Basilio Moreira
Carrero
Por José A. Uris Guisantes
anterior
seguinte
Agustín Moreira, como xa dixen, foi quen
axudou á familia de Juan Noya Gil, dando traballo e acobillo en Vigo,
por iso tiveron unha amistade que durou ata o seu pasamento, e continuou
con Basilio e outros familiares.
-----------------

Os Pais de Basilio, Blanca Carrero e
Agustín Moreira paseado pola cidade da Coruña en 1959
-------------------------------

Á
dereita Agustín Moreira e a súa esposa nunha festa, con gaitas e
“peliqueiro”
----------
Agustín casou con Blanca Carrero Veiga,
filla de Basilio Carrero Lorenzo, encargado do Consorcio Serrerías del
Miño S.A., e vocal en 1920/25 da Entidade Local Menor de Camposancos,
e a partir do 26 de decembre de 1931, elexido Presidente da
Entidade. Un dos vocais era o irmán de Agustin, Juan Antonio Moreira
Portela.
Basilio dende a Entidade Local Menor,
dirixe escrito razoado ao Ministro de Instrucción Pública, co fin de
crear unha Escola de Formación Profesional no Colexio de los PP.
Jesuítas que fora incautado polo goberno republicano, proposta que non
foi adiante motivado a que xurdíu de pronto a rebelión militar.
Ese escrito fora aprobado en sesión
plenaria do 28/03/1932, presidida
polo 1º Tte. Alcalde D. Agustín González Sobrino por ausencia do
titular. […] “Que en el edificio que fue Colegio de P.P. Jesuítas,
del Pasaje, se cree una Escuela del Trabajo, aunque sea con carácter
(particular) provisional, para resarcir a esta Comarca de las pérdidas
que se han producido la marcha de los frailes, que se dedicaban a la
enseñanza de mas de 290 alumnos”.
Trataron ademais de:
Mesas Escolares.-
Se lee un oficio del Sr. Delegado de Hacienda de Pontevedra en que
trasncribe otro del Patronato de Incautación de Bienes de Comunidades
Religiosas, en el que dice se tendrá presente en su día la petición que
el Ayuntamiento hiciera de dicho material para las Escuelas de nueva
creación en este término.
Material de Enseñanza.-
Se acuerda elevar instancia al Patronato de Incautación de Bienes de
Religiosos, suplicando se concedan las mesas que hay en el antiguo
Colegio de PP. Jesuítas de Camposancos para las Escuelas de nueva
creación.
Pero o 27 de xullo de 1936, chegan as
tropas e falanxistas sublevados contra a República, deteñen a meirande
parte dos dirixentes republicanos, outros van ser paseados os poucos
días, etc,etc… e no 22 de novembro de 1936, foron xulgados en Consello
de Guerra Sumarísimo no Palacio de Xustiza de Vigo, rúa do Príncipe,
incursos na Causa nº 994/36:
Honorio Brasilino Álvarez Sobrino +
(Fusilado en Tui o 9/12/36)
Juliano Díez Álvarez + (Fusilado en Tui
o 9/12/36)
Francisco Lloret Gándara + (Fusilado en
Tui o 9/12/36)
Avelino Barbosa Pérez (prisión)
Manuel Vicente Portela + (Fusilado en
Tui o 9/12/36)
Basilio Carrero Lorenzo
+ (finado na prisión da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela),
sogro de Agustín Moreira Portela)
Jesús Domínguez Pacheco (prisión)
Joaquin Rodríguez Rodríguez (prisión)
Camilio Carrero Lorenzo + (Fusilado en
Tui o 9/12/36)
Adelaido Barredo Sueiro + (Fusilado en
Tui o 9/12/36)
Isaac González Moure (prisión)
Ermelindo Martínez Martínez (prisión)
José Benito Rodríguez (prisión)
Segundo Fernández Alonso (prisión).
Todos eles acusados del delito de
rebelión militar, “celebrada la vista en el Palacio de Justicia
de Vigo, hecho el Resumen por el Instructor, practicada prueba y oídas
la acusación Fiscal y las Defensas”.
E son chamados 108 camposinos/as e
guardeses/as, para declarar, por Oficio do Xulgado de Instrucción de Tui,
o mesmo día 22 de novembro as 4 da tarde. Día no que comezaba o
Consello de Guerra, no Palacio de Xustiza de Vigo. Como se pode un
decatar e así o confirmaron a maioría das testemuñas “apenas
poideron abrir a boca porque todo estaba atado e ben atado polos
militares que estaban no tribunal”. Dúas horas máis tarde rematara a
parodia…
Entre as 108 testemuñas tamén lle tocou
“abrir e pechar a boca” a Agustín e a seu irmán Juan Antonio
Moreira Portela.

Basilio Carrero Lorenzo. Sogro de
Agustín Moreira é avó de Basilio. Presidente da Entidad Local Menor
de Camposancos. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero.
-----------------------------
O 7/06/1939, falece
de pena e enfermidade (nefritis aguda) no Penal do Centro de
Reclusión do Lazareto da illa de San Simón (Redondela). Republicano e
boa persona foi xulgado en Consejo de Guerra Sumarísimo, pese a
[...] no tener malos antecedentes sociales, aunque profesa ideas
solcialistas...”, sentenciado a 20 anos de “Reclusión Mayor”.
Con Basilio Carrero no Lazareto da Illa
de San Simón, estaba de capelán o xesuíta Padre Petronilo Nieto,
[...] “capellán, jesuíta grande, fuerte, bruto, jesuíta de
arado, que todos los domingos desde el púlpito, después de misa, en la
capilla del Lazareto de San Simón predicaba que había que matar a todos
los rojos....”
Cita sobre o Padre Petronilo Nieto de
Angel Fernández del Río “Angelito” natural de Cangas e barbeiro
de profesión con 33 anos de idade, [....] “¡Agárrense y
siéntense en el suelo!”, “¡Asesinos!”, “¡Hijos de sin padre!”. Este
Padre Nieto xa non volveu a Illa dende o día 28 de outubro de 1938.
Tamén chegou a coñecer a Monseñor Emilio
Álvarez “O Reisiño”, personaxe importantísimo do falanxismo
vigués, moi coñecido daquela cómo Xefe da Falanxe, cura que decidía
sobre a vida e a morte.....
Segundo escribíu, Gerardo González
Martín en La Voz de Galicia do 10/04/1988:
[....] “Monseñor Emilio Álvarez “O
Reisiño” fue Camarero Secreto Supernumerario
del papa Benedicto XV, Prelado Doméstico del Papa Pío XII. El Régimen
Salvador de España no sintió ninguna repugnancia ni incompatibilidad con
tales personajes, sino que antes los encumbra y defiende, cubriéndolos
con su manto protector de todas las impunidades. Este sacerdote
Monseñor, pequeño, enjuto, de rápidos movimientos, era de una crueldad
feroz.... hombre sin ningún escrúpulo moral....



Parte do documento asinado por Agustín
Moreira Portela para poder soterrar o cadáver de seu sogro no Cemiterio
de Camposancos. Era párroco, Serafín Sueiro Sueiro.
------------------------------------
Basilio Carrero, nado en Camposancos no
lugar de “A Granxa” en 1883, era fillo de Adelaida Carrero
Lorenzo e de pai descoñecido, era curmán de Roque Camilo Carrero
Lorenzo, fillo de María Carrero Lorenzo e de pai descoñecido, nado en
Camposancos un 16 de agosto de 1884. Ambolos dous sempre foron intímos
amigos e republicanos de pro, endexamais fixeron dano a ninguén. É mais,
Camilo Carrero era dirixente socialista é ao mesmo tempo tamén un home
profundamente relixioso, os cregos e predicadores que acudían a
Camposancos, sempre tiñan un convite na Casa das Torres.

Retrato de Camilo Carrero Lorenzo,
pintado en Vigo e que tiña no seu despacho na República Dominicana.
Retrato cedido por o seu neto Victor Manuel Lugo Carrero, psicólogo e
Director de Recursos Humanos dunha Institución Pública da R. Dominicana.
-----------------------------------------------
Basilio Carrero Lorenzo, casa na
parroquia de Camposancos un 5 de febreiro de 1910 a idade de 27 anos,
con Manuela Veiga Carrero de 22 anos, filla de Juan e Arminda, naturais
de Camposancos. A cerimonia foi presidida polo párroco Serafín Sueiro
Sueiro (un dos que tiveran que ira a declarar no Consello de Guerra
contra Basilio e os outros).
-----------------

Fotografía de Basilio Moreira
Carrero nos momentos en que ía atracar na Illa de San Simón a lancha
que transportaba aos invitados ao homenaxe aos republicanos que
estiveron presos. Era o 16 de abril de 2006
----------------------------------
Lembrando o lugar onde estivera
preso seu avó, Basilio Moreira Carrero, acode como invitado da
organización “2006, Ano da Memoria” á illa de San Simón onde
se desenvolven unha serie de actos, como lembranza de todas aquelas
persoas que sufriron prisión ou perderan a vida. Incluso regaloume o
libro que nese mesmo día foi presentado, titulado “Memorias de
Manolo Barros” un dos supervivintes da prisión na illa do
Lazareto de San Simón, tirando un sin número de fotografías, unha
das grandes afeccións de Basilio.

Agustín Moreira, Blanca Carrero,
Juan Noya, súa esposa Lola Domínguez, e outros amigos na Romaría do
Trega a comezos dos anos cincuenta.
----------------------

Juan Antonio Moreira Portela. Foi
presidente da Sociedade “Los Amigos” de Camposancos de 1939 a
1967. Fotografía cedida por José Antonio Rodríguez, presidente da
Sociedade “Los Amigos” de Camposancos
---------------------------
5 xuño de 1926. Casan, Juan Antonio
Moreira Portela, de 25 anos, fillo de Antonio José Moreira Alvarez e
María Portela Portela, con Basilia Matos Portela (Antes figuraba no
Rexistro Civil como Basilia Matos Matos), de 17 anos, filla de
Basilio Matos e Manuel Portela.
Como xa dixen, Agustín funda en 1942
a empresa “Moreira & Cia S.L.” co seu irmán Serafín e José
Luís Rodríguez Sousa, fillo do empresario local Florindo Rodríguez
Alvarez “da Eléctrica”. Abren na rúa Reconquista nº 1 de Vigo
(fronte a Correos) o primeiro almacén. Súmase Juan Antonio Moreira
quen traballou en Vigo ata a súa xubilación.

Juan Antonio Moreira Portela e súa
esposa Basilia Matos Portela paseando pola rúa/Príncipe de Vigo con
dúas fillas. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero
----------------------------------
Serafín Moreira Portela un dos tres
socios de “Moreira y Cia S.L.” foi unha persona moi sensible
polas desgracias axenas, o igoal que seu difunto sobriño Basilio.
Serafín tivo un neno con problemas polo que necesitaba andar
continuamente rmytr médicos, e así foi como se enterou do labor que
en Vigo estaban facendo con nenos discapacitados, sen que as
autoridades sanitarias habilitasen lugares onde foran ben atendidos,
formados e queridos. Así xorde en Vigo o “Centro de Educación
Especial San Francisco<> Asociación Gallega, San Francisco (AGASFRA)”.
Esta entidade particular naceu un 14
de outubro de 1967 en Vigo, impulsada por uns cantos pais con nenos
con Síndrome de Down e dirixidos polo padre capuchino Carlos Antonio
Ortíz Ramos. En 1976 xorde o Centro Ocupacional San Francisco,
para adultos con discapacidade intelectual.

Serafín Moreira Portela
con seu fillo Carlitos Moreira Vicente, nado en 1958 co
Síndrome de Down. Carlitos foi querido, amparado e mimado como
soamente saben facelo aqueles que aman… de verdade… A través de seu
sobriño Basilio, coñecín, paso a paso, a vida social de Serafín
Moreira e hoxe estou en codicións de poder dicir que era un “home
bo e xeneroso”. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero
Estaba casado con María Vicente
González. En decembro de 1979 o seu fillo Manuel Moreira Vicente
casa en Madrid con Mirian García Herrero Carbonell. Foron testemuñas
da boda polo noivo, seu pai, seus irmáns José Luís e Victor, seus
curmáns, Basilio e José Luís Moreira Carrero, así como Enrique
Liébanas Martínez.
En 1949 a empresa “Moreira y Cia
S.L.” sita na Guarda tiñan feito ducias de traballos para o
concello guardés. Como exemplo curioso engado isto:
26 agosto 1949.
Sesión plenaria, presidida por el Alcalde D. Ermelindo Portela
Gómez.
Terminación de una Acera.-
Se dio cuenta de que habrán sido ultimadas y aprobadas previa la
inspección reglamentaria e informe favorable de la dirección
técnica, las obras de construcción de la acera de la calle
Concepción Arenal en la parte inmediata al Convento de Madres
Benedictinas, las cuales fueron adjudicadas en subasta a los
contratistas Moreira y Cia S.L. de esta Villa el día 17 de
Mayo último, abonándose su importe total de 10.413 pesetas,
según certificado comprensivo de las mismas, expedido por el
Aparejador Municipal, encargado de aquella dirección técnica,
librándose con cargo a la consignación destinada al efecto, dándose
por enterada y conforme la municipalidad.
Pavimentado de un trozo de terreno.-
Ultimadas las obras de la acera que se refiere el acuerdo
anterior, estima el Ayuntamiento de gran necesidad el adecentamiento
y higenización del trozo existente a continuación de la misma acera,
cuya parcela no presta servicio alguno, sirviendo de escombrera y
estancamiento de aguas residuales con peligro notorio para la salud
pública, sometido el asunto a la deliberación municipal con vista
del presupuesto de costo de pavimentado en 75 m2 de extensión a que
alcanza el terreno objeto de saneamiento, que se calcula en 1.500
pesetas. La Corporación por unanimidad resuelve facultar a la
Comisión Permanente para que disponga la dirección de las obras de
referencia por administración y bajo la vigilancia de la misma.
Na sesión do 6 de maio de 1950 a
Corporación aproba:
Abastecimiento de Agua a
Sobrelavilla.- Se dio
lectura al acuerdo adoptado por la Comisión Municipal Permanente en
sesión de 14 de Abril próximo pasado, relativo a la instalación
de una fuente pública en el barrio de Sobre la Villa, por no
disponer de agua potable los numerosos habitantes de aquel barrio,
aprovechándose la sobrante de la de los Casás, elevándola
por medio de un grupo motobomba a un depósito que se construirá
sobre el lavadero a la altura suficiente, para salvar desniveles del
terreno y encañándola convenientemente hasta el punto céntrico donde
habrá de instalarse la aludida fuente en el barrio indicado, con
cuyo objeto se ha recibido el oportuno proyecto y presupuesto el
coste de las obras de referencia, cuya redacción le encomendada al
arquitecto D. Juan Argenti Navajas, vecino de Pontevedra, por la
Junta Provincial de
Ayuda a Municipio, del que resulta que el importe total de las obras
a ejecutar asciende a 45.618 pesetas, y que la subvención concedida
por la citada Junta provincial se elevó a 31.518 pesetas, tendrá que
ser abonada por cuenta del Ayuntamiento la diferencia, o sea 14.100
pesetas, acuerdo aprobado por la Comisión Municipal Permanente, en
virtud de la urgencia que se imprime por la referida Junta para
terminación de estas obras, condicionando su aportación a que
tendrán que estar terminadas en plazos perentorios, prescindiendo de
los trámites de subasta, por lo que encargó de llevarlas a cabo a la
empresa constructora de esta Villa, Moreira y Compañía S.L.,
disponiendo también que se habilitase el crédito necesario para el
pago de la parte que corresponde a la municipalidad; y el
Ayuntamiento Pleno después de breve deliberación por unanimidad
acuerda, aprobar en todas sus partes el adoptado por la Comisión
Municipal Permanente, de que se dio cuenta haciéndolo suyo por
considerarlo beneficioso para aquel vecindario que tan necesitado se
encuentra de estos servicios.

Arístides Moreira Portela. Foi
presidente da Sociedad “Los Amigos” de Camposancos en
1942/47/48/56/57. Fotografía cedida por José Antonio Rodríguez
presidente da Sociadad “Los Amigos” de Camposancos
-----------------------
Ayuda a
Municipio, del que resulta que el importe total de las obras a
ejecutar asciende a 45.618 pesetas, y que la subvención concedida
por la citada Junta provincial se elevó a 31.518 pesetas, tendrá que
ser abonada por cuenta del Ayuntamiento la diferencia, o sea 14.100
pesetas, acuerdo aprobado por la Comisión Municipal Permanente, en
virtud de la urgencia que se imprime por la referida Junta para
terminación de estas obras, condicionando su aportación a que
tendrán que estar terminadas en plazos perentorios, prescindiendo de
los trámites de subasta, por lo que encargó de llevarlas a cabo a la
empresa constructora de esta Villa, Moreira y Compañía S.L.,
disponiendo también que se habilitase el crédito necesario para el
pago de la parte que corresponde a la municipalidad; y el
Ayuntamiento Pleno después de breve deliberación por unanimidad
acuerda, aprobar en todas sus partes el adoptado por la Comisión
Municipal Permanente, de que se dio cuenta haciéndolo suyo por
considerarlo beneficioso para aquel vecindario que tan necesitado se
encuentra de estos servicios.
No ano 1950 a empresa abre outro
gran almacén na cidade de A Coruña “Moreira & Cia S.A.”, na
rúa/ Vicenti nº27, onde se incorpora Basilio. Cinco anos máis
tarde abren outro en Ourense. En 1958, os tres socios (Agustín,
Serafín e José Luís) dan o gran salto á capital de España,
construíndo na c/ Embajadores nº 135 un edificio con seis
prantas e un enorme baixo onde instalan a todo confort un dos
mellores almacéns de venta e distribución de todo tipo de materiais
para a construcción, cun escaparate de 30 metros.

Agustín Moreira Portela foi
presidente da Sociedade “Los Amigos” de Camposancos en
1937/38. Fotografía cedida por José Antonio Rodríguez Presidente da
Sociedad “Los Amigos” de Camposancos
----------------
Esta nova empresa leva o nome de “Suministros
La Guardia S.A.”, cuios actuais dirixentes seguen honrando o
nome da nosa Vila. Na actualidade ten outros catro
establecementos onde venden artigos de fontanería e calefacción tipo
autoservicios co nome de “Multimat”
Mentres seus irmáns Agustín, Serafín
e Juan Antonio estaban por Vigo, A Coruña, Ourense e Madrid,
Arístides quedou perfectamente instalado na Guarda e Bisbarra ao
fronte da empresa de construcción “Moreira y Cia S.L.”, con
amplo curriculum en canto a construccións e obras municipais. Máis
tarde os Moreira crearían varias Inmobiliarias como “Ribeira
S.A.”, “Domiño” etc.
O 14 de febreiro de 1964, Agustín
Moreira Portela e José Luís Rodríguez Sousa solicitan a construcción
de 32 vivendas de “Renta Limitada”
e baixos comerciais. O Proxecto fora
confeccionado polo Arquitecto Fernando Marcabal, baixo a dirección
de Javier González Santoro, Aparellador José Arbós Cusco e José
Cervera Segalá que tamén era o do propio Concello. Motivo
fundamental para abrir unha nova rúa (do Rollo) entre as de
Concepción Arenal e José Antonio.
Antes en sesión plenaria do
29/07/1963 fora aprobado o Plego de Condicións das obras para
urbanización dunha nova rúa co nome de calle del Rollo con un
Pesuposto de 198.839,95 ptas.
O 10/06/1966, o Alcalde D. José Luís
García Pérez, o Enxeñeiro de Camiños D. Eloy Fernández Valdés
Rodríguez e Arístides Moreira Carrero (en representación de
“Moreira y Cia”), en calidade de contratista das obras, asiñan
un escrito para apertura e urbanización da c/ Del Rollo,
topónimo da fonte.
O 29/07/1966 as condicions da nova
rúa mofifícanse para que a sección da rúa sexa de 8 m e as beirarúas
de 1 m. Na liquidación final da obra asinada polo Alcalde o directo
D. Eloy Fdez Valdés e a empresa constructora “Moreira y Cia”,
respresentada por Arístides Moreia, acordan aboar a conta a
cantidade de 112.000 ptas a Agustín Moreira, xerente da empresa
constructora, descontando 1.587 ptas de impostos. O resto ata as
319.330,81 xa fora pagado.
Na sesión plenaria celebrada o
26/06/1970 lese un oficio do Goberno Civil notificando a aprobación
do Director Xeral de Administración Local o acordo da Corporación
guardesa para que a nova rúa do Rollo leve o nome de rúa/ “Juan
Domínguez Fontela”
Esta apertura osixenaría a zona e
ademais propiciou que se comunicasen a rúa José Antonio (hoxe rúa
Galicia) con Concepción Arenal.

O “As de Copas” na entrada a
fonte-lavadoiro de “El Rollo” ou “Fonte da Vila”. Este
monumento desapareceu cando se abríu a rúa e ninguén sabe onde está,
polos menos as pedras, para volvelo a reconstruír. Na parte frontal
do lavadoiro había unha placa de mármore que dicía “Memoria” A
las virtuosas hijas del Trabajo- 1891”. Esta placa está no
Centro Cultural. Fotografía de Dosio Sesto en
www.galiciasuroeste.info
-------------------------------------------

Antigua cafetería Oasis en 1970,
despois da apertura da rúa/ Juan Domínguez Fontela. Á esquerda
comezo do gran edificio construído por Moreira y Cia. Fotografía de
Dosio Sesto en
www.galiciasuroeste.info
-------------------------------------

Primeiros pasos da apertura da rúa do
Rollo, en 1963, logo rúa/ Juan Dominguez Fontela en 1970. Á esquerda
sería construído o gran edificio de 32 viviendas con baixos de
Moreira. A fonte foi trasladada a un terreno interior entrando dende
a rúa/ Concepción Arenal, a fonte-lavadoiro non está en
funcionamento dende hai uns 20 anos. Fotografía de Dosio Sesto en
www.galiciasuroeste.info
-----------------------------------
Por Oficio do 16/07/1965 o alcalde
José L. García Pérez comunica á Deputación onde foron destiñadas as
160.000 ptasaxuda
económica para “la apertura y urbanización de la calle que
enlazará la de C. Arenal con la de José Antonio, a la que el Ayto
destina 112.000 ptas”.

Ao fondo, á dereita, casa de
Arístides Moreira Portela e “Calle del Rollo” recén aberta
en 1963.Na finca que está detrás da casa foi construída a nova “Fuente
del Rollo” ou “Fonte da Vila”, con lavadoiros para poder
lavar de pé. Os poucos anos a auga desta fonte estaba contaminada
por bacterias “fecalis”. Ca chegada das lavadoras automáticas
esta fonte-lavadoiro pasou á historia. Fotografía de Dosio Sesto
publicada en
www.galiciasuroeste.info
--------------------------------
Dende o 31/12/1964 a 2/12/1965 a
Guarda tiña os seguintes habitantes:
Parroquia de A Guarda: 4.538 de
dereito e 4.265 de feito.
Parroquia de Salcidos: 2.935 e
2.778.
Parroquia de Camposancos: 1.023 e
941, respectivamente.
Total Habitantes de Dereito: 8.496.
Total de Feito: 7.984.
O 9 de xullo de 1971, Arístides
Moreira era o encargado de obras da “Inmobiliaria La Guardia S.L.”
No ano 2003 o almacén de Vigo foi
trasladado para outras instalacións máis grandes na Avda da Florida
nº 62 onde segue. Actualmente teñen un almacén máis na rúa/
Camposancos nº 48 (Vigo).
Outros establecementos da firma
“Saneamientos Moreira & Cia” está en Vilagarcía rúa/ Pontevedra
nº 31. En Tui, Pontevedra capital, Lugo e Verin, Coruña,Ourense, A
Guarda e Alcalá de Henares.

Buque “Alberdi” que sería
botado o 4 de maio de 1958 para dedicalo ao transporte de cemento e
outras mercadurías. Foi construído nos Asteleiros de Joaquin
Castro Oliveira. Non teño mais datos sobre o asunto e non sei se
pode ser este Alberdi o buque que naufragou a causa dunha vía de
auga, o 5 de febreiro de 1974 a 4 millas do Cabo Formentor
(Mallorca), salvándose os 8 tripulantes grazas a dous buques
arxelinos. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero.
-------------------------------------------

Rosa Barcia e seu esposo Joaquin
Castro Oliveira un dos grandes mestres carpinteiros de ribeira.
Traballou no asteleiro dos Candeira para logo independizarse e
fundar “Astilleros Joaquin Castro S.A.”. A familia Moreira
tiña unha especial atención co tío Xaquin Castro. Fotografía cedida
por Julia Alfonso Castro
-------------------

Antonio José Moreira e seus fillos
Serafín e Juan Antonio por Madrid. Fotografía cedida por Basilio
Moreira
---------------------------------------------

Botadura do “Alberdi” en
1958. A señora é a esposa do Comandante do Cabo Fradera de Tui,
detrás Serafín Moreira Portela e o párroco Antonio García Lago.
Fotografía cedida por Basilio Moreira
--------------------------

Botadura do “Alberdi” en
1958. A madriña o seu esposo, o párroco e Serafin Moreira
----------------------------------


Buque de carga “Codesal”
construído nos asteleiros Joaquin Castro Oliveira e botado en
outubro de 1963. Aquí está fondeado no porto de Barcelona.
Fotografía de Basilio Moreira Carrero
______________________________
anterior
seguinte