A Guarda, outubro de 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, outubro de 2020

PUBLICADAS
Orpagu se convierte en la organización europea líder en el sector del palangre
A Guarda, 30 de octubre de 2020.- Cuando faltan unos meses para celebrar los 25 años de su existencia como Organización de Productores, la firma guardesa Orpagu logra un hito al convertirse en la agrupación de palangre de superficie más importante de Europa, sumando a sus más de 40 embarcaciones otros 30 buques portugueses que, al igual que los suyos, tienen en el pez espada y la tintorera sus especies objetivo. Este arte de pesca habla galaico-portugués, recuperando en esta actividad económica y vital el lenguaje común que une a las dos riberas del río Miño. El mar desvirtúa las fronteras entre pescadores que ahora unen esfuerzos para un mejor futuro en común.
Además de la representatividad y peso que alcanza Orpagu en virtud de esta alianza, el puerto vigués saldrá también beneficiado de esta unión ya que el convenio especifica que las unidades lusas deberán vender su producto en Vigo, lo que repercutirá en la actividad económica y movimiento de la lonja.
A efectos prácticos, los firmantes del acuerdo Vianapesca, Cooperativa de Armadores de Pesca Artesanal e a Asociación de Armadores de  Peniche- OP Centro) refuerzan la figura de Orpagu como organización representativa del palangre de superficie europeo en aquellos organismos en los que se adoptan las decisiones de gestión. Y es que el objetivo de esta unión de la flota ibérica es más ambicioso del plasmado en el acuerdo y tiene la vista puesta en el futuro. Los armadores de A Guarda y sus socios portugueses consideran que la gestión de los recursos mejora cuando la flota comparte intereses. A nivel económico, la unión de ambas flotas representa una facturación de 52,5 millones de euros y da trabajo directo a más de un millar de tripulantes. Asimismo, las capturas de pez espada, la principal especie a la que se dirigen estos barcos, superan las 5.435 toneladas.
Conciencia global y protectora de los océanos
Orpagu, al igual que las asociaciones portuguesas, ha destacado siempre por su transparencia y gestión sostenible, cualidades que les han permitido llegar en muy poco tiempo a un entendimiento para formar esta alianza. En este sentido, todos los armadores son conscientes de que la supervivencia como organización depende de cómo actúen ante los nuevos retos que plantea la actividad pesquera, ya sea en tecnología, como en información y respeto al medio marino.
Desde Orpagu señalan al respecto la necesidad de remar todos en una misma dirección : «Debemos trabajar juntos para alcanzar una conciencia global, protectora de los océanos, de la naturaleza y de la biodiversad», asegura su presidente Joaquín Cadilla. Se trata, sin duda, de una buena noticia para el sector del palangre, en un momento complicado por la caída de precios de las capturas y las dificultades en el comercio que ha impuesto la pandemia.
Datos económicos  que refuerzan el carácter transnacional
Orpagu representa ahora a 72 barcos de palangre de superficie que faenan en los océanos Atlántico, Índico y Pacífico, facturan en su conjunto 52’5 millones de euros y emplean de forma directa a más de un millar de trabajadores.
Orpagu espera que estos datos, que refuerzan el carácter transnacional de la organización, animen a Bruselas a darle todo el sentido a esta «transnacionalidad », reconociendo los mismos derechos de los socios, independientemente del país al que pertenezcan.
 

O BNG insta  ao concello da guarda  a  que execute o acordo de bonificacións nas taxas do lixo e  da auga  para o 2021
A Guarda, 29 de outubro de 2020. O  BNG presentou unha serie de medidas ao Pleno do Concello da Guarda para combater a crise social e económica provocada polo covid-19 que foron aprobadas no mes de maio.
Entre as medidas aprobadas está a  bonificación das taxas do lixo e auga  para todas aquelas familias cunha renta per cápita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais).
Tamén se acordou a reducción proporcional aos recibos do lixo no periodo de cese de actividade motivada pola pandemia  para autónomos e PEMES.
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG manifesta “estas bonificacións  serán de  aplicación  no ano 2021 e para eso é preciso modificar antes as  ordenanzas do lixo e da auga para que entren en vigor no próximo mes de xaneiro, polo que lembra que corresponde aprobar a modificación das ordenanzas co  tempo necesario para poderen ser aplicadas no 2021”.
 
Horario de inverno no Punto Limpo da Guarda
A Guarda, 29 de outubro de 2020. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo, coincidindo co cambio ao horario de inverno.
A partires do xoves día 29 de outubro de 2020 o horario do Punto Limpo da Guarda será o seguinte:
Luns de 8:00h a 14:30h
Martes de 8:00h a 14:30h
Mércores de 8:00h a 17:30h
Xoves de 8:00h a 14:30h
Venres de 8:00h a 14:30h
Sábados de 8:30h a 13:00h
O Concello da Guarda considera que con esta ampliación do horario do punto limpo mellorarase o servizo e facilitarase tamén a reciclaxe, dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico. O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos.
Máis información no Punto Limpo da Guarda, ao carón da Piscina Municipal, no teléfono 690 01 69 76 ou no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es
  

A Guarda pecha a programación de outubro cun concerto de corda en sesión “vermouth” na Praza do Reló
A Guarda, 28 de outubro de 2020. O vindeiro sábado día 31 de outubro o Concello da Guarda pon o broche final á programación de outubro cun música en directo en sesión “vermouth” na Praza do Reló a cargo do grupo centroeuropeo, residente en Oporto, Quinta Corda.  
A formación trae á Guarda entre o seu repertorio grandes pezas coma As Catro Estacions de Vivaldi, Adagio de  Albinoni, Divertimento de Mozart ou Danza do Lago dos Cisnes de  Tchaikowsky.
Sen dúbida un delicioso programa, agradable e sinxelo de escoitar, apto para todos os públicos.
Sobre Quinta Corda
Quinta Corda é unha agrupación musical que se presenta en distintas formacións, desde o Trio á Orquestra de cámara, abranguendo así un vasto repertorio que se alastra do barroco ao contemporáneo. Estreouse en 2002 no Mosteiro S. Martinho de Tibães, en Braga na Conmemoración das Xornadas do Patrimonio Arquitectónico, sendo calorosamente recibido polo publico. Ata á data, realizaron un gran número de eventos musicais, como concertos, master clases e festivais en todo o mundo.
VIOLÍNS: Sergey Arutyunyan, Larisa Shomina, Alexandre Arutyunyan
VIOLA: Iakov Arutyunyan
VIOLONCELO: Bruno Fernández
Este concerto forma parte da xira  que o Quinteto está a realizar polas diferentes localidade do Camiño Portugués dentro do programa O Teu Xacobeo, promovido pola Xunta de Galicia.
  

Informacións e recomendacións sobre as medidas de prevención relacionadas coa situación sanitaria
A Guarda, 27 de novembro de 2020. Vistos os últimos documentos publicados polas administracións en relación coas medidas pola situación sanitaria, o concello da Guarda fai un resumo daquelas medidas de obrigado cumprimento e recomendacións extraídas deses documentos.
Medidas organizativas ante a festividade de todos os Santos e Defuntos. Tendo en conta as recomendacións das autoridades sanitarias e en coordinación cos párrocos das parroquias da Guarda fanse as seguintes recomendacións en relación ás visitas aos cemiterios:
·         Respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados.
·         Establecer un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes.
·         A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e nunca superior a 30 minutos.
·         Débense evitar aglomeración tanto nas entradas como no interior dos cemiterios.
·         Realizar os adecentamentos dos nichos e tumbas, nos días previos ao 1 e 2 de novembro.
·         De ser posible, visitar os cemiterios os días anteriores e posteriores á celebración do día de todos os Santos o 1 de novembro.
·         Os contedores para depositar os residuos xerados deben permanecer abertos para evitar a súa manipulación.
·         Débense observar sempre as debidas medidas de hixiene de máns, co uso de hidroxel; e respiratoria, co uso das máscaras. Tamén se deben observar as medidas de distanciamento interpersoal.
Cuestións a ter en conta con motivo da declaración do estado de alarma e da volta a fase dous da desescalada
En primeiro lugar sinalar que a autoridade competente aos efectos do estado de alarma é o Goberno da Nación, pero que en cada comunidade autónoma a autoridade competente delegada será a que ostente a presidencia da comunidade, no noso caso a Xunta de Galicia.
Durante o período comprendido entre as 23:00 e as 6:00 h non se poderá circular polas vías ou espazos públicos excepto para as seguintes actividades:
1.    Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade
2.    Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios
3.    Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
4.    Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais
5.    Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades permitidas
6.    Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
7.    Por causa de forza maior ou situación de necesidade
8.    Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
9.    Repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización de algunha actividade permitida.
O tamaño dos grupos de persoas non convivintes para calquera actividade ou evento familiar ou social será como máximo de 5 persoas.
Suspéndese o mercadillo do próximo sábado día 31 e manterase esta suspensión mentres permanezan as medidas restrictivas impostas pola Xunta de Galicia.
Os establecementos, locais comerciais e profesionais non deberán superar un cincuenta por cento da súa capacidade total
Nos establecementos que teñan atención ao público deberán prestar servizo preferente aos maiores de 75 anos
Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local. Nestes establecementos non está permitido o consumo na barra.
Dende o concello da Guarda queremos salientar que evitar a propagación da pandemia é responsabilidade de todos e cada un de nós, debemos tomar todas as medidas de protección e hixiénicas individuais recomendadas para evitar un agravamento da situación.
    

A poesía e a música de Lúa Mosquetera chegan á Guarda con “Violencia Zero” buscando atitude e cambio ante a violencia machista
A Guarda, 26 de outubro de 2020. A poesía feminista de Lúa Mosquetera sonou esta tarde con toda a súa forza no concello da Guarda como unha chamada á reflexión e ao cambio fronte a violencias machistas na nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. A proposta da artista tivo como escenario o campo de fútbol da Sangriña, coa asistencia de alumnas e alumnos e profesorado do IES do mesmo nome, amais da deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.
A través da base musical do reguetón, un xénero tipicamente machista, Mosquetera puxo o foco nos micromachismos que sofren a diario as mulleres e na necesidade dun cambio na busca da igualdade. A poeta recitou dous dos seus poemas, “Por si nunca vuelvo a casa” e “Reguetón”, este último baseado nas testemuñas reais de dez mulleres e que tivo unha grande repercusión trala súa estrea este verán en redes sociais. “Mandeilles un cuestionario a estas mulleres e as súas respostas foron unha revelación para min –explicou-. Dinme conta da cantidade de micromachismos que as mulleres sufrimos de xeito bestial a través de actitudes cotiás e, de xeito, moitas das respostas destas mulleres se repetían”. A artista concluíu cunha reflexión: “Mentres se dedican a sinalar os nosos supostos erros no feminismo, seguimos convivindo a diario con múltiples micromachismos que revelan unha violencia machista en potencia –sinalou-. ‘Reguetón’ quere arroxar luz sobre eles e chamar así ao cambio”.
Pola súa banda, a deputada de Igualdade, Victoria Alonso, incidiu na importancia da acción colectiva para poñer freo á violencia de xénero, que neste 2020 xa se cobrou 37 vítimas mortais. “Diso trata este programa, Violencia Zero, de que precisamos –destacou- levar a cabo unha acción conxunta que nos comprometa a todas e a todos neste obxectivo da loita pola igualdade e contra todo tipo de violencia machista, incluída a que pasa máis desapercibida, como son eses micromachismos cotiás, aos que temos que responder”.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tamén fixo fincapé na situación das mulleres que están a sufrir situacións de violencia, ao tempo que amosou a súa esperanza de que “nun tempo futuro no que non fagan falta este tipo de actos porque teñamos avanzado como sociedade ata recoñecer que homes e mulleres, sendo distintos, temos os mesmos dereitos como cidadáns”.
A de esta tarde en A Guarda foi a vixésimo primeira acción desta quinta edición do programa Violencia Zero da Deputación, despois do seu paso por Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Marín, Gondomar, O Grove, Cambados, O Rosal, Mondariz, Pontecesures, Sanxenxo, Cerdedo-Cotobade e Tui. O proxecto, que ten por obxecto visibilizar á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade, inclúe accións de performance, poesía, música, graffiti, acción escénica ou danza contemporánea.
      
A Campaña “AgresiónOff” chega este sábado á Guarda
A campaña 'AgresiónOff, eu digo non á violencia sexual', da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, ten como obxectivo previr e evitar as agresións sexuais contra as mulleres, especialmente en eventos que se desolvolvan en Galicia. Actualmente, por mor da COVID, as intervencións realízanse tamén noutro tipo de contextos.
No marco da campaña, ofrecerase información contra a violencia  sexual e realizaranse accións de sensibilización e prevención sobre agresións sexistas.
OBRADOIROS E ACTIVIDADES LÚDICO-FORMATIVAS:
No stand levaremos a cabo as seguintes actividades e obradoiros:
1.    CANTO DE ESTEREOTIPADA ESTÁ A TÚA MENTE? Esta actividade consiste en escoitar e reflexionar acerca de diferentes mensaxes que poden inducir, moitas veces de xeito inconsciente, a pensamentos estereotipados.
2.     A RULETA DO AMOR ROMÁNTICO. Este xogo interactivo consiste en facer xirar a ruleta dos mitos sobre o amor romántico. Cando esta se pare nun mito en concreto, a persoa que xoga debe argumentar o que pensa sobre a frase que corresponda.
3.     NON ME CONTES CONTOS. Empregando o televisor co que contaremos no stand, proxectaranse na pantalla diferentes fragmentos de contos, fábulas, refráns e ditos populares, co obxectivo de invitar á reflexión acerca da importancia da información que recibimos e, sobre todo, transmitimos.
4.     ONDE ESTÁ O LÍMITE? Nun lateral do stand, expoñeranse de forma escalonada (semellando graficamente a imaxe dun termómetro), diferentes actitudes ou comportamentos que se poden dar dentro da parella. De xeito individual ou grupal, os participantes deben decidir onde poñen o seu límite, xerando así o debate sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica.
5.     EU NON NECESITO #FILTROS. Nunha das paredes do stand haberá diferentes espellos que deforman ou alteran a imaxe. Sobre estes espellos haberá rotuladas mensaxes que invitan á reflexionar acerca da imaxe que queremos transmitir nas RRSS, incluíndo o uso de filtros para modificar aqueles aspectos físicos que non nos gustan. Neste senso, mediante mensaxes como ‘a túa personalidade non ten filtro’ preténdese xerar un clima de reflexión que contemple a autoestima e a valoración persoal coma o eixo principal para construír relacións socio-afectivas saudables.
6.     ESTÁS SEGUR@ DE PREMER O BOTÓN DE ENVIAR? Os/as participantes nesta actividade deberán decidir, coñecendo previamente os riscos e as consecuencias do sexting, se envían ou non, de xeito hipotético, o contido vinculado a esta práctica.
7.     KAHOOD DA IGUALDADE. XOGO TECNOLÓXICO ON LINE. Nunha pantalla proxectaremos este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poderán respostar a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida.
8.     A INFORMACIÓN ESTÁ AO ALCANCE DA TÚA MAN. A través de códigos QR os participantes poden acceder á información relacionada co programa, como o portal de Igualdade, os enlaces de descarga da APP AgresiónOFF, números de teléfono da muller, etc.
Ademais das actividades para adultos, contaremos tamén con outra pensada para os máis cativos, así como dúas propostas a maiores que complementan todas as actividades anteriormente citadas:
9.     O TÓTEM DO SEXISMO. Ao carón do stand colocarase un pequeno tótem serigrafiado con palabras ou frases sobre diferentes accións e actividades que aos máis cativos lles poidan resultar familiares (como bailar, xogar ao fútbol, axudar nas tarefas do fogar, cociñar, xogar con bonecas, pelexar…). Na parte superior do tótem situaranse dúas flechas, unha que indica ‘nenas’, e outra, en dirección contraria, que indica ‘nenos’. Os máis cativos, guiados polas persoas informadoras do stand ou polas súas familias, deben decidir se as accións citadas son de nenos, de nenas ou de ambos. Con esta actividade preténdese combater os estereotipos e o sexismo dende a infancia, esclarecendo que non hai diferencias entre mulleres e homes á hora de realizar este tipo de accións.
10.  VERDADE OU MITO. Esta actividade ten como obxectivo desterrar ideas erróneas sobre a violencia de xénero e as agresións sexuais.
11.  AMPLIEMOS O DECÁLOGO CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL. Partindo do decálogo sobre a violencia sexual, animarase aos/ás participantes que se acheguen ao stand a engadir algunha indicación máis que complemente ás xa recollidas no mesmo.
12.  ADIVIÑA A ADIVIÑANZA…QUEN ESTÁ DETRÁS DE CADA FRASE? As persoas informadoras do stand propoñerán frases asociadas a profesións que os/as participantes deben identificar segundo sexan ditas por unha muller ou por un home, e razoar o porqué.
Ademais, ao longo da intervención distribuiranse flyers co ‘Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber’ en galego, castelán e inglés, así coma merchandising cos logotipos de programa.
  

A Guarda suspende o mercadillo semanal dos sábados
A Guarda, 23 de outubro de 2020. O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 sobre as actividades ao aire libre acordou a suspensión do mercadillo semanal dos sábados, unha medida que será efectiva dende este sábado día 24 de outubro e que se prolongará ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19, polo cal o mercadillo semanal queda suspendido dende este sábado, inclusive.
Só instalaranse na Alameda da Guarda os postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos.
A día de hoxe o número de casos activos na localidade é de entre 0 e 7, estando no nivel 0, seguindo os novos casos confirmados por PCR nos derradeiros 7 días.
Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre ou tose.
   
A Guarda avanza na redacción do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles
A Guarda, 23 de outubro de 2020. O pasado luns  día 20 de outubro a empresa encargada de elaborar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) fixo a presentación deste proxecto, no que participarán os grupos políticos municipais, persoal municipal, así coma os propios cidadáns guardeses a través de diversas enquisas que se realizarán próximamente.
O equipo de goberno fará partícipes aos demais grupos políticos da corporación da redacción do plan para que fagan as súas aportación e mostren o seu punto de vista. Non pode ser doutra maneira dado que o documento é para desenvolver políticas municipais ata 2030, ano límite para ter logrado unha redución dun 40% de aforro nas emisións de CO2.
O equipo de goberno escoitou as liñas que propoñía a empresa como liñas de traballo e trasladoulle a esta as que para el son liñas estratéxicas, ben porque na actualidade estea xa traballando nelas ou por que as considera fundamentais nas políticas municipais dunha administración que aspira a ser unha referencia na modernización.
Destas liñas estratéxicas para o equipo de goberno algunhas son: O aforro en consumo de enerxía eléctrica, xa estamos traballando neste ámbito dende fai tempo, na actualidade estamos coa licitación do cambio da iluminación pública por luminarias led e temos tamén proxectos enriba da mesa que se basean no aproveitamento da enerxía solar.
Temos tamén como meta cara ao 2030 actuar sobre a flota de vehículos municipais co obxectivo de ter todos os vehículos eléctricos.
Temos obxectivos ambiciosos na redución de residuos orgánicos e mellora na separación e reciclaxe de lixo e tamén consideramos como liña estratéxica a xestión da auga. Temos que acadar unha optimización dos recursos hídricos que consigan afrontar períodos de seca con subministro propio, de forma independente ao subministro de Tui.
Por último, o equipo de goberno considera como liña estratéxica mellorar a eficiencia enerxética das edificacións, neste caso hai unha pequena parte que corresponde a entidade local, coas dependencias municipais pero, hai outra parte que, corresponde ás vivendas privadas onde conseguir os obxectivos vai a depender de toda a cidadanía, pero que tamén neste ámbito, hai que traballar con campañas de concienciación e incluso coa adaptación de tributacións, se elo fora posible.
   

Orpagu homenajea a sus trabajadoras y a la gente del mar al recibir su Premio Alimentos de España
A Guarda, 22 de octubre de 2020. El presidente de la Organización de Palangreros Guardeses, Joaquín Cadilla, brindó el galardón otorgado por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación “a las trabajadoras de Orpagu, a la gente que está en el mar para poder seguir abasteciendo el mercado y a nuestras abuelas que se encargaron de transmitirnos todos los valores y la tradición de un pueblo pesquero como es A Guarda”. En su emocionado homenaje, Cadilla también tuvo palabras de agradecimiento hacia la secretaria general de Pesca, Alicia Villauriz, “y todo su equipo porque gracias también a ellos podemos recoger hoy este galardón”.
Orpagu recibió en Madrid, en un acto presidido por el ministro Luis Planas, el Premio Alimentos de España en la categoría de Producción de la Pesca y de la Acuicultura 2019, la más alta distinción del Gobierno en este segmento. En su decisión, el Ministerio tuvo en cuenta la trayectoria de la organización, que ha sabido adaptarse a los cambios durante generaciones,su apuesta firme por la sostenibilidad y la diferenciación de los productos que comercializa.
La Organización de Palangreros Guardeses cumplirá el próximo año un cuarto de siglo. Desde sus inicios en 1996 hasta ahora, han pasado por Orpagu al menos dos generaciones de pescadores, unidas por un mismo espíritu emprendedor y empeñadas en dignificar la actividad que ha sido el sustento de cientos de familias en la localidad que las vio nacer: A Guarda.
Reconocida como Organización de Productores Transnacional en 2016 -en la Unión Europea sólo hay cuatro- gracias a la incorporación de varios buques portugueses, Orpagu destaca por ofrecer a sus asociados las mejores herramientas, implicándose desde hace años en proyectos de innovación para constituir una flota moderna y sostenible. Buena prueba de ello es su apuesta por las velas rígidas diseñadas especialmente para los palangreros de la organización con varios objetivos: minimizar el impacto en el medio marino, el ahorro de combustible y la disminución de la contaminación acústica, entre otros.
La Organización de Palangreros Guardeses también ha llevado a cabo otras actividades para contribuir a la sostenibilidad de los océanos y el cuidado del medio como talleres formativos para minimizar la captura accidental de tortugas marinas o la implantación de sistemas de observación electrónica a bordo de sus buques.
Comercialización de sus productos
En 2012, los guardeses crearon su primera línea de productos Orpagu Gourmet, cuya gama ha ido aumentando en estos años, consiguiendo conquistar el mercado de la alimentación delicatessen. En la actualidad, la organización comercializa conservas de pez espada y atún de anzuelo en aceite de oliva virgen extra, productos elaborados de forma totalmente artesanal. Recientemente ha comenzado a comercializar hamburguesas de pez espada, el primer producto de su gama de congelados, en la cual está trabajando para poder ofrecer una mayor variedad de formatos y productos dirigidos a todas las edades.
La materia prima utilizada en todos estos productos es pescado capturado pieza a pieza por los palangreros de Orpagu y asociados, y congelado a bordo entre -35ºC y -40ºC inmediatamente tras su captura, lo que le permite mantener toda su frescura y propiedades nutritivas. Una vez en tierra, se escogen las mejores unidades para la elaboración de sus productos gourmet.
La presencia de estos productos en el mercado internacional se reforzó en el último año y ya se pueden encontrar sus conservas en Portugal, Suiza, Reino Unido, República Checa, Dinamarca y Alemania. El objetivo a corto plazo es seguir conquistando el mercado europeo y atravesar el Atlántico para probar suerte en Estados Unidos y México.
    
A exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas” amplía a súa estadía na Guarda até o 19 de novembro
A Guarda, 22 de outubro de 2020. Dende o pasado 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.
Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.
Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra, amplía a súa estadía na Guarda até o 20 de novembro na Casa dos Alonso, tamén está a disposición dos visitantes un tríptico informativo da mesma.
    
Mulleres en Acción Violencia Zero trae á Guarda a acción “Reguetón” de Lúa Mosquetera
A Guarda, 22 de outubro de 2020. O vindeiro luns día 26 de outubro de 2020 ás 16:00h o Campo de fútbol da Sangriña acolle a acción “Reguetón” de Lúa Mosquera a través da Campaña da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.
Poesía feminista con base musical de reguetón. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás.
Collemos un xénero musical tipicamente machista para concienciar sobre actitudes que nos prexudican e toleramos completamente de maneira inconsciente. Incita ao cambio e á busca da igualdade.
Lúa Mosquetera (Miño, 1988)
Lúa Mosquetera naceu en 1988 e estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou o seu primeiro poemario (autoeditado), Rasrás, en 2018, e desde entón participou en numerosos festivais recitando a súa poesía, sempre acompañada da guitarra do músico Mori4rty.
Destacan as súas intervencións no festival Elas Son Artistas, no Festival de Música e Artes Loro Facu ou no FestivalInternacional de Poesía e Performance Kerouac.
    
San Xerome participa no Proxecto “La Discapacidad en la Contingencia”
A Guarda, 22 de outubro de 2020. Organizado polo Centro Cultural de España en México, trátase dun “laboratorio de creación musical” no que participarán proxectos de música e discapacidade internacionais, entre eles XeRock.
O Proxecto, enmarcado dentro do Programa #DiscapacidaEs do CCEMx, consiste na creación dunha peza musical coletiva que elaborarase a través de seis sesión virtuais durante os meses de outubro e novembro.
A estas reunión virtuais asistirá Victor Fuggetto, coordinador dos Proxectos de Música no Servizo de Persoas Adultas de San Xerome, onde recabará a información necesaria para logo traballar coas persoas usuarias dos obradoiros de música.
O resultado final, en forma de clip audiovisual, farase público o día 3 de decembro de 2020.
O Centro Cultural de España en México (CCEMx), como parte da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) é unha plataforma de promoción e cooperación cultural multidisciplinar innovadora, aberta e incluínte que presenta en México o mellor da arte, a cultura, as industrias creativas e a ciencia españolas. A súa programación está firmemente comprometida co desenrolo humán como proceso fundamental, e o seu traballo realízase de xeito colaborativo con axentes locais.CCEMx forma parte dunha rede de cultura formada por 13 Centros Culturais, 6 Centros Asociados e máis de 100 Embaixadas que realizan actividades en todo o mundo.
Máis información sobre o proxecto: http://ccemx.org/evento/discapacidad-contingencia
  

A Guarda convida a festexar o Samaín con actividades para toda a familia
A Guarda, 21 de outubro de 2020. As actividades contan con varias accións online con vídeos e  a acción presencial “Contos para caghar patatillas” que terá lugar o 31 de outubro no Centro Cultural.
Facemos un trato? Con decoracións escalofriantes
Do 21 ao 29 de outubro arrancan as primeiras actividades con “Facemos un Trato? Mediante unha proposta de decoración das xanelas das vivendas das casas e coa que os máis pequenos da casa poderán levarse un pequeno agasallo.
Nesta actividade os máis pequenos coa axuda das súas familias, terán que decorar unha xanela ou porta da súa casa (visible dende a rúa). Unha vez rematada enviar unha foto da súa decoración ó mail centrocultural@aguarda.es indicando o nome e apelidos dos participantes.
Se aceptan o trato, poderán pasar a recoller unha bolsiña de lambetadas polo Centro Cultural, na hora e día que se lles indique vía e-mail.
Para completar o trato o Concello da Guarda difundirá a través das redes sociais e do canal de youtube un vídeo tutorial con ideas escalofriantes e fáciles para completar as decoracións.  Ligazón: https://youtu.be/xcmLAALXR9Q
As fotografías das decoracións realizadas poderán enviarse por mail dende o luns 27 ata o xoves 29. Se as familias así o autorizan as fotos coas decoracións serán compartidas no facebook e instagram de @culturaguarda entre o 28 e o 31 de outubro.
“Cociña de medo” para as receitas máis deliciosas
Seguindo na mesma liña publicaranse vídeos de “Cociña de medo”.  Agora que chegou o frío e estamos máis tempo na casa, que mellor para festexar a chegada da estación escura que cunhas deliciosas sobremesas de medo.
Na semana que vai do 24 ao 31 de outubro difundiremos a través das redes sociais un par de vídeos con receitas apropiadas para estas datas.
“Contos para caghar patatillas” o 31 de outubro no Centro Cultural
Xa para rematar o Samaín 2020 na Guarda o sábado 31 de outubro ás 18:00h o Centro Cultural acolle “Contos para caghar patatillas”,onde Brais das Hortas - coñecido tamén como o neno imperdible que acompaña a Peter Punk, pola banda Blues do País, ou a Tropa de trapo, achegarannos unha sesión de historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta…
As inscricións para esta actividade presencial, que se realizará con todos os protocolos covid-19 e medidas de seguridade e hixiene vixentes, se poden realizar a partires deste venres día 23 de outubro no centro cultural, chamando ao 986 61 1850 ou enviando un mail a centrocultural@aguarda.es.
  

Tala dunha palmeira na Alameda e retirada de ramas no Castelo de Santa Cruz
A Guarda, 20 de outubro de 2020. A Concellería de vías obras realiza intervencións en varios espazos verdes da vila.
Por un lado, levarase a cabo a tala dunha das palmeiras da Alameda por tratarse dun exemplar que, dado o seu mal estado, supón un risco para a cidadanía.
Por outra banda, revisaranse tamén as especies vexetais do Castelo de Santa Cruz para retirar aquelas polas que poidan supoñer un perigo neste entorno.
 

A  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda desconvoca a concentración  de hoxe
A Guarda, 16 de outubro de 2020. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, desconvoca a concentración que tiña previsto realizar hoxe, sábado, na Praza de Avelino Vicente, na Guarda, por motivos de seguridade sanitaria.
Desde este colectivo anuncian que si a Xunta de Galicia non move ficha dotando ao Centro de Saúde e o PAC da Guarda do persoal sanitario que precisa, seguirán mobilizándose tan pronto como se levanten as restricións.
Os portavoces da  Plataforma  afirman “A  situación na que a Xunta de Galiza mantén a atención primaria é unha auténtica irresponsabilidade.  Na pandemia do COVID 19, a Xunta de Galiza tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial e apostar preferentemente pola consulta telefónica. As consecuencias son desastrosas: escasísimos profesionais que están ao límite cun agotamento en moitos casos insoportábel, listaxes de espera de semanas (mesmo para atención telefónica), doentes crónicos indefensos ou colas a intemperie para acceder ao centro de saúde. Non temos pensado calar a boca e seguiremos mobilizándonos”.
  
Uso responsable do servizo municipal de recollida de voluminosos
A Guarda, 16 de outubro de 2020. O Concello da Guarda dispón dun servizo municipal de recollida de voluminosos porta a porta. A prestación deste servizo é totalmente de balde e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o traslado de aqueles residuos que polo seu peso ou volume, o posuidor non poida trasladar.  
Tal e como establece o regulamento municipal de limpeza pública e de recollida do lixo para os residuos voluminosos “Por regra xeral cando este tipo de lixo sexa de procedencia doméstica terá que ser trasladado ao punto limpo polo responsable do residuo”.
Por iso, apelamos á veciñanza a facer un uso responsable deste servizo para evitar tempos de espera innecesarios por un mal uso do mesmo.
Información de interese:
Horario Punto Limpo(Contacto: 690 016 976):
Luns: 8.30-13.30h
Martes: 8.30-13.30h
Mércores: 8.30-17.30h
Xoves: 8.30-13.30h
Venres: 8.30-13.30h
Sábado: 9.00-13.00h
Servizo de recollida de voluminosos (todo aquilo que a xente non pode trasladar polos seus propios medios por peso ou volume): 676 674 837 (Medio Ambiente).
 

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 23 e sábado 24 de outubro
A Guarda, 14 de outubro de 2020. A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 23 e sábado 24 de outubro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 23 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 24 de 10:00h ás 15:00h.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de CITA PREVIA reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordenada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
      
O Grupo Socialista traslada o seu apoio aos palangreiros da Guarda
A Guarda, 14 de outubro de 2020. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, mantivo un encontro con palangreiros de superficie A Guarda que manterán un encontro mañá co Ministerio de Transición Ecolóxica para acadar unha resposta á problemática da comercialización do marraxo. A responsable socialista participou no encontro xunto coa deputada de Vigo Leticia Gallego, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montse Magallanes.
A responsable socialista trasladoulle o apoio dos socialistas galegos de cara ao problema inmediato das toneladas de marraxo que non poden comercializar logo da súa extracción, e subliñou que a flota palangreira galega “realiza unha pesca sostible e coidadosa co medio ambiente”.
Os socialistas galegos valoraron o esforzo da flota por cumprir escrupulosamente coas normas ICCAT para a protección do marraxo e, dixo, “entendemos que non se poden adoptar novas decisións que prexudiquen socioeconomicamente ao sector”.
   
O BNG esixe responsabilidades ao Alcalde da Guarda na organización do Trail do Trega
A Guarda, 14 de outubro de 2020. O pasado día 11 de outubro celebrouse no monte Trega unha proba de Trial organizada polo Concello da Guarda. Para  sorpresa da maioría, comezaron aparecer imaxes de participantes correndo por riba dos muros da zona arqueolóxica: algo prohibido e advertido a todas as persoas que visitan o monte Trega ao longo do ano .
Para os nacionalista resulta lamentable que o Concello da Guarda diante das denuncias e imaxes  publicadas por distintas persoas sobre este atentado ao patrimonio guardés responda “que se debe a un erro loxístico provocado polo intenso vento nese día”.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz afirma que “non valen desculpas de última hora e a única razón  deste atentado ao noso patrimonio débese a absoluta deixadez de funcións por parte do goberno municipal na organización dunha proba deportiva nun escenario tan sensible como é o monte Trega".
O Concello da Guarda como organizador do evento, ten a obriga de velar pola conservación do Patrimonio e non deixar en mans de ningunha outra entidade o deseño dun trazado que poida ocasionar desperfectos no poboado castrexo .
Desde o BNG afirman ser conscientes da importancia en termos económicos, turísticos e promocionais da realización deste tipo de eventos pero co máximo respecto polo noso patrimonio, polo que pide ao Alcalde e ao grupo de goberno que asuman as responsabilidades políticas como organizadores do evento e deixen de culpar ao vento.
 

Curso organizado pola OMIX da Guarda conversas en inglés para o mes de novembro
A Guarda, 13 de outubro de 2020. A Oficina Municipal de Información Xuvenil(OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés coa intención de facilitar un curso no que falar e de paso pasar un rato divertido aprendendo.
Se queres practicar o teu inglés este curso é unha moi boa oportunidade, levarase a cabo durante o mes de novembro os martes e xoves de 19:30 a 21:30, cun prezo de 20€.
Para informarte e ter acceso a túa praza inscríbete na OMIX da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890
  

Adrián Rodríguez y Eva Piñel ganan el Trail do Trega en la vuelta al atletismo de Julia Vaquero
A Guarda, 12 de outubro de 2020. El Trail do Trega coronó a Adrián Rodríguez, en la categoría masculina, y a Eva Piñel, en la femenina, y recuperó para el atletismo a Julia Vaquero. En una emblemática séptima edición, los deportistas volvieron a demostrar en A Guarda su compromiso con la competición. Todos ellos dieron además un ejemplo de como realizar los protocolos sanitarios. Nadie se saltó las normas. Todos las cumplieron. A rajatabla. Pudieron comprobarlo Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, Montserrat Magallanes, concejala de deportes y turismo, y Gorka Gómez, diputado provincial de deportes. La carrera reunió a 300 participantes que la afrontaron en grupos de diez que salieron cada 30 segundos.
Fueron 14 kilómetros exigentes y duros, según todos los participantes. El buen tiempo favoreció la realización de la prueba que se realizaba por el complicado recorrido en el emblemático Monte Santa Tecla. Adrián Rodríguez fue el que ocupó la primera posición en la clasificación general con un tiempo de 1:08:01. Alex Goberna fue segundo al parar el cronómetro en 1:08:38. Y el tercero fue Daniel Pazó, que finalizó con 1:09.32. La mejor en la categoría femenina fue Eva Piñel, que conquistó el triunfo con 1:27:12. En el segundo puesto se clasificó Vanesa Villa, con 1:30:17. Y la tercera posición fue para Tamara García, con un registro de 1:30:34.
El Trail do Trega volvió a ser un referente con la presencia de Julia Vaquero. La atleta que fuera olímpica volvió a demostrar su clase y talento después de mucho tiempo alejada de la competición. Hace unos meses que comenzó los entrenamientos y en la prueba que se realizó en su villa natal confirmó que sigue conservando toda la calidad deportiva de antaño.
Julia Vaquero llevó el dorsal número uno, el que le otorgó la organización como especial distinción por su brillante palmarés atlético. Y la deportista lo llevó con orgullo. Como el que sintieron los participantes de compartir la carrera con ella. Antes de la carrera se le acercaron muchos de ellos, para saludarla y también para hacerse fotos. Lo mismo sucedió tras el final. La deportista reconoció que “es duro el recorrido, pero disfruté. De eso se trataba. De volver a disfrutar con el atletismo”. Aunque poco importaba para ella el lugar que ocupó al final, fue la tercera mejor atleta femenina de A Guarda.
Julia Vaquero reconoció que “es muy bonito que existan este tipo de pruebas. Y que participe mucha gente. Eso quiere decir que el atletismo está vivo”. La atleta mostró varias veces las zapatillas con las que afrontó la carrera y agradeció todas las muestras de respeto y admiración que recibió.
El Trail do Trega cumplió una séptima edición cargada de simbolismo. Los 14 kilómetros se convirtieron también en un desafío para Serafín Martínez, el organizador, pero también para el Ayuntamiento de A Guarda y la Diputación de Pontevedra que apoyaron el evento desde que se planteó su celebración. “Un gesto y apuesta que se debe aplaudir”, señalaron las autoridades.


A  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a participación nun gran acto de protesta na  praza Avelino Vicente

A Guarda, 8 de outubro de 2020. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, chama a toda a veciñanza a participar nun gran acto de protesta  contra o detererioro da sanidade pública o próximo sábado día 17 ás 12 da mañá na praza Avelino Vicente (As de Copas).
Baixo o lema A sanidade é cousa todos,  a Plataforma chama á veciñanza a participar nun gran acto para denunciar a  falta de persoal sanitario na localidade.
Os portavoces da plataforma afirman “A redución a mitade do persoal médico e doutro persoal sanitario que levamos soportado nos últimos meses é unha auténtica irresponsabilidade por parte da Xunta de Galiza. É fundamental amosar o descontento deste pobo con esta xestión da sanidade, vainos a vida neso. Nesta ocasión temos que saír todos e todas a rúa para denuncialo”.
Os convocantes do acto tamén manifestan “Si nunca é comprensible a falta de persoal  sanitario, no medio dunha pandemía como a que estamos sufrindo a falta de atención e de previsión por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza acada límites que simplemente non son tolerables. É o momento de facernos valer e amosarlle a Xunta de Galiza que non imos parar ata acadar unha sanidade pública de calidade ao servizo da sociedade”.
 
A exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas” pode verse na Casa dos Alonso até o 20 de outubro
A Guarda, 8 de outubro de 2020. Dende este venres día 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.
Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.
Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra, chega á Guarda, do 9 ao 20 de outubro na Casa dos Alonso, tamén está a disposición dos visitantes un tríptico informativo da mesma.
Link vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=SqJ0p6HQ90E&feature=youtu.be
 
Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de novembro
A Guarda, 8 de outubro de 2020. O vindeiro martes día 13 de outubro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de novembro de 2020, esta serán as derradeiras citas para este ano 2020 e a última visita do ano á Guarda da unidade móbil..
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en novembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 13 de outubro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
    
Érguete Baixo Miño difunde os Programas Educativos e Familiares gratuítos nos centros educativos para este curso escolar
A Guarda, 08 de outubro de 2020.- Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando unha breve guía cos Programas de Prevención e de Educación para a Saúde que ofrece gratuitamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia, adaptándonos á nova situación debido ao COVID-19 favorecendo un entorno seguro.
Estes programas están dirixidos ao alumnado e ás familias que representan o eixe prioritario na educación. De forma lúdica e dinámica abordamos temas sobre as diferentes condutas aditivas, a xestión emocional, a resolución de conflitos, a presión de grupo, a autoestima, o ocio saudable entre outros que podemos adaptar ao contexto de cada aula. Tamén sobre pautas de actuación eficaces para pais/nais e mestres, traballando de forma específica no reforzo dunha vida saudable e que desenvolverán fóra do centro educativo.
Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dos socios/as.
Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico info@erguete.org ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP 36780 A Guarda.
Visualiza ou descarga a guía en www.erguete.org


O BNG leva ao Parlamento Galego a situación da sanidade  na Guarda
A Guarda, 6 de outubnro de 2020. O  deputado do BNG  Manuel Lourenzo presentou no parlamento galego unha  iniciativa para instar á Xunta de Galiza a restitución do persoal sanitario do centro de saúde e que cubra as baixas de xeito inmediato para garantir unha atención sanitaria de calidade.
O deputado nacionalista argumenta que “hai meses que a sociedade guardesa está a padecer a falta de persoal sanitario. Esta situación que nunca pode ser aceptábel, neste momento que vivimos, coa pandemia do coronavirus, transformase nunha auténtica irresponsabilidade por parte das autoridades da Xunta de Galiza”.
Manuel Lourenzo sinalou tamén “ a redución a metade dos facultativos no centro de saúde está xerando unha sobrecarga de traballo aos profesionais que provoca unha atención aos pacientes deficitaria con moitos días de espera para poder ter unha consulta”.
O portavoz municipal Anxo Baz pola súa parte manifestou “ a situación está sendo insostíbel, os doentes vense na obriga de esperar días para   ter unha consulta que en moitos casos non é nin presencial . Ou esto ten unha solución inmediata ou desde o BNG ademais de levar adiante iniciativas coma a que acabamos de presentar  no parlamento galego chamaremos á sociedade guardesa a manifestarse para poñer fin a esta vergoña”.
  
Xornada de limpeza costeira o domingo 18 de outubro
A Guarda, 7 de outubro de 2020. O vindeiro domingo día 18 de outubro o Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e a Asociación O Buxeiro, organizan unha xornada de limpeza da costa.
A actividade ten como obxectivo tanto sensibilizar en materia de xestión de residuos, evitando que o lixo permaneza nos ecosistemas costeiros e se desprace duns ambientes a outros.
Non é preciso inscrición previa, tan só é preciso achegarse ata a Alameda da Guarda ás 9:00h da mañá, onde se realizará o reparto de material(luvas e sacos de lixo para a recollida) e se organizarán os grupos(máximo 4-5 persoas) para desprazarse despois ata os diferentes puntos preseleccionados para esta actividade nos termos municipais de Oia, O Rosal e A Guarda.
Obrigatorio o uso de mascarilla entre os participantes.
 

A Guarda acolle este domingo a VII edición do Trail do Trega
Martes, 6 de outubro de 2020. O martes día 6 de outubro de 2020 a Casa dos Alonso acolleu a Presentación da VII edición do Trail do Trega, terceira e última proba da Pontevedra Trail League.
No acto de presentación aos medios de comunicación estiveron presentes Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, Concelleira de Deporte; Gorka Gómez, Deputado provincial de Deportes e Serafín Acevedo, Organizador da proba deportiva.
Montserrat Magallanes asegurou na súa intervención que, malia que son tempos complicados, o Concello da Guarda estivo traballando arreo para poder sacar este evento deportivo adiante con todas as medidas de seguridade e protocolos sanitarios pola Covid-19, sendo esta un icono de todas as probas que se desenvolven ao longo do ano na vila, mesturando o deporte e a natureza nun marco incomparable como é o Monte de Santa Trega.
Serafín Acevedo indicou que as saídas realizaranse por quendas de 10 deportistas e separadas entre si por 30 segundos, con separacións de 3 metros cada un e en grupos de similares características físicas e competitivas para evitar adiantamentos e aglomeracións, con avituallamentos individualizados
Gorka Gómez resaltou a importancia dos concellos, institucións e empresas que dan o paso nestes momentos para a realización de eventos, ofertando á cidadanía espazos onde poder facer deporte e dun xeito seguro e ao aire libre.
Antonio Lomba agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra, indicando que, aínda que son malos tempos para a cultura e para o deporte, esta competición se realiza cun estrito protocolo para garantir as medidas sanitarias, con máis de 300 participantes entre o Trail e a Andaina. O edil ampliou que a xente ten gañas de facer deporte e de competir, agardando que todo saia ben para poder continuar organizando probas tan emblemáticas coma a que chega este domingo ao Monte Santa Trega.
O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas(prazas cubertas) e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.
Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.
Máis info: http://www.traildotrega.com/
   
A Guarda acolle este domingo a VII edición do Trail do Trega
O alcalde Antonio Lomba faise escoitar no Parlamento de Galicia cunha proposición non de Lei
A Guarda a 6 de Outubro de 2020.- O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, xa esta farto de esperar a que lle dean unha solución o problema sanitario que esta a vivir o concello de A Guarda.
Nos últimos meses estase comprobando como a asistencia sanitaria en A Guarda cada vez e máis precaria pasando de ter 8 profesionais a 4 na actualidade, que o mes que ven quedarán en 3, si xa con 8 profesionais era complicado a atención de todos os veciños e veciñas, podedes imaxinarvos como será este servizo con soamente 3.
Con todo isto xa se puxera en contacto co anterior Conselleiro de Sanidade o señor Almuiña, que pensou que o ser da comarca entendería a situación e daríalle unha pronta solución, nada máis lonxe da realidade, posto que despois das últimas eleccións da Xunta de Galicia atopámonos conque un dos poucos Coselleiros que se cambian e o de Sanidade.
Por este motivo o 1 de outubro, o alcalde dirixiuse por escrito ao novo Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza.
Un escrito que a día de hoxe non tivo resposta nin solución, converténdose este problema en preocupante o sentirnos no concello coas mans atadas, xa que non podemos facer nada, mais que ver como enferman os nosos veciños e veciñas, sen poder ser atendidos.
Antonio Lomba quere recordarlle o novo Conselleiro que A Guarda e un concello no cal tamén hai votantes do PP os cales non entenden como pode ser posible este abandono, e o alcalde de A Guarda fai una invitación persoal o Conselleiro de Sanidade Julio García para que comprobe in situ a situación da nosa sanidade, e máis Antonio Lomba tamén quere denunciar que debido a este abandono o PAC moitas veces queda sen ningún profesional para poder atender urxencias, e desexa que non pase nada grave, porque de aquela o único responsable de esta situación seria a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que nos
ten totalmente abandonados a nosa sorte, aproveitando para recordarlle que o PAC de A Guarda atende tamén os concellos lindeiros.
O alcalde de A Guarda o Señor Lomba non quere que aquí pase o mesmo que pasou non hai moito no concello da Estrada, e lanza un ultimato a través do seu grupo político, que trala súa petición levaran o próximo pleno do Parlamento de Galicia unha proposta non de Lei para corrixir estas deficiencias.
Antonio Lomba que adoita ser un home paciente e conciliador, cree que hai que pórlle solución a este problema de inmediato, xa que despois de conseguir máis de 2500 firmas de veciños e veciñas, de varias reclamacións por escrito e a través dos medios de comunicación soamente queda espolo no Parlamento de Galicia, a ver si así, podemos garantir un servicio acorde o século XXI para os Guardeses e Guardesas, xa que a saúde e o principal. Espero que actúen en consecuencia, e agradece desde o concello como alcalde, pero tamén como veciño de A Guarda o gran sacrificio dos profesionais da medicina que están a traballar en A Guarda e que cada día se ven desbordados, moitas grazas.


A Guarda mellora as instalacións deportivas do Pavillón Municipal de Deportes
A Guarda, 05 de outubro de 2020. O Concello da Guarda ven de realizar diversas accións nas instalacións deportivas do Pavillón Municipal da Sangriña, de cara a mellorar a imaxe e facilitar o traballo dos deportistas que empregan as mesmas.
Deste xeito realizouse a adaptación destas instalacións ao protocolo Covid-19 marcado pola Xunta de Galicia, coa sinalización dos accesos e percorridos para respectar as distancias de seguridade, así coma a disposicións de hidroxel.
Tamén se realizou un pintado integral das instalacións interiores do pavillón, gradas, zonas comúns, oficinas, vestiarios, etc.
Dentro destas accións tamén se realizou unha revisión xeral da instalación eléctrica e substitución e mellora das luminarias da pista de xogo.
Nestes intres estase a executar as obras de ampliación das gradas mediante unha nova grada portátil que permitirá a colocación de arredor de 80 persoas, cumprindo cos novos protocolos de distanciamento e medidas sanitarias pola Covid-19.


A Guarda pon en marcha unha ampla programación de actividades para o outono
O Concello da Guarda programa un total de cinco representacións teatrais nesta tempada de outono, tratase das obras “A nena que quería navegar”, “Invisibles”, “O mel non caduca”, “Rosa Caramelo” e “Running”, obras que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.
Esta programación arrancou xa na xornada do pasado sábado día 26 de setembro  coa obra “A nena que quería navegar” e continúa este sábado día 3 de outubro coa obra “Invisibles” ás 20:00h no Centro Cultural, é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.
O venres día 16 de outubro continúa a programación de teatro coa obra “O mel non caduca” ás 21:00h no Centro Cultural, é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
O sábado 24 de outubro ás 18:00h é a quenda da obra “Rosa Caramelo” ás 18:00h, é Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.
Xa para pechar este ciclo de teatro de outono, o venres 11 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural será o escenario para a representación teatral de “Running”, onde os 2 actores asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 personaxes entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.
Para todas as representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.
Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).
Cantacontos, con Migallas Teatro
Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural
En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.
Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez
Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.
Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.
Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade
Trémola Teatro. Que animaliño é?
Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural
Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 “que animaliño é?”,  é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.
Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.
Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.
O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas”
Na exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas” os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.
Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa DEPO, chega á Guarda, entre o 9 e o 20 de outubro na Casa dos Alonso.
Trail do Trega
O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.
Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.
Actividades para festexar o Samaín
A concellería de Cultura programa entre o 20 e o 28 de outubro diversas actividades online para festexar o Samaín con “Facemos un trato”.
O día 31 terá lugar o espectáculo “Contos para caghar patatillas” do elenco de Brais das Hortas e dirixido ao público infantil e familiar, no Centro Cultural ás 18:00h.
É preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural o luns previo á actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.
Máis actividades
Charlas de igualdade organizadas pola ANPA CEIP A SANGRIÑA  (Cada martes dende o 20 de outubro ata o 17 de novembro) no Centro Cultural.
Presentación do libro de Denis Maza  “La mística de un grano de arena” (22 e 23 de outubro)
      
A Guarda apoia aos colectivos e asociacións da vila con axudas por valor de 142.069€
A Guarda, 02 de outubro de 2020. O Concello da Guarda ven de aprobar en sesión plenaria as subvencións nominais concedidas aos colectivos, asociacións e entidades de Fins Sociais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2020, por un importe total de 142.069€.
As axudas municipais, cunha contía total de 142.069€, destínase a distintas asociacións guardesas de carácter deportivo (83.209€), culturais (39.200€) e sociais (19.660€), co obxectivo de contribuír ao correcto desenvolvemento das entidades de acordo coas actividades levadas a cabo por cada unha delas, apoiando o traballo e o esforzo que realizan en favor da nosa comunidade.
De entre o total das asociacións beneficiarias, 8 delas desenvolven labores de carácter social, permitindo mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e crear estruturas que permitan a inclusión social e laboral das persoas. O concello colabora estreitamente coas diferentes asociacións para a promoción e difusión da cultura, posibilitando a recuperación e posta en valor de iniciativas culturais de toda índole, potenciando os grupos de música e bandas locais. Tamén se traballa na promoción de actividades e eventos xunto coas entidades deportivas e no mantemento das infraestruturas deportivas municipais, para seguir apostando polos hábitos e un estilo de vida saudable.
O Concello da Guarda é un dos gobernos locais da comarca que máis subvencións destina ás asociacións deportivas, culturais e de carácter social do seu municipio, dada a variedade e calidade das organizacións que desenvolven unha importante labor diaria en beneficio dos guardeses e guardesas.
Tamén cabe destacar o apoio que se realiza dende o Concello da Guarda a estes colectivos ao longo do ano aportando materiais, infraestruturas e operarios municipais para colaborar nos distintos eventos que se realizan, así coma a cesión de espazos públicos, petición de permisos, entre outras xestións.

Campaña de vacinación da gripe 2020
A Consellería de Sanidade solicita a nosa colaboración, un ano máis, para achegarvos toda a información relativa á CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2020, que este ano cobra especial relevancia no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer.
Terá comezo o 13 de outubro e prolongarase ata o 31 de decembro.
Informamos tamén que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade: https://gripe.sergas.gal/


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en outubro
A Guarda, 30 de setembro de 2020. A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: do 01/10/2020 ao 02/10/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
Para solicitar cita previa:
Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
     
Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda
A Guarda, 30 de setembro de 2020. A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).
Cantacontos, con Migallas Teatro
Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural
En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.
Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez
Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.
Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.
Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade
Trémola Teatro. Que animaliño é?
Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural
Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. “que animaliño é?”,  é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.
Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.
Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.
O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
     
O alcalde da Guarda pide ao novo Conselleiro de Sanidade solucións para o seu Centro de Saúde
A Guarda a 01 de outubro de 2020. Unha vez máis o alcalde da Guarda denuncia diante da consellería de sanidade a situación precaria dos servizos sanitarios.
No día de hoxe, xoves 1 de outubro, o alcalde dirixiuse por escrito ao novo Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza.
Estes problemas de persoal vense agravados na actualidade pola observación dos protocolos de protección fronte ao COVID-19 e, no caso concreto da Guarda, polo illamento xeográfico que padece ao estar a unha distancia considerable dos hospitais de referencia en Vigo e ter unha comunicación por estrada moi deficiente ata Tui.
O alcalde aproveitou o escrito para poñer de manifesto a necesidade de reforzar o servizo do PAC dado que en moitas ocasións se queda sen persoal sanitario cando o único equipo de garda ten que saír a atender unha urxencia.
   

Regreso al contenido