A Guarda, abril 2021 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, abril 2021

Arquivo 2021
Deportistas do Club Alagua participan na Copa de España de Vaurien
A Guarda, 5 de abril de 2021. Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club deportivo Alagua da Guarda.
Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.
Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.
Dende o Club Alagua destacaron “queremos felicitar especialmente a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”
O concello da guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.
 
Aprobado inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais (PMPDIF) na Guarda
A Guarda, 6 de abril de 2021. O Concello da Guarda acordou a súa adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa de incendios forestal, recibindo a principios do mes de febreiro o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
Unha vez sometido a aprobación provisional na sesión plenaria do pasado 26 de marzo, atopase arestora en exposición pública e audiencia dos interesados por prazo de 20 días(veciños e comunidades de montes) que poderán consultar e incorporar as alegacións ou suxerencias que estimen pertinentes.
O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais elabórase, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, co obxectivo de definir a rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas e garantir o control e a eliminación  total ou parcial da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas.
O fin principal é o de reducir o risco de incendio e protexer a seguridade das persoas, para iso é necesario  ter as franxas definidas e poder requirir a súa limpeza aos  propietarios. Os titulares das parcelas incluídas nesta rede de faixas secundarias, localizadas arredor dos núcleos de poboación, vivendas illadas ou edificacións están obrigados a xestionar a biomasa forestal.
A biomasa en ditas franxas deberá estar xestionada antes da finalización do mes de maio de cada ano, é dicir, sen eucaliptos, acacias, piñeiros, silvas, toxos, fentos, etc. favorecendo a descontinuidade vertical e horizontal destas. Dita xestión será de obrigatorio cumprimento polos propietarios destas parcelas e, no suposto de incumprimento, a administración pública competente, de oficio ou a solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación no que se concederá un prazo de quince días para a execución da mesma, con apercibimento de execución subsidiaria con repercusión dos custos da xestión, e no seu caso, comiso das especies prohibidas, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador.
 

A Guarda conta con dous novos Auxiliares de Policía Local
A Guarda, 6 de abril de 2021. O Concello da Guarda conta dende fai uns días con dúas novas incorporacións ao corpo da Policía Local, trátase de dous novos auxiliares de Policía Local que veñen a completar a plantilla existente de 6 Policías Locais, sumando así un total de 8 axentes en servizo.
Ao longo desta semana irán asumindo as diferentes tarefas de seguridade viaria, control do tráfico, xestións administrativas, control da zona azul, control das saídas e entradas nos centros educativos, cumprimento das medidas sanitarias vixentes, entre outras.
O Concello da Guarda está tamén pendente da resolución do concurso realizado pola Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para a praza de Xefe da Policía Local da Guarda, que quedou deserta despois da xubilación do anterior cargo e asumida “en funcións” por parte dun dos Policías Locais da vila, a quen o Concello quere trasladar o seu agradecemento.
 

O Alcalde da Guarda traslada as demandas da localidade en materia de Sanidade ao Conselleiro
A Guarda, 7 de abril de 2021. O Alcalde da Guarda Antonio Lomba, mantivo este martes unha xuntanza por videoconferencia con responsables da Consellería de Sanidade entre os que se atopaban o Xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente e o Conselleiro de Sanidade, Julio García.
Esta xuntanza era unha demanda recorrente do alcalde para trasladar aos responsables sanitarios o sentir dos traballadores do Centro Sanitario da Guarda e dos veciños e veciñas da guarda en relación á situación da Atención Primaria no municipio.
As principais reclamacións de Antonio Lomba están relacionadas coa cobertura das ausencias de persoal  por motivos de xubilación, baixas, vacacións,  etc. En relación isto solicitou unha cobertura máis completa e estable das vacantes para que os médicos poidan facer un seguimento dos pacientes e melloren as súas condicións de traballo.
Tamén se fixo eco das reclamacións das familias en relación á cobertura da praza de pediatría, a titular da mesma leva 6 meses de baixa cunha cobertura discontinua que dificulta a atención e seguimento dos pacientes. O edil solicitou tamén que se faga todo o posible para que os concursos de traslados non repercutan de forma negativa no cadro de persoal do Centro de Saúde da Guarda.
Así mesmo, Antonio Lomba solicitou que se completase o servizo de enfermeiría que na actualidade non cumpre a paridade co cadro médico.
Antonio Lomba tamén pediulle ao Conselleiro que fose sensible co situación de afastamento do Centro de Saúde da Guarda con Vigo á hora de repoñer persoal sanitario e configurar unha plantilla o máis estable posible.
A xuntanza trancorreu de forma cordial e os responsables de sanidade trasladaron ao alcalde da Guarda a súa consideración respecto á situación de illamento do Centro de Saúde e a intención de mellorar, na medida do posible, o cadro de persoal e de atención primaria na Guarda.
Antonio Lomba pediulle ao Conselleiro que traballara en solucións de futuro para Centros de Saúde coma o da Guarda, para mellorar a Atención Primaria nas zonas rurais.
  
A campaña “Galiza nación. Un pobo con dereitos” de coloquio no centro cultural da  Guarda con Henrique del Bosque
A Guarda, 7 de abril de 2021. Dentro da campaña “Galiza nación. Un pobo con dereitos” que desenvolve Vía Galega, enmárcase este acto que se celebrará  no Centro Cultural de A Guarda, o próximo venres 9 de abril ás 19:30 horas. Neste acto intervirá o profesor e licenciado en dereito Henrique del Bosque.
Debido ás medidas de prevención da COVID, haberá aforo limitado e é obrigatorio asistir con máscara.
O acto ten como finalidade dar a coñecer a nosa propia valía como pobo, as nosas capacidades, con cultura e lingua propias, unha economía peculiar coa súa extructura singular diferenciada, un territorio diferente e uns hábitos sociolóxicos que nos conforman como unha nación.
“O obxectivo deste acto é desmontar a idea de que somos un pobo sen estima, sen capacidade, un pobo acomplexado que precisa vivir a sombra doutros pobos, doutras culturas para existir. A subordinación na que vivimos é unha cuestión de tipo político, unha decisión que nada ten que ver coa realidade do noso país. Somos unha nación a que lle está negada a propia soberanía e iso lévanos a non poder xestionar as nosas riquezas que son moitas”, afirman desde Vía Galega.
 

A Guarda retoma a programación cultural cunha variada programación polo Día do Libro
A Guarda, 8 de abril de 2021. Neste inverno caracterizado pola pandemia que estamos a sufrir e polas restriccións sanitarias, o Concello da Guarda veu de suspender os eventos públicos evitando así as concentracións de xente nos interiores. Mais chegado o momento no que os días crecen e o sol favorece o paseo, así como pasado os peores momentos da pandemia o Concello creu oportuno recuperar a actividade cultural reivindicando que a cultura é necesaria, incluso mais que en outros momentos para sobrelevar esta situación. Así creou unha programación polo Día do Libro que arrancará o vindeiro venres 16 de abril co espectáculo de circo “Riscando o Ceo”, da compañía Circo Chosco, ás 19:00h. na praza do Reló.
O espectáculo “Riscando o Ceo”, está inspirado no clásico da literatura infantil “O Principiño” porque o esencial é invisible aos ollos, só se ve ben co corazón. A proposta escénica que mestura humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles foi escollida como arranque da programación polo seu contido desenfadado e poder desenrolarse ao aire libre.
Este evento está recomendado para tódolos públicos e moi especialmente ás familias, é preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es.
Na seguinte semana desenvolveranse outras actividades como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo. Estes puntos estarán situados no Concello, na Praza de Abastos e na Biblioteca Municipal e contan coa colaboración de O Piueiro e a comisión de Festas da Virxe do Carme.
Nesta semana colocarase tamén un mural na entrada da Biblioteca, na que os lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda poderán deixar as súas mensaxes e comentarios.
O sábado 24 terá lugar a segunda proposta escénica adicada desta volta aos mais pequenos da casa e da man da compañía Migallas cos seus “Contos do Chupete”, xa no Centro Cultural ás 12:00h., tamén con inscrición previa.
E xa para rematar, entre os días 23 de abril e 22 de maio, aqueles que realicen compras de libros nas librerías da Guarda por valor de 30€ ou mais obterán un bolso de agasallo na Biblioteca Pública Municipal.
 

A Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020
A Guarda, 9 de abril de 2021. A Directora da Axencia Galega de Doazóns de Sangue (ADOS), Dra. Marisa López García, remitiu fai uns días unha carta ao Alcalde da Guarda, para facer constar o agradecemento e a axuda recibida do Concello da Guarda coa labor de sensibilización social a prol da doazón de sangue.
A Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue é un servizo esencial no soporte da actividade asistencial dos nosos hospitais e as especiais dificultades que estamos a vivir trala declaración da pandemia. Así e todo a colaboración cidadá foi encomiable en Galicia o que supuxo poder atender as necesidades que se presentaron.
Dende ADOS e dende o Concello da Guarda se quere felicitar aos veciños e veciñas da vila que unha vez máis volveron a destacar como con concello de maior taxa de doazóns de sangue da provincia de Pontevedra, con 700 doazóns de sangue no ano 2020, o que representa 70 doazóns por cada 100.000 habitantes e ano, por riba das 40/100.000 habitantes que marca a OMS.
  
A CIG traslada as protestas pola represión sindical en Depósitos Coballes do Rosal a un negocio familiar
A Guarda, . A CIG continuou hoxe coas mobilizacións para rexeitar o clima de represión sindical e de acoso laboral que padece parte do cadro de persoal de Depósitos Coballes do Rosal. Nesta ocasión desenvolveu unha concentración diante da ferraxería Coballes da Guarda, pertencente á familia propietaria da empresa, para deixar moi claro que “non imos permitir que traten os traballadores/as como escravos/as”, en palabras do secretario comarcal, Alberto Gonçalves.
A protesta desta mañá produciuse despois da manifestación que tivo lugar o pasado 18 de marzo nas inmediacións da propia compañía con sede no Rosal para denunciar a situación que están a vivir as persoas afíns ao sindicato e os propios membros do comité de empresa dende que os empregados/as decidiron escoller representación sindical por primeira vez en moitos anos.
De feito, a dirección mesmo despediu o traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso do proceso electoral, ao tempo que sancionou a varios compañeiros. Por iso dende a central sindical reclaman a súa readmisión e a retirada dos expedientes sancionadores. Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, quixo deixar moi claro que o sindicato non negociará nada coa empresa mentres isto non se produza.
Convocatoria de folga
“O único 'delito' que cometeron os afectados foi presentarse na candidatura da CIG, polo que o está a acontecer con eles é un ataque ao conxunto da central sindical; así que teñen que saber que imos continuar coas mobilizacións até que non cese este clima de represión sindical e de acoso laboral, que continúa e mesmo se intensificou dende que iniciamos as protestas”, asegurou Gonçalves.
Adiantou que o sindicato baralla adoptar medidas de presión máis contundentes, sen descartar incluso unha convocatoria de folga en Depósitos Coballes. “Que non pensen que as protestas van ter lugar unicamente diante da empresa”, advertiu. “Non imos permitir que traten os traballadores/as como escravos/as; as empresas son donas dos medios de produción, pero non das nosas vidas”, rematou.
 



A Guarda recupera a fonte lavadoiro de Xixolla
A Guarda, 13 de abril de 2021. O Concello da Guarda acometerá proximamente traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.
A posta en valor dos elementos etnográficos como é o caso é unha obriga mais que unha necesidade, a xustificación non pasa pola súa necesidade intrínseca.
O lavadeiro de xixolla, datado no ano 1.913 segundo consta na pedra labrada sobre o cano, foi rehabilitada nos anos 90 a través da escola obradoiro renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal dita cubrición que na actualidade, precisan de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos.
As actuacións a levar a cabo no lavadoiro da Xixolla, pasan por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizarase dun xeito manual.
Para os elementos de madeira se procederá á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira.
   
A Guarda mellora a seguridade vial co repintado horizontal en varias rúas do municipio
A Guarda, 13 de abril de 2021. O Concello da Guarda, dentro das accións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos, ven de adxudicar e iniciar os traballos de repintado da sinalización horizontal en determinadas rúas e cruces concretos da Guarda
Neste senso se teñen repintado numerosos pasos de peóns do casco urbano, así coma novos paso de peóns na Pasaxe(Camposancos).
Destaca a actuación feita na Rúa Baiona, onde se se cambiou o aparcamento lateral para favorecer o tránsito de vehículos de grandes dimensións coma camións ou autobuses.
 
Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021
A Guarda, 13 de abril de 2021. O Concello da Guarda, a través de Servizos Sociais e o Centro de Información á muller, -informa da convocatoria de Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Estas axudas divídense en dúas liñas:
a) Liña A, axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
b) Liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
A concesión das axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva e as persoas interesadas poden realizar a súa solicitude pedindo cita previa chamando ao 986614507( Servizos sociais) ou CIM(986614648).
  
 

A Guarda impulsa o emprego coa contratación de 13 desempregados ao abeiro do Plan Concellos
A Guarda, 15 de abril de 2021. Na mañá deste xoves día 15 de abril de 2021 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Persoal, Montserrat Magallanes e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español; deron a benvida aos 13 novos traballadores que se veñen de incorporar recentemente grazas á Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Nesta benvida, o Alcalde da Guarda, recordoulles que están ao servizo da cidadanía da Guarda, polo que deben de esmerarse nas súas tarefas e realizalas dun xeito correcto para que o conxunto da cidadanía da vila saiba valorar e por en valor os seus respectivos traballos.
O Concelleiro de Vías e Obras fixo especial fincapé naquelas habilidades especiais que teñen algún deles, como son os coñecementos en soldadura, pintura, carpintería, albañilería… para tentar optimizar ao máximo e organizar axeitadamente os seus traballos.
Pola súa banda, a Concelleira de Persoal, puxo en valor esta aposta polo emprego de persoas desempregadas que se fai dende o Concello, dando unha oportunidade a moitas persoas para mellorar a súa situación laboral e persoal, agradecendo tamén a achega da Deputación de Pontevedra para este fin.
En total A Guarda conta con 13 novos traballadores que prestarán servizos na recollida de residuos urbanos, limpeza, conserxería, auxiliar para cultura, informática… e con contratos que varían entre 7 e 8 meses de duración.
 
Pleno extraordinario
A Guarda, 15 de abril de 2021. A Corporación da Guarda Celebrará sesión extroardinaria de Pleno, ás 8.30 horas da mañá, o 20 de abril co seguinte orde do Diá:
1.     Expediente 1099/2021. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2021
2.     Expediente 904/2021. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN SUPLEMENTO CRÉDITO 1/2021
3.     Expediente 1007/2021. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2021 (PADROADO)
4.     Expediente 900/2021. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN SUPLEMENTO CRÉDITO 1/2021 (PADROADO)
5.     Expediente 1113/2021. PROPOSTA DA ALCALDÍA ADHESIÓN CONVENIO EN MATERIA DE INTERCAMBIO INFORMACIÓN TRIBUTARIA E COLABORACIÓN XESTIÓN RECADADORA
6.     Expediente 1115/2021. DAR CONTA SUBVENCIÓN PLAN CONCELLOS 2019 (LIÑA 1: INVESTIMENTOS)
7.     Expediente 1119/2021. DAR CONTA SUBVENCIÓN PLAN CONCELLOS 2019 CORRECCIÓN DE ERRO (LIÑA 1: INVESTIMENTOS)
 

Celebración do Día do Libro na Guarda  con variadas propostas
A Guarda, 16 de abril de 2021. As estatísticas nos din que na presente pandemia o tempo de lectura veuse incrementado marcando récords históricos, un costume que veu para consolidarse pois mantívose mais aló do tempo do confinamento estrito. Partindo deste feito e da premisa de que a lectura ao igual que o resto de propostas culturais nos aporta intanxibles que alimentan os nosos espírito, alegran o noso día a día e que agora necesitamos tanto ou incluso mais, nace a campaña en torno ao día do libro na Guarda con actividades que conteñen dende o agasallo de libros na rúa, a confección dun mural con choiva de ideas, dous espectáculos para nenos e a I Ruta do libro para premiar o consumo nas nosas librerías.
ESPECTÁCULOS INFANTÍS
As propostas escollidas para o entretemento das familias combinan o humor e a música. Así esta semana estrease o espectáculo “Riscando o Ceo” con clown, acrobacias e malabares na Praza do Reló o venres 16 de abril ás 19h. A cargo da compañía Circo Chosco que se inspirou no conto do Principiño porque nos ensina a ver a realidade desde perspectivas diferentes “deixando o importante para ver co corazón” crease unha proposta moi visual e próxima que fai ao público viaxar co perigo e a risa.
A vindeira semana será o momento para os mais pequenos, coa proposta “Contos do Chupete” da compañía Migallas, unha sesión de contos pensada para os mais pequenos da casa (0 a 5 anos) na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. A cita será no Centro Cultural o 24 de abril ás 12.00h. cun aforo moi limitado, precisa a inscrición previa no mail: aguarda.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono  649 327 525 (de 17 a 20h), anotando só a un adulto acompañante por cada menor asistente.
AGASALLO DE LIBROS E MURAL NA BIBLIOTECA
Na semana propia do libro, a partir do día 20 iniciarase unha iniciativa de agasallo de libros en diferentes puntos da localidade, concretamente na sede do Concello, na Praza de Abastos e no Centro Cultural instalaranse uns puntos con libros para que os veciños poidan levar como agasallo. Estes puntos de agasallo contan coa colaboración de O Piueiro e a Comisión de Festas da Virxe do Carme, que prestaron e decoraron as tradicionais gamelas do Carme para unir á iniciativa a personalidade mariñeira da nosa vila
E xa na véspera do día do Libro, o 22 de abril, instalarase un mural no vestíbulo da Biblioteca tamén de temática mariñeira que invitará aos usuarios a completar con frases e mensaxes sobre o significado dos libros e a Biblioteca para os lectores, continuando a iniciativa que tan bo éxito acadara no 2020 a través das Redes Sociais.
I RUTA DO LIBRO
A última das iniciativas centrase xa no aspecto comercial dos libros incentivando o consumo de libros nas nosas librerías. A Guarda conta con 4 librerías o cal supón unha riqueza comercial e cultural e por iso dende o Concello quérese chamar a atención sobre esta importancia e fomentar o consumo de libros no noso pequeno comercio fronte a crecente venta online e recuperar a figura do libreiro como facilitador e asesor de novidades.
A proposta para este fin consiste en premiar a aqueles veciños que consuman un mínimo de 30€ en libros nas librerías guardesas. Estes veciños só terán que xuntar os tickets de compra que acrediten ese gasto e ensinalo na Biblioteca onde poderán recoller unha bonita bolsa para transportar libros.
O gasto de 30€ pode ser en 1 ou mais libros, así como en unha ou mais dunha librería. Iso sí, non se contabilizará o gasto en outro material a vender nas librerías como xornais, revistas, mochilas, material de papelería, etc...
Ademáis desta iniciativa, convén recordar que o mesmo día do Libro, o 23 de abril,  as librerías realizan un 10% de desconto nos libros, polo que sempre é un bo momento para agasallar a un mesmo ou un ser querido.
 
Primeira reunión de traballo coas persoas participantes no banco municipal de voluntariado
A Guarda, 16 de abril de 2021. Onte día 15 de abril tivo lugar a primeira reunión de traballo co grupo de peroas inscritas no Banco municipal de voluntariado do Concello da Guarda.
Esta reunión procuraba dar a benvida e agradecer ás persoas o seu interese en participar e compartir o seu tempo con este proxecto, e iniciar os pasos para perfilar as accións ás que dar resposta e que entre todas/os percibimos como necesarias.
Así e tras debuxar un percorrido por distintas accións levadas a cabo polo concello na área de voluntariado e escoitar as propostas e ideas das persoas voluntarias, sinalamos dúas accións ás que darlle forma a través de accións de voluntariado:
Unha acción situada no ámbito da intervención social e que sería a de acompañamento a persoas maiores que viven soas ou que están moito tempo soas, e coas que interverían en espazos de ocio e sociabilización.
A outra acción sería unha actividade de medioambiental, como a recollida de lixo en praias e a súa posterior transformación dese lixo nalgunha representación artística, como un elemento de concienciación.
O seguinte paso será ofertar unha formación específica para este grupo de voluntarias e voluntarios tratando de facilitar ferramentas para axudarlles a desenvolver estas accións e paralelamente desenvolver estas ideas/accións para a súa posterior posta en marcha.Convidamos e animamos ás  persoas que así o desexen, a  unirse a este proxecto de participación que agardamos que siga crecendo.
Máis información OMIX A Guarda
 

O concelleiro de Festexos da Guarda lamenta a utilización dunha imaxe inadecuada por un medio de comunicación para referirse ao botellón
A Guarda, 18 de abril de 2021. O pasado 16 de abril foi publicado un artículo de María J. Fuente en La Voz de Galicia na súa edición de Vigo sobre as medidas de diferentes concellos en relación ao “temido botellón”, nombrando ao concello de A Guarda como uns dos concellos cunha normativa máis específica.
Como referente visual desta noticia publícase a imaxen de tres persoas da banda máis antigua das Festas do Monte de A Guarda, facendo o ritual tradicional da “xura” anual, e que nada ten que ver co “temido botellón” do que se trata na noticia.
Dende a concellería de Turismo, Festas e Festexos do concello de A Guarda, non entrando a valorar o contido deste artículo, queremos manifestar o noso total desacordo coa desafortunada publicación da imaxe dunha festa tradicional declarada de Interés Turístico como é a Festa do Monte de A Guarda relacionada co fenómeno do botellón. Quero así mesmo trasladarlles o malestar e enfado tanto do grupo de Goberno dete concello  como de innumerables veciños e achegados nestas festas que non entendemos esta falta de rigor periodístico que pon de manifesto  a desinformación sobre unha festa moi importante na nosa contorna, que se ven celebrando dende 1913 e que nada ten que ver co “temido botellón”.
Por este motivo lles solicito encarecidamente una rectificación aclaratoria e inminente que disvincule totalmente esta imaxen da Festa do Monte co botellón, para non seguir danando a imaxe dunha festa que varias xeracións de guardeses e guardesas levamos no noso ADN.
  

Concentración en defensa da Sanidade Pública o 21 de abril na Guarda
A Guarda, 19 de abril de 2021. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, chama a participar na Concentración que se realizará o próximo mércores 21 de abril ás 8 da tarde na Praza Avelino Vicente da Guarda.
Nesta ocasión as distintas plataformas  de Galiza integradas en SOS sanidade pública convocamos mobilizacións en varias vilas e cidades galegas para esixir da Xunta de Galiza a recuperación do sistema sanitario público galego trala pandemia da COVID-19.
A pandemia chegou a unha atención primaria debilitada polos gobernos do PP, sen suficientes recursos humanos, materiais e organizativos que limitou a súa capacidade para poder asumir a enfermidade e ao mesmo tempo atender adecuadamente as outras patoloxías. Un bo exemplo desta situación vivímola na Guarda que durante unha boa parte da pandemia contou en algúns momentos coa metade do persoal médico que lle corresponde.
As barreiras de acceso aos Centros de Saúde e ás especialidades hospitalarias, que suspenderon consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas afecta a saúde da poboación e está xerando un gran malestar tanto do persoal sanitario como a a nível social.
A dificultade de comunicarse cos Centros de Saúde e de recibir asistencia presencial e outros dos problemas serios que estamos vivindo e para o que esiximos solucións inmediatas. Por todo esto desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chamamos a todo o pobo da Guarda a participar nesta concentración.
  

Continúa na Guarda a programación polo Día do Libro
A Guarda, 20 de abril de 2021. Nesta semana continúan as actividades programadas dende a concellería de Cultura polo Día do Libro como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo. Estes puntos están situados no Concello, na Praza de Abastos e na Biblioteca Municipal e contan coa colaboración de O Piueiro e a comisión de Festas da Virxe do Carme.
Nesta semana, a partires do día 22 de abril, colocarase tamén un mural na entrada da Biblioteca, na que os lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda poderán deixar as súas mensaxes e comentarios.
O sábado 24 terá lugar a segunda proposta escénica adicada desta volta aos mais pequenos da casa e da man da compañía Migallas cos seus “Contos do Chupete”, xa no Centro Cultural ás 12:00h., as prazas para esta actividade están xa cubertas.
E xa para rematar, entre os días 23 de abril e 22 de maio, aqueles que realicen compras de libros nas librerías da Guarda por valor de 30€ ou mais obterán un bolso de agasallo na Biblioteca Pública Municipal.
    

O Concello da Guarda utiliza os seus aforros para investimentos
A Guarda. 21 de abril de 2021. O concello da Guarda celebrou o martes día 20 de abril un pleno extraordinario de contido económico para aprobar créditos extraordinarios e suplementos de crédito procedentes do remanente de tesourería para  acometer distintos investimentos de carácter urxente que obtiveron o apoio de toda a corporación, os principais investimentos os detallamos a continuación.
O concello da Guarda conta cun servizo de recollida de lixo de xestión municipal,  para seguir optimizando os medios dos que dispón este servizo era necesario proceder de xeito urxente a renovación do camión de lixo.  Nestes momentos o servizo de recollida de lixo conta con dous camións (sen contar con outros vehículos que se utilizan na recollida de voluminosos ou noutras tarefas) debido as diferentes características das rúas por onde é necesario facer a recollida diaria. O camión de maior envergadura chegou ao final da súa vida útil, polo que era necesario proceder á adquisición dun novo vehículo. O orzamento  previsto para esta inversión acada  os 100.000€.
No ámbito deportivo o concello está pechando tres convenios coa Secretaría Xeral para o Deporte. Estes tres convenios requiren dunha achega municipal do 20%. O primeiro destes convenios  consiste na instalación dun videomarcador no pavillón municipal da Sangriña. No mesmo pavillón procederase á instalación dun sistema anticondensación  para evitar un dos problemas máis graves que tiña o recinto deportivo. Por último, a cuberta  do club de remo Robaleira sufriu no último ano un deterioro importante debido á climatoloxía, polo que é necesario acometer a renovación da cuberta e o pintado exterior das instalacións. A suma dos tres convenios supera o importe dos 147.000€.
Ademais do anterior, no Porto están contempladas dúas actuacións, a primeira é a modificación dos contedores no inicio da rúa do porto para facilitar a recollida de lixo e mellorar o seu entorno para conseguir a separación física entre os contedores e a zona de terrazas. E debido ao incremento  de vehículos que están utilizando a estrada entre o Porto da Guarda e a depuradora, o concello tomou a determinación  de completar o pavimentado   en adoquín no ancho de toda a estrada,  esta obra ten un custo aproximado dos 77.000€.
Ademais destes investimentos tamén se aprobou unha partida de 75.000€ para axudas COVID para os sectores afectados pola pandemia. Este acordo  da cumprimento ao acordo plenario, adoptado hai unhas semanas,  de adicar o 1% do orzamento municipal para este fin.
  
As celebracións polo Día do Libro na Guarda continúan   cun mural participativo e con agasallos pola compra de libros
A Guarda, 21 de abril de 2021. As actividades polo Día do Libro están a obter un interesante seguimento, sendo bastantes os veciños que xa se achegaron ata algunha das tres gamelas con libros e recolleron o seu exemplar.
A partir de mañá poderán achegarse tamén ata a Biblioteca para construír entre todos o mural “Un mar cheo de ideas”, no que os visitantes poderán deixar unha frase ou mensaxe sobre o significado dos libros e a Biblioteca para eles. Esta iniciativa que xa se puxera en marcha o ano pasado a través das redes sociais durante o confinamento, permitiunos compartir inquedanzas e ilusións entre os lectores nun momento tan complicado como o que estábamos a atravesar. Agora que xa podemos saír da casa, pero que as incertezas aínda continúan, vemos -especialmente con esta campaña- que os libros seguen a ser un refuxio e por iso queremos manter a iniciativa dándolle visibilidade na propia Biblioteca Municipal.
O mesmo 23 de abril – Día Internacional do Libro- arrancará nas librerías da Guarda a I Ruta do Libro. Unha iniciativa que quere apoiar o consumo de libros no comercio local (fronte á crecente venda online) e visualizar a riqueza cultural que supón contar con catro librerías nunha mesma vila. A proposta consiste en obter un bolso de tela con deseño orixinal polo consumo de 30€ en libros que se poden acumular dende o propio 23 de abril e ata o 22 de mais, en unha ou mais librerías.
O 23 de abril as librerías de todo o país ofrecen xa un desconto do 10% nos libros, pero ademais este ano na nosa vila como inicio da Ruta do Libro obsequiarán aos clientes mais madrugadores co agasallo dunha flor (dispoñibles ata fin de existencias) e así porase en marcha na nosa localidade a tradición de agasallar neste día cun libro e unha flor.
Por último o sábado 24 terá lugar o espectáculo narrativo-musical “Contos do Chupete” da compañía Migallas, que ten o aforo xa completo.
 

A Guarda impulsa o proxecto “Trega 2020+5”
A Guarda, 22 de abril de 2021. O concello da Guarda  elaborou o proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro  do Trega a través dunha actuación integral.  Así este proxecto desenvólvese  en torno a tres eixos, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930,  manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro  coa  finalidade de  crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.
A importancia do citado proxecto, que conta coa colaboración e financiamento do Padroado do Monte  Trega e a colaboración das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos, fixo que o alcalde da localidade e presidente do Padroado, Antonio Lomba, activase o inicio deste proxecto neste mesmo ano,  a pesar de non contar con resposta  por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia á invitación de colaboración no mesmo.
Deste xeito, tramitouse unha modificación do orzamento do Padroado para que sexa posible acometer a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo. Esta actuación permitirá seguir pondo  en valor o xacemento castrexo cun elemento que aportará unha maior comprensión do recinto, esta  será a primeira das moitas inversións que se esperan para o que constitúe, segundo os expertos nesta materia, o maior xacemento castrexo de todo o noroeste peninsular.
 

Los populares de A Guarda y Converxencia solicitan un pleno extraordinario para tratar la situación de la piscina municipal de A Guarda
A Guarda, 28 de abril de 2021. Los Populares de A Guarda, junto a Converxencia Galega, fuerzas políticas que constituyen la oposición en el Concello de A Guarda, han solicitado la celebración urgente de un pleno extraordinario para tratar la situación actual del servicio en la Piscina Municipal de A Guarda cuya gestión y adjudicación por contrato público está en manos de la empresa Transgalaica, SL. dado que la empresa ha comunicado su intención de abandonar el servicio de forma inminente por las pérdidas económicas derivadas del Covid-19.
Fuentes de la empresa y trabajadores han trasladado al gobierno municipal de Antonio Lomba y al resto de los grupos políticos que forman parte de la corporación municipal guardesa la situación de insostenibilidad económica que sufre la empresa adjudicataria para continuar con el servicio.
Según Roberto Carrero, portavoz popular, y Celso Fariñas, portavoz de Converxencia Galega: “Desde hace meses, la adjudicataria del servicio de la PISCINA MUNICIPAL DE A GUARDA, empresa TRANSGALÁICA, S.L., viene advirtiendo de manera constante al grupo municipal de gobierno que la continuidad del servicio y los puestos de los trabajadores están en peligro por las continuas y permanentes pérdidas económicas que la empresa adjudicataria debe soportar. Esta situación ha sido también trasladada a los diferentes grupos políticos que forman la corporación municipal.”
En palabras de Roberto Carrero: “De momento, las medidas adoptadas por el Concello de A Guarda resultan absolutamente insuficientes e ineficaces para paliar una situación económica calamitosa. Los balances económicos aportados por TRANSGALÁICA, SL desde el inicio de la pandemia al Concello, al Grupo de Gobierno y a los diferentes grupos políticos resultan muy explícitos: pérdida constante e inasumible de ingresos. Las conversaciones mantenidas por los responsables de la empresa, así como con los responsables de los trabajadores, no deben caer en saco roto toda vez que nos estamos jugando no sólo puestos de trabajo de personas de nuestro municipio sino también, un servicio público y de interés general como es el servicio y las actividades desarrolladas en la PISCINA MUNICIPAL.”
Los responsables de la empresa adjudicataria han comunicado desde hace meses verbalmente y por escrito, tanto al Concello como a todos los miembros de la corporación municipal, que la situación es insostenible. A pesar de estar vigente el contrato público de adjudicación del servicio de la Piscina Municipal, la empresa se ve abocada al cierre inmediato asumiendo las consecuencias legales que el incumplimiento pudiere conllevar. El cierre de la Piscina Municipal de A Guarda, un servicio público para los guardeses y su comarca, es irremediable si no se ponen los medios municipales necesarios para ello.
Tanto el Partido Popular de A Guarda como Converxencia, fuerzas que han presentado la solicitud del pleno extraordinario, apuntan la esperanza de que Antonio Lomba, su gobierno y socios, tengan amplitud de miras y todos juntos podamos buscar una solución inmediata y urgente para que los guardeses y usuarios de la piscina no se vean privados de un servicio público tan necesario y reconocido.
    
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 7 e sábado 8 de maio
A Guarda, 26 de abril de 2021. A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 7 e sábado día 8 de maio.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 7 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 8 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Cada día os hospitais galego precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental.
   
A Xunta financia na Guarda unha nova área de descanso para peregrinos no seu tramo municipal do Camiño Portugués da Costa
A Guarda, 26 de abril de 2021.- Na súa aposta polo embelecemento e mellora dos servizos no Camiño de Santiago, a directora de Turismo de Galicia participou hoxe nunha visita para poñer en valor a nova área de descanso coa que conta o Camiño Portugués da Costa, que comeza precisamente no concello da Guarda.
A directora de Turismo, Nava Castro, subliñou a importancia destas pequenas intervencións tanto polo seu impacto visual como pola mellora da experiencia do peregrino. “Levamos moito tempo traballando para que o Camiño estea preparado para recibir aos peregrinos en canto as condicións sanitarias o permitan”, asegurou, ao tempo que fixo fincapé na mellora paisaxística como un dos grandes piares de actuación no Camiño de Santiago.
Trátase dunha acción que se levou adiante en terreos mancomunados da veciñanza do municipio, algo que Nava Castro puxo en valor no acto, no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta, Luis López, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o representante da Xunta Veciñal dos montes mancomunados, Manuel Castro.
A nova área de descanso ocupa un espazo de preto de 1,8 quilómetros cadrados nos que se colocou unha zona axardinada con árbores, mesas e bancos nunha actuación que contou cunha subvención de 10.000 euros. Esta área de descanso, precisamente, beneficiouse da liña de axudas da Xunta para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, á que a Xunta destinou o ano pasado 1,2 millóns.
Para este ano, esta liña de axudas  increméntase nun 25% ata chegar aos 1,5 millóns de euros o que permitirán incrementar o número de actuacións de mellora en todos os itinerarios do Camiño de Santiago, mellorando a imaxe que os peregrinos se levan do Camiño e do seu percorrido por Galicia.
 
A Omix da Guarda e Érguete Baixo Miño lanzan unha campaña de prevención e sensibilización sobre o consumo de sustancias na poboación xove
A Guarda, 27 de abril de 2021. A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda en coordinación coa Asociación Érguete Baixo Miño lanzan unha Campaña de sensibilización sobre o consumo de sustancias na poboación xove, principalmente, do municipio.
O principal obxectivo da campaña é presentar á poboación moza do municipio unha visión realista das consecuencias do consumo de certas sustancias, sen criminalización das mesmas, únicamente facilitando información e ferramentas que axuden de cara á prevención e o coidado da saúde.
Trátanse dunha serie de tres vídeos curtos, cun formato de animación e duración que resulta atractivo para a poboación diana e que permite unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.
O contido dos vídeos abarca a problemática do consumo abusivo a través dun enfoque de redución de riscos respecto ás seguintes sustancias: alcohol, cannabis e cocaína, ao mesmo tempo que busca desmitificar certas pautas ou comportamentos de consumo.
O Concello contou para a elaboración do material da campaña coa Asociación Érguete Baixo miño, entidade que traballa no ámbito da prevención, educación e promoción da saúde tanto no noso municipio como na comarca. Os vídeos compartiranse en redes, web municipal, medios de comunicación e faranse chegar tamén aos centros educativos, coa intención de que cheguen ao maior número de persoas posible e tamén se utilicen como ferramenta de información e traballo, para entidades, familias, grupos etc.
Animamos a difundir os vídeos e así tecer unha rede que axude á importante labor do coidado da saúde.
·         Video alcohol: https://youtu.be/2l2FepEjS_I
·         Video cannabis: https://youtu.be/e7ORWg4gcOU
         Video cocaína: https://youtu.be/_DksPh6rfjo
   
O mercadillo dos sábados adiantase esta semana ao venres 30 de abril debido a que o sábado 1 é festivo
A Guarda, 29 de abril de 2021. O Concello da Guarda informa que debido á celebración do Día do Traballador(1 de Maio), esta semana o Mercadillo dos sábados, que habitualmente celebrase os sábados, pasa a celebrarse na xornada do venres día 30 de abril pola mañá no entorno da Alameda da Guarda.
    

A Guarda acolle o Ciclo de concienciación medioambiental “Sostendo o futuro”
A Guarda, 29 de abril de 2021. O Concello da Guarda pon en marcha un ciclo de actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.
A primeira das actividades terá lugar o sábado 8 de maio ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda e será a proxección do filme “O que Arde”, do director franco-galego Oliver Laxe, que nos traslada á importante problemática da xestión forestal e dos incendios que cada verán asolan os nosos bosques. E como a finalidade é xerar conciencia e aprender con estas actividades, a proxección do filme irá seguida dun breve debate no que analizar co público as diferentes temáticas que se abordan no filme. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Para o venres 21 de maio, a proposta será unha charla a cargo de Amigos da Terra que terá lugar ás 20:00h no Centro Cultural e que tratará sobre a necesidade de cambiar o noso actual modelo de consumo de “usar e tirar”, por un modelo que se achegue o máximo posible aos principios da economía circular, que procura o alongamento da vida útil de bens de consumo como os aparellos electrónicos ou a roupa. Esta charla será impartida tanto nos centros educativos de primaria do municipio, onde terá lugar en horario de mañá, como no Centro Cultural para o público xeral en horario de tarde. Amigos da Terra é unha organización que ten entre os seus obxectivos protexer o medio ambiente e promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.
Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
 

Regreso al contenido