Basilio Moreira
Carrero
Por José A. Uris Guisantes
anterior seguinte

Buque “Codesal” botado en outubro
de 1963, foi construído nos Asteleiros de Joaquin Castro Oliveira por
encargo de Moreira & Cia. Tanto o “Alberdi” como o Codesal
estaban dedicados ao transporte de cemento en sacos dende Bilbao e
Barcelona. Tamén lembro o buque de madeira “Serrucho” que traía
cemento en sacos ata A Pasaxe e logo os empregados descargaban os sacos
ó “lombo”. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero
-----------------------------------

“Cala Valldemosa”,
buque de 1000 TRB, de casco de ferro, mercado pola firma Moreira &
Cia en 1981, en sociedade co Consignatario Joaquín López Avente de
Corcubión, a “Naviera Mallorquina”. Foi dedicado ao transporte de
cemento e pedra de mármore. Fotografía cedida por Basilio Moreira
Carrero
----------------------------

“Cala Valldemosa” mercado por “Moreira
& Cia” a “Naviera Mallorquina”. Construído nos “Astilleros
Palma S.A.” de Mallorca, era irmán de “Cala Ras” e “Cala
Antene”, tiñan 54 m de eslora e cargaban 1.024 Tm. Foron construídos
en 1960/61
----------------------------------------
Por certo vénme á memoria que o
consignatario Antonio López Abente, en 1961 era ao mesmo tempo
Autoridade Marítima da Zona, tendo que facer fronte aos
acontecementos do posible vertido de 28.000 Tm feitas polo petroleiro “Andros
Fortune”, matriculado en Montreal (Canada), un 27 de febreiro de
1961. Chocou contra o buque de bandeira liberiana “Point Lacre”.
No momento da embestida faleceron 5 tripulantes que estaban na sala de
máquinas. En total o Andros levaba 23 tripulantes que foron recollidos
polo buque da Armada en Ferrol “Ariete”. Antonio López Abente
ordenou que fondease en Punta Lagosteira, onde ca axuda do remolcador
alemán de altura “Atlantic” trasvasaron a maioría do petróleo a
outro buque.
------------------------------
Lembro nos anos cincuenta ó “Serrucho”
e “Chacartegui” de onde se descargaban centos e centos de sacos
de cemento procedentes do Norte de España. Viña en sacos e os empregados
e obreiros debían descargar a “lombo” eses sacos. O 8 de maio de
1953 o “Chacartegui” de 250 Tm embarrancou nun baixo entre Luano
e Candás (Xixón), salvándose os tripulantes. A carga era, 190 Tm de
cemento en sacos.

Exemplo de cómo era un saco que debían
descargar os obreros ó lombo naqueles anos. Este é mais moderno que os
de antes.
www.solostocks.com
---------------------------------
O 16 de abril de 1969, tiveron unha
reunión as empresas de fabricación de cemento co obxeto de constituir un
Consorcio, onde estiveran todos, era a “Sociedad Cementos del
Cantábrico S.A.” en Xixón, o presidente sería D. Pedro Masaveu. As
empresas cementeiras eran: Tudela Veguin S.A.; Cementos Rezola
S.A.; Cementos del Noroeste S.A. e Cementos Portland de
Lemona S.A.

Algúns Moreiras por Madrid. Fotografía
cedida por Basilio Moreira Carrero
------------------
A todo isto Moreira y Cia S.L. segue
traballando na Guarda:
Leo que, un 30 xullo 1955. Edmundo
Fraga Ferreiro, Tte de Navío del Cuerpo General de la Armada, Ayudante
Militar de Marina de Tuy, Comandante y Jefe del Detall de la lancha
torpedera “Cabo Fradera”. Certifica:
“Que las obras de construcción del
nuevo edificio del Destacamento para alojamiento de las fuerzas de la
lancha cañonera destinada en Camposancos han sido adjudicadas a la
empresa “ Moreira y Cia SL.”
Sesión plenaria celebrada o 23/07/1956,
presidia polo Sr. Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez.
Reparación del matadero.-
Después se sometió a la aprobación municipal el presupuesto de gastos
a que alcanzan las obras a realizar en el Matadero de esta Villa, que
ascienden a 3.425 pesetas y que por su carácter de urgencia se acuerda
llevar a cabo a la mayor brevedad encomendándoselas a la empresa
“Moreira y Compañía S.L.” de esta localidad, llevándose a cabo por
administración y satisfaciéndose las cuentas que se presenten con cargo
a la consignación que consta en el actual presupuesto para estas
atenciones.




Sesión plenaria
celebrada o 3/12/1956, presidida polo Sr. Alcalde D. Ermelindo Portela
Gómez.
Obras de la Plaza de Abastos.
Después se enteró la Corporación de que con fecha 22 del pasado se ha
llevado a cabo la subasta de las obras de ampliación y reforma de la
Plaza de Abastos de esta Villa, habiendosele otorgado provisionalmente a
la empresa Moreira y Compañía S.L. de esta localidad en la
cantidad de 462.400 pesetas, por ser la proposición mas ventajosa de
las presentadas, sin que contra dicho acto se hubiera formulado
reclamación alguna, verbal ni por escrito; y en su vista el Ayuntamiento
por unanimidad acuerda declarar válida la licitación y adjudicar
definitivamente la subasta de las obras de que se trata a la aludida
empresa, en la cantidad por que se obliga a ejecutarlas, conforme a los
pliegos de condiciones a los que habrá de sujetarse. Que sea respetada
la fachada actual con el presupuesto reformado en 1955 de 462.559,07
ptas.

Inauguración das obras de remodelación
da Praza de Abastos. Obras feitas pola empresa “Moreira y Cia S.L.”.,
era o ano de 1958, estaba de Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez.
Nalgúns documentos aparece “Moreira y Cia S.A.”
----------------------
Nestes anos cincuenta seguía como
encargado das obras de Moreira y Cia S.L. Arístides Moreira Portela que
vivía en Camposancos, polo que se desprazaba en bicicleta e nestes anos
nunha motocicleta “Iresa” P0-9226 de 1,6 Hp.

Este era un modelo semellante a
motocicleta na que se despalzaba Arístides. Segundo me puiden enterar
facía demasiado ruído esta moto de Arístides dando “o canto, aos
obreiros”, como aviso da súa chegada á obra. A fábrica destas
motocicletas estaba en Madrid.www.lamaneta.net
---------------------------------------

Unha voda que celebran os Moreira, da
que non teño datos. Fotografía cedida por Basilio Moreira
-----------------------------

Unha excursión co Club de futbol local “Deportivo
Guardés” ou “Barquiño”. Parte da familia de José Ricardo Riego en
1956. Podemos ver ao fondo a Lucía Martínez Veloso esposa de Manuel Diaz
González “Ligero”, a José Riego Lomba, súa nai, a Alfonso
Martínez Peniza etc.
-------------------------

Panorámica da estrada de Camposancos
polo barrio do Couto. Na actualidade nestas pedras está
construído o chalé do Dentista Ignacio Rodríguez “Nacho”. Ao
fondo, áa dereita, casa de Arístides Moreira Portela. Fotografía cedida
por Basilio Moreira Carrero. Esta estrada tiña o nome de “Carretera
de Camspoancos a Barra del Miño”. Fotografía cedida por Basilio
Moreira Carrero
-----------------------------------

Dous Moreira paseado por Madrid arredor
de 1955/56, non lembro os nomes que me deu Basilio. Fotografía cedida
por Basilio Moreira.
-----------------------------
anterior seguinte