A Guarda, 23/06/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, 23/06/20

COMARCA
A Guarda pide a Medio Ambiente a mellora do parque da Armona

O Concello da Guarda ven de pedir a Medio Ambiente da Xunta de Galicia a realización do proxecto de recuperación ambiental do “Miradoiro Natural do Miño”, un proxecto que contempla unha actuación sobre o espazo do parque da Armona en Camposancos, incluído na Rede Natura 2000.
O proxecto de actuación sobre este espazo permitirá eliminar o aparcamento para vehículos rodados con bolardos de madeira que impidan, ou no seu caso regulen o seu acceso a esta zona, para poñer en valor este espazo como un lugar para desfrute das persoas.
O Concello da Guarda ven de retirar recentemente a pérgola de madeira existente neste lugar, xa que se atopaba moi deteriorada polo paso do tempo e constituía un perigo para as persoas, ademais o proxecto contempla a rehabilitación dunha pasarela de madeira que tamén se atopa deteriorada e que axudará a preservar este entorno natural.
Con todas estas actuacións búscase a preservación desta zona en condicións que permitan ademais a interpretación do entorno natural do esteiro mediante a instalación dun panel de forma que os veciños e os visitantes entendan a importancia de “desfrutar” de forma ordenada e compatible cos obxectivos de conservación, mostrándolles a riqueza da fauna e da flora do esteiro.
O presuposto total para este proxecto ascende a un total de 24.199,33€ IVE incluído.

Inscricións abertas para o Curso de Surf organizado polo Concello da Guarda
A Guarda, 22 de xuño de 2020. O Concello da Guarda, a través do departamento de Deportes, organiza un Curso de Surf para adolescentes de entre 12 e 18 anos.
O curso terá lugar na Praia de Patos en Nigrán o venres 10 de xullo en horario de 17:00h a 19:00h a un prezo de 16€ por persoa, inclúe transporte dende A Guarda.
As inscricións están abertas ata o vindeiro 3 de xullo no teléfono 690628751, no enderezo electrónico deportes@aguarda.esou no seguinte link: http://ow.ly/GZR650AdWtD
A cada participante entregaráselle un protocolo de seguridade e cumpriranse unhas estritas medidas de protección fronte ao COVID-19, formándose subgrupos moi reducidos.
Regreso al contenido