A Guarda, febreiro 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, febreiro 2021

Arquivo 2021
Comeza a obra da nova Escola Infantil do concello da Guarda
A Guarda, 27 de febreiro de 2021. A vindeira semana inícianse as obras da nova Escola Infantil do concello da Guarda, que terá o seu emprazamento nas antigas vivendas de mestres e no comedor do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.
A nova escola contará con 41 prazas distribuídas en tres unidades. O proxecto contempla a conservación de parte da fachada do edificio actual, na planta baixa localizarase a escola infantil cun patio para goce exclusivo dos usuarios. Na zona de acceso ao edificio haberá dúas plantas, a superior estará destinada a usos auxiliares
O obra adxudicouse a empresa Construcciones Ramírez S.L. por 691.746,99 € dos cales a Xunta de Galicia achega 410.000 € (59.3%) financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e o concello da Guarda achega os restantes 281.746,99 € (40.7%). Para que esta actuación fora posible, ademais de anos de xestións e da importante contribución económica, o concello tivo que facerse cargo da redacción do proxecto e da dirección de obra.
O prazo para a execución da obra é de 14 meses, o remate da edificación está previsto para o primeiro semestre de 2022. A Xunta farase cargo da contratación e custo do equipamento necesario para poñer en funcionamento a escola, así como da súa xestión a través da rede de escolas infantís Galiña Azul.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quere mostrar a súa satisfacción polo comezo desta obra tan esperada e demandada que permitirá duplicar as prazas de atención a infancia de 0-3 anos na localidade. “A previsión é a de eliminar as listas de agarda e dar servizo a todas as familias que o necesiten. Esta actuación permitirá avanzar na conciliación da vida familiar e laboral e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, sobre todo da xente máis nova. A súa vez forma parte das políticas de loita contra a crise demográfica que pretenden frear a diminución de poboación na localidade.
 

A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados
A Guarda, 25 de febreiro de 2021. O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 e, trala mellora da incidencia acumulada, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 27 de febreiro.
O mercadillo quedara suspendido e só se instalaban os postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos ante a evolución da COVID-19.
Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social.
  

O concello da Guarda anima ás familias a matricular aos cativos e cativas na Escola Unitaria da Gándara
A Guarda, 24 de febreiro de 2021. O concello da Guarda ven de por en marcha unha campaña para por de manifesto as vantaxes da educación nunha escola unitaria coma a Escola Unitaria da Gándara.
A través dun vídeo, pais, nais e a profesora deste centro explican cales foron os motivos principais que os fixeron decidirse por matricular aos seus fillos e fillas na Escola Unitaria da Gándara e porqué aconsellan a outros pais a que matriculen aos seus fillos de cara ao vindeiro curso lectivo.
Diana, Neli e Isidro, nais e pais de alumnos deste centro educativo, dan constancia neste vídeo que a educación na Escola Unitaria da Gándara é máis especializada, cunha mellor atención por parte dos docentes ao teren unha ratio inferior de alumnos, o que lles permite adicar máis tempo a cada alumno, ademais de que ao teren alumnos de diferentes rango de idades, os máis pequenos aprenden tamén dos máis grandes e os máis grandes axudan aos máis pequenos.
Pola súa banda, Lara, docente neste curso lectivo, valorou tamén no vídeo a proximidade e o trato especializado e individualizado aos alumnos e alumnas, convidando aos pais e nais a matricular aos seus fillos neste centro.
O concello da Guarda recorda que o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021/22 nas escolas infantís comeza a partires do vindeiro día 1 do mes de marzo.
  
O Concello da Guarda mellorará os espazos axardinados da estrada de Circunvalación
O Concello da Guarda porá en marcha nos próximos días  un proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na estrada de circunvalación ao seu paso polo barrio da Cruzada. O concello encargou a proposta de mellora do axardinamento nesta estrada á empresa de xardineiría San Jerónimo Emiliani, xa que a mesma conta cunha ampla experiencia na zona debido a que desenvolve labores de mantemento na mesma.
Este proxecto contempla a plantación de preto de 90 especies, entre as que destacan magnolios, hortensias, figueiras, madroños, entre outras especies arbóreas e arbustivas, elixidas especialmente para estes espazo polas súas características e o seu mantemento, atendendo tamén a criterios biolóxicos, ecolóxicos, estéticos e económicos. A hora de redactar a proposta a empresa tivo en conta que a actuación está moi condicionada pola influencia dos ventos marítimos e a  salitre.
Os traballos realizaranse nun total de 6 tramos, dende o Colexio M. Rodríguez Sinde ata a altura do nº99 da estrada de Circunvalación, actuando en ámbalas dúas marxes da estrada.
Esta  mellora do axardinamento  na  zona da cruzada hai que engadirlle as actuacións que o concello está desenvolvendo noutros espazos da localidade, así se están replantando varias árbores ao carón da zona escolar da Sangriña, na Armona  e en varias rúas da localidade,  e se realizou unha mellora de axardinamento no inicio da rúa de baixada á Area Grande. O concello da Guarda segue incrementando os espazos verdes en liña coa procura  da mellora paisaxística  da localidade.
 

“Suelo Empresarial del Atlántico” acuerda con el alcalde de A Guarda retomar el estudio para un polígono compartido con O Rosal que atraiga inversiones del sur de Galicia y la zona norte de Portugal
A Guarda, 23 de febreiro de 2021. “Suelo Empresarial del Atlántico”, (SEA), organismo dependiente del Ministerio de Transportes a través de Sepes, ha analizado con el Concello de A Guarda la posibilidad de retomar el estudio y análisis de un posible polígono supramunicipal que atraiga actividad económica generadora de empleo de la zona sur de Galicia y del norte de Portugal.
Así lo ha expuesto la gerente de SEA, Beatriz Sestayo, en la reunión telemática que ha mantenido con el alcalde de A Guarda, Antonio Lomba. De forma concreta, la gerente y el regidor de A Guarda han acordado que SEA iniciará el análisis y el estudio de un posible polígono compartido entre A Guarda y O Rosal, que podría contar con una superficie superior a los 270.000 metros cuadrados.
“Es un sitio que, de ser viable económicamente, es muy interesante desde el punto de vista económico e industrial, ya que podría atraer proyectos generadores de empleo tanto del sur de Galicia como del norte de Portugal”, ha destacado Beatriz Sestayo.
El proyecto se había planteado en 2004 pero quedó en suspenso posteriormente. Pese a esto, SEA posee en propiedad de una bolsa de suelo con parte de los terrenos necesarios para el desarrollo de este polígono y ya cuenta con el proyecto sectorial.
Por ello, Beatriz Sestayo se ha comprometido con el alcalde a estudiar la posibilidad de acometer este proyecto para lo que, en primer lugar, se ha recuperado ya el proyecto sectorial y SEA va a proceder a su actualización. En paralelo, se realizará una tasación del precio del suelo con el que cuenta la entidad.
Beatriz Sestayo también ha acordado con Antonio Lomba que, una vez que se analicen los posibles costes, realizará una visita a A Guarda en las próximas semanas para abordar de forma personal las posibilidades del proyecto.
Antonio Lomba, por su parte, ha puesto en valor la zona estratégica en la que se ubicaría el parque empresarial, si bien ha lamentado el retraso de la Autovía Tui-A Guarda.
“Llevamos casi 20 años perdiendo oportunidades de implantación de empresas en la comarca del Baixo Miño por causa de no disponer de suelo empresarial y por el retraso en la construcción de la Autovía Tui-A Guarda. Tener una comarca bien comunicada y disponer de suelo empresarial son elementos estratégicos para el desarrollo futuro esta comarca transfronteriza”, ha explicado el regidor.
“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”
“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S.M.E., es una sociedad que está participada en un 83,44% por el Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; en un 15,91% por la Xunta de Galicia, y en un 1,65% por ABANCA y creada con el objetivo de desarrollar y comercializar parques empresariales en Galicia.
“Suelo Empresarial del Atlántico” gestiona 13 parques empresariales en Galicia, que suman más de 4 millones de metros cuadrados, situados en las provincias de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada y Rábade—, de A Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros y Rianxo— y de Pontevedra –Vilanova de Arousa y Catoira-.
   
O concello da Guarda realiza a compra de 250 composteiros domésticos para avanzar no seu Plan de Compostaxe
A Guarda, 23 de febrero de 2021. O Concello da Guarda acaba de adxudicar o subministro de 250 composteiros domésticos para avanzar na implantación da compostaxe como sistema de xestión de biorresiduos.
O reparto destes 250 composteiros realizarase acompañado dunha pequena explicación e unha demostración da montaxe do composteiro, co obxectivo de informar do proceso de compostaxe e resolver as dúbidas que poidan xurdir ao respecto.
Ademais do reparto dos composteiros, a mestra composteira realizará ao cabo de 3-4 meses unha visita de seguimento a cada composteiro de cara a avaliar o proceso e a resolver incidencias que poidan xurdir.
Coa instalación desta última partida, xa serían 476 os composteiros domésticos repartidos por todo o Concello dende o ano 2013, o que implicaría un total de 476 vivendas que xestionan a súa materia orgánica mediante compostaxe.
Se queres solicitar o teu composteiro podes facelo a través do 986 61 00 00 ou en medioambiente@aguarda.es
A adquisición destes composteiros realízase ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante os anos 2020 e 2021.
  
A OMIX da Guarda organiza un obradoiro sobre consumo consciente e alimentación saudable
A Guarda, 23 de febrero de 2021.  A OMIX do Concello da Guarda, en colaboración con Lacena, comida espida, organizan un obradoiro no que reflexionar sobre a necesidade dun cambio na forma na que consumimos, tratando de ser máis conscientes nas nosas accións individuais encamiñadas a realizar un consumo consciente.
A actividade partirá coa xestión de residuos: problemática medioambiental á que nos enfrontamos e coa que se pretende dar a coñecer a importancia do noso papel individual e a nosa responsabilidade na autoxestión.
Seguidamente a protagonista será a produción local, valorando a proximidade, a produción ecolóxica e de tempada, como un dos pilares fundamentais para facer que a nosa alimentación sexa máis saudable para nós e para o planeta.
O terceiro punto tratará de alerxias e intolerancias e como a través de produtos ecolóxicos ou produtos de hixiene e limpeza naturais podemos evitar ou minimizar gran parte dos actuais problemas de saúde.
Innovación na cociña: as compras a granel permiten adquirir as cantidade de alimento que precisamos en cada momento o que evita o desperdicio pero tamén permítenos innovar ao poder experimentar con novos produtos. Neste senso, a última intervención estará acompañada dunha cata de produtos e poderemos coñecer algunhas receitas e algúns pequenos consellos na cociña do día a día.
OBRADOIRO: A través dun exemplo da lista da compra semanal poderemos estimar a cantidade de residuos que se evitaría se adoitamos hábitos de consumo máis sostibles como a compra a granel. Como actividade práctica propomos un exercicio de compra semanal consciente. O obradoiro terá lugar o sábado 6 de marzo en horario de 18:00h a 20:00h
A actividade ten prazas limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse chamando á OMIX no 986610000 ext. 7 ou escribindo un mail a informacion@aguarda.es
 
Concentración da “Hostalaría Guardesa” por un Plan de rescate real XA!
A Guarda, 23 febreiro 2021. Este mércores 24 de febreiro ás 18:30 h, “Hostalaría Guardesa” convoca unha concentración na praza de Avelino Vicente, dentro da convocatoria que realiza a Plataforma pola Defensa da Hostalaría Galega á que está adherida.
A concentración realizarase en consonancia con outras a nivel galego, así haberá concentracións en concellos como Muros, Coruña, Pontevedra, Ribeira, Cangas, Bueu, Vilagarcía, ….
A hostalaría reclama un resgate e axudas directas para un dos sectores máis afectados polas restricións impostas pola Xunta de Galicia.
A demanda dun “Rescate Real XA! e a procura de solucións ante a pasividade das administracións públicas, fai que o conxunto do sector se una a nivel de toda Galicia para manter as reivindicacións e evitar, así, o peche masivo dun sector que agoniza por falta de apoio real das institucións.
Dende “Hostalía Guardesa” animan a participar achegando elementos significativos da hostalaría para facer ruído.
  
O concello da Guarda  traballa pola mellora da eficiencia enerxética e o mantemento do servizo da piscina municipal
A Guarda, 23 de febrero de 2021.  O pleno do concello da Guarda procedeu no día de onte, 22 de febreiro do 2021, á  aprobación da modificación do contrato coa concesionaria da Piscina Municipal, este acordo contou coa aprobación de tódolos grupos municipais. O  concello da Guarda  pasa  a afrontar os gastos orixinados polo protocolo COVID  na Piscina Municipal, así como asumir o canón do 13%  en consumos enerxéticos  (ata de agora estes gastos os  asumía a concesionaria da Piscina Municipal). O concello colabora coa concesionaria da Piscina Municipal  a través desta modificación contractual  que se realiza no marco da necesidade de adoptar medidas urxentes  e extraordinarias para facer fronte  ao impacto  económico do COVID 19 e garantir a continuidade do servizo ante  a dificultade para o concesionario  da execución do contrato.
Por outra banda,  o concello  ven mantendo reunións coa empresa concesionaria, que xa trasladou a negativa de ampliación do contrato por un prazo de 2 anos, proposta que lle trasladou o concello da Guarda  para paliar as consecuencias negativas froito do COVID 19. Como resultado deses encontros, o pasado 2 de febreiro  acordouse  que era unha prioridade acometer unha  diagnose enerxética da Piscina e así se  formalizou o contrato  o 9 do mesmo mes,  no que ademais dunha auditoría enerxética tamén se vai a realizar  unha avaliación da propia estrutura  arquitectónica. Destas cuestións son  coñecedores todos os grupos municipais.
  
Conmemoración do Día de Rosalía 2021 na Guarda
A Guarda, 23 de febrero de 2021.  O Concello da Guarda, que nos últimos anos ven celebrando o aniversario de Rosalía de Castro con diferentes actividades e eventos, quere convidar este ano a toda a cidadanía a unirse aos diferentes actos que foron convocados dende a Casa de Rosalía e sobretodo a recordar entre todos a súa obra e figura e compartilo nas Redes Sociais. Tendo en conta o contexto actual no que as recomendacións sanitarias abogan por evitar os encontros e as concentracións, entendemos que a mellor forma de conmemorar este día é unirnos todos na mesma colaboración, na mesma voz.
Neste sentido, a Casa de Rosalía preparou para este complicado ano 2021 un completo programa no que se integran tres tipos de actividades diferentes para poder realizar dende cada casa:
·         Caldo de Gloria(na casiña). Lembrando o poema “Miña Casiña, meu lar”, no que Rosalía evoca a épica dos humildes e describe a receta dun caldiño de Gloria, a Fundación Rosalía de Castro convida a preparar un Caldiño no día 24 e recitar este ou outro poema da obra rosaliana. Convidan a seguir receta propia, a de Picadillo ou a que Lucía Freitas, do restaurante A Tafona preparou para ocasión e se pode seguir aquí: https://youtu.be/V1ODF0BvdSE
           Tamén convidaron aos comedores escolares a unirse a esta iniciativa, e neste sentido o Concello da Guarda repartiu manteis individuais para que os nenos poidan ler o poema en cuestión durante o xantar do 24 de febreiro.
·         Alborada a Rosalía. En conxunto coa Asociación Gaiteiros de Galicia, a Casa de Rosalía convida a gaiteiros e grupos de música tradicional a adicarlle una Alborada a Rosalía. Os grupos e músicos interesados poden anotarse nun mapa interactivo onde se poida recoller a participación na actividade: https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alboradas-a-rosalia/
No obstante dado o específico deste convite, dende a propia Fundación animan a todo músico a que se una con calquera outra peza: “Se es un gaiteiro ou gaiteira, ou músico en xeral,... sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra)”
·         Le, canta, recita a Rosalía de Castro, e difunde nas redes co cancelo #Día de Rosalía. Nesta última proposta, dende o Departamento de Cultura do Concello fai un chamamento aos veciños da nosa vila, que noutros anos demostraron o seu gusto pola escritora para que compartan poemas, fragmentos e vídeos, que preparen para a ocasión ou que se preparasen con motivo de anos anteriores. Se os veciños etiquetan ademais a @culturaguarda e a @FundacionRosalía, estas poderán compartir e interactuar con este contido. Este contido pódese compartir e subir ata o vindeiro 28 de febreiro.
Pola súa parte, dende o Concello estase a preparar o convenio para constituírse como Mecenas da Casa de Rosalía, mostrando unha vez mais o apoio a figura da escritora, e en consonancia co cariño e admiración que Rosalía sempre levantou entre a veciñanza de A Guarda.
 

A Guarda formaliza o contrato para cambiar por led de baixo consumo todos os puntos de luz do alumeado público
A Guarda, 20 de febreiro de 2021. O concello da Guarda formalizou o contrato de “renovación e mellora da eficiencia enerxética do alumeado público do concello da Guarda”. A empresa concesionaria, New Energy Concept 2020 S.L. , disporá de 5 meses, dende a sinatura do contrato, para completar a actuación.
O importe do proxecto ascende a 862.497,91 € dos cales o IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía) subvenciona un 80% e o concello un 20 %. Para financiar esta actuación o concello conseguiu acceder directamente a unha axuda europea. Trátase dunha concesión directa de subvención a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
A execución do proxecto permitirá actuar sobre 1881 puntos de luz, a renovación de 57 cadros, cambios de cableado deteriorado, cambios de brazos e caixas de derivación en mal estado e mellora en tomas de terra para dar máis seguridade a instalación.
Os resultados esperados, dende o punto de vista económico e de aforro enerxético, son unha redución da potencia instalada en 158,53 kW (58,8 %), unha redución do consumo anual de enerxía eléctrica en 788.695 kWh/ano (67,72 %), unha redución do custo anual do consumo de enerxía de 67,7 % o que representa 86.746 € e unha redución no custo de mantemento valorada en 18.810 €.
Dende o punto de vista medioambiental prodúcese unha importante redución das emisións de CO2, estimada nun 67,72 % o que equivale a que se deixan de emitir 412,87 tCO2 eq/ano. A isto hai que engadir a posibilidade de diminuir a contaminación lumínica grazas a implantación dun sistema de telexestión punto a punto que permite un control da iluminación en función das necesidades.
O cambio das luminarias do concello da Guarda inflúe directamente sobre ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) ao actuar sobre o clima e a sustentabilidade da comunidade. A súa vez esta actuación é unha das medidas chave do PACES (Plan dos Alcaldes Polo Clima e a Enerxía Sostibles). Plan aprobado polo concello da Guarda o pasado mes de novembro de 2020 no que o concello se compromete, xunto con outros moitos gobernos locais do mundo, a cumprir cuns determinados obxectivos en materia de clima e enerxía.
   
O BNG tende a man ao goberno municipal para buscarlle unha saída á situación crítica da piscina municipal da Guarda
A Guarda, 20 de febreiro de 2021. A piscina municipal conta cunhas instalacións moi anticuadas que provocan  un  elevado consumo enerxético. De non solucionar estes problemas, en moi pouco tempo,  esta  infraestructura non vai ser viábel. As limitacións impostas polos protocolos da COVID-19   evidenciaron se cabe con maior claridade estas deficiencias.
O voceiro municipal do BNG,  Anxo Baz, manifestou “é necesaría  unha intervención urxente que  debe basearse en dous eixos, compre facer un  estudo que diagnostique con precisión as eivas da piscina  e atendendo as súas recomendacións levar adiante un proxecto de reforma en  termos de eficiencia enerxética e optimización dos servizos.  Ademais urxe  redactar  un novo proceso de licitación dado que a actual empresa adxudicataria xa expresou a súa intención de renunciar a prórroga do contrato”.
Anxo Baz concluiu dicindo “dende O BNG tendémoslle  a man ao Goberno Municipal para traballar nunha solución que garanta a continuidade  da piscina municipal”.
  

A Xunta remata a mellora de eficiencia enerxética no IES A Sangriña da Guarda coa renovación da carpintaría exterior cun investimento de 250.000€
A Guarda, 18 de febreiro de 2021.- A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de rematar o proxecto de mellora e reforzo da eficiencia enerxética no IES A Sangriña, no Concello da Guarda, coa renovación da súa carpintaría exterior cun investimento de case 250.000€.
Dita actuación foi supervisada esta tarde polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xefe territorial de Educación, César Pérez, con motivo do remate dos traballos, que pretenden favorecer o illamento e incrementar a confortabilidade térmica no interior para mellorar as condicións lectivas para a comunidade educativa.
“A Xunta de Galicia ten un compromiso inequívoco cunha educación pública de calidade e por iso está a desenvolver un plan global de acondicionamento dos centros educativos na provincia de Pontevedra que neste caso beneficiou a este instituto, de case 40 anos, para favorecer as condicións das clases”, explicou Luis López.
Os traballos realizados consistiron na substitución das fiestras e das persianas para acadar un edificio máis eficiente e illado do exterior e que presente unhas mellores condicións térmicas dadas as súas grandes dimensións, xa que conta con dous volumes e tres andares aos que se engaden espazos anexos como os obradoiros, o ximnasio e o pavillón.
Ademais, a actuación completouse coa reforma e habilitación da antiga casa do conserxe en dúas aulas para gañar espazo e responder, de xeito máis axeitado, ao protocolo de seguridade sanitaria fronte á covid-19. Esta obra tivo un orzamento de 40.000€.
Deste xeito, a Consellería de Educación segue co seu proceso de modernización do instituto guardés, no que, ao longo da última década, investíronse máis dun millón de euros en actuacións diversas, como o cambio de cuberta, a renovación das instalacións eléctricas, o reemprazo do sistema de calefacción, a substitución das redes de saneamento ou diversas reformas e redistribución de espazos, entre outras.
   
San Xerome finaliza el proyecto Xe-Mente Innovación
A Guarda, 19 de febreiro de 2021. Esta semana la Asociación San Xerome ha finalizado el proyecto XE-MENTE INNOVACIÓN – Los brotes de la diversidad, iniciado en el mes de noviembre 2019.
El proyecto supuso la consolidación de la línea de trabajo iniciada por San Xerome en 2018 con la puesta en marcha del proyecto XE-MENTE – Las semillas de la diversidad, con una fuerte apuesta por la formación en agroecología y la creación de empleo verde inclusivo para personas desempleadas.
A pesar de las dificultades asociadas a la imprevista pandemia covid-19 que sacudió nuestras vidas y proyectos a partir de marzo 2020, con gran esfuerzo e ilusión conseguimos realizar la totalidad de las acciones formativas previstas en el proyecto (5 en Galicia y 2 en Canarias), teniendo para ello que reformular y adaptar nuestros medios a las estrictas medidas preventivas de seguridad y salud necesarias para ello.
Además de los resultados obtenidos, en términos de formación innovadora impartida, personas desempleadas formadas y empleo inclusivo generado, el mayor impacto del proyecto nos llega, una vez más, en términos de vivencias emocionales y afectivas entre todas las personas participantes.
El mayor valor del proyecto han sido los testimonios de las personas participantes, sobre todo las externas a San Xerome, que nos han transmitido percepciones maravillosas y únicas de esta convivencia en un espacio de enseñanza y aprendizaje inclusivo.
Qué es XE-MENTE INNOVACIÓN en boca de sus participantes? Es formación innovadora de calidad, pero sobre todo es FAMILIA y es VALORES, eso es en lo que todas y todos coinciden. Y nos enorgullece, porque familia y valores son la razón de ser de San Xerome, nuestra esencia y las de nuestras personas, y sin haberlo previsto han llegado de forma natural a las personas singulares con las que hemos compartido aprendizaje en este complejo año de andadura.
Aprendizaje sobre Agricultura Ecológica Biointensiva, Hierbas medicinales, Guía de Baños de Bosque, Formación de co-formadores verdes han sido las principales e innovadoras temáticas del proyecto, impartidas por San Xerome, tanto en Galicia como en Canarias.
XE-MENTE INNOVACIÓN nos deja a 65 personas formadas en agroecología; nos deja empleo y oportunidades, ya que 5 de las personas participantes en el proyecto han encontrado un empleo de más de 6 meses. Nos deja amistades, vínculos, afectos, y sobre todo ganas de más…
La apuesta por la Responsabilidad Social Empresarial de empresas socialmente responsables como TEIGA TMI SL, colaboradora del proyecto, hace posible acercar el ámbito empresarial al ámbito social, y generar sinergias enriquecedoras para las personas, el medioambiente y el desarrollo sostenible.
Gracias al Fondo Social Europeo XE-MENTE INNOVACIÓN ha sido posible, y a la confianza de la Fundación Biodiversidad (Ministerio para la Transición ecológica y el Reto Demográfico), que a través del Programa Empleaverde ha apoyo este proyecto, para que toda la magia y oportunidades generadas hayan sido posibles.
 
Obradoiro de sexualidade dirixido ao alumnado de FP. ANO 2021
A Guarda, 19 de febreiro de 2021. O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda, organiza por terceiro ano consecutivo o obradoiro de Sexualidade " de Bo Rollo" coa intención de darlle continuidade a formación sobre sexualidade dirixida á poboación máis nova.
Esta edición vai dirixida ao alumnado de FPI e FPII do IES A Sangriña e terá lugar o luns 22 de febreiro
Dentro das accións desenvolvidas desde o CIM da Guarda, considérase prioritario traballar co alumnado nun aspecto xeral sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións, tendo como eixes transversais o autocoñecemento, a xestión das emocións, o bo trato e a autoestima, traballando a comunicación asertiva a posta de límites e a negociación para garantir as relacións desexadas libres de coacción e violencias.
Realizarase unha exposición dos contidos clara e amena, acompañada de material audiovisual coa intención de estimular a reflexión grupal, o debate, a formulación de preguntas e a busca de respostas conxunta.
Estes obradoiros están subvencionados pola Deputación de Pontevedra e o Concello da Guarda.
  
O concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de subvencións para o período 21-22
A Guarda, 19 de febreiro de 2021. O concello da Guarda acaba de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2021-2022, cumprindo así a obriga establecida pola Lei Xeral  de Subvencións que establece que os concellos que pretendan outorgar subvencións deben contar previamente co correspondente Plan Estratéxico de Subvencións.  Este plan nace da convicción da importancia do tecido asociativo local e da necesidade de colaborar e impulsar os  proxectos de interese social e comunitario que desenvolven estas asociacións, así se establecen dúas modalidades, a modalidade de  concesión directa de subvencións e a modalidade de concesión por concorrencia competitiva para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.
Na modalidade de  concesión directa de subvencións, figuran entidades coma Erguete, Avelaiña ou San Xerome entre as entidades con fins sociais, a Agrupación Musical da Guarda, a asociación das Alfombras Florais entre as culturais e entidades coma o club Balonmán Atlético Guardés ou o Sporting Guardés de fútbol entre as deportivas.
Na modalidade de concesión por concorrencia competitiva entrarían as axudas para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.
Nas vindeiras semanas aprobaranse as bases das que sairán as convocatorias para poder concorrer a estas axudas por concorrencia competitiva.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba quere “destacar o compromiso do concello en seguir facendo esforzos por acercar a colaboración do concello a aquelas entidades que desenvolven proxectos de interese social, deportivo ou cultural. Non se pode entender a nosa localidade sen ter en conta todo o traballo que día a día desenvolven centos de veciños en proxectos comunitarios, que serven para darlle prestixio á nosa vila e posibilitan unha riqueza cultural e deportiva sen parangón. Moitas destas entidades teñen unha importancia estratéxica xa que son referentes nos seus ámbitos. No ámbito social é encomiable a labor desinteresada dos diferentes colectivos da localidade que procuran solucionar situacións de precariedade para moit@ veciños”.
Este Plan Estratéxico de Subvencións tamén vai permitir a valoración dos proxectos das diferentes asociacións e posibilitará unha análise pormenorizada para ir mellorando no tempo  e   permitirá  coñecer se se conseguiron os obxectivos perseguidos en cada unha das liñas das que consta o Plan. As subvencións en xeral implican un retorno do esforzo económico da administración local, que este ano alcanzará os 171.960€, en forma de servizos, de oferta formativa, cultural e deportiva.
 

Os socialistas levan o acceso sur do porto da Guarda ao Parlamento de Galicia
A Guarda 18 de outubro de 2021. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibe na zona portuaria da localidade a deputada Leticia Gallego, para anunciar a presentación da iniciativa parlamentaria que vai a defender a construción dunha infraestrutura fundamental para o futuro da vila e do seu porto, un novo acceso sur ao porto da Guarda.
A necesidade de mellorar a comunicación do porto xa ven de vello. No ano 1993 o PXOM xa contemplaba un novo acceso ao porto da Guarda por considerar estratéxica a mellora da comunicación co porto pesqueiro, ao ser este, un dos motores económicos da localidade.
A rúa Concepción Arenal foi construída como principal acceso ao porto a mediados do século XX. O crecemento urbanístico arredor desta rúa converteu este acceso nunha vía urbana. Así o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) da Guarda, redactado en 2017, recomendaba unha intervención na rúa Concepción Arenal orientada a un modelo de mobilidade sostible e segura, e vinculaba esta actuación coa execución dun novo acceso ao porto da Guarda. No plan ambas actuacións considéranse chaves para un cambio de modelo urbano. No mesmo ano 2017 o alcalde da Guarda solicita a redacción do proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda á Deputación de Pontevedra e no 2018 comezan as obras de humanización de Concepción Arenal.
No ano 2018 a Deputación de Pontevedra redacta o proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda e da comezo a súa tramitación para obter os informes sectoriais necesarios para a súa execución.
Dende 2017, Antonio Lomba ten mantido distintas reunións con responsables da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Consellería de Pesca e de Portos de Galicia para pedir apoio e financiamento para esta infraestrutura, buscando conseguir un compromiso firme dos responsables da Xunta de Galicia.
Cabe destacar que en 2019 xurde na Guarda un movemento civil apoiado polas asociacións empresariais, culturais, deportivas e sociais, e polo propio concello, que ten como obxectivo potenciar o uso do porto, tanto para actividades profesionais como naútico deportivas, para que actúe como motor económico na localidade. As reclamacións do colectivo pretenden conseguir que se poida usar o porto durante todo o ano de forma segura e dotalo de servizos, infraestruturas de atraque e, por suposto, dun novo acceso para calquera tipo de vehículo, sobre todo vehículos pesados. Este colectivo, encabezado polo alcalde, xa lle trasladou as súas demandas á Conselleira de Pesca e a Presidenta de Portos de Galicia.
O alcalde da Guarda considera esta infraestrutura vital para o futuro da localidade e por iso non escatimará esforzos para conseguir que esta demanda, que conta co apoio de toda a sociedade guardesa, chegue a bo porto.
 

O BNG esíxelle ao  goberno guardés que tome en serio a reforma da Praza de Abastos
A Guarda, 17 de febreiro de 2021. Despois de analizado o expediente de reforma da Praza de Abastos da Guarda, o BNG quere trasladar a opinión pública as seguintes consideracións:
A  Praza de Abastos da Guarda ofrece alimentos de grandísima calidade cun  nível de especialización moi alto  en productos do mar. Contamos tamén cunha longuísima  experiencia profesional para poder acadar o recoñecemento de mercado de excelencia  e así poder optar as axudas que para tal fin dispón a Xunta de Galiza.
A reforma plantexada polo Goberno Guardés  non pasa de ser unha apaño para saír do paso que pode comprometer un proxecto  de futuro. Conténtanse con un cambio do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €.
O Portavoz Municipal do BNG, Anxo Baz manifesta “O Pleno do Concello a instancias do BNG aprobou a elaboración dun proxecto de reforma integral da praza de abastos para transformala nun mercado de excelencia, o Grupo de Goberno desvirtúa o acordo e limítase a a facerlle outro remendo”.
O nacionalista concluiu” A praza de abastos non soporta xa máis parches. Temos a oportunidade de facer unha reforma integral si se plantexa un proxecto de calado diante da Xunta de Galiza. Esta actuación dotaríanos dunha praza de referencia na contorna que  actuaría como motor de dinamización da economía local. Desde o BNG esiximos que se abandone a improvisación, que se respecten os acordos plenarios e que se  tome en serio a reforma da Praza de Abastos para construir futuro na Guarda”.
  
Pleno extraordinario na Guarda
A Guarda, 17 de febreiro de 2021. O vindeiro  luns, 22 de febreiro, celebrarase sesión extroardinaria de Pleno da Cororación, ás 8:30 da mañá, co seguinte Orde do Día
1.    Expediente 2902/2020. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL 1 2021
2.    Expediente 167/2021. PROPOSTA MODIFICACIÓN CONTRATO XESTIÓN PISCINA MUNICIPAL
 

A Guarda contará cun Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais (PMPDIF)
A Guarda, 15 de febreiro de 2021. O Concello da Guarda acaba de recibir o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, e nas vindeiras semanas someterase a aprobación provisional, coa posterior exposición pública e audiencia dos interesados (veciños e comunidades de montes) que poderán consultar e incorporar as alegacións que estimen pertinentes.
O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais elabórase, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, co obxectivo de definir a rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas e garantir o control e a eliminación  total ou parcial da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas.
O fin principal é o de reducir o risco de incendio e protexer a seguridade das persoas, para iso é necesario  ter as franxas definidas e poder requirir a súa limpeza aos  propietarios. Os titulares das parcelas incluídas nesta rede de faixas secundarias, localizadas arredor dos núcleos de poboación, vivendas illadas ou edificacións están obrigados a xestionar a biomasa forestal.
A biomasa en ditas franxas deberá estar xestionada antes da finalización do mes de maio de cada ano, é dicir, sen eucaliptos, acacias, piñeiros, silvas, toxos, fentos, etc. favorecendo a descontinuidade vertical e horizontal destas. Dita xestión será de obrigatorio cumprimento polos propietarios destas parcelas e, no suposto de incumprimento, a administración pública competente, de oficio ou a solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación no que se concederá un prazo de quince días para a execución da mesma, con apercibimento de execución subsidiaria con repercusión dos custos da xestión, e no seu caso, comiso das especies prohibidas, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador.
A elaboración deste plan xorde a partir da adhesión do Concello da Guarda no 2019 ó Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.
 

A“Hostalaría Guardesa”continúa reinvindicando indemnizacións que non chegan
A Guarda, 12 febreiro 2021. Esta mañá a hostalaría, distribución e comercio concentráronse frente ao concello, na praza do Reloxo, para escenificar: "o AFORCAMENTO literal que a Xunta de Núñez Feijoo condenou as nosas familias e empresas" din dende a propia plataforma.
Dúas semanas despois do peche da hostalaría decretado por Feijoo e sen ter posto en marcha ningún tipo indemnización polo peche, a plataforma “Hostalería Guardesa” volve saír á rúa co apoio do pobo da Guarda.
Durante o acto leuse un manifesto no que a plataforma indicaba, entre outras, que a Xunta de Galicia ten que asumir as consecuencias das súas decisións… transformaron un peche encuberto nun peche efectivo hai agora 15 días, polo que teñen que falar de indemnizacións.
“Estamos casos de ver ao Presidente da Xunta falando de vacinas, axudas e plans de rescate. Queremos que deixe de falar e que cumpla coas obrigas”, concluían un grupo de afectados.
"Segundo Feijoo é quen de vacinar a todo o país en dúas semanas, reprochando a falta dos fármacos, por que non é tan vivo coas nosas Indemnizacións?” Comentaba outro dos manifestantes mentres se penduraba un figurante condeado a morte, que representa ao sector hostaleiro, no farol da praza.
Entre berros de A Guarda non ten vida, sen hostalaría! Non imos consentir que nos aforquen! ou Indemnizacións Xa!!, unha praza chea de xente, trata de manter o pulso ao que pode ser un final dramático se a Xunta non responde con celeridade.
 

O concello da Guarda propón á rede Ágora o proxecto de humanización da Praza Nova
A Guarda, 11 de febreiro de 2021. O concello da Guarda forma parte da rede Ágora da Deputación de Pontevedra que ten como finalidade gañar espazos peonís, conseguindo converter estes espazos en focos de atracción das persoas e configurar vilas e cidades amables.
Ante o anuncio da liña de axudas da Deputación para recuperar espazo público para ás persoas naqueles concellos que forman parte da rede Ágora. O concello da Guarda acollerase ao primeiro eixo da subvención, destinado ao financiamento de proxectos, cunha participación da Deputación do 90%.
Dentro la liña marcada polo PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) que ven servindo de guía nas últimas actuacións de mellora da mobilidade urbana na Guarda, e tendo en conta tamén o plan de Accesibilidade do concello da Guarda, o alcalde, Antonio Lomba, solicitará a través da subvención mencionada financiamento para a redacción do proxecto de humanización da rúa Joaquín Alonso (Praza Nova).
Este proxecto posibilitará a urbanización da Praza Nova en plataforma única, permitirá a renovación de todos os servizos e recuperará para a cidadanía todo o espazo da rúa, eliminando o estacionamento e permitindo o tráfico para residentes, tal e como recomenda o PMUS.
Esta actuación ven a dar continuación a humanización do entorno da Igrexa parroquial que se executará en breve.
 
A plantilla de Imerys Kiln Furniture España S.A , comunica:
No dia de hoxe  o Comité de Empresa de IMERYS KILN FURNITURE ESPAÑA S.A,  despois de varia xuntanzas e  tensas reunións coa Dirección da Empresa sobre as peticións que lle facía o Comité de empresa,  acordaron os seguintes:
1.- Mantenemento  da produción e da maquina de HPC na planta de A Guarda.
Non existe por parte da empresa intencións de mover a maquinaria así que a produción e o equipo vai permanecer na planta este ano como mínimo.
2.- Compromiso de non executar  ningún despedimento coa decisión de reducir sustancialmente o prensado na planta ate final do 2021
A empresa ten traballo garantido ate finais de Maio e a empresa garantiza estender esa garantía ate as vacacións de verán, así mesmo comprometese a manter tódolos postos de traballo indefinidos mais alá, se as condicións de mercado se manteñen  nos niveis  actuais. Así mesmo comprometese a que non haxa despedimentos  e que sexa a Autoridade Laboral quen acredite se se da o caso.
3.- Para o envío de mais moldes de prensado para a planta de Hungría.
A Dirección da Empresa confirma que non se enviaran mais moldes para Hungría.
4.- Producir os moldes para a tecnoloxía HPC na planta de A Guarda para ter o proxecto dentro da planta.
Os moldes serán fabricados en parámetros de competividade, pero si pretende consolidar a fabricación do proxecto HPC como tecnoloxía de futuro que mellore a planta de A Guarda.
Debido a estes acordos a asemblea de traballadores acordou  en votación  maioritariamente suspender a xornada de paro que tiña que celebrarse o dia 12.02.2021,
Esta suspensión queda condicionada a que todo transcurra  aos acordos que se cumpran e se respeten  tal e como foron acordados na Proposta entre Comité e Dirección de Empresa.  
Así mesmo os compañeiros e compañeiras de IKF, agradecen o apoio das Corporacións  da Guarda e do Rosal, polos apoios prestadas polo conxunto de tódalas forzas políticas  que representan a eses Concellos
Atte: Serafín Fernández Portela
 

A Guarda contratará a 13 desempregados ao abeiro do Plan concellos 2021 da Deputación de Pontevedra
A Guarda, 10 de febreiro de 2021. O Concello da Guarda contratará proximamente a 13 persoas desempregadas a cargo do Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra.
Neste senso A Guarda pedirá traballadores para Axudantes do Camión do lixo (2), Peóns Limpadores (8), Conserxe (1), Auxiliares de Cultura (1) e Informáticos (1).
Dependendo do posto a desempeñar a xornada será parcial ou completa e a duración do contrato oscila entre os 7 e os 8 meses.
Todas as persoas interesadas a optar a un destes postos de traballo deberán estar inscritas coma demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia nas categorías da seguinte táboa e empadroadas no Concello da Guarda. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.
Liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais (Deputación de Pontevedra)
Contratación de traballadores desempregados. PETICIÓN

BENEFICIARIOS
Persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. No código CNO que se indica para cada posto.
Estes  requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.
REQUISITOS ACADEMICOS
Paro os postos de Axudante de camión lixo, Peóns limpadores NON se precisa titulación.
Para o posto de Conserxe precisase como mínimo ter o titulo de graduado en ESO ou equivalente.
Para o posto de Auxiliar Cultura precisase como mínimo ter o título de Bacharelato ou equivalente.
Para o posto de Informático precisase como mínimo ter o Ciclo medio da familia profesional de informática e comunicacións ou equivalente.
     
A Guarda reúne aos seus portavoces para apoiar a permanencia do emprego na fábrica IMERYS
A Guarda, 10 de febreiro de 2021. Este mércores 10 de febreiro reuníronse no concello da Guarda, o alcalde,  Antonio Lomba, e os portavoces dos grupos municipais do PP, GMS, BNG e Converxencia Galega.  Nesta reunión trasladouse aos portavoces  a contestación remitida por  IMERYS ( antigas Cachadas) á Moción debatida  no último Pleno, en relación as transformacións na produción que se están introducindo na fábrica e que preocupan aos traballadores.
Nesta reunión os grupos municipais valoraron o escrito remitido pola empresa e determinaron que o máis axeitado sería que o contido do escrito se plasmase nun documento de acordo, coas matizacións que sexan necesarias,  entre o Comité de Empresa e a Dirección.
No escrito dirixido ao concello a empresa asegura que “Actualmente a sección HPC (colada de alta presión) está a funcionar a pleno rendemento e xa ten un volume comprometido nos próximos seis meses, o que permitiu á compañía aumentar a forza de traballo”.  Así mesmo a empresa asegura que “neste contexto de crecemento do volume a compañía está a adaptar de novo o mix de produtos da planta.  A decisión de modificar esta mestura de produtos na planta non repercutirá no nivel de emprego, e polo tanto, non repercutirá en ningunha das familias que forman parte da nosa organización”
O que desexa o concello é a permanencia dos postos de traballo e a estabilidade da empresa cunha forte implantación na comarca.
 

San Xerome pone en marcha Fogares Sanxe, viviendas para personas con diversidad intelectual del Baixo Miño
A Guarda, 09 de febreiro de 2021. La Asociación San Xerome Emiliani pone en marcha el proyecto Fogares Sanxe, una solución residencial innovadora dirigida a las personas con diversidad intelectual de la comarca del Baixo Miño. Concretamente, Fogares Sanxe permitirá rehabilitar el antiguo colegio de las Carmelitas de A Guarda y destinarlo a la construcción de 30 hogares inclusivos. La iniciativa, puesta en marcha por la Asociación San Xerome Emiliani, permitirá que 60 personas con diversidad intelectual de la comarca vivan de forma autónoma y que, al mismo tiempo, reciban apoyo profesionalizado para poder hacerlo.
“El modelo Coop-housing, pionero en Galicia, es el que mejor se adapta a nuestras expectativas”, explica el Gerente de la Asociación San Xerome Emiliani, Feliciano Valcárcel, “las personas socias serán las personas con diversidad intelectual que residan en los Fogares Sanxe. Serán copropietarios de sus propios hogares, vivirán en ellos sin alejarse de su entorno, mantendrán su autonomía y podrán participar en la toma de decisiones. Además, contarán con una amplia carta de servicios complementarios, con atención personalizada y, así, sus familiares recibirán apoyo para la conciliación”.
Feliciano Valcárcel, destaca también que “las personas con diversidad intelectual tienen el mismo derecho a emanciparse, a vivir su vida independiente con los apoyos necesarios, como el resto de las personas sin diversidad. Por lo tanto, los agentes políticos y sociales tenemos el deber de garantizar el acceso a este Derecho”.
El Gerente de San Xerome apunta además que una de las grandes preocupaciones de las familias de las personas con diversidad intelectual es dar respuesta al ¿qué será de nuestras hijas e hijos cuando no podamos hacernos cargo de ellas y de ellos?. En este sentido, Valcárcel señala que “a través del proyecto Fogares Sanxe damos respuesta a esta cuestión; ya que es necesario y un deber ético ofrecer una solución al respecto”.
Impulso para la economía del Baixo Miño
A su vez, Valcárcel subraya que la puesta en marcha de este proyecto permitirá generar puestos de trabajo y que fijará población en la comarca del Baixo Miño: “Fogares Sanxe, además de apoyar a las familias de las personas con diversidad intelectual, servirá para impulsar el desarrollo de nuestra economía, revalorizar nuestro patrimonio urbanístico, nuestra historia y nuestra comunidad”.
El proyecto, que ha sido posible gracias a la donación del antiguo colegio de las Carmelitas de A Guarda, supondrá una inversión de casi 6 millones de euros.
Más información en: fogares.sanxerome.com
  
Abertas as inscricións para un ESCAPE ROOM de temática mariñeira dirixido aos alumnos de secundaria
A Guarda, 9 de febreiro de 2021. Promover a protección do medio ambiente, o respecto cara ao mar ou poñer en valor a figura feminina na cultura mariñeira. Estes son algúns dos obxectivos do Escape Room REMA 360, unha actividade aberta á participación do alumnado de 1º e 2º da ESO dos centros do litoral galego
Os estudantes enfrontaranse, de maneira individual, a un xogo a través dunha páxina web que ofrece imaxes en 360 graos, vídeos ou arquivos de audio. A partir destes recursos audiovisuais, os alumnos terán que resolver diferentes probas.
O alumnado realizará un percorrido por 27 museos pertencentes á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). En cada un deles, deberá superar os retos propostos para poder acceder ao seguinte espazo. Tras completar os museos asociados a cada un dos GALP, os participantes deberán superar unha nova proba para conseguir un obxecto. Os tesouros que irán recadando serán necesarios para resolver o reto final da fase en liña.
Superada esta primera fase de xogo virtual, os finalistas realizarán un Escape Room presencial nun dos museos pertencentes á Rede REMA.
O personaxe protagonista do Escape  Room está inspirado en Cristina Fernández, a segunda  farera de España, xa xubilada, e que pasou parte da súa vida no Faro de Cabo  Vilán, en Camariñas (A Coruña). O seu obxectivo no xogo é facer funcionar de novo a todos os faros da costa atlántica europea aos que, por un estraño motivo, apagóuselles a súa luz.
Os centros escolares interesados en participar nesta actividade poden realizar a súa solicitude ata o 28 de febreiro da través do correo electrónico rema360@ redrema.eu. As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta.  Máis información na web: www.redrema.eu/rema-360/
PASAPORTE REMA
Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.
 

A Policía Local da Guarda abre unha investigación pola tala dunha árbore ao carón do Santuario de San Roque
A Guarda, 8 de febreiro de 2021. O Concello da Guarda ven de encargar un informe á Policía Local da Guarda despois de ter coñecemento dunha recente tala dunha árbore na Praza de San Roque.
A Policía Local instrúe dilixencias para dar cos responsables do que se considera unha “barbaridade medioambiental” por unha tala realizada sen que conste autorización en dependencias municipais e realizada sen xustificación algunha, polo que se vai a proceder á apertura dun expediente informativo en canto se coñezan ós responsables desta actuación.
Segundo o informe policial a tala realizouse entre o 2 e o 3 de febreiro deste ano, sen que se lograse identificar de momento o autor/es desta acción.
   
Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de marzo
A Guarda, 8 de febreiro de 2021. O xoves, 11 de febreiro, xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2021.A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en marzo ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 11 de febreiro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.
As citas son para realizar o DNI o día 10 de marzo e recollelo o día 16 de marzo de 2021.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
    
A Guarda amplía o horario do Punto Limpo

A Guarda, 8 de febreiro de 2021. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de aumentar o horario do Punto Limpo Municipal ante a elevada demanda por parte dos usuarios do mesmo.
Deste xeito o Punto limpo pasará a prestar servizo de luns a venres en horario de 8:00h a 13:00h e os sábados en horario de 8:30h a 13:00h.
Recoméndase a cita previa para evitar a aglomeración de persoas neste espazo a través do teléfono 689 27 85 48.
  

O Grupo Socialista reúnese cos palangreiros da Guarda e comprométese a trasladar a súa situación ao ministerio
A Guarda, 6 de febreiro de 2021. A voceira de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Patricia Otero, mantivo unha xuntanza de traballo cos palangreiros de superficie da Guarda en compañía do alcalde desta localidade, Antonio Lomba, para escoitar de primeira man as necesidades do sector. No encontro participou tamén a deputada socialista por Pontevedra Leticia Gallego.
A reunión serviu para que os palangreiros puidesen trasladar a situación na que se atopan ao Grupo Parlamentario Socialista, do que obtiveron o seu apoio e o compromiso de levar as súas “inquedanzas e necesidades” ao Ministerio.
Ademais, as deputadas socialistas aseguraron aos representantes do sector que seguirán en contacto con eles para coñecer a súa opinión nos distintos momentos.
Finalmente, a voceira de Pesca do PSdeG no Parlamento galego valorou os esforzos desta flota, dedicada á captura do marraxo de cara ao cumprimento da normativa internacional.
 

Curso de preparación para a obtención do título da ESO na Guarda
A Guarda, 5 de febrero de 2021. A Omix da Guarda abre o prazo de inscricións para a obtención do título da ESO. O proceso de inscricións estará aberto ata o día 17 de febreiro tendo previsto comezar o día 22 deste mesmo mes.
As prazas son limitadas e poderán inscribirse persoas de 18 anos en diante.
O curso desenvolverase de luns a xoves de 9:30 a 11:30.
A inscrición poderá levarse a cabo na OMIX do Concello da Guarda, no 986610000 ext 7, no mail informacion@aguarda.es ou no formulario habilitado no seguinte enlace
 
A Guarda adxudica a redacción do Proxecto para un Pumptrack de 700m2
A Guarda, 5 de febrero de 2021. O Concello da Guarda adxudicou a redacción do Proxecto para a construción dun Pumptrack para a práctica deportiva que estará emprazado no entorno da Atalaya no Porto da Guarda.
Esta actuación ven a complementar ás instalacións deportivas xa existentes nesta zona, onde tamén está emprazada a Pista de Skatepark e a cancha de baloncesto.
O proxecto nace das diferentes inquedanzas manifestadas polos deportistas guardeses, que deste xeito verán ampliada a oferta de instalacións deportivas existentes para a práctica de máis deportes, de acordo ás novas tendencias deportivas.
A idea é facer un circuito de Pumptrack cunha superficie de 700m2 onde poder practicar deportes sobre rodas coma o skate, longboard, patíns, patinetes, bmx, mtb, entre outros.
 
O Plan de Compostaxe da Guarda permitirá a creación dun Punto Verde
A Guarda, 5 de febreiro de 2021. O Concello da Guarda, dentro da posta en marcha do seu Plan de Compostaxe que inclúe reparto de composteiros que permitirán a posta en marcha da compostaxe doméstica, vai a proceder á creación dun “punto verde” ao carón do Punto Limpo da Sangriña.
O principal obxectivo do “punto verde” é o tratamento da fracción vexetal mediante compostaxe, evitando así que teña que ser recollida, transportada e tratada mediante incineración ou vertido. Esta fracción supón case un 10% do total dos residuos municipais xerados e é fundamental para un bo proceso de compostaxe.
Este “punto verde” consistirá na realización dunha cuberta a carón do punto limpo, onde actualmente a veciñanza xa deposita o seu material vexetal, e terá como finalidade o acopio de material vexetal e a trituración dese material para obter “estruturante”, fundamental para o proceso de compostaxe.
Este proxecto estase a por en marcha grazas ás axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e grazas á colaboración do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
  
Nota de agradecemento a Corporación Municipal do Concello de A Guarda
A Guarda, 5 de febreiro de 2021. A CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA (CIG- Baixo Miño),  presentou en data 28.01.2021 por Rexistro Municipal unha Moción para que se tratara no Pleno municipal que se ia celebrar o dia seguinte.
Nesa Moción facíase unha exposición dos feitos que están acontecendo na empresa IKF KILN FURNITURE ESPAÑA S.A (Antiga As Cachadas), na que despois de facer un ERTE no ano 2020 e ser suspendido por haber unha carga enorme de traballo, agora a Dirección da empresa quere proceder a enviar os tróqueles da sección de prensado para o estado de Hungría, para comezar a facer eses traballos nese País, deixando sen traballo a unha gran parte de persoas que estaban realizando ese cometido, repercutindo por tanto no resto do plantel da empresa.
“Nesa moción solicitábaseque o Pleno da Corporación acordaran un pronunciamento/ manifesto onde apoiaran que as unidades produtivas permaneceran na factoría e non se enviaran a outros países, para evitar os posibles despedimentos pola escaseza de traballo”.
Esa moción foi tratada pola vía de urxencia e tódolos grupos municipais que están representados no Concello de A Guarda, votaron a favor por UNANIMIDADE das/os 17 Concelleiras/os que compoñen a Corporación.
Dende a CIG- Baixo Miño quere manifestar públicamente o agradecemento a Corporación Municipal polo seu apoio e defensa dos postos de traballo da nosa localidade.
Asinado : Serafín Fernández Portela
Secretario Unión Local do Baixo Miño
 
O Concello de A Guarda prepara un paquete de medidas dirixidas ao comercio, servizos e hostalería da vila
A Guarda, 5 de febreiro de 2021. Durante as próximas semanas abrirase a convocatoria para que os negocios de hostalería, comercio e servizos podan beneficiarse de axudas directas que lles podan axudar a sufragar todos aqueles gastos engadidos que a pandemia está a xerar nos seus negocios, como pode ser a compra de hidroxel, mamparas ou outros elementos de protección, etc.
O equipo de goberno está ademais ultimando as bases doutra convocatoria que verá a luz cando se relaxen as actuais restricións, e que ten como obxectivo apoiar ás microempresas e autónomos da localidade a través da posta en marcha dunha campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse á campaña e cumpran os requisitos de participación.
Estas medidas veñen a complementar todas aquelas outras que se foron implantando desde o inicio da pandemia para reducir o impacto da COVID-19 e que pretendían e pretenden contribuír á reactivación económica da vila como son:
-A redución na taxa do lixo para negocios.
-A exención de pago das taxas por ocupación de vía pública para as terrazas durante 2020 e 2021.
-Habilitación dunha sección específica na web de Turismo na que se ofrece información actualizada sobre normativa, subvencións ou axudas dirixidas á hostalería, así como posta a disposición do persoal da propia oficina de Turismo para solucionar dúbidas.
-Posta en marcha da campaña #NonRompasOCírculo dirixida a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o consumo local.
-A creación da plataforma de venda online www.mercanaguarda.com
-Formación presencial sobre xestión do risco da COVID-19 na hostalería, así como un servizo de asesoramento telefónico para os negocios participantes.
-Publicación de listados de establecementos comerciais que ofrecían servizo a domicilio durante o confinamento.
-Publicación durante o confinamento, e durante o actual período de severas restricións na hostalería, de listados actualizados de restaurantes, bares e cafeterías con servizo de comida ou bebida para levar ou que ofrecen entrega a domicilio.
-Publicación de listados actualizados dos establecementos do mercado municipal con servizo de pre-encarga e/ou entrega a domicilio.
  

A CIG convoca una concentración na Praza do Reló este domingo
A Guarda, 3 de febrero de 2021. A Confederación Intersindical Galega (CIG), convoca á cidadanía para o vindeiro domingo día 07.02.2021, ás 11.30 horas a una concentración que se celebrará na Praza do Reló, dentro da campaña “Fronte a crise saída galega e xusta”, que está desenrolando a CIG dende fai un tempo na que se informará sobre o noso entender sobre as medidas que está a Implantar o goberno do Estado e da Xunta de Galiza, que lévannos a unha maior precariedade, mais desigualdade social e mais pobreza.
Esta nova crise dáse nun momento no que o capital abre novos camiños de explotación de recursos e da case traballadora, descarbonización, dixitalización, transición enerxética, teletraballo etc. Nós precisamos doutras políticas que permitan o benestar social ou a xustiza social e non aumentar o marxe de beneficios, e para iso non se dúbida de utilizar ao Estados e os instrumentos públicos. Asi foi durante a crise anterior que aínda hoxe padecemos, o rescate bancaria e das políticas regresivas que se impuxeron (reformas laborais, da negociación colectiva ou das pensións, recortes de servizos públicos, privatizacións etc).
Estamos diante dunha situación que está en xogo o noso futuro, na que vemos a total inacción dos gobernos español e galego nas súas funcións, contribuíndo á destrución dos nosos sectores produtivos e industrias estratéxicas.
A CIG fai un chamamento á cidadanía a participar neste acto na que a saída da crise pasa pola loita, combate e mobilización, porque os dereitos conquistanse, non os regalan nin se mercan, nin se mercadea con eles nese invento do "diálogo social que pretende suplantar o protagonismo da clase traballadora impoñendo antidemocráticamente medidas de recortes e facilitando solucións que favorecen ao capital”.
 

A Guarda conta coa primeira caldeira de biomasa nun edificio municipal
A Guarda, 2 de febrero de 2021. O Centro Cultural da Guarda contará proximamente cunha nova caldeira de biomasa, que ven a substituír á xa existente de gasóleo, mellorando a súa eficiencia e empregando enerxías máis respectuosas co medio ambiente.
Os técnicos atópanse neses intres traballando na súa instalación e a previsión é que entre en funcionamento nas vindeiras semanas.
A utilización de biomasa como fonte de enerxía presenta numerosas vantaxes como por exemplo o baixo contido en xofre, nitróxeno e cloro das súas emisións ou o seu balance de CO2 que é neutro gracias a que pecha o ciclo de carbono que comezaron as plantas no seu crecemento. É importante resaltar que o aproveitamento enerxético supón “converter un residuo nun recurso”, desta forma conséguese xestionar residuos procedentes de podas e limpeza de bosques e podas agrícolas, diminuíndo o risco de incendios, enfermidades e pragas, e a súa propagación, e á súa vez dándolle un valor aos residuos. Ademais, en comparación coa anterior instalación, este novo sistema suporá unha redución no consumo de enerxía eléctrica.
Por outra banda, este cambio forma parte das accións chave de mitigación que o Concello da Guarda estableceu no seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible. Este Plan, publicado o pasado mes de novembro ten como obxectivo principal fixar diferentes accións encamiñadas á redución dun 40 % das emisións de gases de efecto invernadoiro (respecto á cantidade de emisións no ano de referencia).
A Deputación de Pontevedra subvenciona esta actuación dentro da Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas baixo o epígrafe nº7 de enerxía accesible e non contaminante, no que a través dos fondos FEDER melloramos as redes de iluminación e substituímos caldeiras de gasóleo por biomasa.
   
San Xerome retoma o Servizo de Atención Temperá
A Guarda, 2 de febrero de 2021. San Xerome prestou directamente o Servizo de Atención Temperá no seu Centro durante 17 anos (dende 1992 ate 2009), atendendo ás necesidades das nenas e nenos de entre 0 e 6 anos, procedentes dos 5 Concellos da Comarca do Baixo Miño (A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui).
Dende 2009 o Centro viuse obrigado a prescindir deste servizo por falta de recursos que o puideran financiar. En 2021, grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia, a través dos fondos procedentes do 0,7% do IRPF, volve a retomalo.
Este recurso realiza intervencións dirixidas á poboación infantil entre 0 e 6 anos do Baixo Miño, coa familia e na súa contorna, dando resposta ás necesidades das nenas e nenos con trastornos e/ou posibles dificultades, á prevención de dificultades no desenvolvemento e en grupos expostos, e a factores que poden provocar alteración na súa evolución.
O equipo de intervención estará coordinado pola Psicóloga Joana Lopes Sobrosa e contará cun equipo composto polas seguintes profesionais: Terapeuta ocupacional, Fisioterapeuta, Logopeda e Psicopedagoga.
A intervención se planifica individualmente, centrada na nena/o, na súa familia e na súa contorna. Se realizarán intervencións nos contextos naturais, nas rutinas habituais e cos intervintes naturais, empatizando coas familias e coordinando os recursos dende a sensibilidade, o respecto, a humildade e o liderado compartido.
A forma de acercamento ten un enfoque positivo, lúdico e creativo que parte do momento actual do desenvolvemento da nena/o, e coa familia a acompañar e facilitar o seu desenvolvemento, respectando o seu ritmo, os seu desexos, así como os valores familiares e a plena inclusión na contorna.
A flexibilidade será unha característica da intervención, guiándose pola demanda, seguindo a evolución natural da nena/o, o benestar da familia e progresivamente a transformación da contorna nun espazo inclusivo, adaptativo, de desenvolvemento, calma e amabilidade. Finalmente a intervención facilitará a creación de redes e relacións que fomenten as oportunidades da nena/o e da familia.
O servizo é gratuíto e prestado directamente por profesionais do Centro S. Xerome Emiliani de A Guarda.
As persoas interesadas poden obter mais información e cita previa no Tlf. 986 613719 ou no email: atencion.tempera@sanxerome.com
Regreso al contenido