A Guarda, xuño 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, xuño 2020

PUBLICADAS
Orpagu, Concello de A Guarda y Zona Franca estudian la instalación de una planta  frigorífica

A Guarda, 29 de junio de 2020. Los armadores del palangre de A Guarda reunidos en Orpagu tienen la ilusión de poner en marcha una planta frigorífica, que no sólo sirva para tratar directamente el producto de todos sus asociados y experimentar con nuevos formatos, sino también para crear varios puestos de trabajo en la zona. Este sueño está cada vez más cerca de ser una realidad, aunque desde la organización se muestran cautelosos hasta que no tengan ultimado el estudio de viabilidad y las posibles ubicaciones de la nave. Esta información, en la que llevan meses trabajando, se presentará a los socios, que son los que finalmente tomarán la decisión.
En esta línea de trabajo, esta mañana el presidente y la gerente de Orpagu mantuvieron una reunión  en el Concello de A Guarda con el alcalde de la localidad y el delegado del Estado en la Zona Franca de Vigo para tratar diferentes temas de interés para los palangreros guardeses. Entre ellos, se habló de posibles ubicaciones de esa futura planta para que los responsables dispongan de toda la información  necesaria para trasladar posteriormente a los asociados en la próxima junta general. Tanto el regidor local, Antonio Lomba, como el delegado de Zona Franca, David Regades, mostraron gran interés por el proyecto, que supondría un paso más de la organización en su afán por controlar la cadena de producción siempre desde A Guarda.
La Organización de Palangreros Guardeses se involucró hace años en la comercialización de sus productos, así como en los procesos de transformación de los mismos y su venta directa al consumidor. En este sentido, el éxito de su tienda online  y la buena acogida de las nuevas presentaciones de pez espada y atún han contribuido a fortalecer la presencia de la marca de estos armadores tanto en España como en el exterior.
La planta frigorífica que ahora estudian desde la organización dispondría también de una nave de procesado y un aula de experimentación para seguir trabajando en distintos formatos y presentaciones para llegar al mayor público posible.

Trofeo de la Federación Argentina al Gran Premio de la Exposición Virtemfil 2020, Colón: Rumbo a las Yndias
La federación Inter-Americana de Filatelia con motivo del confinamiento del covid-19 decidió realizar una exposición virtual competitiva de filatelia temática.
Se han inscrito un total de 55 colecciones de 12 países diferentes que se pueden desde el 1 de junio hasta el día 30 de este mes en: http://filatelia-interamericana.com/virtemfil2020/
El Jurado, un grupo de expertos temáticos, compuesto Peter Suhadolc de Eslovenia, Christian Pérez de Argentina, Bernard Jimenez de Francia, Francisco Piniella de España y Eliseo Otero de Argentina hicieron público el palmarés el domingo 28
De entre las 10 colecciones de España estaban las que representaban la Sociedade Filatélica e N. Guardesa con la colección “Del Monasterio Rural a la Catedral Urbana ha obtenido 81 puntos y medalla de Vermeil y la colección de “Colón; Rumbo a las Yndias” obtuvo la puntuación más alta con 91 puntos, medalla de Oro y el Gran Premio de la Exposición a la mejor colección participante. Sin duda un nuevo éxito para la familia filatélica de A Guarda.
Palmarés completo: http://filatelia-interamericana.com/virtemfil-2020-palmares/
Enhorabuena a nuestros dos representantes.


O concello da Guarda suspende as festas do Monte 2020

 
A Guarda, 27 de xuño de 2020. Diante da crise sanitaria provocada polo virus COVID-19, que obriga a manter medidas de seguridade e prevención para a protección da saúde da cidadanía. Tendo en conta os milleiros de persoas que durante as festas do Monte se achegan á Guarda para participar nunhas festas multitudinarias referentes en toda Galicia, tanto nas verbenas como no desfile e a romaría da fin de semana. Considerando a normativa vixente na actualidade, tanto da Xunta de Galicia como do Goberno Central, referida ás medidas de seguridade que hai que manter cara a nova normalidade, pero sobre todo, tendo en conta a saúde das persoas. O equipo de goberno do Concello da Guarda mantivo unha xuntanza coa comisión de festas e cos responsables das bandas mariñeiras, o pasado venres 26 de xuño, para valorar e tomar unha decisión respecto da celebración das festas do Monte 2020.
A totalidade dos asistentes á xuntanza valoraron a imposibilidade de manter as condicións que a Xunta de Galicia establece dadas as características da festa, pola gran afluencia de persoas que asiste e pola falta de medios para realizar os controis necesarios para ter garantías sanitarias. Así mesmo, os asistentes,  entenderon que a prioridade nestes momentos, sobre  calquera outra consideración, é a saúde.
Despois de facer unha reflexión conxunta e vista a incerta situación sanitaria que temos na actualidade o concello da Guarda, de acordo coa comisión de festas e os responsables das bandas mariñeiras, anuncia a suspensión das festas do Monte 2020, o que inclúe as verbenas, o desfile e a romaría do domingo. Poñendo como principal prioridade nestes momentos a saúde das persoas.



Gurú Chakra, nuevo videoclip humorístico de Robodriguez

A Guarda, 26 de xuño de 2020. Robodriguez recrea a un futurólogo sanador carismático en el segundo videoclip (proyecto electropop de Felipe Rodríguez, vecino de A Guarda natural de Ourense) que se estrena hoy.
Se trata de una divertida parodia musical en la que se presenta al Gurú Chakra, un futurólogo sanador carismático que soluciona todos los problemas con remedios simples (agua alcalina o lejía para la salud, o leer "el secreto" para los problemas económicos) y cuyo adelanto se puede visionar en
Gurú-Chakra - Robodriguez [Vídeo Oficial - Electropop]
Se trata del primer corte y adelanto del EP debut de Robodriguez "Así Llora el Robot", que verá la luz la semana que viene en formato digital, y próximamente en formato físico.
Anteriormente, el multi-instrumentista publicó una versión robótica y feminista de la canción popular galaico-portuguesa "A Carolina", y otro videoclip colaborativo grabado en cuarentena "Robosurf".
Contacto:
robodriguez@gmx.es
linktr.ee/robodriguez
Redes sociales:
www.instagram.com/robodriguez
www.facebook.com/robodriguez
Canal Youtube:
https://www.youtube.com/channel/UCtTVDfZpbtcD2Gs3VqRx80A/

Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas 2020

A Guarda, 26/06/20.- Neste mes de xuño de 2020 conmemórase o XXX Aniversario da creación da Asociación sen ánimo de lucro ÉRGUETE BAIXO MIÑO. Xa transcorreron 30 anos cando, a primeiros de xuño de 1990, sesenta persoas reúnense no antigo Colexio público M.R. Sinde de A Guarda para tratar da grave problemática do consumo de drogas que estaba ocasionando graves consecuencias persoais e sociais no Baixo Miño á cal asistiron Mari Carmen Avendaño, un avogado e varios membros da Asociación Érguete Vigo. Desa xuntanza saíu unha Xunta Xestora que elaborou os Estatutos da Asociación, sendo aprobados  o 3 de xullo dese ano polo Goberno Civil de Pontevedra, comezando esta traxectoria co nome de ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO -Asociación de Familiares e Amigos de Toxicómanos e Ex-Toxicómanos-.
Na modificación dos Estatutos en 2017, pasa a denominarse como ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO DE PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE.
Hoxe, día 26 de xuño, Galicia súmase ao Día Internacional contra o consumo indebido e o tráfico ilícito de drogas instaurado pola ONU. Sociedade, goberno da Xunta de Galicia, institucións e concellos galegos, chamados a participar a través da Federación Galega de Municipios e Provincias -FEGAMP- súmanse a esta data.
En Galicia conmemoramos este día co símbolo das bandeiras brancas como aposta por unha vida saudable, unha vida limpa que enriquece ás persoas, fronte ó escuro mundo das adiccións e o tráfico de drogas. E facémolo cun recordo especial para todas as persoas que perderon ou arruinaron as súas vidas por mor da adición ás drogas. Para as vítimas e as súas familias, para os que loitan por reconstruír as súas vidas.
Neste tempo marcado pola pandemia e as súas consecuencias é necesario recordar que antes, durante e despois do coronavirus seguimos a ter importantes problemas sen resolver. Que nesta sociedade temos un problema moi grave coas drogas e outras adiccións é máis que evidente.
Vivimos malos tempos porque en moitos ámbitos asúmese como normal a inxesta de alcohol e outras drogas coma sinónimo de diversión. E nada máis lonxe da realidade. O culto ó alcohol e outras sustancias comporta graves danos para a saúde das persoas, con implicación directa en accidentes de tráfico, violencia de xénero, abusos sexuais e incluso fracaso escolar. Denunciamos, como tamén se fai a nivel estatal, o incremento das adiccións sen sustancia entre menores e mocidade. O xogo e as apostas, tanto presenciais como online, avanzan perigosamente e necesitamos protexer a menores e maiores. A Prevención e a Educación (na casa e na escola) son novamente a clave.
Neste día internacional, fagamos unha aposta pola saúde. Gobernos e cidadáns. En cada casa, en cada familia, en cada grupo de amigos fomentemos o deporte, a música, a cultura, o ocio e as actividades compartidas para desfrutar do verán e da vida cos cinco sentidos.
Instamos aos nosos gobernos -a todos- a poñerse a traballar de inmediato con programas e accións concretas, con políticas decididas de Prevención e Educación. A saúde e a seguridade das persoas deben ser unha prioridade.
Pola outra parte, en Galicia seguen a confluír os problemas de adicción as drogas xunto coa existencia de importantes redes criminais dedicadas ao narcotráfico. No actual escenario de sobreprodución mundial, traficantes de medio mundo seguen tendo a Galicia na súa diana e miles de quilos seguen entrando polas nosas costas a Europa.
Neste contexto, o rexeitamento social é un factor de suma importancia e no que Galicia -co esforzo de todos e o sufrimento de moitos- comeza a ser un referente. Atrás quedan os tempos nos que o narcotráfico contaminaba a toda a sociedade.
Nesta terra sabemos desde fai moito tempo que os narcotraficantes non son heroes, nin filántropos, senón delincuentes rexeitados pola sociedade galega. Sen dúbida que temos avanzado, pero non é suficiente. Se queremos realmente mellorar as cousas, temos que ir máis adiante.
Seguemos a ollar con máxima preocupación a reiteración no delito de moitos  traficantes, criminais multirreincidentes, que unha e outra vez entran e saen do cárcere aproveitando facilidades legais para seguir traficando coa morte e a ruína das persoas. E traspasando este sinistro negocio de pais a fillos, e de fillos a netos. Porque a pesar dos pesares, parece que a algúns aínda lles sae beneficioso. Intolerable. Un grave perigo para a nosa seguridade que non debemos nin podemos permitir.
Crime organizado, axustes de contas, branqueo de capitais, corrupción, mafias internacionais, terrorismo, morte, destrución, sufrimento... aséntanse alí onde prospera o narcotráfico. Combater esta ameaza debe ter a máxima prioridade para todos, sociedade e gobernos.
Por todo iso, dicimos unha vez máis -alto e claro- que en Galicia non queremos drogas nin narcotraficantes.

A Guarda contrata a 10 desempregados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Dende fai uns días prestan servizo no Concello da Guarda 10 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra, que permitiu a súa contratación a través da liña 3.
Neste senso A Guarda conta con dous traballadores para axudantes do camión do lixo e 8 peóns limpadores, que traballarán ao longo de 7 meses. Ademais, tamén está prevista a incorporación de novo persoal os vindeiros meses, que contarán cunha xornada completa e a duración do contrato oscilará entre os 4 e os 6 meses.
En total contrataranse 14 persoas desempregadas, cunha achega por parte da Deputación de Pontevedra por valor de 134.943,27€

Las organizaciones transnacionales piden a Bruselas que elimine las fronteras en su gestión

A Guarda, 26 de junio de 2020. Los participantes en la jornada de trabajo organizada esta mañana por Orpagu, con las organizaciones de productores transnacionales como protagonistas, coincidieron en demandar a los representantes de la Comisión Europea presentes en el workshop una nueva normativa específica para estas OPP's o una modificación de la ya existente "que regule las funciones  y competencias de las transnacionales". Para los ponentes, representantes de las tres organizaciones internacionales que existen en España -en Europa sólo hay cuatro-, la nueva norma debería tratar específicamente sobre la posibilidad de la gestión conjunta de la actividad pesquera de los socios, de la logística y de la parte comercial. Así lo destacó como resumen de la jornada la gerente de Orpagu, Juana Parada.
Asimismo, los productores y los representantes de los gobiernos de España y Portugal pidieron concreción sobre la posibilidad de financiación conjunta o común, ya sea directamente por parte de la Unión Europea o compartida por los estados miembros, de los proyectos presentados por estas OPP's, independientemente del territorio en el que se lleven a cabo. Otro de los aspectos demandados en la jornada por parte de las OPP's de A Guarda, Ayamonte y La Rápita fue la necesidad de homogeneizar parte de la documentación y tramitación que requieren las administraciones a las transnacionales "para ser más efectivos y, al mismo tiempo, para que más productores se animen a entrar o a crear este modelo de organización".
De todas estas peticiones tomó buena nota el Jefe de Unidad de Análisis Económicos, Mercados e Informes de Impacto de la DG Mare, Fragkiskos Nikolian, y su colaboradora Laurénce Jolly, quienes invitaron a todos los ponentes a participar en la elaboración  de un informe sobre las OPP's que Bruselas presentará en otoño de este año y que "sin duda, incluirá las aportaciones que he escuchado en este workshop", destacó Nikolian. Por su parte, Carola González e Iria Soto, subdirectoras general y técnica del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, respectivamente, y Manuela Estudante Duarte, directora de Servicios de la Secretaría de Estado de Pesca de Portugal, se refirieron en sus intervenciones a  las dificultades con las que se encuentran ambos gobiernos a la hora de aplicar criterios "porque la normativa comunitaria no deja claros ciertos términos", subrayaron.
Orpagu apuesta por potenciar las sinergias entre pescadores
El encargado de dar la bienvenida a los asistentes a la jornada, que estaba prevista para marzo y que se pospuso a consecuencia de la pandemia, fue Joaquín Cadilla, presidente de Orpagu, quien se mostró convencido de todos los beneficios que aporta la colaboración y el trabajo conjunto entre pescadores:  "La flota europea se debilita año tras año frente a la asiática y, en este sentido, creo que las organizaciones transnacionales suponen una buena herramienta para seguir creciendo".
El presidente de Orpagu presentó las dificultades prácticas que tienen hoy en día estas OPP's, por lo que pidió a las autoridades una apuesta decidida por este modelo de organización.
La primera OPP transnacional de acuicultura será gallega
Otro de los ponentes en la jornada, además de los representantes de Orpagu, Ayamonte y La Rápita, fue Lino Suárez, de Opmega. La organización del sector mejillonero gallego, a falta de unos trámites burocráticos, se convertirá en OPP transnacional gracias a su asociación con varios productores portugueses, concretamente de la zona del Algarve, que cultivan este molusco con el sistema Long-line.

San Xerome de novo en movemento
A Guarda, 26 de junio de 2020. Despois deste período de cambios que nos tocou vivir nos últimos tempos, debido á incerteza e grande risco provocados pola crise sanitaria do covid-19, que nos obrigou a pecharnos nas nosas casas, a distanciarnos das persoas e a suspender todo tipo de actividades colectivas; a pesares de seguir con certo “medo no corpo”, que superamos adoptando estritas medidas de prevención, prevención e máis prevención coas que poidamos ofrecer garantías de seguridade e tranquilidade ás nosas persoas usuarias e as súas familias, San Xerome, por fin, volve a retomar algunhas das súas actividades.
Este intenso período de “parón social”, nos serviu para traballar duramente en repensar os nosos servizos e actividades, e buscar as formas más axeitadas de seguir acompañando e apoiando os proxectos de vidas das nosas persoas usuarias, a nosa razón de ser.
Mudamos a nosa organización, o xeito en que prestamos os nosos servizos, para adaptalos ás novas circunstancias, para garantir en todo momento a máxima seguridade, benestar e prevención. Pero o que non mudamos é a nosa esencia, o noso compromiso coas persoas e os seus soños, para iso estamos novamente eiquí, ao pé do cañón, desexando compartir sorrisos cos ollos, que consigan sobrepasar e facer fronte a calquera mascarilla, por imprescindible que sexa.
A partires da semana que ven retomaremos unha chea de actividades dirixidas ás nosas persoas. O servizo de Adultos reanuda actividades, mudando de forma para ofrecer apoios individualizados de tres xeitos diferentes, no domicilios das persoas usuarias, na contorna, ou no noso Centro con cita previa e de xeito individual. Tamén a formación para o emprego cos proxectos de Formación Dual en Limpeza e o proxecto XE-MENTE INNOVACIÓN, sobre agroecoloxía. E para non descuidar o lecer e tempo libre, dous Campamentos urbanos, un dirixido ao alumnado do noso Centro Educativo e outro ás persoas adultas, son algunhas das propostas que podemos ofrecer ao longo destes meses de verán, para que as nosas persoas e familias poidan recuperar un pouquiño de novo as súas vidas e as súas rutinas, asumindo este novo reto con grande responsabilidade e ilusión.



A Guarda pide a Medio Ambiente a mellora do parque da Armona

 
O Concello da Guarda ven de pedir a Medio Ambiente da Xunta de Galicia a realización do proxecto de recuperación ambiental do “Miradoiro Natural do Miño”, un proxecto que contempla unha actuación sobre o espazo do parque da Armona en Camposancos, incluído na Rede Natura 2000.
O proxecto de actuación sobre este espazo permitirá eliminar o aparcamento para vehículos rodados con bolardos de madeira que impidan, ou no seu caso regulen o seu acceso a esta zona, para poñer en valor este espazo como un lugar para desfrute das persoas.
O Concello da Guarda ven de retirar recentemente a pérgola de madeira existente neste lugar, xa que se atopaba moi deteriorada polo paso do tempo e constituía un perigo para as persoas, ademais o proxecto contempla a rehabilitación dunha pasarela de madeira que tamén se atopa deteriorada e que axudará a preservar este entorno natural.
Con todas estas actuacións búscase a preservación desta zona en condicións que permitan ademais a interpretación do entorno natural do esteiro mediante a instalación dun panel de forma que os veciños e os visitantes entendan a importancia de “desfrutar” de forma ordenada e compatible cos obxectivos de conservación, mostrándolles a riqueza da fauna e da flora do esteiro.
O presuposto total para este proxecto ascende a un total de 24.199,33€ IVE incluído.
 
Inscricións abertas para o Curso de Surf organizado polo Concello da Guarda
A Guarda, 22 de xuño de 2020. O Concello da Guarda, a través do departamento de Deportes, organiza un Curso de Surf para adolescentes de entre 12 e 18 anos.
O curso terá lugar na Praia de Patos en Nigrán o venres 10 de xullo en horario de 17:00h a 19:00h a un prezo de 16€ por persoa, inclúe transporte dende A Guarda.
As inscricións están abertas ata o vindeiro 3 de xullo no teléfono 690628751, no enderezo electrónico deportes@aguarda.esou no seguinte link: http://ow.ly/GZR650AdWtD
A cada participante entregaráselle un protocolo de seguridade e cumpriranse unhas estritas medidas de protección fronte ao COVID-19, formándose subgrupos moi reducidos.



Iniciativa do BNG no Parlamento español a prol da arte do xeito
A Guarda, 19 de xuño de 2020. O deputado do BNG, Néstor Rego, presentou dúas iniciativas: unha proposición non de lei ante a mesa do Congreso dos Deputados e unha batería de preguntas ao goberno español, sobre a arte de pesca do xeito.
Dende o BNG, en sintonía co sector, considérase que o Xeito é un arte artesanal de pesca de enmalle moi selectiva, na que o 85% das capturas corresponde á sardiña. É sustentábel polo que se entende que debe estar fóra de Tacs e cotas.
A formación nacionalista denuncia que esta actividade pesqueira ancestral e respectuosa coa biodiversidade, pode estar condenada á súa desaparición se lle aplican cotas e Tags tal e como se fai con sistemas de produción industrial, que son os que poden poñer en risco a conservación das pescarías e a biodiversidade mariña.
“A nosa proposición insta ao Goberno español a eliminar a cota de capturas de sardiña para a flota do Xeito que non pon en risco á esta especie, tamén solicitamos o axuste e incremento das cantidades de captura de sardiña para esta flota”, sinalou Néstor Rego, deputado do BNG no Parlamento español.
Dende o BNG lembran que esta situación afecta a unhas 427 embarcacións e a portos como os da Guarda, Cabo de Cruz, Poio… entre outros.
“Os nosos mariñeiros non teñen que verse afectados pola limitación da pesca da sardiña até o 31 de xullo dado que os mellores meses son xullo, agosto e setembro, e ainda por riba cunha cota diaria non acumulativa, polo que día que non se poida faenar, día que se perde de cota”, comentou o portavoz municipal do BNG Anxo Baz.
Dende o BNG entenden que a defensa deste sector é importante para portos como o da Guarda pola calidade do produto, pola necesidade de manter os postos de traballo nunha poboación demasiado castigada polas diferentes crises sufridas.



Novas salinas na costa norte da Guarda amplían o número destas piletas destinadas a recoller sal mariño

Dúas das sete piletas-salinas descubertas recentemente
 
A Guarda, 18 de xuño de 2020. Antón Ferreira, membro de Anabam, que xunto ao xa desparecido Antonio Español localizou en 1982 as salinas da Guarda que deron lugar recentemente ao proxecto “Mar de Sal”, promovido polo Concello, localizou novas salinas na costa norte da Guarda. Trátase de pequenas rochas exentas cos característicos rebaixes formando piletas que contiñan a auga do mar que, tras evaporarse, deixan adherida o sal á superficie. As máis recentes descubriunas ao día seguinte de promoverse a Fase 0 do desconfinamiento, o 5 de maio, nun dos paseos pola costa guardesa. Con paciencia e deténdose en cada conxunto de rocas, aquela prospección pormenorizada deparoulle chegar neses primeiros días a cinco pequenas rochas con piletas realizadas co obxectivo antes mencionado.
E hai escasos días, unha nova visita pola zona, permitiulle localizar outras dúas piletas-salinas que pasarán a formar parte dun traballo que prepara a Asociación Naturalista Baixo Miño, Anabam.
 
Habilitada unha pista de voleipraia na Lamiña

 
A Guarda, 18 de xuño de 2020. O Clube Volei Miño en colaboración co Concello da Guarda ven de instalar na praia da Lamiña, unha rede para esta práctica deportiva.
Este deporte estará permitido neste espazo sempre que se cumpran as normativas vixentes de hixiene e seguridade, sendo obrigatorio desinfectar a rede antes e despois do seu uso, sendo cada persoa responsable de desinfectar o seu balón tantas veces como sexa necesario e permitindo só o xogo 2 vs 2 mantendo a distancia de seguridade.
A rede é propiedade do Club de Volei Miño, pero é para o desfrute de tod@s os que desexen practicar este deporte, tentando tamén atraer máis deportistas a este clube local.



A Guarda mellora as instalacións da Oficina de Turismo Municipal

A Guarda, 17 de xuño de 2020. Nestes intres se están a acometer as obras na Oficina de Turismo Municipal da Praza do Reló, de cara a mellorar as instalacións e ofertar unha imaxe de calidade aos visitantes.
Dende o ano pasado esta Oficina ampliou os seus horarios e centralizou a atención de visitantes e peregrinos que, pola súa situación en pleno camiño de Santiago, realizaban unha parada na súa peregrinación.
Esta Oficina está integrada na rede de oficinas da Deputación de Pontevedra - Rede Info Rías Baixas e dende o ano pasado conta con informadores turísticos.
A Oficina de Turismo estreará novas instalacións a comezos de xullo coa apertura ao igual que as demais oficinas da provincia despois de implantar todos os protocolos de hixiene e seguridade para evitar os riscos de contaxio do COVID-19.

Parques, zonas de lecer, fogueiras e festas fueron tratados polo equipo de Goberno local que acorda medidas ao respeto

A Guarda, 17 de xuño de 2020. O equipo de goberno do concello da Guarda reuniuse o martes día 16 para valorar as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia cara á nova normalidade e tomar posición respecto a distintas cuestións que afectan directamente aos veciños e veciñas da Guarda.
Tal como recomenda o DOGA publicado o sábado 13 de xuño, o concello adoptou a decisión de abrir os parques infantís, de biosaudables e zonas deportivas ao aire libre, tendo en conta que os usuarios deben utilizalos con responsabilidade e respectar as distancias de seguridade. O concello pola súa parte realizará nestas instalacións unha desinfección diaria e extremará as medidas de limpeza. En canto a esta cuestión o concello reclama á Xunta de Galicia que habilite liñas de financiamento para aplicar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para manter abertos os parques infantís.
En canto as fogueiras de San Xoán e San Pedro, seguindo as recomendacións da Xunta de non autorizar eventos populares ata o 1 de xullo se a evolución da situación epidemiolóxica así o aconsella, o concello non autorizará a realización de lumaradas en lugares públicos.
Respecto dos campamentos urbanos, a decisión do equipo de goberno é a de non realizalos tal e como se viñan facendo os veráns anteriores, dada a dificultade de manter as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias e na liña das decisións tomadas por outros concellos da contorna e da propia Deputación de Pontevedra. Sendo conscientes das dificultades en cuestión de conciliación laboral o concello está estudando realizar actividades para familias sempre mantendo a seguridade sanitaria.
Visto tamén que no DOGA no que se publican as medidas cara a unha nova normalidade, a Xunta de Galicia, fala da posibilidade de permitir festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións das feiras a partir do 1 de xullo se a evolución da situación epidemiolóxica así o aconsella, os responsables municipais teñen previsto manter durante a semana vindeira reunións coa comisión das festas do Monte e cos responsables das Bandas Mariñeiras para comunicarlle a súa postura e determinar as condicións nas que se podería realizar actividades na semana do Monte.



El frente invisible de la salud mental vence a la situación creada por el COVID-19

 
A Guarda, 15 de xuño de 2020. El brote  epidémico del coronavirus que dió origen al COVID-19 ha producido una situación de gran sufrimiento para la población, pero en las personas que padecen enfermedad mental  se agravó por el aislamiento que la propia enfermedad genera, con una mayor desconexión de la realidad.
Ésto se suma  a que las personas con trastornos de salud mental previos, tienen un riesgo importante de recaídas, por eso el pasado 16 de marzo se puso en marcha un servicio de atención psicosocial telemática, atendido por psicólogos y educadores sociales con un carácter fundamentalmente proactivo, que permitió una detección precoz, valoración especializada de situaciones de necesidad, aportando herramientas para sobrellevar la situación de alerta sanitaria.
Estos profesionales realizaron un apoyo emocional, transmitiendo cercanía y tranquilidad, ofreciendo pautas, acompañando a familias en situaciones difíciles, en definitiva, haciendo sentir a las personas que cuentan con los apoyos necesarios para afrontar estas situaciones extraordinarias.
“Nuestros profesionales tenían instrucciones de llamar todos los días a cada uno de los usuarios que participan en nuestros servicios” comenta Rafa Álvarez. “Si a la población en general el confinamiento le genera mucha ansiedad, en estas personas el efecto es más devastador. Por eso, la labor de apoyo, de seguimiento, de detectar cualquier incidencia o riesgo añadido, poder transmitirlo y coordinarnos con otros recursos sanitarios, sociales, de psiquiatría, protección civil, fue fundamental”, declara el Gerente.
En algunos casos no aguantaron la rigidez de las normas y el echo de estar encerrados, por lo que esta situación ha supuesto una bomba de relojería…. Hemos tenido situaciones de descompensación, intentando  evitar el deterioro progresivo de bastantes casos,  con numerosas intervenciones en domicilios, explica el Gerente.
Toda este trabajo deja al descubierto  una realidad precaria que la Entidad sufrió por la  escased de medios, redoblando  sus esfuerzos y adaptándose a cada situación ante la dificultad añadida que supuso  esta  situación excepcional.
“Partes de guerra”
En un informe elaborado por la Asociación con  datos recogidos a diario, se destaca que en el periodo del 16 de marzo al 31 de mayo, se han atendido de forma directa a 132 personas y a 76 familiares y se realizaron 120 salidas terapéuticas.
Las conversiones  (telefónicas, chats, videollamadas…) ascendieron a  cerca de 5.000, de las cuales, la media de cada llamada era de 20 minutos. La conversación más larga llegó a  2 horas, 40 minutos con un usuario que vivía solo.
Se han realizado alrededor de 11.500 actuaciones, para dar apoyo, informar, resolver dudas, buscar recursos, gestión de compra de alimentación, tabaco, supervisión de la medicación, visitas presenciales, prestando especial atención a personas que viven solas,  que presentaron una  mayor vulnerabilidad y las que contaban con un  teléfono de guardia permanente al que podían  llamar las 24 horas del día, los 7 días de la semana.
Reapertura de los Centros a nivel presencial
En estos momentos hemos reiniciado la actividad presencial  con los usuarios con todas las garantías sanitarias. “toda precaución es poca para garantizar la seguridad de todos los que formamos Avelaíña” declara Rafa Álvarez, por ello hemos trabajado en la elaboración de protocolos que permitan la reorganización de los programas y servicios para adaptarse a las nuevas circunstancias.
El reinicio se está realizando de forma paulatina combinando la atención presencial con llamadas periódicas para conocer su estado y ayudarles con los problemas que les puedan surgir… centrados en la gestión de la nueva normalidad, como el manejo de mascarillas, apoyo emocional.

Reabriu a Libraría Atlántica



 
A Libraría Atlántica, na rúa Concepción Arenal, trala remodelación levada a cabo nas súas instalacións, abriu de novo as portas o sábado, 15 de xuño, para voltar a encontrarse cos clientes de sempre e os novos clientes que desexen visitar, ollar e comprar, se acaso, algúns dos artigos que se poden adquirir neste establecemento, que tras un prolongado periodo baixo a dirección de Ignacio Lomba, traspasa a dirección á súa filla, Rosi Lomba, para continuar cun proxecto iniciado hai 37 anos, concretamente o 3 de agosto de 1983.
Cunha estética máis acorde cos tempos, maior iluminade, novos produtos, sen esquecer os intereses habituais dos clientes, a Libraría Atlántica está xa disposta a recibir, incluso, pedidos on line a través do enlace atlanticalibreria.es
 
A Guarda celebra o Día internacional do Ioga coa segunda edición de -Ioga no Castelo-
A Guarda, 15 de xuño de 2020. O vindeiro domingo día 21 de xuño o Castelo de Santa Cruz acolle ás 10:30h. da mañá unha nova edición de “Ioga no Castelo”, organizado dende o Centro Awen Yoga en colaboración co Concello da Guarda.
O obxectivo desta actividade é celebrar este día e que as persoas se acheguen ao mundo do Ioga e coñezan os seus beneficios.
En sánscrito Ioga significa unión entre corpo, mente e espírito e o Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo Primeiro Ministro da India, Narendra Modi, en setembro de 2014 con estas palabras:
“El yoga es una inestimable contribución de la antigua tradición de la India. Encarna la unidad de la mente y el cuerpo, el pensamiento y la acción, la moderación y la satisfacción plena, la armonía entre el hombre y la naturaleza, y un enfoque holístico de la salud y el bienestar”.
Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de países solidarios na historia da organización.
Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen: Elvira, Pablo e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes.
Non é necesaria inscrición e é unha actividade de balde. Recoméndase traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.



Concepción Arenal lembrou as alfombras e a Concha e Eduardo que promoveron as alfombras nesta rúa polo 1980


A Guarda, 14 de xuño de 2020. O primeiro tramo da rúa Concepción Arenal, que este ano celebraría os 40 da confección de alfombras florais, non puido celebrar o Aniversario por mor das circunstancias derivadas do Covid-19. Malia este impedimento, os alfombristas quixeron recordar esta celebración con dúas exposicións de fotografías que se puideron ollar, unha delas, nas cristaleiras das galerías onde se reúne o colectivo que prepara a materia prima para realizar as alfombras, e outra no escaparate da mesma casa de Concepción Vicente Otero (Concha da Galiña) e Eduardo Martínez Lomba, que polos comezos dos anos 80 do sçeculo pasado principiaron coas primeiras alfombras nesta rúa.
Ademais de recordar este acontecemento coa exposición fotográfica, a rúa estivo adornada con hortensias no tramo referido, desde o cruce coa Ireira ata aproximadamente a Praza de Abastos.
As vivendas de Santa Trega recuperan os seus “teitos”



A Guarda, 13 de xuño de 2020. O Padroado Municipal Monte Santa Trega contratou a dous profesionais da restauración de pallozas para deixar en condicións as vivendas castrexas do castro de Santa Trega. Manuel Monteserín Santín, “Chis”, que xa “teitou” as vivendas castrexas nunha anterior ocasión, e Guillermo Pollo Santín, o seu axudante, son naturais de Balboa, nos Ancares, en terras leonesas fonterizas con Galicia. Aprendeu o oficio do seu pai, pero xa o seu avó, era “teitador”, e é reclamado para “teitar” pallozas en Asturias, en Cantabria ou en Lugo, entre outros lugares. Cando finalice en Santa Trega desprazaranse a Asturias, onde outros “teitos” esperan a súa experta man para colocar os “mollos” con axuda da “paleta”, atando uns a outros cos “bincallos”, feitos coa mesma palla de centeo trenzada. Quéixase de que cada vez é máis difícil conseguir palla, pois ao utilizar maquinaria, esta termina rompéndoa. Hai uns días, volveron a León procurando máis materia prima, e buscaron a palla en Astorga “500 km de viaxe para ir e volver á Guarda” coa furgoneta cargada, din, mentres mostran o interior do vehículo cargado e co característico cheiro a centeo. Dino con paciencia, a mesma que se precisa para colocar os “mollos” dispostos para que a auga non entre nas chozas reconstruídas.
Explican que un “teito” pode durar uns 10 anos, pero dependendo das condicións atmosféricas, é necesario mantelo con pequenos arranxos que contribuirán ao seu durabilidad, que pode alcanzar entre 14 ou 15 anos. Disto sabe unha chea “Chis”, non só pola súa experiencia de “teitador”, senón porque el mesmo ten en Balboa a “Palloza de Chis”, unha das poucas que aínda se conservan no Bierzo, reconvertida en local de lecer e de tradicións. Cada ano, a finais de outubro, organiza un magosto, baixo o seu teito de palla, no que non falta a “cecina do Bierzo” nin a música tradicional. A pesar de que Balboa é unha pequena poboación nas montañas dos Ancares, a pouco máis de 600 metros de altitude e con apenas 300 veciños, non faltan a esta cita, que leva xa quince edicións, os incondicionais do popular, e as novas caras que queren coñecer un lugar tan máxico como poden ser as montañas galaico-leonesas; pero se se prefire unhas mellores temperaturas, a mesma palloza acolle cada comezo de verán o Interceltik. En calquera caso do bo facer de “Chis”, alcume que lle vén do seu pai, ao que popularmente coñecían como “Chispa”, non hai máis que subir a Santa Trega e ver o seu poboado galaico-romano coas vivendas reconstruídas.



O concello da Guarda convida a cidadanía a decidir sobre a humanización do entorno da Igrexa Parroquial

O equipo de goberno do concello da Guarda na súa liña de humanizar espazos da vila ten previsto eliminar o estacionamento de vehículos do entorno da igrexa Parroquial e dotar este espazo de mobiliario para recuperalo para as persoas.
O mobiliario permitirá a circulación de vehículos e servirá de protección aos peóns, pero en ningún caso deixará espazos para o estacionamento salvo a reserva dunha praza para persoas con mobilidade reducida e outra para carga e descarga.
Con esta idea, dende o concello, encargouse á arquitecta da localidade, Ana Lima, que fixera dúas propostas diferentes para que fora a propia cidadanía a que seleccionara a que mais lle gustara.
Chegado este punto o concello fai públicas as propostas a través de internet e mediante dous paneis no propio edificio municipal para que aquelas persoas que queiran participar na decisión, se acheguen a expresar a súa opinión nunha urna que estará emprazada no posto de información do novo concello.
Poderán participar na votación os maiores de 16 anos empadroados na Guarda. Para exercer o dereito ao voto deberán facelo coa presentación do DNI. O proceso estará aberto dende o martes, día 16 de xuño as 9:00 h, ata o venres, día 19 ás 13:00 h, en horario de atención ao público (de 9:00 a 13:00). O resultado da votación farase público o luns día 22 de xuño.mas de xestión de residuos máis sostibles.



A Guarda celebra un Corpus diferente

A Guarda, 11 de xuño de 2020. Cada ano, cando se aproxima o Corpus, as rúas da Guarda teñen un aroma especial. Cheira a flores, a  mimosa, a eucalipto… tamén a alegría, nervios, a tempo compartido  e a felicidade e satisfacción ao contemplar, unha vez acabadas, as alfombras florais que cobren cada rúa ao amencer.
Ante a imposibilidade de facer as alfombras como sempre, esta mestura de sentimentos e arte  queremos reflectila a través de dúas propostas.
Unha delas amosa a visión que do Corpus guardés teñen varios artistas locais. Así baixo o lema "Este ano  non  cheira a flor, pero seguimos  tendo  cor. Seguimos  adiante" os artistas Tamara Baz,  Nuvi e  Exfico e Charlie  Thenstill amosan en ilustracións como nos sentimos os guardeses nestas datas. As súas obras atópanse xa expostas na fachada do Concello na Praza do Reló.Coa segunda proposta, baixo o lema "Fai a  túa alfombra floral na casa", quérese mostrar como viven as familias, sobre todo os máis pequenos, esta festividade. Así, a través dos seus ollos e das súas mans  volvemos percibir este sentimento colectivo e agora o que ten un aroma especial é o noso fogar.
Seguimos adiante!
Dende a Asociación Alfombras da Guarda e o Concello da Guarda se anima a toda a cidadanía a elaborar unha alfombra na casa e facer unha fotografía mentres se confecciona e outra ao rematala, logo editarase un vídeo que se publicará nas redes sociais.



Conexións móbiles máis rápidas e mellor cobertura chegan á Guarda co novo 4G
A Guarda, 10 de xuño de 2020. As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, comezarán a ofrecer na Guarda servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos guardeses desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.  
Coa chegada do novo 4G á Guarda continúa o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos se pode consultar a seguinte ligazón: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/
Principais ventaxas: máis e mellor cobertura
Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.  
A rede 4G de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados coas orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.
A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade cun alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.
Ademais, a maior cobertura que acada o 4G na banda de 800MHz mellorará o servicio no interior de edificios e será a banda que permita estender xeográficamente o servizo de forma eficiente.
Garantindo a compatibilidade do 4G e a TDT
Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servicio de TDT.
Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos de balde que inclúen, por unha banda, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.
E, por outra banda, un procedemento correctivo, tralo acendido das estacións, polo que llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen coste algún.
Para xestionar estes servizos, se puxo a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es.

-A Guarda Diversa- Iniciativa que pretende dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións online
O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, pon en marcha este ano o proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar nas redes sociais e de xeito online, entre o 15 e o 27 de xuño de 2020.
Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais, dirixidos e coordinados por Sara Uris, nos que se contará coas experiencias de persoas moi vinculadas a este colectivo e que amosarán, dun xeito ameno e de proximidade, como é a realidade do colectivo LGTBIQ+ dende diferentes puntos de vista. Os directos realizaranse ás 19:30h, dende o perfil de Instagram de Transformando Realidades (@transformando.realidades)
Calendario:
15 de xuño: A realidade LGTBIQ+. Da teoría á rúa. Por María Torre: Periodista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de ArsEroticas. Falaremos de como vivir sendo parte da comunidade LGTBIQ+ dende unha perspectiva práctica e real. Se pensabades que xa o tiñamos todo logrado, esperade a coñecer como é en realidade.
17 de xuño: Orgullos e espazos LGTBI. Por Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz: Doctor en antropoloxía e investigador, autor de “Bifobia” e de “Cuando muera Chueca”, entre outros. Falaremos sobre diferentes espazos LGTBIQ+ e sobre o papel dos Orgullos, relacionando as grandes cidades e os municipios pequenos.
18 de xuño: Formando unha familia. As expectativas da crianza. Por Soledad Fernández: Presidenta de Chrysallis Galicia. Falaremos sobre a influencia das normas e estándares da sociedade nas expectativas da crianza.
22 de xuño: Son unha nena Trans, nin travesti, nin transformer. Por Alejandra e Pili: Familia TransOrgullosa. Falaremos das vivencias e experiencias dunha familia chea de cor.
25 de xuño: A realidade trans. Por Ada Otero: Licenciada en Dereito, Coordinadora do CIDES e activista LGTBIQ+. Falaremos do camiño e descubrimento dunha persoa trans, así coma das trabas que lle obrigan a converterse en “experta de todo”.
26 de xuño: Contacontos Con Tango son tres. Impartido por Sara Uris, de Trans*formando Realidades, profesora de Educación Infantil, especialista en Xénero e Igualdade. Coa colaboración de Andrés Laguna.
27 de xuño.  Obradoiro infantil realizado por Sara Uris, de Trans*formando Realidades, coa colaboración de Maite Neves. Manualidades para toda a familia, facendo un guiño a festividade do Orgullo LGTBIQ+.
Entre as accións programadas e en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal da Guarda, publicaranse en redes sociais diferentes informacións sobre libros e lecturas recomendadas sobre a temática LGTBIQ+.



Robodriguez estrena videoclip colaborativo grabado en cuarentena
El músico guardés, multi-instrumentista, la canción Robosurf como un experimento, inspirado en las típicas músicas de películas españolas de los 60 (estilo beat, surf, yeyé…) con órganos y ritmos trepidantes, sólo para compartir algo divertido en tiempos de confinamiento. Pero del inesperado entusiasmo que despertó entre sus seguidores al publicarla en instagram, surgió la idea de crear un videoclip con pocos recursos: un teléfono, escenarios caseros, mucha imaginación y, lo más importante, la participación de quien quisiera colaborar para lo que invitó a todos a enviarle sus vídeos bailando la canción, con la idea de crear un vídeo colaborativo. Al reto respondieron 12 seguidores de las localidades de A Guarda, Ourense, Santiago, Ventosela (Ribadavia) y Vigo. El resultado es pura diversión, y ya se puede ver y escuchar en youtube, desde su estreno, ayer, a las 13.00 horas en
Robosurfer - Robodriguez & Friends - 2020 [Vídeo oficial]
Robodriguez es un proyecto de electro-pop unipersonal de Felipe Rodríguez (Ourense, 1981), caracterizado por sonidos frescos, retro y electrónicos; lleno de melodías y con letras ácidas, poéticas, sociales y surrealistas, y con el humor por bandera. Cualquier cosa puede ocurrir en sus conciertos, en los que siempre hay algo único (bien una letra especial o una versión ad-hoc). Es un músico con más de 20 años de experiencia en los escenarios arrancando un proyecto emergente, estrenado en 2019 con conciertos en Vigo, A Guarda y Valencia.
Tras este single, a finales de junio llegará su primer EP "Así llora el Robot", que vendrá acompañado de otro videoclip, Gurú Chakra, grabado también en confinamiento y con las altas dosis de humor e ironía del que será el primer corte del trabajo discográfico próximamente disponible. Poco antes de la cuarentena, ya había publicado el single A Carolina; su versión robótica y feminista del clásico popular galaico-portugués, y la canción El Perro Alarma como primer adelanto del EP, ambos disponibles en Spotify y demás plataformas.

O blogueiro Alberto Rivas visita A Guarda para impulsar o turismo da vila

A Guarda, 9 de xuño de 2020. Dende este martes día 9 de xuño e ata o vindeiro xoves día 11 de xuño o blogueiro Alberto Ribas @Alvientoo atópase na vila da Guarda para impulsar o turismo dende as súas canles en redes sociais, unha acción promovida dende o Departamento de Turismo do Concello da Guarda e que está enmarcada nas accións de reactivación económica postas en marcha polo Covid-19.
Alberto Ribas @Alvientoo, xa visitou a vila da Guarda o ano pasado, participando no Proxecto «Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019» e conta con máis de 21,000 followers en instagram, ademais de ser finalista dos «10 Blogs máis populares de Fitur», está especializado en viaxes e gastronomía, é xurado gastronómico e blogger invitado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca.
Ao longo destes días na Guarda contará as súas experiencias, destacando nas súas publicacións os diferentes espazos e infraestruturas turísticas da vila, visitando a lonxa, conversas cos percebeiros, visitas ao Monte Santa Trega, á Rede de Museos Municipal, á Praza de Abastos, ás praias, realizando tamén algunhas das ruta homologadas existentes no municipio, entre outras accións.
Ademais terá a oportunidade de facer chegar aos seus seguidores nas redes sociais o bo facer dos nosos hostaleiros, visitando varios establecementos da vila, onde degustará os pratos típicos da gastronomía guardesa, resaltando os produtos locais, como o caso da Rosca de Xema da Guarda. Do mesmo xeito terá a oportunidade de achegarse ao comercio local, visitando varios dos establecementos existentes, destacando a importancia do comercio de proximidade.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, María Elena Baz, lle deron a benvida esta mesma mañá no Porto da Guarda, onde comezou a súa visita, destacando a importancia que teñen hoxe en día os bloggers na promoción e difusión turística de destinos de relevancia como é o caso da Guarda, un municipio de interese turístico de Galicia.

O Concello da Guarda informa das medidas adoptadas trala entrada na Fase III da desescalada
A Guarda, 9 de xuño de 2020. O luns día 8 de xuño, coincidindo coa entrada de Galicia na Fase III da desescalada, tivo lugar unha reunión da Comisión de Seguimento do Covid-19 na que se deu conta das novas medidas adoptadas cun aumento no relaxamento das medidas de prevención que se adoptan na Comunidade Galega. A maiores destas medidas de carácter xeral para Galicia, o Concello da Guarda permitirá:
·         acceso ao Punto limpo municipal sen necesidade de cita previa, sempre que se respecte o aforo e as distancias de seguridade, cun novo horario que será os luns, martes, xoves e venres de 8:00h a 14:00h, os mércores en horario de 8:00h a 18:00 e os sábados en horario de 8:30h a 13:30h.
·         acceso ás instalacións deportivas do SkatePark “Atalaia” sen necesidade de cita previa, sempre que se respecte o aforo e as distancias de seguridade
·         acceso para a práctica deportiva do baloncesto e outros deportes ás instalacións do Centro Cultural, do Porto e de Salcidos.
Dende o Concello da Guarda se apela á responsabilidade individual para respectar estas medidas e favorecer a convivencia da cidadanía nos espazos públicos, en aras de previr novos contaxios polo Covid-19.

A Guarda realizará a reforma das instalacións deportivas do Codesal

A Guarda, 9 de xuño de 2020. O luns día 8 de xuño tivo lugar a firma dun Convenio entre o Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos para a cesión das instalacións deportivas do Codesal ao concello da Guarda por un período de 15 anos.
Esta cesión ven motivada pola necesidade de  realizar a renovación e mellora dos vestiarios existentes e instalación dun alumeado exterior para as pistas de petanca, así como a adopción das medidas de seguridade, xestión de residuos, entre outras accións, de cara a mellorar estas instalacións para o servizo do común dos cidadáns.
As actuacións a realizar forman parte dun proxecto redactado polo concello da Guarda  que será presentado na Deputación de Pontevedra para a súa  financiación  dentro do Plan Concellos 2020.
O concello da Guarda encargarase do mantemento das instalación deportivas así como da súa posta en valor ao longo dos 15 anos de cesión.

Luís Bará comprométese a aprobar unha nova Lei de Portos para rematar co seu afán recadatorio

A Guarda, 10 de xuño de 2020. O BNG, a través do seu cabeza de lista pola provincia de Pontevedra Luís Bará, comprometeuse hoxe en A Guarda a poñer en marcha unha nova Lei de Portos que remate co seu afán redacadatorio. O candidato realizou este anuncio logo de reuniuse hoxe co sector hostaleiro do municipio do Baixo Miño, que se verá afectado pola suba de taxas de veladores e terrazas en zona portuaria debido ao distanciamento obrigado entre mesas pola COVID-19, e criticou que a Xunta está a afogar ao sector nun momento de crise, “cando o que debería facer é axudar e non perxudicar máis”.
Bará, xunto ás tamén candidatas Montse Prado e Xosé Manuel Méndez Díaz e o voceiro municipal Anxo Baz, quixo reunirse coa hostalería de A Guarda para coñecer in situ a problemática que teñen coas taxas que lles obriga a pagar Portos de Galiza e tamén coa incerteza respecto da aplicación destas normas, xa que hai unha grande dificultade de interlocución directa con este organismo autonómico. A situación, segundo advertiu o cabeza de lista, é de máxima preocupación pola actividade económica e o espazo que van poder ocupar na tempada alta de verán, xa que prevense ingresos baixos e, a pesares de que dende Portos inicialmente se anunciou que se facilitarían as xestións para os veladores, agora anunciouse un incremento nos impostos a cobrar.
Unha vez analizada a problemática, o nacionalista amosou o apoio e colaboración do BNG para trasladar este problema á Xunta de Galiza e Portos de Galiza, ademais de tamén para poñer en contacto ao sector guardense cos doutras localidades da costa que teñen os mesmos problemas con Portos. “É preciso que se visibilice este problema, se faga presión ante a Xunta de Galiza para que dunha maneira inmediata se comunique ou ben a exención ou a redución das taxas”, subliñou Bará , quen asegurou que “trátase neste momento de axudar a un sector que ten moitos problemas derivados da COVID-19 e non de afogalo aínda máis cunhas taxas abusivas”. Estas roldan os 400 euros de media mensuais para cada establecemento a día de hoxe, pero veranse incrementadas pola ampliación da superficie ocupada ao ter que deixar distancias de seguridade por motivos sanitarios.
Bará explicou que a situación actual vén derivada da actual Lei de Portos, que cualificou como unha auténtica “caixa rexistradora”. Por este motivo, Bará puxo sobre a mesa  o  compromiso de modificación da Lei de Portos ou de creación dunha nova “para rematar dunha vez con esta lexislación privatizadora e claramente recadatoria que aprobou a Xunta do PP, que só procura o lucro do espazo público portuario”.
Bará destacou, ademais de esixir a condonación ou redución das taxas de veladores na actual crise, que tamén debe haber unha exención das taxas nos casos de eventos sen ánimo de lucro como os que fan asociacións en festas e os concellos, con actividades lúdicas, deportivas, culturais, “que entendemos non deben pagar ningún tipo de taxa”.
A maiores apostouse pola transferencia das zonas portuarias que están integradas na trama urbana -que son espazos públicos como prazas, parques, praias rúas- aos concellos, xa que ao seu entender “non ten sentido que estean baixo a dependencia de Portos, senón que deben estar xestionados polos concellos, porque a súa conservación, mantemento e arranxo tamén está a ser feita polos concellos”.
Por último dende o BNG propuxeron a creación dun organismo de cooperación portuaria no que estean representados tanto Portos de Galiza como os concellos para unha mellor xestión e cooperación no desenvolvemento de actividades que se realizan nestas zonas.

As praias guardesas de “O Muíño” e “Area Grande” contarán un ano máis co distintivo de Bandeira Azul

 
A Guarda, 9 de xuño de 2020. Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.
 
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán
 
Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.
 
O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.
 
Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.
 
En total, 688 bandeiras azuis ondearán este ano en España: en 589 areais; 98 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 5 embarcacións turísticas sostibles. Para A Guarda outorgáronse este ano dúas Bandeiras azuis, que forman parte do total de 107 areais con este distintivo en Galicia.
 
Este ano, e debido as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, que se tiñan previsto rematar antes da tempada estival, e que sufriron un retraso por mor da situación provocada polo Covid-19, na praia do Muíño non ondeará a bandeira azul ata que rematen ditas obras e se poda dar o servizo nas condicións propias deste distintivo de calidade.



A Guarda conta cunha APP móbil con multitude de servizos e trámites en liña
A Guarda, 8 de xuño de 2010. Dende fai uns anos o Concello da Guarda, a través do departamento de novas tecnoloxías, implementou unha APP móbil, dispoñible para dispositivos Andoid e IOS que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía.
Dende a súa posta en funcionamento xa foi descargada por máis dun milleiro de usuarios, atendendo preto de 900 incidencias, a maioría delas sobre mobiliario urbano, pavimentos e sumidoiros ou limpeza e xardinería.
A APP móbil do Concello da Guarda se pode descargar de xeito totalmente gratuíto dende o Google Play (Android) ou dende o APP store (IOS), unha vez instalada no dispositivo, conta con varias seccións con informacións de interese.
Entre as seccións dispoñibles permite coñecer as últimas novas, os eventos na axenda, as principais actividades, unha guía de empresas locais e outra de asociacións, avisos, rutas, directorio telefónico, horarios de servizos, información do tempo, entre outras.
Unha das seccións que ten unha gran utilidade é a de Incidencias, permitindo aos usuarios  dar aviso de incidencias sobre mobiliario urbano, tráfico e senalética, lixo e residuos, pavimentos e sumidoiros, animais e pragas ou limpeza e xardinería, o usuario pode xeolocalizar nun mapa o lugar exacto da incidencia e explicar polo miúdo a descrición da incidencia en 3 sinxelos pasos. Unha vez rexistrada a mesma, e de xeito automatizado, o sistema envía este aviso ao departamento municipal encargado da súa xestión, o que permite a súa resolución á maior brevidade, dando un aviso cando a incidencia está resolta aos usuarios.
O sistema de avisos permite que a APP Móbil notifique aos usuarios cando xurda, por exemplo unha avaría de auga, ou avisos e alertas meteorolóxicas.
A APP Móbil do Concello da Guarda conta ademais cunha sección de Citas Previas, que permite xestionar a solicitude de citas para o SERGAS, a Seguridade Social, a ITV, renovación do DNI, portal do emprego de Galicia ou con Facenda.
A maiores a APP inclúe información sobre a historia e o patrimonio do municipio en galego, castelán, inglés e francés, así coma unha sección de Ocio, na que se inclúen informacións sobre Que ver?, onde durmir?, onde comer?, os museos ou as festas municipais.
Tamén se conta cunha sección de Rutas, onde aparecen as principais rutas dispoñibles no municipio, coma a Ruta da Desembocadura do Río Miño, Camiños do Trega… con mapas e informacións varias sobre distancias, desniveis ou dificultade de cada ruta.
Dende o Concello da Guarda se convida á cidadanía e visitantes a descargar e empregar esta ferramenta, de moita utilidade e con moitos recursos accesibles dun xeito doado dende un teléfono smartphone.

O concello da Guarda traballa cos diferentes sectores para apoiar a recuperación económica na era post-Covid-19

A Guarda, 8 de xuño de 2020. Dende o comezo da desescala e co inicio da volta á nova normalidade, o Concello da Guarda vén de reunirse cos diferentes sectores comerciais e do tecido económico da vila  promovendo ademais accións de recuperación tralo Covid-19 para apoiar a economía e a reactivación turística da vila.
Xa dende o inicio da pandemia, apoiouse ós diferentes sectores comerciais no reparto de material de protección para os traballadores e na difusión a través das redes sociais, de aqueles establecementos que ofertaban reparto a domicilio.
Traballouse tamén durante o confinamento para que dende a semana pasada na Guarda arrancara o Marketplace www.mercanaguarda.com, que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.
Tamén se teñen realizado accións e traballado en diferentes medidas económicas, entre elas, a de posibilitar a ampliación de terrazas e a eliminación das taxas das mesmas no 2020.
Para poder escoitar e valorar as diversas accións que se levarán a cabo durante este verán 2020 de cara ó turismo e a reactivación económica, o Concello da Guarda reuniuse co sector da Pastelería-Panadaría o pasado martes 12 de maio. Nesta reunión, na  que estaban presentes a Técnica de Turismo, a Concelleira de Turismo e a Concelleira de Desenvolvemento Local, valorouse retomar a promoción do noso produto doce por excelencia, a Rosca de Xema da Guarda, creada no seo da Pastelería Montserrat no ano 1956.
O día 3 de xuño foi o día no que se reuniron Hostaleiros, Cafeterías e Bares, para poder valorar conxuntamente posibles accións enfocadas a un turismo de proximidade e foráneo, ademais de escoitar as súas demandas e dúbidas xeradas pola “nova normalidade”. Así, nesta reunión, unha das iniciativas que xurdiron foi a de recibir asesoramento e formación para afrontar esta nova situación nos seus establecementos. Dita formación, será levada a cabo o próximo luns día 15 de xuño e todos os interesados nesta formación contarán con asesoramento durante o verán para resolver futuras dúbidas, ante a previsión de cambios na desescalada ou nova normalidade.
Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.
Tal e como se anunciou a pasada semana, A Guarda contará tamén cunha comisión especial para a reactivación económica formada por representantes de diferentes sectores da vila, que traballará de xeito coordinado co equipo de goberno para buscar solucións apoiar aos negocios locais nestes duros momentos.


Cándido Verde Andrés descobre novos petróglifos no monte Torroso

A Guarda, 8 de xuño de 2020. Cándido Verde Andrés é un home namorado da paisaxe e da historia de Galicia e do norte portugués. É fácil atopalo polos carreiros das montañas, gozando do verde dos piñeiros ou deixando pegadas do seu camiñar polas corredoiras.
Escruta os peñascos como a aguia otea o chan desde as alturas para descubrir unha presa.
O que ás veces o ollo inexperto non ve, Cándido Verde descóbreo tras un débil suco que ao luscofusco, cando o sol xa declina, convértese nunha figura nítida gravada fai máis de tres mil anos, cando o home do Bronce deixaba o seu sinal espiritual nun rochedo que pervive no século XXI.
No seu haber, estudado despois por arqueólogos, ten mámoas, algún poboado, restos cerámicos e un bo número de petróglifos que pasaron a formar parte da bibliografía galega, aínda que non sempre lle recoñeceron a súa contribución ao coñecemento da nosa prehistoria, negándolle a honra do achado. Cándido, que participou como voluntario en distintas escavacións arqueolóxicas realizadas na Guarda, como foron as da Forca e Bouzas, e fóra da súa vila natal, ten desde o pasado martes, 2 de xuño, novos “motivos” de orgullo. No monte Torroso, moi preto do castro do Pico da Bandeira, descubriu un grupo de petróglifos nos que se insculturan círculos concéntricos, cuadriculados, “coviñas” e, posiblemente, algún muíño tallado na rocha.
Dos distintos motivos descubertos destacan o axedrezado, cun cuadriculado maior, de 64 casas, e cuadriculados menores encostados a este. A figura máis fermosa é un grupo de tres concéntricos de cuxo centro sae un suco que, tras dividirse en dous, finalizan noutros círculos.

Respecto dos posibles muíños, poden observarse un conxunto de 5 pequenas oquedades formadas por fricción. Serán os expertos quen determinarán, finalmente, se estas oquedades utilizáronse para moer o gran. En calquera caso, a carta arqueolóxica da Guarda enriquécese con novos motivos da Idade do Bronce recentemente descubertos por Verde Andrés.



Reapertura Piscina Municipal da Guarda

A Guarda, 5 de xuño de 2020. Tralo peche temporal do centro deportivo a mediados do mes de marzo, informamos da reapertura das instalacións da Piscina Municipal da Guarda, durante este tempo adecuouse para mellorar e garantir así a seguridade de usuarios e traballadoros.
Aplicáronse tódolos protocolos de desinfección e limpeza  ante o Covid-19 cumprindo coa normativa sanitaria establecida.  Os protocolos de actuación para traballadores e usuarios  son moi sinxelos pero precisan da responsabilidade individual e do respecto ás normas marcadas.
Determínase o uso obrigatorio de mascarillas nas zonas de paso común (entrada, pasillos, etc..). Fixéronse cambios no centro para respectar a distancia mínima de dous metros  no ximnasio, vestiarios ,duchas e  piscina, e, desta maneira, poder adestrar sen mascarillas. A disposición de todos hai produtos desinfectantes e xel hidroalcohólico, así coma un incremento das horas de limpeza en horario de apertura e peche da instalación. Non será preciso reservar cita previa.
O Concello de A Guarda fíxose cargo do reforzo das estruturas de aire da cuberta da piscina e o pintado do recinto do vaso.
Tódolos aboados recuperarán o servizo pagado e non desfrutado do mes de marzo durante o mes de Xuño.
Damos por finalizado o curso da escola de natación de nenos e adultos, quedando reservada  a praza no mesmo horario para a recuperación durante o novo curso 2020-2021.
Agradecer a colaboración e a comprensión de todos para levar a cabo os novos protocolos. A práctica de actividade física é unha das recomendacións principais fronte esta pandemia.

Continúa o acondicionamento das praias da Guarda
A Guarda, 5 de xuño de 2020. O  día 25 de Maio, procedeuse a apertura das praias como zonas de baño coa entrada na fase 2 da desescalada.
Ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 as praias estanse acondicionando seguindo as recomendacións para a apertura de praia e zonas de baño trala crisis da COVID-19,  documento elaborado polo Ministerio de Sanidad.
Unha acción importante é a informativa polo que se instalaron nos principais accesos das praias carteis coas indicacións de distancia social e comportamento.
Outra medida destacada é a hixiene, polo que o Concello da Guarda elaborou un plan de limpeza dos aseos das praias para dar así cumprimento ás medidas sanitarias para evitar o contaxio do COVID-19. Este plan de limpeza comezou o día 1 de xuño e continuará ata setembro.
Por último, indicar que dende hai xa algunhas semanas, se está procedendo a limpeza dos areais e  continuarán durante estas semanas as labores de desbroce para que ao comezo oficial da temporada de praias, o 15 de xuño, xa estean acondicionadas as instalacións e o entorno das nosas praias.
Informamos tamén que, na Praia do Muíño, estase a levar a cabo a Obra de mellora e  acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, que como outras accións, sufriu a paralización ocasionada pola grave pandemia do COVID 19. Estase traballando para ter rematada dita obra de mellora o antes posible, polo que rogamos a comprensión dos bañistas e visitantes deste espazo, somos coñecedores de que as obras poden ocasionar malestar, pero unha vez rematada, mellorará moito o acceso principal a este areal, para desfrute de todos e todas.

As praias galegas da Guarda competirán con outras once praias nacionais na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos
A Guarda, 5 de xuño de 2020. As praias galegas da Guarda foron unhas das 12 paraxes costeiras seleccionadas para participar na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos. A iniciativa, impulsada por Procter & Gamble (P&G) e Carrefour en colaboración coa ONG Paisaje Limpio e que volta a contar co respaldo do aventureiro Jesús Calleja como embaixador, busca concienciar á cidadanía sobre o impacto de tirar residuos nas praias e sobre a necesidade de actuar e tomar decisións para aportar solucións a un problema que nos afecta directamente, como é o cambio climático.
Nesta edición, presentada como antesala do Día Mundial do Medioambiente, 12 praias competirán por ser as escollidas polos españois para acoller unha xornada intensiva de limpeza por parte de voluntarios medioambientais o próximo outono. Como novidade, nesta ocasión serán tres, en vez de unha, as seleccionadas no concurso de #MiPlayaSinPlásticos, cuxas votacións estarán abertas ata o próximo 31 de agosto neste enlace: https://bit.ly/2Mqcsb9.
O acto de arranque, que se ten celebrado por primeira vez en formato online, contou coa participación de diversas autoridades locais das Comunidades e municipios cuxos enclaves formarán parte das votacións, entre os que tomou parte unha representante da localidade galega da Guarda.
Durante a presentación, Jesús Calleja lanzou un chamamento aos españois para que, entre todos, preservemos a recuperación que ten experimentado o entorno durante a emerxencia sanitaria. “A naturaleza resurxiu e, agora, debemos manter este regalo. Queremos volver a desfrutar das nosas praias no seu mellor estado e homenaxealas retirando aqueles residuos que aínda existen. A natureza é fonte de vida e benestar, a temos botado moitísimo de menos durante o confinamento e, por elo, temos que coidala e respectala ao máximo”, engadíu.
Pola súa parte, Rami Baitiéh, director xeral de Carrefour España, sinalou que: “Con esta nova edición de #MiPlayaSinPlásticos queremos reafirmar o noso compromiso co medio ambiente, cos nosos clientes e colaboradores. En definitiva, unha acción que nos implica nun gran desafío e que forma parte da nosa política de accións de RSC, da cal vos convidamos a formar parte”.
Unha idea que coincide coa transmitida por Javier Solans, director xeral de P&G en España e Portugal, quen sinalou: “A sostenibilidade é responsabilidade de todos e por elo, debemos unir as nosas forzas e crear alianzas poderosas que nos permitan contribuír a resolver este gran desafío. A emerxencia sanitaria fíxonos máis conscientes do valor que aporta ás nosas vidas a natureza. Por elo, debemos traballar para eliminar as pegadas de residuos que aínda existan e evitar novas imaxes das nosas praias cheas de desperdicios e, agora tamén, de obxectos como luvas ou máscaras”.
Unha fonte de riqueza natural que debe ser preservada
As praias da Guarda están situadas no esteiro do río Miño, dende o que se pode mirar Portugal. Rodeadas dun fermoso pinar, vense afectadas pola marea, vento e os posibles residuos que arrastra o río a través das súas augas.
As marcas e as empresas teñen a oportunidade de axudar aos consumidores a vivir duhna maneira que coide e restaure o planeta a través de compras máis conscientes e hábitos de consumo responsables.
Sen embargo, a sostenibilidade e o coidado do noso entorno son retos que so poden ser abordados dende a colaboración de todos os actores que conforman a sociedade. Por elo, este ano, o acto de presentación contou tamén coa presencia de portavoces de Paisaje Limpio e FSC, así como con representantes dos doce municipios aos que pertencen as praias seleccionadas. Todos eles quixeron destacar a importancia deste tipo de iniciativas como altofalante e chamada á concienciación sobre a necesidade de manter limpo o entorno natural.
Unha iniciativa consolidada entre os españois
Tan so tres anos despois da súa posta en marcha, #MiPlayaSinPlásticos tense consolidado como unha iniciativa de éxito e efectiva no ámbito medioambiental. De feito, no 2019 bateu o seu récord de participación ao pechar a edición con 300.000 votos rexistrados e recoller, en so unha xornada de limpeza, máis de 600 kg de residuos que foron clasificados e categorizados a través da ferramenta MARNOBA, avalada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). Unhas cifras que poñen de manifesto a crecente preocupación e implicación da cidadanía española en torno á sostenibilidade.
A principios de setembro daranse a coñecer as tres praias seleccionadas para ser limpadas de residuos da man de Carrefour, P&G, Paisaje Limpio e centos de voluntarios medioambientais. A nova edición de #MiPlayaSinPlásticos arranca así nunhas circunstancias sen precedentes para continuar concienciando sobre a importancia de manter os espazos naturais costeiros libres de residuos plásticos.



O concello da Guarda apela á responsabilidade da cidadanía sobre as medidas de prevención e o medio ambiente

A Guarda, 4 de xuño de 2020. Dende o inicio do estado de alarma declarado pola crise sanitaria do Covid-19, tivemos que ir adaptando as nosas costumes e tomar medidas de hixiene e seguridade que fixeron extensible o uso de luvas ou máscaras de protección á case totalidade da poboación.
Afortunadamente, a maioría da veciñanza está a cumprir coas novas medidas impostas, e dende o concello apelamos a que continúe así esta dinámica, para evitar calquera tipo de novo contaxio.
Unha das caras negativas da pandemia do Covid-19, e que está estreitamente vencellada ao medio ambiente, e que desafortunadamente, moitos dos elementos que se están a empregar para a prevención e protección como luvas ou máscaras, son depositados sen control en rúas e fincas, arrastrados despois polo vento, o que fai moi difícil o seu tratamento coma residuo e pasan directamente a contaminar de xeito irremediable o noso entorno, moitas veces espazos dunha gran importancia medioambiental.
É por elo que dende a concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda se fai un chamamento, a empresas e á cidadanía en xeral, a que se realice un correcto tratamento deste tipo de elementos de prevención e protección para que rematen nos contedores do lixo e non no medio ambiente.



A Guarda contará cunha comisión especial para a reactivación económica formada por profesionais que rexentan negocios ou están estreitamente ligados á nosa vila
A Guarda, 3 de xuño de 2020. O Concello da Guarda invitou a un grupo de 8 profesionais de diversos sectores para que formen parte dunha comisión especial que traballará de xeito coordinado co equipo de goberno para buscar solucións que conduzan á reactivación económica local.  
Desde o mes de marzo o Concello ven realizando diversas intervencións para tratar de apoiar aos negocios locais nestes duros momentos. Estas iniciativas proseguiron no mes de abril e maio co lanzamento, durante a pasada semana, do marketplace www.mercanaguarda.com, que permitirá aos negocios locais diversificar a súa estratexia e abrir unha nova canle de venda online. Polo momento xa se atopan inscritos e recibindo formación para o manexo da plataforma un total de 15 negocios da localidade, e outros tantos solicitaron xa información para a súa adhesión.
De xeito paralelo a estas medidas, e xa durante o mes de abril, o grupo de goberno iniciou contactos con diversas empresas de consultoría para valorar a posibilidade de contratar a algunha delas para que guiase ao equipo de goberno durante os próximos meses neste proceso de reactivación local.
Finalmente, e dado que os prazos de execución que ofrecían estas empresas eran de entre 3 e 6 meses, posto que o primeiro e máis complexo paso que debían dar era facer unha análise das condicións da vila, decidiuse optar por unha fórmula alternativa que acortara estes prazos de tempo e permitira aplicar medidas dun xeito máis rápido.
Por iso desde o Concello tomouse a decisión de optar pola creación dunha comisión especial conformada por profesionais que xa coñeceran de primeira man o noso territorio, ben porque rexentaran negocios na localidade e residiran nela, ou porque estiveran ligados dalgún modo á mesma. Esta comisión tería como obxectivo traballar na ideación de medidas que tiveran como finalidade a reactivación local, e coa motivación de facelo polo ben común da vila.
Algunhas destas persoas foron directamente contactadas polo equipo de goberno, recibindo unha resposta moi positiva por parte delas e mostrándose abertas a colaborar en todo o necesario.
Invitouse tamén ao resto de forzas políticas a propoñer outras persoas que considerasen idóneas para formar parte desta comisión, pero excepto o Partido Popular, o resto de grupos políticos declinaron a invitación e decidiron non participar de ningún xeito nesta iniciativa.
Entre os e as profesionais que conformarán esta comisión atópanse José L. Lorenzo  (Propietario do comercio Rodríguez Brand Store), Manuel Domínguez Freitas (Ex-alcalde da Guarda), Eva Bouzas Facal (Responsable Área Proxectos Europeos da Asociación San Xerome Emiliani), Manuel Franco Peixoto (Propietario dos Restaurantes Area Grande, Marouco de Palla e El Capitán), Francisco Xavier Martínez Cobas (Profesor na Facultade de Economía e Administración de Empresas da Universidade de Vigo), Joaquín Cadilla Castro (Presidente de ORPAGU), Chus Castro González (Propietaria do Restaurante Bitadorna), e Doménico Tinelli (Consultor e xestor de proxectos europeos de I+D no Instituto Tecnolóxico de Galicia).
Estas persoas prestarán a súa colaboración de xeito desinteresado e está previsto que manteñan tres reunións durante o mes de xuño, reunións que serán guiadas por Susana Rodríguez (Coach e Psicóloga Social con experiencia na condución de mesas de traballo).
O obxectivo é que tras esas sesións conxuntas se xeren ideas e iniciativas innovadoras para o futuro da Guarda, que se podan poñer en marcha a curto e medio prazo.
Esta comisión traballará de xeito complementario ao comité formado polo equipo de goberno e os portavoces dos demais grupos políticos con representación na Corporación Local, e que tamén estudiarán posibles iniciativas a por en marcha durante os próximos meses para estimular a economía da Guarda.
O equipo de goberno está seguro de que esta será a mellor vía para atopar solucións na excepcional situación na que nos atopamos: tomando as decisións desde unha perspectiva de colaboración, construtiva e de axuda mutua.

A Guarda participa este xoves na presentación de #MiPlayaSinPlásticos 2020

 
A Guarda, 3 de xuño de 2020. O Concello da Guarda participa mañá xoves na presentación do proxecto #MiPlayaSinPlásticos 2020, nun formato webinar virtual no que estarán presentes, Jesús Calleja (embaixador e presentador), Javier Solans (director xeral de P&G En España e Portugal), Rami Baitiéh (CEO de Carrefour en España), Gonzalo Anguita (FSC), María Cabrera (Paisaje Limpio) e coma representante da Guarda, Sara Novegil Molina, técnica de medioambiente municipal.
 
A Guarda foi preseleccionada este ano polas súas praias, que no caso de “O Muíño” e “Area Grande” lucen dende fai anos o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.
 
Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.
 
O obxectivo de #MiPlayaSinPlásticos, que en 2019 rexistrou máis de 300.000 votos, é promover e aumentar a concienciación medioambiental en torno ao abandono incontrolado de residuos nas nosas praias e paraxes costeiros. E neste ano 2020, aínda con maior motivo, por estes tempos derivados da emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, onde somos testemuñas do efecto que o ser humano ten no estado do entorno natural. Por elo, pensando no regreso, debemos seguir traballando para conservar o acadado e seguir contribuíndo a acadar un mundo cada vez máis responsable.

A Oficina de Xestión Tributaria retoma a atención presencial na Guarda a partires do 8 de xuño

A Guarda, 3 de xuño de 2020A Oficina de Xestión Tributaria retomará o servicio de atención presencial a partires do día 8 de xuño, aínda que exclusivamente con cita previa e para a realización de xestións estritamente necesarias e que non podan realizarse doutro xeito.
Para o resto de xestións (expedición de duplicados de recibos,  obtención referencias catastrais para IRPF, domiciliacións, entre outros) poden usar a atención telefónica ou telemática onde se lles dará cumprida información (teléfono, correo electrónico, Sede Electrónica do Concello).
As persoas interesadas en concertar cita ou o O correo-e: recadacionaguarda@sdci.es



A Guarda retoma o ciclo de Cinema de Muller
A Guarda, 1 de xuño de 2020. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.
Programa de Cinema da Muller
O Centro Cultural da Guarda será o escenario para as dúas proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 12 de xuño e 19 de xuño, todas as proxeccións contarán cunha charla coloquio previa ás 20:00h e posterior proxección ás 21:00h.
O venres día 12 de xuño de 2020 proxectarase “As Lindas” de Melisa Liebenthal.
As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.
¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw
Para rematar este ciclo o venres día 19 de xuño de 2020 proxectarase “Histeria” de Tanya Wexler.
Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy)  é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar  <<convulsións paroxísticas>> que na verdade eran orgasmos.
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8
Medidas de saúde e hixiene ante o Covid-19
·         Aforo máximo do local: 50 persoas en butacas separadas e numeradas
·         Diferenciación de accesos e saídas
·         Recomendamos reserva previa no 986 61 0000 ext.5(en horario de 9:00h a 14:30h ou en cultura@aguarda.es
·         Desinfección previa da sala, butacas e disposición de xel hidroalcohólico para usuarios
Regreso al contenido