831/2020. Rectificación do anexo de persoal no orzamento 2018, e 2. Expediente 2330/2020. Proposta de aprobación do orzamento do Concello da Guarda anualidade 2021.
 
A programación do Nadal 2020 trae esta semana á Guarda música, maxia e moito máis
A Guarda, 15 de decembro de 2020. Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda(en caso de choiva quedaría anulado). Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido e diferente pasarrúas musical con “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Esta proposta que percorrerá as rúas da vila para amenizar o paseo vespertino (se a choiva o permite) non precisa inscrición previa.
Marcos Aboal Vázquez, coñecido artísticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas do Nadal, da man de múltiples intstrumentos: divertidas  repicochas galegas ou o clásico "noite de paz" cun serrucho musical serán o preludio para un final de show apoteósico. En caso de choiva quedaría, o show quedaría aprazado a mellor data.
De cara ao fin de semana temos doble sesión para o sábdado 19, ás 12:00h nova entrega de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cantigas tradicionais e de nadal.
E pola tarde, ás 17:30h no Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia “O Cinematomago”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do Mago Paco.  O “Cinematomago” é unha personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, repasando os diferentes clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia e convertendo esas típicas escenas nun espectáculo máxico ao vivo, coa colaboración imprescindible do seu público. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
 

Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de xaneiro
A Guarda, 11 de decembro de 2020. O vindeiro xoves día 17 de decembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2021.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en xaneiro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 17 de decembro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.
As citas son para realizar o DNI o día 18 de xaneiro e recollelo o día 22 de xaneiro de 2021.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
     
O BNG anima a comprar produto galego e no comercio local para axudar á reactivación económica e social
A Guarda, 11 de decembro de 2020. O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema Mellor local, Mellor Galego e cunha dobre petición aos galegos e as galegas: consumamos produto do país e consumámolo no comercio de proximidade, axudando deste xeito a reactivación económica e social dun sector que xera moitos empregos e cun efecto dinamizador da nosa vila.
O portavoz Municipal Anxo Baz explicou “Todos somos conscientes do efecto tremendo  que provoca ver unha rúa coas  persianas baixadas  e os  locais baleiros e, tamén sabemos, o positivo  que resulta tanto no económico como no social  un comercio local vivo e dinámico”.
O BNG  anima a comprar produto feito aquí e vendido no comercio local todo o ano, pero especialmente nestas datas e nestes tempos de pandemia. Anxo Baz manifestou “con esta campaña queremos facer un chamamento a consumir produto galego e facelo no comercio local, apostar polo noso” para acabar concluindo “O comercio local significa: calidade, trato personalizado, produto coidado e diferenciado”.
Pola súa parte Bea Lomba, concelleira e Responsábel local do BNG, anunciou os eixos da campaña do BNG: “ademais dunha tirada de carteis para repartir no comercio, editamos  un video para promocionar nas redes sociais feito por Guardeses e Guardesas que producen aquí ou consumen habitualmente no mercado local”.
A nacionalista tamén aclarou “ademais desta campaña de sensibilización, o Bloque presentará  unha moción no próximo pleno na que propoñemos  un paquete de medidas concretas que teñan en conta a crise xerada pola pandemia na hostalaría e tamén os retos aos que ten que enfrontarse o pequeño e mediano comercio ante novos habitos como a compra online, en auxe”.
Enlace ao vídeo: https://fb.watch/2in_IWgovZ/
  

Antonio Lomba trasládalle á Delegada da Xunta os 6 proxectos vertebradores para o pobo e para os que pide a máxima colaboración
A Guarda, 10 de decembro de 2020. Na xornada deste xoves día 10 de decembro de 2020, María Luisa Piñeiro realizou a súa primeira visita institucional á vila da Guarda coma Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra.
Neste primeiro encontro de traballo co alcalde Antonio Lomba, aproveitou a ocasión para deixar a súa firma no libro de Ouro do Concello e para manter unha conversa sobre os seis principais proxectos nos que a Xunta de Galicia debe de prestar a súa “máxima colaboración”, tal e como manifestou o edil socialista.
Estes proxectos teñen que ver coa mellora dos accesos e da mobilidade da vila, o incremento da seguridade viaria, a mellora das instalacións deportivas, a mellora dos servizos sociais municipais e a disposición de chan industrial para establecer empresas no municipio.
Neste senso os principais proxectos son o remate da VAP Tui-A Guarda, a construción do Acceso Sur ao Porto da Guarda, a Senda mixta arredor do Monte Santa Trega, a reforma do Pavillón Municipal de Deportes, o remate da 3º pranta da casa consistorial( para o seu uso por parte de Servizos Sociais e o desenvolvemento dun parque empresarial.
No caso da VAP Tui-A Guarda, Antonio Lomba recordou que para A Guarda é un lastre a falta de boas comunicacións por estrada, algo que imposibilita fixar empresas e poboación no municipio, unha vella demanda dos veciños e veciñas da vila.
En canto ao Acceso Sur, o alcalde trasladoulle á Delegada que xa existe un proxecto, redactado pola Deputación de Pontevedra, pero que é necesario a implicación de todas as institucións para que o Porto da Guarda teña un acceso en condicións, que permita e facilite o traballo das xentes do mar.
Outros dos proxectos plantexados foi a Senda Mixta arredor do Monte Santa Trega, unha demanda que preocupa moito ao alcalde, por tratarse dun tema de seguridade viaria e que está a por en risco a moitos veciños que transitan por unha vía sen beirarrúas e moi estreita, cunha alta circulación de vehículos de todo tipo na tempada estival.
En canto á reforma do Pavillón Municipal de Deportes, Antonio Lomba recordoulle a María Luisa Piñeiro que A Guarda conta cun equipo de balonmán feminino na División de Honra, o Balonmán Atlético Guardés, que xoga en competicións europeas e que precisa dende fai tempo dunhas instalacións axeitadas ao seu nivel de competición.
O remate da terceira pranta do edificio consistorial foi outro dos temas plantexados, posto que o seu uso estaría destinado aos Servicios Sociais Municipais, que arestora atenden na sede do antigo concello. Trátase dunha pranta que está aínda sen rematar e que precisa unhas obras de adecuación para poder establecer alí os Servicios Sociais do concello.
Xa para rematar, e non por elo menos importante, o rexidor local falou coa delegada sobre o Chan industrial no municipio, unha necesidade urxente para que empresas de toda índole se poidan implantar na vila. Tal e como manifestou Lomba existe unha alta demanda de chan empresarial, algo que favorecería a economía da vila e axudaría a fixar poboación.
María Luisa Piñeiro amosou o seu interese nos temas plantexados polo Alcalde, moitos deles xa avanzados ou encamiñados con proxectos redactados, pero para os que é preciso un apoio por parte da Xunta de Galicia e outros entes autonómicos e provinciais para a súa financiación e execución.
Rematou este primeiro encontro cun agasallo por parte do Alcalde da vila á Delegada Territorial.
    
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 18 e sábado 19 de decembro
A Guarda, 10 de decembro de 2020. A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 18 de decembro e sábado día 19 de decembro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 18 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 19 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.
·         Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
·         Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
·         Informe ao médico se está a tomar algún medicamento
 

El centro As Solanas Gutierrez Campos de A Guarda consigue el primer premio del concurso Pilabot con la recogida de más de 4.000 kilos de pilas
A Guarda, 9 de decembro de 2020. La Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda acaba de resolver la segunda edición del concurso de recogida de pilas Pilabot, un certamen en el que participaron 150 centros de educación primaria y secundaria de toda Galicia y que se saldó con la recogida de cerca de 59 toneladas de pilas, acumuladores y baterías usadas, un 34% más en la primera edición.
Los centros ganadores del certamen, que se enmarca en una campaña de sensibilización para fomentar la recogida selectiva de este tipo de residuos entre los escolares gallegos, son el CEIP As Solanas Gutierrez Campos (A Guarda) y el CRA Amencer (Ribadavia). Estos dos colegios consiguieron las mejores cifras de recuperación en las dos categorías en las que se dividía el concurso: kilos de pilas, baterías y acumuladores recopilados en los contenedor de los propios centros; y cifras de recogida por alumno.
Concretamente, el Centro de Educación Infantil y Primaria As Solanas Gutierrez Campos se llevó el primer puesto en términos absolutos, ya que recogió un total de 4.065 kilos de pilas y baterías en sus instalaciones; seguido del CEIP da Cruz (Nigrán, que consiguió el segundo gracias a recogida de 2.926 Kg.
En la segunda categoría del concurso el Centro Rural Agrupado Amencer de Ribadavia consiguió el primer premio de la categoría kilos de pilas por alumno con un ratio de recogida de casi 87 Kg por alumno; por lo que este centro educativo vuelve a erigirse por segundo año consecutivo con este galardón e incluso mejora la ratio al superar los 65 kilos por estudiante en la anterior edición. El segundo centro premiado en esta categoría fue el CEIP de Caión (A Laracha) con 46,41 Kg por alumno.
Los cuatro centros recibirán un premio económico que deberán destinar a la compra de material escolar o deportivo. Concretamente, los primeros premios de ambas categorías están dotados con 2.500 euros cada uno, mientras que los centros que quedaron en segunda posición llevarán como recompensa 1.250 euros.
Campaña ‘Pilabot'
Hace falta recordar que la campaña Pilabot fue puesta en marcha por la Consellería de Medio Ambiente en colaboración con los gestores de este tipo de residuos autorizados en Galicia (Ecopilas, ERP y Ecolec), con el objetivo de fomentar el reciclaje de pilas entre los escolares gallegos y sus familias.
Hace falta recordar que este tipo de residuos tienen una alta carga contaminante. A modo de ejemplo, una sola pila de botón, como la que se emplea en un reloj, puede contaminar hasta 600.000 litros de agua, lo que equivale al consumo de 30 personas durante toda su vida por lo que resulta primordial que este tipo de residuo se deposite en el colector correspondiente para darle el tratamiento idóneo.
Además, las pilas se encuentran en múltiples dispositivos, como juguetes, cámaras, linternas, relojes... por lo que desde la Consellería de Medio Ambiente se considera fundamental fomentar su correcta separación no solo en los hogares, sino también en los trabajos, centros de ocio y colegios, uno de los mejores lugares para trasladar a las futuras generaciones a importancia de separar bien y depositar estos residuos en contenedores específicos.
 
Milu se proclama subcampeona de España en el XXIV-XVII Cto. de España Máster de Marcha (10 km)
A Guarda, 9 de diciembre de 2020. Este domingo se celebró en jornada matinal, en el circuito situado en la avenida Juan Carlos I de Getafe, - sector III. (circuito homologado por la R.F.G.A).
A las 9:57h de la mañana, dio comienzo la prueba de Milu, después del pistoletazo de salida con una mañana muy fría con menos de 5º y con mucho viento, donde las condiciones adversas climatológicas obligaron a hacer una prueba durísima e interminable, la cual nuestra marchadora guerrera, luchadora, se le pasó en varias ocasiones por la cabeza el abandono, aún así supo reponerse a su dureza manteniendo con firmeza y valentía el desafío de esos 10km que tuvo que recorrer, entrando en meta en 2ª posición, haciéndose con la medalla de PLATA y con el SUBCAMPEONATO de la categoría Máster – 45 femenino, con un registro de 1hora 41’'(no pudiendo mejorar marca personal).
Muchas felicidades MILU!!! A seguir así, que llegue pronto el ORO.
    
Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en xaneiro
A Guarda, 9 de decembro de 2020. A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES
desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
·         do 19/01/2021 ao 19/01/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días
Para solicitar cita previa:
·         Por teléfono: 902 30 90 00
·         A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
  

A música de Helen & Shanna e a charla de Fernando Rego completaron a programación da pasada fin de semana na Guarda
A Guarda, 7 de decemb ro de 2020. O pasado sábado día 5 de decembro, a Casa dos Alonso acolleu os dous primeiros eventos culturais da Axenda de Nadal 2020 do Concello da Guarda.
A través da Concellería de Cultura, retomouse o proxecto “Música nos Xardíns”, paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.
Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada ano diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.
Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, e dun segundo concerto que se celebrou o venres 21 de agosto co grupo Ded Routines, o pasado sábado foi a quenda do grupo local Helen & Shanna, que realizou a súa actuación na Casa dos Alonso. Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
A actividade arrancou charla a cargo de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018” no Salón de Plenos do Concello, onde os asistentes puideron comprobar como foi a historia da música en Galicia, facendo un repaso polos diferentes grupos que marcaron musicalmente a nosa comunidade en cada década.
 

Nadal en Camposancos
A Guarda, 6 de decembro de 2020. A alcaldesa da Entidade Local Menor de Camposancos xunto  cos veciños e veciñas de Camposancos, convidan a todas as persoas interesadas a desfrutar dun roteiro e  un Nadal  espallado polas rúas de Camposancos.
Queremos celebrar un Nadal diferente, sostible e ecolóxico, sen plásticos nin brillos, centrado nas crianzas.
A veciñanza traballou arreo para construír unha mini-aldea con material de refugallo, restos de poda, cabacos e anacos de madeira, para que a rapazada de toda a comarca percorra os camiños de Camposancos cunha sinalización de camiños para coñecer o percorrido, guiando os pequerrechos aos seus pais e nais, cara un Nadal máis cálido e familiar.
Prevese que o apalpador baixe do Monte Trega as tardes do 24 e 31 de decembro, mais este ano non vai apalpar nas barriguiñas da cativada por mor do COVID.
Desfrutemos dunhas festas diferentes!!  Sexamos felices!! Porque o máis importante do Nadal está camiñando ao teu carón.
Tamén se ten previsto o acendido do alumeado e a presentación da ornamentación da Praza de San Amaro o día 8 de decembro ás 17:00 horas .
Anímate e participa desta ocasión tan singular!!!
  

A Guarda participa na Campaña “Baixo o mesmo paraugas” no Día Internacional das Persoas con Discapacidade
A Guarda, 03 de decembro de 2020. Hoxe xoves día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.  En 2020, o  lema é "Un día para todos", e quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para iso.
"Baixo o mesmo paraugas", é unha iniciativa que une a máis de 80 entidades sociais de toda Galicia para celebrar conxuntamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e reivindicar os seus dereitos. Este ano dentro da campaña “Baixo o mesmo paraugas” faise un chamamento para que todas as persoas que queiran únanse o 3 de decembro e fáganse unha foto na súa casa cunha mensaxe positiva para as persoas con discapacidade, incluíndo o hashtag # BaixoOMesmoParaugas e etiquetando @galiciadiversa.
Na Guarda Avelaíña e San Xerome, en colaboración co concello e Codelauto, colocaron nos balcóns do consistorio uns paraguas e unha pancarta conmemorativa deste día, símbolo da nosa iniciativa en Galicia.
 

A Guarda máis preto da apertura da rúa Baixo Muro
A Guarda, 2 de novembro de 2020. No pleno celebrado o pasado venres 27 de novembro a corporación municipal deu luz verde a aprobación provisional da modificación puntual nº 5 do plan xeral de ordenación urbana, un trámite necesario para a futura apertura da conexión entre a rúa Baixo Muro e rúa Ireira.
Despois de superar a aprobación inicial e a aprobación provisional, a modificación puntual pasa a mans da Xunta de Galicia que será a encargada de darlle a aprobación definitiva para ser incluída no rexistro de planeamento.
Na actualidade o concello está redactando tamén o proxecto histórico arqueolóxico esixido por patrimonio da Xunta como documento previo ao proxecto de urbanización.
A partir do momento en que a modificación puntual teña a aprobación definitiva o concello redactará o proxecto de urbanización para definir e valorar as obras que hai que acometer para proceder definitivamente a apertura do Baixo Muro.
Esta conexión permitirá dar accesibilidade á rúa Baixo Muro á que na actualidade só se pode acceder salvando escaleiras. Por outra banda permitirá un acceso fácil e directo á muralla medieval da Guarda, un dos elementos patrimoniais máis importantes da vila. Ademais disto esta conexión permitirá un acceso directo dende unha ampla zona do casco vello (rúa Hernán Cortés, rúa Oliva, …) á zona comercial, mellorando de forma considerable a comunicación dentro do casco urbano.
    
A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado
A Guarda, 2 de decembro de 2020. Esta acción nace coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias dependente do Concello da Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.
Durante a situación vivida durante o confinamento da poboación provocado pola crise sanitaria da COVID 19, o Concello da Guarda tratou de dar resposta a diversas circunstancias que se puxeron de manifesto, como a vulnerabilidade de moitos sectores da poboación con apoios sociais máis reducidos ou limitados, desenvolvendo un programa de apoio telefónico a persoas maiores que  viven soas. Esta pequena acción visibilizou a necesidade de procurar unha rede de apoio constante e comunitaria que se podería realizar dende o voluntariado.
A persoa voluntaria debe ter en conta que poderá participar en moitas e diversas actuacións como: acompañamento a persoas (maiores e/ou menores) accións medioambientais, eventos puntuais e tamén voluntariado en entidades ou asociacións municipais.
As persoas interesadas poden solicitar información na OMIX do Concello da Guarda a través das redes sociais ou do mail informacion@aguarda.es
 
O acendido do alumeado marca o arranque da programación do Nadal 2020 na Guarda
A Guarda, 2 de decembro de 2020. O mércores 2 de decembro a Casa dos Alonso acolleu o acto de Presentación da Campaña de Nadal 2020, contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local e de Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, Festas e festexos populares.
O programa de actividades arranca xa este venres día 4 de decembro ás 18:15h co Acendido do Alumeado e animación polas rúa da vila con “A Luz do Camiño”.
A luz e a cor branca son os protagonistas do pasarrúas, onde ó ritmo da percusión, as fadas luminosas e unha gran bicicleta xigante, transportarán aos nenos a un mundo de fantasía. Dende o Concello se pide á poboación evitar a aglomeración de persoas durante este pasarrúas, mantendo sempre a distancia de seguridade interpersoal.
A programación continúa na xornada do sábado día 5 de decembro ás 11:30h coa charla de Fernando Rego no Salón de Plenos e posterior concerto na Praza do calvario do grupo Helen & Shanna. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O venres 11 de decembro a programación de Nadal prosegue coa representación teatral de “Running polo Camiño”, que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O sábado 12 de decembro ás 12:00h chega o momento dá música con “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.
Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal con “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón, para todos os públicos.
Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas
O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.
Tamén o 19 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia “O Cinematólogo”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas(22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).
O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h)
O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidaspara que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas.
Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda
         MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.
         ALFOMBRA FLORAL DE NADAL
No hall da Casa dos Alonso, realizada en colaboración coa A.C  Alfombras da Guarda, sepode visitar en horario de 9:00h a 15:00h de luns a venres.
         AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda
         VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS  
3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL
DECEMBRO
VENRES 4 DECEMBRO
Acendido do Alumeado e animación de rúa “A Luz do Camiño”
Polas rúa da vila a partir das 18:15 horas
SÁBADO 5 DECEMBRO
Charla Fernando Rego + Concerto Helen&Shanna
Na Praza do Reló ás 11:30 horas (inscrición previa)
VENRES 11 DECEMBRO
Teatro “Running polo Camiño”
No Centro Cultural ás 20:30 horas (inscrición previa)
SÁBADO 12 DECEMBRO
Cantos de Nadal
Na Praza de Avelino Vicente ás 12:00 horas
XOVES 17 DECEMBRO
Concerto do Coro Infantil conservatorio
Na Praza do Reló ás 17:00 horas (inscrición previa)
VENRES 18 DECEMBRO
“O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón
Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas
SÁBADO 19 DECEMBRO
Cantos de Nadal
Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas
Espectáculo de maxia “O Cinematólogo”
Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)
MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO
“Os carteiros do Nadal”
22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas
24 en horario: 10:30 a 13:30 horas
SÁBADO 26 DE DECEMBRO
Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas
No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)
XANEIRO
SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)
SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas
MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.
MÁIS ACTIVIDADES
         MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021
         ALFOMBRA FLORAL DE NADAL
Na Casa dos Alonso, colabora A.C  Alfombras da Guarda
         AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda (inscrición previa)
         VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS  
3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro (inscrición previa)
   

Asociacións da Guarda reciben formación sobre liderazgo
A Guarda, 1 de decembro de 2020. O pasado sábado día 28 de novembro o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu unha xornada de formación adicada especialmente aos colectivos e asociacións existentes no municipio.
Esta xornada de formación, que se estendeu dende as 10:00h ata ás 14:30h, estivo guiada por Susana Rodríguez, psicóloga social, que desenvolveu ferramentas para traballar e desenvolver un liderazgo participativo, positivo, dinámico e comunitario. Estratexias esencias para acadar os obxectivos que perseguen día a día estas asociacións.
Esta sesión formativa tamén serviu para dar a coñecer ás asociacións da Guarda o recentemente aprobado Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións municipal e que ten coma finalidade establecer o marco xurídico regulador do Rexistro Municipal de Asociacións, como instrumento que permita recoller documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, dentro do marco territorial do Concello da Guarda. Na sesión adiantouse tamén a posta en marcha da campaña do concello para a posta en marcha do Banco de voluntariado municipal, que pretende ser tamén un recurso que teñan en conta as asociacións e colectivos municipais.
 

Remata con éxito o obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VI na Guarda
A Guarda, 30 de novembro de 2020. No mes de novembro de 2019 arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, un programa mixto de emprego e formación no que participaron un total de 20 persoas que veñen de acadar un certificado de profesionalidade.
A finalidade do obradoiro foi a de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda, sobre todo coa situación sanitaria actual.
Na xornada do pasado venres día 27 de novembro remataba este obradoiro, despois dun ano de formación, unha formación que se viu astendida pola pandemia da covid-19. Este obradoiro axudou aos participantes a adquirir todos os coñecementos para prestar servizos de asistencia sanitaria a persoas dependentes.
O sábado 28 de novembro tiña lugar a entrega de diplomas que puña o broche final a esta formación, contando coa presenza da Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra, María Luísa Piñeiro; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez.
Antonio Lomba agradeceu na súa intervención a visita da  Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra á clausura do obradoiro, aproveitando a ocasión para recordar que este tipo de formacións son esenciais para concellos do rural, nos que outras posibilidades de mellora da cualificación profesional supoñen desprazamentos non asumibles para moita xente.
Pola súa banda Fátima Rodríguez fixo especial fincapé na necesidade de repetir este tipo de experiencias na Guarda, un concello que levaba máis de 10 anos sen impartir un obradoiro ao que lle foi denegado pola Xunta o que tiña solicitado para o exercicio 2020-21.
O programa de axuda no fogar é un recurso que ten por obxecto prestarlles ós cidadáns no seu domicilio un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia e evitando a súa posible institucionalización.
Tal e como manifestou o Alcalde da Guarda, este é o primeiro obradoiro que se realiza na vila dende o ano 2008, motivo de satisfacción para o Concello, posto que permitíu formar a persoas da Guarda nun sector cunha alta demanda na actualidade, promovendo o emprego e a calidade da atención ás persoas dependentes, o que repercutirá na calidade de vida dos nosos veciños.
Regreso al contenido