A Guarda, marzo 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, marzo 2021

Arquivo 2021
A Guarda inicia o reparto de máis de 200 composteiros individuais
A Guarda, 30 de marzo de 2021. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de máis de 200 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre os veciños que realizaron a súa socilitude.
Estes kits de compostaxe constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.
Realizaranse un total de 5 charlas informativas no Centro Cultural entre o luns 29, martes 30 e mércores 31 de marzo, nas que a técnica de Medio Ambiente municipal é a encargada de ensinar aos veciños da vila como é o seu funcionamento, cunha breve formación e explicación da montaxe do composteiro. As persoas que se atopan en lista de espera serán chamadas para asistir a estas sesións formativas, que se realizan cun aforo limitado debido ás medidas sanitarias vixentes pola Covid-19.
As persoas que aínda non solicitaron o seu composteiro COIN, poden solicitar un de balde chamando 986 61 00 00 (Medio Ambiente) ou no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es
Antonio Lomba, alcalde da vila, califica esta iniciativa como moi boa, posto que axuda a reducir de xeito importante a cantidade de lixo orgánico que remataría doutra forma nos contedores, a maiores de que os seus usuarios poden empregar o compost que se xere para aboar as súas fincas ou cultivos.
Montserrat Magallanes, concelleira de Medio Ambiente, aproveitou a ocasión para animar a todos os veciños que aínda non fixeron a súa solicitude a que se inicien na compostaxe e que soliciten un composteiro individual para as súas vivendas, axudando deste xeito ao medio ambiente.
A adquisición destes composteiros realízase ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante os anos 2020 e 2021.
 
A Comunidade de Montes de Camposancos aclara o lume habido en Santa Trega
A Guarda, 30 de marzo de 2021. Desde a Comunidade de Montes de Camposancos queremos precisar algunha das informacións que se publicaron ao longo da mañá no medio de difusión local Infomiño.com.
Na mañá desde luns 29 de marzo de 2021, empregados e  membros da Comunidade de Montes procederon a emprender labores de limpeza nunha parcela acotada da súa propiedade, situada no cumio do Monte Tegra, por debaixo do aparcamento de buses.
Unha vez iniciados os traballos de queima controlada, para a que se tiñan solicitados os permisos correspondentes, un cambio repentino na dirección do vento fixo que o lume se avivara, temendo que chegara a propagarse sen control fóra dos límites establecidos. Por ese motivo, o Presidente xunto con outros membros da Xunta directiva que se atopaban realizando ao dito labor, decidiron, como medida preventiva, solicitar a axuda dos medios municipais de extinción. Ata o lugar se desprazou, en primeiro lugar, a brigada do GES da Guarda que ao quedar o seu vehículo atrancado nunha pista de acceso sen posibilidade de intervir, foi necesario chamar a outras brigadas da zona.
Sen que en ningún momento o lume saíra fóra da zona perimetral prevista inicialmente, a eficaz intervención doutros efectivos contra-incendios do distrito forestal, en apoio dos empregados e demais persoal da Comunidade de Montes refrescando os límites da parcela, fixo que o incidente non rematara en incendio forestal.
A extensión pola que o lume pasou, en todo momento de xeito controlado, foi inferior á inicialmente solicitada, non superando ao final os 7.000 metros cadrados.
 

A Omix da Guarda organiza un obradoiro de escritura creativa
A Guarda, 29 de marzo de 2021. A OMIX do Concello da Guarda en colaboración con Atlántica librería, organiza un obradoiro de Escritura Creativa, da man de Javier Peña autor da novela “Infelices” e, entre outras cousas, creador, coordinador e profesor do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura ou Taller Casa Blackie de Novela.
A proposta, impartida polo autor experto en narrativa Javier Peña, que ten amosada a súa capacidade coa publicación dunha novela de éxito, propón un obradoiro estruturado en consellos claros e directos para mellorar na escritura dunha novela, neste caso 10 consellos para escribir unha novela.
Nos obradoiros impartidos anteriormente polo autor esgotáronse tódalas prazas obtendo as persoas participantes un índice de satisfacción ao remate dos mesmos moi positivos.
As persoas participantes recibirán ademais un agasallo de parte da librería organizadora e  tamén obterán un desconto durante a xornada do taller, para a adquisición de libros.
A actividade realizarase o día 24 de abril pola mañá de 10:00 a 13:00 horas e contamos con prazas limitadas. As persoas interesadas terán que chamar á OMIX ao 986610000 ext 7 ou escribir un mail a informacion@aguarda.es para inscribirse ou recibir información.
 


A Guarda aproba en pleno as bases de axudas ás empresas que tiveron que pechar pola covid-19 por importe de 55.000€
A Guarda, 27 de marzo de 2021. No pleno ordinario deste venres día 26 de marzo aprobáronse por unanimidade as bases reguladoras da liña de axudas directas aos establecementos afectados pola Covid-19 por un importe total de 55.000€. Estas axudas están destinadas aos establecementos afectados polo peche obrigatorio decretado pola Xunta de Galicia con data de 26 de xaneiro de 2021.
Estas axudas están destinadas ao pagamento de gastos de funcionamento das empresas coma arrendamento, electricidade, cuotas de autónomos, seguros, etc. Se establece unha contía máxima de 700€ por establecemento/empresa.
As empresas afectadas por este peche poderán solicitar as axudas en canto se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).
 
A Guarda destina o 1% do seu presuposto anual a axudas ás empresas para gastos derivados da covid
Durante as pasadas semanas estivo aberta a convocatoria para que os negocios de hostalería, comercio e servizos se beneficiasen das axudas directas que lles podan axudar a sufragar todos aqueles gastos engadidos que a pandemia está a xerar nos seus negocios, como pode ser a compra de hidroxel, mamparas ou outros elementos de protección, etc. Arestora estas
Os empresarios e empresarias da vila contan cunha nova convocatoria de axudas, que arestora se atopa en proceso de tramitación e que ten como obxectivo apoiar ás microempresas e autónomos da localidade a través da posta en marcha dunha campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse á campaña e que cumpran os requisitos de participación.
Estas medidas veñen a complementar todas aquelas outras que se foron implantando desde o inicio da pandemia para reducir o impacto da COVID-19 e que pretendían e pretenden contribuír á reactivación económica da vila como son:
- A redución na taxa do lixo para negocios.
- A exención de pago das taxas por ocupación de vía pública para as terrazas durante 2020 e 2021.
- Habilitación dunha sección específica na web de Turismo na que se ofrece información actualizada sobre normativa, subvencións ou axudas dirixidas á hostalería, así como posta a disposición do persoal da propia oficina de Turismo para solucionar dúbidas.
- Posta en marcha da campaña #NonRompasOCírculo dirixida a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o consumo local.
- A creación da plataforma de venda online www.mercanaguarda.com
- Formación presencial sobre xestión do risco da COVID-19 na hostalería, así como un servizo de asesoramento telefónico para os negocios participantes.
- Publicación de listados de establecementos comerciais que ofrecían servizo a domicilio durante o confinamento.
- Publicación durante o confinamento, e durante o actual período de severas restricións na hostalería, de listados actualizados de restaurantes, bares e cafeterías con servizo de comida ou bebida para levar ou que ofrecen entrega a domicilio.
- Publicación de listados actualizados dos establecementos do mercado municipal con servizo de pre-encarga e/ou entrega a domicilio.
   
Orpagu aúna planta frigorífica e I+D para el desarrollo económico y laboral del Baixo Miño en su 25 aniversario
A Guarda, 27 de maro de 2021. Coincidiendo con el 25 aniversario de su fundación, la Organización de Palangreros Guardeses (Orpagu) marca un hito en su historia con la compra de los terrenos en los que se construirá la planta frigorífica que los socios anhelaban desde hacía tiempo y que les permitirá dar un paso más en la gestión del producto que pescan. Con la mente en la mar pero manteniendo los pies en la tierra. Así quieren trabajar los armadores guardeses, trasladando la valentía innata de los pescadores a la iniciativa empresarial, planteando proyectos de futuro enraizados en el pasado y con mucho presente para el desarrollo pleno del Baixo Miño y de su población. Todo ello aunando en un solo centro la conservación del producto y el desarrollo del I+D.
La búsqueda del terreno para ubicar la nave frigorífica no fue tarea fácil, dada la necesidad de espacio que requiere una instalación como la planeada por Orpagu. Finalmente, la organización guardesa encontró la parcela adecuada en Tui, con lo que mantiene su actividad en el Baixo Miño, que era el objetivo perseguido desde un principio.
Con una inversión de seis millones de euros, la planta y centro de I+D se ubicará en el parque empresarial de Areas, que cuenta con una estratégica situación por su acceso directo a la A55 y a la Vía Tui-A Guarda.  La nave albergará un almacén frigorífico con capacidad para 3.000 toneladas de pescado y un aula de experimentación para trabajar en nuevos productos y formatos con la intención de llegar al mayor número de consumidores posible.  Desde Orpagu, prevén generar más de 30 puestos de trabajo directos en el Baixo Miño cuando la planta esté a pleno rendimiento, lo que se estima que suceda en el último trimestre de 2022. Con la premisa, además, de generar trabajo a largo plazo potenciando la cualificación de los empleados a través de un plan de formación específico en el que colaborarán los concellos de A Guarda y Tui.
Tras la firma de la compra de los terrenos, el vicepresidente de los palangreros y la directora gerente de Orpagu se desplazaron al Concello de Tui, en donde mantuvieron una reunión con el alcalde de la localidad, Enrique Cabaleiro, y su homólogo de A Guarda, Antonio Lomba, para hablar de distintos aspectos relacionados con la nueva planta frigorífica. Una misma costa y un mismo mar deparan un proyecto conjunto y beneficioso para ambos ayuntamientos, tal y como quedó de manifiesto en las declaraciones de los dos regidores.
 
Tui y A Guarda destacan la dimensión económica y social del proyecto
El alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacó la importancia de que la mayor asociación de palangreros de Europa se establezca en el polígono industrial de Tui, en el Baixo Miño: “Estamos hablando de una de las inversiones más importantes a nivel industrial de los últimos años, para nosotros es un orgullo haber sido elegidos para su ubicación”. Asimismo, subrayó la relevancia de la empresa “para la dinamización de nuestro sector comercial y empresarial, por lo que va a significar en cuanto a empleo y en el sector servicios”. Cabaleiro quiso agradecer públicamente a Orpagu su apuesta por Tui: “Sabemos que podría disponer de otras ubicaciones quizás más cómodas y menos costosas”, al tiempo que aplaudió la colaboración del alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, “para que esta planta se construyese en el Baixo Miño”.
El regidor guardés, por su parte, mostró su orgullo “como guardés y descendiente de marineros” ante el “paso de gigante” que ha dado la organización con sede en A Guarda: “Creo que Orpagu es todo un símbolo, una asociación que siempre se adelanta a los tiempos. Y, si algo faltaba, era la capacidad de procesar aquello que éramos capaces de traer a tierra desde el mar, de darle ese valor añadido a sus capturas. Ese camino empieza hoy”, señaló.
Antonio Lomba también reconoció que le hubiera gustado que la nave se construyera en A Guarda: “No pudo ser, entiendo los motivos y entiendo que el aislamiento de A Guarda es precisamente uno de ellos. Necesitamos una A Guarda mejor comunicada. Esa es la única pena que me queda con este proyecto, aunque entiendo que a nivel comarcal todos ganamos”.
Éxito de la Marca Orpagu, de A Guarda a Estados Unidos
La Organización de Palangreros Guardeses se involucró hace años en la comercialización de sus productos, así como en sus procesos de transformación y su comercialización directa al consumidor. El éxito de su tienda y de la venta online, así como la buena acogida de las nuevas presentaciones de pez espada y atún, han contribuido a fortalecer la presencia de la marca de estos armadores tanto en España como en el exterior (Estados Unidos, Reino Unido, Suiza, Dinamarca, Holanda, Portugal y Alemania, entre otros).
La iniciativa de Orpagu, que cuenta con financiación europea y del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, responde fielmente a los principales objetivos que rigen el FEMP (Fondo Europeo Marítimo y de Pesca): ayuda a los pescadores en la transición a la pesca sostenible; colaboración con las comunidades costeras para diversificar sus economías; y apoyo a proyectos que creen empleo y mejoren la calidad de vida de la población en el litoral.
   
O concello da  Guarda demanda  a rebaixa das peaxes da AP9 a instancia do BNG
A Guarda, 27 de marzo de 2021. O pleno do Concello da Guarda aprobou a instancia do BNG reclamar do Goberno Central  a rebaixa da peaxe da AP9 e aprobar definitivamente a transferencia desta infraestructura á Xunta de Galiza.
Os nacionalistas basearon a súa argumentación en que a AP9 ten unhas tarifas desorbitadas, das máis caras de todo o Estado Español e  mentres  o Estado rescatou outras autoestradas  aquí subiron  as peaxes.
Desde o BNG consideran que a transferencia é un primeiro paso para acabar cunha discriminación histórica, e é necesario que se realice libre de cargas, que sexa rescatada polo Estado de igual maneira que se rescataron no seu día as radiais madrileñas.
Mentres a tramitación desta Lei non conclúa -algo que debería ter lugar no actual periodo de sesións-, é preciso que se efectivice canto antes a rebaixa das peaxes da AP9  comprometidos no acordo de investidura co BNG.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz lémbranos que “esta concesión tiña que ter rematado no ano 2013 e que si aínda a seguimos pagando é porque gobernos do Estado tanto do PP como do PSOE ampliaron esta concesión” para acabar  concluindo “Hai que rematar xa coa estafa legalizada das peaxes da AP9, o Goberno Central debe rematar  con esta vergoña”
 

A Guarda súmase este sábado á “hora do planeta” apagando a luz de varias rúas e prazas
A Guarda, 26 de marzo de 2021. O Concello da Guarda súmase este sábado 27 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente. Deste xeito, o Goberno local apagará as luces de todos os seus edificios e sedes, uníndose a esta iniciativa da ONG pola que milleiros de cidades, institucións e persoas de todo o mundo amosarán o apoio global á acción conxunta contra o cambio climático.
En concreto, na Guarda o Concello da Guarda apagará as luces na Rúa Galicia, Rúa Puerto Rico, Rúa Vicente Sobrino, Rúa Pacífico Rodríguez, Rúa Joaquín Alonso, Rúa Cervantes, Praza do Relo e Praza do Montereal.
O 2021 é o inicio dunha década clave para a biodiversidade e a defensa da natureza, con grandes citas mundiais como a Cumbre da Diversidade Biolóxica de Kunming, que celebrarase en maio, e a Cumbre do Clima de Glasgow, que terá lugar no mes de novembro. A “Hora do Planeta” serve para demostrar que a todas e todos impórtanos o planeta e de que xuntos somos parte da solución ao cambio climático e á loita pola conservación da natureza. O obxectivo é actuar agora para que non se poña en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións vindeiras.
    
Talleres sobre Educación para a Saúde, TICs, Comunicación e Autoestima no CPR San José Carmelitas
A Guarda, 26/03/21.- A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante o mes de marzo e abril está a impartir diversos talleres sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no alumnado do CPR San José Carmelitas de A Guarda –Pontevedra-.
Trátase do programa denominado Educación para a Saúde na Escola e que está dirixido nesta ocasión ao alumnado de 1º da EPO e 1º da ESO. Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.
Entre os obxectivos destas actuacións cabe mencionar:
-Educar para a saúde: hixiene e coidado corporal, alimentación e benestar emocional. -Adquirir habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións. -Incrementar o bo uso das novas tecnoloxías. -Mellorar as habilidades sociais e de comunicación. -Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico e -Potenciar unha elección de valores, actitudes e comportamentos saudables.
Esta acción, impartida por unha Educadora Social con ampla experiencia nesta área, atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte do alumado ao que vai dirixido.
Para máis información, invitamos ás persoas interesadas a achegarse ás instalacións de Érguete (r/Colón, 20 -Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda, visitar a páxina web www.erguete.org ou ben contactar nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76 ou no correo electrónico info@erguete.org.
Saúdos.
A Xunta Directiva da Asociación Érguete Baixo Miño
    
A Guarda presente na Gala Anual da Deputación
A Guarda, 26 de marzo de 2021. O pasado mércores 24 marzo celebrouse no Auditorio Mar de Vigo a Gala Anual da Deputación de Pontevedra onde foron nomeados aos sete restaurantes Estrela Michelin da provincia como embaixadores de Rías Baixas.
Ademais esta Gala é o evento para recoñecer ás 136 empresas distinguidas co selo do Sistema Integrado de Calidade en Destinos Turísticos (SICTED) dentro do destino Pontevedra-Rías Baixas.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi convidado para recoller o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora continuada da calidade das empresas turísticas distinguidas. A Oficina de Turismo da Guarda e as praias de Area Grande e O Muíño renovaron o distintivo SICTED ata 2022 trala auditoria satisfactoria de agosto do ano pasado. Ademais no Concello da Guarda contamos con 10 establecementos turísticos xa distinguidos ou que tamén renovaron:
Aloxamentos:
·         Albergue O Peirao
·         Camping Santa Tecla
·         Hotel Apartamento Marouco
·         Hotel Vila da Guarda
Restaurantes:
·         Casa de la Abuela
·         Celtic
·         O Cangrexal
·         Marusía
·         Xantar
Bar:
·         La Botica
O 31 de marzo remata o prazo de adhesión ao proxecto SICTED para este 2021 polo que si algunha empresa ou servizo está interesada pode contactar coa Oficina de Turismo da Guarda.
Sobre o distintivo
A Deputación de Pontevedra financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e avaliación. Ademais a Xunta puntúa este distintivo de calidade na valoración de méritos de axudas e subvencións.
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 33 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos e das turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.
A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e da conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez bienal, aínda que precisa dunha evaluación anual de seguimento.
 

Unidade Móbil de inspección técnica de turismos na Guarda en maio e xuño
A Guarda, 25 de marzo de 2021. A Unidade Móbil 06 de inspección técnica de TURISMOSdesplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
·         do 20/05/2021 ao 02/06/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:
·         02/06/2021 que será horario só de mañá
Para solicitar cita previa:
·         Por teléfono: 902 30 90 00
·         A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
 

O Concello da Guarda informa da suspensión das procesións de Semana Santa 2021

A Guarda, 24 de marzo de 2021. O Concello da Guarda, despois de ter mantido conversas co párroco da vila, informa á cidadanía que na Semana Santa de 2021 non se realizarán as tradicionais procesións e actividades ao aire libre coma os Vía Crucis debido á situación sanitaria actual.
Trátase dun exercicio de responsabilidade para mitigar os efectos da pandemia e evitar novos contaxios entre a poboación nunhas actividades que, pola súa natureza, conlevan aglomeracións de persoas.
Os actos litúrxicos como as misas ou rosarios, manteranse sempre coas medidas sanitarias vixentes en cada momento.
 

Convocatoria de pleno ordinario na Guarda para o venres
A Guarda, 23 de marzo de 2021. Pleno Ordinario o venres, 26 de marzo ás 20:00h coa seguinte orde do día:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1.    Aprobación das actas das sesións ordinaria do 29.01.2021 e a extraordinaria do 22.02.2021
2.    Expediente 860/2021. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.01.2021 ATA 15.03.2021
3.    Expediente 528/2021. DAR CONTA DOS REPAROS
4.    Expediente 650/2021. Dar conta do Informe anual de resolucións e acordos adoptados contrarios aos reparos formulados e resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos.
5.    Expediente 2336/2017. Dar conta do Informe morosidade e período medio de pago- Cuarto trimestre 2020
6.    Expediente 157/2021.DAR CONTA LIQUIDACIÓN ORZAMENTO 2020
7.    Expediente 791/2021. MODIFICACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2021-2022. FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
8.    Expediente 640/2021. MODIFICACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2021-2022. AXUDAS SECTORES AFECTADOS POLO PECHE
9.    Expediente 570/2021.PROPOSTA DA ALCALDÍA APROBACIÓN BASES REGULADORAS DA LIÑA AXUDAS AOS ESTABLECEMENTOS AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA COMO CONSECUENCIA DOS EFECTOS DA COVID 19.
10.    Expediente 479/2021. PROPOSTA ALCALDÍA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL CRÉDITO 2 2021
11.    Expediente 313/2021. PROPOSTA APROBACIÓN INICIAL PLAN MUNICIPAL PREVENCIÓN INCENDIOS
12.    Expediente 421/2019. PROPOSTA ALCALDÍA RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS EN ESPAZOS DE USO PÚBLICO
13.    Expediente 645/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA SOBRE AS INMATRICULACIÓNS DE BENS INMOBLES
14.    Expediente 669/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A COMUNICACIÓN AOS GRUPOS MUNICIPAIS DOS PROCEDEMENTOS XUDICIAIS NOS QUE O CONCELLO SEXA PARTE
15.    Expediente 690/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A TRANSFERENCIA DA AP9 A GALIZA
16.    Expediente 814/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A MELLORA DA COMUNICACIÓN DA POBOACIÓN GUARDESA CON VIGO
17.    Expediente 888/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLA ASOCIACIÓN TRANS MIÑO (2021-E-RE-702) E ASUMIDA POLOS GRUPOS MUNICIPAIS DO PARTIDO POPULAR E DE CONVERXENCIA GALEGA.
18.    Expediente 882/2021. Declaración institucional da corporación sobre o día 8 de marzo.
19.    ROGOS E PREGUNTAS
   
Convocatoria de pleno ordinario na Guarda para o venresA rúa do Calvario, na Guarda, volve contar con pavimento de pedra gracias a unha achega de 122.000 euros da Deputación
A Guarda, 23 de marzo de 2021. O Concello de A Guarda dá un novo paso a prol da calidade urbana e a posta en valor do seu patrimonio coas obras de urbanización da rúa do Calvario, que veñen de rematar despois dun investimento de 122.000 euros da Deputación a través do Plan Concellos. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Antonio Lomba, percorreron hoxe esta vía que une o centro histórico coa capela da Nosa Señora da Guía e valoraron o resultado final. Estiveron acompañados da deputada Raquel Giráldez e os concelleiros Montserrat Magallanes e Miguel Español.
Santos Héctor amosou a súa satisfacción polos resultados desta actuación “feita con criterios de máxima calidade”. “Agora hai un pavimento de pedra en plataforma única, que mesmo conserva algunhas das lousas que estaban en mellores condicións”. Destacou a mellora na accesibilidade nunha vía que pasou a ter prioridade peonil. O deputado remarcou os valores patrimoniais da rúa e do propio centro histórico de A Guarda, polo que animou ao concello a continuar nesta liña. “Todo isto non fai máis que confirmar a flexibilidade do Plan Concellos, que permite a cada Corporación destinalos fondos da Deputación ao que crea que é máis necesario, como o patrimonio histórico, como sucede neste caso, ao natural ou á mellora de calquera dos servizos municipais”.
Na mesma liña, Antonio Lomba puxo en valor o Plan Concellos, “que permite obras como esta e que achega cartos aos municipios respectando a autonomía municipal; ogallá a Xunta teña algún día un plan de financiación municipal que ofreza uns fondos comparables ao Plan Concellos, respectando a autonomía municipal para decidir que obras se fan, investindo onde se precisa”.
O alcalde explicou que trátase da segunda fase de obras nesta rúa e que queda aínda un último tramo “que xa temos en carteira, porque a veciñanza quedou moi satisfeita”. Antonio Lomba lembrou que a rúa do Calvario estaba asfaltada sobre o un vello pavimento de pedra “porque algún alcalde así o decidiu, para que os coches pasaran máis rápido”. Amosouse, por tanto, feliz de poder “recuperar a nobreza do barrio de Ribadavila”, onde, explicou, faise un Vía Crucis ata a capela. Lomba destacou o acabado do novo empedrado, en plataforma única, e, ao tempo, o acerto de deixar testemuña “coas vellas pedras que se conservaron, do que foi esta rúa con anterioridade, porque baixo o asfalto estaba agochado parte do noso patrimonio”.
Máis de 300 metros
As obras abranguen un tramo de máis de 300 metros e consistiron no empedrado do pavimento, eliminando o asfalto anterior e dando así prioridade ás circulacións peonís, mantendo o tráfico só nunha dirección. Deste xeito dáse continuidade ao pavimento pétreo e continúase o tramo xa recuperado na primeira parte da rúa. As obras incluíron, ademais da integración no pavimento dalgunha das vellas lousas recuperadas, a canalización das augas pluviais a través dunha canle central, nova rede de distribución de auga aos domicilios, nova rede de saneamento, acometidas para o alumeado público e, finalmente, instalación de bocas de incendios.
A actuación súmase aos máis de 10 millóns de euros investidos pola Deputación en A Guarda dende o ano 2015. Este ano recibe máis de 800.000 euros con cargo ao Plan Concellos para obras en servizos de competencia municipal. A Guarda tamén obtivo financiamento para un gran proxecto a través do Plan DepoRemse, o que lle permitiu acometer o redeseño das rúas Vigo e Celta, cunha achega de 500.000 euros.
 
O PP reclama ao Goberno que dea marcha atrás na Lei de Cambio Climático que pon en risco a continuidade da industria do mar
A Guarda 23, marzo, 2021.- O Partido Popular de Pontevedra denunciou esta mañá que a Lei de Cambio Climático que o Goberno central está tramitando no Congreso pon en risco a continuidade de todo o sector mar-industria da provincia e, polo tanto, tamén dos concellos do Baixo Miño, xa que non só altera a duración das concesións, senón que tamén deixa a porta aberta a que sexa un órgano consultivo quen outorgue ou denegue as prórrogas con total discrecionalidade.
Foi na Guarda, nun acto no que participaron o voceiro do grupo do PP na Deputación, Jorge Cubela, os deputados provinciais Alejandro Lorenzo, Elena Estévez e Miguel Domínguez, e o voceiro do PP da Guarda, Roberto A. Carrero. Alí visitaron unha das instalacións afectadas pola lei, acompañados por representantes dos sectores afectados.
Amosaron a súa preocupación por unha Lei que traerá consecuencias “terribles”, que afectará a todo o sector mar-industria e, polo tanto, repercutirá no mantemento de milleiros de empregos e investimentos. “É un problema de intencionalidade política, e polo tanto a solución é de vontade política”, sinalou Jorge Cubela, que pediu aos alcaldes e deputados socialistas que presionen para que o Goberno central retire ese punto da Lei. Ademais, lamentou que o BNG “diga unha cousa en Galicia e vote outra distinta en Madrid”.
 

San Xerome se adhiere al Pacto Mundial de las Naciones Unidas
A Guarda, 22 de marzo de 2021. La Asociación San Xerome Emiliani refuerza su compromiso consigo misma, con la sociedad, con el desarrollo sostenible, con el medio ambiente y nuestro planeta, alineando su Estrategia con los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) propuestos por Naciones Unidas, en el marco de la Agenda 2030.
En el día de hoy San Xerome se ha adherido formalmente al Pacto Mundial de las Naciones Unidas, comprometiéndose a apoyar los Diez Principios del Pacto Mundial en materia de derechos humanos, derechos laborales, medio ambiente y la lucha contra la corrupción.
La adhesión se ha realizado de forma conjunta, con otras 12 Entidades sociales socias de IN-RED - Asociación Profesional y Empresarial Gallega de Centros Especiales de Empleo y Entidades del Ámbito de la Discapacidad Intelectual y afines y ADISLAN (Asociación de personas con discapacidad de Lanzarote). En diciembre 2020, las 14 Entidades constituimos el Grupo Operativo Objetivos de Desarrollo Sostenible (GoODS) con el objetivo de generar Redes y Alianzas, utilizando el marco universal de acción común que nos proporcionan los ODS para guiar nuestras contribuciones, individuales y como grupo, hacia una sociedad más justa y sostenible, alineando nuestras Estrategias individuales hacia una Estrategia conjunta y coordinada, que nos haga más sostenibles, cohesionados y cooperativos.
En septiembre de 2015 se aprobó por parte de la Asamblea General de las Naciones Unidas la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible y con ella, los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS). Esta Agenda es una llamada mundial para adoptar medidas que logren acabar con los grandes problemas del planeta: poner fin a la pobreza y a la desigualdad, alcanzar la igualdad de género y el acceso para todos a un trabajo digno, facilitar el acceso a servicios de salud y a una educación adecuada, proteger el medioambiente y garantizar que todas las personas disfruten de paz y prosperidad.
Los ODS son el nuevo marco de contribución al desarrollo sostenible, compuesto por 17 Objetivos y 169 metas que deben cumplirse antes de 2030, y están dirigidos a todos los actores del planeta; los gobiernos, la sociedad civil y las empresas han sido llamadas a la acción para contribuir a estas metas globales.
En este nuevo marco, las ONG y Entidades de la Economía Social como San Xerome, como agentes transformadores de la sociedad que somos, tenemos un protagonismo decisivo. La Adhesión al Pacto Mundial de Naciones Unidas supone la consolidación y formalización de un recorrido de Acción social iniciado desde los orígenes de la Entidad.
 

O Parque Forestal de Camposancos permitiu pór en valor o monte Santa Trega e a eliminación de especies invasoras
A Guarda, 18 de marzo de 2021. Na mañá do martes día 16 de marzo de 2021, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes; técnicos de Medio Ambiente municipais e representantes da Comunidade de Montes de Camposancos, visitaron o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal en terreos da citada comunidade no Monte de Santa Trega.
Este proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais.
As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a conquerir uhna maior biodiversidade, maior valor paisaxístico intrínseco axeitado ca sua gran importancia patrimonial, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superficie total de 77,67 hectáreas. A súa vez traballouse na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación.
Todalas actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fixo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración.
Esta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 €
 
O BNG da Guarda apoiará as axudas para a hostalaría e outros sectores afectados polo peche obrigatorio
A Guarda, 18 de marzo de 2021. Pese a imposibilidade de incorporar melloras sustanciais ao  documento achegado polo goberno municipal, o BNG   apoiará as bases de concesión de axudas para os/as afectados/as polo peche obrigatorio do mes de xaneiro na hostalaría e outros sectores  porque son vitais para a supervivencia dos negocios.
O grupo de goberno do PSOE imposibilitou calquera posíbel mellora do texto por parte dos grupos da oposición, negándose a recoller as súas aportacións coa escusa de axilizar o proceso.
As emendas presentadas polo BNG e que previamente foron consensuadas co sector propoñian:
Engadir o mes de decembro de 2020 dentro do periodo xustificativo de perdas dado que o peche encuberto  xa se viña padecendo desde ese mes.
·         Aumento do importe máximo da axuda por establecemento dos 700 €  aos 1.000 €, aumentando  o orzamento de 55.000 € a 70.000 €. Hai que ter en conta que desta cantidade o Concello recibe 30.000 € directamente da Deputación para este fin. Os 25.000€ restantes tamén proceden do Plan Concellos da Deputación.
·         Ponderación dos plazos de xustificación en base a carga de traballo das asesorías e a urxencia das axudas.
O  portavoz municipal do  BNG Anxo Baz lamenta que “o goberno guardés a pesar de chamarnos a negociar estas bases presentouse con unha proposta pechada de antemán facendo da pretendida negociación unha pantomima na que xa tiñan decidido o resultado final”.
Dende o BNG láianse  tamén da falta de previsión do goberno municipal, que non contemplou nos orzamentos do Concello aprobados recentemente ningunha partida para  situacións como esta  que son previsibeis  en tempos de pandemia.
De ter unha liña Covid dentro dos orzamentos municipais, as cuantías desta e outras axudas futuras serían facilmente mellorabeis  e non dependerían en exclusiva das  achegas da Deputación.
Con todo, o BNG adianta a seu posicionamento favorábel a estas axudas para quitar adiante calquera iniciativa que  beneficie os sectores máis perxudicados por esta crise como xa fixemos con anterioridade coa batería de propostas  aprobadas a instancias do BNG  despois do confinamento: rebaixa da taxa do lixo, gratuidade das taxa das terrazas,   desconto nas licenzas de apertura, etc.
 
A Guarda convida a visitar o MASAT e Museo do Mar
A Guarda, 18 de marzo de 2021.
Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)
O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente.
Horario:
De martes a domingo:
Do 15/03 ao 31/03: de 10:00h a 19:00h
Do 1/04 ao 30/06: 10:00h a 20:00h
Tarifa actual de acceso ao Monte Santa Trega (inclúe o acceso ao MASAT):
1 € adultos
0.50 € menores de 14 anos
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Tasas de acceso:
Horario:
Sábados, domingos e festivos:
De 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Tarifas:
1€ Adultos
0,50€ menores de 14 anos
   
A Guarda realiza melloras no parque infantil do Porto
A Guarda, 18 de marzo de 2021. Na mañá deste mércores día 17 de marzo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, visitaron a zona portuaria para revisar o estado das tarefas de adecentamento e mellora do Parque Infantil.
No parque infantil do Porto da Guarda se están levando a cabo diversas tarefas coma a reposición e pintado da pérgola de madeira, reposición de area na zona de elementos de xogo, así coma o pintado e revisión destes elementos.
Estas tarefas, que aínda están sen concluír, inclúen tamén a posta en funcionamento da fonte de auga sita neste espazo de lecer e ocio infantil.
O Concello da Guarda continúa a embelecer e mellorar diferentes espazos públicos do municipio.
 
Rematan as obras de mellora da accesibilidade na Baixada á praia de Fedorento e na contorna do Estadio Municipal
A Guarda, 18 de marzo de 2021. Esta semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal da Sangriña da Guarda e na baixada á Praia de Fedorento
No frontal do Estadio Municipal da Sangriña se procedeu á retirada da beirarrúa existente que se atopaba xa moi deteriorada e se executou unha nova de formigón en color ocre.
Na baixada á praia de Fedorento, ademais da mellora da beirarrúa existente, que se atopaba xa moi deteriorada, realizouse tamén unha pre-instalación para telecomunicacións e subministración eléctrica, así coma a mellora da recollida de augas pluviais.
Ata alí se desprazaron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español para supervisar o remate das obras.
Estas obras contaron cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1 da Deputación de Pontevedra.
O Concello da Guarda continúa deste xeito co seu compromiso de mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio.
 

O Concello da Guarda mellora os espazos axardinados da estrada de Circunvalación
A Guarda, 17 de marzo de 2021. Na mañá deste martes día 16 de marzo de 2021, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes; técnicos de Medio Ambiente municipais e empregados da empresa de xardineiría San Jerónimo Emiliani, desprazáronse ata a estrada de Circunvalación para comprobar os traballos realizados no proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na estrada de circunvalación ao seu paso polo barrio da Cruzada.
O concello encargou a proposta de mellora do axardinamento nesta estrada á empresa de xardineiría San Jerónimo Emiliani, xa que a mesma conta cunha ampla experiencia na zona debido a que desenvolve labores de mantemento na mesma.
Este proxecto contemplou a plantación de preto de 90 especies, entre as que destacan magnolios, hortensias, figueiras, madroños, entre outras especies arbóreas e arbustivas, elixidas especialmente para estes espazo polas súas características e o seu mantemento, atendendo tamén a criterios biolóxicos, ecolóxicos, estéticos e económicos. A hora de redactar a proposta a empresa tivo en conta que a actuación está moi condicionada pola influencia dos ventos marítimos e a salitre.
Os traballos realizáronse nun total de 6 tramos, dende o Colexio M. Rodríguez Sinde ata a altura do nº99 da estrada de Circunvalación, actuando en ámbalas dúas marxes da estrada.
Esta  mellora do axardinamento na  zona da cruzada hai que engadirlle as actuacións que o concello está desenvolvendo noutros espazos da localidade, así se están replantando varias árbores ao carón da zona escolar da Sangriña, na Armona  e en varias rúas da localidade,  e se realizou unha mellora de axardinamento no inicio da rúa de baixada á Area Grande. O concello da Guarda segue incrementando os espazos verdes en liña coa procura  da mellora paisaxística  da localidade.
   
Conclusións da xornada sobre patrimonio cultural inmaterial no marco do proxecto europeo Atlantic Culture Scape
A Guarda, 17 de marzo de 2021. O pasado día 10 de marzo, tivo lugar nas instalacións do Concello a xornada sobre Posta en Valor do PCI na Guarda, có obxectivo principal de analizar e desenvolver novas ideas, produtos ou servizos que contribuirán a valorización do rico Patrimonio Cultural Inmaterial existente no Concello de A Guarda, como un dos elementos dinamizadores da economía local.
Esta xornada que se desenvolve no marco do proxecto europeo Atlantic Culture Scape, que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha Ruta Europea do Patrimonio Cultural Inmaterial no Eixo Atlántico (sendo A Guarda o concello elixido para a rexión de Galicia), contou coa presenza ademais de Pilar Muñoz como coordinadora desta iniciativa por parte da Universidade de Vigo, cós expertos en patrimonio cultural Manuel Bugallo e Xoaquín Miguel Villa.
O encontro contou cunha ampla participación, xa que se reuniron máis dunha vintena de asistentes, que participaron en representación das asociacións, profesionais, empresas e persoas do concello interesadas ou que desenvolven a súa actividade neste ámbito temático, e que ademais de escoitar aos expertos participaron nun grupo de traballo para desenvolver novas ideas que contribuirán a posta en valor do patrimonio e dinamización turística da vila. Ao final do evento presentáronse cinco ideas, que se traducen en cinco rutas turísticas que poñen en valor tanto a cultural mariñeira, como a gastronomía e artesanía da vila, contornos menos coñecidos para os visitantes como o Monte Torroso e a parroquia de Salcidos, as casas indianas e a pegada da emigración ou o valor de vivir experiencias da man de profesionais e artesáns da zona.
Este primeiro encontro abre un proceso de valorización do patrimonio cultural inmaterial no concello, no cal se levarán a cabo accións participativas e formativas encamiñadas ao desenvolvemento de experiencias turísticas ligadas ao Patrimonio Cultural inmaterial.
 

O grupo socialista lamenta o veto da Xunta á construción do acceso sur ao porto da Guarda
A Guarda, 16 de marzo de 2021. A deputada socialista por Pontevedra, Leticia Gallego, vén de lamentar o veto da Xunta de Galicia á construción do acceso sur ao Porto da Guarda. Fíxoo, hoxe, trala presentación dunha pregunta á presidenta de Portos de Galicia, quen confirmou que o goberno galego non desenvolverá un proxecto “fundamental” para o desenvolvemento económico do municipio.
Gallego criticou o “agravio” do goberno galego cos municipios doutra cor política ao paralizar o desenvolvemento de diferentes infraestruturas, como é o caso do acceso sur ao Porto da Guarda. “Que non se realice este proxecto a quen prexudica é, principalmente, aos mariñeiros, as redeiras e á veciñanza da Guarda”, sentenciou a socialista.
“A Guarda ten un porto pesqueiro que, na actualidade, carece dunha vía de comunicación aceptable coa estrada PO-552”, sinalou a socialista, quen incidiu en que “isto dificulta moito o tráfico de vehículos, especialmente, os pesados”.
Así, lembrou que a necesidade de mellorar a comunicación do porto “xa vén de vello”, xa que o PXOM de 1993 “contemplaba un novo acceso ao Porto da Guarda por considerar estratéxica a mellora da comunicación co porto pesqueiro” cando, “ademais da pesca e do traballo das redeiras, existen outras actividades importantes para o tecido económico da vila”.
De feito, a socialista destacou que o proxecto ten o aval de diversas asociacións guardesas como ORPAGU, Piueiro, Alagua ou a Confraría de Pescadores, ademais de que conta co impulso do propio Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra.
Gallego sinalou que o custe da infraestrutura, que suporía un investimento aproximado de 2,4 millóns de euros, “debe ser asumido conxuntamente” pola administración municipal e pola Xunta de Galicia. Ademais, incidiu na “necesaria colaboración da administración autonómica” cando a obra precisa un declaración de interese supramunicipal por non estar prevista no PXOM.
Por último, a responsable socialista subliñou a importancia desta infraestrutura, tendo en conta que “a actividade pesqueira e marisqueira na Guarda non vai ir a menos”, senón que “a previsión é que no futuro aumente a actividade económica do porto dado as grandes posibilidades que ofrece tanto a nivel comercial como turístico”.
   
Cruz Roja en Baixo Miño atiende a 1587 personas en su atención frente a la pandemia, con 5130 intervenciones
A Guarda, 15 de marzo de 2021. Gracias a la entrega de más de 34 personas voluntarias en la comarca de Baixo Miño, el respaldo de los socios y el apoyo de las empresas y entidades, Cruz Roja pudo atender a  1.587  personas del entorno.
En el área de inclusión social, durante el confinamiento inicial, se hizo entrega de productos de alimentación, productos básicos de primera necesidad y medicamentos, asegurando la protección de las personas, cuyas necesidades siguen aumentando progresivamente, habiendo llegado a 1.064 personas en la comarca.
En el área de salud, la Organización ha atendido a 938 de personas en la comarca con información, medidas preventivas, entrega de medicamentos y mascarillas.
En educación, la Organización desarrolló píldoras online formativas e informativas sobre la Covid-19 que han tenido un gran impacto, siendo vistas y realizadas por más de 600 personas.  Y respecto a los niños de los programas de éxito escolar, la necesidad y dificultad de continuar online su educación por no disponer de conexiones ni dispositivos, ha llevado a Cruz Roja a entregar más de 48 dispositivos, que les ha permitido mantener el contacto con sus referentes educativos, así como el apoyo en las tareas escolares realizando entregas de material didáctico y realizando 415 intervenciones con 48 menores.
En cuanto a la economía y el empleo, dentro del Plan Cruz Roja Responde, gracias a las alianzas y al trabajo de los equipos de Cruz Roja en Pontevedra se han realizado 15 intervenciones.
Respecto al perfil de las personas atendidas, el 63 por ciento son mujeres; el 35 por ciento tiene edades entre 25 y 59 años y las personas mayores de 60 años representan el 33 por ciento de la población.
En relación a los perfiles de las más de 34 personas voluntarias, el 68 por ciento son mujeres y destaca el grupo de edad de 25 a 39 años.
 

O PSdeG-PSOE A Guarda levará a pleno a gratuidade dos peaxes de Puxeiros na AP-9 e a AG-57 do Val Miñor
A Guarda, 12 de marzo de 2021. A executiva do PSDeG-PSOE A Guarda presentou esta mañan no Concello unha moción sobre a gratuidade da AG-57 e o tramo de Puxeiros da AP-9, para mellorar as comunicacións da vila ca súa cidade de referencia, Vigo.
A Secretaria Xeral da agrupación guardesa, Montserrat Magallanes explicou que “na moción solicitamos a gratuidade das dúas peaxes que nos permiten chegar con maior premura a Vigo, a do tramo da AP-9 en Puxeiros e a AG-57 do Val Miñor, asi como a finalización, dunha vez por todas, da VAC entre A Guarda e Tui”
As socialistas esixen a gratuidade do tramo da AP-9 Tui – Vigo “xa que por traballo, estudos ou calquera outra necesidade, moita xente recurre a el para chegar antes, debido tamén a falta de seguridade no tramo gratuito que discorre en paralelo. Este tramo da AP-9, do que esiximos a gratuidade, é o terceiro máis caro en €/km percorrido.”
Por outra banda, no caso da AG-57, que pasa polo Val Miñor “é unha vía de referencia para chegar ao Hospital Álvaro Cunqueiro, nun tempo razonable e en mellores condicións de seguridade viaria, polo que entendemos que tamén debería ser gratuito.”
Por último, a moción tamén volve recoller a finalización, sen máis atrasos por parte da Xunta de Galicia da Via de Alta Capacidade entre A Guarda e Tui, “unha demanda histórica da nosa agrupación, como pilar do desenvolvemento social e económico da nosa vila e contorna. Levamos máis de cinco anos reclamándolle á Xunta de Nuñez Feijoo que remate dunha vez esta infraestructura”.
 

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o 25 de marzo
A Guarda, 11 de marzo de 2021. A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o xoves día 25 de marzo.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o xoves 25 en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00h.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Nos seguintes enlaces encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar, que rogamos difundan polos seus canles de comunicación. Cada día os hospitais galego precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental.
Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.
·         Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
·         Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
·         Informe ao médico se está a tomar algún medicamento
  
Máis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda
A Guarda, 11 de marzo de 2021. O pasado mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda foi o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.
O evento arrancou ás 16:30h cunha breve benvida por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen destacou a iniciativa coma moi interesante para a posta en marcha de novas oportunidades de negocio e de desenvolvemento turístico, cultural e patrimonial.
Esta xornada tivo coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.
A xornada estivo dividida en dúas partes, na primeira delas realizouse unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizáronse mesas de traballo nas que os asistentes puideron traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.
Nesta xornada participaron tamén expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo, que foi moi ben valorado por parte dos asistentes.
   
Finalizan con éxito as actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller 2021 na Guarda
A Guarda, 11 de marzo de 2021. Nun ano marcado pola pandemia e polas restricións sanitarias desde o Concello da Guarda programáronse actividades adaptadas á situación actual para seguir reivindicando e loitando por unha igualdade real entre mulleres e homes en todas as esferas da vida (no ámbito persoal, familiar, laboral, de lecer...).
Actividades programadas este ano 2021:
Campaña de sensibilización - O Concello de A Guarda encheuse de frases e palabras a prol da Igualdade da muller durante o mes de marzo.
A través do poder dos deseños, composto dun perfil de caras de mulleres de diferentes idades e razas, e mostrando palabras ou frases a prol da Igualdade, conmemorouse dende A Guarda o Día Internacional da Muller.
Queremos indicar que o material empregado para pendurar os carteis de formato redondo nas árbores foi corda de cáñamo coa intención última de non ferir ás árbores.
A Campaña de Sensibilización complementouse cunha valla publicitaria na Alameda con motivo do 8M, a colocación dunha pancarta no balcón do Concello, a Iluminación en cor morada do Concello e do CIM, así como unha entrevista á directora do CIM na radio do IES A Sangriña feita polo propio alumnado do Centro.
E este ano centráronse as nosas actividades na poboación máis nova, as crianzas e a xuventude, porque consideramos primordial que a concienciación e o fomento de Igualdade entre mulleres e homes estea centrada neste sector da poboación.
Actividades nos centros de ensino
Na xornada do martes día 9 de marzo o alumnado participou no Contacontos "O Pozo das Señoras" con Rilo e Penadique (contadora de contos e música) levándose a cabo en formato online (debido a situación sanitaria actual) dirixido a crianzas con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos.
Ofreceuse a todos os centros de ensino da Guarda unha ligazón que estivo dispoñible durante toda a mañá do martes día 9 para facilitar o seu acceso e adaptarse á programación educativa de cada centro.
A actividade que chamamos "Mulleres galegas, donas do seu"estivo dirixida ao alumnado de 1 º de Bacharelato do IES A Sangriña,foi un dos exercicios prácticos de Interpretación do Patrimonio material e inmaterial galego, que 14 alumnos/as de 2º curso do Ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística do CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza en Pontevedra, deseñaron no módulo de Procesos de Guía que imparte a profesora Tina Otero.
Consiste en investigar e recuperar aspectos moi interesantes da dura vida que moitas mulleres galegas e non galegas tiveron ao longo da historia e convertilo nun discurso dinámico, interesante e actual para que a nosa audiencia, xente moza, coñeza a estas protagonistas, mulleres que viviron en tempos duros, difíciles.. pero que  non se acobardaron… loitaron, traballaron e se esforzaron para mellorar a súa situación, a das súas familias e sen sabelo a de toda a sociedade, porque elas axudaron a que agora no século XXI as mulleres teñamos máis dereitos, liberdades e unha mellor vida, de feito van recoñecer nestas historias ás súas nais e avoas.
O obxectivo principal deste traballo foi aplicar os coñecementos, destrezas e habilidades acadadas durante o ciclo e preparar emotivos discursos complementados con dinámicas presentacións que sacan do esquecemento histórico a estas mulleres, darlles voz e poñelas como exemplo para invitar a toda a sociedade a seguir loitando por esa igualdade e liberdade que desgraciadamente aínda a día de hoxe as mulleres e as xoves ás que está dirixido este discurso as veces non temos…. buscamos provocar na nosa audiencia unha reflexión e reacción final positiva con cada unha das mulleres e oficios que presentamos, por iso a grande importancia de proxectos como o que presentou a profesora Tina Otero que ofreceu a oportunidade de crear sinerxias entre os diferentes centros educativos e o CIM da Guarda. Agradecemos a colaboración desinteresada tanto do alumnado do Ciclo de FP como da súa profesora.
Dado o éxito da actividade, acordouse ao finalizar a mesma entre as responsables implicadas dos tres centros participantes que este proxecto marcou o inicio de novas colaboracións futuras para camiñar unidas e unidos cara unha a consecución dunha igualdade real.
  
Manifestación da hostalería o sábado en Santiago de Compostela
A Guarda, 11 de marzo de 2021. O vindeiro sábado 13 de marzo fai un ano do inicio das restriccións provocada pola Pandemia que estamos a vivir. Un ano de peches continuados, restriccións sin pé nin cabeza que ao sector de hostalería e a todos os que del viven están levándonos a unha situación sin retorno.
Por iso, ​dende a Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galicia, convocamos a todos os sectores afectados a unha gran manifestación o sábado 13 en Santiago de Compostela, con saída ás 19,00 horas dende a Alameda, e que rematará na Praza do Obradoiro.
Alí presentaremos oficialmente o auténtico Plan de Rescate no que estivemos traballando, sendo éste a única forma viable de axuda ao sector. Somos empresas intervidas polo goberno, pechadas por imperativo, e cun nivel de débeda acumulada insostible. É a responsabilidade legal dese mesmo goberno dar viabilidade ás nosas empresas, non tendo que ser nós quen de cargar co custe desta Pandemia.
Asemade remitimos dous documentos adxuntos a esta nota de prensa:
● unha carta redactada ao presidente da Fegamp co obxectivo de facela chegar a todos os Concellos e alcaldes de Galicia, como reacción dun documento asinado por Alfonso Rueda, no que di que o (mal chamado) I Plan de rescate da Xunta de Galicia está abonado na súa totalidade. Nós temos a capacidade absoluta de certificar que NON É correcto. Hai moitos
hostaleiros pendentes do cobro desa axuda.
● O documento do Plan de Rescate elaborado por economistas, hostaleiros e profesores da Universidade de Santiago.
Previamente á manifestación do 13 de marzo convocamos aos medios de comunicación a una rolda de prensa para presentar o Plan de Rescate elaborado por nós e que faremos chegar á presidencia da Xunta de Galicia. ​Terá lugar ás ​18 horas en A NAVE DE VIDÁN, ​Av. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela.
Aproveitamos a edición desta Nota de Prensa para rexeitar o “suposto” acordo de apertura hata ás 20 horas co sector, deste xeito é imposible traballar, nós solicitamos unha apertura nomalizada, e se non é posible, que sexa de tal xeito que as empresas poidan traballar as ceas, mínimo hata ás 23 horas.
 

Citas para a renovación do DNI na Guarda para os meses de abril, maio e xuño
A Guarda, 8 de marzo de 2021. O vindeiro xoves día 11 de marzo de 2021 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente aos meses de abril, maio e xuño de 2021.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en marzo ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 11 de marzo de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
 
Luis López visita ao balonmán Atlético Guardés e califica ao clube de “orgullo de Galicia e exemplo de superación e loita pola igualdade”
A Guarda, 8 de marzo de 2021.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou esta tarde, no Pavillón da Sangriña, ao Balonmán Atlético Guardés e calificou a este clube feminino de “orgullo de toda Galicia e exemplo constante de superación e loita pola igualdade”.
O representante autonómico mantivo un encontro coa directiva, encabezada por Jesús López, o adestrador José Ignacio Prades, e a plantilla, que veñen de regresar do seu encontro contra o Málaga para poñer fin á primeira fase da Liga Guerreras de División de Honra, e entregoulles uns obsequios da Secretaría Xeral da Igualdade en recoñecemento á súa gran tempada, ao seu esforzo constante e a ser un dos mellores e máis representativos clubes de Galicia.
O delegado territorial insistiu en que o traballo realizado polo Atlético Guardés dende a súa fundación en 1967 e, xa coa actual denominación en 1971, “debe ter a máxima difusión e visibilización para ser un exemplo para a sociedade e avanzar máis rápido cara a consecución da igualdade de xénero, xa que leva máis de medio século facendo as cousas ben e rompendo todos os teitos de cristal e as barreiras que sofre o deporte feminino”.
Así, lembrou que todo este traballo “tivo unha especial recompensa na última década”, na que o equipo, do que tamén destacou o labor que fai coa canteira, acadou o ascenso á División de Honra (2012), conseguiu praza para a EHF Champions (2013), gañou o Campionato de Liga (2017) e vén de clasificarse o pasado mes de febreiro, por vez primeira, para unhas semifinais dunha competición continental.
Luis López animou ao equipo tras a derrota sufrida esta fin de semana en Málaga para pechar a primeira fase da Liga Guerreras, “que non empaña para nada a magnífica tempada do clube”, e incluso destacou que o Guardés finalizou na segunda praza do seu grupo, só por detrás do potente Bera Bera, “polo que ten todas as opcións abertas na loita polo título que comezará o vindeiro 22 de marzo”.
O delegado territorial rematou o seu encontro cos representantes e as xogadoras do Guardés desexándolles “a máxima sorte” na fase polo campionato da División de Honra e, especialmente, nas semifinais da EHF European Cup que disputarán contra o Málaga a dobre volta os días 28 de marzo e 3 de abril. “A toda Galicia faríalle moita ilusión que se clasificaran para a final europea en maio e eu serei o primeiro que as estarei alentando e animando para que acaden este fito histórico”, concluiu.
O clube guardés está patrocinado pola Xunta de Galicia e recibiu, ao abeiro de distintas liñas, incluíndo axudas e equipamentos, 75.863€ o pasado ano e está previsto que, no presente exercicio, se destinen 24.000€ á mellora do videomarcador e se executen outras melloras no pavillón da Sangriña.
 

A Xunta de Galicia comeza as obras da nova escola infantil da Guarda
A Guarda, 5 de marzo de 2021.- A Xunta de Galicia e o Concello de A Guarda anunciaron hoxe o inicio das obras da nova escola infantil deste municipio. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez; acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez; e do alcalde do municipio, Antonio Lomba Baz, visitou hoxe o comezo desta actuación coa que se mellorarán as posibilidades de conciliación das familias da zona.
O investimento ascende a 692.000 euros, dos cales a Administración autonómica achega 410.000 (cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder) e o Concello os 282.000 restantes. O prazo de execución é de 14 meses, polo que se prevé que o centro entre en funcionamento para o curso 2022-2023.
Os traballos que veñen de iniciarse consisten na rehabilitación integral da que fora vivenda dos mestres e do comedor do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, onde se emprazará a nova escola infantil. Este novo servizo contará con 41 prazas distribuídas en tres unidades; un espazo de usos múltiples; aseos; cociña e estancias para o persoal do centro.
Rede autonómica
Unha vez que as obras estean rematadas, a Xunta ocuparase da contratación e dos custes do equipamento necesario para a entrada en funcionamento da escola, que se xestionará a través da rede pública autonómica, de acordo co modelo de cofinanciamento acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
O xerente do Consorcio destacou a importancia desta intervención, que fará máis doado ás nais e pais da Garda e dos concellos limítrofes compaxinar as súas vidas laborais e familiares. Coa nova escola infantil a ratio de cobertura de prazas públicas e de iniciativa social de 0 a 3 anos nesta localidade pontevedresa elevarase ata o 49%, 16 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea.
   
Arrancan as obras de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal da Guarda
A Guarda, 5 de marzo de 2021. Esta semana iniciáronse os traballos de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal da Sangriña da Guarda.
No frontal do Estadio Municipal da Sangriña se procedeu á retirada da beirarrúa existente que se atopaba xa moi deteriorada e se está a realizar unha nova de formigón en color ocre.
Ata alí se desprazou o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español; para supervisar o avance das obras xunto cos técnicos da empresa adxudicataria.
O prazo de execución destas obras é de aproximadamente un mes e estes traballo contan cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1 da Deputación de Pontevedra.
Dentro desta actuación tamén se executou a mellora da accesibilidade da baixada á Praia de Fedorento, obras finalizadas recentemente.
O Concello da Guarda continúa deste xeito co seu compromiso de mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio.
   
O parque deportivo do Codesal consolidase como espazo de ocio
A Guarda, 5 de marzo de 2021. O Concello da Guarda avanza na mellora do Parque Deportivo do Codesal  en Camposancos, onde se teñen realizado diferentes tarefas para adecuar o terreo para a práctica de diferentes modalidades deportivas coma o volei, o fútbol, o balonmán  ou a petanca.
Na xornada do pasado mércores día 3 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, achegáronse ata o Codesal para comprobar “in situ” os diferentes traballos que se teñen acometido nestas instalacións deportivas, que ven incrementadas as súas funcionalidades cunha significativa mellora nos espazos para a práctica deportiva.
Deste xeito se teñen incrementado as pistas existentes para a práctica da Petanca, instalacións que emprega o Clube de Petanca O Caldeiro, o clube con maior número de deportistas federados nesta modalidade en Galicia, con máis de 40 membros é o primeiro clube para a práctica deste deporte na Comarca do Baixo Miño.
Tamén se habilitaron dúas canchas para a práctica do volei, nunhas instalacións que son empregadas polo Clube de Volei Miño, entidade deportiva que organiza diferentes torneos na tempada estival.
O Concello non só acometeu neste espazo a mellora destas pistas ou canchas senón que tamén se creou unha   zona de vestiarios e aseos, se dotou ao espazo do Parque Deportivo de iluminación interior e exterior  e dunha fonte de auga potable, o Parque conta tamén con bancos e mesas para que as familias podan desfrutar  dunha xornada de ocio ao aire libre.
A todas estas actuacións de mellora hai que sumarlle  que queda aínda por realizar un parque infantil e a instalación duns elementos de calistenía que se están xestionando  e serán acometidos con recursos propios.
O concello da Guarda considera que este é un dos espazos con maiores posibilidades de consolidarse como punto de encontro interxeracional, xa que as instalacións permiten a práctica deportiva de  diferentes colectivos que abarcan idades moi diferentes.  O Parque Deportivo do Codesal ofrece á cidadanía  desfrutar de diferentes actividades  nun entorno paisaxístico  natural (deporte, paseo, lectura, fotografía…) actividades todas elas  seguras e moi necesarias neste momento de pandemia, seguindo así a liña estratéxica marcada polo equipo de goberno de mellora das instalacións deportivas e das instalacións que posibiliten aos veciños e veciñas da localidade espazos seguros ( parques, sendas, zonas deportivas..) tal e como establecen as autoridades  sanitarias.
A mellora deste espazo foi realizada conxuntamente con fondos propios do Concello da Guarda e tamén cunha  importante subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
  
Con la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Galicia los comuneros de Camposancos se consideran dueños del MASAT
A Guarda, 5 de marzo de 2021. La Sección Segunda de la Sala de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia desestimó los recursos de apelación presentados por la procuradora de la Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de A Guarda y la letrada de la Xunta de Galicia contra la Sentencia del 13 de marzo, dictada por el Juzgado de lo contencioso-administrativo número 1 de los de Pontevedra contra la Resolución del Xurado de Montes Vecinais en Man Común de Pontevedra aprobatorio del deslinde parcial de los montes entre las Comunidades de A Guarda y Camposancos, dando la razón a la Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de Camposancos, que entendía que la división del edificio del museo arqueológico planteaba problemas que debían ser resueltos con la intervención de la Consellería de Cultura, siendo preceptiva su autorización dada su condición de BIC, mientras que para los comuneros de A Guarda, no se precisaba la autorización o informe de la Consellería de Cultura en las actuaciones realizadas en el Museo de Santa Trega, cuya propiedad entendían los comuneros de A Guarda, compartían ambas comunidades, en un 80 por ciento la de A Guarda, y en el 20 por ciento la de Camposancos, donde además se ubica la entrada al MASAT.
Entienden los comuneros de Camposancos que el fallo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia les da la razón al ratificar ser propietarios del Museo Arqueológico de Santa Trega.
Los recurrentes, que deberán hacerse cargo de las costas en la cantidad de 1.000 euros al desestimarse totalmente el recurso presentado, aún pueden interponer recurso de casación contra esta Sentencia.
  
A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2021
A Guarda, 4 de marzo de 2021. Nun ano marcado pola pandemia e polas restricións sanitarias desde o Concello da Guarda programáronse actividades adaptadas á situación actual para seguir reivindicando e loitando por unha igualdade real entre mulleres e homes en todas as esferas da vida (no ámbito persoal, familiar, laboral, de lecer...).
Actividades programadas para este ano 2021:
Campaña de sensibilización - O Concello de A Guarda énchese de frases e palabras a prol da Igualdade á muller durante o mes de marzo.
A través do poder dos deseños, composto dun perfil de caras de mulleres de diferentes idades e razas, e mostrando palabras ou frases a prol da Igualdade, pretendemos conmemorar dende A Guarda o Día Internacional da Muller.
Queremos indicar que o material empregado para pendurar os carteis de formato redondo nas árbores foi corda de cáñamo coa intención última de non ferir ás árbores.
A Campaña de Sensibilización vese complementada cunha valla publicitaria na Alameda con motivo do 8M, a colocación dunha pancarta no balcón do Concello, a Iluminación en cor morada do Concello e do CIM, así como unha entrevista á directora do CIM na radio do IES A Sangriña feita polo propio alumnado do Centro.
E este ano queremos centrar as nosas actividades na poboación máis nova, as crianzas e a xuventude, porque consideramos primordial que a concienciación e o fomento de Igualdade entre mulleres e homes estea centrada neste sector da poboación.
Actividades nos centros de ensino
O Contacontos "O pozo das Señoras" con  Rilo e Penadique (contadora de contos e música) levarase a cabo en formato online (debido a situación sanitaria actual) dirixido a crianzas con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos.
Ofreceráselle a todos os centros de ensino da Guarda unha ligazón que estará dispoñible durante toda a mañá do martes día 9 para facilitar o seu acceso e adaptarse á programación educativa de cada centro.
A actividade que chamamos "Mulleres galegas, donas do seu"  vai ir dirixida ao alumnado de 1 º de Bacharelato do IES A Sangriña,  é un dos exercicios prácticos  de Interpretación do Patrimonio material e inmaterial galego, que 14 alumnos/as de 2º curso do Ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística  do CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza en Pontevedra, deseñaron no módulo de Procesos de Guía que imparte a profesora Tina Otero.
Consiste en investigar e recuperar aspectos moi interesantes da dura vida de  moitas mulleres galegas e non galegas tiveron ao longo da historia e convertelo nun discurso dinámico, interesante e actual para que a nosa audiencia,  xoves  adolescentes coñezan as estas protagonistas, mulleres que viviron en tempos duros, difíciles.. pero que  non se acobardaron… loitaron, traballaron e se esforzaron para mellorar a súa situación, a das súas   familias e sen sabelo a de toda a sociedade, porque elas axudaron a que agora no século XXI as mulleres teñamos máis dereitos, liberdades e unha mellor vida, de feito van recoñecer nestas historias ás súas nais e avoas.
O obxectivo principal deste traballo é aplicar os coñecementos, destrezas e habilidades acadadas durante o ciclo e preparar  emotivos discursos complementados con  dinámicas presentacións que sacan do esquecemento  histórico a estas mulleres,  darlles voz e poñelas como exemplo para invitar a toda a sociedade a seguir loitando por esa igualdade e liberdade  que desgraciadamente aínda a día de hoxe as mulleres e as xoves ás que está dirixido este discurso as  veces  non temos…. buscamos provocar na nosa audiencia  unha reflexión e reacción final  positiva con cada unha das mulleres e oficios que presentamos, por iso a grande importancia de proxectos como o que nos presenta a profesora Tina Otero que nos ofrecen a oportunidade de crear sinerxias entre diferentes centros educativos e o CIM da Guarda.
Convídase a todas as persoal que queiran vestir algunha prenda ou pór algún complemento de cor morada, como cor que simboliza o Día Internacional das Mulleres.
 
O BNG da Guarda  denuncia  a precariedade laboral  das mulleres  na Covid  
A Guarda, 4 de marzo de 2021. O BNG da Guarda ven de presentar unha moción  este  8 de marzo na que demanda do goberno central o aumento dos recursos destinados á inspección laboral e a súa transferencia á Comunidade autónoma galega. E da  Xunta de Galiza a asumir as súas competencias en materia de atención á dependencia.
A pandemia fixo visíbel o papel esencial das mulleres para o sostemento da vida e aqueles traballos esenciais para a sociedade. Enfermeiras, persoal sanitario, caixeiras de supermercados, coidadoras... Mulleres que estiveron en primeira liña combatindo a Covid.
“Estes empregos están ocupados na súa maioria por mulleres, sendo ademáis os máis precarios e invisibilizados, moitos deles sen cobertura legal, a pesar do recoñecemento social e institucional, un ano despois as súas condicións laborais, economicas e sociais, non melloraron”,  destacou Bea Lomba, concelleira do BNG. Estes sectores sofren un maior impacto pola precariedade das súas condicións, froito das carencias dun sistema público de servizos básicos  forte e pola falta de medidas por parte da Xunta e do goberno central.
A crise da covid deixou en Galicia unha destrucción  de 21.000 empregos dos que 15.900 estaban ocupados por mulleres . A fenda salarial  continúa a superar o 20% e ten tamén o seu correlato na fenda das pensións, cobrando as pensionistas galegas unha media de 300 euros menos. Esta situación continuará empeorando de non tomarse medidas.
Cómpre dar unha resposta contundente  a esta situación, concluiu Bea Lomba “Non podemos permitir que  a pandemia sexa  a coartada para conxelar avances sociais nin para retroceder nos nosos dereitos. Esta crise non a imos pagar as mulleres”. Dende o BNG da Guarda animamos a participar na folga  e na concentración convocada pola CIG, o próximo día 8  para construir un futuro de igualdade, liberdade e feminismo.
 
A CIG convoca  concentración na Guarda na Praza de Avelino Vicente ( As de Copas), ás 12.00 HORAS o vindeiro 8 de Marzo
DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
A CIG ten convocadas 31 mobilizacións en cidades e vilas de toda Galiza , entre elas na Guarda, para facilitar a participación de todas durante a xornada de folga de mulleres do 8 de Marzo. Co fin de garantir o cumprimento de todos os requisitos derivados da pandemia, nas asembleas acordouse promover actos a nivel local, evitando desprazamentos, garantindo a distancia interpersoal de máis de metro e medio, e uso de máscara de protección. A secretaría das Mulleres fai tamén un chamamento a participar nas manifestacións convocadas pola plataforma GALEGAS8M da que a central sindical fai parte.
Fronte a campaña de “desprestixio e boicot” que se está poñendo en marcha, a secretaria das Mulleres da CIG, denuncia que “ao poder non lle interesa a resposta na rúa” e que, coa escusa da pandemia, “está facendo un chamado a non mobilizarse cando, porén, permitiu manifestacións da ultradereita, saltándose límites perimetrais, e acudindo  mesmo sen protección”.
Por iso fai un chamamento a reflexionar colectivamente sobre as razóns polas que se pretende criminalizar a mobilización do feminismo cando se permiten as convocadas por outros colectivos, “a non ser que se pretenda culpabilizar de novo a quen está a soster a crise facéndolles crer que si se mobilizan serán as culpábeis dunha nova onda”.
Lembra que “todas as marchas e mobilizacións foron comunicadas previamente, sen que houbese ningunha restrición por parte das autoridades” e que están a ser organizadas de xeito pormenorizado “para asegurarnos de que se poidan realizar en condicións seguras para todas”.
Sobran razóns para a mobilización
A secretaría das Mulleres da CIG denuncia, entre outras cuestións, a sobreexplotación; a precariedade das mozas que intentan acceder ao emprego; a das que suman moreas de contratos a tempo parcial e de curta duración; a explotación das traballadoras do comercio, dos sectores sociosanitarios; os abusos ás traballadoras dos centros de chamadas, ás traballadoras do fogar; a situación das que tiveron que renunciar a salarios por ter que coidar da súa familia ou os despedimentos realizados de xeito oportunista por unha patronal que veu na pandemia a oportunidade para liquidar os seus contratos.
Isto xunto a denuncia de que as mulleres son as máis prexudicadas pola fenda dixital ou pola analfabetización electrónica que tanto dificultou o seu acceso a axudas e prestacións; as pensións miserentas ou os riscos asumidos por falta de equipos de protección mesmo nos servizos esenciais durante a pandemia. Unha crise sanitaria que pagaron as mulleres co seu lombo e co seu traballo de balde, limpando, curando, coidando.
  

El Gobierno aprueba ayudas para dos proyectos de recuperación de la Memoria Democrática en Galicia
A Guarda, 4 de marzo de 2021. El Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, a través de la Secretaría de Estado de Memoria Democrática, ha aprobado ayudas para dos proyectos de recuperación de la memoria histórica en Galicia.
Una de las subvenciones se ha destinado a un ciclo de conferencias sobre el artista Eugenio Granell y el exilio y la otra a un estudio sobre el campo de concentración de Camposancos en A Guarda (Pontevedra).
Estas ayudas fueron aprobadas el pasado mes de diciembre y adjudicadas directamente por la Secretaría de Estado de Memoria Democrática a través de la Orden PCM/725/2020, de 27 de julio, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión las mismas. Las ayudas determinadas por esta Orden están destinadas a asociaciones, fundaciones y otras entidades privadas sin ánimo de lucro, además de a universidades y organismos públicos de investigación, así como a las agrupaciones de personas físicas que tengan incorporados entre sus objetivos o actividades los relacionados con la recuperación de la Memoria Democrática y el reconocimiento de las víctimas de la Guerra Civil y de la Dictadura.
Además de las ayudas recogidas por esta Orden, el Real Decreto 887/2020, de 6 de octubre, establece la concesión de una subvención directa del Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática a la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), para actuaciones relacionadas con la Memoria Democrática. A través de estas ayudas se va a financiar las actuaciones que lleven a cabo los ayuntamientos para investigar, localizar, exhumar e identificar a personas desaparecidas en fosas de la guerra civil y el franquismo. El montante total de las mismas para toda España asciende a 750.000 euros.
Estas dos líneas de ayuda conforman un plan de choque puesto en marcha por el Gobierno en el ámbito de la recuperación de la memoria democrática en el que ha invertido 1,5 millones de euros, de los que 1,2 millones van a ser destinados a labores de exhumación. Este plan pretende ser una fase transitoria hasta se ponga en marcha el Plan Cuatrienal de búsqueda de personas desaparecidas durante el Golpe de Estado, la Guerra Civil y la Dictadura, que cuenta con una financiación en los nuevos Presupuestos Generales del Estado para el año 2021 de un total de cuatro millones de euros, tres para las Comunidades Autónomas y uno para las entidades locales, a través de la FEMP.
Con estas ayudas, el Gobierno, a través de la Secretaría de Estado de Memoria Democrática, revierte la situación que se había creado en 2013, cuando el Ejecutivo del Partido Popular decidió dejar sin presupuesto las políticas de memoria histórica. Además, el Gobierno da un importante impulso a las políticas de memoria en España, un compromiso que se ve, además, sustanciado en la nueva Ley de Memoria Democrática, que tiene que ser aprobada en las Cortes.
   

Abertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda
A Guarda, 3 de marzo de 2021. O vindeiro mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda será o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.
Esta xornada, que arrancará ás 16:30h da tarde, ten coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.
A xornada estará dividida en dúas partes, na primeira delas realizarase unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizaranse mesas de traballo nas que os asistentes poderán traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.
Todas aquelas persoas, sexan profesionais ou non, e que desexen desenvolver ou participar en proxectos para a creación de novos produtos turísticos, atraer turismo á Guarda, potenciar a nosa cultura ou dar a coñecer o noso patrimonio, teñen unha oportunidade moi especial nesta xornada, na que participarán expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.
Máis información sobre o proxecto en: https://atlanticculturescape.eu/
  
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda conta xa cunha sección de temática feminista
A Guarda, 3 de marzo de 2021. Na xornada do martes 2 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, a concelleira de educación Fátima Rodríguez e Marisol Diz, responsable da Biblioteca Pública Municipal da Guarda, deron a  coñecer a posta en marcha do “Punto Lila”.
O “Punto Lila” é un espazo no que se recollen máis de 130 exemplares de temática feminista no que a muller, a igualdade e a coeducación son os protagonistas, atopando exemplares de autoras consagradas coma Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán.
Ata o de agora estes exemplares atopábanse en diferentes seccións da biblioteca e foron seleccionados para formar parte desta nova sección, que se irá completando con outros novos exemplares que serán adquiridos proximamente para incrementar a oferta literaria da Biblioteca Pública Municipal da Guarda.
Para Montserrat Magallanes esta é unha nova iniciativa para por en valor o papel da muller dentro da literatura e unha das accións enmarcadas nas propostas municipais para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo.
 

A Guarda recibe aos participantes do proxecto Jamii, gañador do segundo hackaton da Deputación de Pontevedra
A Guarda, 1 de marzo de 2021. Na xornada do luns 1 de marzo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, recibiron na Casa dos Alonso a tres dos cinco participantes no Proxecto gañador do segundo hackaton da Deputación de Pontevedra, Henar Alonso, Jarold Lugo e Eduardo Castro.
É a segunda vez que parte deste equipo participa e gaña neste certame de programación que organiza a institución provincial e no que, baixo o nome de “Jamii”, desenvolveron unha plataforma que permitirá, grazas á xeolocalización, conectar ás persoas coas asociacións, con multidude de interesantes funcións, coma voluntariado, mecenazgo ou crowfounding, entre outras.
Para Antonio Lomba “é importante coñecer e por en valor o talento local que, a través destes tipo de certames, axudan a resolver problemas existentes na nosa comunidade, destacando o bo facer deste equipo e a súa profesionalidade.”
Montserrat Magallanes estendeu as súas felicitacións para este grupo de xoves emprendedores, destacando o método de traballo empregado, traballando remotamente e con tarefas perfectamente predefinidas e meticulosamente calculadas, facendo tamén especial fincapé na existencia de dúas mulleres neste equipo, o único con este ratio no concurso, o que lle outorga un excelente papel para amosar tamén o traballo e formación das nosas mulleres.
Tal e como manifestaron os membros deste equipo, o proxecto continúa máis aló deste certame, e contan con telo plenamente en funcionamento e operativo de cara a este verán, amosando dende o Concello da Guarda o seu apoio ao mesmo.
Regreso al contenido