Basilio Moreira
Carrero
Por José A. Uris Guisantes
anterior
seguinte

A primeira empresa que D. Serafin
Moreira Portela montou en Madrid foi “Suministros La Guardia”
Na fotografía cedida por Basilio Moreira
Carrero están: Agustín González Barcia “Pontevedra”, irmán de
Socorro da Pasaxe: Isaac, irmán de Chita a peluquera, Serafín Lomba,
Severino Galiñanes casado con Pilar, filla do Sanamaro de Camposancos;
José Portela, casado con Nela Moreira Carrero, sogro do médico Joaquín
Lemos Zunzunegui e Serafín Moreira Portela, coa súa esposa.

Blanca Carrero Veiga e Agustín Moreira
Portela, finado en 1967 a idade de 63 anos
------------------------------
9 de febreiro de 1929. Casan, Agustín
Moreira Portela, de 25 anos, albanel, fillo de Antonio José Moreira
e María Portela Portela, con Blanca Carrero Veiga, de 17 anos,
filla de Basilio Carrero e Manuela Veiga. Testemuñas: Cándido Martínez e
Lauerano Galdó, veciños de Camposancos.
Era Xuíz de Paz: Adolfo Rivas Baz.
Secretario: Emilio Areal Crespo. Delegado do Xuíz na igrexa de
Camposancos: Victoriano Pérez Alonso. Párroco: Serafín Sueiro Sueiro.
Froito do matrimonio naceron: Basilio
(casado con Mª Gracia Graciá Guillem); Manuela (casada con José
Portela Portela); Amparo (casada con Juan Contreras Beorlegui) e
José Luís (casado con Julia Alfaro García).
Antonio Moreira e seu fillo Arístides o
2 de novembro de 1964 deberon pagar 100 ptas cada un por “infracción
del Reglamento de Armas y Explosivos”. Ao parecer non pasaran a
revisión das escopetas da súa propiedade.
Agustín Moreira Portela, faleceu en
Madrid o 24 de marzo de 1967, era presidente do Consello de
Administración e xerente da empresa “Suministros La Guardia S.A.”
con sede en Madrid e xerente de “Moreira y Cia S.L.”; a súa
esposa, Blanca Carrero Veiga, finou un 10 de setembro de 1981 en
Madrid.
Durante a guerra incivil deu traballo a
moitos guardeses, e foi obrigado polo Tribunal Militar que xulgaba aos
presos do Campo de Concentración a que obreiros da súa empresa cavasen
as fosas comúns para soterrar aos fusilados e mortos por enfermidades.
Pero ademais debeu pagar do seu peto os cartos que custaron as caixas “de
pobre” dos fusilados en 1938. Tardou tres anos en poder cobrar,
mentres que a Funeraria.
Un Moreira tamén foi acusado de “deserción”,
cuestión que non era así, porque por motivos de traballo nesas datas non
se atopaba na Guarda, pero os militares daquela…
… era,
un 24 de xuño de 1938.
Juzgado Especial de Marina de La Guardia.
¡Arriba España!. ¡ II Año Triunfal !. Oficio al Sr. Alcalde de La
Guardia:
“En providencia dictada con esta fecha
en Causa que me hallo instruyendo contra varios inscriptos de este trozo
por el delito de deserción en tiempo de guerra, he acordado
dirigirme a V.S. por si se digna disponer dar las órdenes oportunas a
los Agentes de su Autoridad para que se proceda a la busca y captura de
los inscriptos que al respaldo se reseñan, rogándole caso de ser habidos
los ponga a mi disposición y en caso contrario se me dé cuenta de las
gestiones practicadas para su constancia en la citada Causa. Dios guarde
a V.S. muchos años. La Guardia 24 de junio de 1938. II Año Triunfal. El
Juez Instructor. Fdo: Cayetano Pumariño. Reseña:
-Emilio Alvárez Rodríguez, hijo de
Antonio y Manuela, de 28 años de edad, natural y vecino de La Guardia,
profesión mecánico.
-Serafín Moreira Portela, hijo de
Antonio y María, de 28 años de edad, natural y vecino de Camposancos (La
Guardia), profesión albañil.
E Serafin Moreira deu aparecido, porque
simplemente estaba traballando en Valencia…con D. Eloy Cruz Domínguez
Veiga.

O Alcalde de Manises envía o negociado
nº 73 ao Alcalde de A Guarda Mariano Jiménez Hueto
---------------------------------------------------------

Os primeiros 31 fusilados na Fosa Común
de Sestás o 2 de xullo de 1938, foron soterrados por obreiros de
Agustín Moreira, obligado por decisión do Tribunal Militar chegado de
Xixón que operaba no Campo de Concentración da Pasaxe. Naturalmente o
que buscou a Moreira foi o alcalde
--------------------

O Xuíz Militar do “Juzgado Militar
Eventual” da VIII Rexión Militar, ordena ao Alcalde, Mariano Jiménez
Hueto “que tiene el honor”,etc, etc.
--------------------------

Nesta leira foi onde os obreiros de
Agustín Moreira cavaron obrigatoriamente a Fosa Común en dúas tandas. O
2 e ó 20 de xullo/1938
---------------------------

****

O Comandante do Campo de
Concentración de Presos na Pasaxe de Camposancos, comunica ao
Alcalde da Guarda que van ser executados 18 “condenados a la última
pena”. Os obreiros de Agustín Moreira Portela van ser os que caven
as fosas e o propio Agustín quen pague do seu peto as caixas, salarios,
Seguridade Social etc. Era o 19 de xullo de 1938.
---------------


O 23 de agosto o Alcalde de A Guarda
Mariano Jiménez Hueto dirixe Oficio ao Capitán Xeneral da VIII Rexión
Militar, reclamando os cartos de Agustín Moreira, pero en 1940 ainda non
cobrara…
--------------------

Xa pasaran dous anos e Agustín Moreira
non cobrara unha peseta polas caixas, cruces, mesas, estanterías etc.
sen contar o salario dos obreros.
8 xullo 1940.
Octava Región Militar – Gobierno Militar de La Coruña – Sub –
Inspección. Sección C. Negociado 3º. Nº 1. Oficio Al Sr. Alcalde de La
Guardia:
“Para conocimiento de D. Agustin Moreira
Portela, vecino de esa Ciudad y destagista de obras, en resolución a una
instancia presentada a mi Autoridad por dicho Sr. manifestando a V.S.,
que a fin de hacer efectivo el importe de las facturas, a que la
instancia hace referencia, deberá elevar una instancia a la Intendencia
Regional en la forma que determina la Orden general de la Región del día
3 de Mayo último, acompañando las facturas que correspondan a las cajas
y cruces para muertos, y en cuanto al importe de las mesas, estanterías
y otros, procederá remitirlas a este Centro y haciendo constar la fecha
en que fueron suministrados los materiales y ordenados los trabajos
realizados para la resolución que proceda.Dios guarde a V.S., muchos
años”.La Coruña 8 de Julio de 1940.El Gobernador Militar. De Orden de Su
Excelencia. El Teniente Coronel. Fdo. Sisenando Martínez Yunta.
-----------------------------

Eiquí era onde estaba habilitado o
Tribunal Militar Eventual da VIII Rexión Militar no antigo Colexio
dos PP. Xesuítas na Pasaxe de Camposancos. Estado Actual do escenario do
Salón de Actos do antigo Colexio, Campo de Concentración e
Prisión Habilitada de Camposancos. Fotografía de José Mª González
Alonso en 2005
-------------------------------------------------
Agustín Moreira foi quen colleu a Maria
Lorenzo “ María do Rufino” cando os falanxistas detiveron
a seu fillo Nemesio Álvarez Lorenzo, agochado no cabanón da casa pola
noite, e polo día no bosque, sendo “paseado”. Agustín deixou a
bicicleta tirada e colleu a tía María levando a súa casa para a tratar
de axudar, porque según lle dixo “se vas detrás do teu fillo poden
matarte a ti tamén”.

Casa paterna de Nemesio Álvarez Lorenzo,
fillo de María Lorenzo “María do Rufino”, onde se agochou
aos poucos días da rebelión militar contra a República. De profesión
ebanista, foi dirixente local da “Federación Obrera de La Guardia y
su Distrito”. Máis tarde esta casa pasaría a ser propiedade de
Manuel Videira “Sicasio” e súa esposa María Barcia (filla de Juan
Barcia “O Xaco”). Hoxe é propiedade de Ricardo Videira Barcia. Na
parte traseira está o cabanón onde se agachou Nemesio e tamén na parte
traseira comeza o “bosque” onde se agochaba polo día. Fotografía
de José A. Uris novembro 2008
---------------------------------------

Cabanón onde estaba agochado pola noite
Nemesió Álvarez Lorenzo, no barrio do Couto (Camposancos). Anos máis
tarde a casa e cabanón pasaron a propiedade de Manuel Videira “Sicasio”
e súa esposa María Barcia. Fotografía de José A. Uris Guisantes.
-------------------------

Outro aspecto do cabanón de María
Lorenzo “María do Rufino”, salvo a pintura tal cual estaba
en 1936, cando os falanxistas o tiraron fora e o “pasearon” sen
xuício nin nada semellante. Agustín Moreira axudou e amparou a María.
Nemesio fora denunciado por un veciño que lle prometera a nai… que
non lle ía pasar nada… Hoxe esta casa é propiedade de Ricardo
Videira Barcia “Richard Campos”. Fotografía de José A. Uris
Guisantes.
-----------------------

Por esta escaleira, no interior da
adega do cabanón, podía accederse á parte superior, onde había unha
grande cheminea (hoxe como se vé ten unha placa de cemento) lugar no que
se agochaba Nemesio, pola noite, dormindo de pé, pois como era ebanista
preparara un sistema para poder estar sentado<>de pé. Fotografía de José
A. Uris.
-------------------------------

O chamado “bosque” na parte
traseira da casa de María do Rufino, con saída a zona do Codesal,
lugar onde se agochaba Nemesio Álvarez Lorenzo polo día. Fotografía de
José A. Uris en abril de 2009.
-------------------------

Outra panorámica do “bosque” que
está preto da casa, hoxe, de Ricardo Videira Barcia. Fotografía de José
A. Uris
-------------------------

Por este “bosque” da parte baixa
estivo agochado unhas dúas semanas Nemesio Álvarez, ata que foi preso
por membros da Falanxe e logo “pasearon” no monte “Cerquido”,
quedando tirado o seu corpo cribado a balazos na vía pública. Fotografía
de José A. Uris en abril 2009
--------------------------------------------

Carnet de Empresario da Construcción e
Contratista de obtigado ingreso no “Sindicato de Empresarios Nacional
Sindicalista de España” en 1937
----------------------------------
(Continúa mañá)
José antonio Uris Guisantes
_____________________________________
anterior
seguinte