A Boalleira - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Boalleira

PUBLICADAS
XX Aniversario do Grupo de Gaitas A Boalleira
por Victoriano Rodríguez
 
 
A Asociación de Veciños O Percamino, dentro das súas actividades,  decide crear a finais de 1995, un curso de iniciación de gaita e solicitar a Casa da Comunidade de Montes     de       Salcidos para ensaiar. A principios de 1996 ponse en marcha esta escola de gaitas. O 11 de marzo de 1996 é oficialmente inaugurado este curso nun acto ao que asisten o concelleiro de Cultura, Directiva do Percamino,  o profesor José Flores, “Pepe O Gaitero”, que adicarían unhas verbas de desexos de futuro á nova actividade (20 anos despois podemos dicir que se cumpriron aqueles nobres desexos), tamén a asistencia de socios, veciños,  e alumnos do curso.   Os alumnos tocarían dúas pezas e habería pinchos, viño galego e refrescos. Pasados os inicios a maioría destes  alumnos se constituirían nun  grupo organizado que denominarían A BOALLEIRA, nome que ven dado do lugar que así se chama a un espazo pantanoso da Xunqueira da Gándara, onde crecen as boallas, (herbas que se aproveitaban para a alimentación dos animais).
O Grupo de Gaitas A Boalleira, nos primeiros tempos estaba composto por mozos e adultos;  os  maiores foran deixando, aínda que algúns formarían un grupo propio para súas festas particulares, mantendo A Boalleira nos últimos tempos unha media de trinta xóvenes compoñentes de ambos sexos. Dende fai uns anos, os compoñentes da Boalleira, na noite do Samaín percorren en comitiva as rúas do pobo caracterizados desa máxica situación.
O Grupo recibiría as primeiras ensinanzas e sería  dirixido  polo prestixioso José Flores, Pepe O Gaiteiro de Novás. Despois por Edmundo Granja, Mundi, ata 2005 e, dende esa data,  por Iván Gómez ata a actualidade.
  

Partitura do Himno do PERCAMINO, escrita en 1996, polo primeiro mestre Jos Flores, para o Grupo Boalleira.


Partituras escritas en 1996, polo mestre Pepe Flores, dedicadas a A. VV. O Percamino, para ser interpretadas polo Grupo de Gaitas A Boalleira


14 Xulio de 1996.- O recentemente  creado Grupo de Gaitas A Boalleira, actuando na Fontebieta con motivo do II Festival de Poesía do Baixo Miño. (Foto Vitoriano)

199.. A Boalleira é transportada no “tren Chu-Chú”, dende A Gándara ata a Vila para actuar nas Festas do Monte. (Foto Vitoriano)


1996. Día do Monte. Os compoñetes da Boalleira de recorrido turístico, no “tren Chu-Chú”. (Foto Vitoriano)

 1996.- O recentemente creado Grupo A Boalleira participando por primeira vez na procesión da Virxen das Mercedes. (Foto Vitoriano)

1997.- Ensaiando un pasa corredoiras, pola rúa que vai das Xunqueiriñas as Cachadas. (Foto Vitoriano)

1997.-Un descanso dos ensaios, na rúa Xunqueiriñas . (Foto Vitoriano)
 
1997 A Boalleira actuando no Día de San Gregorio de Pías. (Foto Vitoriano)
 
1996. A Boalleira, xunto con outros grupos, no Auditorio de San Benito, nun Festival Folclórico. (Foto Vitoriano).
 
1997.- Participando no desfile das Festas do Monte. (Foto Vitoriano)
 
199  Altair R. Castro. Portando o estandarte do Percamino, no desfile das Festas do Monte. (Foto aportada por Paulino)
 
199…??’Noemí Lomba, portando o estandarte da Boalleira no desfile da Festas do Monte. (Foto aportada por Paulino)
 
Boalleira 03-Marzo de 2003. (Foto Vitoriano)
 
2003.- Procesión das Mercedes. (Foto Vitoriano)
 
2005. Día de San Xoanan en Belesar, Baiona. (Foto Vitoriano)
 
Baiona 2005.- Actuación nunha boda no castelo de. Monterreal (Foto Vitoriano)

Porto da Guarda 2005

A Boalleira tocando en Reirigo-Formaríz, Paredesde Coura, (Portugal), enriba da caixa dun camión. (Foto de Paula Souto) (aprx.en 1998)
 
 
07-07-2008: Diante da casa social do Percamino na Gándara (en construción). (Foto Vitoriano).
 
 
09-marzo 2008.-  Boalleira actuando en San Gregorio de Pías. (Foto Vitoriano)
 
 
2010.-  Diante da casa social do Percamino na Gándara (Foto Vitoriano)
 
 
16-07-2010.- Compoñentes de A Boalleira, acompañando nunha queimada a Victoriano en Abadía de Eiras, actuando  para unha delegación americana o Día da Feira do Viño do Rosal. (Foto Vitoriano)
 
 
30-07-2010.  A Boalleira diante da Casa Social da A. VV O Percamino na Praza dos Seixiños (Foto Vitoriano).
 
 
25- 09- 2011. O Grupo A Boalleira con os vecinos do pobo da Gándara, na foto que se fai todos os anos ao acabar a procesión das Mercedes. (Foto Vitoriano).
 
 
17 maio de  2012.- . Día das Letras Galegas. Diante do Convento de San Benito. A Guarda. (Foto Vitoriano)
 
 
22- 09 -2013. (Foto Vitoriano)

22-09 2013.- A Boalleira na misa solemne do Día das Mercedes. (Foto Vitoriano)
 

2014.- Procesión  Día das Mercedes. (Foto Vitoriano)
 
0-09-2015.- Actuando no Serán da Mercedes, por eles organizado. (Foto Vitoriano)
 
Actuacións do Grupo de Gaitas A Boalleira no último ano e medio, de xaneiro 2015 a xulio 2016:
11/01/2015 San Amaro (Camposancos)            
17/01/2015 Serán San Amaro
14/02/2015 Pasarúas S. Gregorio    
15/02/2015 Misa S. Gregorio
15/02/2016 Carnaval Fornelos
28/03/2015 Serán Buxán  
01/05/2015 Serán Sta. Comba  
16/05/2015 S. Isidro  
16/05/2015 Día da Letras Galegas
31/05/2015 Corpus Camposancos
27/06/2016  Actos AsociaciónSamaritanas  
25/07/15 Serán Tradicións Mariñeiras  
31/07/15 Pregón Festas do Monte  
05/08/2015 Festas do Monte  
08/08/2015 Desfile Festas do Monte  
29/08/2015 Serán a Guía  
30/08/2015 Festa do Percebe  
10/09/2015 Pasacalles A Gándara  
12/09/2015 Boda Raquel  
19/09/2015 Serán A Gándara  
25/09/2015 Zorzada A Gándara  
27/09/2015 Festa das Mercedes
10/10/15 XXX Aniversario do Lusco o Fusco  
16/01/2016 Serán Sanamaro  
17/1/2016  Festas  Sanamaro  
12/03/2016 Pasarúas S. Gregorio  
13/03/2016 Misa S. Gregorio  
30/04/2016 Serán Sta. Comba
01/05/2016 San José (Novas)  
15/05/2016 San Isidro (0 Rosal)
17/05/2016 Día das Letras Galegas
24/06/2016 Romería Castrexa  
02/07/2016 Festa da Langosta  
03/07/206 Festa da Langosta
28/07/2016:-Vila Praia de Ancora (Portugal) As actuacións son variadas: en festas, procesións, festivais, homenaxes, sorpresas de animación nun evento dalgunha persoa… Algunhas son habituais de cada ano, outras alternativas e demais novos requirimentos. O ameto de actuación e no entorno Baixomiñoto, aínda que teñen actuado no norte de Portugal e por Galicia.
 

3 de  Xulio de 2016.- A Boalleira na  Festa da Langosta no Porto da Guarda. (Foto Vitoriano)
 
3 Xulio 2016. O Grupo A Boalleira de recorrido turístico pola Guarda no” tren Chu-Chú”, como fixeran 20 anos antes (Foto Vitoriano)

A 07- 2016, o Grupo de Gaitas A Boalleira está dirixido polo mestre Iván Gómez e formado polos seguintes  compoñentes:
Álex Álvares Lomba
Alexia Gonçalves Santiago
Alicia Pereira Márquez
Andrea González Cerqueira
Brais Rodríguez Pérez
Candela Pérez Vicente
Cloe Padín Pérez
Daniel Portela Lomba
Diana Alonso Chaver
Diego Alonso Pérez
Elsa Pena Vicente
Gabriel Domínguez Reyes
Gabriel González Rolán
Helena Pérez González
Juan Román Lomba
Lucas Pérez Vicente
Manuel Pérez González
Marcos Baz Reyes
María González Portela
Natalia González Cerqueira
Noelia Álvarez Rodríguez
Noelia Domínguez Rodríguez
Paula Simón Misa
Raquel Domínguez Reyes
Sara Baz Reyes
 

Parte dos gasallos e recordos entregados ao Grupo de Gaitas A Boalleira nas súas actuacións. (Foto Vitoriano)
 
Xulio de 2016. Directiva do Grupo de Gaitas A Boalleira. (Foto Vitoriano)
 

O Grupo  forma parte da Asociación de Veciños O Percamino, polo que está dirixido por unha  xunta de membros da Asociación, que na actualidade son: Diana Alonso Chaver, Manuela Pereira Lita, Mercedes Cerqueira, Constancia Fernández e Rosa María Rey
 
Resaltar e valorar a todos que conformaron durante estes últimos vinte anos o Grupo de Gaitas A Boalleira da A. VV. O Percamino, pola súa dedicación a tan noble actividade, que representaron tan dignamente aos pobos de A Gándara, Pintán e Proba. Chegada  a estas alturas, un especial recoñecemento para aqueles pioneiros que a finais de 1995, puxeron en marcha unhas “clases de gaitas”, hoxe en día consolidadas nun representativo grupo de música tradicional galega; desexándolles outra longa andadura cargada de actuacións e satisfaccións.
   
Victoriano Rodríguez
A Gándara, xullo de 2016
Regreso al contenido