• Documentación acreditativa da titularidade do inmoble: poderá acreditarse mediante certificado de titularidade expedido polo Rexistro da Propiedade, escritura pública que acredite a propiedade do local, recibo do imposto sobre bens inmobles do exercicio tributario inmediatamente anterior ou calquera outro documento que acredite a propiedade do inmoble, cuxo suficiencia será acreditada polo concello, que poderá esixir mais dun deste documentos a fin de acreditar fehacientemente esta titularidade.• En caso de que se trate dun local arrendado, de maneira que sexa o arrendatario quen desenrole a actividade industrial ou comercial no mesmo, contrato de arrendamento subscrito entre arrendador e arrendatario.• Declaración responsable do titular da actividade de que nese inmoble estase a desenrolar unha actividade que no período impositivo anterior foi suspendida expresamente por norma con rango de lei estatal ou autonómica derivada da declaración de estado de alarma como consecuencia da crise sanitaria provocado pola Covid-19.• Documento de alta na Axencia Tributaria na actividade en cuestión no que conste o epígrafe da actividade e a data de inicio de mesma.• Calquera outro documento que se esixa polos servizos económicos municipais.